alegaciones m i n a d e a n d a l u c i t a

48
SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL Delegación de Ferrol Apdo. Correos nº 356 – 15480 Ferrol Tlfno./fax: 981 352 820 – Móbil: 616 388 935 www.sghnferrol.blogspot.com – www.sghn.org [email protected] ALEGACIÓNS Ao Estudio de Impacto Ambiental e ao Plan de Restauración do Proxecto de Concesión de Explotación SONSOLES IV 1ª fracción nº 6156.1 da provincia de A Coruña, promovido por Picobello Andalucita S.L., (D.O.G de 2 de maio de 2007).

Upload: jignacioyosy

Post on 04-Jul-2015

885 views

Category:

Technology


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURALDelegación de FerrolApdo. Correos nº 356 – 15480 FerrolTlfno./fax: 981 352 820 – Móbil: 616 388 935www.sghnferrol.blogspot.com – www.sghn.org [email protected]

ALEGACIÓNSAo Estudio de Impacto Ambiental

e ao Plan de Restauración do Proxecto de Concesión de Explotación SONSOLES IV 1ª fracción nº 6156.1 da provincia de A Coruña,

promovido por Picobello Andalucita S.L., (D.O.G de 2 de maio de 2007).

Page 2: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

Antonio Ernesto Rodríguez Martínez, con DNI -----------------Secretario da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol, con enderezo, para os efectos de notificación, no Apdo. de Correos nº 356 de Ferrol, CP 15480, comparece e como mellor proceda en dereito,

EXPON:1. Que por medio do presente escrito a Sociedade Galega de Historia Natural - Ferrol formula alegacións ao Estudio de Impacto Ambiental e ao Plan de Restauración do Proxecto de Concesión de Explotación SONSOLES IV 1ª fracción nº 6156.1 da provincia de A Coruña, promovido por Picobello Andalucita S.L., (D.O.G de 2 de maio de 2007).

Page 3: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

2. Que non se cumpre o establecido no Real Decreto 2857/1978 (Reglamento General para el régimen de la Minería), que no artigo 114 sinala: 1. Para que puedan reconocerse derechos mineros a favor de sociedades, deberán cumplir los dos requisitos siguientes:a) Que estén constituidas y domiciliadas en España.b) Que su capital sea propiedad, como mínimo, en un 51% de personas de nacionalidad española, salvo que por acuerdo del Consejo de Ministros se autorice una participación extranjera superior al 49%.2. A los efectos del presente Reglamento, se considerarán extranjeras las siguientes sociedades:a) Las que, constituidas y domiciliadas en España, su capital pertenezca en más de un 49%, directa o indirectamente, a extranjeros.

Page 4: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

b) Aquellas de cuyo Consejo de Administración formen parte súbditos extranjeros en número igual o superior a la mitad de sus componentes.Aínda que este R.D. foi modificado polo RDL 2114/1986, este cambio non afecta aos artigos 1 e 2 antes citados, polo que continúan vixentes.Consultados os datos da empresa PICOBELLO ANDALUCI-TA S.L., o capital é de nacionalidade sudafricana e británica, figurando como un único accionista, DE UJFALUSSY ISTVAN FELIX MAX MARIA BENEDIKTUS, de nacionalidade estranxeira, e como administrador WARD NORBURY GLENN, tamén de nacionalidade estranxeira. Polo tanto, estase incorrendo claramente nun incumprimento dos artigos 114.1 e 114.2 do citado regulamento de minas.

Page 5: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

3. No EIA non se indica o número de cuadrículas mineiras que integran o xacemento, unicamente se expresa o número total de m2 da alternativa. Este dato resulta imprescindible para a solicitude de explo-tación, exploración e investigación.No R.D. 2857/1978 de Minas, nos artigos 98.1. e 99.4., queda regulada a extensión da cadrícula mineira e o número de cuadrículas necesarias para a concesión destes permisos con respecto ás concesións de permisos de explotación:Artículo 98.1. La cuadrícula minera es un volumen de profundidad definida cuya base superficial queda comprendida entre dos meridianos y dos paralelos, cuya separación sea de veinte segundos sexagesimales, que deberán coincidir con grados y minutos enteros y, en su caso, con un número de segundos

Page 6: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

que necesariamente habrá de ser veinte o cuarenta.Artículo 99.4. Las concesiones de explotación deberán solicitarse y sus perímetros definirse en la forma anteriormente descrita para los permisos de investigación. La extensión mínima de una concesión de explotación será de una cuadrícula minera, no pudiendo exceder de cien cuadrículas.Calculado o valor superficial da cuadrícula mineira, obtense un valor de 202.500 m2 , superficie mínima esixible para que se conceda a explotación. Aínda que a superficie declarada no proxecto (359.553 m2 ) excede o mínimo requirido, cómpre considerar que se trata da superficie total do proxecto, incluíndo a zona de cascallos, polo que a superficie de explotación será sensiblemente inferior, podendo darse o caso de non acadar a extensión mínima marcada pola lei.

