actividades unidade didáctica 7

10
ACTIVIDADES UNIDADE DIDÁCTICA 7 Constantino González Varela Afonso Leal García

Upload: tino

Post on 12-Feb-2016

222 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Actividades unidade didáctica 7

ACTIVIDADES UNIDADE DIDÁCTICA 7

Constantino González Varela

Afonso Leal García

Page 2: Actividades unidade didáctica 7

1

Page 3: Actividades unidade didáctica 7

ÍNDICE:

1. Análise do Ciclo de Vida dun produto turístico....páxina 4 2. Análise de Anuncios de Turgalicia........................páxina 6

2

Page 4: Actividades unidade didáctica 7

3

Page 5: Actividades unidade didáctica 7

1. Análise do Ciclo de Vida dun produto turístico

Nome: Turismo mariñeiro

Ciclo de vida: segundo Turgalicia, incipiente ou novidade

Características: Turismo Vivencial

Análise:

A seguir analizarase o ciclo de vida do produto “Turismo Mariñeiro”, cualificado

como “Incipiente ou novidade” por Turgalicia, malia levar case unha década

dende o seu inicio por varias cofradías da Costa da Morte.

Na actualidade desenvólvese, segundo Turgalicia, nos 4 xeodestinos litorais

que existen: A Mariña, Rías Altas, Costa da Morte e Rías Baixas estando

explotado por varias empresas privadas (Mar Galaica, Pescanatur…)

A súa promoción dixital realízase na propia Empresa Paraugas (Turgalicia),

nalgunhas webs de carácter público (coma a do concello de Carnota ou a

Deputación de Lugo), estando presentes nelas horarios, prezos e

equipamentos que cómpren para realizar a actividade.

Opinión persoal:

Tanto as empresas do sector coma a propia empresa paraugas (Turgalicia)

aseguran que é un sector “incipiente”. En todo caso, e partindo dun sector que

cómpre activar e diversificar non semella mala idea, mágoa que a xulgar pola

falta de información e tendo en conta que fai case unha década do seu inicio

experimental, non parece que sexa nin tan incipiente nin tan novidade. Ao

mesmo tempo na consulta de novas sobre o tema, todas reflicten a

experiencia piloto de quenda (xa fora na Costa da Morte, nas Rías Baixas ou

4

Page 6: Actividades unidade didáctica 7

na Mariña Lucense) polo que dá a entender que o produto non foi moito máis

aló, ou cando menos non se innovou nada no sector, por moito bombo que

semella querer dárselle dende o subsector.

Lugar onde o sitúa Turgalicia e as empresas do sector.

Lugar onde o situamos nós.

Páxinas utilizadas (Webgrafía)

http://www.mardelira.net/

https://www.turgalicia.es/portada?langId=gl_ES

http://www.margalaica.net/

http://www.pescanatur.es/

Page 7: Actividades unidade didáctica 7

2 . Análise de anuncios de Turgalicia

Anuncio 2006

Lema: Galicia Única

Duración: 31”

Música: Lenta, sosegada e recoñecible (Tu Gitana, Luar na Lubre)

Utiliza: Auga, natureza, tempo lento, perspectiva detallista, humidade,

animacións en lingua galega e a voz dun actor de renome (Luis Tosar),

escenas infantís, actividades tradicionais, gastronomía e patrimonio.

Lugares recoñecíbeis: A praia das Catedrais (Monumento Natural).

Pretende evocar: paz, tranquilidade, descanso, un lugar diferente, regreso á

infancia, un lugar agreste e pouco humanizado así como un lugar máxico e

mítico.

Tipos de turismo utilizado: Turismo Rural, Turismo de Natureza, Turismo

Vivencial, Turismo Gastronómico, Turismo Urbano (Cascos Históricos) e

Turismo Cultural.

6

Page 8: Actividades unidade didáctica 7

Anuncio 2013

Lema: Galicia. Gárdasme o segredo?

Duración: 45”

Música: Lenta, sosegada e recoñecible (Chove en Santiago, Rosa

Cedrón&Ismael Serrano)

Utiliza: Linguaxe poética, pausada e persoal. Natureza exuberante combinada

con espazos abertos, tempo lento e movementos de cámara manuais, planos

curtos e detallistas e tamén gastronomía así como actividades tradicionais e

relaxantes.

Lugares recoñecíbeis: Cabo Ortegal, Serra da Capelada, San Andrés de

Teixido, Igrexa Románica de Cambre, As termas de Ourense e as Illas Cíes.

Pretende evocar: Lugar sen explorar, un sitio de relax, experiencia

propia,

Tipos de turismo utilizado: Turismo Rural, Turismo de Natureza, Turismo

Vivencial, Turismo Gastronómico, Turismo Urbano (Cascos Históricos) e

Turismo Cultural, Turismo Termal.

7

Page 9: Actividades unidade didáctica 7

Opinión persoal

Sete anos de diferenza... mais os anuncios son practicamente idénticos.

Amosando imaxes que evocan, esencialmente, descanso e retiro...e nada

máis. Certo é que o cliente potencial dese tipo de turismo adoita ter, ao parecer,

un meirande poder adquisitivo e, posibelmente, sexa ese o que máis presenza

ten en Galicia, mais coido que esquecemos grande parte do mercado ao non

facer anuncios diferentes para un público diferente (tendo en conta que si hai

unha oferta diferente).

Poñamos algún exemplo: malia que longo de podermos poñer como exemplo

un lugar que que si amosou neste anuncio unha imaxe diferente:

http://www.youtube.com/watch?v=npawmHVaf-E

8

Page 10: Actividades unidade didáctica 7