2º eso a - b traballo de lingua galega miguel barros 2ª ... › centros ›...

14
2º ESO A - B TRABALLO DE LINGUA GALEGA Miguel Barros 2ª PROPOSTA ► NON FAGADES ESTAS ACTIVIDADES ATA QUE REMATEDES AS ANTERIORES ► E LEMBRADE QUE TEDES QUE SEGUIR LENDO E ESCRIBINDO TODOS OS DÍAS Lectura Recordade o que dicía na anterior proposta de traballo: Se non sodes capaces de conseguir ningún libro da lista, procurade ler outro que sexa axeitado para vós. Cando comecen as clases xa me contará cadaquén o que leu, e decidiremos o que facemos en cada caso. Quen poida ler máis dun libro que o faga, e valeralle para SUBIR A NOTA. As persoas ás que NON vos gusta moito ler e que, como consecuencia, vos custa concentrarvos na lectura e vos “ides” con frecuencia, lembrade o que xa comentamos moitas veces: - Lede ó redor de oito ou dez liñas, parade e intentade recordar o que lestes. Se vos acordades (sobre todo do máis importante) lede outro parágrafo e facede o mesmo. E seguide así ata que acabedes o libro. - Pero se non o recordades tedes que volver a ler o mesmo fragmento, e ó rematalo parade e intentade recordar o que lestes. NON podedes pasar a outro fragmento ata que entendades e vos acordedes do que acabades de ler. - Lembrade que é mellor ler ben a metade dun libro que chegar ó final sen entendelo e/ou sen acordarse de nada. - Loxicamente, tedes que parar sempre nun punto e á parte. • Buscade en Internet a web https://galiciaencantada.com/ e lede todos os textos que poidades. VANVOS GUSTAR, pois hai moitísimos e moi variados, e seguro que vos van enganchar e engaiolar. Web sobre a historia da Galicia imaxinaria: mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva. Expresión escrita • Tal como vos dicía na anterior proposta de traballo, Podedes facer igual que nas vacacións de Nadal e contar cada día algo diferente. • Pero esquecinme de dicirvos que tamén podedes facer REDACCIÓNS seguindo os PASOS PARA A ELABORACIÓN DE CALQUERA ESCRITO: 1. Pensa e anota ideas - 2. Escolle as ideas máis interesantes e ordénaas - 3. Desenvolve por escrito cada idea escollida → BORRADOR - 4. Cando acabes, le con moita atención todo o escrito e corríxeo - 5. Pasa o escrito a limpo. ► Tedes que seguir o mesmo proceso que empregastes para escribir a do 1º e a do 2º trimestre: - Escollede un tema, o que queirades. - Facede o 1º e o 2º paso, poñendo en cada un todas as ideas que consideres axeitadas. - E logo empezade co primeiro parágrafo: pensádeo ben antes de comezar a facer o borrador, escribide con calma e fixándovos moito, logo lédeo moi amodiño e corrixídeo todo (dúas veces polo menos), e cando estea ben pasádeo a limpo. • Tamén podedes escribir historias ou relatos inventados, calquera que se vos ocorra e vos apeteza.

Upload: others

Post on 31-Jan-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • 2º ESO A - B — TRABALLO DE LINGUA GALEGA — Miguel Barros

    2ª PROPOSTA

    ► NON FAGADES ESTAS ACTIVIDADES ATA QUE REMATEDES AS ANTERIORES

    ► E LEMBRADE QUE TEDES QUE SEGUIR LENDO E ESCRIBINDO TODOS OS DÍAS

    Lectura

    • Recordade o que dicía na anterior proposta de traballo: Se non sodes capaces de conseguir

    ningún libro da lista, procurade ler outro que sexa axeitado para vós. Cando comecen as clases

    xa me contará cadaquén o que leu, e decidiremos o que facemos en cada caso.

    • Quen poida ler máis dun libro que o faga, e valeralle para SUBIR A NOTA.

    • As persoas ás que NON vos gusta moito ler e que, como consecuencia, vos custa concentrarvos

    na lectura e vos “ides” con frecuencia, lembrade o que xa comentamos moitas veces:

    - Lede ó redor de oito ou dez liñas, parade e intentade recordar o que lestes. Se vos acordades (sobre todo do máis importante) lede outro parágrafo e facede o mesmo. E seguide así ata

    que acabedes o libro.

