1) textos iniciais: códigos, de manuel vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos...

14
1) Textos iniciais: a) Códigos, de Manuel Vicent. A estas alturas da historia o destino da humanidade debátese entre dous códigos, o xenético e o postal. A estrutura cromosómica do ser humano componse dunha combinación de catro bases bioquímicas que viran cunha dobre hélice para formar o edificio intrincado da vida. O destino da humanidade está ligado a este código segundo o cal xeneticamente estamos feitos só de materia e todos partimos de cero ao nacer, movidos por unha maquinaria celular idéntica a todas as persoas, non importa a orixe e a raza. Pero, sen dúbida, na vida existe un elemento discriminatorio máis determinante que o código xenético. Trátase do código postal. Este marca definitivamente o noso futuro. Nacer e vivir en Somalia implica un alto risco de morrer novo, pobre e machucado pola enfermidade. Nacer e vivir na avenida Foch de París ou no Upper East Side de Manhattan significa saúde, riqueza e longa vida. O noso domicilio é máis importante que a nosa herdanza biolóxica. O carteiro sabe onde levar as boas e as malas noticias. Xeneticamente Einstein apenas se distinguía dun simple rato ou mesmo da mosca do vinagre, pero a diferenza entre un escandinavo e un subsahariano é abismal, por iso se nada podemos facer por cambiar a nosa estrutura cromosómica, á hora de adquirir un pouco de felicidade todo o noso esforzo adoita estar dirixido a vivir nun bo código postal, que xeralmente adoita levar aparellado o uso e goce dos dereitos humanos. O terrible espectáculo de miles de emigrantes que morren afogados no Mediterráneo e a angustia dos refuxiados que foxen da guerra e estrélanse contra os valos de Europa débese a que tratan agónicamente de alcanzar un bo código postal, porque saben dabondo que se permanecen baixa a fame e as bombas o seu código xenético fracasará. El País, domingo, 4 de outubro de 2015 CUESTIÓNS 1. Cal é a idea principal do texto? 2. Por que cres que o escritor fai esa alusión ao problema dos refuxiados que tentan chegar a Europa? 3. Serve esta distinción para aplicar a outros casos problemáticos que atopamos na nosa realidade social? Pon algún exemplo e razoa a túa posición. Caderno de actividades e tarefas. O ser humano entre a Natureza e a cultura.

Upload: phamliem

Post on 22-May-2018

225 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

1) Textos iniciais:

a) Códigos, de Manuel Vicent.

A estas alturas da historia o destino da humanidade debátese entre dous códigos, o xenético e

o postal. A estrutura cromosómica do ser humano componse dunha combinación de catro

bases bioquímicas que viran cunha dobre hélice para formar o edificio intrincado da vida. O

destino da humanidade está ligado a este código segundo o cal xeneticamente estamos feitos

só de materia e todos partimos de cero ao nacer, movidos por unha maquinaria celular

idéntica a todas as persoas, non importa a orixe e a raza. Pero, sen dúbida, na vida existe un

elemento discriminatorio máis determinante que o código xenético. Trátase do código postal.

Este marca definitivamente o noso futuro. Nacer e vivir en Somalia implica un alto risco de

morrer novo, pobre e machucado pola enfermidade. Nacer e vivir na avenida Foch de París ou

no Upper East Side de Manhattan significa saúde, riqueza e longa vida. O noso domicilio é máis

importante que a nosa herdanza biolóxica. O carteiro sabe onde levar as boas e as malas

noticias. Xeneticamente Einstein apenas se distinguía dun simple rato ou mesmo da mosca do

vinagre, pero a diferenza entre un escandinavo e un subsahariano é abismal, por iso se nada

podemos facer por cambiar a nosa estrutura cromosómica, á hora de adquirir un pouco de

felicidade todo o noso esforzo adoita estar dirixido a vivir nun bo código postal, que

xeralmente adoita levar aparellado o uso e goce dos dereitos humanos. O terrible espectáculo

de miles de emigrantes que morren afogados no Mediterráneo e a angustia dos refuxiados que

foxen da guerra e estrélanse contra os valos de Europa débese a que tratan agónicamente de

alcanzar un bo código postal, porque saben dabondo que se permanecen baixa a fame e as

bombas o seu código xenético fracasará.

