vítor xosé cabaleiro barroso · de declarar espazo natural de interese local (enil) xunqueira de...
TRANSCRIPT
© 2010 Concellaría de Medio Ambiente Natural. Concello de Pontevedra
edita:Concellaría de Medio Ambiente Natural. Concello de Pontevedra
dirección técnica:María Formoso Beloso
corrección lingüística:Servizo de Normalización Lingüística. Concello de Pontevedra
fotografías:Vítor Xosé Cabaleiro Barroso agás páxs. 4, 18, 23 (Trisquelia); 8, 10, 16b (Gustavo Santos
Galiñanes); 16a (María Formoso Beloso) 24, 26, 27, 33, 34, 42 (Emilio Solla Pazos); 37, 66,
68, 70 (Antonio Fernández Cordeiro); 67 (Antonio Costa), e 36 (Stevie B. cc–by). Todas as fotografías fixéronse no ENIL Xunqueira de Alba excepto páxs. 24, 26, 27, 33, 34, 36, 37, 42, 66, 68 e 70.
deseño e maquetación: Trisquelia
d.l.: po 272–2010
Guía de aves do enil Xunqueira de Alba
Vítor Xosé Cabaleiro Barroso
ÍNDICE
Prólogo 7
Introdución 9
Descrición do ENIL Xunqueira de Alba 11A Xunqueira de Alba 11Localización 12Descrición da zona de estudo 13Fauna 16Avifauna 17
Guía de aves 19Como interpretar as fichas do libro 21Topografía das aves 22Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) 23Garzota (Egretta garzetta) 24Garza real (Ardea cinerea) 25Lavanco (Anas platyrhynchos) 26Miñato (Buteo buteo) 27Falcón peregrino (Falco peregrinus) 28Becacina (Gallinago gallinago) 29Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos) 30Gaivota chorona (Larus ridibundus) 31Gaivota patiamarela (Larus michahellis) 32Pombo torcaz (Columba palumbus) 33Rula turca (Streptopelia decaocto) 34Rula (Streptopelia turtur) 35Curuxa (Tyto alba) 36Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus) 37Cirrio (Apus apus) 38Picapeixe (Alcedo atthis) 39Peto verde (Picus viridis) 40Peto real (Dendrocopos major) 41Lavandeira branca (Motacilla alba) 42Lavandeira real (Motacilla cinerea) 43Lavandeira amarela (Motacilla flava) 44Carriza (Troglodytes troglodytes) 45Azulenta (Prunella modularis) 46
Paporrubio (Erithacus rubecula) 47Chasco (Saxicola torquata) 48Merlo (Turdus merula) 49Tordo común (Turdus philomelos) 50Papoazul (Luscinia svecica) 51Rousinol bravo (Cettia cetti) 52Carriza dos xuncos (Cisticola juncidis) 53Folosa acuática (Acrocephalus paludicola) 54Folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus) 55Folosa amarela (Hippolais polyglotta) 56Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla) 57Papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala) 58Picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus) 59Picafollas europeo (Phylloscopus collybita) 60Ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus) 61Ferreiriño negro (Parus ater) 62Ferreiriño azul (Parus caeruleus) 63Ferreiriño real (Parus major) 64Gabeador (Certhia brachydactyla) 65Gaio (Garrulus glandarius) 66Pega (Pica pica) 67Corvo pequeno (Corvus corone) 68Estorniño pinto (Sturnus vulgaris) 69Estorniño negro (Sturnus unicolor) 70Pardal (Passer domesticus) 71Bico de coral (Estrilda astrild) 72Xirín (Serinus serinus) 73Verderolo (Carduelis chloris) 74Xílgaro (Carduelis carduelis) 75Úbalo (Carduelis spinus) 76Cardeal (Pyrrhula pyrrhula) 77Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) 78
apéndice i:Listado completo das aves do ENIL 79
apéndice ii:Listado alfabético das aves da guía 85
PRÓLOGO
Antes de que Vítor Cabaleiro me confirmase alborozado que atopara unha especie protexida e en perigo de extinción na Xunqueira da Gándara eu non escoitara falar da folosa acuática, un paxaro pequeno, pero teimudo, porque é quen de voar ata 500 quilómetros nunha soa noite, o que lle permite chegar alén do Sáhara, vía Pontevedra, dende as frías latitudes nas que aniña, en Polonia, Bielorrusia ou Ucraína, para pasar o inverno
A campaña de anelamento que dende a Concellaría de Medio Ambiente Natural levamos a cabo para identificar as especies migratorias que aniñan ou repousan nesta marisma permitiunos identificar 133 especies, das que máis de 40 son migratorias e quince delas protexidas Pero sobre todo, serviu para decatármonos da sorprendente biodiversidade que bole a poucos metros dos tubos de escape, das chemineas e dos sumidoiros urbanos
Os datos demostran a importancia enorme deste parque para o que xa temos acadada a clasificación como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) En total son 53 hectáreas de terreo, ao pé mesmo da cidade, para pasear e gozar da natureza esculpida polos meandros que trasladan as augas dos ríos Rons e Gándara
Xa hai tempo esta cidade tivo a enerxía cívica necesaria para paralizar un parque industrial co que se pretendía desecar a zona húmida Nos revirados camiños da historia non foi fácil que a xunqueira chegase ata nós, polo que temos a obriga de entregárllela aos nosos fillos recuperada e orgullosos do patrimonio natural que alberga
Coidemos pois esta fermosa xunqueira porque todos, a fin de contas, somos aves de paso
Celia Alonso CaramésConcelleira de medio ambiente natural.
Concello de Pontevedra
INTRODUCIÓN
O libro que tendes nas vosas mans é o resultado de moitas horas de estudo no lugar que se vén de declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba No meu caso, este lugar foi onde xa hai 24 anos, co meu amigo Pablo Alejandro Sanmartín Santiago, comecei a observar a natureza, en especial as aves, e onde de xullo de 2008 a outubro de 2009 cataloguei e estudei todas as aves presentes Foron moitos madrugóns (ou ás veces deitarse tarde), moitos quilómetros polo barro, humidade, calor, frío observando e capturando aves para o seu anelamento científico e coa satisfacción de ir engadindo pouco a pouco especies de aves que usan o ENIL para criar, invernar ou como descanso na súa viaxe migratoria Así, a día de hoxe son 133 especies de aves vistas, moitas delas protexidas, e algunha como a folosa acuática en perigo de extinción a nivel europeo Se realmente queres protexer un lugar, tes que saber o que hai para poder conservalo dun xeito efectivo e unha vez coñecido, divulgalo para que a xente o valore e aprecie
Como pontevedrés e biólogo, síntome orgulloso de poñer o meu pequeno gran de area nesta fermosa zona do noso concello cara á súa conservación para as xeracións vindeiras, en forma deste libro para divulgar os seus valores
A partir de aquí e unha vez protexida, esta zona húmida debe converterse nun referente ambiental a nivel de estudo, protección e, sobre todo, educación ambiental, porque moi poucos concellos poden presumir de contar cun espazo natural destas características
Por todo isto dou as grazas a dona Celia Alonso Caramés, concelleira de Medio Ambiente Natural do Excmo Concello de Pontevedra, que me propuxo facer este traballo, amosándome tanto ela como o seu equipo técnico: María del Carmen Casalderrey Piñeiro, María Formoso Beloso e María Liñán Gil, unha sensibilidade ambiental, bo traballo e entusiasmo polos que non teño máis que palabras boas para elas Agradezo tamén a Antonio Fernández Cordeiro (grupo de anelamento Anduriña), Emilio Solla Pazos e Antonio Costa as fotografías que amablemente me cederon
Algúns amigos tamén me acompañaron ao longo das xornadas de campo e para eles tamén os meus mellores desexos: Fernando Urones del Río, Anthony Lewis, Amancio Castro González, Manuel Riveiro, Gonzalo Sancho Blanco, María Formoso e por riba de todo á miña familia, a Bea e Miguel, que sen eles todo sería un pouco máis difícil
Vítor Xosé Cabaleiro BarrosoPontevedra, 3 de outubro de 2009
A Xunqueira da Gándara
O libro abrangue as aves que se poden observar no Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Xunqueira de Alba, localizada no Concello de Pontevedra (Pontevedra)
Segundo consta no Inventario de Humidais de Galicia, elaborado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a zona de estudo comprende dúas destas zonas húmidas:
Nome: Xunqueira de AlbaCódigo do Inventario de Humidais de Galicia (IHG): 1140012Superficie: 48,13 haUTM X huso 29T: 529288UTM Y huso 29T: 4699633
Nome: Charca da Xunqueira de AlbaCódigo do Inventario de Humidais de Galicia (IHG): 1140013Superficie: 0,60 haUTM X huso 29T: 529312UTM Y huso 29T: 4699516
Dentro da tipoloxía RAMSAR a 1ª zona tería un código H ampliado na tipoloxía do IHG no apartado 1 2 5: marisma: zona de auga doce e salobre inundada pola marea
A 2ª zona tería un código J ampliado na tipoloxía de IHG no apartado 1 4 3: medios lacunares costeiros salobres/salgados; lagoas de auga entre salobre e salgada con, polo menos, unha relativamente angosta conexión ao mar
DESCRICIÓN DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA
Comunidade autónoma de Galicia. En vermello: concello de Pontevedra.
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 12descrición do enil
Localización da área de estudo
A Xunqueira da Gándara atópase no norte do concello de Pontevedra, nas parroquias de Lérez e Campañó Ten unha orientación norte–sur e unha área dunhas 50 ha, cunha lonxitude de 1 240 metros e unha anchura máxima de 550 metros
É atravesada tamén en dirección norte–sur polo río da Gándara, tamén chamado Rons ou Alba
Polo oeste está franqueada pola autoestrada A9, polo sur despois de percorrer o río 840 metros canalizados, este desemboca no río Lérez, xusto enfronte da cidade de Pontevedra, polo leste bordean o ENIL leiras do barrio da Santiña e un tramo do Camiño de Santiago portugués
Esta xunqueira tamén é chamada Xunqueira do Alba, do Vao e de San Caetano
Mapa de situación do ENIL Xunqueira de Alba ao norte da cidade de Pontevedra.
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 13descrición DO ENIL
Descrición da zona de estudo
O inventario de flora abrangue 171 especies: 16 de porte arbóreo, 13 de porte arbustivo e 142 de porte herbáceo Segundo as especies que forman cada comunidade vexetal distribuídas por toda a zona de estudo podemos distinguir 4 formacións diferentes en función da súa composición florística
Zona A. XunqueiraEsta zona ocupa o interior da zona húmida formando a marisma pro
piamente dita As zonas húmidas son un dos ecosistemas mais complexos, fráxiles e produtivos do planeta, sustentando hábitats intermedios entre o ambiente acuático e o terrestre Experimentan fortes variacións estacionais pasando de períodos de inundación a outros de seca Neste caso ademais, cun alto grao de salinidade por estar suxeito á influencia do mar Por estas razóns a vexetación que habita estas zonas húmidas desenvolveu adaptacións especiais para facer fronte a estes cambios extremos
Predominan as especies das familias Cyperaceae e Juncaceae, o que comunmente coñecemos como xuncos ou xuncas Unha das especies que nos podemos atopar, Juncus maritimus, é unha das máis frecuentes neste tipo de hábitats, formando a maior parte das xunqueiras da beiramar Tamén aparecen Juncus acutus e Juncus buffonius Dentro da familia das Cyperaceae aparecen C. sculentus, C. longus e a especie alóctona nativa de Sudáfrica C. eragrostis que na actualidade aparece espallada por todo o país Como representantes do xénero Scirpus están citadas o S. holoschoenus, S. lacustris e o S. maritimus entre outros
Aspecto da zona ocupada polos xuncos no interior da marisma.
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 14descrición do enil
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 15descrición DO ENIL
Na parte norte da xunqueira estase a producir un proceso de colmatación que é aproveitado por especies arbóreas e arbustivas como o salgueiro (Salix atrocinerea), a xesta (Cytisus striatus), acacias (A. dealbata e A. melanoxylon) e a herba da pampa (Cortaderia selloana), estas tres últimas alóctonas invasoras en Galicia
Zona B. EspadanalA vexetación nesta zona está caracterizada pola presenza de espadanas,
predominantemente a Typha latifolia aínda que tamén podemos atopar a Typha angustifolia Estas son plantas enraizadas no solo do fondo e coa parte inferior do talo somerxido, chegando a desenvolver formacións extensas e difíciles de penetrar, que serven de refuxio a numerosas aves acuáticas A primeira delas é moi común en Galicia nos hábitats acuáticos
Neste caso están acompañadas pola espadana amarela (Iris pseudacorus) Esta planta típica de zonas húmidas foi empregada en medicina pero tanto o rizoma como as follas son velenosas para o gando
Ocupa unha extensión de aproximadamente 2 ha na parte nordeste da xunqueira
Zona C. MatogueiraCorresponde ás zonas de recheo na que aparecen principalmente especies
arbustivas como silvas (Rubus sp ), xestas (Cytisus striatus) e gran cantidade de codesos (Adenocarpus complicatus) Tamén hai algunha especie arbórea procedente das plantacións feitas durante as obras de recuperación do espazo As
Espadanal con exemplares de Typha latifolia.
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 16descrición do enil
especies superviventes de ditas plantacións corresponden a exemplares de acacia e eucalipto fundamentalmente Tamén hai algúns exemplares espontáneos de salgueiro (Salix atrocinerea)
Zona D. Bosque de ribeiraCorresponde á vexetación que acompaña o río Rons no seu percorrido ao
longo do espazo É un bosque ripícola bastante degradado no que as especies máis características son o salgueiro (Salix atrocinerea), o ameneiro (Alnus glu-tinosa) e algún freixo (Fraxinus angustifolia)
Fauna
Na Xunqueira da Gándara, dende o punto de vista faunístico, destacan os invertebrados (por exemplo odonatos ou ortópteros), coa presenza do odonato Coenagrion mercuriale (incluído no anexo II da Directiva do hábitat 92/43/CEE), e a riqueza en anfibios, por exemplo Discoglossus galganoi, sapiño pintoxo, (incluído no anexo II da devandita directiva) e Hyla arborea, a estroza, (incluída no anexo IV e clasificada coma vulnerable no Catálogo galego de es-pecies ameazadas) Dentro dos mamíferos aparece a lontra (Lutra lutra), tamén incluída no anexo II de dita directiva
Á esquerda, imaxe típica da zona de mato: pradeira salpicada de xestas (Cytisus striatus) en flor e codesos (Adenocarpus complicatus) que aparecen como pés illados ou en grupos.
Á dereita, bosque de ribeira con espadanas amarelas (Iris pseudacorus) en primeiro termo.