    - Pero se non o recordades tedes que volver a ler o mesmo fragmento, e ó rematalo parade e intentade recordar o que lestes. NON podedes pasar a outro fragmento ata que entendades e

    vos acordedes do que acabades de ler.

    - Lembrade que é mellor ler ben a metade dun libro que chegar ó final sen entendelo e/ou sen acordarse de nada.

    - Loxicamente, tedes que parar sempre nun punto e á parte.

    • Buscade en Internet a web https://galiciaencantada.com/ e lede todos os textos que poidades.

    VANVOS GUSTAR, pois hai moitísimos e moi variados, e seguro que vos van enganchar e

    engaiolar.

    Web sobre a historia da Galicia imaxinaria: mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva.

    Expresión escrita

    • Tal como vos dicía na anterior proposta de traballo, Podedes facer igual que nas vacacións de

    Nadal e contar cada día algo diferente.

    • Pero esquecinme de dicirvos que tamén podedes facer REDACCIÓNS seguindo os PASOS

    PARA A ELABORACIÓN DE CALQUERA ESCRITO: 1. Pensa e anota ideas - 2. Escolle as

    ideas máis interesantes e ordénaas - 3. Desenvolve por escrito cada idea escollida → BORRADOR -

    4. Cando acabes, le con moita atención todo o escrito e corríxeo - 5. Pasa o escrito a limpo.

    ► Tedes que seguir o mesmo proceso que empregastes para escribir a do 1º e a do 2º trimestre:

    - Escollede un tema, o que queirades.

    - Facede o 1º e o 2º paso, poñendo en cada un todas as ideas que consideres axeitadas.

    - E logo empezade co primeiro parágrafo: pensádeo ben antes de comezar a facer o borrador, escribide con calma e fixándovos moito, logo lédeo moi amodiño e corrixídeo todo (dúas

    veces polo menos), e cando estea ben pasádeo a limpo.

    • Tamén podedes escribir historias ou relatos inventados, calquera que se vos ocorra e vos apeteza.

    https://galiciaencantada.com/

  • Xogos, vídeos, etc.

    • Xa sabedes que na web https://portaldaspalabras.gal/ podedes consultar o diccionario da RAG.

    • Pero tamén a podedes usar para outras moitas cousas: ver DESTACADOS, A⁓Z LÉXICO e VÍDEOS,

    facer XOGOS…

    Verbos

    • Estudade os verbos acabados en -aer, -oer, -aír e -oír. Recordade que están na mesma fotocopia

    cós rematados en -cer e -cir. De momento non estudedes os acabados en -uír.

    • De todos estes verbos só hai que estudar o seguinte:

    - 1ª singular presente indicativo: aparece i → caio – roio – saio – oio

    - 1ª e 2ª plural pretérito imperfecto indicativo: levan diérese no (ï) para indicar que hai hiato → ca-ï-a-mos, ca-ï-a-des –– ro-ï-a-mos, ro-ï-a-des –– sa-ï-a-mos, sa-ï-a-des –– o-ï-a-mos, o-ï-a-des

    - Presente de subx. enteiro: caia, caias, caia, caiamos, caiades, caian –– roia, roias, roia, roiamos, roiades, roian –– saia, saias, saia, saiamos, saiades, saian –– oia, oias, oia, oiamos, oiades, oian

    • Todas as outras formas, de todos estes verbos, son completamente regulares e, polo tanto, fanse

    igual cás do verbo modelo correspondente: os acabados en -aer e -oer como varrer, e os

    rematados en -aír e -oír como partir.

    • O verbo traer ten as mesmas particularidades: traio // tra-ï-a-mos, tra-ï-a des // traia, traias, traia,

    traiamos, traiades, traian.

    Pero ten irregulares o pretérito perfecto (trouxen), o pretérito pluscuamperfecto (trouxera), o

    imperfecto de subxuntivo (trouxese) e o futuro de subxuntivo (trouxer). Polo tanto NON estudedes

    eses tempos, pois non van entrar na proba.

