acceso a la administración electrónica 2013

25
Por: Araceli Álvarez Copena

Upload: araceli-ana-alvarez-copena

Post on 08-Jul-2015

84 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Acceso a la administración electrónica 2013

Por: Araceli Álvarez Copena

Page 2: Acceso a la administración electrónica 2013
Page 3: Acceso a la administración electrónica 2013

Nos últimos años vivimos un cambio profundo na forma naque os cidadáns, empresas e Administracións relacionánseentre sí. Internet cambiou xa de xeito permanente a forma en que traballamos, vivimos e nos relacionamos.

En poucos anos Internet deixou de ser un sitio onde era conveniente estar para ser un sitio onde é imprescindible traballar.

Cidadáns e empresas atopan facilidades e vantaxes no uso da Rede que lles fai mais doado realizar algunhas das suasactividades neste novo medio que no mundo físico tradicional.

Na súa orixe a Rede se comportou como una simple extensión do mundo físico pero xa non é así. Internet demostrou unha capacidade abraiante para almacenar e difundir todo tipo de informacións de xeito inmediato.

Page 4: Acceso a la administración electrónica 2013

Máis aló da sua capacidade como fonte de información, Internet é un espacio axeitado para a realización de determinadas transaccións e así apareceron negocios como a banca, o comercio ou a distribución de determinados benspor vía electrónica.

Tamén se consolida como o medio preferido polos mozos para potenciar as relacións persoais e colectivas. A aparición das redes sociais e a Web 2.0 abriron unha nova forma de relación que permite a colaboración e cooperación masiva nunca antes coñecida.

Agora a Internet permitenos ser máis creativos e aumentar a transparencia e a participación de todos.

Page 5: Acceso a la administración electrónica 2013

Os AAPP levan años invertindo para mellorar o seufuncionamento interno, coa idea de que o aforro económico conseguido co incremento da sua eficacia trasladaríase a os ciudadáns e empresas.

Nesta búsqueda da eficacia, as AAPP realizaron importantes investimentos para incorporar o uso das TIC nas suas tarefascotiáns.

En paralelo co uso das TIC para mellorar os procesos internos, o desenvolvemento de internet xerou unha demanda importante sobre empresas e Administracións para que estas usasen a nova canle para facilitar aos seus usuariosa información e ao acceso electrónico aos seus servizos.

Page 6: Acceso a la administración electrónica 2013

Pídese, basicamente, transformar unha Administración cuxamisión principal era garantir que se cumpría a Lei a unhaAdministración cuxa misión é poñerse ao servizo de cidadánse empresas para que estes desenvolvan do mellor xeitoposible os seus traballos.

Para empezar reclama non ter que achegar datos que xaobren en poder de calquera Administración; non ter que coñecer a estrutura administrativa da Administración para relacionarse con ela.

É neste novo marco no que o Parlamento español aproba, en xuño de 2007, a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos co obxectivo de atender estas novas demandas.

Page 7: Acceso a la administración electrónica 2013

O aspecto máis destacable desta Lei é o recoñecemento do dereito dos cidadáns a relacionarse electronicamente coasAdministracións, o que leva consigo a obriga para estas de dotarse dos medios necesarios para iso.

A lei non se limita a recoñecer o dereito á relación electrónicaentre a cidadanía e a administración. Tamén recoñece o dereito a non achegar os datos e documentos que obren enpoder das AAOO, obrigando a esta a usar medios electrónicospara solicitalos da Administración que os custodie e a esta última a facilitar o acceso aos devanditos datos, con respectoao establecido na LOPD. Deste xeito, obrígase a que sexa a Administración a que colabore entre os seus departamentos e órganos e que non teña que ser o cidadán que teña que percorrer distintas xanelas para achegar documentación que xa posúe a Administración Pública.

Page 8: Acceso a la administración electrónica 2013

Os principios que reforzan o seu impacto na cidadanía son os seguintes:

*O respeto ó dereito á protección de datos de carácter persoal.