El País, domingo, 4 de outubro de 2015

CUESTIÓNS

1. Cal é a idea principal do texto?

2. Por que cres que o escritor fai esa alusión ao problema dos refuxiados que tentan

chegar a Europa?

3. Serve esta distinción para aplicar a outros casos problemáticos que atopamos na nosa

realidade social? Pon algún exemplo e razoa a túa posición.

Caderno de actividades e tarefas. O ser humano entre a Natureza e a cultura.

Page 2: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

b) Os Sonacirema, de A. Giddens.

A crenza fundamental que subxace en todo o sistema (de costumes desta comunidade) parece

ser que o corpo humano é feo e que por natureza tende a debilitarse e a enfermar.

Encarcerado neste corpo, a única esperanza do ser humano é poder apartarse destas

tendencias mediante o uso das poderosas influencias do ritual e da cerimonia. Cada fogar ten

un ou máis altares adicados a este fin(…). O lugar central do altar ocúpaoo unha caixa ou cofre

construído na parede; neste cofre gárdanse os numerosos amuletos e pocións máxicas sen as

que ningún nativo cre que podería sobrevivir. Estes preparados garantízanos diversos

especialistas. Os máis poderosos son os curandeiros, cuxa asistencia debe recompensarse con

regalos. Porén, os curandeiros non proporcionan as pocións curativas aos seus clientes senón

que deciden sobre os ingredientes e llelos escriben nunha lingua antiga e secreta. Esta

escritura compréndena unicamente eles e os herbolarios, quen, a cambio doutro regalo,

proporcionan os amuletos necesarios.

(…)Os sonacirema senten ao mesmo tempo un horror case patolóxico e unha grande

fascinación pola boca, cuxo estado pensan que ten unha influencia sobrenatural en todas as

relacións sociais. Cren que, se non fora polos rituais bucais, caerianselle os dentes, sangrarían

as enxías, as súas mandíbulas reduciríanse, os seus amigos abandonaríanos e serían rexeitados

polos seus amantes. Tamén cren que existe unha estreita relación entre as características

orais e as morais. Por exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa

mellora do carácter moral.

O ritual corporal cotiá xeral inclúe un rito bucal. Aparte da minuciosidade no coidado da boca,

este rito conleva unha práctica que resulta repulsiva para o non iniciado. Contáronme que o

ritual consiste en insertar un fequeno feixe de pelos de porco na boca, xunto con certos pós

máxicos, e en movelo cunha serie de xestos moi formais.

Sociología. A. Giddens.

CUESTIÓNS

Lede atentamente a descrición que este sociólogo fai dos costumes da comunidade

chamada sonacirema. Poñede en común a vosa opinión ao respecto: é importante que

expresedes sen ningún tipo de censura o que sentiríades se tiverades que vivir nesta

comunidade e practicar estes rituais.

Page 3: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

c) Os caníbales son os outros, de Ryszard Kapuscinski.

Á mañá seguinte, comezara para Edu o seu primeiro día na cidade. E anque para el todo isto é

un medio novo, un mundo novo, camiñar polas rúas de Kariakoo non esperta asombro, non

causa sensación. Todo o contrario que a min. Se algunha vez me meto polos caleixóns

alonxados do centro do barrio e menos frecuentados, os cativos fuxen despavoridos e

agóchanse nos currunxos máis inaccesibles. É porque, cando fan algunha falcatruada, as súas

nais dinlle: Sede bos, que se non ¡paparavos o mzumgu ¡ (En swahili, mzumgu significa branco,

europeo.)

Nunha ocasión, en Varsovia, contei a uns nenos cousas de África. Durante aquel encontro, un

cativo ergueu e preguntou:

-Víu vostede moitos caníbales?

Non sabía que, cando algún africano regresase de Europa a un kariakoo e se puxese a contar

cousas de Londres, de París ou doutras cidades habitadas por mzumgu, un neno africano da

mesma idade que o de Varsovia ben podería levantarse e preguntar:

-Viches alí a moitos caníbales?.

Ryszard Kapuscinski. Ébano. Páxina 201.

CUESTIÓN.

Que che suxire o texto e que conclusións podes extraer. Redacta.