Page 7: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

4. Dado que non se nos permitiu acceder a toda a documen-tación do proxecto, entre outros, ao plan de explotación mineira, e tendo en conta que cando menos debería de estar reflectida a súa existencia no E.I.A., considérase que non se cumpren as condicións de solicitude de datos mineiros descritas na Lei de Ordenación da Minaría de Galicia:Artigo 18. Solicitudes de dereitos mineiros1. Toda solicitude de dereitos mineiros incluirá, polo menos, a seguinte documentación:a) Unha Memoria que concrete os seguintes aspectos:-Tipo e cantidade, no seu caso, das emisións previsibles da instalación ao aire, ás augas e ao solo, así como, no seu caso, tipo e cantidade dos residuos que se vaian xerar, e a determinación dos seus efectos significativos sobre o medio ambiente.

Page 8: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

-Tecnoloxía prevista e outras técnicas utilizadas para previr e evitar as emisións procedentes da instalación ou, e se iso non fose posible, para reducilas.No E.I.A. non se recollen comentarios sobre estes particulares, o que indica que non aparecen na documentación presentada. De ser así, habería que ter en conta o artigo 21.1 da mesma Lei:Artigo 21. Tramitación ou inadmisión a trámite das solicitudes 4.As solicitudes de dereitos mineiros que non aporten toda a documentación esixida serán inadmitidas a trámite, sen prexuízo de que o órgano mineiro competente abra o oportuno trámite de subsanación.Polo mesmo motivo de non poder acceder a toda a docu-mentación, descoñecemos se se dictou a Declaración de Avaliación de Impacto Ambiental, imprescindible para

Page 9: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

autorizar este proxecto. Se este informe non figurase no proxecto, non se podería outorgar a concesión, atendendo ao artigo 38.1. da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia:Non poderán outorgarse dereitos mineiros sen que previamente se teña dictado a declaración de avaliación de impacto ambiental, cando sexa necesaria de conformidade coa lexislación vixente.Segundo o artigo 13 da Lei 1/95 de Protección Ambiental de Galicia:Están sometidas ó procedemento de previa avaliación de incidencia ambiental tódalas actividades que figuren no nomenclátor que ó respecto se aprobe por decreto da Xunta de Galicia, así como aqueloutras que, non estando incluídas nel, merezan a consideración de molestas, insalubres, nocivas ou perigosas, de acordo coas seguintes definicións:

Page 10: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

a) Molestas: as que constitúan unha perturbación polos ruí-dos ou vibracións, ou que produzan manifesta incomodidade polos fumes, gases, olores, néboas, pos en suspensión ou substancias que eliminen.c) Nocivas: as que polas mesmas causas lle poidan ocasio-nar danos á riqueza agrícola, forestal, pecuaria, faunística ou piscícola.5. Se ben é certo que a explotación mineira queda fóra dos límites do Parque Natural das Fragas do Eume e do L.I.C. Xubia-Castro, non hai que esquecer as demandas feitas dende diferentes colectivos ecoloxistas, naturalistas e insti-tucións científicas no sentido de incorporar a Serra do Forgo-selo na súa totalidade ao P.N. das Fragas do Eume, ou can-do menos incluír nun L.I.C. aquelas áreas de interese que non se atopen ata o momento protexidas, dando prioridade

Page 11: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

ás zonas de brañas e ás cabeceiras dos ríos Belelle e Castro-Xubia. Do conxunto de hábitats que integran o Parque Natural das Fragas do Eume non poden quedar excluídos os hábitats asociados ás brañas e as pequenas fragas existen-tes na Serra do Forgoselo, pois constitúen pezas imprescin-dibles de ecosistemas asociados ao bosque atlántico. As características topográficas, climatolóxicas e edafolóxicas do Forgoselo configuran un espazo singular que engade valores ás Fragas do Eume. Por outra banda, a conservación das fragas existentes dentro da Serra do Forgoselo son impres-cindibles para asegurar a viabilidade de moitas especies propias deste ecosistema, constituíndo un lugar de acubillo, alimentación e cría. Por outra banda, o Monte Fontardión constitúe o ocorredor ecolóxico entre o Parque Ntural da sFrags do Eume e o L.I.C. Xubia-Castro, xa que o contorno

