a alimentaciÓn e a saÚde - edu.xunta.gal · os alimentos de consumo diario recomendacións: a...

Post on 08-Oct-2020

3 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

CIENCIAS NATURAIS

A ALIMENTACIÓN E

A SAÚDE

Que son os nutrientes?

Substancias que se atopan nos alimentos e que son útiles para nós.

TIPOS DE NUTRIENTES: Graxas. Hidratos de carbono. Proteínas. Vitaminas. Sales minerais.

1. As graxas

● Proporcionan moita enerxía.

Hai dous tipos:✔ Orixe animal: manteiga.✔ Orixe vexetal: aceite de oliva.

Algúns alimentos que conteñen graxas son: touciño, embutidos, chocolate, algúns doces e o aceite.

2. Hidratos de carbono

Proporcionan enerxía (pero menos que as graxas).

Algúns alimentos que conteñen hidratos de carbono son: o pan, a pasta, os cereais, as patacas e as legumes (fabas, garavanzos, lentellas...).

3. As proteínas

Proporcionan materiais de construción: axudan a medrar e a reparar o noso corpo.

Son importantes para a formación dos músculos.

Algúns alimentos que conteñen proteínas son: a carne, o peixe, os productos lácteos e os ovos.

4. Vitaminas e sales minerais

Vitaminas: substancias imprescindibles que hai que tomar en pequenas cantidades para estar sans.

Sales minerais: necesarios para estar sans. Un deles é o calcio, forma parte dos ósos, polo que é fundamental durante o crecemento.

As vitaminas e sales minerais atópanse en todos os alimentos. Abundan nas froitas, verduras e productos lácteos.

A DIETA SAUDABLE

Unha dieta saudable é aquela que nos axuda a estar sans. Debe ser suficiente e equilibrada.

Suficiente: é a que nos proporciona a enerxía e os materiais que necesitamos.

Equilibrada: proporciónanos a cantidade axeitada de cada nutriente.

A RODA DE ALIMENTOS

Os alimentos de consumo diario

Recomendacións:

● A maior parte da enerxía debe proceder de alimentos do grupo 1, mellor se son integrais.

➔ Débense tomar unhas tres pezas de froita ao día, e verdura tanto na comida coma na cea.

➔ Hai que tomar legumes, ovos, carne e peixe. Pero a carne é preferible que sexa de ave, porque ten menos graxa.

➔ Débense tomar dous vasos de leite ou o seu equivalente en iogur ou queixo fresco.

➔ Débese tomar pouca graxa, e mellor se é de orixe vexetal.

O INTERIOR DO NOSO PLATO

O NOSO PLATO TEN QUE TER...

VERDURAS E HORTALIZAS

CARNES, PESCADOS, OVOS E LEGUMES

CEREAIS EPATACAS

CANTAS VECES AO DÍA DEBEN COMER OS NENOS E NENAS?

É recomendable facer entre 4-5 comidas ao día e marcar un horario.

1ª comida: ALMORZO

Supón un 20% da enerxía total diaria.

Recoméndase tomar: froita, cereais e lácteos en racións axeitadas.

2ª comida: media mañá

Supón o 10 % do total de enerxía diaria.

Podes tomar: un lácteo con unha froita, froitos secos ou pan.

3ª comida: xantar

Supón o 35 % do total de enerxía diaria. Recoméndase tomar: verduras, proteínas, hidratos de carbono, froita e agua en racións axeitadas.

Empregar aceite de oliva para cocinar.

4ª comida: merenda

Supón o 10% do total de enerxía diaria.

Podes tomar: un lácteo con unha froita, froitos secos ou pan.

5ª comida: cea

Supón o 25 % do total de enerxía diaria. Recoméndase tomar: verduras, proteínas, hidratos de carbono, froita e agua en racións axeitadas.

Empregar aceite de oliva para cocinar.

AGORA TÓCAVOS A VÓS!!!

1ª ACTIVIDADE. ELABORA O TEU MENÚ SAUDABLE .

Neste exercicio tedes que escribir ou debuxar o que vos comedes ao longo dun día.

Podedes aproveitar esta tarefa para ir comprobando se o voso menú diario é moi

saudable, bastante ou pouco saudable e pensar que cousiñas teríades que cambiar se

fose necesario.

2ª ACTIVIDADE. RESPONDE ÁS PREGUNTAS!

Pedro e Rocío son dous nenos que lles encanta cociñar así que decidiron acompañar aos

seus pais e ir ao supermercado facer a compra. Pasaron por diferentes seccións e

nalgunha tiveron certas dúbidas.

E quen mellor que vos para axudarlles?

Respondede pola parte de atrás de cada ficha ás preguntas que se vos propoñen e logo

coloreade os debuxos.

3ª ACTIVIDADE. IMOS XOGAR!!!

Despois de traballar tamén hai que xogar un pouquiño. Deixovos tres xogos sobre a

alimentación saudable:

- Un crucigrama.

- O xogo de parellas de imaxes.

- O comecocos.

top related