Page 4: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

d) As necesidades biolóxicas e a cultura. Anthony Giddens.

Os seres humanos teñen ademais unha serie de necesidades biolóxicas. A nosa necesidade de

alimento, bebida, sexo e de certos niveis de temperatura corporal ten un fundamento

orgánico, pero o modo en que estas necesidades satisfanse ou se manexan varía

enormemente en cada cultura e dentro delas.

Por exemplo, todas as culturas adoitan ter unha forma de cortexar establecida pero, aínda que

isto relaciónase coa natureza universal das necesidades sexuais, a súa expresión en diferentes

culturas -Incluíndo o mesmo acto sexual- varía enormemente. A posición habitual para o acto

sexual na cultura occidental é coa muller tombada boca arriba e o home encima dela. Esta

posición considérase absurda noutras sociedades, nas que é posible que o acto se realice

xacendo lateralmente, ou coa muller encima do home, ou o home contra as costas da muller,

ou noutras posicións. Por tanto, a forma que teñen as persoas de satisfacer as súas

necesidades sexuais responde a unha aprendizaxe cultural e non a unha determinación

xenética. Ademais, os humanos poden anular as súas necesidades biolóxicas cuns medios que

non parecen ter paralelo entre os animais. Os místicos relixiosos son capaces de ayunar

durante longos períodos. Os individuos poden optar polo celibato durante toda a súa vida

adulta ou parte dela. Todos os animais, incluíndo aos seres humanos, teñen unha tendencia

cara á auto conservación pero, a diferenza doutros animais, os humanos poden actuar

deliberadamente en contra desa tendencia, arriscando a súa vida ao practicar o montañismo

ou outras arriscadas actividades, e mesmo suicidándose.

CUESTIÓN

Cal é a idea principal do texto?

Page 5: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

2) Tarefas:

a) Mapa conceptual do texto A cultura.

b) Mapa conceptual do texto Proceso de Socialización.

A cultura. Salvador Giner.

“Todo aquilo que o ser humano é ou fai e que non procede unicamente da súa herdanza

biolóxica fica, pois, cuberto polo campo da cultura. O feito de que eu escriba en galego, por

exemplo, non me vén dado nos cromosomas que orixinaron o meu equipo fisiolóxico: a

linguaxe é cultura. O feito de que @ lector@ que le estas liñas pertenza, supoñamos, á clase

media, tampouco pode explicarse totalmente pola súa bioloxía; a división en clases, que é

parte da súa estrutura social, estará estreitamente ligada, tamén, a este vasto sistema de

valores que é un elemento central da cultura (...).

A cultura ten os seguintes elementos: os aspectos cognitivos, as crenzas, os valores, as normas,

os signos e os modos non normativos de conduta. Vexámolos.

Toda cultura posúe uns elementos cognitivos, é dicir, un grao elevado de coñecementos

“obxectivos” sobre a natureza e a sociedade. Doutro xeito a colectividade non podería

sobrevivir: dende os pobos máis primitivos aos máis avanzados en complexidade cultural todos

saben enfrontarse coa brega cotiá, sexan as que sexan as súas crenzas máxicas, relixiosas,

ideolóxicas e “non obxectivas”. Xunto destes sólidos alicerces están as crenzas, das cales non

afirmamos nin a súa verdade nin falsidade, pois son empiricamente incomprobables; as

crenzas son unha fe sobre o cosmos e a vida e maniféstanse tambén en accións.

Pola súa parte, os valores con que nos achegamos á realidade e as normas de conduta que os

enmarcan determinan as nosas atitudes. Pode dicirse que os valores son xuizos de

desexabilidade ou aceptabilidade, ou de rexeitamento que se atribúen a toda clase de

obxectos e feitos.

Axiña se comprende que os valores non poden manifestarse sen normas de conduta que os

enmarquen e que teñen que ser aceptados por un número mínimo de membros da

colectividade, e en moitos casos por todos. A desviación do valor e da norma establecidos soe

implicar unha reacción punitiva por parte da colectividade en cuestión, anque moitas

sociedades complexan teñan institucionalizado un bo número de diverxencias nun sistema de

tolerancias aceptables.

