23 xuño 2011 - bd37

24
II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO páx. 2-12 ATLETISMO Número: 37 - Ano: III - 24 de xuño de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 8 de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. Docampo e Fernández, campións galegos dos 5 Qm en ruta celebrado en Maceda páx.18 Miguel Fuster, vencedor do 44º Rali de Ourense páx.20 II Trofeo Barrios Deportivo Regresa o -Torneo dos campións- Ourense acolle o campionato xuvenil de hoquei herba páx.22 Plácido Díaz deixa o Ponte Ourense páx. 13 O deporte na sociedade moderna páx.23

Upload: barrios-deportivo

Post on 18-Mar-2016

257 views

Category:

Documents


14 download

DESCRIPTION

El II Trofeo Barrios Deportivo -el torneo de los campeones- ocupa gran parte de este número 37. Un especial de 11 páginas es lo que podrán ver los lectores para saber cuales son los emparejamientos de cuartos de final y que cruces en las semifinales camino de la gran final que se disputará el sábado, 2 de julio en la cancha central de pabellón de los Remedios; previo a la final se disputará un triangular entre tres históricos del fútbol sala ourensano: Almacenes Avantaxe, Bar Pijú y Fontanería Hermanos Cruz.

TRANSCRIPT

Page 1: 23 Xuño 2011 - BD37

II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO páx. 2-12 ATLETISMO

Número: 37 - Ano: III - 24 de xuño de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 8 de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Docampo e Fernández, campións galegos dos 5 Qm en ruta celebrado en Maceda páx.18

Miguel Fuster, vencedor do 44º Rali de Ourense páx.20II Trofeo

Barrios DeportivoRegresa o -Torneo dos campións-

Ourense acolle o campionato xuvenil de hoquei herba páx.22

Plácido Díaz deixa o Ponte Ourense páx. 13

O deporte na sociedade moderna páx.23

Page 2: 23 Xuño 2011 - BD37

� BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

O Trofeo Barrios Deportivo elixirá ao mellor equipo de fútbol sala da tempada4 O Pavillón dos Remedios acolle a segunda edición do “trofeo dos campións” que enfrontará ao máis destacado do fútbol sala masculino ourensán entre o 27 de xuño e o 2 de xullo.P. Lodeiro

Quen será o mellor equi-po de fútbol sala da tempa-da? O � de xullo saberase, xa que nesa data disputara-se a final do II Trofeo Ba-rrios Deportivo “o Torneo dos Campións” que, ao longo dunha semana, en-frontará aos equipos máis destacados deste deporte na provincia.

Por segundo ano, o pe-riódico Barrios Deportivo convoca aos gañadores das ligas de fútbol sala mas-culino máis relevantes de Ourense para enfrontarse nun torneo polo título ‘ofi-cioso’ de mellor equipo da tempada �010-�011.

Nesta ocasión, participan o Mc Donald’s como gaña-dor da 1ª división local; o Alridotrans, vencedor da �ª división local; o En Xogo/Karlasca, como campión da Copa Deputación e da liga provincial; o Taboade-la, subcampión da Copa Deputación; o Cerber, pri-meiro na 1ª división do Carballiño; o Aplicarme-tal, primeiro na �ª división do Carballiño, o Sobrado, como vencedor da primeira edición, e o Muebles An-drade de liga autonómica, como equipo invitado (en substitución do gañador da 1ª liga de Celanova).

Horarios O torneo dispútase nun

formato clásico de cuar-tos, semifinais e final. A primeira cita co balón será o luns �7 de xuño, a partir

das 19:30 horas no pavillón dos Remedios. Neste pri-meiro partido enfróntanse Alridotrans e Sobrado. No seguinte cuarto de final (ás �1 horas) veranse as caras Aplicarmetal e Mc Donalds. O martes �8, no mesmo ho-rario, os dous partidos que restan dos cuartos: Muebles Andrade contra Concello de Taboadela e Carber fronte a En Xogo/Karlasca.

O xoves 30 de xuño é ó turno para as dúas semi-finais. A partir das 19:30 horas o gañador do encon-tro entre Aplicarmetal e Mc Donalds loitará por un oco na final fronte ao vencedor do partido entre Carber e En

EN BREVE

4 Os partidosLuns 27 de xuño, cuar-tos de final: 19:30 h. - Alridotrans - Sobrado (A)�1 h. - Aplicarmetal - Mc Donald’s (B)

Martes 28 de xuño, cuar-tos de final: 19:30 h. - Mobles Andra-de - Concello de Taboade-la (C)�1 h. - Cerber - En Xogo /Karlasca (D)

Xoves 30 de xuño, semi-finais:19:30 h. - Gañador B - Gañador D (1)�1 h. - Gañador A - Gaña-dor C (�)

Sábado 2 de xullo, final: 19 h. - Gañador 1 - Gaña-dor �

Xogo. Ás �1 horas veranse as caras os gañadores do Alridotrans-Sobrado e do Mobles Andrade –Concello de Taboadela.

Final, o sábado 2 de xu-llo

Os vencedores das dúas semifinais loitarán polo tí-tulo a partir das 19 horas do sábado � de xullo. A priori, calquera dos oito equipos participantes ten categoría suficiente para levarse o trofeo, sendo favorito o En Xogo, por ter feito doblete esta tempada. Porén, o So-brado, como gañador do título na súa primeira edi-ción, non lle porá as cousas

doadas, malia que este ano fixo unha competición irre-gular.

Antes da gran final un triangular entre tres equi-pos históricos do fútbol sala ourensán, Almacenes Avantaxe, Pijú e Fontane-ría Hnos. Cruz, animará as bancadas dos Remedios. Será a partir das 16 horas.

Todos os encontros do II Trofeo Barrios Deportivo xogaranse na cancha cen-tral do pavillón, con entrada libre para os afeccionados. Os partidos disputaranse a tempo parado, con dúas partes de �0 minutos, e se-rán arbitrados por árbitros da Federación Galega de

Fútbol Sala. O torneo conta co pa-

trocinio da Concellería de Deportes do Concello de Ourense e da Federación Galega de Fútbol Sala, ade-mais da colaboración da Xunta de Galicia, o Conse-llo Municipal de Deportes e as empresas Anpian-Viaxes Piña e AGS. Haberá trofeos para todos os equipos parti-cipantes.

Sobrado defende o títu-lo

Na súa primeira edición, o Sobrado alzouse co tí-tulo logo da súa victoria 8-5 nunha competida final contra o Lasider Dyc. A

O equipo vencedor da primeira edición do torneo celebrando o título. /RAMSÉS.

A final do “torneo dos campións” disputarase o sábado 2 de xullo, ás 19 horas, no Pavillón dos Remedios

esta accedera tras vencer na tanda de penaltis tanto na semifinal como en cuartos de final.

Nesa primeira edición do torneo, as ansias de triun-fo notáronse tanto na pista nos diferentes equipos que competían como nas banca-das dos Remedios por parte dos seus siareiros.

Page 3: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

3

Arriba: Esteban (xerente Mc Donald´s Ourense), Claudio, David, Vilar, Toni, Dany, Avelino e Juan. Abaixo: Brais, Félix, Julio, Marcos, Luis, Alex e Omar.

II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Redacción

O equipo Mc Donald´s Ourense leva tantos anos de existencia como este Trofeo Barrios Deportivo (dous) e estará novamente presente, como na primeira edición,

Mc DONALD´S OURENSE

Mc Donald´s Ourense, dous anos de éxitos4 En dúas tempadas lograron ser campións de 2ª e 1ª Divi-sión de Ourense.

para chegar o máis lonxe posible. O ano pasado foi o terceiro clasificado neste evento tras perder aos pe-naltis en semifinais contra o Sobrado, equipo que á pos-tre conquistou o torneo. Co aval de dúas ligas (1ª e �ª

Local Ourense) será un dos equipos que pode lograr conquistar esta copa.

Este ano en Primeira Di-visión foron os claros ven-cedores (61 puntos) sacan-do �1 puntos ao segundo clasificado; dos 22 partidos

disputados lograron a vito-ria en �0, empataron un e perderon un, con 116 goles a favor por 55 en contra, tamén lograron a vitoria na Copa da 1ª División. A es-piña clavada deste grupo de xogadores e por enriba de

todo, amigos, é a Copa De-putación da que non logran pasar das primeiras roldas. A media de idade dos xoga-dores non supera os 30 anos e sen lesións importantes durante a tempada teñen como valores fundamentais a unión, o deporte e o com-pañeirismo. A maioría de-les recalaron no fútbol sala logo de xogar na canteira do CD Ourense.