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 17descrición DO ENIL
Avifauna
No ENIL observáronse polo menos unha vez 133 especies de aves das cales 52 crían con regularidade no espazo Catro delas están en perigo de extinción e tres están catalogadas como vulnerables no Catálogo galego de especies ameazadas Dezanove deben ser obxecto de medidas de conservación especiais canto ao seu hábitat, co fin de asegurar a súa supervivencia e a súa reprodución na súa área de distribución segundo a lexislación estatal e europea
A continuación descríbense 55 desas 133 especies de aves vistas ata a data de hoxe na Xunqueira O obxectivo desta publicación non era facer unha descrición pormenorizada de todas as aves senón facer un volume dirixido a xente principiante e que pasea habitualmente pola marisma para que poida coñecer aquelas aves que podemos atopar ao longo dos camiños do ENIL sen ser necesarias horas de observación no interior da marisma Por esta razón non están todas as especies pois tiña que ser un volume manexable que puidese ser levado con comodidade
Así foron elixidas as aves máis comúns e doadas de ollar ademais dalgunha outra que pola súa rareza ou valor ecolóxico merecía figurar nesta guía
Polo explicado anteriormente é posible que algún lector poida botar de menos algunha especie nesta guía pero esta escolla está aberta polo que calquera suxestión que os lectores acheguen será ben recibida para incorporala en vindeiras edicións Sen dúbida esta listaxe aumentará pronto porque esperamos que este número de 133 especies vaia aumentando paseniño a medida que o espazo mellore, aumente o número de observadores de aves e novos visitantes alados escollan a Xunqueira da Gándara como lugar de descanso e aniñamento
Folosa acuática (Acrocephalus paludicola), ave en perigo de extinción con presenza no ENIL Xunqueira de Alba.
GUÍA DE AVES
Como interpretar as fichas do libro
[1] Nome galego.[2] Nome científico.[3] Nome castelán.[4] Orde sistemática detallando a familia e a orde ás que pertence a especie.[5] Datos biométricos: lonxitude dende o peteiro ata o final do rabo e peso promedio segundo a especie.[6] Grao de ameaza no que se atopa a especie en Galicia, España e Europa en función dos seguintes criterios:
GALICIA: Catálogo Galego de Especies AmeazadasO Catálogo galego de especies ameazadas foi creado a través da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia e regulado mediante o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas. As especies incluídas neste catálogo clasifícanse en varias categorías en función do seu grao de ameaza. De todas elas, as empregadas nesta guía son:
pe: en perigo de extinción. Reservada para aquelas cuxa supervivencia é pouco probable se os factores causantes da súa actual situación seguen actuando.v: vulnerables. Destinada a aquelas que corren perigo de pasar ás categorías anteriores nun futuro inmediato se os factores adversos que actúan sobre elas non son corrixidos.nc: non catalogada.
ESPAÑA: Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidadeAprobada en Madrid o 10 de decembro de 2007, traspón, entre outras, a Directiva de aves á lexislación española, incorporándoa no seu articulado e incluíndo o anexo I da mesma, que constitúe na lei estatal o anexo IV. Deste xeito, as especies de aves observadas na Xunqueira da Gándara para cuxa protección deben ser obxecto de medidas especiais de conservación en canto ao seu hábitat en función da Directiva de aves, tamén o son segundo o disposto nesta normativa estatal.
anexo iv: especies que serán obxecto de medidas de conservación especiais en canto ao seu hábitat, co fin de asegurar a súa supervivencia e reprodución na súa área de distribución.nc: non catalogada.
EUROPA: Directiva de avesA Directiva 2009/147/CE do Parlamento europeo e o Consello, de 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres establece un réxime de protección e xestión das aves de obrigado cumprimento para os estados membros da Unión Europea. Segundo ela a catalogación nesta guía será:
anexo i: especies incluídas no anexo I da Directiva. No seu artigo 4.1 sinala que «as especies mencionadas no anexo I serán obxecto de medidas de conservación especiais en canto ao seu hábitat, co fin de asegurar a súa supervivencia e a súa reprodución na súa área de distribución». O artigo 4.2 indica que deberán tomarse as mesmas medidas para as especies de aves migradoras regulares, aínda non estando incluídas no citado anexo.anexo ii: especies incluídas no anexo II da Directiva. O artigo 7.1 sinala que «Debido ao seu nivel de poboación, á súa distribución xeográfica e ao seu índice de produtividade no conxunto da Comunidade, as especies enumeradas no anexo II poderán ser obxecto de caza no marco da lexislación nacional.»nc: non catalogada.
[7] Fenoloxía: representa os meses nos que a especie ten presenza normal na Xunqueira (en negri-ña), parcial ou moi escasa (en tipografía normal), ou está ausente (en gris).
Topografía das aves
1. Peteiro
2. Fronte
3. Cella, risca supraocular ou
superciliar
4. Sobrecella
5. Risca ocular
6. Curuto
7. Orella, orelleira
8. Fazulas, cara
9. Caluga
10. Lombo, dorso, manto
11. Riscas alares
12. Mitra
13. Cobertoiras caudais ou
supracobertoiras caudais
14. Rabo
15. Infracobertoiras caudais ou
subcobertoiras caudais
16. Tarso
17. Dedas
18. Ventre
19. Costas
20. Peito
21. Papo
22. Gorxa, barbela
23. Bigote
24. Artello, vértice flexor
25. Cobertoiras alares
26. Espellete (nas anátidas)
27. Remeiras secundarias ou re-
mixes secundarias
28. Remeiras primarias ou remixes
primarias
29. Borde anterior da á
30. Axila
31. Borde posterior da á
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 23
Identificación: sexos iguais Ave de tamaño grande, negra, co peteiro longo, robusto, curvado e de cor amarela Destacan na súa escura plumaxe as meixelas e a gorxa de cor branca Na época de reprodución pode distinguirse unha mancha branca nas coxas Os novos teñen as partes inferiores abrancazadas A caluga é longa e case sempre a teñen retraída Teñen unha mancha de cor amarela alaranxada na boqueira Voa coa caluga estendida e en grupos en forma de «V»
Hábitat: encoros e pantanos de calquera tamaño De forma máis escasa é posible observalo tamén en pozas, remansos e tramos anchos dos ríos máis grandes
Costumes: póusase ao sol coas ás estendidas para secalas, xa que a diferenza doutras aves acuáticas, a plumaxe non é hidrófuga e, polo tanto, móllase ao nadar e mergullarse Pesca perseguindo as presas mergullándose por debaixo da auga e batendo as ás como se estivese a voar Crían en colonias, a miúdo xunto a garzas, en rochas de acantilados costeiros, en encoros e lagos, no chan ou sobre árbores
Situación no ENIL: abondosos no inverno no río Lérez ao longo da cidade de Pontevedra e a ría de Pontevedra, algúns exemplares (2–3) óllanse tanto comendo como secando as súas plumas no interior do espazo Tamén a primeira e última hora do día pódense ollar bandos de ata 15 exemplares desprazándose cara a outros lugares para alimentarse ou durmir
Orde:Pelecaniforme
Familia:Phalacrocoracidae
Lonxitude:80–100 cm
Peso:2.300 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Pelecaniforme
Phalacrocorax carbo (Linnaeus, 1758)Cormorán grande
Corvo mariño grande
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 24
Identificación: sexos iguais De silueta proporcionada e elegante Todo o corpo é branco, as patas e o peteiro negros (menos escuros nos exemplares novos) e as dedas amarelas Da base do peteiro sae unha mancha azulada que se une co ollo que é de cor amarela Na plumaxe nupcial destacan na súa cabeza unhas longas plumas que se lle prolongan dende o curuto En voo mantén a caluga encollida, as patas sobresaen moderadamente e as ás vense en posición central
Hábitat: relacionada coas masas de auga, especialmente con ríos grandes e pequenos encoros Ás veces algúns exemplares únense a garzas reais en pequenos durmidoiros mixtos sitos en árbores á marxe da auga Móvese con soltura en zonas pouco profundas, lamacentas e con vexetación acuática
Costumes: caza como a maioría dos ardeidos permanecendo queda nas marxes e sorprendendo as súas presas No verán proxecta a súa sombra na auga para que as súas presas se acubillen do sol e así poida capturalas Aliméntase de peixiños, larvas, caracois, etc
Situación no ENIL: invernante común, coa marea baixa aliméntase no río Rons e nas canles da xunqueira; poden ollarse ata 2–3 exemplares
Ciconiiformes
Egretta garzetta (Linnaeus, 1766)Garceta común
Garzota
Orde:Ciconiiformes
Familia:Ardeidae
Lonxitude:55–65 cm
Peso:450 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo ivEuropa: anexo i
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 25
Identificación: sexos iguais A máis grande das nosas garzas, de voo lento e pesado Cando voa destaca por ter as ás escuras e moi arqueadas e levar o pescozo encollido É de cor agrisada polo dorso, coa caluga branca en época reprodutora ou gris en inverno con estrías negras na parte frontal do mesmo As plumas do curuto prolónganse formando un penacho de plumas negras O peteiro e os ollos son amarelo intenso e as patas amarelo–verdosas Cando estende as ás pode verse dende arriba que as plumas rematan nunha franxa negra
Hábitat: normalmente pode localizarse en ecosistemas acuáticos, preferindo os que teñan algo de vexetación nas beiras para camuflarse cando caza Os ríos, ribeiras, pantanos e encoros serán os lugares axeitados para localizalas
Costumes: permanece longos períodos de tempo queda e mimética coa vexetación á procura das presas Niño grande composto de paus e ramas en árbores e matogueiras altas Aliméntase de peixes, ras, ratas, caranguexos de río, etc
Situación no ENIL: non reprodutora, pero pódese ver todo o ano; acada o seu maior número en agosto e setembro, cando poden xuntarse ata 20–30 exemplares descansando na súa migración posnupcial cara ao sur da península e África Invernan 2–3 exemplares movéndose continuamente entre a xunqueira e a ría de Pontevedra
Orde:Ciconiiformes
Familia:Ardeidae
Lonxitude:90–98 cm
Peso:1.550 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Ardea cinerea (Linnaeus, 1758)Garza real
Garza real
Ciconiiformes
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 26
Identificación: pato con peteiro amarelo e lixeiramente aplanado, ten un espellete azul bordeado por cores negras e brancas na parte inferior das ás O macho ten a cabeza verde con reflexos azulados, separada do peito de cor marrón por unha fina liña branca O resto do corpo é entre marrón claro e agrisado, excepto o rabo que combina o negro e o branco A femia é totalmente marrón pencada de negro, o peteiro presenta cores máis escuras que o macho e a súa gorxa é bastante máis clara que o resto do corpo
Hábitat: ambientes acuáticos de case todo tipo, como colas de encoros, ríos, regatos, pantanos, etc
Costumes: niño escondido entre a vexetación, normalmente no chan e ás veces tamén en construcións humanas Aliméntase de sementes, froitos, plantas, insectos e pequenos invertebrados acuáticos Reúnese en grandes bancos para a muda de pluma, chamada mancada Cría en case todo tipo de augas doces, e incluso en parques urbanos
Situación no ENIL: reprodutor habitual cun mínimo de 7–8 parellas, aumenta o seu número en inverno É a anátida máis frecuente e doada de ver na xunqueira
Orde:Anseriformes
Familia:Anatidae
Lonxitude:50–65 cm
Peso:Macho: 1.150 gFemia: 1.000 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Anas platyrhynchos (Linnaeus, 1758)Ánade real
Anseriformes
Lavanco
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 27
Identificación: sexos iguais Rapaz de mediano tamaño, compacta, de ás anchas e redondas, cola curta e tamén redondeada con coloración variable A parte superior é de cor marrón escura con estrías claras na cabeza; as partes inferiores son de tonalidade variable, indo dende o marrón claro ao marrón escuro, pero sempre presenta unha franxa branca na parte interna das ás O peito teno escuro cun medallón branco Cabeza grosa, pouco prominente, con ollos pardos e coa base do peteiro amarela, ao igual que as súas patas
Hábitat: vive en zonas arboradas xunto á campiña, en montaña ou nas ribeiras pero sempre próximo a espazos abertos Niño de ramiñas en árbores ou na base dun acantilado
Costumes: remóntase coas ás en forma de «V» pouco pronunciado, planea coas ás planas ou algo arqueadas É común velo pousado ao axexo en miradoiros (postes e cables da luz e do teléfono preto da estrada) Aliméntase de mamíferos de mediano e pequeno tamaño, aves, insectos e tamén carnaza
Situación no ENIL: unha parella aniña no espazo ou preto del, é común ollala tanto pousada como en voo durante todo o ano
Orde:Falconiformes
Familia:Accipitridae
Lonxitude:51–57 cm
Peso:Macho: 775 gFemia: 1.000 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Buteo buteo (Linnaeus, 1758)Busardo ratonero
Falconiformes
Miñato
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 28
Orde:Falconiformes
Familia:Falconidae
Lonxitude:39–50 cm
Peso:Macho: 650 gFemia: 1.100 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo ivEuropa: anexo i
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Identificación: a velocidade e destreza convertidas en ave rapaz, poderosa, compacta, de amplo peito, ás anchas e afiadas e cola relativamente curta Os adultos vistos en voo teñen unha plumaxe abrancazada con barrado gris horizontal abundante escaseando no peito, as partes dorsais gris azulentas, a cabeza negra e branca con ollos negros bordeados de amarelo e unhas grosas bigoteiras negras A femia é bastante maior que o macho Os exemplares novos son máis estilizados, de cor parda, con grosas estrías ventrais en lugar de finas barras e bigotes menos aparentes
Hábitat: espazos máis ou menos abertos, cultivados, onde encontre caza abundante e lugares de nidificación adecuados Forma grupos familiares, nidifica en acantilados areosos, cortados rochosos e fluviais, riscos de montaña, incluso torres ou edificacións humanas
Costumes: captura aves de mediano tamaño como rulas ou pombas atacándoas normalmente deixándose caer dende gran altura coas ás cerradas, golpeándoas e rematándoas unha vez caídas ao chan Nestes picados acada unha velocidade de máis de 300 km/h, a máxima velocidade rexistrada nunca nunha ave
Situación no ENIL: cría na cidade de Pontevedra e acércase á xunqueira, sobre todo no verán e outono, para cazar Póusase con frecuencia nos postes de electricidade que atravesan a xunqueira
Falco peregrinus (Tunstall, 1771)Halcón peregrino
Falconiformes
Falcón peregrino
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 29
Identificación: sexos iguais Partes superiores de cor parda escura con liñas lonxitudinais brancas, negras e crema Ventre branco e costas raiadas A cabeza é barrada cunha liña de cor crema no curuto O peteiro é moi longo e o rabo curto Patas verdosas