Page 6: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

Os signos culturais inclúen sinais e símbolos. Os primeiros indican un feito, simplemente, como

é o caso dos sinais de tránsito. Os símbolos son máis complexos e son parte do sistema de

comunicación que é a cultura. A rede simbólica máis importante é a linguaxe; sen el a

estrutura social esvaeríase. A sociedade humana é inconcebible sen linguaxe (...)

Finalmente, temos as formas de conduta non normativas, como son o estilo peculiar das

xentes dunha comunidade nacional: os andaluces teñen un estilo propio, como o teñen os

sicilianos, ou os escoceses. Este último elemento é algo impreciso, pero non por iso menos real

na conformación das culturas.

Salvador Giner, Socioloxía, Edicións 62. Barcelona, 1983. Páxs. 65-68

TAREFA 1

Fai un mapa conceptual do seguinte texto tentando recoller as ideas máis importantes.

NOTA:

Podedes acceder a través deste enlace a un programa on line de edición de mapas

conceptuais moi sinxelo, gratuíto, sen necesidade de rexistro e con posibilidade de

gardalo en formato imaxe jpg

https://www.bubbl.us/.

Page 7: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

O proceso de socialización. Salvador Giner.

A socialización é o proceso mediante o cal o individuo é absorbido pola cultura da súa

sociedade. Fundamentalmente, a socialización é unha aprendizaxe; grazas a ela o individuo

aprende a adaptarse aos seus grupos e ás súas normas, imaxes e valores.

Trátase dun proceso de aprendizaxe de conduta (e de ideas e ciencias que ao fin han se

plasmar en conduta). Como proceso é permanente, pois dura toda a vida do individuo e é

perenne na sociedade.

Para o individuo a socialización é particularmente intensa durante os seus primeiros anos. E é

durante a infancia cando máis clara se ve a natureza da socialización, que, no seu carácter de

aprendizaxe, é un proceso de interiorización normativa e valorativa, como descubríu Freud.

(…)A pesar da alta determinación que entraña a condición física do recén nacido, este é a priori

un conxunto moi variado de posibilidades humanas. O individuo adulto único que xurdirá

máis tarde dependerá en gran medida do tipo de socialización que reciba.(…) Nesa fase

comeza a súa integración no primeiro dos grupos, a familia. É entón cando interioriza un

código de moral, ao aprender, sen que exista deliberación pola súa parte, o que está ben feito

e o que está mal feito, o que pode facerse sen sanción punitiva e o que implica tal sanción.

Esta interiorización é emocional e por iso os valores serán, toda a vida, reaccións afectivas

diante de certos aspectos do mundo. Todo este proceso de transmisión cultural realízase pola

interacción do infante coa súa nai e co pai primeiro, e logo cos irmáns, parentes, amigos da

familia, sen que tal orde sea ríxido, a excepción do primeiro paso; pois se alguén que substitúa

á nai no coidado inicial do recén, tal persoa adoita o rol materno e ten os seus efectos sobre a

vixe conciencia do novo ser humano.

Arreo, con castigos e premios –a miúdo mediante signos de aprobación e reproches violentos-,

o primeiro grupo ao que o infante pertence comeza a modelar a súa personalidade segundo

os seus valores e a súa imaxe do mundo. Transmiténselle normas de conduta, apréndeselle a

aceptar unha estrutura social determinada. Á súa vez, cando o axente socializado teña

interiorizado estes esquemas e se teña convertido en axente socializador, é moi probable que

inconscientemente colabore ao mantemento da cultura e da estrutura social que de pequeno

recibiu.

A socialización –como se ten apuntado- non acaba co grupo familiar. Os axentes de

socialización familiares axiña son substituídos. Nas sociedades occidentais hainos sancionados

polo poder público, ou son institucións privadas, pero alleas á familia: xardíns de infancias,

escolas. A medida que medra o novo individuo aumentan en número os axentes. Nunha tribu

illada o individuo axiña coñece os límites da súa sociedade, e non tarda en pasar polos

Page 8: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

decisivos ritos de iniciación (os rites de passage tamén son socialización), ou sexa, de

integración na estrutura grupal. Na nosa sociedade, en cambio, a duración dos estudos

superiores, por exemplo, dános unha idea do longo camiño a percorrer. As persoas que se

adican á ciencia, ou á arte ou ao pensamento son seres humanos que non paran nunca,

deliberadamente, o seu proceso de aprendizaxe: teñen feito seu, precisamente, ese proceder

cuxa orixe é social. Por outra banda, nas sociedades tecnicamente avanzadas existen axentes

aparentemente impersonais de socialización –como son a radio, a televisión, a prensa- as

cales son unha novidade fronte aos sistemas sempre persoais que teñen prevalecido sempre.

