vive malpica web

28
1 VIVE MALPICA Revista informativa 2011-2015

Upload: distrito-xermar

Post on 21-Jul-2016

248 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

revista do Concello de Malpica de Bergantiños

TRANSCRIPT

Page 1: Vive malpica web

1

VIVE MALPICARevista informativa 2011-2015

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 1

Page 2: Vive malpica web

O mandato que está a piques de rematar pasará áhistoria do Concello de Malpica pola consecución deimportantes infraestruturas que levaban anosaparcadas. A depuradora de augas residuais, ocentro de saúde de Buño e a escola infantil sonalgunhas das grandes obras que estamos a acometere que mellorarán de forma substancial os servizosque prestamos aos cidadáns. O alcalde de Malpicade Bergantiños, Eduardo José Parga Veiga, faibalance destes catro anos.

Cales foron as prioridades do goberno municipaldurante este mandato?Cando tomamos posesión encontrámonos con que asituación real do Concello de Malpica non era a que secontaba, porque existía unha débeda bastante considerableque nos obrigou a reformular o noso programa de gobernoe a xestionar moi ben os recursos para poder pagar e, aomesmo tempo, dar continuidade aos servizos, que era ofundamental. Nos primeiros meses tivemos queconcentrarnos na resolución deses problemas, porque pornon ter nin sequera houbo traspaso de poderes.

Que medidas se adoptaron para conseguir manteros servizos e pagar a débeda?Tivemos que tomar decisións importantes de cara aopobo como foi axustar os servizos e todos os prezos,porque estaban moi desfasados. Por poñer un exemplo,o prezo da auga aínda estaba en pesetas. Houbo que facerun plan de saneamento porque tiñamos déficits moigrandes nos servizos: en Augas, máis de 50.000 euros, naludoteca era case o 100%... Son cuestións que houbo queaxustar para facer viables os servizos. A situación quehabía obrigounos, ademais, a recorrer ao plan de pago aprovedores. Era unha necesidade para poder pagar epoñernos ao día cos provedores, porque, por poñer unexemplo, tiñamos facturas da luz sen pagar dende o ano2008. Creo que solicitar ese préstamo foi unha boaxestión, e ademais firmamos un convenio a dez anos epagámolo en dous e medio.

Hoxe Malpica é un dos concellos máis saneados dacomarca e o menos endebedado, segundo os datosa 31 de decembro do 2013.Creo que a xestión que se vén facendo dende o gobernomunicipal foi determinante, e os datos acreditan que sefixo ben. Hoxe podemos dicir que o Concello de Malpicapracticamente ten débeda cero, porque só nos queda unpréstamo duns 60.000 euros que non queremos amortizarporque estamos pagando o 0,45% de xuro. Ese é o únicopréstamo que ten o Concello a día de hoxe. Houbo queaxustar un pouco os custes dos servizos públicos,pero mantemos e incrementamos as subvencións aentidades, destináronse grandes partidas a gastocorrente e fomos o concello dos da volta quemáis obras fixo.

“NESTES CATRO ANOS CONSEGUIMOS QUEO NOSO CONCELLO TIVESE A ESTABILIDADEFINANCEIRA E SOCIAL QUE PRECISABA”

Eduardo José Parga VeigaAlcalde de Malpica de Bergantiños

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 2

Page 3: Vive malpica web

3

Un dos logros deste mandato sería, logo, aestabilidade financeira.Nestes catro anos conseguimos que o noso concello tivesea estabilidade financeira e social que precisaba, pero taména institucional. Isto é moi importante, porque garante atoma de decisións e tamén nos permite presentarnos anteoutras Administracións con solvencia. Nese sentido, outrodos logros deste mandato foi conseguir tres obrasdemandadas dende hai moitísimos anos, como son aescola infantil, o centro de saúde de Buño e a depuradora,que quizais sexa unha das máis importantes polanecesidade que ten o casco urbano de Malpica dedepuración, xa que vivimos do turismo e estabamosvertendo á zona da praia.

O turismo é sen dúbida un dos motores daeconomía local, pero hai outros. De que maneirapensa que se poden dinamizar?O goberno municipal fixo un importante esforzo duranteestes catro anos na promoción turística do noso concello.Non só estivemos presentes en feiras e publicaciónsespecializadas, senón que traballamos na recuperación ena dinamizacións dos nosos recursos naturais epatrimoniais. A restauración do Forno da Costa de Buñoou a posta en valor da Croa do Castro, na parroquia deCerqueda, son algúns exemplos. Pero se falamos desectores produtivos non podemos esquecer o pesqueiro

e o agrogandeiro, que tamén estamos apoiando dende oConcello de Malpica dentro das nosas posibilidades e dasnosas competencias, e a olería, que precisa dun esforzoespecial pola nosa parte.

No balance global do mandato que destacaría?En primeiro lugar, a estabilidade financeira do Concello, edespois as infraestruturas que se conseguiron. Nacampaña prometemos que estariamos preto do cidadán,a pé de rúa, e creo que iso tamén se conseguiu, aínda quehai que perfeccionalo porque nunca chegas a contentar atodo o mundo, pero si que escoitamos á xente e fixéronseaquelas cousas, moitas veces obriñas pequenas, quereclamaban os cidadáns.

E agora cales son os principais retos?En Malpica, como en calquera outro concello, hai moitosretos, pero o fundamental é a recuperación económicapara que a xente teña traballo. Despois, atender o dia adía, as necesidades que van xurdindo, e nese sentidopretendemos seguir estando ao pé da rúa para seguiratendendo a todos os veciños e veciñas. En canto ainfraestruturas, unha das grandes obras sería osaneamento das parroquias, que é moi necesario, peroson investimentos moi grandes e, como é sabido,estamos a vivir nun momento de fortes restriciónseconómicas.

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 3

Page 4: Vive malpica web

4

Entre as últimas actuacións realizadas polo Concello deMalpica figura a terceira fase da rede separativa de augaspluviais e residuais da piscina. A actuación, incluída noPlan DTC93, supuxo un investimento de 43.339,99euros dentro do Plan de Aforro e Investimento (PAI)2015, o Concello de Malpica acometerá unha actuaciónsimilar no lugar de Piñeiros, que quedará saneado porcompleto cun último investimento de 98.339,27 euros.

Este mandato pasará á historia do municipio comoo da execución das grandes obras pendentes. En sócatro anos o Concello de Malpica foi quen dedesbloquear proxectos tan antigos coma o do centrode saúde de Buño, tan demandados coma o cambiodo pavimento do paseo marítimo, tan importantespara as familias coma a escola infantil e tannecesarios para o futuro coma a EDAR.

A EDAR de Malpica entrará en servizo este anoA estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Malpicaentrará en servizo antes de fin de ano. A peza clave do sistemade saneamento da vila permitirá acabar cos vertidos á praia,poñendo fin así a un importante problema medioambiental e

mellorando un servizo fundamental para o posicionamento domunicipio como referente turístico. A EDAR, que terácapacidade para dar servizo a unha poboación de máis de 7.000habitantes, é unha das grandes obras que foi posible acometerneste mandato grazas ao bo entendemento entre a Xunta deGalicia e o Concello de Malpica. A depuradora está valoradaen 5,5 millóns de euros.

Actuacións para ir pechando o ciclo da augaAo longo destes catro anos o Concello de Malpicaabordou numerosas actuacións de menor envergadurapero igualmente necesarias para ir pechando o ciclo daauga no territorio municipal.