O ano que vén seguro que serán un dos equipos refe-rentes da Liga Provincial de Ourense.

Tamén en empresasO Mc Donald´s Ourense

comezou este ano tamén na liga de empresas de fútbol sala co mesmo éxito que na liga local ourensá. Foi campión do seu grupo e as-cendeu á División de Honra logo de vencer en �3 dos �4 encontros disputados (�43 goles a favor e 96 en contra) e cedendo un só empate.

AgradecementoDesde o club queren

agradecer o apoio incon-dicional e o esforzo reali-zado polos patrocinadores, con Mc Donald´s á cabeza, ademais do grupo consul-tor Vila Castro, o Buda Bar Ourense e a Suite �1�.

Page 4: 23 Xuño 2011 - BD37

4 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Redacción

O Muebles Andrade F.S. (antigo Hermanos Barros F.S.) formouse a princi-pios dos anos 90 militando varios anos na categoría provincial sendo campión no ano 1997. Nos seguin-tes anos seguiu militando na liga provincial, ata que, na tempada �00�/�003 dá o salto a Liga Autonómi-ca sur, descendendo na

MUEBLES ANDRADE

O Muebles Andrade, o invitado que quere gañar o torneo dos campións4 Na primeira edición quedara apeado en cuartos de final polo Sobrado, á postre, vencedor do torneo.

�005/�006 de novo a Pro-vincial. Ao ano seguinte, �006/�007 o equipo volve ser campión provincial para voltar á Liga Autonómica. Nas dúas primeira tempa-das no seu retorno á Auto-nómica o equipo queda nun meritorio sexto posto.

No verán de �009, o equipo deixa de ser Her-manos Barros F.S. e pasa a chamarse Muebles Andrade F.S. que é o nome que ten a

día de hoxe debido ao cam-bio de patricinador.

Na tempada pasada, o Muebles Andrade fixo unha excepcional primeira volta, ocupando a terceira praza máis da metade da liga e o máis importante, codeándose cos equipos punteiros do campionato. Pero no último tercio de liga, o equipo ourensán tivo un baxión anímico ao que acompañaron os malos re-

sultados e non deron estado á altura do que se esperaba e na posición clasificatoria que desexaban, polo que se encadeou unha racha de de-rrotas dolorosas e moi abul-tadas que o levaron a quedar na novena posición do gru-po sur da Liga Autonómica. Este ano as cousas non lle foron mellor e estivo loitan-do durante toda a tempada por non baixar de categoría. Finalmente rematou na 13ª

posición con 33 puntos e co dereito de xogar o vindeiro ano na mesma liga, o grupo sur da Autonómica.

Este ano volve ser o equipo invitado no Trofeo Barrios Deportivo e, desde logo virá con gañas de go-zar e lograr a vitoria e así sacudirse os apuros desta campaña.

I Barrios DeportivoO ano pasado na primeira

edición do Barrios Deporti-vo, o Muebles Andrade non logrou superar a primeira ronda, cando todo o tiña de cara para pasar a semifinais (6-� vencían), o Sobrado nos último cinco minutos logroulles empatar o en-contro e forzar os penaltis, onde a fortuna lle foi esqui-va ao Muebles Andrade.

Este ano de seguro que-rerán sacarse a espiña da primeira edición.

Xogadores do Muebles Andrade da tempada 2010-2011 na que militaron en Autonómica grupo sur.

Page 5: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

5PUBLIcIDADE

Page 6: 23 Xuño 2011 - BD37

6 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Redacción

O equipo Aplicarmetal é o recente campión da Se-gunda División do Carballi-ño, nunha tempada na que foi o claro dominador da categoría. Dos 18 encontros disputados, gañou en 16 ocasións, perdeu en dúas en non empatou ningunha vez. Foi o máximo goleador da Segunda do Carballiño con 115 goles (o segundo máxi-mo goleador anotou 71, 44 menos) e encaixou 31 goles (tamén foi o menos golea-dos de todos cantos parti-ciparon na liga). 48 puntos deixando escapar tan só

seis e unha bagaxe moi boa de cara a este torneo dos campións no que chegan dispostos a todo e con ga-ñas de alzarse co título que reúne a final da tempada aos mellores de cada liga. Tamén foron os vencedores da Copa de Segunda Divi-sión de O Carballiño.

O equipo que se fundou fai cinco anos disputando sempre a liga de O Car-balliño, ten nas súas filas unha maioría de xogadores que traballan na empresa que leva o seu nome como maior patrocinador do equi-po (Aplicarmetal é unha empresa que constrúe to-

APLIcARMETAL

Aplicarmetal tentará levar o Barrios Deportivo para O Carballiño4 É o campión de 2ª División de O Carballi-ño.

rres eólicas). Segundo os propios xogadores, son un equipo que se está a facer e teñen moito que mello-rar, sobre todo á hora de colocación no terreo de xogo pero pouco a pouco as cousas estanlles saíndo mellor.

Os integrantes do conxunto nesta campaña son: Quique (porteiro), Rubén (porteiro), Rubén dario (peche), David utrero (universal), Daniel Varela (ala pívot -capitán), Car-los Borrajo (ala), Adrian (ala), Iván (pívote), Pablo (delegado), e Carlos Ber-nárdez (delegado).

Redacción

A historia do Alrido-trans é curta pero chea de éxitos. Na tempada do seu debut gañou a a liga de �ª local de Ourense e a Copa da Federación. Na liga non atoparon resis-tencia algunha ao quedar invictos cun só empate sendo o equipo con máis goles a favor e o menos goleado. Na Copa Fede-ración repetiuse o mesmo guión. Acadoron o título sen perder ningún partido e gañando a final contra o Magdalena.

O único torneo que se lles resistiu foi a Copa De-putación, da que quedaron eliminados na segunda rolda polo equipo de pro-vincial A Corna/Concello do Irixo.

O segredo do éxito des-tes debutantes atópase no grupo de amigos que con-forman o equipo de Alri-dotrans, que xa se coñecían dende fai tempo a maioría deles e xa xogaron xuntos en varios equipos de fút-bol da provincia. Outra das causas podemola atopar na mestura de xente xoven e de xogadores expertos que compón a plantilla.

Pese a ser novatos na competición todos os xoga-dores teñen experiencia no fútbol sala e, de feito, al-gúns deles xogaron no des-aparecido Coinasa Ourense que xogou na división de prata.

O entrenador do Alrido-trans, Alfonso Ribao, foi o artífice de que este grupo de amigos que él xa entrenara noutros equipos do fútbol

rexional como o Ponte, Ve-lle, Paderne... se reuniran na segunda división local de Ourense.

Esta plantilla de 14 xo-gadores vai ascender a primeira división local de Ourense sen apenas facer fichaxes e agardan moverse na zona media-alta da táboa e, se poden, dar o salto a provincial.

A plantilla do Alridotrans é a seguinte: Jorge (por-teiro), Manolo (porteiro), Puga (cierre), Chechu (ala), Yago (cierre), Julio Pablo (ala), Pedro (pivo-te), Cheli (ala), Ney (cie-rre), Pesca (ala), Rubén (pi-vote), David (ala), Alfonso (pivote), Diego (cierre), Martin (pivote), entrenador: Alfonso, delegados: Ribao e Luis.

ALRIDOTRANS

Alridotrans, debut con éxi-to na segunda local4 Gañou todos os encontros de liga.

Plantilla do Alridotrans nun encontro de liga.

Plantilla do Aplicarmeta desta tempada.

Page 7: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

7PUBLIcIDADE

Page 8: 23 Xuño 2011 - BD37

8 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Redacción

O Sobrado F.S. bota a an-dar na tempada �00�/�003 na Terceira División de Ourense conseguindo o as-censo a Segunda, para ao ano seguinte ascender a Pri-meira. Logo de tres anos na primeira, acadan o ascenso a Provincial facendo un bo papel no ano do seu debut para na seguinte campaña descender de novo a Pri-meira debido ao cambio de ciclo do conxunto.

SOBRADO F.S.

Sobrado F.S., a defender o título4 Acude a este segundo torneo para defender o título conquistado o ano pasado.

