xerais · 2020. 2. 26. · adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as...

8
JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO cara a

Upload: others

Post on 20-Jan-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Xerais · 2020. 2. 26. · adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as cousas ao redor. Tam n o tema g tico rom n - tico, incluso ... nenas e os nenos de aquí

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

cara a

Page 2: Xerais · 2020. 2. 26. · adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as cousas ao redor. Tam n o tema g tico rom n - tico, incluso ... nenas e os nenos de aquí

HELENA PÉREZ

cara a cara

Entrevista

Page 3: Xerais · 2020. 2. 26. · adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as cousas ao redor. Tam n o tema g tico rom n - tico, incluso ... nenas e os nenos de aquí

36 Revista Criaturas

“Avanza a mañá no Casco Vello de Vigo. A temperatura non é propia destes días de no-

vembro e iso crea unha curiosa sensación de atemporalidade. Na Praza do Rei hai unha manifestación de persoal público, berran e axitan pancartas. Baixamos cara a rúa Abeleira Méndez, entre os edi!cios de pedra restaurados, cos seus balcóns e varandas de ferro repuxado. No número 26 está A Matina, un bazar cheo de obxectos doces e porcións de torta. As voces das protestas dilúense ao lonxe e, de súpeto, é como se xa non estivésemos na cidade.En A Matina agardan por nós Hele-na Pérez, editora de infantil e xuvenil de Edicións Xerais de Galicia e Jacobo Fernández Serrano, ilustrador e escritor apaixonado das criaturas.Ambos os dous levan anos traballando xuntos en numerosos libros. Son moitas as obras de Jacobo que Helena se encar-gou de editar con todo o mimo e o coida-do. Coa complicidade de dúas persoas que comparten a mesma emoción e a mesma entrega, que conviven coa Lix como se fose unha criatura que mora nas súas ca-sas, empezan a conversar. Limitámonos a permanecer en silencio, pendentes de cada aceno e cada resposta.Convidámosvos a escoitar a conversa completa aquí e ofrecemos neste número cero de Criaturas un pequeno bocado”:

Page 4: Xerais · 2020. 2. 26. · adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as cousas ao redor. Tam n o tema g tico rom n - tico, incluso ... nenas e os nenos de aquí

Revista Criaturas 37

Helena Pérez. Coñecémonos dende hai un monte de anos. O primeiro contacto que tiven contigo foi a través da revis-ta Gol!ño, cando traballabas facendo unha das páxinas onde aparecía unha personaxe que era unha criatura. Por que empezaches con ese personaxe que non é moi recoñecido para os nenos? E menos no mundo galego.Jacobo Fernández. Archimboldo era un rinoceronte-unicornio. A cousa da serie era presentar en cada capítulo un amigo distinto. Eses amigos si que eran criaturas totalmente disparatadas. De xeito, un dos lemas que tiña a serie era: “todo é xente”. É dicir, que alí un per-sonaxe podía ser un zapato, un animal, unha árbore, un bastón, unha nube... era a personalidade estendida a todo o universo. Esa foi a primeira publicación seriada. Foi unha especie de motor para seguir inventando personaxes.Helena Pérez. Logo pasaches da banda deseñada a un texto da túa propía auto-ría e viñeches pola editorial con Dona Bixelmina. E nesa obra volvía haber criaturas.Jacobo Fernández. Bixelmina é un con-to fantástico baseado nun caso real. No fondo, A gardería de Dona Bixelmina, no canto de ser un sitio onde os rapaces aprendían, tratábase dun lugar onde o importante eran os virus e onde os ne-nos pasaban por alí para que os virus se alimentasen.Helena Pérez. Nesa mesma liña de tra-ballo da que falas cando dis que “todo é xente”, quizais a túa obra máis impor-tante sexa Mil cousas poden pasar, coa que levaches o Premio Merlín. Porque

alí está todo o que estas explicando agora: hai xente normal, hai animais e tamén está o mundo do máis alá. Danse os tres niveis.Jacobo Fernández. Mesmo as forzas da natureza, coma o Río. Alí todo está mesturado. En realidade, pola criatura que son eu, ás veces fago cómic, ás ve-ces libros, ás veces ilustro libros doutros escritores pero, no fondo, a materia é a mesma.Helena Pérez. Con Marcopola volves recuperar as criaturas. É sorprenden-te que haxa unha illa que rema e que ten por mellor amigo un oso chamado Libro, a min sorprendeume moitísimo cando o lin por vez primeira.Jacobo Fernández. Para min é impor-tante e é tamén o que busco cando leo libros ou cómics, esa certa orixinalida-de, tratar de fuxir do común e do es-tablecido. Marcopola apareceu por vez primeira nunha historia de Archimbol-do. En Archimboldo había unha histo-ria romántica de dous protozoos. Nau-fragaban e eran rescatados por unha illa remeira, que aparecía como personaxe secundario. Ás veces hai personaxes que están aí latexando e teñen máis cousas que dicir.