• Rede de abastecemento de auga potable aos núcleosde A Lagoa, Algadán e Loroxo 35.065,08 €

• Rede de abastecemento de auga potable en Barizo7.992,60 €

• Saneamento das parroquias de Leiloio e Buño167.233,15 €

• Rede de sumidoiros no lugar de Pontella 25.260,54 €

• Renovación de redes de saneamento, pluviais eabastecemento de rúa Altamira e dos Agros 68.596,64 €

• Rede saneamento e pavimentación en rúa dos Agros35.522,50 €

• Rede saneamento rúa nº 3 travesía das Neves e Escorial 50.356,73 €

• Ampliación de saneamento en Seaia e recuperaciónambiental en Orxeira 22.345,36 €

GRANDES OBRAS PARA O FUTURO

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 4

Page 5: Vive malpica web

Máis aparcamento no porto tras o derrubamento dalonxa vellaDespois das obras de reparación e reforzo do dique,Portos de Galicia acometeu unha nova actuación no portode Malpica. Grazas ás xestións realizadas polo alcalde,Eduardo Parga, foi posible a demolición da lonxa vella paramellorar a accesibilidade, ampliar o aparcamento e crearun novo espazo de lecer. As obras arrincaron a primeirosde ano cun orzamento de 150.000 euros.

A eliminación da lonxa vella, e sobre todo o seu gran beiril,supón unha mellora importante na accesibilidade doscamións e tráilers ao porto. O espazo que quedou baleiroten capacidade para unha vintena de vehículos, o quecontribúe a paliar a escaseza de zonas de aparcamento navila, e ademais será utilizada como zona de lecer ensintonía coa importante renovación da fachada marítimaque se levou a cabo nos últimos anos.

A iniciativa forma parte dun plan de reordenacióndo tráfico. A demolición da lonxa vella é unha dasmedidas incluídas no plan de reordenación de usos noporto no que están a traballar conxuntamente Portos deGalicia e o Concello de Malpica. O ente autónomopretende facilitar a circulación rodada para os vehículosprofesionais e ten previsto o control de accesos mediantebarreiras para dar resposta ás necesidades trasladadaspolos usuarios, entre outras melloras.

Novos departamentos para os usuarios. Comoconsecuencia das obras de construción da EDAR na zonasur do porto foi preciso demoler 13 departamentos. Peroos seus usuarios xa teñen alternativa, porque Portos deGalicia construíu un novo edificio fronte á explanada noque non só se habilitaron eses 13 espazos, senón taménoficinas, aseos e un local para o Club Náutico. Todoscontan con subministro de auga, electricidade e conexiónao saneamento municipal. Con esta actuación contribúesea mellora das condicións de traballo dos profesionais domar.

5

PORTO

Visita do presidente de Portos, José Juan Durán, para presentar oproxecto

Investidos máis de 700.000 euros no dique parareparar os danos causados polos temporais doinverno pasado

Os temporais do 2014 deixaron un regueiro de danosao seu paso por Malpica. O dique do porto foi unha dasinfraestruturas máis afectadas, e a súa recuperacióncustou máis de 700.000 euros. As obras consistiron noreforzo da estrutura mediante bloques de formigón de150 e 30 toneladas para o exterior e o interior,respectivamente, do espigón; así como a reconstrucióndo parapeto, a escollera e o martelo, e a recolocacióndas placas de formigón e as varandas.

O espazo que ocupaba a antiga lonxa albergará aparcamentos eunha nova área de lecer

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 5

Page 6: Vive malpica web

6

O Concello de Malpica está a dar importantes pasos paramellorar a mobilidade ao largo e ancho do seu territorio.A apertura de sendas peonís ao longo de estradas moitransitadas e a construción de ramplas e escaleiras parasalvar os desniveis que existen no casco urbano, sobretodo, centraron un bo número de proxectosdesenvolvidos ao longo dos últimos catro anos. Asactuacións executadas suman preto de 300.000 euros.

OBRAS DE MELLORA DA MOBILIDADE

• Actuación ambiental da senda que vai de Asalo aMens 7.149,62 €

• Mellora da rúa-zona comercial Rúa Praia 84.618,66 €• Senda peonil e servizos na estrada AC-418 km. 15Tramo 1 110.824,18 €

• Senda peonil e servizos na estrada AC-418 km. 15Tramo 2 37.770,13 €

• Mellora de accesos rúa Brigadier Manuel Varela21.705,31 €

• Senda peonil en AC-414 – Buño 31.675,68 €

Nestes catro anos o Concello de Malpica de Bergantiñosrecibiu 600.000 euros procedentes do Fondo deCompensación Ambiental. Aínda que non supuxo uninvestimento elevado, a senda peonil que une a vila deBuño co Centro Comarcal dá resposta a unha insistentedemanda dos veciños que acoden ao centro de saúde ou

ao edificio administrativo da Camposa, e que agora podenfacer ese traxecto de 230 metros moito máis seguros. Asenda de Buño foi executada cos fondos do ano 2014, untotal de 100.000 euros que tamén permitiron realizar areconstrución de beirarrúas en Seaia tras a mellora dosaneamento e a construción dunha escaleira de 12 metrosna Orxeira, entre outras pequenas actuaciónsmedioambientais.

Co pintado da vía déronse por finalizadas a principiosdeste ano as obras de adecentamento da 2ª Travesía daCamuza. O investimento non superou os 16.000 euros,pero este pequeno proxecto, subvencionado polaDeputación Provincial da Coruña, contribúe de maneiraimportante a mellorar a circulación. Precisamente naCamuza levouse a cabo un proxecto de seguridade viariano tramo que abrangue dende o cruce de Seaia ata otanatorio. Os traballos afectaron a máis de 600 metros aámbolos marxes da vía que une Malpica con Ponteceso,moi transitada pola existencia de vivendas e negocios.

Xa está en perfecto uso a senda de San Adrián tras asobras realizadas para reparar os danos provocados polostemporais do último inverno. Unha achega da DirecciónXeral de Conservación da Natureza, permitiu resolver oproblema cunha partida de 8.032 euros. A senda de SanAdrián, de varios quilómetros de lonxitude, é moi utilizadacoma circuíto de paseo polos malpicáns, pero sobre todo

INVESTIMOS NA MOBILIDADE PEONIL

Senda de Piñeiros a Pedra QueimadaSenda de Buño

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 6

Page 7: Vive malpica web

Dentro do POS 2014 o Concello de Malpica incluíu areforma do parque infantil de Malpica. As obrasconsistiron na adaptación á normativa actual, aeliminación de elementos construtivos que podíansupoñer certo risco para os usuarios, a reposición depavimentos, a substitución da fonte, a reforma dos aseose a organización das zonas de xogos por idades. Ademais,o parque conta con mobiliario novo.

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional(Feder) sufragou o ano pasado a construción dun parqueinfantil no entorno do centro sociocultural de Cambre ea mellora da accesibilidade á praza Villar Amigosubstituíndo dous tramos de escaleiras por ramplas.

A intervención realizada no parque Luciano García Alénde Buño, permitiu garantir a seguridade de todos os

usuarios a accesibilidade e a iluminación, renovamos omobiliario urbano, melloramos o axardinamento ecolocamos elementos de divulgación sobre a olería.Agora temos dúas zonas de xogos totalmente seguraspara os nosos nenos e un parque biosaudable para osnosos maiores. A actuación foi financiada con fondosAgader.

7

é un camiño imprescindible para os romeiros que soben ácapela coincidindo coa festa do santo no mes de xuño.

Os veciños e veciñas de Seaia e Beo xa poden camiñar conmoita máis seguridade pola estrada de Malpica aPonteceso grazas á senda peonil que une ámbolos núcleos.A actuación foi posible grazas ás xestións realizadas poloalcalde, Eduardo Parga Veiga, na Deputación da Coruña,titular da vía. O proxecto non só mellora a seguridadeviaria e facilita a mobilidade peonil, senón que ademaissoluciona o problema de inundacións que existía nesetramo grazas á canalización das augas pluviais.

Para os veciños do lugar de Piñeiros tamén é moito máisdoado desprazarse a pé ata o casco urbano de Malpica. Asenda peonil construída ao longo da estrada de Carballocomunica co acceso a Pedra Queimada e supón unhaimportante mellora da mobilidade peonil.