Na volta a Primeira, o pa-sado ano, créase unha nova directiva presidida por Pu-rificación Varela López, e coa axuda de Ramón Fei-jóo construiuse unha nova plantilla onde só repetían cinco xogadores e un que regresaba, abandonando a plantilla Víctor e Abel que-dando corta a principios de liga. A filosofía para formar o grupo era coller a xente do pobo para crear unha grande familia, cousa que se reflectiu no xogo. A liga

comezárona Aitor, Javi, Iago “Xoguete”, Iaguito, Víctor Prieto, Santi, Dani Santos, Miguel, Cristian, Abel e Victor, e posterior-mente estes dous últimos xogadores tiveron que deixalo. Ao principio lles foi difícil adaptarse e fixe-ron unha primeira volta moi irregular. Na segunda volta incorpóranse Alex, Canal e Igor, que se integraron rapi-damente no equipo comple-tando deste xeito unha moi boa segunda volta, acadan-

do a segunda posición a tan só un punto do líder e alzar-se coa Copa Deputación.

Ao rematar a pasada campaña, participarían no I Trofeo Barrios Deportivo sendo o primeiro equipo que o conquista logo de vencer en cuartos a Mue-bles Andrade tras remontar un 6-� adverso, nos cinco minutos finais empatarían forzando deste xeito os pe-naltis (6-6 remartaría o en-contro e nos penaltis a sorte foi para o Sobrado), e en

semifinais ao Mc Donald´s Ourense de novo na tanda de penaltis (6-6 esgotado o tempo regulamentario) ao final do encontro.

Na final, o Sobrado tivo unha cómoda vitoria ante o Lasider logo de realizar unha boa primeira parte poñéndo-se por diante 5-0, ao final 8-5 para o Sobrado e primeiro campión deste novo trofeo de fútbol sala creado en Ouren-se polo periódico Barrios Deportivo.

Tempada complicadaNesta tempada as cou-

sas non lle foron moi ben, en Provincial remataron a competición na oitava po-sición moi lonxe dos postos de cabeza e caendo na copa nos dezaseisavos de final.

No vestiario do Sobrado respírase un bo ambiente e nas gradas os seus afeccio-nados, que aínda que non son numerosos pero sí rui-dosos, lévanos en volandas en cada partido.

Plantilla da tempada 2010-2011 do Sobrado F.S., formada por Aitor, Javi, Iago “Xoguete”, Iaguito, Víctor Prieto, Santi, Dani Santos, Miguel, Cristian, Alex, Canal e Igor.

Page 9: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

9II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Redacción

O Concello de Ta-boadel naceu na tempada �001/�00� na 3ª categoría do fútbol sala provincial. Nun primeiro momento chamáronse Os Escorna-bois (os xogadores eran membros da peña que ani-ma cada domingo na banca-da do Couto a CD Ourense). Nesta primeira tempada, tras unha boa primeira volta o club desínchase e remata nos postos medio-baixos da táboa. As tempadas �00�/�003 e �003/�004 o

cONcELLO DE TABOADELA

Concello de Taboadela quere o Trofeo Barrios Deportivo4 O Taboadela acadou os subcampionatos tanto en liga como na Copa Deputación.

equipo caracterízase por estar sempre nos postos baixos da categoría, sendo as goleadas en contra unha constante. Sen dúbida, as ganas practicar deporte son o que motiva a este grupo para seguir competindo.

Todo comeza a cambiar na tempada �004/�005 coa chegada de novos xogado-res, algúns alleos á peña, e a progresiva retirada dos veteráns do equipo; este ano confórmase a base dos primeiros ascensos, e esa mesma tempada ascéndese á �ª local.

Na tempada �005/�006 o equipo continúa reforzán-dose con novos xogadores e a pesar de perder sete pun-tos nos despachos, o equipo logra ser campión de liga na última xornada logrando así o ascenso á 1ª local.

Durante as tempadas �006/�007 e a �007/�008 manteñen o bloque, e o equipo obtén “boas” tempa-das na Primeira Local que-dando encadrado sempre na metade alta da táboa.

A tempada �008/�009 prodúcese a chegada doutro grande grupo de xogadores

que orixinan o esqueleto do actual Taboadela F.S.. Esa tempada o equipo logra ga-ñar o título con suficiencia e accede por primeira vez aos cuartos de final de copa, sendo eliminado nos penal-tis polo Pijú; tamén cambia por primeira vez o nome comercial do equipo sendo este Rochela Escornabois.

A tempada �009/�010 prodúcese o debut en Pro-vincial cun meritorio quin-to posto, comezando unha pequena colaboración co Concello de Taboadela.

E xa na actual campaña

�010/�011 é onde o equi-po da S.D. Os Escornabois atopa unha total colabo-ración co Concello de Ta-boadela, pasando o equipo a denominarse Concello de Taboadela.

Ascenso esta tempadaEsta tempada �010-�011

é a do ascenso á categoría autonómica do futbol sala, tras quedar subcampión de liga nun intenso man a man co En Xogo.

Ademais este ano o equi-po tamén fai historia ao chegar por primeira vez a

unha final de Copa Deputa-ción que se disputou na súa cancha de Taboadela, que-dando subcampión tras per-der nunha polémica quenda de penaltis, despois de que os árbitros o desen gañador e rectificaran ao facer unha consulta externa.

O futuro amósase es-peranzador para un novo equipo que nestes momen-tos está a traballar para con-seguir os apoios necesarios para participar na próxima tempada na categoría auto-nómica do futbol sala gale-go.

A plantilla actual do Taboadela confórmana Alex, Marus, Brais, Dieguito, Rubén, Xoel, Manuel, Quique, Oli, Hugo, Cordero, Martín e Tachi, con Ruben “Juninho” de entrenador e Alberto Arias de delegado.

Page 10: 23 Xuño 2011 - BD37

10 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Redacción O equipo Bar En Xogo

/ Karlaska confórmano un grupo de amigos aos que lles gusta o futbol sala. Al-gúns levan máis de �0 anos xogando a este deporte. Este ano souberon xuntar a experiencia dos veteráns coa enerxía dos mozos para facer un equipo campión, o

EN XOgO / KARLASKA

En xogo / Karlaska, a polo triplete4 Despois de acadar liga e copa, o próximo reto é o Trofeo Barrios Deportivo.

dobrete conseguido (liga e copa) nesta tempada así o testemuña.

Teñen xogadores que participaron en todas as categorías do fútbol sala nacional e agora se divirten cos amigos xogando os sá-bados, iso sí, sen perder nin un ápice a competitividade e as gañas de vencer.

Nos últimos dez anos,

sete finais de Copa Depu-tación (as últimas cinco consecutivas) e catro títulos de Copa. Nos últimos cinco anos dous títulos de liga e un segundo posto atesouran a calidade deste grupo e convirteno nun dos mello-res conxuntos de Ourense.

O equipo está formado por David e Congui (por-teiros), Sabucedo, Suso,

Luis Ángel, Quique, Ma-sid, Marcos, Jacobo, Lois, Pablo, Tizón, Santi, Temes, David, Oscar Gil, Guiller-mo e Eloy. David e Ada conforman o grupo de dele-gados do club, figura nece-saria en cada partido tanto de liga como de copa.

Tempada 2010-2011Ao En Xogo esta tempada

saíulles redonda: na liga fo-ron os dominadores acadan-do 7� puntos tras �3 parti-dos gañados, tres empatados e dous perdidos, con 181 goles a favor e 85 en contra. En copa chegaron novamen-te á final sendo a quinta con-secutiva e a sétima en dez anos. Na final enfrontáronse ao Concello de Taboadela, rival directo tamén en liga

que quedou en segunda po-sición a tan só tres puntos do KarlasKa. Con empate a seis tantos rematou o encon-tro que tivo que solucionar-se nos penaltis sendo a cara para o En Xogo / Karlaska, que logra así un dobrete que pode converterse en triplete se logran facerse co torneo dos campións, cita á que acuden por primeira vez.

David e Congui (porteiros), Sabucedo, Suso, Luis Ángel, Quique, Masid, Marcos, Jacobo, Lois, Pablo, Tizón, Santi, Temes, David, Oscar Gil, Guillermo e Eloy. David e Ada, dele-gados.

Page 11: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

11II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Redacción

Con tan só dous anos de vida o Cerber F.S. sabe o que é facer os deberes. Na súa primeira tempada en activo (a �009-�010) lo-grou o ascenso á 1ª Local de O Carballiño e na súa estrea nesta categoría fíxo-se directamente coa compe-tición.

Pero se este conxunto de xente nova e entusiasta ten unha espiña clavada é a da Copa da súa localidade, xa que na primeira ocasión que a desputaron caeron en cuartos de final e nesta pasada edición foron supe-rados na final polo Beariz

na tanda de penaltis. Iso sí, logo de vir de realizar unha impresionante tempada na que ademais de facerse coa súa liga ao gañar 16 de 18 encontros o Cerber foi o se-gundo equipo que marcou un maior número de goles (106) e o menos goleado (40 en contra), estamos se-guros de que “á terceira irá a vencida”, comentan con-fiados desde o club.