    Lectura e comprensión

    • Lede Ser superheroe non é nada doado e facede os exercicios 1-2-4-5-6-7-9-10-11.

    • Lede O que decide é papá e facede os exercicios 1-3-4-5-6-7-8-9-10-12-13 (e o punto).

    https://portaldaspalabras.gal/

  • Acentuación

    • Xa dixeramos que había que repasar a acentuación, e agora podemos facelo con calma.

    • Estudade ben toda a teoría, sobre todo o todo o CADRO coas REGRAS XERAIS de ACENTUACIÓN.

    LLEEVVAANN AACCEENNTTOO GGRRÁÁFFIICCOO AASS

    PPAALLAABBRRAASS RREEMMAATTAADDAASS EENN…… NNOONN LLEEVVAANN AACCEENNTTOO GGRRÁÁFFIICCOO

    AASS PPAALLAABBRRAASS RREEMMAATTAADDAASS EENN……

    AAGGUUDDAASS

    . vvooggaall: mazá, chalé, velaquí, avó, xampú

    . vvooggaall ++ nn: traizón, irmán, alguén, galopín

    . vvooggaall ++ ss: autobús, mañás, cempés, esquís

    . vvooggaall ++ nnss: veráns, parabéns, xardíns

    . ooss ddiittoonnggooss aaii,, aauu,, eeii,, eeuu,, ooii,, oouu,, iiuu,, uuii: bacallau, amañei, cadanseu, bocoi, calou, fuxiu, xersei

    . eesseess ddiittoonnggooss ++ ss: quizais, despois, azuis, xudeus

    . uunnhhaa ccoonnssooaannttee,, mmeennooss nn oouu ss: anel, xadrez

    GGRRAAVVEESS

    . uunnhhaa ccoonnssooaannttee,, mmeennooss nn oouu ss: carácter, álbum, cáliz, tórax, cámping, móbil, tícket, líder

    . ddúúaass oouu ttrreess ccoonnssooaanntteess,, mmeennooss nnss: álbums, cómics, sándwichs, bíceps, récords, tíckets

    . vvooggaall: alcume, taxi, estoxo, almofada, marxe

    . vvooggaall ++ nn: slogan, colon, mitin, dolmen

    . vvooggaall ++ ss: choromicas, lentes, xoves, lapis, virus

    . vvooggaall ++ nnss: slogans, dolmens, mitins

    EESSDDRRÚÚXXUULLAASS . ccaallqquueerraa lleettrraa,, ppooiiss lleevvaann ttooddaass aacceennttoo: árbore, lámpada, dúbida, prognóstico, hipopótamo

    • Lede a teoría de Ortografía da páxina 32 do libro de texto e facede os exercicios 1-2-4.

    • CADAQUÉN QUE FAGA, DOS EXERCICIOS SEGUINTES, OS QUE CONSIDERE QUE NECESITA PARA

    POÑER SEMPRE CORRECTAMENTE TODOS OS ACENTOS GRÉFICOS. DOUS EXEMPLOS:

    - OS/AS QUE TEÑAN PROBLEMAS COA ACENTUACIÓN DEBEN EMPEZAR POLO EXERCICIO 1.

    - EN CAMBIO, OS/AS QUE XA ACENTÚAN MOI BEN PODEN EMPEZAR NO 7 OU 11.

    1.- Todas estas palabras son agudas. Pon acento gráfico nas que cumpra.

    a) robot

    caracois

    recibiu

    carteis

    abofe

    bacallau

    campion

    escoitou

    caraveis

    gañou

    irmans

    barril

    lambons

    irmas

    ocorrer

    ademais

    sprint

    sofa

    titor

    avo

    alguen

    b) nariz

    chale

    anorak

    xampu

    coñac

    cadris

    catedral

    veran

    autobus

    fuxiu

    xersei

    iceberg

    rapaz

    bisturi

    voleibol

    papeis

    relax

    corrixir

    chapeu

    iraqui

    videoclip

    2.- Estas palabras son todas graves. Acentúa graficamente as que o precisen.

    a) automobil

    slalom

    femur

    comics

    reloxo

    beizos

    superavit

    exame

    dolar

    consoante

    oasis

    portatil

    personaxe

    trouxeron

    crater

    slogans

    mitin

    sandwich

    amigdalite

    latex

    dolmens

    LEMBRA

    . Cando i, u van en hiato e están na sílaba tónica, acentúanse sempre: sa-í-da, mi-ú-do

    . Nos ditongos o acento ponse sobre a, e, o: náu-fra-go, béis-bol, na-ción.