*O compromiso de igualdade . Nunca poden existir restriccións o discriminacións para os cidadáns que elixanoutros procedementos.

*A neutralidade tecnolóxica. Nunca unha AAPP pode imponer a ningún cidadán o xeito para relacionarse con ela.

*Proporcionalidade. Non impoñer condicións excesivas e facilitar o desenvolvemento dos servicios electrónicos.

Page 9: Acceso a la administración electrónica 2013

A lei pretende facilitar o exercicio de dereitos e o cumprimento de deberes por medios electrónicos.

Impulsar o desenvolvemento da sociedade da información e aumentar a confianza no uso dos medios electrónicos.

Aumentar a transparencia e proximidade da Administración.

Contribuír á mellora do seu funcionamento interno e á simplificación dos procedementosadministrativos.

Page 10: Acceso a la administración electrónica 2013

Que é a Administración Electrónica?

Definicións:

Comisión Europea da UE: "A administración electrónica é o uso das TIC nas AAPP, combinado con cambios organizativos e novas aptitudes, co fin de mellorar os servizos públicos e os procesos democráticos e reforzar o apoio ás políticas públicas“

“É o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións na Administración para que, combinadas con certos cambios organizativos e novas capacidades dos empelados públicos, melloren a eficacia, a produtividade, a axilidade e a comodidade na prestación de servizos aos cidadáns"

Page 11: Acceso a la administración electrónica 2013

A idea clave sobre a administración electrónica é que non se trata simplemente de levar as TIC á actividadeadministrativa, senón que constitúe un elemento fundamental nos procesos de modernización administrativa dentro dos cales se enmarca que debe levar á mellora e simplificación dos servizos.

Dito doutro xeito: quérese menos burocracia non unha burocracia por Internet.

Esta idea constitúe polo tanto un dos grandes eixesda Lei 11/2007.

Page 12: Acceso a la administración electrónica 2013

Vantaxes:

* Rapidez e comodidade para os usuarios (a calquera hora):

-Evitar colas, desprazamentos e horarios.-Acceso á información máis cómodo, doado e rápido.-Acceso universal. A situación xeográfica e proximidade de

oficinas administrativas deixa de ser un problema, algo especialmente importante nun país como España.

*Fomento da participación dos cidadáns (caixas de correo, cuestionarios, etc.), fomentar unha relación interactiva e máispositiva.

*Impulso da sociedade da información: estimula a participación e aprendizaxe do cidadán

Page 13: Acceso a la administración electrónica 2013

*Simplificación dos procedementos e integración transparente de diferentes administracións (solucións de xanela única).

*Para a Administración:

-Redución de custos, tempos de tramitación, menos erros ->melloreficiencia e produtividade.

-Mellora de relacións e imaxe, transparencia: co cidadán

*Impacto na economía:

-"os países que máis destacan en canto a apertura e eficiencia do sector público e en preparación para a administración electrónica son tamén os primeiros en canto a rendemento económico e competitividade. “

-Impulso económico en rexións xeograficamente desfavorecidas.-Menos carga para as empresas, redúcelles custos e aumenta a súa

produtividade: contratación electrónica, factura electrónica, modelos de cotización electrónicos na seguridade social, etc.

Page 14: Acceso a la administración electrónica 2013

Barreiras:

. Insuficiente penetración das TIC na poboación española.

. Accesibilidade e falta de experiencia no uso das TIC.

. Desconfianza nos medios electrónicos de intercambio de información.

. Descoñecemento da existencia da Administración online.

. Receo da administración coa seguridade electrónica.

. Falta de integración entre as diferentes administracións.

. Problemas de financiamento e de medios, especialmente para as EELL (concellos pequenos, etc.)