Page 5: Xerais · 2020. 2. 26. · adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as cousas ao redor. Tam n o tema g tico rom n - tico, incluso ... nenas e os nenos de aquí

38 Revista Criaturas

Helena Pérez. Por que hai monstros que producen medos e, non obstante, hai outros que non o producen, sendo aínda máis horribles?Jacobo Fernández. Por un lado, hai un factor vital no que o medo se fai real diante do neno. Ou ben pode ser a forza do propio personaxe do debuxo, é di!cil precisalo.Helena Pérez. Cres que niso axudou o cine, onde os nenos ven monstros máis amables?Jacobo Fernández. Non sabería dicir. Os mesmos nenos de dez anos poden estar lendo unha literatura infantil, digamos máis suave, cunha in"uencia potente da pedagoxía, unha literatura light, no que se re!re aos monstros, ou vendo unha peli de Pixar. Pero poñen a tele e atopan uns debuxos cheos barbaridades. Ou unha peli como “Piratas do Caribe”, na que hai un protagonista medio humo-rístico, pero tes uns monstros terribles. Non é só como se presentan, tamén o son, a música… todos os impactos que recibe o rapaz.Helena Pérez. Esa ambivalencia entre o ben e o mal aparece nas películas de Miyazaki. Ten criaturas moi particula-res, unha da que eu son moi fan é To-toro. Pero nesa ambivalencia destaca sobre todo a Princesa Mononoke. Non é que ela sexa mala, simplemente quere defender o seu, os seus, do avance dos animais, e non comprende que estes a ataquen.Jacobo Fernández. No cine de Miyaza-ki non está moi claro, porque no fondo está mostrando como é a vida. A xente

Page 6: Xerais · 2020. 2. 26. · adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as cousas ao redor. Tam n o tema g tico rom n - tico, incluso ... nenas e os nenos de aquí

Revista Criaturas 39

é boa e mala. Hai persoas que fan cou-sas que, en principio, consideraríamos malas, pero temos que valorar as súas circunstancias para poder comprendelo. Desde o meu punto de vista, todo ese traballo enriquece a obra, artisticamente falando..Helena Pérez. No caso dos americanos, Tim Burton tamén rompe cos estereoti-

pos que estamos acos-tumados a ver. Pode haber criaturas como Jack, que é un cadá-ver, pero que nos re-sulte amable, que nos guste. Ou tamén pode ser que unha nena que está toda cosida resul-te terna e encantadora. Por non falar xa dos

seus personaxes en "e Melancholy Dea-th of oyster boy. Como é a arte capaz de transcender o tema do medo?Jacobo Fernández. Ben, coido que es-tes temas tamén funcionan por mo-das. Os monstros, as criaturas, están de moda, non hai máis que ver creacións como Monster High. Teñen outra idea da estética medio terrorí!ca. Tim Bur-ton conta que o monstro non é malvado porque é merecedor dos seus pecados, senón que é diferente polas súas cir-cunstancias, porque foi, por exemplo, creado por un cientí!co tolo. E dian-te da sociedade presentase como dife-rente, como o caso de Frankestein, que está en contraposición coa sociedade. Ese tipo de personaxes veñen moi ben acaídos para a adolescencia. Ese asunto adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as cousas

ao redor. Tamén o tema gótico román-tico, incluso decadente, coma os contos ilustrados por Bemjamin Lacombe. Ese tipo de creacións teñen éxito.Helena Pérez. Non cres que falta algo dentro da literatura galega? Falando de criaturas, hai poucos textos onde se tra-ten os nosos monstros propios. Iso pro-voca que sexan pouco recoñecidos polos rapaces... Jacobo Fernández. Se falamos de per-sonaxes mitolóxicos, os rapaces están dispostos a recibir calquera. Se falamos de corpus galego, eu penso que chegará, pero que falta unha compoñente artís-tica, no sentido de que todos estes son personaxes moi ligados á antropoloxía.

Page 7: Xerais · 2020. 2. 26. · adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as cousas ao redor. Tam n o tema g tico rom n - tico, incluso ... nenas e os nenos de aquí

40 Revista Criaturas

En si mesmos, os personaxes son moi atractivos e funcionan perfectamente. Por exemplo, Cunqueiro ten un mate-rial impresionante de fantasía equipara-ble a calquera outra tradición de oriente ou occidente. Se ese material se lle pre-senta aos rapaces vailles gustar, porque ten maxia e humor. Se cadra, falta coller ese material, separalo un pouco do texto e realizar un traballo distinto con eses personaxes, para que poidan presentar-se de forma accesible e que cheguen a un público potencial. Ese público que, o mesmo que gozan das personaxes d’O Hobbit, poderían gozar con calquera moura ou calquera trasno dos que ten Cunqueiro. O paso para que iso resulte pasa polo traballo artístico dunha obra. Igual que aconteceu con Bola de dragón e a lenda do Home-Mono, que é o cau-sante de que se estendese o manga.Helena Pérez. Esperemos que haxa al-gún autor que sexa quen de recuperar da nosa mitoloxía fantástica, algún per-sonaxe que nos conmova e nos chame a atención. Porque editores arriscados coma os nórdicos, aquí hainos.