    . En xeral, as formas verbais acabadas en -iu non se acentúan: rubiu, xurdiu.

    Pero as dos verbos rematados en -aír/-oír/-uír si levan acento: saíu, oíu, posuíu.

    . Nas palabras compostas só pode levar acento o último elemento: balonmán.

    . As maiúsculas acentúanse igual cás minúsculas: LIBRERÍA, RÚA, Óptica.

    . Os nomes propios de lugares, empresas, etc., acentúanse igual: África, Nescafé.

    . Os nomes e apelidos de persoas, tamén: Uxía Fernández, Álvaro Ríos.

    . As palabras estranxeiras seguen as mesmas regras: voleibol, smóking, bádminton.

    . Verbo + pronomes átonos forman unha soa palabra: deches + nos + la = déchesnola

  • b) marcharon

    lingua

    smoking

    fraxil

    martir

    penalti

    paxaros

    automobil

    biceps

    cenit

    duplex

    ciencia

    herdanza

    tunel

    sherif

    consul

    remate

    lider

    windsurf

    safari

    beisbol

    3.- Ponlles acento gráfico ás palabras (agudas, graves e esdrúxulas) que o necesiten.

    a) lacazans

    fervenza

    ballet

    aneis

    rexime

    mirou

    tepedo

    funis

    dificil

    vilagarcian

    comic

    xantar

    gañaron

    mandei

    condicions

    memoria

    mobil

    carcere

    patin

    xubileu

    cambio

    b) durmiu

    acordeon

    amable

    lamber

    paciencia

    oxala

    piñeiral

    arousan

    temperado

    actriz

    futbol

    azuis

    album

    xamons

    estudei

    osixeno

    bambu

    controis

    albanel

    pure

    viviu

    c) perito

    deixaron

    lampada

    xarope

    trisilaba

    trobador

    ninguen

    chines

    cartafol

    sociais

    clausula

    historia

    lapis

    paspallas

    conduciu

    cidada

    cirurxian

    xadrez

    bumerang

    pasteis

    util

    4.- Pon os acentos gráficos que cumpran. ¡Coidado cos hiatos!

    a) atribuo

    vehiculo

    actor

    rios

    cirurxian

    ollomol

    querian

    lingua

    espirito

    actuar

    paises

    saudo

    caracter

    amontoou

    caida

    pingüin

    distribuir

    lagoa

    andei

    baul

    estupido

    b) raiz

    facilmente

    ningures

    incluir

    merquei

    pasamans

    saida

    diario

    nugallan

    dierese

    hipodromo

    miudo

    misil

    prexuizo

    construiu

    toleria

    habilmente

    alferez

    fertil

    feriu

    cortesia

    c) oido

    periodico

    malicia

    heroina

    preguiceiro

    ruido

    atribuiu

    lingüistica

    faciades

    despois

    autostop

    cafeteria

    arbore

    triangulo

    saida

    chiar

    ourensan

    compañia

    fiuncho

    confianza

    hidraulico

    d) escribiu

    circuito

    guion

    acuatico

    xuntabamos

    posuir

    baia

    lostrego

    colleriamos

    destruiu

    hixienico

    levarades

    amnistia

    coelleira

    magoa

    lua

    ataude

    saudar

    deixou

    muiño

    capicua

    e) axouxere

    coagulo

    sufriu

    distraido

    puiden

    ducia

    baul

    desmaio

    ainda

    xuiz

    egua

    triunfo

    aplauso

    egoista

    dimunuiu

    vixien

    loureiro

    esquio

    viaxeiro

    viuva

    raiña

    5.- Ponlles acento gráfico a todos os nomes propios que teñen que levalo.