OBRAS DE CONSERVACIÓN E RECUPERACIÓNAMBIENTAL DE ESPAZOS PÚBLICOS

• Acondicionamento da zona do lavadoiro de Mens7.149,62€

• Actuación ambiental na fonte de Pontella 1.604,88€• Recuperación ambiental no Paseo da Praia e noEscorial 13.751,55€

• Adecuación da parcela municipal para a creación deárea recreativa en Cerqueda 200.000,00€

• Recuperación ambiental do camiño que vai do lugardas Cortes a Leduzo 41.422,72€

• Recuperación das zonas degradadas dos lavadoirosde Pontella, Santiso e Camarada 4.243,23€

• Mellora de servizos recreativos e culturais noparque Luciano García Alén (Buño). Mellora demobiliario recreativo e de accesos. Divulgación daolería 80.344,00€

• Mellora de servizos recreativos e de lecer no centrosociocultural de As Pozacas - Cerqueda. Implantaciónde parque infantil homologado 18.570,66€

• Recuperación ambiental do Camiño da Borralleira -Barizo 8.172,34€

• Creación de parque infantil público no entorno doCentro Sociocultural de Cambre 42.000€

• Adecuación de accesibilidade á praza Villar Amigo42.358,64€

• Reforma e adaptación do parque infantil de Malpica99.792,78€

• Rehabilitación do Forno da Costa 79.200,01€

PARQUES INFANTÍS MÁIS MODERNOS E SEGUROS

Área recreativa de Cerqueda

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 7

Page 8: Vive malpica web

8

O novo centro de saúde de Buño será unharealidade a fin de ano

O 15 de xaneiro asinouse o contrato entre aAdministración autonómica e a empresa construtora docentro de saúde de Buño, e xusto un mes despois aempresa Construcións Orega SL iniciou as obras. Oproxecto, cofinanciado nun 50% por fondos do Estadodentro do Plan de Desenvolvemento Rural Sustentable,ten un custo de 624.810 euros e un prazo de execuciónde sete meses, polo que o centro de saúde poderá estaroperativo antes de fin de ano. O novo edificio sanitarioterá unha superficie construída de 524 metros cadrados,nos que albergará un área médica con tres consultas demedicina xeral, unha consulta de enfermería, unha salapolivalente e unha área de administración con arquivo,almacéns e outros servizos comúns. O centro de saúdepoderá atender a unha poboación de 1.800 persoas.

O Concello de Malpica xa é o titular do antigoCentro Comarcal de BergantiñosO Concello de Malpica de Bergantiños xa é titular doedificio que albergou o Centro Comarcal de Bergantiñosdende 1997 ata a extinción da entidade pública Sociedadepara o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, o 1 dexaneiro do 2012. As xestións realizadas polo gobernomunicipal frutificaron en marzo do 2014 coa sinatura dotraspaso oficial das instalacións, de forma indefinida e sencuste algún para as arcas municipais, por parte da Xuntade Galicia. Ao acto, celebrado no propio CentroComarcal, en Buño, asistiron o vicepresidente da Xunta,Alfonso Rueda; a delegada territorial da Xunta na provinciada Coruña, Belén do Campo; o alcalde de Malpica,Eduardo Parga, e os concelleiros Miguel Fernández,Alfredo Cañizo e Marisol Blanco.

O Concello de Malpica terá que facer fronte aos gastos demantemento, que suporán arredor de 35.000 euros aoano. O goberno municipal está a traballar na elaboracióndun plan de contidos para reabrir o centro, ao quepretende que regrese a importante e valiosa colección depezas de olería de Luciano García Alén. Ademais, o edificiocontinuará sendo a sede do GAC e do GDR e o gobernomunicipal estuda a apertura dunha oficina de turismo e unmuseo dedicado ao mar.

GRANDES OBRAS PARA O FUTURO

Visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, aos terreos docentro de saúde acompañado por membros do goberno municipal

OUTRAS OBRAS EXECUTADAS

Mellora de alumeados públicos en diversos lugares doConcello 27.381,90 €

Proxecto ILE (Instalación de Iluminación Exterior)2011 53.525,86 €

Proxecto ILE 2013 56.370,65€

Arranxo da cuberta do ximnasio do pavillón municipal 17.346,00 €

Visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao antigo CentroComarcal Bergantiños

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 8

Page 9: Vive malpica web

9

A escola infantil de Malpica abrirá as súas portas ovindeiro curso

A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha aolongo do próximo curso 2015-2016 a primeira escola infantilpública de Malpica, que ofertará un total de 41 prazas de 0-3 anos ás familias. O Concello de Malpica está a tramitar aspreinscricións dos papás e mamás interesados no servizo.

A escola infantil ocupa o espazo da antiga escola unitariade Aldeola, na parroquia de Cerqueda, que foi derrubadapara deixar paso a unha infraestrutura que viña sendoreclamada polos veciños e veciñas de Malpica dende haianos. A obra, cofinanciada polo Fondo Europeo deDesenvolvemento Rexional (Feder), é froito do convenioasinado o ano pasado polo alcalde, Eduardo Parga, e aconselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. OConsorcio Galego de Igualdade e Benestar adxudicou ostraballos á empresa Atlántica de Construcción y MedioAmbiente, S. L. por un importe de 354.175 euros.

A escola infantil de Malpica contará con 3 unidades, polo quedará cabida a 41 nenos e nenas de cero a tres anos de idade.

Diálogo permanente coa Consellería de EducaciónO goberno municipal de Malpica mantén unha relaciónfluída e continuada coa Consellería de Educación paratraballar conxuntamente na mellora das condicións doscentros educativos radicados no noso concello. De feito,neste mandato a Xunta leva investidos 100.000 euros nomunicipio.

EDUCACIÓN

Marquesiña do Colexio Milladoiro DONACIÓN 41.194,45 €

Acondicionamento das escolas unitariasde Mens e Barizo 21.582,20 €

Escola Infantil Aldeola 389.931,74 €

Demolición escola existente 3.378,49 €

Xornadas de convivencia escolar

En Malpica xa é tradición que os nenos e nenasdespidan o curso cunha Xornada de ConvivenciaEscolar que reúne aos alumnos de infantil e primaria.Nesta actividade, o Concello colabora coas asociaciónsde nais e pais na organización de obradoiros, actuaciónse xogos para unha completa xornada de festa.

NOVOS INVESTIMENTOS EN EDUCACIÓN

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 9

Page 10: Vive malpica web

10

Investidos máis de medio millón de euros naconservación da rede viaria municipalNeste mandato o Concello de Malpica de Bergantiños levainvestidos máis de medio millón de euros no mantementoda rede viaria municipal. Ao igual que a mobilidade peonil,o goberno municipal tamén pretende mellorar ascondicións de circulación para os vehículos.

Unha parte das actuacións foron incluídas en plansprovinciais anuais. Así, por exemplo, con cargo ao POS2014 financiáronse os traballos de pavimentación das rúasAs Neves (tramo 2) e Esqueiro Os Petóns (tramo 1), enSeaia. Pero a parte máis importante foi froito das xestiónsrealizadas polo goberno municipal diante da Deputaciónda Coruña.

O plan de mantemento municipal permitiu mellorarmáis de 20.000 metros de pistasO Concello de Malpica de Bergantiños levou a cabo o anopasado un plan de acondicionamento e mantemento quepermitiu mellorar un total de 20.489 metros de víasmunicipais. O programa de actuación deseñouse enfunción das necesidades, de maneira que nalgúns casos sófoi preciso acometer a limpeza das cunetas, pero namaioría leváronse a cabo tarefas de adecuación dos firmes,bacheos, repavimentacións ou novas pavimentacións. Ogoberno municipal de Malpica xestionou unha achega daDeputación por importe de 226.578,80 euros para poderlevar a cabo o plan de mantemento, que afectou a un totalde 21 tramos de vías repartidos polos lugares de Barizo,Asalo, Mens, Beo, Seia, Taraio, Aldeola, Buño, Cambre,Pedrosa, Piñeiros, Santiso, Vilarnovo e Seixas.

