xermola plan debuxa o teu almorzo · os debuxos deberán ser presentados en soporte papel,...
TRANSCRIPT
Debuxao teu almorzo
XermolaPlan
XermolaPlan XermolaPlan
XermolaPlan
XermolaPlan
Tema. Os debuxos que concorran ao certame tratarán de reflec-tir a composición e conformación do almorzo que os participan-tes adoitan consumir diariamente.
Participación. Establécense dúas categorías de participación:
• Categoría Xeral. Poderán concorrer na categoría xeral nenos/as alumnos/as de primeiro e segundo curso de educación primaria en calquera centro educativo de Galicia durante o curso académico 2014/2015.
• Categoría Especial. Poderán concorrer na categoría especial usuarios e usuarias de centros de atención a persoas con discapa-cidade intelectual e/ou do desenrolo, radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Traballos. Os debuxos deberán ser presentados en soporte papel, cartolina ou calquera outro soporte similar en formato folio ou A4.
Prazos. A data límite para a recepción dos debuxos será o día 15 de outubro de 2014.
O xurado fará público o seu fallo na primeira quincena de decem-bro de 2014 e o acto de entrega terá lugar na cidade de Santiago de Compostela en datas posteriores.
Envío de orixinais. O envío dos traballos realizarase desde o centro no que os participantes cursen estudos ou do que son usuarios/as, procurando, de ser posible, o envío conxunto de traballos de todos os participantes do mesmo centro.
Os debuxos enviaranse por correo postal, coa referencia Certame “Debuxa o teu almorzo” ao seguinte enderezo:
Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde PúblicaConsellería de Sanidade
Edi�cio Administrativo San Lázaro15703, Santiago de Compostela
Todos os debuxos incluirán no seu reverso a seguinte información:
> Nome e apelidos do autor ou autora > Idade > Centro educativo e aula no que cursa estudos ou do que é usuario/a > Responsable da aula á que pertence o/a autor/a > Teléfono e enderezo electró-nico do/a responsable do centro.
Xurado. O xurado estará composto por seis membros:
- 1 en representación da Consellería de Sanidade.- 1 en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordena-
ción Universitaria.- 1 en representación do Foro Interalimentario.- 1 en representación da Unión de Consumidores de Galicia.- 1 profesional de recoñecido prestixio no eido do debuxo ou artes
plásticas.- 1 profesional de recoñecido prestixio no eido do deporte.
Premios
• Categoría Xeral 1º Premio. Unha bicicleta e casco. Ademais para a familia do/a premiado/a un lote de froita fresca.
2º Premio. Unha sesión, mañá ou tarde, de navegación a vela acompañado/a de dúas persoas que él ou ela escolla na escola do Centro Náutico Municipal de Outes.
3º Premio. Un xogo de patíns e proteccións.
• Categoría Especial.1º Premio. Cinco entradas para asistir a un partido de fútbol ou baloncesto (xogado en casa) do equipo galego que o/a premiado/a elixa. Ademais un lote de froita fresca para o centro do que o/a premiado/a é usuario/a.
2º Premio. Unha pelota de baloncesto asinada por un xogador de recoñecido prestixio.
3º Premio. Un karaoke.
Propiedade e difusión das obras premiadas. Os debu-xos premiados pasarán a ser propiedade da Consellería de Sanidade, que ostentará a titularidade de todos os dereitos, de calquera índole, sobre as ditas obras, sen que caiba ningún tipo de pretensión ou reclamación posterior dos/as autores/as ou dos seus representantes legais en relación coas mesmas.
A Consellería de Sanidade poderá ceder gratuitamente a difusión das obras premiadas a outros departamentos da Xunta de Galicia, ao Foro Interalimentario e á Unión de Consumidores de Galicia.