Salvador Giner, Socioloxía. Edicións 62. Barcelona, 1983. Páxs. 76 e ss.

Tarefa 2

Le atentamente o texto e realiza logo un mapa conceptual que recolla os conceptos máis

importantes e a relación entre eles.

NOTA:

Podedes acceder a través deste enlace a un programa on line de edición de mapas

conceptuais moi sinxelo, gratuíto, sen necesidade de rexistro e con posibilidade de gardalo

en formato imaxe jpg

https://www.bubbl.us/.

Page 9: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

TAREFA FINAL

Tes que elaborar UNHA COMPOSICIÓN ESCRITA elixindo unha das tres propostas

temáticas que propoño. Para iso deberás pensar axudándote dun caderno, un bloc ou

un simple papel no que apuntarás todo o que che pareza oportuno e que creas que ten

relación co tema proposto: problemas ou preguntas que xurden, respostas rápidas,

intuicións…. Logo, tenta facer un balanzo, unha análise daquelas ideas que che

parezan máis importantes, máis atractivas, máis orixinais e desbota as que non

consideres pertinentes para a redacción. Procura agora tentar relacionalas entre si e

busca xustificacións para facelo. Agora ponte a redactar. Seguramente han sair cousas

interesantes. Veña.

TEMAS PARA A COMPOSICIÓN:

Podemos considerar que a especie humana é unha especie privilexiada?

Se son un produto da sociedade, como podo ser orixinal?

Temos xusficación para condear prácticas culturais como a ablación de clítoris?

Page 10: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PARA A AULA

ACTIVIDADE 1 / UN MUNDO AO REVÉS

- Veño polo do anuncio, señora.

- Ben, di a xefa de personal. Sente. ¿ Como se chama vostede?

- Bernardo

- ¿ Señor ou señorito?

- Señor

- Deame o seu nombre completo.

- Bernardo Delgado, señor de Pérez.

- Debo dicirlle señor de Pérez que, actualmente, á nosa dirección non lle gusta

empregar homes casados.

No departamento da señora Moreno, para a cal contratamos ao personal, hai varias

persoas de baixa por paternidade. É lexítimo que as parellas novas desexen ter fillos (a

nosa empresa que fabrica roupa de bebé anímalles a ter fillos), pero o absentismo

laboral dos futuros pais e dos pais xoves constitúen un duro hándicap para a marcha

dun negocio.

- Compréndoo señora, pero xa temos dous nenos e non quero máis. Ademáis, (o

señor de Pérez arrúbiase e fala en voz baixa) tomo a píldora.

- Ben, nese caso, sigamos ¿ que estudos ten vostede?

Page 11: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

- Teño o Graduado Escolar e un Ciclo de Formación profesional de Administrativo.

Teríame gustado continuar estudos, pero na miña familia eramos varios irmáns e meus

pais deron prioridade ás mulleres, o que é moi normal.

Teñoo unha irmá coronela y outra mecánica.

- ¿ En que traballou vostede ultimamente?

- Basicamente teño feito substituciónss, xa que permitíame ocuparme dos nenos

mentres eran pequenos.

- ¿ Qué profesión desempeña a súa esposa?

- É xefa de obras dunha empresa de construcciós metálicas. Pero está estudiando

enxeñería, ya que nun futuro terá que substituir á súa nai, que é a que creou o

negocio.

- Volvendo a vostede, ¿ cales son as súas pretensións?

- Pois ....

