celebración dos maios e visita de
TRANSCRIPT
![Page 1: Celebración dos maios e visita de](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022062503/5874e9351a28ab917a8b551d/html5/thumbnails/1.jpg)
CELEBRACIÓN DOS MAIOS E VISITA DE…
Crónica de Antonio González López
Este xa pasado venres, 25 de maio de 2012, viñeron de visita tres profes xubilados que deron clase na escola durante moitos anos: don José Dopico, don José García e dona Mercedes Cachaza. Foi unha grata visita, xa que as visitas sempre gustan, e máis se son deste tipo. Ao mesmo tempo, quedaron para ver a pequena festa dos Maios que celebramos no patio cuberto os grupos de terceiro e segundo da ESO e a maioría dos grupos de Educación Infantil e Primaria.
Cantamos, tocamos e bailamos nesta edición da festa dos Maios recuperada polo departamento de Música do colexio. Foron pezas tradicionais as que se tocaron. Cancións dos Maios, a danza das fitas, cancións tradicionais galegas, etc. Foron as cousas das que disfrutamos este último venres de Maio de 2012.
Debemos continuar con estas celebracións, recuperando as tradicións e colaborando os uns cos outros; por iso é preciso agradecerlle a tod@s @s que participaron na pequena festa dos Maios a súa dilixencia e colaboración.
Monfero, 28 de maio de 2012