Hábitat: xunqueiras, prados asolagados, marismas e brañas
Costumes: anda sempre polo chan Cando ve algún perigo agóchase e a poucos metros de distancia del levanta de súpeto o voo emitindo un reclamo áspero «quetsch» Este voo de fuxida é rápido e en zigzag Aliméntase de invertebrados: insectos, moluscos, miñocas
Situación no ENIL: invernante Cando se traballaba na xunqueira e había gando (ata finais dos anos 80 do século XX) chegábanse a cazar ata 30–40 exemplares o mesmo día Hoxe a vexetación tupida da xunqueira fai que só invernen 6–7 exemplares En Galicia existe unha pequena poboación nidificante en contados lugares do sur da provincia de Ourense
Orde:Charadriiformes
Familia:Scolopacidae
Lonxitude:25–27 cm
Peso:96–112 g
Grao de ameaza:Galicia: en perigoEspaña: ncEuropa: anexo ii
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Gallinago gallinago (Linnaeus, 1758)Agachadiza común
Charadriiformes
Becacina
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 30
Orde:Charadriiformes
Familia:Scolopacidae
Lonxitude:19–21 cm
Peso:55 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Identificación: sexos iguais Pequena limícola coa cabeza de cor marrón parda, igual que o seu dorso, peito, rabo e parte das ás, pero estas teñen un barrado escuro similar tamén ao que teñen na cola As ás son negras nos seus extremos e bordos inferiores, e teñen unha franxa de cor branca no centro Por debaixo son brancos con tons grises nos bordos exteriores, puntas e zona central Patas ocre, peteiro curto e escuro
Hábitat: todo tipo de ambientes acuáticos, nos que con frecuencia coincide co bilurico alinegro (Tringa ochropus) Porén, o bilurico da rochas ten maior tendencia a ocupar augas estancadas e marxes máis pedregosas e rochosas de ríos e regatos
Costumes: común, e a miúdo a única especie limícola en moitas augas de interior, prefire augas limpas, frescas e con vexetación litoral Niño pequeno formando unha depresión superficial, revestido de herba na vexetación, preto da auga Move constantemente a parte superior do corpo arriba e abaixo, como un balancín Voo característico, a baixa altura, con alternancia de batidos espasmódicos e curtos planados Aliméntase de insectos, vermes e moluscos
Situación no ENIL: invernante (4–5 exemplares) e en paso posnupcial (cando acada os seus maiores efectivos, ata 20 exemplares), é unha especie doada de ollar alimentándose ao longo do río Rons e nas canles da xunqueira
Actitis hypoleucos (Linnaeus, 1758)Andarríos chico
Charadriiformes
Bilurico das rochas
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 31
Identificación: sexos iguais Gaivota áxil, abundante e de tamaño mediano Ás grises tanto por riba como por abaixo con plumas brancas no bordo exterior das puntas das mesmas se as vemos por arriba e negras vistas por abaixo Cabeza con capuchón negro no verán e peteiro vermello intenso un pouco curvado cara abaixo No inverno cabeza branca con manchas escuras no píleo e orella O resto do corpo é totalmente branco As súas patas de cor vermella escura Xuvenil con cores marróns na caluga e dorso, estas transfórmanse en grises a medida que se vai facendo adulta
Hábitat: non se limita a zonas costeiras xa que é moi frecuente vela no interior, xa sexa en ríos, marismas e por suposto en ecosistemas costeiros e de augas salobres
Costumes: cando non está na costa, que é bastante a miúdo, ten as mesmas querenzas que o resto das gaivotas, móvese entre vertedoiros e charcas Pode criar en salinas, marismas e outras zonas húmidas; debido a esta razón crese que foi aumentando o número Niño a base de moreas de talos situado no chan Aliméntase de vermes, sementes, peixes e insectos que ocasionalmente captura en voo
Situación no ENIL: invernante moi común, pode verse na desembocadura do río Rons e no río Lérez
Orde:Charadriiformes
Familia:Laridae
Lonxitude:38–44 cm
Peso:Macho: 250 gFemia: 325 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Larus ridibundus (Linnaeus, 1766)Gaviota reidora
Charadriiformes
Gaivota chorona
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 32Charadriiformes
Larus michahellis (Naumann, 1840)Gaviota patiamarilla
Identificación: sexos iguais Gaivota corpulenta, abundante e de tamaño grande Dorso e ás gris cincento con negro nas puntas das mesmas Cabeza e partes inferiores de cor branca Patas amarelas, peteiro amarelo cunha mancha vermella e anel orbital vermello
Hábitat: ecosistemas costeiros e de augas salobres Tamén pode verse no interior, tanto en encoros como vertedoiros Cría en numerosas vilas e cidades costeiras de Galicia, entre elas Pontevedra
Costumes: aniña no chan en colonias en illas e acantilados pero tamén, hai poucas décadas, empezou a criar en tellados de cidades e vilas A súa voz é un «quee, quee, quee » estridente e repetitivo; en época reprodutora un «ghag, ghag, ghag » Ten un amplo espectro alimentario, dende carnaza e restos de todo tipo ata vertebrados e invertebrados
Situación no ENIL: sedentaria moi común, pode verse sobre todo na desembocadura do río Rons e no río Lérez
Orde:Charadriiformes
Familia:Laridae
Lonxitude:58–68 cm
Peso:1.125 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Gaivota patiamarela
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 33
Identificación: sexos iguais Pomba esquiva de gran tamaño Cabeza e dorso gris pardo con ás negras nas que se distingue un arco branco Ollos de cor amarela Mitra gris máis pálida que o dorso, rabo da mesma cor que este, cunha fina liña branca e outra moi ancha de cor negra Caluga con mancha branca rodeada de cores rosáceas e verdosas Peito rosa escuro, zona ventral gris e patas vermellas Xuvenil sen mancha branca na caluga
Hábitat: cría en todo tipo de arboredos, bosques, parques, etc Forma durmidoiros comunais en inverno
Costumes: de carácter solitario, só forma grupos para alimentarse Toma pequenos froitos, follas, brotes e diversos alimentos que recolle do chan En celo obsérvanse voos característicos con ascensos e descensos despregando as ás Niño de mediano tamaño de ramiñas e paus pequenos frecuente nas pólas dos piñeiros e xeralmente difíciles de localizar
Situación no ENIL: moi común, sendo unha das aves mais abondosas no espazo, con aumento de exemplares en outono e inverno; poden ollarse bandos de ata 50 exemplares
Orde:Columbiformes
Familia:Columbidae
Lonxitude:40–42 cm
Peso:450 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Columba palumbus (Linnaeus, 1758)Paloma torcaz
Columbiformes
Pombo torcaz
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 34
Identificación: sexos iguais Cores pardo escuras pola zona dorsal e pardo claro na zona ventral As ás teñen as plumas primarias de cor negra, as secundarias de cor apardazada e o centro destas agrisado O rabo da mesma cor que o dorso con tonalidades brancas na punta e nos laterais posteriores da caluga pódese ver facilmente unhas riscas negras abeiradas en branco Ollos e patas vermellos
Hábitat: habita en calquera tipo de arboredo ou bosquete Tamén está presente nas vilas, criando en camposantos, rúas arboradas e xardíns
Costumes: nos últimos anos a súa poboación disparouse Pode criar en calquera momento do ano e sacar varias postas anuais Normalmente constrúe o seu niño nas zonas altas das árbores onde coloca un montón de ramiñas Prodúcense concentracións en calquera época, sobre todo en lugares onde poidan encontrar alimento Voz moi insistente e aguda chegando a cansar a quen a escoita Aliméntase de sementes e brotes
Situación no ENIL: residente moi común, en parte pola cantidade de alimento que proporcionan os grans caídos na antiga fábrica da Cross Téñense visto ata 80 exemplares xuntos
Orde:Columbiformes
Familia:Columbidae
Lonxitude:31–33 cm
Peso:200 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Streptopelia decaocto (Frivaldszky, 1838)Tórtola turca
Columbiformes
Rula turca
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 35
Identificación: sexos iguais De menor tamaño que a rula turca e coloración máis variada Zonas dorsais de cor gris azulado coas puntas das ás anegrazadas e as zonas alares próximas ao dorso de cor marrón alaranxado cun abundante e ancho pencado en negro Extremos das ás de cor negra apagada e banda azulada na zona central da ala Ten un colar negro e branco detrás da caluga Peito pardo rosáceo e ventre pardo agrisado, ollos e patas alaranxados Presenta unha franxa negra no rabo seguida dunha branca no seu extremo
Hábitat: cría en gran variedade de ambientes forestais En xeral é máis abundante en áreas cálidas de baixa altitude con arboredo denso
Costumes: ave que non adoita concentrarse en núcleos urbanos como a rula turca A súa poboación está en descenso debido á agricultura intensiva ademais de ser especie cinexética Visita campos de cultivo de cereal ou leguminosas para buscar alimento xa que a súa dieta está composta de sementes, pequenos froitos e brotes Niño de poliñas colocado en árbores ou matogueiras
Situación no ENIL: reprodutor e migrador transahariano En contra do que sucede en moitos lugares de Galicia, a súa poboación é bastante numerosa Isto é debido, ao igual que sucede coa torcaz e a rula turca, pola abundancia de alimento que atopan debido a grans caídos na antiga fábrica da Cross
Orde:Columbiformes
Familia:Columbidae
Lonxitude:26–28 cm
Peso:140 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Streptopelia turtur (Linnaeus, 1758)Tórtola europea
Columbiformes
Rula
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 36
Identificación: sexos iguais Rapina nocturna totalmente branca se a vemos por debaixo, incluso as robustas patas das que está provista están recubertas de plumas brancas Cabeza grande con círculo facial en forma de corazón na cara, onde destacan dous redondos e negros ollos dos cales saen dúas liñas lacrimais escuras, que se unen cun peteiro de cor clara Zona dorsal marrón claro coa raiada formada por manchas grises azuladas e pequenas pencas de cor crema Ten pardo amarelas as plumas primarias e secundarias O rabo ten unha franxa gris nos bordos
Hábitat: é a nocturna máis frecuente nas vilas e aldeas, está tamén presente en construcións humanas situadas no campo Prefire pasteiros, chans gandeiros e agrícolas, hortas e zonas de matogueira pouco densa Con frecuencia aparece cerca de ríos e regatos
Costumes: a pesar de ser nocturna, pódese ver de día cazando á tardiña a baixa altura ratos, ratas e de cando en vez algún paxariño Pódese ver preto de estradas e regatos buscando ratas de auga, que son unha das súas presas favoritas Aniña en edificios rurais ou abandonados e en ocos das árbores
Situación no ENIL: residente con 1–2 parellas criando preto do espazo, ao cal acoden para alimentarse
Orde:Strigiformes
Familia:Tytonidae
Lonxitude:33–39 cm
Peso:300 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Tyto alba (Scopoli, 1769)Lechuza común
Strigiformes
Curuxa
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 37
Orde:Caprimulgiformes
Familia:Caprimulgidae
Lonxitude:26–28 cm
Peso:75 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo ivEuropa: anexo i
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Identificación: ás e cola longas, ambas as dúas con manchas brancas nos seus extremos no macho Dorso, rabo e curuto gris lousa con pencas escuras, liñas gris escuro e brancas a ambos os lados do dorso Tons gris escuro nas ás vistas dende arriba, con parte central da ala e bordos interiores de cor gris clara Franxa de cor crema clara nos ombros e bigoteiras Cabeza grande e aplanada co peteiro diminuto, esmagado e lixeiramente curvado, cavidade bucal moi ampla, plumiñas sensoriais a modo de bigotes Ollos grandes e negros, adaptados para ver na escuridade
Hábitat: pódese observar en zonas que combinan arboredo con claros, mato, bordos de bosques e ecosistemas montañosos
Costumes: a súa dieta é insectívora capturando sobre todo avelaíñas e bolboretas nocturnas, para isto achégase a miúdo a farois onde se concentran estes insectos É frecuente encontralas na estrada onde se pousan durante a noite para aproveitar a calor do asfalto e algunhas delas resultan cegadas e atropeladas polos coches Elaboran o seu niño no chan, pouco profundo e sen revestimento
Situación no ENIL: reprodutora e migradora transahariana 3–4 parellas crían no espazo ou preto del
Caprimulgus europaeus (Linnaeus, 1758)Chotacabras gris
Caprimulgiformes
Avenoiteira cincenta
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 38
Identificación: sexos iguais Teñen as ás longas, finas e rematadas en punta e rabo gallado Corpo e rabo de cor negra, máis intensa que as ás, que son de tons pardo agrisados Mancha branca na gorxa, patas moi pequenas
Hábitat: reprodúcese en zonas urbanas e construcións no campo sempre que teñan fendas ou ocos para aniñar, por iso escolle construcións vellas En menor medida tamén cría en cortados rochosos de certa identidade e buratos de árbores
Costumes: é moi común velo nas cidades ou construcións humanas Ave case exclusivamente aérea xa que só se pousa para criar e as veces para coller barro co cal constrúen os niños Os novos poden permanecer tres anos voando antes da súa primeira reprodución Niño en cavidades revestidas de pluma É a ave que se alimenta a máis altura se a comparamos con andoriñas e avións Capturan insectos sempre en voo
Situación no ENIL: migrador transahariano Non cría no espazo, pero acoden os exemplares que crían na cidade de Pontevedra e aves migradoras a alimentarse e beber
Orde:Apodiformes
Familia:Apodidae
Lonxitude:16–17 cm
Peso:40 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Apus apus (Linnaeus, 1758)Vencejo común
Apodiformes
Cirrio
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 39
Identificación: cabeza e ás azul turquesa con leves pintas celeste intenso nas cobertoiras Ten unha ancha liña de cor celeste metalizado intenso no dorso, caluga, mitra e parte da cola, cuxo bordo é azul turquesa Cabeza grande cun longo e ancho peteiro negro (que ten a base vermella nas femias) Manchas laranxas e brancas na cara Destaca sobre o papo e peito laranxa unha mancha branca na gorxa Patas pequenas, laranxas e con uñas negras
Hábitat: habita en ríos e regatos con vexetación de ribeira e augas con escasa contaminación que conten con presas para alimentarse (larvas, pequenos peixes )
Costumes: ten un voo directo e moi rápido Usa ramas e postes enriba da auga como miradoiros para, unha vez albiscada a presa, lanzarse en picado para a súa captura Aliméntase de peixes, anfibios e insectos acuáticos e nas épocas de escaseza pode cazar incluso fóra da auga capturando pequenos réptiles, insectos e incluso algún micromamífero Niño en forma de galería cilíndrica en noiros areosos ou arxilosos, normalmente preto da auga