Ansias de vitoriaCon Gabriel Vázquez

como adestrador o equipo carballinés chega ao Torneo dos Campións con ansias de vitoria e de demostrar unha vez máis a compenetración

e a calidade do seu actual grupo, que, conformado no verán de �010 despois de longas negociacións, tantos bos momentos lle proporcionou esta tempa-da, tanto a seareiros como a corpo técnico, froito do traballo en equipo.

Os protagonistasCovela, Juan, Mikel,

Gallardo, Rubio, Andrés, Lois, Varela, Uriel, Nei-ra, Koki, Pupín, Fabián, Bolas e Iván – algún de-les con ampla experiencia na Primeira División A do Carballiño- non lle porán as cousas nada sinxelas aos seus rivais nesta cita.

A plantilla do Cerber F.S. trala consecución do título ligueiro da Primeira División do Carballiño.

cERBER F.S.

O rei de Carballiño4 O Cerber F.S. chega ao II Trofeo BD dispos-to a exhibir toda a calidade da súa xove plan-tilla trala conquista do título da 1ª División do Carballiño.

Page 12: 23 Xuño 2011 - BD37

1� BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

O conxunto Fontanería Hnos Cruz do ano 1985.

Os clásicos do fútbol sala, cara a cara4 Almacenes Avantaxe, Fontanería Hermanos Cruz e Pijú F.S. enfróntanse de novo o vindei-ro 2 de xullo na cancha central dos Remedios.

Redacción

A gran final do II Torneo Barrios Deportivo conta co mellor dos aperitivos, nada menos que un triangular que enfrontará a tres conxun-

Creado en 1980 nos Pea-res, a historia do máis co-ñecido como Almacenes Avantaxe foi tan longa como turbulenta e estivo prin-cipalmente marcada pola ausencia dun patrocinador constante e polo seu repen-tino remate ao retirárense os seus fieis xogadores.

Como “Os Peares” do 80 ao 8�, “Mister Lois” os tres anos seguintes, “Pub Swing” a tempada 85/86 e “Cafés Imperial” a 86/87, este clube foi sufrindo éxi-tos e fracasos de xeito case equitativo. Tónica que se mantivo ata que en 1987 a casa Almacenes Avantaxe se fixo cargo do equipo, co-mezando unha etapa de esta-

O equipo foi fundado en 1986, na categoría de Ter-ceira División Local, ascen-dendo en sucesivos anos ata a categoría de primeira local na cal permaneceu varias tempadas ata proclamarse campión de liga e Copa na tempada 1997/1998.

Na tempada �00�/�003 deciden voltar á terceira división para poder com-paxinar o deporte coa vida

Dicir Pijú en Ourense é falar de fútbol sala, é falar dun equipo que se formou a raíz de que un grupo de amigos, que se xuntaban para botar unhas pachan-gas, comezaron a competir nos maratóns da cidade. Estreáronse a nivel federa-do na tempada 1986/1987 na categoría de 3ª Local.

Á cargo do equipo des-tacan Carlos Almansa ou

O Almacenes Avantaxe reaparece4 Este histórico volta para rememorar os seus mellores tempos.

tos históricos do fútbol sala ourensán: o desaparecido Almacenes Avantaxe, o Fon-tanería Hermanos Cruz e o Pijú F.S. Será o � de xullo a partir das 16 h. na cancha central dos Remedios.

bilidade tinguida de logros, como o de acadar as semifi-nais da Copa Deputación en dúas ocasións.

O desenlaceNo 95 pasou a ser Enre-

dos quen lle deu nome a este histórico conxunto, pero a ausencia dos seus tradicio-nais xogadores, que se ían retirando debido á idade, feriu de morte ao equipo, que desapareceu definitiva-mente ao final da tempada 1996/1997.

Agora, catorce anos des-pois, o Almacenes Avantaxe rexorde para recordarnos por que quedou gravado na historia do fútbol sala ourensán.

Fontanería Hnos Cruz, 25 anos no fútbol sala4 Máis de 50 xogadores pasaron polo club ao longo da súa historia.

familiar; dous campiona-tos e dous subcampionatos avalan a súa andaina nesta categoría.

Esta tempada o equipo logrou novamente a segun-da posición e decide as-cender para na �011-�01� competir na Primeira Local de Ourense.

Durante todos estes anos por Fontanaría Hnos, Cruz pasaron 50 xogadores.

Pijú F.S., un sinónimo de fútbol sala en Ourense4 Conseguiu ser campión de España de clubs por autonomías.

José Antonio “Pijú” Váz-quez, que a día de hoxe con-tinúan como presidente e adestrador respectivamente. Conta con homes tan incon-dicionais como Jorge Pérez, que xoga no equipo desde o seu segundo ano como fe-derado, momento no que o Pijú conseguiu o ascenso a �ª Local, e ao ano seguinte a 1ª.

Ao nacer a Liga Provin-

cial o equipo decidiu probar o seu potencial e así o fixe-ron. Pasando a continuación a competir a competir a nivel galego, na categoría Autonómica Grupo Sur - na cuarta tempada na mesma chegaron a gañar a Liga Autonómica, o Campionato Galego e o Campionato de España de clubs por autono-mías-. Así automaticamente conseguiron o ascenso a

Liga Nacional B, na que finalmente non participaron por motivos económicos. O Pijú continuou en Autonó-mica e ao ano seguinte des-cendeu a Provincial.

Nesta tempada que vén de rematar o equipo finalizou na metade da táboa e foi eli-minado nos cuartos de final da Copa Deputación, feitos que atribúen á curta planti-lla.

Plantilla do Almacenes Avantaxe da tempada 1994/1995. Xogadores do Pijú F.S. durante a súa recente volta a categoría Provincial.

Page 13: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

13NOVAS

Dimite Plácido Díaz da presidencia do Ponte Ourense4 Despois de 34 anos ao fronte da entidade.Ramsés Torres

O presidente do Pon-te Ourense, Plácido Díaz Fernández, acaba de di-mitir do seu cargo no club despois de 34 anos ao fronte do mesmo. Os motivos que alega son o de entrar fai poucas datas na vicepresidencia da Fe-deración Galega de Fút-bol. Mediante unha carta aclara que os motivos da decisión non son outros que para non crear con-troversia nin incompati-

bilidades co seu cargo na Federación. Plácido Díaz si seguirá como presidente do Padroado da Fundación Oira Futuro.

Quen coñeza ao xa ex di-rixente do Ponte saberá que a decisión non lle debeu re-sultar nada fácil polo cariño que ten á entidade despois de tantos anos, polo que nestes días está a pasar mo-mentos de tristura.

Díaz Fernández será substituído por un grupo de persoas que son afíns ao club pontino.

Plácido Díaz, expresidente de Ponte Ourense./ARQUIVO

Redacción

Mais de 150 adestrado-res de toda España e unha ampla representación do veciño país portugués, participarán neste fin de semana no Clinic Deputa-ción Ourense “Pepe Laso”, que cumpre a súa vixesima terceira edición e que ten como convidado especial a Ettore Messina.

Cun cartel de prestixio formado por ademais por

Ettore Messina esta fin de semana no “Clinic”4 O clinic da Deputación o máis antigo de España.

Pedro Martinez e Pepe Laso, desenvolverán un completo programa de conferencias con carácter práctico, para o que contan cun grupo de xogadores seleccionados específicamente para esta actividad dos diversos equi-pos da cidade.

A novidade para esta edición será unha mesa de traballo coordinada por Enrique Fernández, coordi-nador técnico do Clinic, na que Martinez, Laso e o ac-tual adestrador do Huesca,

Angel Navarro, abordarán a problématica das relacións dos adestradores con xoga-dores e clubes, que provo-cará o debate cos asistentes o Clinic.

Para este curso, o deca-no dos Clinics de España, se contará coa presencia de Ettore Messina, recoñecido coma o mellor conferen-ciante de Europa e recen-temente nomeado adestra-dor asistentes dos Angeles Lakers. Compartirá cartel con Pedro Martínez, ades-

trador do Gran Canaria da Liga ACB que amosará as claves que fixeron que o clube canario realizara a mellor temporada da súa historia. Pepe Laso será o encargado de realiza-la conferencia inaugural fa-lando sobre as relacións persoais no desenvolve-mento dos xogadores.

