a mensaxe do rei - teatro

Post on 26-Mar-2016

235 Views

Category:

Documents

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Obra de teatro infantil

TRANSCRIPT

Obra de teatro representada polo alumnado de cuarto 

de EP na Semana das Artes no Ceip Mestres Goldar 

Xuño, 2012 

(Adaptada para a aula de 4º de EP do CEIP Mestres Goldar por Antonio Aires González) PERSONAXES: Princesa

Xerberto

Eloísa

Dama

Rei

Raíña

Godofredo

Garda 1º

Garda 2º

Don Beltrán mago

Axudante mago 1

Axudante mago 2

Cociñeiro

Axudante cociña 1

Axudante cociña 2

Axudante cociña 3

Bruxa Curripepa

Axudanta bruxa 1

Axudante bruxa 2

Axudante bruxa 3

Presentador

Presentadora

Presentación

ACTO ÚNICO (Interior dun castelo. No centro, a porta, xunto a esta, unha cadeira, dúas fiestras aos lados. Xerberto e a princesa no centro) Princesa: Temos que facer algo, o meu pai desexa que me case con Godofredo. Xerberto: Nunca o consentirei. Falarei co voso pai. Princesa: De nada servirá. Xa sabes que, sen faltarlle ao respecto, se algo se lle mete na cabeza nunca cambia de opinión. Xerberto: Non che falta a razón. Aínda recordo con ho-rror cando se empeñou en dicir que a xente podería ir en máquinas voadoras, e que a Terra, era redonda. Ja, ja, ja. Princesa: E para que calase e non mandase a ninguén que lle cortasen a cabeza, todos dixemos que si. Ás veces di cada disparate. Xerberto: Pero algo se poderá facer para que acepte a nosa voda. Se eu matase a un dragón quereríame como xenro. Tamén se derrotase aos turcos, se vencese aos pira-tas... Princesa: Non digas máis bobadas. Nin dragóns, nin turcos, nin piratas, aquí só hai la-gartos e moscas. Con iso non lle vas impresionar. Xerberto: Podo descubrir América... Princesa: Cando volvas serei vella. Ademais oín contar que iso o vai a facer un tal Cristóbal Colón. ¡Coidado, alguén se achega! (Entra Eloísa, unha dama, e a Raíña pola dereita) Eloísa: Bos días, Alteza. Ola, Xerberto. Princesa: Ocorre algo, Eloísa? Pareces nerviosa.

Eloísa: O voso pai, princesa, desde esta mañá está moi estraño, percorre o castelo de arriba abaixo e de abaixo arriba, fala só e aínda que escoito tras a porta, non lle en-tendo o que di. Raíña: Dende logo, nunca antes pasara tal cousa co meu marido. Xerberto: O rei preocupado! Ben. Esta é a miña oportunidade: decátome do problema, ao momento resólvoo, e aproveito a ocasión para pedirlle a túa man.! E así poderemos casar! Princesa: Aínda que ti o penses, non parece mal pensado, é boa idea. Raíña: Debemos saber o que pasa. Eloísa: Eu continuarei vixiando por ver se descubro algo. Xerberto: Coidado! Escóitanse pasos. Princesa: Saiamos. (Xerberto, e a Princesa ocúltanse na esquerda, Eloísa desaparece. Pola dereita entra o rei. Mentres fala leva as mans á cabeza) Rei: Non o podo comprender, non me cabe na cabeza, non en-tendo nada... Que ben, unha cadeira! Pensareino sentado que será máis descansado. (Pola dereita entran Godofredo, un cabaleiro, e unha dama) Eloísa (fai unha reverencia): Boas tardes! Maxestade. Godofredo (tamén fai unha reverencia) Tamén volo digo eu. Que teñades moi boas tardes, Grandísima maxestade. Rei: Grazas, grazas, moitas grazas. Pois aquí estaba pensando. Eloísa: Como? Pensando vós? Iso non é digno dun rei. Godofredo: Pois non tedes mordomo, conselleiro e escudeiro, ata xastre e tesoureiro, zurcidor e zapateiro? Que pensen eles!

Eloísa: Se o voso pai soubese... Godofredo: Se a vosa nai soubese... Rei: Calade! Moi ben, sei que non é normal, pero esta mañá estivo aquí un estraño cabaleiro con espada e sen chapeu, con pinta moi rara. Eloísa: Será a moda moderna. Rei: Xa está ben de interromper, que aquí só mando eu. Saudoume o cabaleiro e entregome un pergamiño de estraños signos cuberto... Godofredo: Un pergaqué? Eloísa: Dixo que un pergamiño. Pareces bobo. Tes que prestar atención. Raíña: Que é un pergamiño? Rei: Un rolo a modo de pel fina que non sei para que serve. Godofredo: Nada dixo o cabaleiro? Rei: Dixo que era unha mensaxe e que os signos falaban. Eloísa: Podemos velo? Rei: Chamarei aos meus gardas. Gardas! Gardas! A men-saxe. Godofredo: (desenfunda a espada) Quizais sexa perigo-so. Prepararei a miña espada. (Entran dous gardas. Levan un gran cartel que mostra-rán ao público de forma que este poida ler : O REI É UN PARVO.) Garda 1º: Aquí estamos, maxestade. Garda 2º: Polo que queirades mandar.