Page 12: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

circundante se atopa moi alterado a consecuencia do esta-blecemento do depósito de entullo da Central Térmica de ENDESA e o Encoro do Eume, que actúa como barreiras de difícil franqueo para as distintas especies.6. Na parcela que se pretende explotar atópanse as fontes do Rego Cernadas, tributario do Río Belelle. Varias destas fontes desaparecerían por completo por quedar incluídas no núcleo do xacemento. Esta circunstancia afectará ao Río Belelle, reducindo o seu caudal, incidindo sobre o réxime hídrico global e, como consecuencia, alterando os hábitats asociados a este ecosistema fluvial. Neste senso, non se cumpren os requisitos que establece o Real Decreto 2857/78 que aproba o Regulamento Xeral para o Réxime da Minaría. Este decreto, no artigo 3 dispón:

Page 13: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

No podrán abrirse calicatas, efectuar sondeos ni hacerse labores … a menos de cien metros de alumbramientos, canales, acequias y abrevaderos o fuentes públicas.O descenso do caudal repercutiría así mesmo no abastece-mento de augas dos núcleos urbanos de Ferrol e Mugardos.A lei 22/73, de minas, establece o seguinte:Artículo 742. Si las labores proyectadas pudieran afectar al régimen de manantiales y alumbramientos de aguas de cualquier naturaleza, la Delegación Provincial, oídos los Organismos competentes, condicionará la aprobación de las mismas al cumplimiento de prescripciones especiales que garanticen la conservación de aquéllos y exigirá, en su caso, la fianza que reglamentariamente proceda.

Page 14: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

Levar adiante a explotación suporía non só a afectación, se-nón a desaparición de todo este tramo do rego, e dos manan-ciais existentes. Polo tanto, resulta imposible a súa conserva-ción, contravindo o disposto na lei antes citada.7. A franxa de amortecemento de 50 metros é insuficiente para todos os tipos de impactos, tanto na fase de instalación como na fase de explotación. Ademais, algúns deles non teñen posibilidades de ser correxidos, independentemente da extensión desa franxa de amortecemento. Referímonos ás mortes, destrucción de hábitats, escorrentamentos e os efectos sobre a hidroloxía. Aínda que afectan directamente á zona en cuestión, teñen repercusión de forma indirecta sobre o Parque. É o caso de especies que crían, campean ou acubíllanse na zona do xacemento.

Page 15: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

O artigo 38 da Lei 4/1989, de Conservación dos espazos na-turais e da fauna e flora silvestre considera infracción admi-nistrativa:LA DESTRUCCION DEL HABITAT DE ESPECIES SENSI-BLES Y DE INTERES ESPECIAL, EN PARTICULAR DEL LUGAR DE REPRODUCCION, INVERNADA, REPOSO, CAMPO O ALIMENTACION Y LAS ZONAS DE ESPECIAL PROTECCION PARA LA FLORA Y FAUNA SILVESTRES.

8. No apartado 5.1.2.1 do E.I.A., “Subsistencia do medio biótico-Descripción da vexetación”, fálase de zonas arbora-das con piñeiros, eucaliptos, etc. Segundo as nosas observa-cións da vexetación existente na zona da explotación, predo-minando no reparto de vexetación o bosque autóctono cadu-cifolio, con intercalación de pasteiros e unha porcentaxe mínima de matogueira asociada ao bosque atlántico.

Page 16: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

As masas de repoboación circunscríbense á zona destinada no proxecto a depósito de estériles. As masas de caducifolias ocupan unha porcentaxe alta da superficie explotable, tratán-dose de masas en moi bo estado de conservación, presen-tando todos os pisos de vexetación, incluído o muscinal, de moita importancia, habida conta os endemismos existentes (brións e liques) no P.N. das Fragas do Eume.Nas beiras do rego Cernadas apréciase a presencia do felgo macaronésico Dryopteris aemula (especie que figura como VULNERABLE no Catálogo de Especies ameazadas de Ga-licia). É de destacar tamén a cuberta liquénica dos troncos das árbores, salientándose a aparición de especies do xéne-ro Usnea, indicadores de boa saúde atmosférica.En canto aos pasteiros, presentan un estado de conservación óptimo, con prados de sega na súa maior parte, con índices