Este curso leva organi-zándose ininterrumpida-mente desde 1987 pasando por el os mellores adestra-dores do pais e boa parte do continente europeo: Obradovic, Aito Garcia Reneses, Mike Fratello, Sergio Scariolo, Svetislav Pesic, Javier Imbroda, Sito Alonso, Dusko Ivanovic, Dick Harter, Sam Vincent, Antonio Diaz Miguel, etc.

Miguel Ángel Hoyo, primeira fichaxe do COB 2011-20124 Será o novo director de-portivo.Redacción

O Club Ourense Balon-cesto xa comeza a andar para a tempada �011-�01� sen sequera saber en que categoría vai xogar (na LEB Ouro ou na LEB Prata). A primeira fichaxe desta nova tempada é Mi-guel Ángel Hoyo quen ocupará o cargo de direc-tor deportivo.

Hoyo pertencía desde fai cinco tempada no Gra-nada, equipo que xogou na pasada campaña na ACB que sufriu o descen-so á LEB Ouro despois de cinco anos na máxima categoría do baloncesto español; en Granada era

o axudentante do adestra-dor .

Desde o club se está a traballar para poder saír na tempada �011-�01� na Liga Leb Ouro e non na Prata que a onde descen-dou o equipo despois da mala tempada vivido polo conxunto ourensán.

Buscando adestradorMiguel Ángel Hoyo

comenzou a traballar na procura dun adestrador do que busca que esté com-prometido co proxecto en-cabezado por Jorge Ber-mello, presidente do club. o perfil que busca no novo adestrador é un home xo-ven e con experiencia.

Patxi Salinas é o novo adestrador do CD Ourense4 Por petición de Pereira.

Redacción

Enfocando a dirección técnica do Club Depor-tivo Ourense como “un reto”, Patxi Salinas chega ao mesmo como a primeira opción que barallou a enti-dade para o banco “rojillo” e sendo consciente de que “a Terceira actual é a máis dura dos últimos anos”.

Pero o vizcaíno apóiase na mellor das garantías: a súa ampla experiencia. Como xogador militou no Atlético de Bilbao e no Celta e como adestrador guiou ao xuvenís do Celta e o Atletic, ao Gre-manet en Segunda B e ao Porriño en Terceira. Máis recentemente, durante a tempada �009/�010, foi di-rector deportivo do Rápido de Bouzas.

E se Salinas o tivo to-talmente claro á hora de aceptar a proposta Pereira non foi menos á hora de buscar adestrador: “era o home ideal para o noso proxecto, ten moito fútbol dentro e unha gran ambi-ción deportiva”.

Aníbal xa traballa na tem-pada 2011/2012./ RÁMSES

Page 14: 23 Xuño 2011 - BD37

14 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

Redacción

A pasada fin de semana foi a fin de semana das co-pas. O sábado disputábase no Couto a final da Copa Deputación B onde se Lo-ñoá e Entrimo enfrontaban; a copa machou para Loñoá, ao vencer por un gol a cero obra de Pablo.

Ao día seguinte turno para a final A onde Allariz e Verín medían as súas forzas no mesmo escenario que �4 horas antes tivera a final B. A vitoria foi parar a terras do Támega ao dobregar ao seu rival por tres goles a un. No minuto 1, os verineses xa dominaban no marcador cun gol de Alfredo; o domi-nio era claro do Verín cun Allariz sen ideas claras, ese dominio non o rentabilizaba con máis goles polo que o Allariz tras un penalti a fa-vor (que transformou Yago)

Fin de semana de copas4 Disputáronse as copas Deputación de fút-bol A e B e a de fútbol sala.

empataba o encontro. Os de Tonino non se amilana-ron e aos poucos minutos desfarían o empate cun gol de Fran. A puntilla para os alaricanos foi o terceiro gol marcado por Pablo García. A nota de cor púxoa as dúas afección que sobrepasaban en máis de mil o número de asistentes; os do val do Támega festexaron a vito-ria mentras que os alarica-nos coreaban ao seu equipo, incluso despois de rematar o encontro, como se tiveran gañado.

Fútbol salaTamén o domingo, pero

pola mañá, tiveron lugar en Taboadela as finais da Copa Deputación de fútbol sala. En categoría feminina, o Cidade das Burgas logrou un ano máis o título ao ven-cer comodamente ao Cas-trelo de Miño por sete goles

a cero; a diferenza de cate-goría reflectíuse claramen-te na cancha. En categoría masculina a final estivo moi emocionante tendo que chegar á tanda de penaltis logo de rematar o tempo regulamentario con empate e seis tantos. O En Xogo/Karlaska levantou a copa non sen polémica xa que os colexiados non querían dar como gol legal unha pena máxima transformada por un xogador do En Xogo na tanda. Ao final, a Copa foi para o En Xogo / Karlaska sendo subcampión o Con-cello de Taboadela.

O En Xogo / Karlaska leva cinco finais consecutivas, conquistando catro delas

O Pabellón Ourense (arriba), e o En Xogo / Karlaska (abaixo), campións da Copa Depu-tación de fútbol sala en categoría feminina e masculina respectivamente.

Un xogador do Verín tenta desbordar ao seu par na final da Copa. /RAMSÉS O Verín celebra no Couto o título de Copa. /RAMSÉS

cOPA DEPUTAcIÓN

Page 15: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

15PUBLIcIDADE

Page 16: 23 Xuño 2011 - BD37

16 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

R. Torres

Despois de facerse coa liga da División de Honra de Fútbol Sala Feminino e optar á Copa da Raíña con algo menos de sorte, o Pon-te Ourense decidiu conser-var a fórmula e o conxunto que o levou ao éxito, polo que segue a renovar a parte das súas xogadoras.

Así -xunto a Sara Martí-nez, Loli, Cristina e Raquel de Souza- outras das ac-tuais pontinas que repiten a vindeira tempada son Jessi-ca Diéguez, Eva Rodríguez, Sara Moreno e Anita.

chiqui Por terceiro ano conse-

cutivo Jessica Diéguez mi-litará no curso �011-�01� no Ponte Ourense. Logo de

Vai de renovacións4 Jessica, Eva, Sara e Anita seguirán a vindeira tempada de-fendendo as cores do Ponte Ourense.

vir do Verín FSF, Jessi está a ser unha das xogadoras con maior progresión e está completamente integrada no equipo, o que deu como

resultado que se convertise en xogadora chave nunha tempada tan boa como a que agora rematou. “Este ano fixemos unha tempada brillante, froito do traballo que realizamos durante es-tes meses. Nunca nos rendi-mos a pesar de que o Mósto-les nos seguía de preto e así logramos o título de liga”, asegura a tamén coñecida como “Chiqui”. En canto á súa renovación, non tivo ningunha dúbida porque “gústame moito este grupo, tanto as compañeiras como todos os que traballan para facer posible que o equipo siga adiante. Son todos es-tupendos”.

Eva TamayoA gardamallas vallisoleta-

na Eva Rodríguez, que che-gou a Ourense procedente do seu rival máis duro este ano, o Móstoles, renovou por un ano máis coa enti-dade pontina, sumando así dúas tempadas como xoga-dora do clube ourensán.

Depois de ser internacio-nal en varias ocasións e a porteira menos goleada da categoría este ano, o Ponte desexaba a súa continui-dade ao considerala “unha gran xogadora que ademais conta cun enorme espíritu de equipo. Sempre está dis-posta a axudar no que sexa preciso”. Un aprecio mutuo que a pucelana resumía do seguinte xeito: “o bo am-biente e as gañas de traba-llar de todo o clube fixeron que a tempada saíse a pedir de boca. A aqueles que cren que coas integrantes coas que contaba o Ponte era un fracaso non conseguir nada quero aclararlles que só con calidade deportiva non se gaña. Nós somos afortuna-das porque o vestiario está repleto de calidade tanto dentro como fóra da can-cha, e así se logran títulos. Grazas equipo por este gran ano!”. Ademais, tamén para Eva resultou moi sinxelo decidir a súa continuida-de, “acá síntome querida, valorada e o corpo técnico fainos as cousas moi sinxe-las. Se a iso lle engado que estou moi a gusto na cida-de e que estou traballando na miña profesión creo que non renovar tería sido un gran erro”.