(Godofredo escondeuse disimuladamente tras Eloísa e asoma con precaución a cabeza) Godofredo: Non temades! Eu protéxovos. Eloísa: Xa, que valente!. (A raíña achégase ao pergamiño) Raíña: Que pergamiño máis lindo! Que fala dicides? Ei!, eu non escoito nada. Rei: Din que hai que ler para entendelo. Todos: Aaaaaaaaaaaaaah, claro. (Godofredo deixa de esconderse, pero mantense a prudente distancia do pergamiño) Godofredo: Ler, que é ler? Sabédelo vos?. Eloísa: ¡Claro!. E non había de sabelo?. Será un fei-tizo máxico. Rei (dá unha palmada de alegría) Por suposto. É verdade! Case o estaba pensando. Eloísa: Un rei non debe pensar. Raíña: Só ten que mandar. Godofredo: Pode afectar ao cerebro e ao cerebe-lo. (Os gardas, cansados de que ninguén lles faga caso, sentáronse no chan e xogan) Rei: Cesen xa as palabras, que é momento de actuar, e pois se trata de maxia chamemos a don Beltrán. Eloísa: O mago? Pero, vós sabedes? Dama: É un trangalleiro. Mellor evitalo.

Rei (a Godofredo) Entendes algo? Godofredo : A estas tolas? Nin unha palabra. Rei (enérxico aos gardas). Parade de xogar!. Dádeme agora mesmo os cromos! Chamade a don Beltrán! Garda 1º: Como mandedes. Garda 2º: Agora mesmo Godofredo: Maxestade, se permitides, e xa que nada fago aquí, marcho a casa da miña tía a comerme unha sandía. Rei: Ben, Ben. Tedes permiso. (Godofredo sae pola dereita. Os gardas danlle os cromos ao rei e márchanse pola esquerda, inmediatamente volven entrar con don Beltrán e os seus axudantes) (Música e espera) Rei: Como? Tan rápido? Don Beltrán: Seica non son mago? Souben que vosa maxestade me ía chamar e xa viña de camiño, máis rápido que un paxariño. Garda 1º: É verdade. Enseguida o atopamos. Garda 2º: Bastante cerquiña, diría eu. Eloísa: Seguro que estaba escoitando. Dama: Será quen de solucionar o problema cos seus poderes? Don Beltrán: Dicídeme cal é o problema. Rei: Pero non sodes adiviño? Xa tiñas que sabelo! Don Beltrán: É que ás veces hai interferencias. Dama: Mal empezamos. Rei (aos gardas): Ensinádelle a mensaxe.

Garda 1º: Agora mesmo, Maxestade. Garda 2º: Nos devolvedes os cromos? Don Beltrán (ao seu axudante): Collede ese estraño ob-xecto. Teño que examinalo detidamente. (Un axudante toma a mensaxe que lle dan os gardas e o pon de forma que o vexa o público. O rei devolve os cro-mos aos gardas) Rei: Tomade. Ide xogar lonxe. Gardas: Grazas, grazas, grazas, grazas....(van separándose). (Os gardas retíranse á esquerda a xogar cos tazos) Don Beltrán (aos seus axudantes): Que observades no obxecto?

Axudante 1: Non cheira.

Axudante 2: É amarelo.

Axudante 1: Con signos de cores. (Pásanlle a lingua).

Axudante 2: E non sabe a nada.

Don Beltrán: Moi ben! Estades progresando. Se vos esforzades, pronto seredes case tan bos coma min. Claro que eu son insuperable. (Con chulería) Eloísa: Unha tropa de pailáns e presumidos. Coitados! (Un axudante deixa o cartel, de forma visible, xunto á cadeira do rei, onde permanecerá durante o resto da obra) Don Beltrán (ao rei): Non cabe dúbida, teño que facer un sortilexio. Rei: Moi ben. Leredes e falará o pergamiño?

