recomendacións de nadal 2014

9
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Subheading bibliocarballedo.blogspo t.com.es UN NADAL DE CONTO 2014

Upload: bibliocarballedo

Post on 06-Apr-2016

225 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Recomendacións de nadal 2014

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO

Subheading

bibliocarballedo.blogspot.com.es

UN NADAL DE

CONTO 2014

Page 2: Recomendacións de nadal 2014

PRIMEIROS LECTORES

Tres puntos de cores, vermello,amarelo e azul son os nerviosos protagonistas deste álbum que sempre están dispostos a facer

cousas…

Un poético repaso do corpo en que todo ven por partida

doble, dúas mans, dous xeonllos…Non pode ser! Un

nariz, un só nariz…

Que facer cun coello ao que só lle gustaba o verde nunca, nunca, probaba o tomate

vermello, a cenoria laranxa…

A historia dun simpático e pequeno cocodrilo

que non podía bañarse cos seus irmáns porque…tiña medo a auga! Como é posible?

Papá Noel repasa todos os animais que viven na súa casa

antes de partir para cumplir coa súa importante cita anual…

Page 3: Recomendacións de nadal 2014

PRIMEIROS LECTORES

Conto de Nadal con solapas e pop up. Max é un gatiño valente

que non coñece o medo, tan só necesita averiguar

como é un rato.

É unha divertida enciclopedia do mundo animal cunha clasificación orixinal e non exenta de humor.

Once damas atrevidas camiñaron ata Fez, unha perdeuse e

non quedaron máis ca dez.

“Os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están durmidos»,”

avisouno o seu pai. Pero, a medianoite ,Martiño soñaba,

e entráronlle unhas enormes ganas de mexar...

Page 4: Recomendacións de nadal 2014

PRIMEIROS LECTORES• 6-7 ANOS:

Un neno achéganos unha experiencia

na queos sonos se poden facer

realidade.

Unha historia marabillosa que exhalta a valentía, a rapidez mental e a imaxinación.

Mirar as imaxes ao trasluz para descubrir que hai dentro do noso corpo,

dunha balea, dun edificio…

Señoras e señores! Nenos e nenas! Respectable público!

Algo estraño sucede no xardín da raíña de Turnedó!

Page 5: Recomendacións de nadal 2014

LECTORES AUTÓNOMOS.

Unha vez ao ano a cidade de Halloween e

encargase de traer ao Mundo Real a festa de Halloween,

pero os protagonistas este ano pérdense e atopan o inesperado:

A cidade do Nadal.

Un ano a Papa Noel sóbralle unha boneca e non consegue

recordar para quen era; esta historia amosanos como a felicidade chega sempre a quen a espera.

Unha preciosa complicidade entre Fonchito

e un home vello que, todos os días,contemplaba o mar atentamente

esperando ver algo que non chega…

Unha forma de coñecer o imperio romano

dende un libro-xogo con información e 4 xogos de mesa:

entrena a capacidade estratega.

Escrito a modo de diario, Sofía viaxa co seu pai

capitán dun rompexeos, descubrenos a beleza da

Antártida e os seus habitantes.

Page 6: Recomendacións de nadal 2014

LECTORES EXPERTOS10-11 ANOS:

De Alexandra y Daniel Mizielinski.

Recolle 35 obras arquitectónicas

deseñadas por reocñecidos

arquitectos, espalladas polo

mundo e que merecerían ser obra da mente

dun neno, a casa vela, a tartaruga.

Sorprendente libro con variadas preguntas acerca do

mundo animal, a ciencia, a tecnoloxía …

Premio Xerais 2014Román pide no seu décimo

aniversario un curso de cociña como agasallo e recibe un

megasusto, un cadaleito con instrucións para activar a Escarlatina (cociñeira do

século XIX) e un arrepiante arañón con acento francés).

É un exemplo ben claro de algo tan normal como misturar unha botella de leite, uns bichos verdes, a raíña dos piratas, unha xoia incrustada no ollo

dunha estatua agochada nun volcán…e n fin, o máis normal do mundo!

Un repaso do máis salientable deste mundo a modo de libro-records. Moi

curioso.

Page 7: Recomendacións de nadal 2014

LECTORES EXPERTOS

Decoracións, manualidades,

postais,receitas, todo o preciso para ambientar o Nadal en familia.Tamén

veremos como se celebra o Nadal noutras partes do

mundo.

.

É unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do

mundo para esclarecer os casos máis

complicados.

É un conto sen texto, pero que da pé a un montón

de actividades e deixar voar a imaxinación.

Page 8: Recomendacións de nadal 2014

E-BOOK

De cara á próxima implantación dos libros electrónicos na biblioteca do centro e da posibilidade de descargar libros electrónicos da aplicación “GALICIA LE” DA XUNTA DE GALICIA, se o considerades oportuno e conveniente, o alumnado debería solicitarlle a Papá Noel ou aos Reis Magos un libro electrónico.

(Ollo! Este libro

electrónico debe ler en formato EPUB).

Page 9: Recomendacións de nadal 2014

BOAS LECTURAS E…