a ombros de xigantesarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo-do-reino... · cando...

19
a ombros de xigantes Arquivo do Reino de Galicia Día Internacional do Patrimonio 16.11.2018 Ciencia e técnica como patrimonio portada introdución ciencia técnica institucións

Upload: lenhi

Post on 22-Nov-2018

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

a ombros de xigantes

Arquivo do Reino de Galicia

Día Internacional do Patrimonio

16.11.2018

Ciencia e

técnica

como

patrimonio

portada introdución ciencia técnica institucións

A ciencia e a técnica están en permanente renovación, por iso parécenos

que se reinventan a cada volta. Pero esta impresión oculta o carácter

histórico do saber, que é un proceso acumulativo.

Cando Newton escribía “se logrei ver máis lonxe é porque subín a ombros

de xigantes”, estaba revalorizando os avances dos séculos precedentes.

Newton citaba a Bernardo de Chartres, mestre de gramática, que xa no

século XII recoñecía con esta expresión o saber da Antigüidade.

Así pois, a ciencia e a técnica contan cunha dimensión patrimonial que

adoita pasar desapercibida. Os obxectos, libros e documentos que as

ciencias empregaron para xerar e transmitir o saber constitúen o

patrimonio científico-técnico, como establece a Lei galega de

patrimonio cultural de 2016.

Esta exposición é a achega do Arquivo do Reino de Galicia á

conmemoración do Día Internacional do Patrimonio Mundial 2018

introdución

portada introdución ciencia técnica institucións

ciencia

A fins do século XV a observación, a medición e a progresiva

racionalización substitúen a explicación simbólica da natureza propia

da Idade Media.

Isto conducirá á revolución da ciencia nova no século XVII, da que

xurdiu a ciencia tal como hoxe a concibimos: baseada na observación e

na experimentación e construída metodicamente, seguindo paso a paso

unhas regras, para formular leis de validez universal.

Os estudos de Medicina na Universidade de Santiago implantáronse en

1648. Os de Física experimental en 1772.

En Cartografía destaca Domingo Fontán, que no século XIX realizou un

mapa de Galicia rigorosamente científico.

portada introdución ciencia técnica institucións

Física e Química

Filosofía peripatética.

Tomo II:Física Biblioteca auxiliar

Data: 1767

Signatura: SCM 201

Instrumentos de

Ciencias Físicas para a

expedición de Iglesias

Brage ao Amazonas Iglesias Brage

Data: 1934

Signatura: 48578/1

Explorador da

expedición de Iglesias

Brage ao Amazonas Iglesias Brage

Data: 1940

Signatura: 1635

ciencia

portada introdución ciencia técnica institucións

ciencia Física e Química

Tratado de alquimia Biblioteca auxiliar

Data: 1602

Signatura: SCM 325

Preito sobre exercer como químico

Título de químico de José Datocha

expedido en Constantinopla Real Audiencia de Galicia

Data: 1682-1690

Signatura: 20760/46

Exposición Rexional Galega.

Sección de produtos químicos Colección de postais

Data: 1909

Signatura: 2/2

portada introdución ciencia técnica institucións

ciencia

Preparación do

instrumental cirúrxico Colección fotográfica do

Sanatorio Nacional Marítimo

de Oza Data: 1956

Signatura: SO FOT 2159

Medicina e Cirurxía

Título de cirurxián

en favor Andrés de

Villanueva Colección de documentos

en pergamiño

Data: 1587

Signatura: 933

Suplemento ás

institucións cirúrxicas

de Lorenxo Heister Biblioteca auxiliar

Data: 1782

Signatura: SCM 302

portada introdución ciencia técnica institucións

Exención do servizo militar

de José e Agustín García

por hermafroditismo

Deputación Única de Galicia Data: 1813

Signatura: 40045/115

Medicina e Cirurxía

Botica xeral.

Remedios para todo tipo de

enfermidades José Cornide Saavedra

Data: ca. 1750

Signatura: 44815/145

Informe dirixido a

Antonio José Carballal

para ser cirurxián Alcaldía Maior de Ferrol

Data: 1786

Signatura: 5008/14

ciencia

portada introdución ciencia técnica institucións

Xeografía e Cartografía

Mapa da predición do tempo no

océano Atlántico Iglesias Brage

Data: 1878

Signatura: IB 147

Xeografía e descrición

universal da Terra. Ptolomeo Biblioteca auxiliar

Data: 1597-1598

Signatura: FA 90

Carta das costas de Galicia.

Vicente Tofiño Colección cartográfica

Data: 1787

Signatura: CC MB 63

ciencia

portada introdución ciencia técnica institucións

ciencia Xeografía e Cartografía

Carta xeométrica de Galicia. Domingo Fontán Colección cartográfica Martínez Barbeito

Data: 1845

Signatura: CC MB 84

Certificado da causa contra os doutores

Joaquín Patiño, Domingo Fontán e Juan

Camiña sobre a súa conduta moral e

política Arquivo do Reino de Galicia

Data: 1826-1845

Signatura: 48771/3

portada introdución ciencia técnica institucións

técnica

No mundo grego a ciencia era logos, razón e coñecemento,

mentres a técnica era téchne, arte, aquilo que troca o

natural en artificial.