- Evidentemente cun posto de traballo como o da súa esposa e coas súas perspectivas

de futuro, vostede desexará un soldo de complemento. Uns euros para gastos

persoais, como todo home desexa ter, para os seus caprichos, os seus

traxes.Ofrecémoslle 300 euros para empezar, una paga extra e una prima de

asiduidade. Fíxese neste punto, señor de Pérez, a asiduidad é absolutamente

indispensable en todos os postos. Foi necesario que a nosa directora creara esta prima

para animar ao personal a no faltar por tonterías. Temos conseguido diminuir o

absentismo masculino á metade, porén, hai señores que faltan co pretexto de que o

neno tuse ou que hai folga na escola. ¿ Cantos anos teñen os seus fillos?

- A nena seis e o neno catro. Os dous van a clase e recólloos pola tarde cando saio do

traballo, antes de facer a compra.

- E se se poñen enfermos, ¿ Ten vostede algo previsto?

Page 12: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

- O seu avó pode coidalos. Vive perto.

- Ben, grazas, señor de Pérez. Xa lle comunicaremos a nosa resposta dentro duns días.

O señor de Pérez saiu da oficina cheo de esperanza. A xefa de personal fixóuse nel ao

marcharse. Tiña as piernas curtas, a espalda un pouco encorvada e apenas tiña cabelo. “A

señora Moreno detesta os calvos” recordou a responsable da contratación. E , ademais lle

tiña dito: Máis ben un alto, roxo, con boa presencia e solteiro. E a señora Moreno será a

directora do grupo o vindeiro ano.

ACTIVIDADE 2 / O ALCALDE E AS CHABOLAS

Eres o alcalde do teu concello e atópaste coa seguinte situación á que debes dar resposta no

sentido que consideres máis apropiado.

Nos arredores dun barrio existe un asentamento chabolista cuxos poboadores levan asentados

alí varios anos sen ningún tipo de infraestrutrua sanitaria, educativa nin de servicios

(electricidade, auga corrente…)

Unha organización social do municipio propón que se reinstalen en vivendas dignas e para iso

ofrece a dotación gratuita de solo para construir vivendas municipais destinadas a este grupo

de cidadáns. Tamén ofrece a posibilidade de que os destinatarios poidan contribuir a sufragar

unha parte dos gastos mediante o seu propio traballo nas obras de construción. O resto

correría a cargo dos Presupostos Municipais. Esta asociación pensa que o Concello non pode

permanecer impasible diante da indigna situaicón que viven estas persoas e que é un deber da

sociedade en xeral e teu, como alcalde, en particular, dar unha resposta que permita vivir a

estes cidadáns en condicións humanamente dignas. Ameazan con denunciar a situación aos

medios de comunicación se non se atenden as súas xustas reivindicacións.

Porén, a Asociación de Veciños do barrio, xunto coa Asociación de Comerciantes da zona onde

se instalarán estas vivendas, opóñense a estas medidas. En primeiro lugar, pensa que como na

zona existen moitos colexios e hai moita poboación infantil, resultaría enormemente perigoso

instalar un asentamento así, dadas as frecuentes noticias que hai sobre tráfico de drogas e

delincuencia, relacionadas con este tipo de poboación. Os comerciantes pensan que ser verían

perxudicados nas súas ventas debido ao aumento da inseguridade cidadá. Por outro lado e,

Page 13: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.

dado que entre esta poboación hai xitanos, parécelles inxusto que se lle dean facilidades a este

grupo de poboación, cando o problema da vivenda é moi acusado en todo o municipio e

existen outras familias non xitanas que non reciben ningunha axuda. Ameazan con

manifestacións masivas se non se lles fai caso.

Propostas para a reflexión:

Reflexión individual

Fai unha lista con todas as razóns que se che ocorran a prol da primeira proposta.

Fai unha lista con todas as razóns que se che ocorran a prol da segunda proposta.

Logo de ver todas estas razóns

¿Cal é a túa decisión?

¿A quen beneficia? ¿De que maneira?

¿A quen perxudica? ¿De que maneira?

Reflexión en grupo sobre as decisións tomadas individualmente e propoñede unha solución

consensuada por membros do grupo. Dita solución non ten por que ser unha das dúas

propostas que aparecen no texto; o grupo pode aportar solucións alternativas.

¿E se foses un dos veciños implicados?

¿En que medida cambiaría a túa opinión se entre os chabolistas non houbese xitanos?

Gloria Rojas Ruíz

MEC 1996

Page 14: 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa mellora do carácter moral. O ritual corporal cotiá xeral inclúe

Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.