A Xunta destinou en dous anos máis de 143.000euros a camiños ruraisA delegada territorial da Xunta, Belén do Campo,presentou o mes pasado o proxecto de acondicionamentode varios camiños rurais do municipio, ao abeiro dosfondos do Plan marco de mellora de camiñoscorrespondente ao exercicio 2014-2015, que este anoestará cofinanciado pola Consellería do Medio Rural e aDeputación da Coruña. Así, o Concello de Malpicadisporá dunha achega de 90.223 euros para levar a caboestas actuacións nos vindeiros meses, o que supón unincremento de ata o 70% respecto á convocatoriaanterior.

OBRAS VIARIAS

Sorrio

Asalo

Buño

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 10

Page 11: Vive malpica web

11

En breve comezarán as obras para mellorar seis pistasmunicipais nos lugares de Ardeleiro, Mens, San Antonio,Seixas, Raxeira e Aviño. As actuacións consistirán namellora da capa de rodadura, co arranxo de fochas,tratamento asfáltico superficial e limpeza e perfilado denoiros e cunetas. En total, traballarase sobre 2,7quilómetros de vías.

A máxima representante do Goberno galego na provinciaaproveitou a súa estancia no municipio para supervisartamén o resultado dos traballos levados a cabo a travésdeste plan no período 2013-2014, cando o Concellorecibiu outra achega de 52.815 euros. Nese caso,realizáronse labores de mantemento sobre 1,5quilómetros de pistas, localizadas nos núcleos de Vigo eFilgueira, nas parroquias de Vilanova e de Cerqueda,respectivamente.

INFRAESTRUTURA VIARIA

· Acondicionamento de vías en Taraio e Santiso 25.342,98 €

· Acondicionamento de camiños municipais en Piñei-ros, Leiloio 15.849,66 €

· Acondicionamento de aparcadoiro da Casa doOleiro e mantemento de pistas varias 36.249,54 €

· Pavimentación do núcleo de Brión e rúa A Costatramo1 30.097,04 €

· Mellora de camiños públicos nos núcleos de Vigo eFilgueira 52.815,29 €

· Pavimentación e infraestruturas Rúa As Neves –tramo1 73.492,87 €

· Acondicionamento e mantemento de vías munici-pais: Cerqueda, Buño, Beo, Mens, Barizo, Cambre eoutras 226.578,80 €

· Pavimentación e infraestruturas Rúa As Neves tramoII e rúa Esqueiro Os Petóns-tramo1 66.010,23 €

BarizoArdeleiro

Beo

Leiloio

Seaia

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 11

Page 12: Vive malpica web

GUÍA DE SERVIZOS

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 12

Page 13: Vive malpica web

O alcalde de Malpica negocia novas bonificaciónspara o polígono industrialO alcalde de Malpica, Eduardo Parga, xunto cos de Cee eA Laracha, desprazouse o pasado mes de febreiro aMadrid para reunirse coa directora xeral da EntidadePública Empresarial de Solo (Sepes). O obxectivo:solicitarlle unha nova bonificación nos prezos do solo nopolígono industrial coa finalidade de incentivar a instalaciónde empresas. Os rexedores saíron satisfeitos da xuntanza,e agardan que a petición sexa aceptada polo consello deadministración de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA),a entidade que urbanizou e xestiona os tres parques.O ano pasado, froito tamén das xestións realizadas polosalcaldes, SEA lanzou unha oferta con descontos do 20 ao25 % do solo industrial. A maiores, as empresas podenbeneficiarse de bonificacións no ICIO.

Un proxecto de formación e emprego a tres bandasOutra colaboración entre concellos, neste caso entreCarballo, A Laracha e Malpica, permitirá formar a un totalde 60 persoas nos sectores do comercio e a hostalería. Asolicitude, con cargo aos novos Programas Integrados deEmprego (PIE) da Xunta de Galicia, está tramitada. Oproxecto terá 12 meses de duración, dende o 1 desetembro deste ano ata o 31 de agosto do 2016, e asaccións formativas repartiranse entre instalacións dos tresmunicipios. No caso de Malpica a sede será a Casa doOleiro.

As accións de formación específica previstas son asseguintes:

Caixeiro/a / atención ao cliente (420 h.)Mozo/a de almacén / repoñedor/a supermercado / manexocarreta elevadora (390 h.)Dependente de carnizaría (310 h.)Dependente de peixaría (310 h.)Elaboración de repostería (230 h.)Elaboración e presentación de tapas, pinchos e canapés (300 h.)

A Regata Rías Altas de vela recalará na vilaXa hai datas para a Regata Rías Altas de vela, que este anodesenvolverase entre o 9 e o 12 de xullo. O comitéorganizador da 42ª edición estableceu as catro etapas dacompetición: A Coruña-Sada, Sada-Muxía, Muxía-Malpica,Malpica-A Coruña. A casa consistorial de Malpica acolleu unhareunión na que se avanzaron os detalles desta nova ediciónda regata, na que colaboran a Universidade da Coruña -através da Escola de Turismo e da Escola Superior de Náutica-e a Academia de Gastronomía Galega. O Concello de Malpicaestivo representado polo tenente de alcalde, MiguelFernández; a concelleira de Promoción Económica, PilarDoldán, e o técnico de Deportes, Pablo Lista. Nesta 42ªedición complementarase a competición deportiva coapublicación de diverso material con contido turístico, e taménse tratará de implicar ao sector da hostalería mediante aelaboración de menús específicos para a regata.

“Malpica. O mar de Sisargas”, un proxecto para osector turístico“Malpica. O mar de Sisargas” é un proxecto de turismoexperiencial promovido polo Concello de Malpica efinanciado con fondos europeos GAC (Grupo de AcciónCosteira). A través desta iniciativa recupéranse e póñenseen valor os recursos marítimos existentes na vila, dun xeitosostible coa axuda das novas tecnoloxías e causando unhamínima intervención no medio. Ainiciativa “Malpica. O mar deSisargas”, que incluíunumerosas actividadesorientadas ao sectorhostaleiro, ten unhaimportante presenzanas redes sociaisFacebook, Flirck eYouTube.

PROMOCIÓN ECONÓMICA

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 13

Page 14: Vive malpica web

Agora dá gusto pasear pola beira do marMalpica foi un dos municipios máis afectados polos temporais do duro e longoinverno de finais do 2013 e principios do 2014, que provocaron importantesdanos en infraestruturas públicas e privadas. O paseo marítimo resultou moiafectado. Pero xa di o refrán que non hai mal que por ben non veña, e nestecaso, grazas ás xestións realizadas polo goberno municipal, conseguiuse incluírdentro do proxecto de reparación unha vella demanda da cidadanía: despois demoitos anos de protestas e peticións, por fin foi substituído o incómodo pavi-mento de adoquín por novas lousas de pedra na parte central e formigón im-preso nas beiras. Agora si que dá gusto pasear pola beira do mar ao longo danosa praia de Area Maior.

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 14

Page 15: Vive malpica web

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 15

Page 16: Vive malpica web

16

A promoción turística do noso concello é un doseixos da xestión municipalUn dos obxectivos do goberno municipal ao longo destemandato foi situar o noso concello no lugar que llecorresponde a nivel turístico. A promoción de Malpica éun dos eixos da xestión municipal, unha área transversalque abrangue dende a participación en feiras dentro e fórade Galicia ata a posta en valor do noso patrimonio, aorganización de eventos de referencia, a prestación deservizos de calidade ao visitante ou a mellora dasinfraestruturas e os servizos urbanos para facer as nosasvilas cada vez máis atractivas.