Hoxe vivimos baixo o imperio da tecnoloxía, da técnica

independizada convertida en razón.

Entre tanto, ciencia e técnica percorreron camiños ás veces

coincidentes, ás veces diverxentes. Por exemplo, a ollos

actuais o pensamento da Idade Media é técnico e non

científico, porque os coñecementos estaban dispersos ou

suxeitos ao criterio de autoridade.

O Departamento de Mariña de Ferrol, con estaleiros e escola

de gardas mariñas, concentraba a enxeñería de vangarda na

Galicia da segunda metade do XVIII. Canto á enxeñería civil,

en 1802 creouse unha escola de enxeñeiros de camiños e canais

e, dende 1835, tamén de portos.

portada introdución ciencia técnica institucións

técnica Enxeñería

A Coruña: a ponte do Burgo Colección de postais

Data: ca. 1940

Signatura: 1157

Tratado das pontes: onde

se fala das dos romanos Biblioteca auxiliar

Data: 1765

Signatura: FA 142

Plano da Ponte do Burgo entre Culleredo e Cambre

Real Audiencia de Galicia

Data: 1630

Signatura: RA 103

portada introdución ciencia técnica institucións

técnica Enxeñería

Estrada de 3º orde. Tramo IV: Boiro- A Pobra do Carmiñal Xefatura Provincial de Estradas da Coruña

Data: 1864

Signatura: 63703/1

Camiño real de Monforte a Lugo Real Audiencia de Galicia

Data: ca. 1734-1742

Signatura: CC RA 110

Traballadores e máquina

para asfaltar Colección fotográfica

Data: ca. 1913

Signatura: 5762

portada introdución ciencia técnica institucións

Enxeñería

Proxecto de ampliación do aeroporto

de Labacolla Iglesias Brage

Data: ca. 1952

Signatura: 48541/1-2

Proxecto do aeroporto de Alvedro. Tipos de avións Iglesias Brage

Data:1952

Signatura: CC IB 298

Avión

Breguet XIX Colección

fotográfica de

Iglesias Brage

Data: ca. 1936

Signatura: IB 1320

técnica

portada introdución ciencia técnica institucións

técnica Industria

Plano de buque bacallaeiro ASTANO

Data: 1952

Signatura: 45000/1

Plano dos arsenais de Ferrol Colección documental de César de Vaamonde Lores

Data:1779

Signatura: CC 19

Buque bacallaeiro

‘Santa Amalia’ en

gradas ASTANO

Data: 1951

Signatura: 48619/985

portada introdución ciencia técnica institucións

Industria

Carta a Fernando Wirtz con

información da máquina monoblock Fábrica de Tabacos da Coruña

Data: 1947

Signatura: 1583/3

Reforma dos obradoiros de obtención

de picaduras ao cadrado Fábrica de Tabacos da Coruña

Data: 1922

Signatura: 100745/4

técnica

portada introdución ciencia técnica institucións

institucións

A ciencia nova difúndese no século XVIII a través de novas

institucións ilustradas apoiadas pola monarquía reformista,

que percibe o poder do coñecemento para o progreso.

As universidades estaban dominadas pola escolástica, un

método docente repetitivo e especulativo que rexeitaba a

experimentación e a investigación. Quedaron á marxe das

innovacións ata a súa reforma no século XIX.

Xurdiron academias dedicadas á investigación e institucións

de fomento orientadas á divulgación, como as reais sociedades

económicas de amigos do país de Santiago e Lugo e o Real

Consulado da Coruña.

O modelo europeo de difusión das artes prácticas foi a

Enciclopedia francesa (1728-1780), que funcionaba por

subscrición. Rompeu co segredo dos oficios exercido polos

gremios, nun momento que anticipa a industrialización.

portada introdución ciencia técnica institucións

Representación da pesca

con xávega Colección iconográfica de

José Cornide

Data: ca. 1786

Signatura: CC F 13

Orla da Facultade de

Medicina da Universidade

de Santiago de Compostela

Curso 1889-1890 Familia Seara

Data: ca. 1890

Signatura: 17895/14-12

institucións

portada introdución ciencia técnica institucións

Informe do Real Consulado

sobre a cantidade de

moeda que podería acuñar

a fábrica da Xuvia Xunta Superior de Subsidios,

Armamento e Defensa de Galicia

Data: 1811

Signatura: 40037/118

Enciclopedia francesa.

Ilustración da industria

da minería Biblioteca Auxiliar

Data: 1765

Signatura: 7980 v.4

Reflexións da Real Academia de Agricultura

de Galicia sobre o cultivo dos montes José Cornide Saavedra

Data: ca. 1750

Signatura: 44813/80

institucións

portada introdución ciencia técnica institucións

Arquivo do Reino de Galicia Rúa San Carlos s/n

15001 A Coruña

881 960 360 [email protected]

realización Noelia Castro

García Pilar Encinar Romero

textos Pilar Encinar Romero

deseño Noelia Castro García

dixitalización Elisa Valcarce

García restauración Eva

García Amador coordinación

Gabriel Quiroga Barro

dirección Carmen Prieto Ramos

colaboracións Gloria García

López Dulce Villares Cuba

a ombros de xigantes ciencia e técnica como patrimonio