Sara M.A internacional cordobe-

sa Sara Moreno foi outra das integrantes do Ponte que xa confirmou a súa continuidade en Ourense. Procedente do Caja Sur, an-terior campión de liga, pola súa ampla experiencia Sara foi determinante para que o clube pontino se fixese

este ano co primeiro pos-to da División de Honra. Sendo unha das xogadoras máis cotizadas da categoría non dubidou en aceptar a súa continuidade xa que “o proxecto deportivo do Pon-te para o ano que vén segue a ser moi forte e atráeme moito. Ademais, dende o primeiro día que cheguei, recibín un trato incrible por parte de todo o equipo. A súa calidade humana é im-presionante”.

AmpiAmparo Jiménez é a úl-

tima en entrar no grupo das renovadas para a �011-�01�. Para a andaluza non lle foi difícil tomar esa de-cisión a pesar de estar lon-xe da súa casa. Como ella

mesma explicaba, “o grupo existente no equipo é moi bo, tanto deportiva como persoalmente”, polo que non lle costou renovar co Ponte. Con respecto a tempada xa extinta cualifícaa de “no-table alto” e confía en que o grupo siga “traballando como a tempada pasada”.

AnitaVen de confirmarse a re-

novación de Anita, de 17 anos, unha das promesas, case realidade, do fútbol sala nacional.

Son xa dez das xogadoras que celebraron co Ponte o título ligueiro, as que o ano que vén loitarán por repetir a experiencia e sumar máis logros. A plantilla quedará perfilada nos vindeiros días.

Eva Tamayo será un ano máis pontina.

Ampi nun encontro de liga.

Sara continuará na disciplina do Ponte Ourense.

Chiqui, outra das que acaba de firmar un ano máis.

FÚTBOL SALA

Page 17: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

17FÚTBOL SALA

Ramsés Torres

Que te motivou a acep-tar a oferta do cidade o ano pasado?

María Rego: “Tíveno moi claro porque me ofre-cían xogar en División de Honra e era unha oportu-nidade moi importante, xa que eu en Vigo só xogara en Provincial”.

como foi a túa adapta-ción a Ourense e ao equi-po?

M.R.: “A cidade de Ourense xa a coñecía e non queda moi lonxe da miña casa. Ademais tanto o cor-po técnico como as miñas compañeiras tratáronme sempre moi ben, acolléron-me como unha máis e iso

R. Torres

A pasada fin de semana disputáronse en Taboadela as finais da Copa Deputa-ción nas distintas catego-rías do fútbol sala. En canto ás competicións femininas, o Cidade das Burgas foi o claro dominador nas finais.

En alevín feminino, o equipo do Pabellón Cida-das Burgas foi campión ao impoñerse por cinco goles a tres ao Verín. O encontro

foi moi disputado con ten-sión ata os últimos minutos que foi cando se resolveu de cara do equipo capita-lino. Nuria con tres goles, Laurita e María Sequeiros firmaron os tantos do Cida-de de As Burgas.

En categoría absoluta, máis do mesmo, vitoria do Cidade de As Burgas que nesta ocasión enfrontábase ao conxunto da localidade do Ribeiro, o Castrelo de Miño. O resultado foi de

fíxomo todo máis sinxelo”.Que dirías que é o me-

llor e o peor de xogar fóra da túa cidade?

M.R.: “O bo é que está bastante preto e só teño que desprazarme dúas veces á semana, para adestrar e para o partido. O malo é que as viaxes en inverno fánseme pesadas”.

como valorarías a tem-pada que vén de realizar o cidade?

M.R.: “A tempada a ver-dade é que foi moi boa para o Cidade. Que sexa o ano que debuta en División de Honra e quede no décimo posto comodamente é todo un logro. Ademais, estive-mos ás portas da Copa da Raíña”.

Unha vez que xa está confirmada a túa renova-ción, como ves a campaña que vén?

M.R.: “Pois estou segura de que intentaremos dar un paso máis e loitaremos por meternos na Copa, que é a nosa asignatura pendente”.

Que foi o que máis te sorprendeu de Ourense á túa chegada?

M.R.: “Como xa coñecía a cidade non me sorprendeu moito, pero si que me gus-ta, sempre que vin me pare-ceu moi bonita e, ademais, a xente trátate moi ben”.

Máis persoalMaría Rego Edreida naceu o 1� de xaneiro de 1987 en

Porriño (Pontevedra) e con tan só 9 anos xa comezou a xogar ao fútbol sala.

Máis coñecida como “Figo”, estreouse neste deporte nas filas do Olivo vigués, no que permaneceu durante sete anos. Aos 16 pasou ao Ría de Vigo durante as seis tempadas seguintes, antes de aceptar a oferta do Cidade.

Esta peza chave do conxunto de Codeso confesa que o seu menú favorito é o polo con patacas e o Aquarius, e que para ela unha escapada perfecta tería como destino unha praia do Caribe.

A Copa Deputación para o Cidade das Burgas4 Logo de imporse por 7-0 ao Castrelo de Miño.

Defendendo as nosas cores4 Natural de Porriño, de 24 anos, pívot e asidua ao dorsal 7, a nosa seguinte mundourensá é María Rego, máis coñecida como “Figo”, unha das integrantes do Cidade das Burgas du-rante a tempada pasada e a que vén, tras confirmar a súa re-novación.

sete goles a cero pero non reflectiu o ocurrido na can-cha sobre todo na primeira metade na que o conxunto das Burgas marchou cun 5-0 a favor, a pesar de que o Castrelo de Miño tivo ocasións moi claras de mar-charse ao descanso con al-gún gol no seu casilleiro.

Na segunda metade, a distancia insalvable de cin-co tantos fixo que unhas tiraran a toalla e as outras se relaxaran, co que soa-

María Rego “Figo”, xogadora pontevedresa do Cidade das Burgas./ARQUIVO.

mente subirían dous tantos para o Cidade no marcador, chegando ao remate do en-

contro co definitivo 7-0. Os goles das franxiverdes foron obra de Iria e Nerea

por partida dobre, e Rakel, Sofía e Alicia redondearon a goleada.

A plantilla do Cidade, coa súa Copa Deputación.

Page 18: 23 Xuño 2011 - BD37

18 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

Redacción

Iván Docampo e Marta Fernández proclamáronse en Maceda campións ga-legos de 5 quilómetros en ruta. Ainda que a vitoria masculina foi para o atleta marroquí Hassan Lekhili, pero a súa presenza non computaba para o galego polo que a primeira posi-ción foi para o atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Iván Docam-po; que estivo acompañado npodio por José Manuel Fernández, do Adas do Barco e polo académico Alejandro Cid.

Docampo e Fernández campións nos 5 quilómetros en ruta4 A proba autonómica celebrouse na localidade ourensá de Maceda.

En mulleres a primeira en rebasar a liña de meta foi a atleta do Comesaña, Marta Fernández, seguida da súa compañeira de equipo, So-ledad Castro; Silvia Teijeira, do Academia Postal, rema-tou en terceira posición. A forte calor que houbo desde primeiras horas da mañá fixo mella nos participantes de todas as probas.

Outras probasA lanzadora Lidia Fer-

nández acadaba a medalla de bronce na proba de lan-zamento de disco cun me-llor lanzamento de 36,79 metros, no Campionato de

España xuvenil disputado en Granollers. Alba Martí-nez, en triple salto rematou na quinta posición.

A académica Paula Ma-yobre fíxose co campio-nato nacional de 10.000 metros disputado en Xixón empregando un tempo de 36:3�.5�.

Os ourensanistas do Ourense Academia Pos-tal lograron un total de 11 medallas, 4 para os júnior e 7 para os promesas, repar-tidas en sete ouros (dous júnior e cinco promesa), unha prata promesa e tres bronces (dous júnior e unha promesa).

Nocturna de XinzoAs rúas de Xinzo de Li-

mia acolleron a sétima edi-ción da súa carreira noctur-na onde o corredor Daniel Bargiela chegaba primeiro a meta logo de empregar un tempo de 18.01 minu-tos, segundo foi Rubén Diz (18.19) e completou o po-dio, Juan Manuel Méndez. Ana Isabel Soutullo foi a primeira muller en rematar a proba cun tempo de �5.�8 minutos; en segunda posi-ción chegou Paqui Souto Salgado (�6.00) no mesmo tempo que María Dolores Villar, que foi terceira.

Esquerda: Hassan Lekhili venceu en Maceda pero non computou para o galego Dereita: o esforzo causou efecto no rostro dos atletas. /RAMSÉS

Iván Docampo en primeiro termo o primeiro galego en chegar a meta. /RAMSÉS

ATLETISMO

Esquerda: Hassan Lekhili venceu en Maceda pero non computou para o galego Dereita: o esforzo causou efecto no rostro dos atletas. /RAMSÉS

Page 19: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

19

Redaccción

A piscina Rosario Due-ñas do pavillón municipal dos Remedios acollerá a vindeira fin de semana (25 e �6 de xuño) o Campiona-to Galego Infantil de Verán de Natación no que se darán

Campionato Galego Infantil na Rosario Dueñas4 Os días 25 e 26 de xuño.