Page 17: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

de producción alta debido ás características climatolóxicas e edafolóxicas da zona, o que dá lugar a explotacións gandeiras moi productivas.9. A proximidade do Parque Natural das Fragas do Eume, ao espacio afectado polo proxecto fará que moitas especies presentes, desaparezan ou mesmo teñan que desprazarse a outros Habitas de peor calidade, a actividade mineira xerará ruídos ademais da destrucción do Hábitat. No entorno onde preténdese instalar a mina de andalucita, pódense atopar ata trinta e sete mamíferos que viven sedentarios ou utilizan os seus hábitats como área de campeo e descanso, repartidos polos distintos ecosistemas. Cómpre salientar:A presencia de catro endemismos Ibéricos (Toupa cega, Corta dos prados, Lebre ibérica e Coello bravo), e un

Page 18: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

endemismo Galo-Iberico (Rata de auga común).Especies incluídas no anexo II do Convenio de Berna (espe-cies estrictamente protexidas): Morcego común, Morcego Grande de Ferradura, Lontra, ... Especies dentro do anexo III (especies protexidas, das que se regulará a súa explotación de xeito que as poboacións se manteñan fora de perigo): Ourizo cacho, Murgaño patibranco, Furaño de xardín, Furaño común, Denociña, Tourón, Teixugo, Algaria, Garduña, Lobo e Corzo. Especies incluídas na Directiva hábitat 92/43/CEE repartidas nos anexos II, IV, V; Anexo II (especies animais de interese comunitario que é necesario conservar mediante a designa-ción de zonas especiais de conservación): Morcego común, Morcego grande de ferradura e Lontra. Anexo IV (especies animais de interese comunitario que requiren unha protección

Page 19: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

estricta): Morcego común, Morcego grande de ferradura e Lontra. Anexo V (especies animais de interese comunitario para as que a súa recollida na natureza e explotación pode ser obxecto de medidas de xestión): Tourón, Algaria, Gardu-ña e Martaraña.Especies incluídas no Convenio de Bonn anexo II (especies migratorias cun estado de conservación desfavorable e que precisan para a súa conservación de colaboración interna-cional): Morcego común, Morcego grande de ferradura e Morcego pequeno de ferradura A Lontra ademais figura como Vulnerable na Lista Vermella de Vertebrados.

Page 20: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE MAMÍFEROSINSECTÍVOROS Ourizo cacho (Erinaceus europaeus) BERNA Anexo III , UICN

(2001) Datos Ins (DD)Toupa cega (Talpa occidentalis) Endemismo Ibérico, UICN

(2001) Datos Ins (DD)Furapreseiras Ibérico (Galemys pyrenaicus) UICN (2001) En

Perigo (EN)A1ABFurafollas pequeño (Sorex minutus) UICN (2001)

preocupación menor (LC)Murgaño patibranco (Neomys fodiens) BERNA Anexo III,

UICN (2001) preoc me (LC) Murgaño de cabrera (Neomys anomlus) (2001) Preocupación

menor (LC)

Page 21: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE MAMÍFEROSINSECTÍVOROSFuraño de xardin (Crocidura suaveoens) BERNA Anexo III,

UICN Datos insufic (DD)Furaño común (Crocidura russula) BERNA Anexo III, UICN

(2001) Preoc menor (LC)QUIRÓPTEROSMorcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum)

Directiva Hábitat Anexos II e IV, BONN Anexo II BERNA Anexo II

Morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros) (Directiva Hábitat Anexos II e IV, BONN Anexo II BERNA Anexo II

Morcego común (Pipistrellus pipistrellus) Directiva Hábitat Anexo IV, BONN Anexo II, BERNA Anexo II

Page 22: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE MAMÍFEROSQUIRÓPTEROSMorcego de natterer (Myotis nattereri) Directiva Hábitat

Anexos II e IV, BONN Anexo II BERNA Anexo IIMorcego orelludo común (Plecotus auritas) Directiva Hábitat

Anexos II e IV, BONN Anexo II BERNA Anexo IICARNÍVOROSCARNÍVOROS Lobo (Canis lupus), UICN (2001) Case Ameazado (NT)Raposo (Vulpes vulpes) UICN (2001) preocupación menor

(LC)Armiño (Mustela erminea) BERNA Anexo III,UICN (2001)