Situación no ENIL: residente e reprodutor habitual, parece que reduciu a súa poboación reprodutora de 2 a 1 parella A finais do verán a súa poboación vese incrementada por individuos en migración posnupcial
Orde:Coraciiformes
Familia:Alcedinidae
Lonxitude:16–17 cm
Peso:Macho: 23–35 gFemia: 30–35 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo ivEuropa: anexo i
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Alcedo atthis (Linnaeus, 1758)Martín pescador
Coraciiformes
Picapeixe
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 40
Identificación: dorso e parte central das ás de cor verde oliva Rabo castaño e puntas das ás grises escuras con raiado branco Mitra amarelo verdosa, gorxa, meixelas, papo e peito verde pálido moi tenue, case cincento Curuto e bigotes vermellos intenso e no centro destes un anteface negro que bordea os seus ollos amarelos Os bigotes son totalmente negros nas femias e vermellos perfilados en negro nos machos Peteiro propio de peto pero menos forte que nos seus parentes Xuvenil pencado de branco no dorso e ventre abrancazado con pencado escuro
Hábitat: rexeita os bosques moi densos e as zonas totalmente desarboradas Ocupa piñeirais dende os 1 800 ata os 600 metros de altitude Non é raro velo en parques urbanos de boa extensión e vexetación autóctona ben coidada
Costumes: reclamo a modo de rincho audible a moita distancia, ás veces emíteo nos postes do tendido eléctrico que cruzan a xunqueira Voo ondulado, alternando batido de ás con pregado das ás É frecuente velo alimentarse no chan en busca de formigueiros (o seu principal alimento) utilizando a súa longa e pegañosa lingua Nidifica en ocos grandes en árbores
Situación no ENIL: residente e reprodutor habitual con 1 parella
Orde:Piciformes
Familia:Picidae
Lonxitude:31–33 cm
Peso:180 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Picus viridis (Linnaeus, 1758)Pito real
Piciformes
Peto verde
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 41
Identificación: ás anchas e negras con raiado branco en primarias e secundarias Dorso negro con dúas grandes manchas brancas nos ombros Mitra e rabo negros, esta última con dúas bandas de cor branco e negro Anteface branco que se prolonga ata a meixela, curuto negro coa parte posterior vermella (no macho) e mancha branca na caluga Gorxa e parte inferior de cor crema abrancazada, divididas por un colar negro, zona das infracobertoiras caudais de cor vermello intenso Patas con fortes e afiadas garras
Hábitat: ocupa case todo tipo de masas forestais Sempre próximo a zonas con madeira morta (árbores secas ou semisecas) para buscar alimento nelas
Costumes: gabea axilmente polos troncos grazas ás súas patas adaptadas (dous dedos cara adiante e dous cara atrás) Come insectos, sentindo preferencia polas formigas, as cales extrae das regañas das árbores coa súa longa lingua Os froitos máis duros méteos nas fendas ou buratos que el mesmo fai co seu peteiro e machúcaos a peteirazos Perfora buracos nos troncos para aniñar
Situación no ENIL: residente e reprodutor habitual con 1–2 parellas
Orde:Piciformes
Familia:Picidae
Lonxitude:22–23 cm
Peso:85 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Dendrocopos major (Linnaeus, 1758)Pico picapinos
Piciformes
Peto real
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 42
Identificación: sexos iguais Ás pardo–agrisadas cos bordos das plumas abrancazadas, dorso gris, cola longa e negra coas rectrices brancas Cabeza pequena, caluga e parte traseira do píleo de cor negro intenso, cara e meixela brancas con colar negro no inverno e coa gorxa e peito negro no verán Partes inferiores totalmente brancas, onde destacan unhas finas e negras patas
Hábitat: cría xunto a auga, en ríos e regatos Ás veces coincide coa lavandeira real, se ben a lavandeira branca prefire en xeral os tramos máis baixos do río, con augas máis lentas, leitos máis anchos e beiras máis despexadas de vexetación En invernada aparece máis repartida, véndose en cultivos, arados, hortas, etc
Costumes: ave inquieta, anda polo chan buscando alimento, facendo paradas e movendo a cola de arriba cara abaixo Tamén persegue as súas presas voando, dando quebros coas plumas do rabo estendidas Ao anoitecer diríxense aos núcleos urbanos onde pasan a noite en durmidoiros (árbores, parques, edificios) concentrándose a veces miles de exemplares Niño en forma de cunca confeccionado a base de herbas Aliméntase de insectos, pequenos caracois e algunha semente
Situación no ENIL: residente cunha parella criando e aumentando levemente a súa poboación no inverno
Orde:Passeriformes
Familia:Motacillidae
Lonxitude:18 cm
Peso:19–26 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Motacilla alba (Linnaeus, 1758)Lavandera blanca
Passeriformes
Lavandeira branca
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 43
Identificación: dorso e cabeza grises, cunha fina liña de cor branca sobre o ollo, gorxa branca na femia e negra con bigote branco no macho Ás anegrazadas Rabo escuro coas rectrices externas brancas sendo máis longa que o resto das lavandeiras Mitra amarelo–verdosa Partes inferiores amarelas; a femia ten o ventre claro
Hábitat: estreitamente ligada a cursos de auga Prefire augas limpas, aínda que aparece en tramos contaminados Cría en ríos e regatos, principalmente en tramos rochosos de curso rápido con ou sen vexetación de ribeira Na invernada e migración aparece tamén máis lonxe da auga, en hortas, veigas, fontes, vilas
Costumes: ave moi vigorosa e activa, move a cola e camiña sen parar Voo ondulante cun agudo «bisp» cando chega ao punto máis baixo Come insectos, sobre todo moscas, pequenos invertebrados no chan e no aire O niño é unha cunca de herbas emprazada en muros, pontes, construcións a carón do río, base e raíces de árbores
Situación no ENIL: dúas parellas crían dende a desembocadura do río Rons no río Lérez ata a ponte da antiga fábrica da Cross aumentando os seus efectivos no inverno con exemplares de procedencia descoñecida
Orde:Passeriformes
Familia:Motacillidae
Lonxitude:18–19 cm
Peso:15–22 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Motacilla cinerea (Tunstall, 1771)Lavandera cascadeña
Passeriformes
Lavandeira real
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 44
Identificación: ave elegante de bonitas cores, pódese confundir a simple vista coa lavandeira real Ás pardo agrisadas, coas pequenas e grandes cobertoiras máis escuras e con bordos brancos Zona dorsal verde oliva máis extensa e intensa na femia Cabeza pequena, caluga e curuto verdosos na femia e grises no macho Gorxa e cara brancas en ambos os dous sexos e con variable anteface negro Partes inferiores amarelas abrancazadas na femia e amarela intensa no macho (incluída a gorxa en época estival) Zona anal amarelenta Peteiro e patas finos e escuros, rabo longo, fino e escuro con rectrices brancas
Hábitat: áreas abertas, principalmente en xunqueiras e veigas con gando Tamén en ríos e regatos, charcas e algúns cultivos
Costumes: busca o gando e aliméntase preto deste capturando invertebrados desenterrados por estes e insectos que foxen deles cando comen Tamén ataca moscas en voo ao igual que a lavandeira real e a branca No ENIL a maioría do tempo pásao na propia xunqueira onde cría, se ben pode verse comendo nos prados próximos Niño con forma de cunca forrado de herbas no chan
Situación no ENIL: reprodutora e migradora transahariana, 6–8 parellas crían dentro da xunqueira, todas na parte sur máis influenciada polas mareas Ata a desaparición do gando na xunqueira era moitísimo máis abundante
Orde:Passeriformes
Familia:Motacillidae
Lonxitude:17 cm
Peso:16–22 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Motacilla f lava (Linnaeus, 1758)Lavandera boyera
Passeriformes
Lavandeira amarela
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 45
Identificación: sexos iguais Este paxaro é unha das aves máis pequenas que se poden atopar no ENIL e en Galicia O voo é rápido e directo movéndose polas matogueiras e silveirais como un pequeno roedor As súas partes superiores son de cor parda clara e ás inferiores, ante claro O peteiro é longo e fino e ten unha longa risca superciliar pálida Rabo pardo con bandas negras que normalmente mantén teso a modo de bandeirola
Hábitat: matogueiras, silveirais, hortas ocupa no ENIL todos os hábitats presentes, sendo unha das especies máis abondosas incluso dentro da propia xunqueira
Costumes: móvese polo chan entre a vexetación coma se fose un pequeno rato Adoita pousarse en ramas onde canta con gran volume polo que é facilmente observable O seu niño é unha bóla de brión cun pequeno buraco de entrada por entre a vexetación enmarañada (hedras, silveiras, raíces ) Aliméntase en zonas húmidas, frescas e sombrizas onde captura insectos, arañas, etc
Situación no ENIL: residente e reprodutora, é unha das aves mais comúns; pode verse en calquera hábitat
Orde:Passeriformes
Familia:Troglodytidae
Lonxitude:9–10 cm
Peso:8–12 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Troglodytes troglodytes (Linnaeus, 1758)Chochín
Passeriformes
Carriza
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 46
Identificación: dorso e ás pardo intenso con barrado negro en dorso e cobertoiras Mitra de cor gris, rabo pardo intenso e curuto pardo máis claro con liñas tenues escuras Partes inferiores do corpo gris con bandas escuras nos costados, ten as infracobertoiras caudais abrancazadas Gorxa e fronte gris con cara parda pencada de crema Ollo marrón con bordo claro cunha risca gris por enriba deste, peteiro fino e escuro Patas rosa alaranxado con uñas escuras
Hábitat: é un ave ligada a matogueiras: silveiras, toxeiras, xesteiras, uceiras
Costumes: ave asociada a multitude de ambientes, calquera tipo de matogueiras nas que se refuxia cando é molestada, zonas montañosas incluso a bastante altitude Móvese polo chan en busca de alimento próximo ás matogueiras e non é raro vela en comedeiros para paxaros, en parques e xardíns Niño con forma de cunco en matogueiras forrado de pelos e brión Aliméntase de insectos, larvas, vermes e arañas, e tamén de sementes de leguminosas e gramíneas
Situación no ENIL: é outra das aves máis comúns, podendo verse en calquera hábitat No inverno detéctanse máis individuos pola chegada de aves do centro e norte de Europa Unha ave anelada cientificamente no ENIL o 01/01/1984 foi recapturada o 25/03/1985 en Carlow, Schwerin (Alemaña), a 1 919 km de distancia
Orde:Passeriformes
Familia:Prunellidae
Lonxitude:14,5 cm
Peso:18–24 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Prunella modularis (Linnaeus, 1758)Acentor común
Passeriformes
Azulenta
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 47
Identificación: sexos iguais Partes superiores pardo claro, máis escuras nos extremos das ás e no rabo Fronte, cara e peito de cor alaranxada azafrán, con rebordo agrisado que se estende ata os flancos Ventre e infracobertoiras caudais varían entre ante e oliva moi claro Peteiro negro e fino, ollos grandes e negros, patas finas Os novos son pardo pencado
Hábitat: como reprodutor está asociado a matogueiras, bosques de calquera tipo, hortas e mesmo xardíns das cidades
Costumes: moi confiada; se a observamos, case con toda seguridade, acercarase a inspeccionar a área pola que nos atopamos para comprobar se desenterramos algo que poida ser do seu gusto É solitaria e territorial, non dubida en enfrontarse a aves máis grandes ca ela Niño de brións, follas secas e herbas, tapizado con raíces finas, pelo e ás veces plumas; a miúdo está construído dentro dunha cavidade que lle serve de teito coma en buracos de árbores, entre raíces ou matogueiras baixas Come insectos, caracoliños, vermes, sementes e froitos ademais de ser un asiduo visitante de comedeiros para paxaros
Situación no ENIL: reprodutor moi común, atopándose en todos os hábitats a excepción da xunqueira A finais do outono aumenta a súa poboación pola chegada de migrantes para pasar o inverno de procedencia descoñecida actualmente
Orde:Passeriformes
Familia:Turdidae
Lonxitude:14 cm
Peso:16–22 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Erithacus rubecula (Linnaeus, 1758)Petirrojo
Passeriformes
Paporrubio
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 48
Identificación: no macho as partes superiores son pardas escuras, a excepción da mitra que é pálida con pencas escuras e unhas manchas brancas que teñen na base das cobertoira caudais Gorxa negra con colar branco, peito alaranxado perdendo intensidade a medida que descende ata a cloaca que é case branca Patas negras brillantes A femia cambia os tons pardos por unha gama de marróns de menos intensidade e cantidade de laranxa no peito e en lugar de colar ten un fino bigote
Hábitat: vive en zonas abertas, despexadas ou con vexetación pouco densa, con frecuencia asociada a matogueiras e herbais
Costumes: ave atrevida, póusase no máis alto dos arbustos e matogueiras; moi tesa controla o terreo e avisa co seu chocante reclamo, a modo de castañoleo Voos curtos cambiando de miradoiro e seguindo o intruso que o preocupa incluso longas distancias e advertíndolle constantemente coa voz de alarma Move as ás e rabo cando está pousada nos cables, estacas ou vallas Cría en zonas abertas pero con vexetación densa O niño é unha cunca de herba e brión cuberto de plumas e peliños, normalmente no chan
Situación no ENIL: residente e reprodutor común nas matogueiras e na xunqueira e unha ave fácil de ollar dende calquera camiño
Orde:Passeriformes
Familia:Turdidae
Lonxitude:12,5 cm
Peso:14–17 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Saxicola torquata (Linnaeus, 1766)Tarabilla común
Passeriformes
Chasco
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 49
Identificación: o macho é totalmente negro co peteiro amarelo alaranxado intenso e anel ocular alaranxado A femia é marrón pardo co peito e o ventre pencado máis escuro Ten o peteiro escuro amarelento e anel ocular tamén amarelento Ten ás anchas, rabo curto e patas escuras
Hábitat: presente en todas as espesuras e sotobosques Tamén común en xardíns e rúas arboradas de vilas e aldeas Prefire a combinación de arboredo, matogueiras e claros de chans despexados, especialmente situados en zonas frescas e sombrizas
Costumes: reclamo estridente, escandaloso e característico Anda a brincos polo chan e aparta follas co peteiro de forma brusca É especialista en sacar miñocas e tragalas como se dun espaguete se tratase A miúdo, camúflase dando saltos entre a vexetación baixa pero cando se ve obrigado a fuxir, faino cunha estridente voz como se marchase enfadado Niño de ramiñas e barro nas matogueiras ou forcaduras de árbores Aliméntase de vermes e insectos e tamén de froitos maduros
Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común, pode atoparse en calquera hábitat En inverno aumenta a súa poboación pola chegada de migrantes para pasar o inverno de procedencia descoñecida actualmente
Orde:Passeriformes
Familia:Turdidae
Lonxitude:24–25 cm
Peso:80–110 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Turdus merula (Linnaeus, 1758)Mirlo común
Passeriformes
Merlo
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 50
Turdus philomelos (Brehm, 1831)Zorzal común
Identificación: é o máis típico dos tordos, de menor tamaño que un merlo Vista dorsal pardo oliva liso, gorxa, peito e ventre crema moi claro tornando a branco cun groso pencado en forma de «v» invertido de cor parda escura Ante alaranxado esfumado no peito, flancos e baixo as ás; estas son pardas agrisadas nos seus extremos Patas pardo rosado, peteiro forte, escuro con parte inferior clara
Hábitat: especie ligada ao bosque húmido, parques e xardíns
Costumes: ave desconfiada, adoita verse comendo no chan ou escapando emitindo uns característicos «tsip» ou «tic» breves e repetitivos Canto intenso e afrautado, na primavera canta enriba dunha árbore, habitualmente á tardiña, un melodioso canto que é un dos máis bonitos que se poden escoitar no ENIL O seu niño é unha cunca ben definida de herbas, ramas finas, brión, follas secas e liques, cunha capa interior de madeira podre e barro Aliméntase de caracois, lesmas, pequenos invertebrados, froitos e sementes
Situación no ENIL: residente e reprodutor común, o seu carácter desconfiado fai que pase desapercibida, detectándose moitas veces a súa presenza ao escoitar o seu canto No inverno aumenta moito a súa poboación pola chegada de aves do centro e norte de Europa
Orde:Passeriformes
Familia:Turdidae
Lonxitude:22–23 cm
Peso:65–85 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: anexo ii
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Passeriformes
Tordo común
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 51
Identificación: o macho en primavera ten a gorxa de cor azul intensa con dúas franxas de cor negra e castaña que a separan do peito e ventre de cor branca Cabeza cunha cella branca e ancha Curuto e partes superiores pardas Patas negras e rabo cunha banda terminal negra e dúas manchas laterais vermellas na súa base Despois da muda a finais do verán, a gorxa adoita ser abrancazada con algo de azul, bordos negros e colar escuro con algo de azul A femia ten as costas cremosas e a gorxa clara con listas laterais negras que se unen nun colar irregular de cor escura a miúdo con vestixios de azul e castaño
Hábitat: espesuras con sebes en zonas húmidas En migración a miúdo en canavais ou campos de cultivo
Costumes: ave discreta, dá saltiños polo chan co rabo levantado Tamén abre o rabo en abano con frecuencia Aliméntase de insectos e larvas En Galicia só crían unhas poucas parellas no Macizo Central ourensán; a súa poboación está catalogada como vulnerable
Situación no ENIL: migrador transahariano con números moi discretos
Orde:Passeriformes
Familia:Turdidae
Lonxitude:13–14 cm
Peso:20 g
Grao de ameaza:Galicia: vulnerableEspaña: anexo ivEuropa: anexo i
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Luscinia svecica (Linnaeus, 1758)Pechiazul
Passeriformes
Papoazul
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 52
Identificación: sexos iguais, aínda que os machos son máis grandes que as femias Aspecto robusto Ás e rabo curtos e redondeados, de cor parda vermella moi escura Cabeza pequena, cara gris cunha risca superciliar gris e cara parda Partes inferiores de cor gris e patas e peteiro pardo rosadas, coa punta do peteiro escura Patas robustas O rabo é ancho e redondeado, sendo o único paseriforme con 10 plumas neste en vez de 12
Hábitat: común en zonas húmidas con denso sotobosque xunto a todo tipo de cursos de auga
Costumes: moi nervioso, moi tímido e difícil de observar, case todos os contactos son escoitando o seu potente e explosivo canto, moi característico, emitido dende dentro da vexetación espesa Esencialmente unha repetición de «cuchí» O seu niño é unha cunca voluminosa de follas e pequenas ramas, no interior tapizado con herbas finas, pelo e plumas Come insectos, arañas, pequenos caracois e sementes
Situación no ENIL: reprodutor e residente común con 3–4 parellas, aumenta os seus efectivos coa chegada en outubro e novembro de aves xuvenís e femias, algunhas das cales quedan no inverno
Orde:Passeriformes
Familia:Sylviidae
Lonxitude:14 cm
Peso:Macho: 12,5–14 gFemia 10–12,5 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Cettia cetti (Temminck, 1820)Ruiseñor bastardo
Passeriformes
Rousinol bravo
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 53
Identificación: sexos iguais Ave moi pequena, partes superiores cun bonito raiado de cores pardo escuro e crema claro Partes inferiores abrancazadas Rabo curto e redondeado coas puntas das plumas de cores branca e negra facilmente visibles Patas finas e rosadas Na época de cría o macho ten o peteiro negro e a femia pardo
Hábitat: común en lugares abertos con vexetación herbácea de certa altura, tanto xunqueiras coma campos e veigas, aínda que non asociado á auga
Costumes: difícil de ver ás veces, é facilmente recoñecible cando canta en voo; emite un «tsip tsip tsip », cada nota coincide cunha breve elevación mentres describe un amplo círculo É moi activo e cando está pousado axita a cola O seu niño, construído dentro dunha mata de herbas altas ou xuncos moitas veces a poucos centímetros do chan, é unha estrutura en forma de bolsa profunda feita de teas de araña engadidas arredor de herba e talos de xunco Come fundamentalmente insectos e arañas
Situación no ENIL: residente e reprodutora moi común, é no verán despois da cría cando acada algúns anos unha poboación moi numerosa Cos invernos moi fríos a súa poboación diminúe notablemente por mortalidade
Cisticola juncidis (Rafinesque, 1810)Buitrón
Passeriformes
Carriza dos xuncos
Orde:Passeriformes
Familia:Sylviidae
Lonxitude:10 cm
Peso:10 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 54
Identificación: sexos iguais Ave pequena Ten unha plumaxe pouco rechamante A impresión é dunha ave de cor de palla Son características unha cella e sobrecella anchas e de cor ante amarelenta, no manto tamén posúe dúas anchas bandas de cor branca amarelenta Patas pálidas de cor rosada
Hábitat: zonas húmidas de escasa inundación con vexetación helofítica con extensións continuas de Scirpus sp , Juncus sp ou Carex sp , pero tamén en herbais densos e matogueiras preto das zonas húmidas
Costumes: ave reservada e de difícil detección Trátase dunha ave globalmente ameazada (catalogada como vulnerable a escala global) e é a paseriforme máis ameazada de Europa continental (clasificada en perigo a escala europea) Migradora transahariana, cría no leste e centro de Europa concentrando o 90 % da súa poboación reprodutora en 3 países: Bielorrusia, Ucraína e Polonia Aliméntase de invertebrados, principalmente mosquitos, arañas, cabaliños do demo, bolboretas e avelaíñas
Situación no ENIL: migradora transahariana e descoñecida ata o ano 2008 cando se captura para o seu anelamento científico un adulto en agosto No 2009 captúranse tres exemplares máis para o seu anelamento científico e converte o ENIL nunha das poucas zonas húmidas de Galicia que esta escasa especie utiliza para descansar e alimentarse na súa migración cara a África
Orde:Passeriformes
Familia:Sylviidae
Lonxitude:12 cm
Peso:14 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: anexo ivEuropa: anexo i
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Acrocephalus paludicola (Vieillot, 1817)Carricerín cejudo
Passeriformes
Folosa acuática
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 55
Identificación: sexos iguais Parte superior parda clara uniforme coas ás e o rabo de cor parda máis escura, bordo das plumas de tonalidade máis clara (parecida á cor do dorso) Cabeza pequena, de cor uniforme como o resto do corpo, ollos escuros con anel ocular pálido, risca superciliar pálida e peteiro maioritariamente claro con zona escura na parte superior Gorxa e partes inferiores brancas coas costas de cor ante agrisado Patas finas e escuras
Hábitat: moi ligada á vexetación de ribeira de ríos e regatos, tanto de carácter arbustivo como en forma de arboredo espeso e enmarañado (silvas, freixos, ameneiros, etc ) Ás veces aparece tamén en ambientes non acuáticos como matogueiras
Costumes: ave solitaria Canto con multitude de gorgolexos e trinos afrautados que se fan interminables e repetitivos Moitas veces queda inmóbil cando canta, sendo moi difícil a súa localización entre a vexetación palustre Elabora os seus niños en carrizos entretecendo as ramas nos talos destes e formando un cesto profundo que ornamenta con brión Aliméntase de insectos, arañas e sementes
Situación no ENIL: reprodutora non común e migradora transahariana 2–3 parellas crían no espazo aumentando a súa poboación e agosto e setembro con aves migrantes
Orde:Passeriformes
Familia:Sylviidae
Lonxitude:12–14 cm
Peso:10–14 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Acrocephalus scirpaceus (Herman, 1804)Carricero común
Passeriformes
Folosa das canaveiras
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 56Passeriformes
Orde:Passeriformes
Familia:Sylviidae
Lonxitude:13 cm
Peso:11 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Identificación: sexos iguais Parte superior, rabo e ás de cor parda verdosa Gorxa e partes inferiores amarelo pálido Patas finas e escuras Peteiro claro e ancho Lista supraocular e anel ocular amarelo Ás curtas e redondeadas Pode lembrar os picafollas pero estes son máis pequenos e activos
Hábitat: matogueiras con arboredo pouco denso, silveiras e sebes Máis abondosa preto da auga
Costumes: ave solitaria e receosa, aínda que non é excesivamente tímida O seu canto é melodioso, metálico, prolongado e rápido Imita a miúdo o canto doutras aves Cando canta é doada de observar O seu niño é profundo e suspendido nunha forcadura Aliméntase de insectos e froitos A miúdo canta situada no alto das matogueiras ou silveiras Cando cría tamén emite diversos reclamos estalantes curtos, por exemplo «tett», series prolongadas de «te–te–te » e un máis rápido tipo pardal «tr`r`r`r`r`r`rt»
Situación no ENIL: reprodutora moi común e migradora transahariana
Hippolais polyglotta (Vieillot, 1817)Zarcero común
Folosa amarela
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 57
Identificación: macho con ás e rabo agrisados, mitra, dorso e ombros gris cinza claro Curuto negro Cara e gorxa de cor gris, con zona inferior gris moi clara A femia diferenciase do macho polo curuto marrón vermello e por ser máis parda polo dorso tendo a súa parte inferior tonalidades máis claras e rosadas Ollos e patas negras en ambos os sexos Bastante parecida á papuxa cabecinegra da que se distingue porque o curuto cobre ata o inicio do ollo Complexión robusta
Hábitat: como reprodutora cínguese a zonas frescas, especialmente ribeiras arboradas e arbustivas, avesedos e marañas de vexetación Nas zonas máis húmidas, cría tamén en hortas Na migración e invernada ocupa todo tipo de arboredo e matogueiras, sendo máis abundante en zonas con froitos tales como montes de matogueira mixta, ribeiras, etc
Costumes: durante o inverno é frecuente vela dentro das vilas, en xardíns e arboredo urbano Nidifica en silvas ou matogueiras a baixa altura Constrúe o niño pequeno a base de herbas e talos Come insectos, eirugas e froitos carnosos
Situación no ENIL: residente e reprodutora moi común
Orde:Passeriformes
Familia:Sylviidae
Lonxitude:14 cm
Peso:18 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Sylvia atricapilla (Linnaeus, 1758)Curruca capirotada
Passeriformes
Papuxa das amoras
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 58
Identificación: o máis identificador é a súa cabeza: caluga, curuto e cara negras no macho, gris nas femias e machos xuvenís e parda nas femias xuvenís; o anel ocular é vermello (máis intenso no macho) e a gorxa branca Esta cabeza contrasta co resto do corpo de cores agrisadas no macho e apardazadas na femia Patas de cor rosa escuro
Hábitat: principalmente matogueiras: xesteiras, toxeiras, silveiras
Costumes: ave inqueda, de movementos enérxicos, escóndese rápido entre a maleza, aínda que ás veces pódese mostrar confiada Constrúe o seu niño en arbustos e silveiras a media e baixa altura con finas ramas e herba seca, tapizada con raíces, herbas e pelos Aliméntase de insectos e arañas e en inverno de froitos e sementes de gramíneas
Situación no ENIL: residente e reprodutora moi común, son as matogueiras que cobren as zonas de recheo do ENIL o seu hábitat óptimo Esta especie, que actualmente se está expandindo cara ao norte, coloniza Galicia a principios dos anos 80 do século XX, aparecendo na xunqueira a finais de dita década
Orde:Passeriformes
Familia:Sylviidae
Lonxitude:13 cm
Peso:12 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Sylvia melanocephala (Gmelin, 1789)Curruca cabecinegra
Passeriformes
Papuxa cabecinegra
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 59
Identificación: sexos iguais Pequena ave de aspecto verdoso amarelento Cabeza, dorso e mitra de cor parda olivácea, ás pardo verdosas con peito e costas amarelo limón Peteiro fino e negro e patas finas e pardas Ás curtas e redondeadas Moi parecido ao picafollas europeo A maior diferenza é o seu canto: «Suit–suit–suit–suit–bit–bit» ao igual co seu reclamo, un «piu»
Hábitat: bosques e matogueiras frescas, normalmente preto de ríos, regatos, marismas e calquera tipo de zona húmida Pódese ollar tamén en parques e xardíns urbanos
Costumes: pequena ave de movementos rápidos mentres persegue as súas presas (arácnidos e pequenos insectos) en voo ou na follaxe Aniña no chan ou a rentes del facendo unha bóla cunha abertura lateral principalmente de herbas Migrador transahariano
Situación no ENIL: reprodutor moi común e migrador transahariano, amplamente espallado polo bosque que circunda a xunqueira
Orde:Passeriformes
Familia:Sylviidae
Lonxitude:10–12 cm
Peso:6–9 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Phylloscopus ibericus (Ticehurst, 1937)Mosquitero ibérico
Passeriformes
Picafollas ibérico
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 60
Phylloscopus collybita (Vieillot, 1817)Mosquitero común
Orde:Passeriformes
Familia:Sylviidae
Lonxitude:11 cm
Peso:8 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Passeriformes
Picafollas europeo
Identificación: sexos iguais Pequena ave de aspecto verdoso amarelento moi parecida ao picafollas ibérico pero con partes superiores de cor parda olivácea Gorxa case abrancazada Peteiro fino e negro, ollos negros e patas escuras Ás curtas e redondeadas
Hábitat: bosques e matogueiras, normalmente preto de ríos, regatos, marismas e calquera tipo de zona húmida En Galicia é invernante, podéndose ollar en calquera hábitat
