xincana 2012 - 1º 2º eso

8

Upload: lolylago

Post on 04-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Xincana cultural que se levará a cabo o mércores día 16 de maio con motivo da celebración do Día das Letras Galegas

TRANSCRIPT

Page 1: Xincana 2012 - 1º 2º ESO
Page 2: Xincana 2012 - 1º 2º ESO

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL “LEDE A PROBA SEGUINTE CON DETENIMENTO E SEREDES QUEN DE DEMOSTRAR OS VOSOS COÑECEMENTOS”

PROBA Nº 1 Xa sabes que Valentín Paz Andrade estivo moi implicado no mundo in-

dustrial, en concreto mostrou unha sensibilización especial pola voca-

ción mariñeira de Galicia e neste senso foi promotor dun importante

grupo pesqueiro.

1. De que grupo estamos a falar e en que ano se fundou?

2. En que foi pioneira esta empresa?

3. Onde ten a súa sede esta empresa na actualidade? Indica a locali-

dade, concello e provincia na que se atopa. NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

Page 3: Xincana 2012 - 1º 2º ESO

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

“ESTA PROBA NON TERÁ DIFICULTADE SE EN EQUIPO A INTENTADES” PROBA Nº 2 Un afluente é un río que desemboca noutro de máis importancia. Este

último non ten porqué levar máis auga. É o caso do Sil que é máis cau-

daloso que o Miño na súa confluencia. Por iso se di que “o Sil leva a au-

ga e o Miño a fama”. En Sudamérica hai un caso único en todo o plane-

ta: dous cursos fluviais moi importantes e aparentemente independen-

tes, o Orinoco e o Amazonas, pero comunicados ente si por un río máis

pequeno. Como se chama este río?

Crédito da imaxe: almamagazine.com

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

Page 4: Xincana 2012 - 1º 2º ESO

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

“A SOLUCIÓN A ESTA PROBA ATOPARÉDELA SEN DEMORA” PROBA Nº 3 Seguro que tes visto botellas ou cartóns coa etiqueta “Leite pasteuri-

zada”. A pasteurización é un método de esterilización parcial dos ali-

mentos que permite conservalos durante máis tempo. Quen inventou a

pasteurización?

Fonte da imaxe

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

Page 5: Xincana 2012 - 1º 2º ESO

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

“A SOLUCIÓN ATOPAREDES AXIÑA SE TEDES AFECIÓN Á ZOOLOXÍA” PROBA Nº 4 “Volverán las oscuras golondrinas…” di o poema de Gustavo Adolfo

Bécquer. Pero de onde veñen as andoriñas?

Fonte da imaxe

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

Page 6: Xincana 2012 - 1º 2º ESO

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

“SE LEDES BEN A INFORMACIÓN AXIÑA ATOPAREDES A SOLUCIÓN” PROBA Nº 5

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

Baixei ao

Hades na

procura da

miña amada _ _ _ _ _

Entre os ro-

manos almas

dos defuntos

_ _ _ _ _

Son irmán de

Xúpiter e

domino o

mar

_ _ _ _ _ _ _

Os fillos de

Leto mata-

ron aos meus

fillos

_ _ _ _ _

Raptoume

alguén en for-

ma de águia

_ _ _ _ _ _ _ _ _

Nai do heroe

que realizou

12 famosos

traballos

_ _ _ _ _ _ _

Saín de

Troia para

fundar un

novo pobo

_ _ _ _ _

Alimentou a

Zeus de

pequeno

_ _ _ _ _ _ _

DAMERO MITOLÓXICO

Xogando coas iniciais das respostas atoparás a un rei grego:

Page 7: Xincana 2012 - 1º 2º ESO

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

“SE ESTA PROBA RESOLVEDES AGORA PASAREDES XA Á SEGUINTE ROLDA”

PROBA Nº 6

"La Voz de Galicia” editou no 2002, dentro da colección Biblioteca Ga-

lega 120, un libro no que xuntou os poemas de Luís Seoane e de Va-

lentín Paz Andrade.

Localizade o exemplar (está nos fondos da nosa biblioteca) e buscade

o primeiro poema da obra “Pranto matricial” de Paz Andrade. Entre os

seus versos atoparedes o nome de dúas flores. Cales son? Ademais,

este autor escribira esta obra “in memorian” dun persoeiro da cultu-

ra galega. Sabedes quen?

Fonte da imaxe

Fonte da imaxe

NOME DO EQUIPO: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

Page 8: Xincana 2012 - 1º 2º ESO

REGRAS DA XINCANA

1. Formaredes equipos de ata tres membros.

2. Todos os membros de cada equipo traballarán conxunta-

mente para acadar as respostas axeitadas a cada unha

das 6 probas de que consta a xincana.

3. Haberá un profesor/a-comisario/a responsable de cada

unha das probas.

4. Os comisarios/as estarán na biblioteca e na aula de infor-

mática 0, dependendo de onde se realicen as distintas probas.

5. Para resolver as distintas probas podedes utilizar a biblioteca, a aula de informática 0

e a sá de exposicións onde está a exposición de Valentín Paz Andrade.

6. Desenvolvemento da xincana:

O comisario 1 entregaravos a 1ª proba.

Debedes resolvela e entregala coa resposta axeitada ao comisario da 2ª proba.

Este comprobará que a solución é a correcta. De ser así anotará, xunto á súa si-

natura, a hora de entrega e daravos a 2ª proba.

Debedes resolvela correctamente e entregarlla ao comisario da 3ª proba. Este

comprobará que a solución é a correcta. De ser así anotará, xunto á súa sinatura,

a hora de entrega e daravos a 3ª proba.

E así sucesivamente ata rematar as 6 probas da xincana.

Non se poderá pasar á proba seguinte mentres a anterior non estea resolta co-

rrectamente.

Non se pode abandonar a xincana antes de realizar a última proba.

6. Gañará o equipo que antes remate correctamente todas as probas.