Don Beltrán: Moito, e con boa voz. Pero necesito ao cociñeiro. Rei: Gardas! Chamade ao cociñeiro. Garda 1º :Sempre nos está mandando. Que pesado! Garda 2º: Cala ou nos quitará os cromos. Cociñei-roooooo! (Os gardas saen pola esquerda e volven co cociñeiro. Os gardas volven ao seu xogo) Cociñeiro: Boas tardes, Maxestades. E a toda a compa-ña igualmente saúdase, boas tardes. Axudantes cociña: Boas tardes, Maxestades. E a toda a compaña igualmente saúdase, boas tardes. Rei: Preparade e traede o que pida don Beltrán e os seus axudantes. Don Beltrán: Quero pementos recheos, e a perna dun cordeiro, e filloas con nata. Raíña (interrómpelle estrañada): Para ler fai falta iso? Don Beltrán: Non. Iso é para cear. Para o sortilexio traede unha pota mediana e un pouquiño de cebola. Garda 1º: Agora mesmo. paxes): Ensinádelle a mensaxe Garda 2º: Vou voando. Axudante 1: Creo que imos pasar fame. Dama: Terá cara o cociñeiro! (Saen os gardas e volven coa pota e a cebola) Don Beltrán: (ao seu axudante): Dáme o maletín. (Don Beltrán mete a cebola dentro da pota e logo engade o contido duns frascos que saca do maletín. Mentres o fai, farfulla palabras incomprensibles).

Don Beltrán: Alismofar, calasmufir Rindofón, galarmafor Sinfolat, atusmalat, Cascalubia, gondefir. Axudantes: Alismofar, calasmufir Rindofón, galarmafor Sinfolat, atusmalat, Cascalubia, gondefir. Eloísa: Que bonito! E din que ás veces eu falo raro. Rei: Xa terminou? Parece que non pasa nada de nada. Don Beltrán: É culpa dos meus axudantes. Déronme un maletín equivocado. Axudante1: Sempre nos bota a culpa. É un pesado. Axudante 2: Xa estou farto. Márchome á miña aldea. Axudante de cociña 1: Marchemos todos e deixemos a este mal cociñeiro e ao mago coas súas cousas. (Os axudantes saen) Don Beltrán: Eh! Non marchedes! Subireivos o soldo! (Fai amago de correr tras os seus axudantes) Cociñeiro: Pois xa que non me necesitades, co voso permiso, marcho, teño moito que facer, un xabarín moi grande debo cocer e a moita xente atender. (Sae o cociñeiro pola esquerda) Eloísa: Maxestade, xa vos avisei. Non vos fiedes de don Beltrán que é un titiriteiro e un pillabán. Raíña: E do cociñeiro outro tanto, polo que parece. Rei: E a quen podemos chamar? Eloísa: A unha coñecida miña, a feiticeira Curripena que é unha bruxa moi fina, solu-cionará o problema, todo no mesmo día.

Rei: É de fiar? Eloísa: De fiar dicides? É que vos non sabedes que é a miña amiga desde nena? Raíña: Iso aínda me preocupa máis. Rei (aos gardas): Como non hai mellor solución. Buscade a Curripena! (Os gardas levántanse e esconden os tazos) Garda 1º: Os vosos desexos... Garda 2º: Son ordes... Garda 1º: Que sen tardanza... Garda 2º: Cumpriremos... Rei: Caládevos e saíde correndo! (Saen os gardas pola esquerda, ao momento entran con Curripena e a súa aprendiza de bruxa) Rei (escamado): Si, xa sei, como sodes bruxa sabiades que vos ía a chamar e viñades de ca-miño. Curripena: Pois si. Garda 1º: Atopámola ao momento Garda 2º: Tras unha porta, estaba pendente do que aquí acontecía. (Os gardas sentan a xogar cos tazos) Eloísa e dama: Outra que estaba escoitando. Curripena (fai unha reverencia) Boas tardes, Maxestade! Mozas, saudade ao rei, que vexa o ben que vos educo e como aprendedes.

(As aprendizas fan unha reverencia. Falan todas á vez) Aprendizas e bruxa: Boas tardes! Como estades? Nós ben, grazas. E a familia? Ben? Alegrámonos. Hai que ver, non pasan os anos por vós, qué porte..... Rei (a Curripena) Podedes calar? Comézome a marear. Raíña: Eu xa estou totalmente mareada. Curripena: Ben. Xa basta. Como son adiviña, coñezo o problema. Pagádeme e ao mo-mento, arranxareino e acabará a vosa preocupación. Eloísa: Terá morro esta tiparraca! Dama: Máis que morro. Quere cobrar e non traballar. Rei: Como? Pagar por adiantado? Curripena: Non sei de que vos estrañades. Son as miñas normas. Estamos en crise. Dicídelle á súa Maxestade os versos que vos ensinei. Aprendiza 1 : Sendo eu nena e rapariga, a miña nai dicía, que gratis non traballase que era grande parvada. Aprendiza 2: E como a miúdo esquecen, unha vez feito o traballo, o momento de pagar, temos de antigo costume. Aprendiza 3: De adiantado, cobrar. Rei (furioso): Non tolero impertinencias. Pretenden que eu lles pague... Son o rei e mando eu en todo o reino, e como mando, eu mando que traballedes sen cobrar, e lo-go, xa se verá a posible recompensa que haberá. Curripena: Pois nós negámonos. É un antigo costume de familia e de todas as bruxas do reino. Aprendizas: Nós tamén. Por suposto que non, non e non e requetenón. Rei: Quen sodes vós para negarvos?