Costumes: como o picafollas ibérico é unha ave de movementos rápidos, pero máis fácil de observar debido ao seu carácter confiado Tamén captura as súas presas (insectos e maioritariamente mosquitos) en voo ou na follaxe É recoñecible polo seu canto «chif–chaf–chif–chaf » repetido, que o distingue do picafollas ibérico, ao igual que o seu reclamo: «uit» repetido Aliméntase de insectos
Situación no ENIL: invernante moi común, sendo especialmente abundante a principios de outono e finais do inverno
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 61Passeriformes
Orde:Passeriformes
Familia:Aegithalidae
Lonxitude:12–14 cm
Peso:8 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Aegithalos caudatus (Linnaeus, 1758)Mito
Ferreiriño rabilongo
Identificación: sexos iguais Corpo redondo cun rabo extremadamente longo Dorso rosado cun triángulo negro que se une coa caluga Mitra e rabo negros; este último ten plumas laterais brancas Cabeza redonda, curuto negro con franxa central branca rosada Peteiro diminuto e negro ao igual que os seus ollos, os cales están rodeados por unha fina liña vermella Gorxa e cara brancas Parte inferior e costas crema rosado
Hábitat: especie ligada ao bosque con matogueiras e marañas de vexetación Fóra da época de cría aparece en maior variedade de ambientes e incluso en xardíns Gústanlle moito os sotos fluviais e o arboredo caducifolio con algunhas árbores mortas
Costumes: móvese en pequenos bandos, buscando alimento entre as ramas das árbores e sobre todo no sotobosque e matogueira Confiado, moi activo e acrobático Fai un niño moi peculiar con forma de bóla con entrada lateral e feito con plumas, liques, brión e teas de araña colocándoo entre a vexetación espiñenta Aliméntase de insectos e arañas ademais dalgunha semente Emiten finos "tsi–tsi–tsi» mentres se moven en grupos
Situación no ENIL: residente e reprodutor común en todos os hábitats que circundan a xunqueira
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 62
Orde:Passeriformes
Familia:Paridae
Lonxitude:10–11 cm
Peso:8–10 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Parus ater (Linnaeus, 1758)Carbonero garrapinos
Passeriformes
Ferreiriño negro
Identificación: sexos iguais Ave pequena, con dorso, ombros e curuto de cor gris azulado, rabo dun ton máis escuro ao igual que as ás, as cales teñen dúas franxas brancas, unha baixo os ombros e outra máis ao centro Cabeza grande, negra con caluga e cara brancas con babeiro negro Ollos e peteiro negros, este último fino Peito abrancazado, ventre e costas de cor ocre Patas fortes, con garras afiadas e de cor azulada
Hábitat: ave ligada ás coníferas, incluso cando están mesturadas con outras árbores Moi frecuente en parques e xardíns
Costumes: congrégase en grandes bandadas con outros páridos en inverno formando alboroto na busca de alimento Pendúrase boca abaixo nas ramas para peteirar sementes e froitos Niño de follas e brión recuberto de pelo en ocos de árbores e ocupando ocos de picos Aliméntase de insectos e arañas
Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común, é o párido máis abundante no espazo
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 63
Orde:Passeriformes
Familia:Paridae
Lonxitude:11,5 cm
Peso:9–12 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Parus caeruleus (Linnaeus, 1758)Herrerillo común
Passeriformes
Ferreiriño azul
Identificación: sexos iguais Ás azuis con franxa branca no extremo das grandes cobertoiras e pequenas manchas brancas nas terciarias Dorso verdoso e rabo da mesma cor azul que as ás Cabeza redonda e pequena con curuto eréctil de cor azul brillante e rodeado de branco, cara e fronte brancas cunha liña ocular escura que vai dende o peteiro ata a caluga Ten unha fina gorxa negra que se lle une cun colar da mesma cor Peteiro e ollos pequenos e de cor negra Peito amarelo cunha fina franxa central de cor negra Patas negras que lle permiten gabear con facilidade
Hábitat: ave forestal que aparece en case todo tipo de bosques É frecuente en bosques de ribeira, hortas, bosques mixtos e tamén en parques e xardíns
Costumes: ave en declive nos ecosistemas españois en xeral Require arboredo maduro con ocos para criar Como moitos páridos pendúrase boca abaixo nas ramiñas das árbores Niño pequeno revestido de pelo, plumas e brión Aliméntase de insectos, arañas, eirugas e sementes
Situación no ENIL: residente e reprodutor común, sendo o párido menos abundante no espazo
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 64
Orde:Passeriformes
Familia:Paridae
Lonxitude:14 cm
Peso:18 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Parus major (Linnaeus, 1758)Carbonero común
Passeriformes
Ferreiriño real
Identificación: ás gris azuladas con franxa branca baixo as cobertoiras medianas Dorso verdoso e mitra cincenta, rabo longo e de cor gris azulada con rectrices brancas Cabeza negra coa cara branca e gorxa negra, colar e longa gravata negra que cruza a parte inferior ata as infracobertoiras caudais (gravata máis ancha nos machos) Parte inferior amarela lisa un pouco máis intensa nos machos
Hábitat: trátase dunha especie que non se pode asociar a un tipo concreto de formación boscosa Cría en todo tipo de terreos con árbores e en parques e xardíns
Costumes: aniña xeralmente en ocos de árbores Ten un rechamante e pegañento reclamo «chi–chi–pan chi–chi–pan» Debido ás súas rechamantes cores é facilmente observable e identificable Niño pequeno recuberto de pelo, brión e plumas Aliméntase de sementes, froitos duros como noces, eirugas e pequenos insectos Atrevido e algunhas veces audaz, chega a comer sementes na man
Situación no ENIL: residente e reprodutor común Excepto na xunqueira é visto en todos os hábitats, tamén no espadanal onde algunhas épocas do ano acode a comer
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 65
Orde:Passeriformes
Familia:Certhiidae
Lonxitude:12–13 cm
Peso:8–10 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Certhia brachydactyla (Brehm, 1820)Agateador común
Passeriformes
Gabeador
Identificación: sexos iguais Partes superiores pardas con pencas claras cunha longa cola máis clara, gallada e sen pencado Ás escuras cunha franxa abrancazada no centro Gorxa e ventre brancos Cabeza parda cunha risca superciliar branca Peteiro longo, escuro e curvo cunha parte inferior clara
Hábitat: sempre asociado a masas arbóreas: soutos, carballeiras, piñeirais, parques, xardíns
Costumes: gabea e descende polos troncos das árbores en espiral, comezando xeralmente pola base, en procura do seu alimento: eirugas, arañas, insectos e ocasionalmente sementes Fai o seu niño nas fendas e cortiza dos troncos Tamén nos muros É unha cunca pequena e recuberta de herbas e plumas O seu canto é un rítmico «tiit–tiit–tiit–tiitroititt» e o reclamo, un agudo «sriif» ou «sziit»
Situación no ENIL: residente e reprodutor común, obsérvase alí onde haxa árbores
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 66
Garrulus glandarius (Linnaeus, 1758)Arrendajo
Passeriformes
Orde:Passeriformes
Familia:Corvidae
Lonxitude:34–35 cm
Peso:140–190 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Gaio
Identificación: sexos iguais Bonito córvido de partes superiores pardo agrisadas Mitra e subcobertoiras caudais brancas que contrastan co rabo negro e ás con franxas alares brancas e azuis pálidas que destacan conspicuamente en voo Cabeza grande con gorxa branca e peteiro robusto de cor negro Curuto eréctil, abrancazado e riscado de negro
Hábitat: fragas, soutos, carballeiras e piñeirais Rara vez óllase lonxe do arboredo
Costumes: Ave bastante tímida e ruidosa, xeralmente é detectada polo seu reclamo, un «craij» ruidoso e de longo alcance Os seus aletexos son axitados e o seu voo lento e inestable Xeralmente anda en grupos O seu niño o sitúa en árbores, en forcaduras ou contra o tronco, e consiste nunha cunca de ramiñas e talos
Situación no ENIL: residente, non está comprobada a súa cría dentro do espazo, pero obsérvase todo o ano, principalmente na zona norte: no bosque de ribeira e o ameneiral
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 67
Orde:Passeriformes
Familia:Corvidae
Lonxitude:44–46 cm
Peso:180–250 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Pica pica (Linnaeus, 1758)Urraca
Passeriformes
Pega
Identificación: sexos iguais De aspecto branco e negro, o certo é que as plumas da testa, gorxa e peito son negras, pero o rabo e ás son de cores verdes e azuis metalizadas As plumas escapulares, costas e ventre son brancas Ollos, peteiro e patas negras Ás curtas e rabo longo
Hábitat: cría en áreas abertas con árbores, sendo común preto do home en aldeas, vilas, hortas e parques
Costumes: común e ben coñecida, vive preto do home, sendo fácil de ollar polo seu aspecto inconfundible Acostuma andar polo chan saltando e movendo o rabo paseniño O seu niño e unha estrutura voluminosa de ramiñas, paus, raíces e tamén lixo e obxectos brillantes con algo de barro e en forma de cúpula Sitúao en árbores ou arbustos Ave sociable, fóra da época de cría reúnense para durmir ata centos de individuos A súa alimentación é omnívora, principalmente insectos, pero tamén miñocas, bagas, grans, froitas, carnaza e depreda ovos e polos de niños
Situación no ENIL: residente e reprodutora moi común e doada de ollar durante todo o ano
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 68
Orde:Passeriformes
Familia:Corvidae
Lonxitude:44–51 cm
Peso:540–600 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Corvus corone (Linnaeus, 1758)Corneja
Passeriformes
Corvo pequeno
Identificación: sexos iguais Ave grande e esvelta con cabeza ancha, ollos e peteiro negros O peteiro é redondeado, groso e algo curvado Plumaxe totalmente negra, ás anchas e rabo cadrado Voo recto e forte, con batidos regulares
Hábitat: áreas boscosas, terreos con moito arboredo en moitas ocasións preto de cultivos, campiña e grandes parques Tamén en espazos abertos na liña de costa
Costumes: ave tímida e desconfiada, pode ollarse frecuentemente preto de estradas e camiños Ave sociable pero en xeral bastante solitaria Depreda tamén niños e polos doutras aves, e tamén come carnaza, invertebrados, grans, caracois e animais mortos O seu niño é grande, feito de paus e ramas non moi profundo, situado en árbores a bastante altura
Situación no ENIL: residente e reprodutor común e doada de ollar durante todo o ano
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 69
Orde:Passeriformes
Familia:Sturnidae
Lonxitude:19–22 cm
Peso:75–90 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Sturnus vulgaris (Linnaeus, 1758)Estornino pinto
Passeriformes
Identificación: sexos iguais Un pouco máis pequeno e esvelto que un merlo Na época invernal, que é cando aparecen, son basicamente mouros con irisacións violetas, azuis e verdes e pencado de pequenas pencas brancas ou cremosas por todo o corpo Peteiro longo, afiado e escuro Patas rosáceas, rabo curto e ás aguzadas O seu voo é rápido e directo
Hábitat: campos de cultivo, parques e xardíns
Costumes: ave desconfiada, adoita andar en bandos dende poucos ata decenas de exemplares, sós ou mesturados con estorniños negros O seu canto é variable, imitando outros cantos, gorgolexos e píos rechiantes, chasquidos e asubíos claros e prolongados Aliméntase de insectos, bagas, froitos e sementes Acode a durmir en grande número a parques, canavais e grandes árbores
Situación no ENIL: frecuente no inverno en pequenos bandos, moitas veces asociado a estorniños negros
Estorniño pinto
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 70
Sturnus unicolor (Temminck, 1820)Estornino negro
Passeriformes
Orde:Passeriformes
Familia:Sturnidae
Lonxitude:21–22 cm
Peso:75–90 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Identificación: sexos iguais Plumaxe totalmente negra con leves reflexos azuis no lombo e verdosos na zona da mitra Ao igual que o estorniño pinto é un pouco máis pequeno e esvelto que un merlo No inverno a súa plumaxe amósase pencada de pequenas marxas branco agrisadas, moito menos rechamantes que as do estorniño pinto Patas rosáceas, rabo curto e ás aguzadas e longas Peteiro amarelo con base celeste no macho e rosada na femia O seu voo é rápido e directo
Hábitat: campos de cultivo, parques e xardíns, criando tamén no interior de carballeiras, sempre que haxa preto campos e cultivos
Costumes: ave desconfiada, acostuma andar en bandos dende poucos ata decenas de exemplares, sós ou mesturados con estorniños pintos O seu canto é máis sinxelo que o do pinto, máis afrautado, gorgolexos e píos rechiantes, chasquidos e asubíos claros e prolongados Aliméntase de insectos, bagas, froitos e sementes Acode a durmir en grande número a parques, canavais e grandes árbores Niño grande e sucio en ocos de árbores, paredes e penedos
Situación no ENIL: residente e reprodutor común, sobre todo no inverno, detéctase en bandos pousados nos cables eléctricos e grandes árbores, ás veces moi numerosos
Estorniño negro
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 71
Orde:Passeriformes
Familia:Passeridae
Lonxitude:14–15 cm
Peso:20–30 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Passer domesticus (Linnaeus, 1758)Gorrión común
Passeriformes
Identificación: macho co lombo pardo raiado de negro, curuto e mitra gris e rabo pardo escuro con bordos marrón claro Ás anchas na súa base, pardas escuras con bordos claros, cobertoiras medianas de cor arrubiado co extremo inferior branco formando unha liña Peito e ventre branco agrisado Testa grande con curuto gris, pequeno anteface negro, peteiro curto, groso e negro, laterais da gorxa brancos Papo e gorxa negros A femia e os inmaturos son máis apagados, carecen de negro na gorxa e papo, o curuto é pardo, cella clara e peteiro de cor pardo cunha base amarelenta
Hábitat: moi ligado ao home, cerca deste pódese ollar en calquera hábitat; non abunda en bosques
Costumes: oportunista e atrevido, procura comida en calquera lugar, mesmo galiñeiros ou nas rúas das cidades A finais do verán e outono pódese observar en hábitats máis afastados do home Cría en ocos ou buratos de casas e construcións en cidades, vilas, aldeas e mesmo casas illadas
Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común, criando preto do home ao redor de todo o espazo, ao que acoden a alimentarse
Pardal
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 72
Orde:Passeriformes
Familia:Estrildidae
Lonxitude:11–12 cm
Peso:7,5–9 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Estrilda astrild (Linnaeus, 1758)Pico de coral
Passeriformes
Identificación: paxaro pequeno de cores pardas finamente raiado transversalmente por arriba e por abaixo, facéndose máis conspicuas estas liñas conforme crece Ás curtas e redondeadas e ventre rosado Cella vermella intensa, da mesma cor que o peteiro Patas negras Cobertoiras inferiores negras no macho e pardas na femia, sendo esta última de cores máis apagadas que o macho Os inmaturos teñen o peteiro negro