Fitur, o mellor escaparate

Malpica de Bergantiños xa non pasa inadvertida en Fitur.O importante labor de promoción realizado nos últimosanos polo goberno municipal en xeral, e polo concelleirode Turismo, Alfredo Cañizo, en particular, está a dar osseus froitos. A Feira Internacional de Turismo que secelebra a principios de cada ano en Madrid é o mellorescaparate para o noso municipio, onde Malpica se dá acoñecer ao mundo e onde se teñen realizado interesantese frutíferos contactos. Sen dúbida o que máis deu que falarfoi a reunión de Alfredo Cañizo co actual rei Felipe VI naúltima edición á que acudiu como Príncipe de Asturias, no2014.

De Silleda a Ferrol. O Concello de Malpica tamén estivopresente na I Feira de Festas de Interese Turístico, incluídano programa da Semana Verde de Galicia, cun stand noque se amosou material turístico e promocional de todotipo, así coma unha ampla exposición de pezas artesanaisde Buño. A presenza do oleiro José Antonio Corral notorno foi un dos grandes atractivos da feira.

Xuño do 2014 foi un mes de moitísima actividade turística.O Concello de Malpica non só estivo presente en Silleda,senón que tamén promocionou a olería no 5º CongresoEuropeo de Turismo Industrial, no que participaronexpertos de todo o continente.

Irmandamento con Malpica de Tajo

As xestións iniciadas en xaneiro do 2014 por AlfredoCañizo están a dar os seus froitos tamén co próximoirmandamento entre Malpica de Bergantiños e Malpica deTajo, os únicos concellos homónimos de España. Na visitarealizada este ano á vila toledana polo alcalde, EduardoParga, e o concelleiro de Turismo acordouse celebrar omesmo día nas dúas localidades o pleno extraordinario noque se formalizará o irmandamento. Un dos obxectivos éaproveitar os recursos dos dous municipios para iniciarunha serie de intercambios en áreas coma a cultura, aempresa e o turismo.

DENDE MALPICA PARA O MUNDO

Novo material promocionalFitur foi, precisamente, o escenario elixido polaConcellería de Turismo para presentar no 2014 o novomaterial promocional do municipio, que inclúe folletosdespregables, rueiros, revistas e planos-guía. Miles deexemplares foron distribuídos tamén entre os 84establecementos de hostalería do municipio para acampaña de Semana Santa.

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 16

Page 17: Vive malpica web

17

Non cabe dúbida de que agosto é o mes de Malpica.Multiplicamos a poboación, e o turismo convértese naprincipal actividade económica. Consciente daimportancia de protexer un recurso tan importante, ogoberno municipal organiza e apoia unha serie deactividades que contribúen a reforzar o atractivo do nosomunicipio e a consolidar a nosa marca turística.

O mes da Mostra da Olería

Organizada directamente dende o Concello de Malpica oudende a Asociación Oleira de Buño, como na pasadaedición, o apoio á Mostra da Olería é indiscutible. Unhadas preocupacións e das ocupacións do goberno municipalé a protección dos recursos económicos e patrimoniais donoso municipio, e sen dúbida a artesanía do barro é undeles. Nesa liña enmárcanse a posta en valor dos fornostradicionais ou a organización de actividades coma aCocedura Tradicional, que cada mes de agosto converteo Forno do Forte no punto de encontro de centos depersoas. Agora, tras a recuperación do Forno da Costa,ábrese un novo campo de posibilidades de cara ápromoción da nosa olería e dos nosos oleiros.

O mes do Mercado Medieval e a Festa Galega

A mediados de agosto Malpica é un fervedoiro. AConcellería de Turismo quere aproveitar o tirón domunicipio, e da vila en particular, para convertela nunreferente dentro e fóra da comarca. E estaoconseguindo. Proba dilo é que o Mercado Medieval e aFesta Galega, que coinciden neses días centrais do mesvacacional por excelencia, atraen cada ano a máis e máisvisitantes. A rúa principal da localidade énchese deanimación durante o día grazas ás decenas devendedores que acoden cos seus produtos e áambientación de inspiración medieval e mariñeira, epolas noites esa vitalidade trasládase ao porto para gozardun dos festivais de música tradicional de máis calidadeda contorna. No 2014, por iniciativa do concelleiroAlfredo Cañizo, o Mercado Medieval e a Festa Galegaforon os protagonistas do programa da TVG “AquíGalicia”, que acadou un enorme éxito.

O mes das Festas do Mar

O Concello de Malpica colabora activamente coa comisiónde festas na organización dun dos eventos de referencianon só a nivel local ou comarcal, senón tamén autonómico.As Festas do Mar, que marcan a fin do verán e dasvacacións, son cada ano máis multitudinarias. Os distintosdepartamentos municipais participan dos preparativoscoordinando os dispositivos de seguridade, aportandorecursos humanos e materiais e complementando oprograma con actividades tan exitosas coma o concursode castelos de area.

AGOSTO É O MES DE MALPICA

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 17

Page 18: Vive malpica web

18

Iniciativas que poñen en valor o noso patrimonio

O Concello de Malpica está a desenvolver un importantetraballo de recuperación e posta en valor do nosopatrimonio. Nestes catro anos coidamos os pequenosdetalles pero tamén abordamos importantes proxectosque nos sitúan á cabeza da comarca neste tipo deiniciativas. O Forno da Costa de Buño, xa rematado, e aCroa do Castro de Cerqueda, na que se está adesenvolver un interesante proxecto comunitario, son dosdous principais exemplos.

Nova vida para o Forno da Costa

O Forno da Costa, un dos máis emblemáticos de Buño,xa é visitable despois das obras de recuperación que levoua cabo o Concello de Malpica o ano pasado encolaboración coa Deputación da Coruña. Trátase dun doscatro catalogados no concello e forma parte do grupo defornos comunais que durante séculos foron utilizadospolos oleiros do barrio da Costa. Dende o Concelloconsiderouse que este patrimonio, único en Galicia, debíaser conservado e posto en valor tanto polo seu intereseturístico como polo significado que ten na olería de Buño.

Por ese motivo, dende a Alcaldía fixéronse as xestiónscorrespondentes para conseguir o financiamentonecesario. Coa rehabilitación deste forno, os tradicionaisbarrios oleiros de Forno Novo, Mouróns e Costa xa teñenas súas edificacións recuperadas.

O Forno da Costa consta do forno de cocer a cerámica ede dous alpendres para gardar materiais e almacenar toxo.Son estruturas características e propias da olería de Buñoque non se podían perder. Por iso procedeuse aosaneamento do muro dianteiro, a reconstrución da boca,a retirada dun engadido no muro superior, a recuperacióndun dos alpendres, a urbanización do conxunto e asinalización. O custe da obra foi de 79.200 euros.

PATRIMONIO

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 18

Page 19: Vive malpica web

19

A Croa do Castro, un proxecto comunitario

A limpeza da Croa do Castro é o primeiro paso noproceso de recuperación e posta en valor desteimportante xacemento situado na parroquia de Cerqueda.Os traballos levaranse a cabo no mes de abril coacolaboración de voluntarios. O interese é enorme; defeito, xa non quedan prazas libres.

A Croa do Castro é un xacemento fortificado da Idade doFerro, polo que pode ter uns 2.000 ou 2.300 anos, moiespectacular e que semella que se conserva en bo estado,aínda que se saberá moito máis despois da limpeza. Apartir dese momento comezará o proceso de posta envalor mediante unha campaña de comunicación para daloa coñecer en toda Galicia e no resto de España, comezarcoas visitas guiadas, as actividades para escolares e o laborde recompilación de todo o coñecemento sobre o lugarque existe na comunidade local. Estamos, de feito, anteun proxecto comunitario, promovido polas asociacións daparroquia de Cerqueda e apoiado dende o primeiromomento dende o goberno municipal de Malpica.