    a) Bieito

    Sofia

    Xose

    Felix

    Xavier

    Veronica

    Alvaro

    Nestor

    Nuria

    Raul

    Tareixa

    Anxela

    Beatriz

    Adrian

    Elias

    Luis

    Xoan

    Alicia

    Cesar

    Uxio

    Luisa

    b) Suarez

    Piñeiro

    Garcia

    Seoane

    Rios

    Padin

    Señorans

    Vazquez

    Pereira

    Diaz

    Boveda

    Mosteiro

    Dorrio

    Caeiro

    Galban

    Casais

    Galans

    Alvarez

    Eiras

    Tarrio

    Rodriguez

    c) America

    Etiopia

    Paraguai

    Mexico

    Iraq

    Suiza

    Guipuscoa

    Valladolid

    Cadiz

    Arzua

    Soutomaior

    Becerrea

    Riotorto

    Padron

    Lalin

    Vilagarcia

    Xiabre

    Guillan

    O Salnes

    Rubians

    Fontefria

  • 6.- Pon os acentos gráficos que cumpran nestas palabras compostas.

    a) teorico-practico politico-social

    fisico-quimico

    galego-portugues xuridico-economicos

    maniaco-depresiva

    paracaidas

    baloncesto socioeconomica

    gardarrios

    beirarrua

    portavoz

    afialapis

    mediodia

    portaavions

    beiravia

    augardente

    balonman

    PON TODOS OS ACENTOS GRÁFICOS NAS ORACIÓNS E NOS TEXTOS SEGUINTES. ESQUÉCETE DAS PALABRAS MONOSÍLABAS, POIS OS DIACRÍTICOS XA ESTÁN POSTOS

    7 → Trouxeronvos as cousas que lles encargarades? – Oesme? Deixaas ai no balcon –

    Meteusenos na cabeza ir ó teatro o mercores – Pasadomaña acompañaranvos ó xuizo Antia e

    Xesus, pois voullelo pedir eu – Devolvicheslle os lapis ó rapaz chines? – Na tua decision seica

    influiu a saida de ton de Brais – Non sexas egoista e vai co teu curman esperar a tua irma á

    estacion – Ó sairmos vironnos dende o tranvia, polo Paseo Maritimo – Lucia repartiu os planos do

    tunel subterraneo entre todos os tecnicos – Actuan o sabado pola maña na telivision – Se moves xa

    a raiña, vaiche resultar dificil gañar

    8 → A miudo, a maioria das faltas de ortografia debense á falta de atencion – E esa adoita ser

    tamen a causa de que non se puntue ben e mais de que non se acentue – Oxala acerte a primitiva o

    meu tio, pois ainda me poderia caer algo – Dixeronme Belen e Paulo que tes unha curma en

    Belxica – É un barbaro: subiu polo rio e destruiu todo canto atopou – Antes viviamos na mesma

    rua, pero agora marcharon para un chale das aforas – A onde ias onte polo seran co teu avo e coa

    tua avoa? – Esquecete dos aplausos, busca o balon, colleo e efectua o saque rapidamente

    9 → Apurade e non sexades lacazans, que nós fixemolo axiña – A min ninguen me preguntou onde

    vivia Xoaquin; non obstante, se me preguntasedes diriavolo – Maria dicia que fosemos dar unha

    volta ata Verin, pero como a Andres non lle deu a gana... – Lembro que aquel dia chovia a todo

    chover, pero a vós dabavos igual – O album que me regalou a rapaza ferrola non estaba completo,

    faltabanlle duas fotografias – Non me resultou nada facil entender o que dicias, pois naquel

    momento estaba pasando un camion e habia moito ruido – Din que o cambio climatico esta

    relacionado coa contaminacion do planeta. Sera certo? Quizais...

    10 → Cando o descubriu no cespede botou a correr; ata enton non se decatara da falcatrua – Se

    non tes fe en que todo saia ben, non poderas realizar ningun proxecto con exito – Deixate de

    devecer os cartos e coidate para ter saude, que é o unico que necesitas – Non habera premios para

    ninguen se seguides facendo todos os graficos mal – Ademais dos familiares, habia alguns amigos

    – Eu coido que fariades ben en contribuir connosco na seleccion dos ultimos bailarins para a

    muiñeira – Poderiase pensar que a afirmacion O tabaco resulta mortal é un prexuizo; pero non o

    é: demostrano as estatisticas.