NATAcIÓN

cita 198 nadadores de �3 de clubes de toda a comunida-de, entre os que se atopan o Náutico de Vigo, Fluvial de Lugo, Marina Ferrol, Nata-ción Coruña, Náutico Re-dondela, Agrupación De-portiva Liceo e, como non, o Pabellón Ourense.

Probas e medallasOs 107 homes e as 91

mulleres participantes farán fronte a diversas probas de estilo libre, costas, braza e bolboreta. Os tres primei-ros clasificados de cada mo-dalidade, tanto masculinos como femininos, recibirán

unha medalla.

copa BenxamínO Club Natación Riveira

organizou na úa sede a copa da categoría benxamín onde participou o CN Pabellón Ourense. En primeira po-sición remataron os relevos ourensáns de 4x50 estilos masculino e o 4x50 libres, ademais da primeira posi-ción de Noelia Rodríguez Ferreira nos �00 metros estilos.

Augas abertasA nadadora pavillonista,

Laura Pimente Pérez procla-mouse campioa de España júnior en augas abertas na distancia de 5 quilómetros parando o crono en 1 hora, 3 minutos e 19 segundos a 11 segundos da segunda clasificada, Elvira Sánchez García. Con este resulta-do entra directamente para disputar no Campionato de Europa de augas abertas que se celebrará en Navia (Asturias) o vindeiro, 1� de

agosto.Pola súa banda, Alberto

Taboada Vila, rematou en decimoterceira posición, tamén en cinco quilóme-tros, sendo está a primeira vez que competía no canal olímpico.

198 nadadores competirán no campionato galego infantil de nataciónAlberto Taboada, Santi Escudero e Laura Pimentel no nacional de augas abertas.

A piscina Rosairo Dueñas será o escenario do galego infantil de natación.

Page 20: 23 Xuño 2011 - BD37

�0 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011 RALI DE OURENSE

Redacción

Miguel Fuster, co seu copiloto Ignacio Aviño, al-zouse campión da 44ª edi-ción do Ralli de Ourense logo de que os seus rivais máis directos tiveran per-cances ao longo da proba. Hevia e Vallejo romperon o seu motor ás primeiras de cambio sen sequera tomar a saída desta quinta proba do nacional de asfalto, men-tras que Xevi Pons que ía en primeira posición logrando a maioría dos scratch, su-friu un pinchazo na metade do ralli para, posteriormen-te ter que abandonar, por unha saída de pista no pe-núltimo tramo da proba, ao apretar cando tentaba subir ao podio na praza Maior de Ourense.

Da dureza da proba ouren-

Fuster gaña o 44º Ralli de Ourense4 Xevi Pons co seu Ford abandonou no pe-núltimo tramo.

sá dá boa conta o número de abandonos: 39 coches por 34 que completaron todo o percorrido desta 44ª edición da mellor proba do nacional de rallis de asfalto.

Para o piloto levantino está é a cuarta vez que sube ao máis alto do podio no ralli de Ourense, pero é a primeira desde que pilota o Porsche 911 GT3. En se-gunda posición chegaría o piloto galego Víctor Senra, a dous minutos do campión e no terceiro caixón do po-dio colouse o asturiano Jo-nathan Pérez a �.18 de Fus-ter, cuarto foi Joan Vinyes e quinto, Ramos.

Un ano máis, o público foi o gran protagonista do ralli abarrotando as cune-tas dos 1� tramos, desde o primeiro ata o último contando o superespecial,

o tramo espectáculo ou mesmo o shakedown que nesta ocasión tivo lugar en Castro de Beiro; 1� tramos que fixeron das delicias dos amantes do deporte das ca-tro rodas.

Outras clasificaciónsNo autonómico venceron

os irmáns Bello co seu Ci-troën C� R� Max, con máis de oito minutos de van-taxe sobre Adolfo López e Miguel Míguez, sobre un Mitsubishi Lancer Evo IX. Completaron o podio do autonómico, Alberto Gon-zález e Tania Babio pilotan-do un Citroen Saxo.

No trofeo Swift o triun-fo foi para Carchat con máis de tres minutos sobre Pazó (3:19.4), na terceira posición quedou Viloria a 3:34.3 do líder.

Un piloto no tramo de Toén. /RAMSÉS

Page 21: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

�1MOTOR

A xira galega de kárting chega a Ourense nas Festas do Corpus4 Ata o domingo estará instalado un circuíto de karts na parque do Barbaña para todo aquel que queira sentirse Alonso por un día.R.T.

Durante catro días o parque do Barbaña trans-formarase nun circuíto de karting para que o que queira -maior de 8 anos- practique o deporte das catro rodas.

O circuíto estará aber-to desde o xoves �3 ata o domingo �6 de xuño e o horario é polas mañás de 10 a 14 horas o xoves e o venres e de 1� a 14 horas o sábado e o domingo; po-las tardes estará aberto o xoves e o domingo de 17 a ��.30 horas e de 17 ata a medianoite o venres e o sábado.

Esta é a terceira vez que chega a nosa cidade a xira galega de kárting tras cinco edicións. Desde o Concello de Ourense, concretamente desde as Concellerías de Cultura e Deporte, decidiron in-troducila dentro da pro-gramación das festas de Ourense para diversificar a oferta deportiva coa que conta a cidade durante esta semana de celebración do Corpus. A xira xa visitou as localidades de Santiago de Compostela, Ortigueira e Lalín.

A cidade con máis afluencia

Sen dúbida algun-ha, Ourense é unha das cidades que conta cun maior número de participantes de todas as idades debido ao gran interese que hai na nosa provincia cara aos deportes de mo-tor. Só o ano pasado superou os 8.000 “pi-lotos” nos catro días que estivo instalado o circuíto.

A participación está aberta para os maiores de oito anos, pero para os menores a organiza-ción ten instalados uns hinchables para que esperen xogando men-tras os seus irmáns ou pais rodan unha voltas co kart.

Descontos e invita-cións

O Concello de Ourense agasallará con invitacións aos es-colares ourensáns para participar deste evento no que, en palabras do edil de Deportes, Fer-nando Varela, “é unha clara aposta polo de-porte de base”.

Page 22: 23 Xuño 2011 - BD37

�� BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

POLIDEPORTIVO

Redacción

Con Viña Costeira como patrocinador principal, Onda Cero Ourense organi-zou o seu primeiro Torneo de Golf o pasado 11 de xuño no campo de Montealegre, dentro do circuito nacional que a cadena de radio ten en marcha e que concluirá o vindeiro mes de novembro coa celebración dunha gran final en Islantilla (Huelva).

Á cita hovetense acudi-rán os gañadores das tres categorías que participaban na proba (handicap menor de 11, handicap tentre 11 e 18 e handicap maior de 18) xunto ao scratch, o conside-rado como mellor xogador do torneo por completar o circuito no menor número de golpes.

O scratchDos 94 golfistas (proce-

dentes de Galicia e o norte de Portugal) que partici-paron no Torneo de Onda Cero, Carlos Criado (xoga-dor e Presidente do Comité de Competición de Montea-legre C.G.) foi finalmente o “scratch”, ao realizar a pro-ba do 11 de xuño en tan só 75 golpes. “A verdade é que saiu todo moi ben, o torneo estivo moi ben organizado e estou seguro de que se re-petirá noutra ocasión”. En canto á cita que aogra lle agarda en Islantilla confesa que “conezo o campo, pero sei que os demais clasifi-cados para a final terán un nivel moi alto. Eu irei con moitas gañas para represen-tar a Ourense e espero que a sorte tamén me axude. De

Onda Cero estréase no golf4 A emisora de radio organizou un Torneo de Golf o 11 de xuño en Montealegre.

todos os xeitos que nos conviden a pasar esa fin de semana en Huelva xo-gando ao golf xa é, de por sí, un gran premio”.

AgasallosAdemais dos afortuna-

dos que viaxarán a Huel-va a finais de ano, todos o participantes recibiron obsequios durante a entre-ga de premios, proporcio-nados polas firmas cola-boradoras (Viña Costeira, Donantía, Jesús, Delfín & María, Sterling, Librería Aldova e J Publicidad,). O remate perfecto para que todos completasen esa xornada de deporte desexando repetir o ano vindeiro.