Hábitat: marismas, canavais, xunqueiras e campos con ou sen cultivos
Costumes: ave moi activa e ruidosa, xeralmente en bandos de 4–5 ata decenas de exemplares sendo moi fácil de detectar Aliméntase no chan de sementes e insectos O seu niño está situado en herba alta, xuncos ou carrizos, ten forma redondeada e provisto dun túnel de entrada Cría de febreiro a novembro
Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común Esta ave exótica invasora é orixinaria da África subsahariana e foi introducida en Europa dende o centro de Portugal nos anos 70 do século XX A primeira cita no ENIL foi de 5 exemplares en 1995, aumentando progresivamente a súa poboación ata converterse na ave máis abondosa do espazo, cunha poboación calculada en 150–200 exemplares ao final do verán
Bico de coral
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 73
Orde:Passeriformes
Familia:Fringillidae
Lonxitude:11–12 cm
Peso:11–15 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Serinus serinus (Linnaeus, 1766)Verdecillo
Passeriformes
Identificación: paxaro pequeno de impresión xeral verde amarelenta, cunha mitra de cor amarela intensa co estremo verde oliva que o fai inconfundible O macho ten tamén a testa amarelo intenso con curuto e cara verdosas Ollos e peteiro pequenos e escuros Gorxa, peito e ventre amarelo con menos intensidade no inverno A femia é de menor intensidade no seu colorido
Hábitat: cría en gran variedade de formacións arbóreas, aínda que escasea en bosques pechados As súas maiores densidades acádaas en parques, hortas, xardíns e campiña
Costumes: gregario, inicia o celo en marzo, cantando dende pólas, cables ou mesmo antenas O seu voo similar ás bolboretas é acompañado dun canto ascendente, rechiante e tintinante, rápido e prolongado O seu niño é pequeno, compacto e tapizado de pelo, plumas e brión Aliméntase de pequenas sementes
Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común
Xirín
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 74
Orde:Passeriformes
Familia:Fringillidae
Lonxitude:15 cm
Peso:25–30 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Carduelis chloris (Linnaeus, 1758)Verderón común
Passeriformes
Identificación: do tamaño dun pardal, o macho ten dorso e mitra de cor verde Ás grises coas primarias negras e na base amarelas Rabo negro algo gallado con centro e puntas negros e bordos amarelos Cabeza verde con tons grises, ollos pequenos, peteiro claro e groso Partes inferiores pardo amarelentas A femia en todas as épocas e o macho no inverno teñen unha plumaxe máis tenue e parda
Hábitat: arboredos abertos ou pouco densos, xeralmente preto de cultivos
Costumes: ave discreta e tímida, vólvese rechamante durante a época de celo, cando canta insistentemente Despois vólvese máis discreta e silenciosa En ocasións agrúpase en bandos para comer O seu niño é unha cunca voluminosa de herbas, paus e brión, forrada de finos talos, plumas e pelo, e situado en sebes e árbores Aliméntase de sementes e bagas Voo ondulado O seu reclamo é un curto trino rápido e sonoro e tamén un breve e repetido «sup» ou «siup» O canto é un «tsurriii» nasal prolongado con rápidas series de asubíos tipo canario Pode ter ata 3 roladas cada ano de 3–5 aves cada unha
Situación no ENIL: residente e reprodutor moi común
Verderolo
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 75
Orde:Passeriformes
Familia:Fringillidae
Lonxitude:12,5–13 cm
Peso:14–17 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Carduelis carduelis (Linnaeus, 1758)Jilguero
Passeriformes
Identificación: ás negras cunha ampla franxa amarela no centro destas, bordo inferior das ás coas puntas brancas Dorso pardo crema, mitra branca e rabo negro con manchas brancas na punta Cabeza redondeada con curuto negro, cara a modo de colar branco e vistosa careta de cor vermella intensa Ollos negros pequenos e peteiro de cor pálida coa punta escura e afiada Parte inferior pálida con algo de crema nas costas e no peito Patas finas e marróns Os inmaturos teñen a testa toda parda e estriada
Hábitat: cultivos, parques e xardíns con terreos baldíos preto
Costumes: unha das aves máis bonitas e coñecidas, en boa parte polo seu magnífico canto Non é excesivamente tímida e déixase ver cando canta Fóra da época de cría agrúpase en bandos erráticos que andan á procura de sementes principalmente de cardos e doutras plantas de terreos baldíos O seu niño é unha cunca compacta de brión, raíces, herba, liques e la feito en ramas de árbores e afastado do tronco Aliméntase de sementes
Situación no ENIL: residente Algo frecuente sen chegar a ser común En outono poden verse bandos de ata 20 exemplares na procura de alimento Na comarca de Pontevedra e no ENIL está experimentando un aumento progresivo de parellas de cría dende mediados dos anos 90 do século XX
Xílgaro
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 76
Orde:Passeriformes
Familia:Fringillidae
Lonxitude:12,5–13 cm
Peso:14–17 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Carduelis spinus (Linnaeus, 1758)Lúgano
Passeriformes
Identificación: ás angulosas e negras con banda central de cor amarela Manto verdoso Mitra amarela Rabo amarelo co bordo exterior negro Partes inferiores amarelas claras riscadas de pardo O macho ten o curuto, gorxa e papo negros e a femia e os inmaturos verdoso estriado de pardo
Hábitat: bosques, preferentemente de coníferas, de bidueiros e de ameneiros No seu paso prenupcial (marzo e abril) pódese ver tamén en hortas e carballeiras
Costumes: come nas árbores pendurado das ramas con movementos e posturas acrobáticas Fóra da época de cría forma bandadas, ás veces de centos de exemplares Moi inquedo e incansable, amósase confiado a maioría das veces Come sementes É fácil detectalo polo seu canto, emitido mentres voa, a modo de reclamos curtos, metálicos e agudos tipo «tlui, tillú »
Situación no ENIL: invernante moi común, especialmente nos ameneiros da ribeira do río Rons e ameneiral da parte norte, chegando a verse algúns invernos bandos de ata 200 exemplares
Úbalo
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 77
Orde:Passeriformes
Familia:Fringillidae
Lonxitude:14–17 cm
Peso:26 g
Grao de ameaza:Galicia: ncEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Pyrrhula pyrrhula (Linnaeus, 1758)Camachuelo común
Passeriformes
Identificación: unha das nosas aves máis bonitas; o macho ten o curuto e a gorxa negros, lombo gris lousa, mitra branca, ás escuras cunha franxa branca e cara e partes inferiores vermellas A femia é como o macho, pero co lombo de cor pardo e partes inferiores gris asalmoado Inmaturos pardos, sen curuto negro Todos eles teñen o peteiro negro, curto e groso e as patas negras
Hábitat: bosques caducifolios, campiña e mesmo hortas aínda que parece preferir a vexetación ripícola
Costumes: ave de costumes reservadas, moitas veces detéctase polo seu reclamo, un asubío moi característico, suave e melancólico, «daiuj» Voo ondulado Acostuma verse en parellas, pero pode formar no inverno pequenos bandos erráticos Aliméntase de gromos de árbores, sementes e bagas O seu niño é unha cunca de ramas pequenas, brión e liques tapizada de raíces e pelos situado en matogueiras ou arbustos a non máis de 2,5 metros de altura
Situación no ENIL: residente e reprodutor frecuente aínda que pouco común
Cardeal
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 78
Orde:Passeriformes
Familia:Fringillidae
Lonxitude:13,5–15 cm
Peso:26 g
Grao de ameaza:Galicia: en perigoEspaña: ncEuropa: nc
Xan Feb MarAbr Mai XuñXull Ago SetOut Nov Dec
Emberiza schoeniclus (Linnaeus, 1758)Escribano palustre
Passeriformes
Identificación: o macho é inconfundible: testa negra, colar branco e bigote branco e caído A femia é variable, normalmente co bigote ancho e negro, meixelas pardo escuras e gorxa, bigote e cella pardos Para ambos os sexos o dorso e ás son pardos riscados de negro Partes inferiores claras riscadas nos flancos de ocre Mitra de cor agrisada Peteiro cónico de cor gris e plumas externas do rabo brancas No inverno a plumaxe dos machos aseméllase ás femias tomando un aspecto xeral máis pardo claro
Hábitat: no verán zonas húmidas con vexetación alta, principalmente canaveiras No inverno cultivos, xunqueiras e áreas abertas case sempre con zonas húmidas preto
Costumes: ave esquiva, revela moitas veces a súa presenza cun «tsiiu» aspirado Cando se pousa no alto de sebes, carrizos ou árbores acostuma sacudir o rabo e lanzarse en picado ao chan cando ve algún perigo O seu voo é rápido Come sementes, moluscos, insectos e larvas
Situación no ENIL: invernante En Galicia cría a subespecie E.schoeniclus lusi-tanica da cal a SEO censou en 2005 62–68 parellas, polo que está catalogada como en perigo de extinción no Catálogo galego de especies ameazadas Unha femia anelada en Villefranque–Pyrenees (Francia) o 02/03/2008 foi recapturada na xunqueira o 05/01/2009, logo de percorrer unha distancia de 596 km
Escribenta das canaveiras
apéndice i
Lista das aves do enil Xunqueira de Alba
A lista foi feita con observacións persoais e alleas aparecidas na revista científica Ardeola, nos anuarios das aves de Galicia e observacións persoais inéditas. Actualizada a 15/05/20101.
Na 1a columna aparece o nome científico da aveNa 2a columna aparece o nome galego da ave. (Conde Teira, M. A. Nomes galegos para as aves
ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa, vol. 1, 121–138. 1999)Na 3a columna aparece información elemental sobre o seu estatus migratorio na xunqueira e
arredores, de acordo coas seguintes equivalencias:
— Res.: ave ‘residente’, que se deixa ver ao longo de todo o ano, podendo tratarse de aves estritamente sedentarias ou non. — Est.: ‘estival’, especie migradora só frecuente en época de cría, normalmente entre a primavera e o outono. — Inv.: ‘invernante’, especie migradora que non adoita verse mais que entre o outono e a primavera. — Pas.: ‘de paso’, especie frecuente só durante os seus pasos migratorios, polo xeral na primaveira e no outono. — Des.: ‘descoñecido’, actualmente non se sabe a procedencia ou presenza da especie. — Div.: ‘divagante’, especie que aparece accidentalmente fóra da súa área de distribución real.
PODICIPEDIDAE (Mergullóns)Tachybaptus ruficollis . . . . . . . . . . Mergullón pequeño . . . . . . . des.
PHALACROCORACIDAE (Corvos mariños)*Phalacrocorax carbo. . . . . . . . . . Corvo mariño grande . . . . . . inv. . . . . . . . . . páx. 23Phalacrocorax aristotelis . . . . . . . . Corvo mariño cristado . . . . . . res.
ARDEIDAE (Garzas)*Egretta garzetta . . . . . . . . . . . . Garzota . . . . . . . . . . . . . . inv./pas. . . . . . . . páx. 24
1 As aves con ficha nesta guía aparecen cun asterisco
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 80Apéndice I: Lista das aves do enil Xunqueira de Alba
*Ardea cinerea . . . . . . . . . . . . . Garza real. . . . . . . . . . . . . inv./pas. . . . . . . . páx. 25Ardea purpurea . . . . . . . . . . . . . Garza vermella . . . . . . . . . . pas.
CICONIIDAE (Cegoñas)Ciconia ciconia . . . . . . . . . . . . . Cegoña branca . . . . . . . . . . pas.
ANATIDAE (Parrulos)Cygnus olor . . . . . . . . . . . . . . . Cisne mudo . . . . . . . . . . . res.Branta canadensis . . . . . . . . . . . Ganso do Canadá . . . . . . . . des.Alopochen aegyptiacus . . . . . . . . . Ganso do Exipto . . . . . . . . . des.Anas strepera . . . . . . . . . . . . . . Pato frisado. . . . . . . . . . . . pas.Anas crecca . . . . . . . . . . . . . . . Cerceta . . . . . . . . . . . . . . inv./pas.*Anas platyrhynchos . . . . . . . . . . Lavanco . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 26Anas querquedula. . . . . . . . . . . . Cerceta albela . . . . . . . . . . pas.Anas discors. . . . . . . . . . . . . . . Cerceta aliazul . . . . . . . . . . div.
ACCIPITRIDAE (Aguias e voitres)Pernis apivorus . . . . . . . . . . . . . . . Miñato abelleiro . . . . . . . . . pas.Milvus migrans . . . . . . . . . . . . . Millafre negro . . . . . . . . . . pas.Circus aeruginosus . . . . . . . . . . . Tartaraña das xunqueiras . . . . pas.Accipiter gentilis . . . . . . . . . . . . Azor. . . . . . . . . . . . . . . . res.Accipiter nisus . . . . . . . . . . . . . Gabián . . . . . . . . . . . . . . res.*Buteo buteo . . . . . . . . . . . . . . Miñato . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 27Hieraaetus pennatus . . . . . . . . . . Aguía calzada . . . . . . . . . . pas.
FALCONIDAE (Falcóns)Falco tinnunculus. . . . . . . . . . . . Lagarteiro. . . . . . . . . . . . . inv.Falco columbarius. . . . . . . . . . . . Esmerillón . . . . . . . . . . . . pas.Falco subbuteo . . . . . . . . . . . . . Falcón pequeño . . . . . . . . . est.*Falco peregrinus . . . . . . . . . . . . Falcón peregrino . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 28
RALLIDAE (Galiñolas)Rallus aquaticus . . . . . . . . . . . . Rascón . . . . . . . . . . . . . . res.Porzana porzana . . . . . . . . . . . . Poliña pinta . . . . . . . . . . . pas.Gallinula chloropus . . . . . . . . . . . Galiñola. . . . . . . . . . . . . . res.Fulica atra . . . . . . . . . . . . . . . Galiñola Negra . . . . . . . . . . des.
RECURVIROSTRIDAE (Pernalongas e avocetas)Himantopus himantopus . . . . . . . . Pernalonga . . . . . . . . . . . . pas.
CHARADRIIDAE (Píllaras, avefrías e similares)Charadrius hiaticula . . . . . . . . . . Píllara real . . . . . . . . . . . . pas.Vanellus vanellus . . . . . . . . . . . . Avefría . . . . . . . . . . . . . . inv.
SCOLOPACIDAE (Pilros, mazaricos e similares)Lymnocryptes minimus . . . . . . . . . Becacina pequena . . . . . . . . inv.*Gallinago gallinago . . . . . . . . . . Becacina . . . . . . . . . . . . . pas./inv. . . . . . . . páx. 29Scolopax rusticola. . . . . . . . . . . . Arcea . . . . . . . . . . . . . . . pas.Numenius phaeopus . . . . . . . . . . Mazarico chiador. . . . . . . . . pas.Tringa totanus . . . . . . . . . . . . . Bilurico patirrubio . . . . . . . . des.
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 81Apéndice I: Lista das aves do enil Xunqueira de Alba
Tringa ochropus. . . . . . . . . . . . . Bilurico alinegro . . . . . . . . . pas.*Actitis hypoleucos . . . . . . . . . . . Bilurico das rochas. . . . . . . . inv./pas. . . . . . . . páx. 30
LARIDAE (Gaivotas)*Larus ridibundus . . . . . . . . . . . Gaivota chorona . . . . . . . . . inv. . . . . . . . . . páx. 31Larus fuscus. . . . . . . . . . . . . . . Gaivota escura . . . . . . . . . . inv.*Larus michahellis . . . . . . . . . . . Gaivota patiamarela . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 32Larus melanocephalus . . . . . . . . . Gaivota cabecinegra . . . . . . . pas.