Vulnerable (VU) A 3cDenociña (Mustela nivalis) BERNA Anexo III, UICN (2001)

dato insuficientes (DD)Visón americano (Mustela vison) UICN (2001) non avaluado

Page 23: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE MAMÍFEROSCARNÍVOROSCARNÍVOROS Tourón (Mustela putorius) Directiva Hábitat Anexo V, BERNA

Anexo III, UICN (2001) Case ameazado (NT)Martaraña (Martes martes) Directiva Hábitat Anexo V,

BERNA III UICN (2001) preocupación menor (LC)Garduña (Martes foina) Directiva Hábitat Anexo V, BERNA III, UICN (2001) preocupación menor (LC) Teixugo (Meles meles) BERNA Anexo III, UICN (2001)

preocupación menor (LC)Lontra (Lutra lutra) Directiva Hábitat Anexos II e IV, BERNA

Anexo II, Vulnerable (Lista vermella de vertebrados) ,UICN (2001) Case ameazada (NT)

Page 24: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE MAMÍFEROSCARNÍVOROSCARNÍVOROSAlgariaAlgaria (Genetta genetta (Genetta genetta)) Directiva Hábitat Anexo V, BERNA Directiva Hábitat Anexo V, BERNA

III,III, UICN (2001) preocupación menor (LC)UICN (2001) preocupación menor (LC)Gato bravo Gato bravo ((Felix silvestris)Felix silvestris)¿? UICN (2001) Vulnerable (VU) ¿? UICN (2001) Vulnerable (VU)

A2CEA2CE ARTIODÁCTILOSPorco bravo (Sus scrofa) UICN (2001) preocupación menor

(LC)Corzo (Capreolus capreolus) BERNA Anexo III, UICN (2001)

preocupación menor (LC)

Page 25: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE MAMÍFEROSROEDORESROEDORESEsquío (Sciurus vulgaris) BERNA Anexo III, UICN (2001)

preocupación menor (LC)Rata de agua común (Arvicola sapius) UICN (2001)

vulnerable (VU) B2CCorta dos prados (Microtus lusitanicus) Endemismo Ibérico,

UICN (2001) preocupación menor (LC)Trilladeira dos prados (Microtus agrestis) UICN (2001)

preocupación menor (LC)Rato do campo (Apodemus sylvaticus) UICN (2001)

preocupación menor (LC)Rata cincenta (Rattus ratus) UICN (2001) Datos insuficientes (DD)

Page 26: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE MAMÍFEROSROEDORESROEDORESRato caseiro (Mus domesticus) UICN (2001) preocupación

menor (LC)Leirón careto (Eliomys quercinus) UICN (2001) preocupación

menor (LC)LAGOMORFOSCoello bravo (Oryctolagus cuniculus) Endemisno IbéricoLebre ibérica (Lepus granatensis) UICN (2001) preocupación

menor (LC)

Page 27: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

10. No espacio afectado polo proxecto pódense atopar as seguinte especies de anfibios:

LISTADO DE ANFIBIOSPíntega común (Salamandra salamandra)Píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) figura como

vulnerable no Catálogo Galego de Especies AmeazadasSabandixa limpafontes (Lissotriton boscai)Limpa fontes (Lissotriton boscai)Cobra lagarteira común (Coronella austriaca)Sabandixa palmada (Lissotriton helveticus)Sabandixa verde (Triturus marmoratus)Ra de veiga (Discoglossus pictus) - figura como vulnerable

no Catálogo Galego de Especies AmeazadasSapo cunqueiro (Bufo bufo)

Page 28: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE ANFIBIOSRa do val (Rana iberica) - figura como vulnerable no

Catálogo Galego de Especies AmeazadasRa do monte (Rana temporaria)Ra común (Rana perezi)

11. No espacio afectado polo proxecto pódense atopar as seguinte especies de réptiles:

LISTADO DE RÉPTILESLagartixa de bocaxe (Podarcis bocagei)Lagartixa da serra (Lacerta monticola)Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)Escáncer boieiro (Anguis fragilis)Escáncer tridáctilo (Chalcides chalcides)

Page 29: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE RÉPTILESCóbrega lagarteira (Coronella austriacas)Cóbrega sapeira (Natrix natris)Víbora seoanei (Vipera seoanei)

12. No espazo afectado polo proxecto pódense atopar as seguintes especies de aves

LISTADO DE AVESMiñato abelleiro (Pernis apivorus)Miñato queimado (Milvus migrans)Rapina cincenta (Circus pygargus)Aguia albela (Circaetus gallicus)Gatafornela (Circus cyaneus)Azor (Accipiter gentilis)