    11 → O ultimo en paraugas! Se alguen cria que chegar a algo asi non era posible... Agora, polas

    mañas, antes de sairmos da casa habera que preguntarlle se temos que levalo ou non.

    Unha empresa estadounidense que fabrica obxectos da vida cotia que empregan informacion de

    Internet, inventou un paraugas que protexe da chuvia e... ¡di cando vai chover! No mango leva un

    receptor de radio que recibe os datos do tempo de 150 lugares dos Estados Unidos a traves dunha

    conexion sen fios a unha coñecida paxina web de prognosticos meteoroloxicos, AccuWeather.com.

    Aqui en Galicia vai ser un exito! E eu, como sei algo de informatica, poderia facerme

    paraugueiro...

  • 12 → Segundo os cientificos, as formigas apareceron na Terra hai uns 100 millons de anos. E as

    ultimas informacions indican que na actualidade poderia haber ao redor de 9500 especies

    diferentes, e que a sua poboacion total esta proxima aos dez mil billons.

    Dado que o peso dunha formiga obreira varia entre 1 e 5 miligramos, cunha facil operacion

    matematica descubrimos que as formigas pesan practicamente o mesmo cós seres humanos que

    vivimos no planeta.

    Pero en moitas rexions superannos amplamente. E non só a nós, senon tamen ao resto das especies

    animais. Nas selvas humidas brasileiras do Amazonas, por exemplo, o peso das formigas é catro

    veces máis grande có de todos os mamiferos, aves, anfibios e reptiles xuntos.

    E iso que parecian tan pouquiña cousa! Esta visto que non se pode fiar un de ninguen...

    13 → Seguramente o saberas xa: Holanda coñecese como o pais dos tulipans, pois hai moitisimos.

    Pero o que quizais non saibas é que houbo unha epoca na que se pagaron cantidades altisimas por

    esas flores tan fermosas. Daquela eran novas ali, e todos as querian ter nos seus xardins.

    É certo que os tulipans medran a partir de bulbos subterraneos; pero non é facil conseguilos,

    porque tardan alguns anos en florecer dende que se sementan. Enton moitos holandeses venderon

    todas as suas posesions, ata os animais, para poder mercalos. E houbo alguen que ata empeñou a

    casa! Non obstante, de supeto, pensaron no inutil que resultaba gastar tanto nunhas plantas; e

    moitas persoas quedaron na ruina porque ninguen queria tirar os cartos de maneira tan ridicula.

    14 → Eu só lle preguntei pola miña irma Africa e mais polos compañeiros. Pero el, de supeto,

    empezou a berrar coma un tolo:

    –Cala, rapaz! Aqui as preguntas fagoas eu. Que espiabas ai fóra, na area de seguridade? Sabias

    que non podias entrar nesa zona, e a tua irma e mais os vosos amigos tamen. Vós sodes os unicos

    culpables desta situacion. Se non fose porque vos metestes onde ninguen vos chamou eu agora

    estaria dedicandome ás miñas ocupacions, que abofe que son bastante máis importantes cás vosas

    rapazadas. E ademais non perderia o tempo, que teño máis que facer. Asi que deixate de lerias e

    contesta rapidamente, ¿ou terei que romperche un óso para que digas a verdade?

    15 → Dous inventores alemans crearon un boligrafo que vai acadar un enorme exito aqui, entre

    nós. Ten duas funcions principais: o modo ortografia (que recoñece as faltas ortograficas) e o

    modo caligrafia (que sinala a letra pesima ou dificil de ler). Cando descobre algun fallo emite

    vibracions, para que a persoa que esta escribindo faga as correccions oportunas.

    Na paxina do proxecto explican, polo miudo, que é o primeiro boligrafo intelixente, pois estan

    incorporados o soporte loxico (software) e toda a tecnoloxia.

    O unico inconveniente é que, por agora, só corrixe ingles e aleman. Oxala nolo envien axiña en

    galego…

    16 → A zona máis fria do noso planeta é o artico, area que inclue o oceano Artico (que esta xeado

    a meirande parte do ano) e mais as terras que rodean o polo Norte (cubertas de neve case sempre).