R. Torres

O Caldaria Barrocás non comezou con bo o a súa andadura no Campio-nato de España xuvenil de hoquei herba que se dis-puta no campo de herba artificial de Mariñamansa. O equipo ourensán foi-se derrotado na primeira xornada contra o equipo madrileños de a Complu-tense por 4-1. Nos primei-ros dez minutos os dous conxuntos estaban atena-zados polos nervos cons-cientes da importancia que ten sacar algo positivo na primeira xornada neste tipo de eventos. O primei-ro gol dos madrileños che-gou ao remate dun penalti córner cando xa habían marrado un con anterio-ridade. Tralo primeiro gol da Complutense os ba-

HOQUEI HERBA

Derrota de Barrocás na primeira xornada do campionato xuvenil4 Perderon 4-1 contra a Complutense.

rrocos dispuxeron de tres penaltis córner a favor para estrear o marcador pero nin cos penaltis córners nin cun tiro ao pao foron capaces de perforar a portería madrile-ña na primeira metade, sen embargo, o rival anotou o segundo tando na primeira metade novamente de pe-nalti córner.

Na segunda metade co cansanzo físico nas dúas escuadras baixou o nivel de xogo e os madrileños con-trolaron en todo momento o partido ata o final do mes-mo anotando dous goles máis por un do Barrocás para rematar co resultado final de catro goles a un.

Resto das xornadasO campionato que con-

grega aos oito mellores equipos xuvenís de España de hoquei herba os divide

en dous grupos. Para o resto de xornadas o Caldaria Ba-rrocás ten que xogar contra o Egara este mesmo venres, ás 1� horas, e contra o Ju-nior o sábado. Os outros partidos deste grupo son o Junior - Complutense (ven-res) e Complutense - Egara na xornada do sábado. Do outro grupo os encontros do venres serán o Polo - Ta-buriente e o Tenis - Atlético Terrassa, o sábado xogaran-se o Taburiente - Tenis e o Atl. Terrassa - Polo.

Para a xornada do domin-go quedará a loita polo quin-to e sexto posto ás nove da mañá (terceiros de ámbolos dous grupos), o encontro polo terceiro e cuarto posto (segundos de cada grupo), ás 11 da mañá e a gran fi-nal que será a partir das 13 horas entre os campións de grupo.

O Barrocás perdeu no primeiro encontro do campionato. /RAMSÉS

O Torneo organizado por Onda Cero contou con 94 participantes.

As intalacións do Campo de Golf de Montealegre acolle-ron o Torneo de Golf organizado por Onda Cero.

Page 23: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011

�3

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº37 - Ano: III - �4 de xuño �010 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

O deporte na sociedade modernaOs eventos deportivos

recentes (Final Champio-ns, Formula I, Motoci-clismo, etc.) desvélannos claramente a importancia que adquiriu o deporte na sociedade de hoxe. O deporte, máis aló dun-ha práctica física, dunha forma útil de canalizar o tempo libre, dun elemento educativo, constitúe un im-portante fenómeno social.

Ao longo da historia o seu papel evolucionou ata converterse nalgo que deixa pegadas nos indi-viduos, nas masas, nas nacións e na mesma con-vivencia internacional, aínda que a manipulación que padece hoxe non pode dicirse que sexa exclusi-va deste século. Abundan tópicos que subliman, engrandecen a súa im-portancia; por exemplo, naquela que sinala que é un idioma universal, algo que pode ser comprendido e asimilado de maneira directa e instantánea por toda os individuos. Se a once xogadores de once países, que falen distintas linguas, que pertenzan a distintas razas e profesen distintas relixións dáselles un balón e un árbitro, ten moitas probabilidades de entenderse, xogar, diver-tirse, e posiblemente aca-ben sendo amigos.

O deporte converteuse co paso dos anos nun fei-to tan importante que o seu auxe é, sen dúbida, un dos trazos que caracteriza a este século. A afluencia masiva dos espectadores

NOVAS

aos estadios, o tempo e o espazo que consagran dia-riamente os medios de co-municación para informar das súas incidencias, son as máis claras manifestacións constitutivas do fenómeno deportivo. O seu primitivo espírito sufriu os embates da propaganda política e do afán de lucro, diminuíndo a súa importancia como acti-vidade libre e gratuíta.

A manipulación non só tivo lugar neste aspecto. A gran influencia do deporte fixo que en moitas ocasións o poder o convertera nun medio integrador de gran eficacia: a nivel deporte-es-pectáculo, fomentando que se desorbite a súa transcen-dencia para que o público viva máis pendente del e das seus máis insignificantes detalles que doutros temas, e a nivel de deporte-prác-tica, facendo que absorba enerxías que se envorcarían noutras inquietudes.

Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrena-

dor nacional de fútbol

Redacción

O apartado deportivo das Festas de Ourense come-zou con actividades para tódolos gustos: ralli, pira-güismo, futbolín, rugbi e ximnasia foron as citas da fin de semana pasada.

A 44ª edición do Ralli de Ourense inaugurou as Fes-tas do Corpus o venres 17 de xuño e tras dous días de probas tivo como gañador a Miguel Fuster, seguido de preto por Victor Senra e Jo-nathan Pérez. Unha cita tan tradicional como o Decenso do Miño, que se celebrou o pasado sábado 18 de xuño por cuadraxésimo terceira vez. Cun percorrido de 16 espectaculares quilómetros, os que unen Os Peares con Velle, realizados polas ca-

Festa e deporte4 Scaléxtric, karts, mus, volei praia ou fútbol sala son algunhas da actividades deportivas que aínda restan das Festas de Ourense.

tegorías masculinas senior (K1 e K�) e xuvenil; e de 6 quilómetros e medio polos demais (cadetes masculinos e C1 e K1 seniors, xuvenís e cadetes femininos) esta consagrada cita co piragüis-mo congregou en Ourense dende as 5 da tarde a preto de 350 palistas de 34 clubes de toda Galicia.

Pero o sábado contou con moita máis actividade, entre a que se atopou o IV Cam-pionato de Futbolín Cidade de Ourense, que, organiza-do pola Agrupación Cultu-ral Auriense, dende as 11 da mañá reuniu nos xardíns Padre Feijoo a numerosas parellas.

Tamén o sábado a Cidade das Burgas acolleu a quin-ta xornada do Campionato Galego Seven de Rugbi,

unha competición creada ante a necesidade de activi-dades para estes deportistas que ven en marzo rematada a súas probas oficiais e no que se deron cita importan-tes clubes da nosa comuni-dade. Iveco foi o flamante vencedor da cita e os nosos representantes do Campus Ourense acadaron o terceiro posto e medalla de bronce.

O mesmo día e cos Re-medios como escenario tivo lugar o Campionato Gale-go de Promoción de Xim-nasia (V Memorial Antonio Prada) no que o gran vece-dor foi o ribadaviense Club Marusia, cuxas ximnastas benxamíns se fixeron co primeiro e co terceiro posto da clasificación na súa co-rrespondente proba.

E o que quedaPero para os afeccio-

nados ao deporte resta aínda un final de xuño de actividade frenética. Entre outros, a Scootera-da Ourensá (o día �5 de xuño, con saída na rúa Doctor Marañón), a Xira Galega Karting (do �3 ao �6 de xuño no Parque Bar-baña) o Campionato de Scaléxtric (o �5, na praza de San Martiño), o Torneo de Mus (o �5, no Mirado-iro de San Francisco), o Torneo Internacional de Taekwondo (�5 de xuño, Os Remedios), o Torneo de Chave do Corpus (días �5 e �6, na Alameda), e o Campionato Galego de Natación Infantil (�5 de xuño, Piscina Rosario Dueñas).

Outras disciplinasOs amantes do hockei

e o volei praia poderán gozar, respectivamente, do 60º Campionato de Es-paña Xuvenil Masculino de hockei herba (que se disputará do �3 ao �6 de xuño no campo de Mari-ñamansa), e dunha sema-na de volei praia en Oira (do �7 de xuño ao 3 de xullo).

Os seguidores do fútbol sala están de noraboa, con dúas citas desta disciplina: o II Trofeo Barrios De-portivo -Torneo dos cam-pións-, que decidirá, tamén no pavillón municipal do �7 de xuño ao � de xullo, ao campión do fútbol sala ourensán; e o Torneo de fútbol sala Arranxar o 3 de xullo no polideportivo da Carballeira.Participantes do torneo de futbolín. /PAULA LODEIRO

Alfonso Vilachá.

Page 24: 23 Xuño 2011 - BD37

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xuño de �011