STERNIDAE (Carráns e gaivinas)Sterna sandvicensis . . . . . . . . . . . Carrán cristado. . . . . . . . . . pas.Chlidonias hybridus. . . . . . . . . . . Gaivina de cara branca. . . . . . pas.
COLUMBIDAE (Pombos e rulas)*Columba palumbus . . . . . . . . . . Pombo torcaz. . . . . . . . . . . res./pas. . . . . . . . páx. 33*Streptopelia decaocto . . . . . . . . . Rula turca . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 34*Streptopelia turtur . . . . . . . . . . . Rula . . . . . . . . . . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 35
PSITTACIDAE (Papagaios)Myiopsitta monachus . . . . . . . . . . Cata . . . . . . . . . . . . . . . . des.Psittacula krameri . . . . . . . . . . . Catorra de Kramer . . . . . . . . des.Nymphicus hollandicus . . . . . . . . . Cacatúa ninfa. . . . . . . . . . . des.
CUCULIDAE (Cucos)Cuculus canorus . . . . . . . . . . . . Cuco . . . . . . . . . . . . . . . est.
TYTONIDAE*Tyto alba. . . . . . . . . . . . . . . . Curuxa . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 36
STRIGIDAE (Mouchos, bufos e curuxas)Otus scops. . . . . . . . . . . . . . . . Moucho de orellas . . . . . . . . est.Athene noctua. . . . . . . . . . . . . . Moucho. . . . . . . . . . . . . . res.Strix aluco . . . . . . . . . . . . . . . Avelaiona . . . . . . . . . . . . . res.
CAPRIMULGIDAE (Avenoiteiras)*Caprimulgus europaeus . . . . . . . . Avenoiteira cincenta . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 37
APODIDAE (Cirrios)*Apus apus . . . . . . . . . . . . . . . Cirrio . . . . . . . . . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 38
ALCEDINIDAE*Alcedo atthis . . . . . . . . . . . . . . Picapeixe . . . . . . . . . . . . . res./pas. . . . . . . . páx. 39
UPUPIDAEUpupa epops . . . . . . . . . . . . . . Bubela . . . . . . . . . . . . . . pas.
PICIDAE (Petos)Jynx torquilla . . . . . . . . . . . . . . Peto formigueiro . . . . . . . . . pas.*Picus viridis . . . . . . . . . . . . . . Peto verde . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 40*Dendrocopos major . . . . . . . . . . Peto real . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 41
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 82Apéndice I: Lista das aves do enil Xunqueira de Alba
ALAUDIDAE (Lavercas)Alauda arvensis . . . . . . . . . . . . . Laverca . . . . . . . . . . . . . . pas.
HIRUNDINIDAE (Andoriñas)Riparia riparia . . . . . . . . . . . . . Andoriña das barreiras . . . . . pas.Hirundo rustica. . . . . . . . . . . . . Andoriña . . . . . . . . . . . . . est./pas.Delichon urbica . . . . . . . . . . . . . Andoriña de cu branco . . . . . pas.
MOTACILLIDAE (Picas e lavandeiras)Anthus trivialis . . . . . . . . . . . . . Pica das árbores . . . . . . . . . pas.Anthus pratensis . . . . . . . . . . . . Pica dos prados. . . . . . . . . . inv./pas.Anthus spinoletta . . . . . . . . . . . . Pica alpina . . . . . . . . . . . . inv./pas.*Motacilla flava. . . . . . . . . . . . . Lavandeira amarela . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 44*Motacilla cinerea . . . . . . . . . . . Lavandeira real . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 43*Motacilla alba . . . . . . . . . . . . . Lavandeira branca . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 42
CINCLIDAECinclus cinclus . . . . . . . . . . . . . Merlo rieiro. . . . . . . . . . . . div.
TROGLODYTIDAE*Troglodytes troglodytes . . . . . . . . . Carriza . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 45
PRUNELLIDAE (Azulentas)*Prunella modularis . . . . . . . . . . Azulenta . . . . . . . . . . . . . res./inv. . . . . . . . páx. 46
TURDIDAE (Tordos, merlos e similares)*Erithacus rubecula. . . . . . . . . . . Paporrubio . . . . . . . . . . . . res./inv. . . . . . . . páx. 47Luscinia megarhynchos . . . . . . . . . Rousinol . . . . . . . . . . . . . pas.*Luscinia svecica . . . . . . . . . . . . Papoazul . . . . . . . . . . . . . pas. . . . . . . . . . páx. 51Phoenicurus ochruros . . . . . . . . . . Rabirrubio . . . . . . . . . . . . res.Saxicola rubetra . . . . . . . . . . . . Chasco norteño . . . . . . . . . pas.*Saxicola torquata . . . . . . . . . . . Chasco . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 48*Turdus merula . . . . . . . . . . . . . Merlo . . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 49*Turdus philomelos . . . . . . . . . . . Tordo común . . . . . . . . . . . res./inv. . . . . . . . páx. 50Turdus iliacus . . . . . . . . . . . . . . Tordo rubio. . . . . . . . . . . . inv.Turdus viscivorus . . . . . . . . . . . . Tordo charlo . . . . . . . . . . . pas.
SYLVIIDAE (Folosas, papuxas e similares)*Cettia cetti . . . . . . . . . . . . . . . Rousinol bravo . . . . . . . . . . res./pas. . . . . . . . páx. 52*Cisticola juncidis . . . . . . . . . . . Carriza dos xuncos. . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 53Locustella naevia . . . . . . . . . . . . Folosa manchada . . . . . . . . pas.Acrocephalus schoenobaenus . . . . . . Folosa dos xuncos . . . . . . . . pas.*Acrocephalus paludicola . . . . . . . . Folosa acuática . . . . . . . . . . pas. . . . . . . . . . páx. 54*Acrocephalus scirpaceus . . . . . . . . Folosa das canaveiras . . . . . . est./pas. . . . . . . . páx. 55Acrocephalus arundinaceus . . . . . . . Folosa grande . . . . . . . . . . des.Hippolais pallida . . . . . . . . . . . . Folosa pálida . . . . . . . . . . . div.*Hippolais polyglotta . . . . . . . . . . Folosa amarela . . . . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 56Sylvia undata . . . . . . . . . . . . . . Papuxa do mato . . . . . . . . . inv.*Sylvia melanocephala . . . . . . . . . Papuxa cabecinegra . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 58Sylvia communis . . . . . . . . . . . . Papuxa común . . . . . . . . . . pas.
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 83Apéndice I: Lista das aves do enil Xunqueira de Alba
Sylvia borin . . . . . . . . . . . . . . . Papuxa picafollas. . . . . . . . . pas.*Sylvia atricapilla . . . . . . . . . . . Papuxa das amoras. . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 57*Phylloscopus ibericus . . . . . . . . . Picafollas ibérico . . . . . . . . . est. . . . . . . . . . . páx. 59*Phylloscopus collybita . . . . . . . . . Picafollas europeo . . . . . . . . inv. . . . . . . . . . páx. 60Phylloscopus trochilus. . . . . . . . . . Picafollas musical . . . . . . . . pas.Regulus ignicapilla . . . . . . . . . . . Estreliña riscada . . . . . . . . . res.
MUSCICAPIDAE (Papamoscas)Muscicapa striata . . . . . . . . . . . . Papamoscas cincento . . . . . . pas.Ficedula hypoleuca . . . . . . . . . . . Papamoscas negro . . . . . . . . pas.
AEGITHALIDAE*Aegithalos caudatus . . . . . . . . . . Ferreiriño rabilongo . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 61
PARIDAE (Ferreiriños)Parus cristatus . . . . . . . . . . . . . Ferreiriño cristado . . . . . . . . res.*Parus ater . . . . . . . . . . . . . . . Ferreiriño negro . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 62*Parus caeruleus . . . . . . . . . . . . Ferreiriño azul . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 63*Parus major . . . . . . . . . . . . . . Ferreiriño real . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 64
CERTHIIDAE (Gabeadores)*Certhia brachydactyla . . . . . . . . . Gabeador . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 65
ORIOLIDAEOriolus oriolus . . . . . . . . . . . . . Ouriolo . . . . . . . . . . . . . . est.
LANIDAELanius senator . . . . . . . . . . . . . Picanzo cabecirrubio. . . . . . . pas.Lanius collurio . . . . . . . . . . . . . Picanzo vermello. . . . . . . . . pas.
CORVIDAE (Corvos, pegas e similares)*Garrulus glandarius . . . . . . . . . . Gaio. . . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 66*Pica pica. . . . . . . . . . . . . . . . Pega. . . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 67*Corvus corone . . . . . . . . . . . . . Corvo pequeno . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 68
STURNIDAE (Estorniños)*Sturnus vulgaris . . . . . . . . . . . . Estorniño pinto . . . . . . . . . inv. . . . . . . . . . páx. 69*Sturnus unicolor. . . . . . . . . . . . Estorniño negro . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 70
PASSERIDAE (Pardais)*Passer domesticus . . . . . . . . . . . Pardal . . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 71Passer montanus . . . . . . . . . . . . Pardal montés . . . . . . . . . . des.
ESTRILDIDAE (Bicos de coral e similares)*Estrilda astrild . . . . . . . . . . . . . Bico de coral . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 72
FRINGILLIDAE (Pimpíns, liñaceiros e similares)Fringilla coelebs . . . . . . . . . . . . . Pimpín . . . . . . . . . . . . . . res.*Serinus serinus . . . . . . . . . . . . Xirín . . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 73*Carduelis chloris . . . . . . . . . . . . Verderolo . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 74
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 84Apéndice I: Lista das aves do enil Xunqueira de Alba
*Carduelis carduelis . . . . . . . . . . Xílgaro . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 75*Carduelis spinus . . . . . . . . . . . . Úbalo . . . . . . . . . . . . . . . inv. . . . . . . . . . páx. 76Carduelis cannabina . . . . . . . . . . Liñaceiro . . . . . . . . . . . . . res.*Pyrrhula pyrrhula . . . . . . . . . . . Cardeal . . . . . . . . . . . . . . res.. . . . . . . . . . páx. 77
EMBERIZIDAE (Escribentas)*Emberiza schoeniclus . . . . . . . . . Escribenta das canaveiras . . . . inv./pas. . . . . . . . páx. 78Miliaria calandra . . . . . . . . . . . . Trigueirón . . . . . . . . . . . . pas.
A Acentor común: 46Acrocephalus paludicola: 54Acrocephalus scirpaceus: 55Actitis hypoleucos: 30Aegithalos caudatus: 61Agachadiza común: 29Agateador común: 65Alcedo atthis: 39Ánade real: 26Anas platyrhynchos: 26Andarríos chico: 30Apus apus: 38Ardea cinerea: 25Arrendajo: 66Avenoiteira cincenta: 37Azulenta: 46
B Becacina: 29Bico de coral: 72Bilurico das rochas: 30Buitrón: 53Busardo ratonero: 27Buteo buteo: 27
C Camachuelo común: 77Caprimulgus europaeus: 37Carbonero común: 64Carbonero garrapinos: 62Cardeal: 77
Carduelis carduelis: 75Carduelis chloris: 74Carduelis spinus: 76Carricerín cejudo: 54Carricero común: 55Carriza: 45Carriza dos xuncos: 53Certhia brachydactyla: 65Cettia cetti: 52Chasco: 48Chochín: 45Chotacabras gris: 37Cirrio: 38Cisticola juncidis: 53Columba palumbus: 33Cormorán grande: 23Corneja: 68Corvo mariño grande: 23Corvo pequeno: 68Corvus corone: 68Curruca cabecinegra: 58Curruca capirotada: 57Curuxa: 36
D Dendrocopos major: 41
E Egretta garzetta: 24Emberiza schoeniclus: 78Erithacus rubecula: 47
apéndice ii
Índice das aves da guía
No índice os nomes en galego das aves da guía aparecen en tipografía regular; os nomes científicos, en cursiva, e os nomes en castelán, en Versaletas.
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 86Apéndice II: Índice das aves da guía
Escribano palustre: 78Escribenta das canaveiras: 78Estornino negro: 70Estorniño negro: 70Estornino pinto: 69Estorniño pinto: 69Estrilda astrild: 72
F Falco peregrinus: 28Falcón peregrino: 28Ferreiriño azul: 63Ferreiriño negro: 62Ferreiriño rabilongo: 61Ferreiriño real: 64Folosa acuática: 54Folosa amarela: 56Folosa das canaveiras: 55
G Gabeador: 65Gaio: 66Gaivota chorona: 31Gaivota patiamarela: 32Gallinago gallinago: 29Garceta común: 24Garrulus glandarius: 66Garza real: 25Garza real: 25Garzota: 24Gaviota patiamarilla: 32Gaviota reidora: 31Gorrión común: 71
H Halcón peregrino: 28Herrerillo común: 63Hippolais polyglotta: 56
J Jilguero: 75
L Larus michahellis: 32Larus ridibundus: 31Lavanco: 26Lavandeira amarela: 44Lavandeira branca: 42Lavandeira real: 43Lavandera blanca: 42Lavandera boyera: 44Lavandera cascadeña: 43Lechuza común: 36Lúgano: 76Luscinia svecica: 51
M Martín pescador: 39Merlo: 49Miñato: 27Mirlo común: 49Mito: 61Mosquitero común: 60Mosquitero ibérico: 59Motacilla alba: 42Motacilla cinerea: 43Motacilla flava: 44
P Paloma torcaz: 33Papoazul: 51Paporrubio: 47Papuxa cabecinegra: 58Papuxa das amoras: 57Pardal: 71Parus ater: 62Parus caeruleus: 63Parus major: 64Passer domesticus: 71Pechiazul: 51Pega: 67Petirrojo: 47Peto real: 41Peto verde: 40Phalacrocorax carbo: 23Phylloscopus collybita: 60Phylloscopus ibericus: 59Pica pica: 67Picafollas europeo: 60Picafollas ibérico: 59Picapeixe: 39Pico de coral: 72Pico picapinos: 41Picus viridis: 40Pito real: 40Pombo torcaz: 33Prunella modularis: 46Pyrrhula pyrrhula: 77
R Rousinol bravo: 52Ruiseñor bastardo: 52Rula: 35Rula turca: 34
S Saxicola torquata: 48Serinus serinus: 73Streptopelia decaocto: 34Streptopelia turtur: 35
GUÍA DE AVES DO ENIL XUNQUEIRA DE ALBA | 87Apéndice II: Índice das aves da guía
Sturnus unicolor: 70Sturnus vulgaris: 69Sylvia atricapilla: 57Sylvia melanocephala: 58
T Tarabilla común: 48Tordo común: 50Tórtola europea: 35Tórtola turca: 34Troglodytes troglodytes: 45Turdus merula: 49Turdus philomelos: 50Tyto alba: 36
U Úbalo: 76Urraca: 67
V Vencejo común: 78Verdecillo: 73Verderolo: 74Verderón común: 74
X Xílgaro: 75Xirín: 73
Z Zarcero común: 56Zorzal común: 50