vocabulario do tema 7

2
IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia” “Vocabulario Tema 7” SECTOR TERCIARIO: Comprende as actividades de servizos (comercio, transportes, finanzas, hostalería, ensino...), en xeral, tódalas non comprendidas nos sectores primario e secundario. SECTOR TERCIARIO SUPERIOR: Tamén chamado sector terciario de decisións ou sector cuaternario, inclúe ás actividades administrativas, de xestión e financeiras, para permitir diferencialas do resto das heteroxéneas actividades que se integran no terciario. TERCIARIZACIÓN: Proceso polo cal medran o conxunto de actividades do sector terciario na economía dun país, converténdose no sector económico predominante. ECONOMÍA SOMERXIDA: Actividade económica que se mantén á marxe das normas legalmente establecidas para regula-la produción ou comercialización de bens. AUTARQUÍA: Política de autosuficiencia económica que basea o crecemento da economía nos recursos propios. Adoptada polo goberno español desde a posguerra ata 1959. PRODUCTO INTERIOR BRUTO (P.I.B.): Valor das producións dun país durante un ano, descontando do Produto Nacional Bruto os bens producidos fora do país, aínda que sexa mediante capital nacional. OFERTA: Cantidade dun ben ou servizo que se ofrecerá á venda cun prezo estipulado. DEMANDA: Intención dunha colectividade de mercar ou solicitar un servizo ou ben. IMPORTACIÓN: Entrada de mercadorías nun país procedentes do exterior. EXPORTACIÓN: Conxunto de mercadorías que envía un país a outro no marco dunha transacción comercial. ARANCEL: Dereitos de aduana que deben pagar os produtos importados ó atravesar as fronteiras estatais, e pode ser unha porcentaxe do seu valor ou unha cantidade determinada de peso ou volume. BALANZA DE PAGOS: Medida de tódalas transaccións económicas realizadas entre un país e o resto dos países durante un ano, considerando as mercadorías exportadas e importadas, os gastos de estranxeiros no país, remesas de emigrantes, capitais estranxeiros invertidos, etc. VALOR ENGADIDO: Incremento que experimenta o valor dun ben no transcurso das diferentes fases do proceso produtivo. INFLACIÓN: Exceso de moeda en relación coa súa cobertura, o que xera un alza xeral de prezos, acompañado dunha devaliación da moeda. DÉFICIT COMERCIAL: Situación económica desfavorable, consistente en que o volume de gastos supera o de ingresos. Profesor: Diego Xesús López González.

Upload: diego-xesus-lopez-gonzalez

Post on 28-Mar-2016

224 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Selección de Vocabulario

TRANSCRIPT

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

“Vocabulario Tema 7”

SECTOR TERCIARIO: Comprende as actividades de servizos (comercio, transportes, finanzas, hostalería, ensino...), en xeral, tódalas non comprendidas nos sectores primario e secundario.

SECTOR TERCIARIO SUPERIOR: Tamén chamado sector terciario de decisións ou sector cuaternario, inclúe ás actividades administrativas, de xestión e financeiras, para permitir diferencialas do resto das heteroxéneas actividades que se integran no terciario.

TERCIARIZACIÓN: Proceso polo cal medran o conxunto de actividades do sector terciario na economía dun país, converténdose no sector económico predominante.

ECONOMÍA SOMERXIDA: Actividade económica que se mantén á marxe das normas legalmente establecidas para regula-la produción ou comercialización de bens.

AUTARQUÍA: Política de autosuficiencia económica que basea o crecemento da economía nos recursos propios. Adoptada polo goberno español desde a posguerra ata 1959.

PRODUCTO INTERIOR BRUTO (P.I.B.): Valor das producións dun país durante un ano, descontando do Produto Nacional Bruto os bens producidos fora do país, aínda que sexa mediante capital nacional.

OFERTA: Cantidade dun ben ou servizo que se ofrecerá á venda cun prezo estipulado.

DEMANDA: Intención dunha colectividade de mercar ou solicitar un servizo ou ben.

IMPORTACIÓN: Entrada de mercadorías nun país procedentes do exterior.

EXPORTACIÓN: Conxunto de mercadorías que envía un país a outro no marco dunha transacción comercial.

ARANCEL: Dereitos de aduana que deben pagar os produtos importados ó atravesar as fronteiras estatais, e pode ser unha porcentaxe do seu valor ou unha cantidade determinada de peso ou volume.

BALANZA DE PAGOS: Medida de tódalas transaccións económicas realizadas entre un país e o resto dos países durante un ano, considerando as mercadorías exportadas e importadas, os gastos de estranxeiros no país, remesas de emigrantes, capitais estranxeiros invertidos, etc.

VALOR ENGADIDO: Incremento que experimenta o valor dun ben no transcurso das diferentes fases do proceso produtivo.

INFLACIÓN: Exceso de moeda en relación coa súa cobertura, o que xera un alza xeral de prezos, acompañado dunha devaliación da moeda.

DÉFICIT COMERCIAL: Situación económica desfavorable, consistente en que o volume de gastos supera o de ingresos.

Profesor: Diego Xesús López González.

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

TRANSNACIONAL: Proceso polo que as empresas dun determinado estado superan as fronteiras estendendo as súas actividades a outros países.

MONOPOLIO: Situación de competencia imperfecta no que unha unidade económica de gran escala controla un aspecto do mercado fixando unilateralmente os prezos; Privilexio exclusivo de vender certas mercadorías nun mercado determinado sen competencia de ninguén.

GRAN EMPRESA: Aquelas que teñen máis de 500 traballadores.

PEQUENA E MEDIANA EMPRESA (PEME): Organización que aglutina a empresas de menos de 500 traballadores. Segundo a normativa comunitaria son as empresas que empreguen a menos de 250 traballadores, cuxo volume de negocios non exceda de 40 millóns de € e que o 25% ou máis do seu capital non pertenza a unha empresa que non cumpra estes requisitos.

TURISMO: Conxunto de relacións e fenómenos relacionados coas viaxes de finalidade recreativa.

DATÁFONO: Un datáfono, tamén coñecido como TPV, é un dispositivo compacto, proporcionado por algúns bancos; instalados nos comercios permítenlles cobrar aos seus clientes (por rede telefónica, ou IP vía GSM, GPRS, Wifi, etc.) mediante tarxeta de crédito ou débito. Os datáfonos contan cun teclado, impresora, un lector de tarxetas ou chip e un soporte lóxico para xestionar a operativa de venda e o protocolo de comunicacións, que habitualmente utiliza o servizo de transmisión de datos por vía telefónica, previo subscrición da liña, denominado tamén datáfono. O soporte lóxico que utilizan os datafonos chámase kernel-EMV, EMV é un sistema de cifrado de datos que estes dous últimos anos esta sendo implementado a todos os datafonos.

Profesor: Diego Xesús López González.