Page 30: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE AVESGavián (Accipiter nisus)Buxato (Buteo buteo)Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus)Esmerillón (Falco columbarius)Falcón pequeno (Falco subbuteo)Falcón común (Falco peregrinus)Perdiz común (Alectoris rufa)Becacina cabra (Gallinago gallinago)Arcea (Scolopax rusticola)Bilurico bailón (Actitis hypoleucos)Pombo torcaz (Columba palumbus)Rula (Streptotelia turtur)Cuco común (Cuculus canorus)Curuxa común (Tyto alba)

Page 31: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE AVESMoucho común (Athene noctua)Avelaiona (Strix aluco)Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus)Vencello común (Apus apus)Andurón (Apus melba)Peto verdeal (Picus viridis)Peto real (Dendrocopus major)Laverca (Alauda arvensis)Anduriña común (Hirundo rustica)Anduriña de cu branco (Delichon urbica)Anduriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris)Pica das árbores (Anthus trivialis)Pica dos prados (Anthus pratensis)Lavandeira branca (Motacilla alba)

Page 32: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE AVESLavandeira verdeal (Motacilla flava)Lavandeira real (Motacilla cinerea)Carrizo (Troglodytes troglodytes)Azulenta común (Prunella modularis)Paporrubio (Erithacus rubecula)Rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros)Merlo (Turdus merula)Merlo rieiro (Cinclus cinclus)Tordo (Turdus philomelos)Tordo real (Turdus pilaris)Tordo malvís (Turdus iliacus)Tordo charlo (Turdus viscivorus)Picaxuncos (Cisticola juncidis)Fulepa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus)

Page 33: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE AVESFulepa amarela (Hippolais polyglotta)Papuxa montesa (Sylvia undata)Papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala)Papuxa común (Sylvia comunis)Papuxa apardada (Sylvia borin)Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla)Picafollas común (Phylloscopus collybita)Estreliña riscada (Regulus ignicapillus)Ferreiriño cristado (Parus cristatus)Ferreiriño común (Parus ater)Ferreiriño bacachís (Parus caeruleus)Ferreiro abelleiro (Parus major)Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus)Gabeador común (Certhia brachydactyla)

Page 34: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE AVESOuriolo (Oriolus oriolus)Picanzo vermello (Lanius collurio)Picanzo real (Lanius excubitor)Escribenta riscada (Emberiza cia)Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus)Pimpín común (Fringilla coelebs)Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula)Estorniño pinto (Sturnus vulgaris)Estorniño negro (Sturnus unicolor)Pardal común (Passer domesticus)Pardal orelleiro (Passer montanus)Pimpín común (Fringilla coelebs)Xirín (Serinus serinus)Verderolo (Carduelis chloris)

Page 35: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

LISTADO DE AVESXílgaro (Carduelis carduelis)Pincaouro (Carduelis espinus)Liñaceiro común (Carduelis cannabina)Pega rabilonga (Pica pica)Gralla cereixeira (Corvus monedula)Pega marza (Garrulus glandarius )Corvo viaraz (Corvus corone corone)Corvo carnazal (Corvus corax)

13. Aínda que no EIA (páx. 107-108) non se recoñece a modificación de cursos hidrolóxicos, é evidente que se produce unha modificación por eliminación física do Rego Cernadas no tramo incluído na área de explotación.

Page 36: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

Aparte disto, nas páxinas 117 e 118 do E.I.A. quedan reflictidos unha serie de impactos severos sobre a hidroloxía, orixinados pola formación de sedimentos, a aparición de contaminación e a modificación da propia rede hidrográfica. A Lei 29/85, de Augas, no seu artigo 92 establece:

1. A los efectos de la presente Ley, se considerarán vertidos los que se realicen directa o indirectamente en las aguas continentales, así como en el resto del dominio público hidráulico, cualquiera que sea el procedimiento o técnica utilizada. Queda prohibido, con carácter general, el vertido directo o indirecto de aguas y de productos residuales susceptibles de contaminar las aguas continentales o cualquier otro elemento del dominio público hidráulico, salvo que se cuente con la previa autorización administrativa.

Page 37: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

2. La autorización de vertido tendrá como objeto la consecución del buen estado ecológico de las aguas, de acuerdo con las normas de calidad, los objetivos ambientales y las características de emisión e inmisión establecidas reglamentariamente en aplicación de la presente Ley. Esas normas y objetivos podrán ser concretados para cada cuenca por el respectivo Plan Hidrológico.