Pódese seguir toda a actualidade da Croa do Castro a travésda páxina web creada especificamente para este proxectowww.croadocastrodecerqueda.net e de Facebook

O Forno do Forte, un emblema de Buño O Concello de Malpica tamén impulsou durante estescatro anos o ecomuseo do Forno do Forte, unemblema de Buño, que foi levantado ao longo doséculo XIX e era dos máis apreciados pola calidadedas súas coceduras, que volven a recrearse cada anocoincidindo coa Mostra da Olería. O conxunto constade 11 estruturas distribuídas arredor do forno, que éa peza central, como o alpendre, o hórreo, aadministración, a taberna, a tenda, a exposiciónagrícola e as vivendas dos oleiros. O Forno do Forteestá aberto ao público todo o ano. Ademais de realizarvisitas guiadas, o público pode ver a un oleirotraballando en vivo.

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 19

Page 20: Vive malpica web

Descrición heráldica da bandeira

O pano amarelo e, ao centro, unha franxa azul de dous

terzos con dúas espigas de amarelo dispostas en aspa e

acompañadas dunha áncora de branco; no xefe, unha cabeza de lobo de amarelo, linguada

de vermello, na punta, e flanqueadas dun "pucheiro de encote" tamén de amarelo, á

destra, e dunha torre do mesmo, á sinistra.

Descrición heráldica do escudo

De azur (azul), dúas espigas de ouro (amarelo), dispostas en aspa, acompañadas dunha áncora de prata (branco), no xefe, unha cabeza de

lobo de ouro, linguada de gules (vermello), na punta, e flanqueadas dun "pucheiro de encote" de ouro, á destra, e dunha torre do mesmo, á

sinistra. Ao timbre, a coroa real pechada.

A heráldica é un sistema emblemático que se utiliza en todo o mundo occidental dende hai máis de oito séculos e que ten unha especial importancia como signo de identidade dunha entidade pública. O Concello de Malpica de Bergantiños iniciou en marzo do ano 2012 o procedemento para a elaboración do seu escudo e a súa bandeira, dos que carecía. Grazas ás xestións realizadas polo goberno municipal conseguiuse axilizar o proxecto e que o Consello da Xunta aprobase os novos emblemas do noso municipio a principios de xaneiro deste ano.

Partindo do estudo pormenorizado dos feitos históricos, culturais e significativos do territorio, a Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia propuxo a inclusión das seguintes figuras cuxa significación ou simbolismo se consideraron adecuadas para representar a municipali-dade; isto é, as dúas espigas de ouro, que son un símbolo comunmente aceptado para representar a importancia da produción agraria, e cuxa disposición cruzada -ou en aspa- permite acoller axeitada e equilibra-damente as outras catro figuras de significación máis precisa: unha áncora, para aludir ao tradicional peso que teñen as actividades maríti-mo-pesqueiras; a cabeza de lobo, para recordar a importancia e influxo da liñaxe medieval dos Moscoso, titulares da Casa de Altamira; o deno-minado "pucheiro de encote", que alude á olería de Buño, e a torre, que destaca a importancia histórica e monumental das magníficas Torres de Mens.

O escudo e a bandeira de Malpica de Bergantiños

A NOVA IMAXE DO CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 20

Page 21: Vive malpica web

O Concello de Malpica de Bergantiños écoñecido e recoñecido, entre outrascousas, pola variedade e a calidadeda súa oferta cultural. Dende odepartamento que dirixe NoeliaFreijeiro conseguiuse, por unhabanda, facilitar a todos ossectores da poboación oacceso a unha programacióncultural de calidade e, poroutra, aglutinar arredor deseproxecto ao movementoasociativo, co que mantemos unhaestreita e frutífera relación ao longo detodo o ano. Nadal, Entroido, SemanaSanta, Letras Galegas, verán... Non hai data dereferencia que non leve aparellado o seupropio programa de actividades.

Unha década de Mostra deTeatroA Mostra de Teatro de Malpicavén de celebrar a súa décimaedición cun cartel á altura dascircunstancias. Coacolaboración da Deputación daCoruña, a Asociación CulturalCaldeirón e a Asociación TeatralOs Amigos de Malpica pasaron poloescenario do Centro Cívico un total dedez espectáculos de monicreques, circo,cabaré, monólogos, maxia e moita comedia. Oobxectivo de achegar as artes escénicas máisvariadas a todo o público, dende os máispequenos ata os maiores, cumpriuse.A Mostra de Teatro estáplenamente consolidada e dendeo Concello de Malpicaseguiremos a impulsala.

Propostas para todas asépocas do ano...Doce entidades colaboraron naprogramación cultural do últimoNadal, o que permitiu estender asactividades a todo o territorio eabranguer todo tipo de propostas.Teatro, música, obradoiros, festivais,

concursos, xogos e, por suposto, as visitasde Papá Noel e as impresionantes

cabalgatas encheron de animación osúltimos días do 2014 e osprimeiros do 2015. Esteesquema, que tan bosresultados está a dar, venserepetindo ano tras ano e nasdiferentes épocas do ano. Ovariadísimo e cada vez máismultitudinario Entroido é outro

éxito da colaboración entreConcello e entidades.

... e para todas as idadesEn Malpica hai obradoiros de manualidades para

nenos e maiores, campamentos de verán,proxeccións de películas para todos os

públicos, rutas, maxia, música outeatro. Os nenos e nenas recibenun trato especial en todas asépocas vacacionais, pero sobretodo durante a época estival, naque non só poden desfrutar dasactuacións semanais ou do cine,senón que ademais teñen aoseu alcance propostas de ocio

activo coma as que ofrece aludoteca infantil de verán, un clásico

que estamos a reforzar para facilitar,ao mesmo tempo, a conciliación da vida

laboral e familiar.

A OFERTA CULTURAL MARCA TENDENCIA

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 21

Page 22: Vive malpica web

22

Pintar na Rúa volve a encher de cor a nosa vila

Malpica foi un concello pioneiro na Costa da Morte notratamento artístico de espazos degradados. Pero oproxecto “Pintar na Rúa” estaba durmido dende haianos. O Concello, a través da Concellería de Cultura,decidiu recupéralo o verán pasado coa primeirafinalidade de embelecer o muro exterior do CentroCívico. E foron os nenos e nenas do municipio osencargados de facelo, supervisados polas pintoras PaulaFraile e Roberta Venanzi. O obradoiro, previstoinicialmente para dúas semanas, estendeuse ao longode todo un mes debido a boa acollida que tivo entre osrapaces, o que nos anima a darlle continuidade nofuturo.

O Centro Cívico recobrará o seu esplendor

O mural de inspiración mariñeira pintado polos nenos enenas no exterior do Centro Cívico foi un dos primeirospasos que se deron dende o Concello de Malpica paradevolver o seu esplendor ao edificio. Grazas a un curso daConcellería de Servizos Sociais tamén se procedeu aoacondicionamento. Grazas as xestións realizadas dende ogoberno municipal, a Deputación Provincial da Coruñafinanciará a substitución das ventás, co cal remataremoscoa maior parte dos problemas de humidade. O nosoobxectivo é que o Centro Cívico, un edificio cheo deactividade, estea á altura desa gran demanda.

Un espazo onde caben todas as artes

O Concello de Malpica pretende converter o CentroCívico nun espazo no que teñan cabida todas as artes.E así se está a conseguir. O edificio situado noVentorrillo é punto de encontro de asociacións, deafeccionados e afeccionadas ao teatro, á música, ásmanualidades e mesmo á zumba, unha actividadedeportiva de recente implantación que arrasa entre apoboación feminina. Polo seu espazo expositivo teñenpasado nestes catro anos multitude de artistas plásticos:Luis Davila, Nolo Suárez, Mon Lendoiro e PeterSchneider son só algúns deles. A última exposición,aberta ata o 4 de abril, permitiu, ademais, estreitar lazosentre Malpica e a localidade portuguesa de Avintesgrazas a “20 poemas en remanso”, unha propostaconxunta do fotógrafo luso Pereira Lopes e da poetisaafincada en Malpica Carmen Muñoz.

