100lecturas

1
Bó día integrantes do clube! Son Rantamplín, un dos máster-devoralibros e teño que dicir que o outro día saltou a alarma vermella no centro de mando... rápidamente activei o localizador para coñecer de onde proviña a alerta e o GPS localizouna no segundo andar do CEIP de Caión. Sónavos? Estiven recollendo información e descubrín que a orixe da alerta sodes vós!!! Un grupo de 1º e 2º dun cole... no centro de mando non o podíamos crer! Seguimos analizando datos e descubrimos que pasou : SUPERÁCHEDES O MARCADOR DE 100 LECTURAS!!! e só desde setembro! Incríble, desde a sé central dos Devoralibros queremos enviarvos a nosa máis sincera noraboa, nunca uns rapaces tan novos lograran tal fazaña!!! Cando xa pensabamos que ninguén no mundo devoraba libros e que o noso clube podía desaparecer pola falta de devorines, ninja-devoradores, mestres-devoradores e expertos devoradores xusto aparecedes vos e facedes saltar a alarma. De verdade, en nome de todo o equipo do clube: Moitas grazas! E felicitacións! Estamos tan impresionados que queremos celebralo. Nos vindeiros días recibiredes unha caixa cos certificados de Mestres - Devoralibros, utensilios para a celebración e algunha que outra sorpresa así que atentos ao correo! Polo de agora, e xa que o sistema de control indica que estades facendo un montón de traballos sobre o universo e o espazo queremos facervos entrega desta obra de arte que creamos especialmente para vos coa axuda do ilustrador Jose Garza. Que contentos estamos, noraboa, Devoralibros e pronto teredes novas nosas! Asdo: Rantamplín

Upload: patricia-sanchez-lamas

Post on 17-Feb-2017

312 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: 100lecturas

Bó día integrantes do clube!

Son Rantamplín, un dos máster-devoralibros e teño que dicir que ooutro día saltou a alarma vermella no centro de mando...rápidamente activei o localizador para coñecer de onde proviña aalerta e o GPS localizouna no segundo andar do CEIP de Caión.Sónavos?Estiven recollendo información e descubrín que a orixe da alerta

sodes vós!!! Un grupo de 1º e 2º dun cole... no centro de mando non o podíamos crer!

Seguimos analizando datos e descubrimos que pasou : SUPERÁCHEDES OMARCADOR DE 100 LECTURAS!!! e só desde setembro! Incríble, desde a sécentral dos Devoralibros queremos enviarvos a nosa máis sinceranoraboa, nunca uns rapaces tan novos lograran tal fazaña!!!

Cando xa pensabamos que ninguén no mundo devoraba libros e que onoso clube podía desaparecer pola falta de devorines, ninja-devoradores,mestres-devoradores e expertos devoradores xusto aparecedes vos e facedessaltar a alarma. De verdade, en nome de todo o equipo do clube: Moitasgrazas! E felicitacións!

Estamos tan impresionados que queremos celebralo.Nos vindeiros días recibiredes unha caixa cos certificados de Mestres -Devoralibros, utensilios para a celebración e algunha que outra sorpresaasí que atentos ao correo! Polo de agora, e xa que o sistema de controlindica que estades facendo un montón de traballos sobre o universo e oespazo queremos facervos entrega desta obra de arte que creamosespecialmente para vos coa axuda do ilustrador Jose Garza.

Que contentos estamos, noraboa, Devoralibros e pronto teredes novasnosas!

Asdo: Rantamplín