14. Nas páxinas 107 e 108 de E.I.A. figura unha relación coas accións que van producir impactos no medio, na fase de instalación e/ou na fase de explotación:

a) Atmosfera: na composición e na calidade sonora.b) Solo: destrucción e modificación de propiedades.c) Hidroloxía: calidade das augas.d) Paisaxe: modificación do terreo, elementos antropóxenos e

impacto visual.

Page 38: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

e) Procesos xeofísicos: erosión, sedimentación e estabilidade.f) Flora: destrucción e modificación do crecemento.g) Fauna: mortes, destrucción de hábitats e escorrentamentos.h) Poboación: emprego, infraestructuras e alteración da saúde.v) Economía: sector 1º.Na páxina 116 do E.I.A. aparece unha relación de impactos

acústicos como consecuencia da actuación proxectada, o que contraven de xeito significativo a Ley 4/89, de Conservación

de los espacios naturales y de la flora y fauna silvestre, que no seu artigo 38 caracteriza como infracción administrativa:

CUARTA. LA EMISION DE RUIDOS QUE PERTURBEN LA TRANQUILIDAD DE LAS ESPECIES EN ESPACIOS NATURALES PROTEGIDOS.

Cómpre ter en conta a existencia no Parque Natural próximo a este espacio de especies faunísticas de gran valor que

sufrirían

Page 39: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

enormemente os efectos da contaminación acústica: Tartaraña cincenta, Salamántiga galega e Bufo Real. Con

respecto desta última especie, hai que salientar que a mina estaría situada a menos de dous km do lugar de aniñamento dunha das dez parellas existentes en Galicia.

15. No E.I.A. Non se presentan alternativas, hai unha única proposta. A razón aducida para non presentar alternativas é que o xacemento se circunscribe a unha zona determinada. Sen embargo, isto non é óbice para non presentalas, xa que

a utilización da escombreira exterior si permitiría a elección entre varias alternativas.

Se ben é verdade que fóra do perímetro elixido para escom-breira exterior é practicamente imposible atopar outra ubica-ción de características aceptables para causar menor dano ambiental, tamén resulta innegable que o sitio elixido para

Page 40: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

ubicar a escombreira presenta unha repercusión moi negativa sobre o medio, xa que está situado a rentes do Rego Gallel, tributario do Rego Maciñeira que á súa vez é afluente do Eume. Non se especifica qué tipo de contaminación se producirá como consecuencia dos efluentes ao río Gallel, pero aínda no caso de que só se empregaran procedementos físicos, aparecería contaminación como resultado de procesos de oxidación sobre os materiais que quedarán á intemperie.

O impacto sobre o río Gallel é severo, xa que a escombreira establécese na súa marxe, non respectando a zona de policía e abranguendo toda a beira oeste, de elevada pendente. O sistema de aterrazamentos e gavias proxectadas non conseguirán evitar a deposición de materiais da escombreira sobre o río. Isto entra en flagrante contradicción coa Lei

Page 41: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

29/85, de Augas, que no seu artigo 90 dispón:Los Organismos de cuenca, en las concesiones y autorizacio-

nes que otorguen, adoptarán las medidas necesarias para hacer compatible el aprovechamiento con el respeto del me-dio ambiente y garantizar los caudales ecológicos o deman-das ambientales previstas en la Planificación Hidrológica.

En la tramitación de concesiones y autorizaciones que afecten al dominio público hidráulico que pudieran implicar riesgos para el medio ambiente, será preceptiva la presentación de un informe sobre los posibles efectos nocivos para el medio, del que se dará traslado al órgano ambiental competente para que se pronuncie sobre las medidas correctoras que, a su juicio, deban introducirse como consecuencia del informe presentado. Sin perjuicio de los supuestos en que resulte obligatorio conforme a lo previsto en la normativa vigente,

Page 42: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

en los casos en que el Organismo de cuenca presuma la existencia de un riesgo grave para el medio ambiente, someterá igualmente a la consideración del órgano ambiental competente la conveniencia de iniciar el procedimiento de evaluación de impacto ambiental.»

O feito de non atoparse alternativas posibles é razón sufi-ciente para non desenvolver a explotación, xa que evidencia as condicións medioambientais da zona como moi vulnera-bles ao impacto e indica a importancia medioambiental deste espacio.