Raíña: Que vos pensades? Rei: Tedes que obedecer. Aprendizas (á vez) coa bruxa: Non. Iremos ao sindica-to, ou faremos folga. Raíña: Ninguén vos fará caso. Aprendizas: Ou encheremos o castelo de serpes, vermes e arañas. Rei: Gardas! Vide! Protexédeme! Axiña! Bruxa: Faremos un feitizo contra vós. (Entran os gardas pola dereita) Garda 1º: ¡Aquí estamos, Maxestade! Tedes dor de barriga? Garda 2º: Atácanvos os infieis? Garda 1º: É que veñen os piratas? Garda 2º: Se é así, eu teño présa. Garda 1º: A miña quenda acaba ás nove. Garda 2º: A miña tamén, e a miña muller di que non faga horas extraordinarias. Rei: Basta! Levádevos a estas bruxas, metédeas na mazmorra e dádelles para comer tan só pan e cebola. Raíña: Tede moito coidado con elas. Gardas (os dous): Quedades presas por orde do rei. Garda 1º: Non o tomedes a mal. Garda 2º: Non é nada persoal. Gardas (os dous): Non vos vinguedes cun feitizo connosco.

Garda 1º: Somos novos. Non temos culpa. Garda 2º: Temos familia. Gardas (os dous): Somos uns mandados. (Os gardas saen coas bruxas) Rei: E agora que faremos? (A Princesa e Xerberto saen do seu agocho) Dama: Todo o reino debe estar escoitando. Princesa: Boas tardes, querido pai. Xerberto: Moi boas, bondadosa maxestade rei Casi-miro. Eloísa: Ninguén me saúda a min, nada, nin caso. Dama: E a min tampouco me fan caso. Rei: Ola, miña querida filla, e vós que queredes? (falándolle a Xerberto) Xerberto: Maxestade, podo axudarvos coa mensaxe. Rei: (sorpresa) Seica sabes ler? Xerberto: Así é. Non quero presumir pero sei ler hai moito tempo. Eloísa: Non o podo crer. Se non ten nin idea. Dama: Que será o que ten tramado este cabaleiro? Rei: Menos mal que por fin alguén ten este gran poder especial. Ben, pois que di a mi-ña mensaxe? Xerberto: Achegarei a miña orella. (Todo lentamente). Xa o escoito. Calade. Quietos

todos, que ninguén se mova. Poñede atención: “O rei é intelixente, sábeo toda a xente, en canto abre os labios nótaselle que é un gran sabio entre os máis sabios.” Eloísa: Este tipo é un artista. Raíña: Xa me parecía que sería isto. Rei: Compráceme escoitalo, por suposto que xa imaxinaba o que aí aparecería. Non tiña dúbida. Moitas grazas. Pedídeme o que queirades, farei o que me pidas de boa gana. Xerberto: Estou namorado da vosa filla e ela quéreme, polo tanto..... Princesa: Así é, queremos casarnos. Rei: Só é iso? Pois paréceme moi ben. Xa algo sabía pola vosa Raíña. Princesa e Xerberto: Grazas (abrázanse) (O rei e a raíña tamén se abrazan) Eloísa: Como me gustan os finais felices. Rei: (Cara ao público) En canto ao cartel, ordeno que cun marco de ouro sexa colocado sobre o trono para que todos o vexan e para que todos saiban que lles goberna un rei moi sabio. Todos: Así sexa por sempre, maxestade.

FINFINFINFIN

ANTONIO AIRES CEIP MESTRES GOLDAR Xuño, 2012

A dama que ía no branco cabalo levaba un paño de seda bordado,

Na verde fror as letras van de amor!

O cabaleiro do cabalo negro

levaba unha fita colléndolle o pelo. Na verde fror

as letras van de amor!

No medio do río cambiaron as vistas, el para o paño e ela prá fita.

Na verde fror as letras van de amor!

As vistas lles viron no río cambiar e o paño e a fita por se namorar.

Na verde fror as letras van de amor: Con amor vivirás !

Fuente: musica.com

top related