A CREATIVIDADE SAE Á ESCENA

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 22

Page 23: Vive malpica web

O Certame de Poesía Erótica encara a súa décimaedición

Alberte Momán e Verónica Martínez Delgado son osgañadores do IX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas deMalpica polo poemario “O episodio”. O xurado deu acoñecer o fallo na Cea das Letras celebrada o pasado 8 denovembro, na que tamén se presentaron as obraspremiadas na pasada edición, xa publicadas. Curiosamente,unha delas é “Ode à Madison Ivy e outras cousas de meter”,pola que Verónica Martínez obtivo un accésit no 2013. Peroas casualidades non rematan aí, xa que o coautor de “Oepisodio” foi o gañador da segunda edición do premioconvocado pola Asociación Cultural Caldeirón e o Concellode Malpica nun novo exemplo de colaboración entre aAdministración local e as entidades que permitirá que unnovo libro de poesía vexa a luz en novembro deste 2015.

O Concello de Malpica colaborou na reedición de“As aventuras de Pelusa”, de Xelucho Abella

O escritor e profesor malpicán Xelucho Abella Chouciñorecibiu en abril do 2014 unha sinxela pero emotivahomenaxe. A capela do Santo Hadrián, o punto no querematan “As aventuras de Pelusa”, foi o escenarioescollido para a presentación da reedición do seu libro,un proxecto didáctico no que están implicados ocolectivo de profesores Per Loca Marítima, estudantes,a Fundación Eduardo Pondal, os concellos de CostaBergantiñá (Malpica, Ponteceso, Laxe e Cabana), aDeputación Provincial da Coruña e a Consellería deEducación. O Concello e Malpica non podía faltar nestamerecida homenaxe ao autor, que estivo arroupado porun cento de veciños, compañeiros da docencia, amigose familiares.

Aniversario do afundimento do Priam

O ano 2014 comezou con outro emotivo acto, o 125aniversario do naufraxio do vapor británico Priam. Nopaseo marítimo de Malpica descubriuse unha placaconmemorativa e rendeuse homenaxe aos mariñeiroslocais. A xornada completouse coa presentación do libro“De Liverpool ás Sisargas: a derradeira travesía do Priam”,de Xavir Maceiras e Fernando Patricia, no que taméncolaborou o Concello de Malpica.

Recuperamos a figura de Manuel Varela Limia

Outra figura recuperada da memoria neste mandato queestá a piques de rematar foi a de Manuel Varela Limia,militar, político e escritor da época do reinado deFernando VII que naceu en Malpica de Bergantiños o 17de agosto de 1796 e falecido en Madrid aos 57 anos deidade. Na súa honra celebrouse o 10 de decembro do2011 un solemne acto organizado polo Concello deMalpica e a Forza Loxística Operativa (FLO) do Exército.O Brigadier Manuel Varela Limia ten unha rúa na nosa viladende aquel día.

As lendas de Malpica serán recollidas nun libro

En outubro remataron os obradoiros de lendasorganizados polo Concello de Malpica, co apoio daSecretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, ao longodo 2014. Unha vez recollidas as achegas que realizaron osescolares e os usuarios das aulas de lecer de Buño eMalpica, o seguinte paso consistirá na redacción duncatálogo de lendas. Así mesmo, o filólogo Xosé ManuelVarela, coordinador do proxecto, e o pintor Miguel AnxoCalvo están a traballar xa nun libro ilustrado de lendasmalpicás que verá a luz moi pronto.

23

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 23

Page 24: Vive malpica web

24

O deporte e o exercicio físico son fundamentais paralevar unha vida equilibrada e saudable. NaConcellería de Deportes, que dirixe Manuel Torrado,sabémolo, e nestes catro anos mantivemos o nosocompromiso de fomentar a práctica deportiva entreos cidadáns e garantir o acceso de todos á mesma.Grazas á posta en marcha de novas disciplinas,logramos consolidar a oferta pública municipal ecomplementala coa celebración de iniciativaspuntuais ao longo do curso escolar e eventos, máislúdicos e recreativos, durante o verán. Comoconsecuencia do labor desenvolvido pasamos de 158participantes no ano 2011 aos 768 actuais, o quesupón un aumento do 386%.

AS ESCOLAS MUNICIPAISDende o 2011 contamos cun amplo programa deactividades, dirixido a toda a poboación pero adaptado ásdiferentes necesidades, dependendo da idade e do estadofísico dos participantes. As Escolas Municipais deEducación Física (EMEF) constitúen o eixo central da nosaactividade diaria, con 768 persoas inscritas nas distintasdisciplinas.

Aínda que o fútbol, o baloncesto e a clases depsicomotricidade e ritmo contan tradicionalmente cunhaenorme aceptación, é moi significativo o éxito acadado poroutras de recente implantación coma zumba ou patinaxe,dúas modalidades que están a causar auténtico furor entreos seus participantes. Así o reflicten os datos:

CURSO 2014/2015

Actividade ParticipantesBALONCESTO 57FUTBOL SALA PREBENXAMIN 35FUTBOL SALA BENXAMIN 72FUTBOL SALA ALEVIN 63FUTBOL SALA INFANTIL 50ESCOLA DE PORTEIROS 8FUTBOL 8 PREBENXAMIN 24FUTBOL 8 BENXAMIN 60FUTBOL 8 ALEVIN 60FUTBOL 8 INFANTIL 35AEROBIC INFANTIL 47XIMNASIA RITMICA 51PSICOMOTRICIDADE E RITMO 60PATINAXE EN BUÑO 16XIMNASIA RITMICA EN BUÑO 7PREDEPORTE 6XIMNASIA TERAPEUTICA Malpica 38XIMNASIA TERAPEUTICA buño 27ZUMBA 52TOTAL 768

Alternativas para o lecer Á marxe das escolas municipais, dende a Concellería deDeportes tamén levamos a cabo outras actividades puntuaisao longo do ano, especialmente durante o curso escolar.Neste sentido, ademais de organizar os campionatos desurf, o Día do Ritmo ou a xornada de clausura das escolas,tamén colaboramos na organización das ligas de fútbol salae fútbol praia sénior, na carreira pedestre popular Costa daMorte e na campaña autonómica Deporte en Idade Escolar.

DEPORTE OS 365 DÍAS AO ANO

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 24

Page 25: Vive malpica web

25

A participación do Concello de Malpica de Bergantiñosneste tipo de iniciativas pon de manifesto a nosa firmeaposta polo deporte como hábito de vida e alternativa parao tempo de lecer, ben sexa de forma activa ou pasiva, comomero espectador.

ACTIVIDADES DE VERÁN

En Malpica o verán non é sinónimo de inactividade senóntodo o contrario. A nosa privilexiada situación xeográfica ea beleza da nosa costa converten o noso municipio nunatractivo destino turístico. Durante a tempada estival,turismo e deporte mestúranse en moitas iniciativas decarácter lúdico e recreativo. Co mar coma pano de fondo,atendemos a demanda dunha poboación que se veincrementada nunha porcentaxe moi elevada. Asactividades máis destacadas nos últimos anos son asseguintes:

Escolas deportivas

· Aerobic praia· Xornadas de deporte aventura· Liga de fútbol praia infantil

· Colaboración en campamentos deportivos e nos campus de fútbol da Costa Bergantiñá · Participación nos campamentos organizados pola Deputación da Coruña

Colaboración en eventos deportivos

· Travesía a nado Illas Sisargas· Día da Bicicleta· Trofeo de Fútbol Mostra da Olería· Trofeo de Fútbol Manolito· Regata Illas Sisargas· Campionato de Tiro ó prato San Miro· Longboard Classic

Colaboración cos deportistas e entidades locais

O apoio municipal ao deporte de base e federado, entodas as súas modalidades, foi constante durante estesúltimos anos. Dende o consistorio sempre promovemosa colaboración cos clubs, as entidades e os deportistaslocais, visible a través da cesión de instalacións, celebraciónde torneos, asesoramento e apoio na súa xestión econcesión de subvencións, que neste mandato ascenderona 68.000 euros.