16. No apartado 5.2.3.3, “Visibilidade da proposta” faise mención á Directiva de Hábitats recoñecendo que, de levarse adiante o proxecto, non se observarían as medidas de conservación necesarias para zonas de especial protección,

ao mesmo tempo alúdese ao apartado 4 desta normativa

Page 43: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

nestes termos: “... A pesar de la posibilidad de conclusiones negativas de la evaluación sobre la repercusión en el lugar, cabe la posibilidad de realizarse el proyecto por razones de interés público pudiendo ser esta de índole social o económica...”.

Neste senso podemos dicir que en función de dito interese social e económico, débese dar prioridade a outro tipo de actividades que axuden a diversificar os sectores de produc-ción; non hai que esquecer que a actual crise da zona débese precisamente a esta falta de diversificación da produción xa que, ata o de agora, esta centrouse no sector da minaría extractiva. É necesario polo tanto modificar a situación e non caer en antigos erros que deron lugar á crise actual.

Neste senso, e segundo indica o artigo 13 da Lei de Ordena-ción da Minaría de Galicia:

Page 44: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

Os criterios que inspirarán o Plan da Minaría de Galicia serán os seguintes:

a) O establecemento das bases do desenvolvemento dunha minaría sostible.

b) A mellora da seguridade das explotacións mineiras e dos seusestablecementos de beneficio.

c) A harmonización da actividade extractiva co resto dos usos do solo, dentrodo marco da ordenación territorial e ambiental.

A proximidade do Parque Natural e a demanda de inclusión da Serra de Forgoselo nalgunha das figuras de protección existentes encamiñan a buscar solucións no sector terciario, facendo compatibles deste modo o desenvolvemento económico e social da zona coa protección medioambiental.

As recomendacións establecidas no dictame do 28 de setem-bro de 2005 do Comité Económico e Social sobre contribución

Page 45: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

do turismo á recuperación socioeconómica das zonas en declive son totalmente contrarias ao establecemento deste proxecto. Ao respecto presentamos algúns parágrafos deste dictame:

2.3.2.1 A situación das zonas en declive: definir os déficit destas zonas dende distintos aspectos, incidindo na análise de cada un deles: problemas derivados, en ocasións, dun pasado de monocultivo industrial e empresarial; inadecuación ou deterioro de factores medioambientais.

4.3 O equilibrio sostible da actividade nas súas vertentes económica, social e medioambiental –de forma especial este último- é outro dos obxectivos de toda actuación de desenvol-vemento para zonas en declive.

Se unha das xustificacións nas que se basea o proxecto é a creación de postos de traballo, cómpre ter en conta que as

Page 46: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

elevadas cantidades de fondos públicos destinados a el pode-rían destinarse a crear postos de traballo dignos en áreas moi diversas: restauración forestal, reparación e mantemento de sendas naturais, vixilancia, guías da natureza, equipas de educación ambiental, hostalaría e restauración, etc.

17.Expostos todos os motivos que dan lugar ás anteriores alegacións, incidimos nas obrigas ás que as administracións competentes en materia medioambiental e da minaría deben suxeitarse, valéndonos para este fin do artigo 7.3 do Real Decreto 2857/1978:

3. El Ministerio de Industria y Energía realizará los estudios oportunos para fijar las condiciones de protección del ambiente que serán imperativas en el aprovechamiento de los recursos objeto de la Ley de Minas y se establecerán por Decreto, a propuesta del Ministerio de Industria y Energía,

Page 47: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

previo informe de la Comisión Interministerial del Medio Ambiente. Corresponde a las Delegaciones Provinciales del Ministerio de Industria y Energía velar por el cumpli-miento de las normas sobre protección del medio ambiente, no autorizando la puesta en marcha de instalaciones, indus-trias o explotaciones mineras, sin la previa comprobación de las condiciones citadas o, en su caso, del debido funciona-miento de los dispositivos correctores …

Por todo o exposto, SOLICITA:1.- Que se teña por formulado alegacións ao Estudo de Impac-to

Ambiental e ao Plan de Restauración do Proxecto de Con-cesión de Explotación SONSOLES IV 1ª fracción nº 6156.1 da provincia da Coruña, promovido por Picobello Andalucita S.L., (D.O.G de 2 de maio de 2007) por parte da Sociedade Galega

Page 48: Alegaciones  M I N A  D E  A N D A L U C I T A

de Historia Natural. e se dea por persoada esta entidade no expedente de referencia.

2.- Que se paralice a tramitación do proxecto de referencia por non axustarse a dereito e por resultar inaxeitado natural,

social e culturalmente.Ferrol, a 4 de xuño de 2007

O Secretario da SGHN - FerrolAsdo. Antonio E. Rodríguez Martínez