    O veran dura seis meses, e hai luz todo o dia; pero o inverno, que tamen dura outros seis meses,

    pasano ás escuras. Nesa epoca do ano, ademais, a temperatura pode chegar a 30 graos baixo cero.

    Ainda que a maioria da xente coñecemos o pobo que vive ali co nome de esquimos (que quere dicir

    “comedores de carne crua”), eles prefiren chamarse inuit (que significa “seres humanos”).

    Agora xa non viven en iglus, pero conservan alguns costumes dos seus devanceiros. Por exemplo

    na sua alimentacion: como non teñen froitas nin verduras, seguen tomando moitisimo figado de

    foca porque conten tanta vitamina C coma as laranxas ou os limons. Tomano... cru e cun pouquiño

    de sal. Gustache o seu menu?

  • 17 → Alguen quizais opine que un simple consello resultaria totalmente inutil nos momentos de

    dubida, que non ia servir de axuda ningunha. Ti talvez o creas tamen. Pero ainda que penses asi,

    imoscho dar igual. E probao, porque a solucion tela ai: primeiro pensar, e despois decidir. Oxala che

    sexa util! Fixate nestas duas actitudes, incorrectas e negativas á hora de tomar decisions:

    a) Hai persoas que aparentan seguridade, pero o unico que fan é saltar a analise do problema e o

    calculo de alternativas e elixir ao chou.

    b) No extremo oposto estan os eternos indecisos, os que buscan decotio a escolla optima. Pero

    dubidar ata no tema máis intranscendente pode ser unha autentica tortura.

    Ti procura non formar parte de ningun destes dous grupos: reflexiona antes de elixir calquera

    opcion; pero non perdas o tempo inutilmente dandolle voltas ao mesmo todo o dia, dálle unha patada

    á indecision e escolle a alternativa que saiu mellor na tua valoracion.

    18 → Agora, ainda que chova, xa non habera ningun problema. Acabaronse os dias de picarmos a

    calquera co paraugas, ou de que alguen nos pique a nós, cando vaiamos polas beirarruas ou

    cruzando polos pasos de peons. E tamen desapareceu outro problema: xa non nos rompera por moi

    revolta que estea a atmosfera.

    A razon é ben sinxela: saiu ao mercado un forte e aerodinamico paraugas sen puntas perigosas,

    con variñas telescopicas cunha resistencia extra ante as adversidades climatoloxicas e moi facil de

    manexar. Ademais podese escoller entre varias cores, e esteticamente non ten nada que envexarlles

    aos paraugas convencionais.

    Esta visto que nalgunhas ocasions a investigacion, o deseño e a tecnoloxia poden facer marabillas.

    19 → Chamarano por telefono para que acudise ao almacen o dia seguinte pola maña. E ali

    estaba, disposto a conseguir o traballo de chofer-repartidor. Tiña os anos que pedian no anuncio e,

    asi mesmo, a clase de automobil que solicitaban.

    Pasar a entrevista non lle resultou dificil: tamen posuia experiencia dabondo. Mais sabia que non

    seria facil logralo porque habia moitos aspirantes. De supeto oiu unha voz de muller que dicia o

    seu nome:

    –Alvaro Gonzalez.

    Ainda que non viu a ninguen contestou rapidamente:

    –Si, son eu –dixo erguendose axiña do sofa.

    –Pasadomaña, mercores, xa poderia empezar a traballar con nós. De momento sera con caracter

    provisional. Se esta de acordo pode pasar maña a ultima hora a asinar o contrato, e acordese...

    Pero Alvaro puxerase tan nervioso que xa nin oia. Pensou: “Por fin! O meu primeiro traballo!”. E

    coa mesma caeu desmaiado da impresion.

    20 → Vasco de Gama foi un nobre portugues que, sen dubida ningunha, contribuiu dun xeito moi

    especial ó desenvolvemento das viaxes maritimas. Era un habil navegante, e con só trinta anos

    dirixiu a que seria a sua primeira expedicion. En 1497 levantou as ancoras en Lisboa e saiu co

    obxectivo de dobrar o cabo de Boa Esperanza e alcanzar a costa oriental de Africa. Pero a sua

    intencion atoparia rapidamente os primeiros problemas: comezaron ó chegar a rutas dominadas

    polos arabes.