Page 15: Acceso a la administración electrónica 2013

Para poder cumprir as finalidades establecidas usando os principios enumerados anteriormente, a lei desenvolve o réximexurídico da Administración electrónica, definindo o concepto de "sede electrónica" como pedra angular dende a que se prestarán os servizos electrónicos da Administración Pública, esixindopara estas sedes as condicións necesarias para garantir a seguridade e a responsabilidade da Administración Pública sobre todo o seu contido e sobre as actuacións realizadas a través desta.

Unha vez establecido o concepto de sede, a Lei define os distintos mecanismos de identificación e autenticación no mundo electrónico para que poidan realizarse transaccións con todas as garantías, á vez que se flexibilizan (usando o principio de proporcionalidade) as esixencias de seguridade para que poidan adaptarse os procesos ás necesidades dunha xestión áxile eficaz.

Page 16: Acceso a la administración electrónica 2013

Un dos apartados máis importante da Lei é o relativo á cooperación entre Administracións. Prestar servizosavanzados á cidadanía require dunha colaboración intensa entre todas elas. Por esta razón, a Lei establece fortesestruturas de cooperación que permita a interoperabilidadedos sistemas desenvolvidos por cada unha delas. Destaca a esixencia que fai a Lei para que se cree o Esquema Nacional de Interoperabilidade e o Esquema Nacional de Seguridade, pezas clave na cooperación entre Administracións.

Tamén se crea a Rede de comunicacións das AdministraciónsPúblicas españolas, a Rede integrada de Atención aoCidadáns, os mecanismos de cooperación para o desenvolvemento de aplicacións e para o intercambio destas, o Centro de Transferencia de Tecnoloxías e a plataforma de validación de certificados dixitais da Administració Pública.

Page 17: Acceso a la administración electrónica 2013

En primeiro lugar pódese citar polo seu carácter básico a rede de comunicaciónsSARA que permite a comunicación electrónica segura entre todas as Administracións do Estado, e que serve de punto de conexión destas á Rede común europea TESTA. A rede SARA conectaba xa en xaneiro de 2009 a toda a AGE e a todas as Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla ademais da un total de 1087 municipios.

A plataforma de validación de certificados dixitais @firma, que pon a disposición de todas as Administracións unha plataforma para validade a firma electrónica e os diferentes certificados admitidos polas Administracións, incluído en DNIe. Ofrece igualmente servizos de selado de tempo.

A Plataforma de Intermediación de Datos ten por obxecto facer viable a difícil tarefa de poñer a disposición de cada trámite os datos necesarios en poder de unidades diferentes da que tramita. Posiblemente este servizo sexa a maiorachega da Administración electrónica xunto con evitar o desprazamento físico ásoficinas da Administración.

Desenvolvéronse outros moitos servizos comúns: pasarela de pagamento, plataforma de notificación, rexistro virtual, apoio ao redeseñar de procedementos, plataforma de tradución, servizo de comunicación de cambio de domicilio, arquivo electrónico, etc.

Page 18: Acceso a la administración electrónica 2013
Page 19: Acceso a la administración electrónica 2013
Page 20: Acceso a la administración electrónica 2013
Page 21: Acceso a la administración electrónica 2013
Page 22: Acceso a la administración electrónica 2013

Confidencialidade:

gardar o segredo fronte a terceiros sobre unha determinada información, xa sexa un documento, comunicación, etc. A ferramenta principal para lograr este obxectivo é a criptografía.

Page 23: Acceso a la administración electrónica 2013

Dispoñibilidade:

refírese á dispoñibilidade en todo momento da información e/ou servizos. Isto implica servizos de alta dispoñibilidade, servidores redundados, centros de respaldo, etc.

Page 24: Acceso a la administración electrónica 2013

Trazabilidade:

refírese á información histórica que é importante coñecer e conservar, que cambios sufriu a información?, quen accedeu a ela? etc.

Page 25: Acceso a la administración electrónica 2013

Conservación:

a correcta conservación e arquiva da información de modo que se encontre dispoñible e integra aínda despois de que teñan longos períodos de tempo.