Jacobo Fernández. Dende a túa visión como editora, como ves esa in"uencia nos textos, destas temáticas sobre as que estamos falando de criaturas internacio-nais?Helena Pérez. Boto algo en falta. E non é de agora, é dende hai moitos anos. O que percibo é que hai moi pouca xente que escriba sobre esta temática; chegan moi poucos textos. A in"uencia social do que ocorre no mundo é o que chega á editora. O problema é que non hai un texto rompedor, un texto con criaturas ou con seres especiais, como pasou no teu caso con Mil cousas poden pasar. Nos últimos anos si que se comeza no-tar un cambio, non sei se por in"uencias

Page 8: Xerais · 2020. 2. 26. · adolescente de estar mutando e de non ver moi ben como funcionan as cousas ao redor. Tam n o tema g tico rom n - tico, incluso ... nenas e os nenos de aquí

Revista Criaturas 41

ou por cubrir ese baleiro. Este ano, en concreto, o Premio Merlín foi Escarla-tina, a cociñeira defunta, que me parece un texto moi novidoso na literatura in-fantil en galego. Iso independentemente de que en Escarlatina tamén haxa recei-tas, e de que ademais dunha obra litera-ria tamén sexa un libro de cociña. Creo que necesitamos que os autores vexan esa necesidade de traballar estes temas, deixando un pouco o tema realista. Ás nenas e os nenos de aquí vanlle gustar tanto coma os que veñen doutras tradi-cións, e os editores estamos dispostos. Falta atrevemento dos autores.Jacobo Fernández. Os autores traballan coa súas in"uencias e hai que perder os medos.Helena Pérez. O que pasa é que moitas veces as obras que nos chegan son libros que se prescriben nos centros escolares, libros de lectura, e os autores deixanse levar polo seu didactismo. Hai un exce-so de didactismo e quizais sería o mo-mento de evitalo porque, realmente, a literatura é iso, pasalo ben, gozar e di-vertirse lendo. No momento en que os

libros rompan coa prescrición e dean o salto e se vendan a maiores, poderemos arriscar. Por exemplo, Geronimo Stilton foi capaz de saltar e de venderse non só pola prescrición escolar, senón que foi quen de venderse nas librerías polo ti a ti, como pasa con moitas películas.Jacobo Fernández. E incluso é cultura. Sería tamén marca de imaxe ao exterior. Algo do que hai que presumir e que hai que exportar, presentalo como un valor.

BIBLIOGRAFÍAJacobo Fernández Serrano:Marcopola, a illa remeira: As orixes de Marcopola; Vigo: Edicións Xerais, 2012.Marcopola, a illa remeira: Os piratas da Lúa; Vigo: Edicións Xerais, 2013.Marcopola, a illa remeira: Dragoneta; Vigo: Edicións Xerais, 2014.Os amigos de Archimboldo Roque, Vigo: Factoría K de libros, 2008,Mil cousas poden pasar I, Vigo: Edicions Xerais, 2009.Mil cousas poden pasar II, Vigo: Edicions Xerais, 2011.A gardería de dona Bixelmina, Vigo: Edicions Xerais, 2005.Burton, T., La meláncolica muerte de Chico Ostra, Barcelona: Anagrama, 2000.Poe, E.A., Cuentos macabros, Il. Benjamin Lacombe, Madrid: Edelvives, 2013. Costas, L., Escarlatina, a cociñeira defunta, Vigo: Edicions Xerais de Galicia, 2014.Mi nombre es Stilton, Gerónimo Stilton, Barcelona: Destino, 2010Toriyama, A., Dragon Ball : ultimate edition; Barcelona: Planeta DeAgostini, 2006.Shelley, M., Frankenstein ou o moderno Prometeo., Vigo: Galaxia, 2000.Tolkien, J.R.R., O Hobbit, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2007.

FILMOGRAFÍALa novia cadáver. Director: Tim Burton.Piratas del Caribe: la maldición de la perla negra. Director: Gore Verbinski.Monstruos, S.A.. Director: Dan Scanlon.Mi vecino Totoro. Director: Hayao Miyazaki.La Princesa Mononoke. Director: Hayao Miyazaki.