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:45 Página 25

Page 26: Vive malpica web

26

A acción social foi outro dos piares da xestión do gobernode Malpica de Bergantiños durante este mandato. Aatención ás crecentes necesidades, como consecuencia dacrise económica, foi unha das nosas prioridades. Dende aConcellería de Servizos Sociais, dirixida por Marisol BlancoGorín, establecéronse os protocolos precisos para darcobertura ás situacións de emerxencia, pero tamén sedesenvolveu un intenso labor de formación, asesoramentoe organización do tempo de ocio para dar cabida nosprogramas de intervención social a colectivos como osmaiores e as persoas con diversidade funcional ou en riscode exclusión. Deste xeito, dende a Administración local, amáis próxima ao cidadán, contribúese a mellorar a súacalidade de vida.

Talleres para máis de 500 persoas

Os cursos organizados dende a Concellería de ServizosSociais acadaron unha amplísima participación. Máis decincocentas persoas, fundamentalmente maiores, en riscode exclusión ou con diversidade funcional, adquiriron unhaformación que na maioría dos casos enfocouse unicamenteá adquisición de destrezas e á organización do tempo libre,pero que noutras ocasións tamén se orientou cara ainserción laboral dos participantes. Entre as iniciativas máispopulares, e que de feito se repiten cada ano, figuran ostalleres de memoria e de manualidades, que superan encada edición os cincuenta participantes. Pero ao longo domandato tamén se teñen celebrado obradoiros de vimbio,novas tecnoloxías, busca activa de emprego, pequenosarranxos domésticos, cociña, coiro e xardinería. Estaúltima actividade, dirixida a persoas con diversidadefuncional e/ou en risco de exclusión, leva xa tres edicións,

nas que o labor desenvolvido permitiu acondicionar aszonas axardinadas da praza do Cruceiro de Buño, docentro médico de Malpica e do Centro Cívico. Nestesmomentos está en marcha na parroquia de Cambre oterceiro curso.

Novo programa de envellecemento activo

O programa de envellecemento activo que se desenvolveata o 14 de abril será o sexto destes catro anos. Cunhaparticipación media de cincuenta persoas en cada edición,o Concello de Malpica de Bergantiños está decidido a seguirapostando por este tipo de actividades, que contribúen ámellora das habilidades sociais e as destrezas dos maiores,ademais de fomentar a súa autonomía e a súa autoestima.Durante máis dun mes, a empresa Máis Porvir traballa cosparticipantes nos ámbitos da saúde, a creatividade e asnovas tecnoloxías, entre moitos outros. O programa deenvellecemento activo inclúe, así mesmo, un taller afectivosexual e unha sesión grupal de prevención das dores delombo. Na última xornada, o 14 de abril, celebrarase unhafesta de clausura na que haberá xogos populares, diplomase entrega dun libro-resume das sesións.

Os maiores visitarán Madrid na súa excursión anual

Despois de Asturias, Cantabria e País Vasco, este ano osmaiores de Malpica viaxarán a Madrid. Coma todos osanos, o Concello de Malpica convídaos a participar nunhaexcursión lúdica e cultural polo territorio español. Nestaocasión o seu destino será o centro do país, en concretoas provincias de Madrid, Toledo, Ávila e Segovia. Aexcursión levarase a cabo do 11 ao 14 de abril.

PRIORIZAMOS OS SERVIZOS SOCIAIS

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:45 Página 26

Page 27: Vive malpica web

Convenio coa ONG Equus Zebra

O Concello de Malpica asinou un convenio coaoenegué coruñesa Equus Zebra, que traballa polaintegración dos inmigrantes e desenvolve proxectosencamiñados a lograr o desenvolvemento de paísesempobrecidos. O acordo incluíu a instalación duncolector xunto ao Centro Cívico no que os malpicánspoderán depositar roupa usada. Os veciños podendepositar roupa de vestir e do fogar, bolsos, cintos exoguetes.

27

A XUNTA DE GALICIA AUMENTA NUN 62,59%AS HORAS DE SERVIZO DE AXUDA NO FOGARPOR DEPENDENCIA

O Concello de Malpica de Bergantiños foi un dos máisbeneficiados da comarca polo incremento das horasasignadas para atender casos de dependencia a través daprestación do servizo de axuda no fogar (SAF), unprograma xestionado polos servizos sociais municipais quenos casos de dependencia é cofinanciado pola Xunta deGalicia e o beneficiario, cuxa achega varía segundo o seunivel de recursos económicos. Con esta ampliación de 696horas, que entrou en vigor neste mes de marzo, oConcello de Malpica pasa de 1.112 a 1.808 horas, o quesupón un aumento do 62,59%.

Vinte e unha familias utilizan o Banco de AlimentosO 9 de xullo do ano 2014 realizouse o primeiro repartodo Banco de Alimentos de Malpica de Bergantiños, postoen marcha despois da sinatura dun convenio decolaboración entre o Concello e a Fundación Amigos deGalicia. Na actualidade hai 21 familias usuarias desteservizo, que pretende garantir produtos de primeiranecesidade ás persoas que os necesiten. Aínda que a maiorparte dos alimentos que se distribúen cada mes en Malpicason non perecedoiros, a Fundación Amigos de Galiciasempre completa as achegas con froitas, verduras e outrosprodutos frescos de tempada. A sinatura deste conveniosupuxo un importante aforro para as arcas municipais, oque permitiu incrementar os recursos destinados áorganización de actividades formativas.

III Plan de Igualdade do Concello de MalpicaO 4 de xullo do 2014 foi presentado o III Plan de Igualdadedo Concello de Malpica de Bergantiños. Na súaelaboración participaron os axentes sociais e persoal dosdistintos departamentos municipais. A secretaria xeral deIgualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, queasistiu ao acto, destacou o traballo desenvolvido. Odocumento está a disposición dos veciños e veciñas nasinstalacións municipais.

2011 2012 2013 20142015

(ata mediados de marzo)

Usuarios servizo de axuda a domicilio (SAF) de libre concorrencia 48 48 47 47 27

SAF Dependencia 41 41 26 26 28

Xantar na casa 29 21 16 19 19

Servizo de teleasistencia 19 29 19 19 19

Axudas emerxencia social Xunta (*) 7 15 1 9 3

Emerxencia social municipal (*) 8 25 9 12 2

Risgas (renda de integración social de Galicia) tramitadas 14 29 13 19 6

Cestas de Nadal para familias sen recursos 44 43 55 35 -

Total atencións oficina Servizos Sociais 6.704 8.150 6.364 6.159 1.531

*As axudas de emerxencia social da Xunta de Galicia cobren, fundamentalmente, arranxos de infraestruturas nas vivendas.* As axudas de emerxencia social do Concello de Malpica son na súa maior parte para vales de alimentos (300 euros por vale), aínda que tamén sufragagastos de farmacia, aluguer, pago de recibos, substitución de electrodomésticos, etc.

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:45 Página 27

Page 28: Vive malpica web

Malpicade Bergantiños

Concello de Malpica de BergantiñosR/ Emilio González López 1

Casa do Concello15113 A Coruña

Teléfono 981 720 001Fax 981 721 627

[email protected]

revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:45 Página 28