    21 → Din que cos anos seica se acentuan os problemas de saude. Poren, eu (Alvaro Diaz

    Gonzalez), que xa cumprin os sesenta e seis, asegurovos que non é asi. A min a idade non me

    influiu en nada.

    O sabado fixemos unha excursion gastronomico-cultural á vila de Verin e houbo alguen que

    rapidamente quedou durmido no autobus (Luisa, Sebastian, Anxela...). Eu, en cambio, non parei de

    falar dende que saimos. Tamen é verdade que eu non quedo facilmente durmido... Xantamos ás

  • duas, cunha riquisima bola de pan de leña, e despois cadaquen elixiu o que queria facer. Abofe que

    ainda non me diminuiu a alegria desa saida!

    22 → Este texto esta baseado na obra de Paco Martin Das cousas de Ramon Lamote.

    CONVOCASE PUBLICAMENTE A PRIMEIRA EXHIBICION MUNDIAL DE NUBES, QUE SE CELEBRARA O

    DEZASEIS DE MAIO ÁS DOCE DO MEDIODIA NAS GANDARAS DE RIOFRIO:

    I. Poderan concorrer todas as nubes que asi o desexen. A unica condicion é que se situen ese dia no

    lugar da proba.

    II. Non só se valoraran as formas artisticas que adopte cada nube durante a competicion, senon

    tamen as combinacions entre si. No animo do xurado esta conceder os premios principais ás que

    sobresaian pola sua beleza.

    III. Rogase que o publico, para presenciar este fantastico espectaculo, se coloque unicamente nas

    beirarruas e beiravias do leste. Para evitar aglomeracions de ultima hora, xa se sinalaran a

    vespera.

    IV. Para a formacion do xurado tivose en conta que os membros gozasen de recoñecidos meritos

    cientificos, tecnicos ou politico-sociais. Despois dunha dificil seleccion, foron nomeadas as

    seguintes persoas: Xiana Suarez, Sonia Alvarez, Belen Casais, Eloi Garcia, Luis Piñeiro e Cesar

    Fontan.

    23 → COMO A ALGUNS QUIZAIS VOS GUSTARIA SABER EN QUE ORDE FIXERON A SUA ENTRADA OS INVITADOS, FIXADEVOS PORQUE A CONTINUACION EXPLICASE MOI RAPIDAMENTE.

    Antes ca ninguen apareceu o tio-avo cos dous sobriños-netos, e logo foron chegando os demais

    convidados. As primeiras serian dona Ines Diaz, a viuva, e a sua irma, dona Asuncion. Despois don

    Anxo Suarez, o cardiologo, cos seus discipulos Alvaro e Manuel. Logo Luis Boveda, co cobado ainda

    enxesado, pero axil e simpatico coma sempre. E por ultimo apareceron correndo pola beirarrua todos

    os compañeiros do pequeno heroe, agas Rosalia, que se puxera mal a vespera.

    E ás duas en punto puxeronse todos á mesa para dar conta do magnifico menu: necoras da ria, salmon

    con esparragos, xabaril con chicharos e torta de amendoa. COMO A ALGUNS QUIZAIS VOS GUSTARIA SABER EN QUE ORDE FIXERON A SUA ENTRADA OS INVITADOS,

    FIXADEVOS PORQUE A CONTINUACION EXPLICASE MOI RAPIDAMENTE.

    Antes ca ninguen apareceu o tio-avo cos dous sobriños-netos, e logo foron chegando os demais

    convidados. As primeiras serian dona Ines Diaz, a viuva, e a sua irma, dona Asuncion. Despois don

    Anxo Suarez, o cardiologo, cos seus discipulos Alvaro e Manuel. Logo Luis Boveda, co cobado ainda

    enxesado, pero axil e simpatico coma sempre. E por ultimo apareceron correndo pola beirarrua todos

    os compañeiros do pequeno heroe, agas Rosalia, que se puxera mal a vespera.

    E ás duas en punto puxeronse todos á mesa para dar conta do magnifico menu: necoras da ria, salmon

    con esparragos, xabaril con chicharos e torta de amendoa.