viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez xan de forcados

3
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas Francisco Díaz-Fierros acaba de publicar en Galaxia ‘A cuestión ambiental en Galicia’, un documentado volume no que aborda a evolución do pensamento e da sensibilidade cara á conservación dos recursos naturais na comunidade entre os anos 1750 e 1972 HENRIQUE NEIRA. SANTIAGO 17.05.2006 Francisco Díaz-Fierros, á dereita, co director xeral de Galaxia, Víctor Freixanes, na presentación do volume en Santiago o pasado xoves FOTO: BEA PÉREZ/CONSELLO DA CULTURA GALEGA A data da que parten as análises realizadas no libro, 1750, sitúanos en plena Ilustración, a mediados do chamado Século das Luces, e a última das datas, 1972, é a do ano no que se celebrou o cumio internacional de Estocolmo, en Suecia, o Cumio da Terra, unha referencia clave para o espertar do movemento ambientalista en todo o mundo. Francisco Díaz-Fierros Viqueira (Vilagarcía, 1941), edafólogo e catedrático da Universidade de Santiago, así como académico correspondente da Real Academia de Farmacia e membro do Consello da Cultura Galega, aborda na obra a evolución do pensamento ecolóxico en Galicia ó longo de máis de dous séculos nos que, primeiro a elite intelectual e progresivamente o conxunto da sociedade foron adquirindo conciencia da necesidade de protexer o medio natural para garantir a supervivencia dos recursos renovables e por tanto das vindeiras xeracións de habitantes destas terras. O autor explica que decidiu escoller 1750 como data de inicio da súa investigación porque é naquela época cando xorde "unha maneira de pensar moderna" tanto no que se refire á ciencia e á tecnoloxía como ós recursos naturais, aínda que lembra que esta mentalidade moderna é "a das élites, pois o pobo vai por outro lado, hai un divorcio total". Así, dáse o caso de que ilustrados galegos coma o padre Sarmiento ou como Xosé Cornide xa se preocupan naquela época pola conservación dos recursos mariños

Upload: agacio1

Post on 21-Jun-2015

153 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez xan de forcados

Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas Francisco Díaz-Fierros acaba de publicar en Galaxia ‘A cuestión ambiental en Galicia’, un documentado volume no que aborda a evolución do pensamento e da sensibilidade cara á conservación dos recursos naturais na comunidade entre os anos 1750 e 1972

HENRIQUE NEIRA. SANTIAGO 17.05.2006

Francisco Díaz-Fierros, á dereita, co director xeral de Galaxia, Víctor Freixanes, na presentación do volume en Santiago o pasado xoves FOTO: BEA PÉREZ/CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A data da que parten as análises realizadas no libro, 1750, sitúanos en plena Ilustración, a mediados do chamado Século das Luces, e a última das datas, 1972, é a do ano no que se celebrou o cumio internacional de Estocolmo, en Suecia, o Cumio da Terra, unha referencia clave para o espertar do movemento ambientalista en todo o mundo.

Francisco Díaz-Fierros Viqueira (Vilagarcía, 1941), edafólogo e catedrático da Universidade de Santiago, así como académico correspondente da Real Academia de Farmacia e membro do Consello da Cultura Galega, aborda na obra a evolución do pensamento ecolóxico en Galicia ó longo de máis de dous séculos nos que, primeiro a elite intelectual e progresivamente o conxunto da sociedade foron adquirindo conciencia da necesidade de protexer o medio natural para garantir a supervivencia dos recursos renovables e por tanto das vindeiras xeracións de habitantes destas terras.

O autor explica que decidiu escoller 1750 como data de inicio da súa investigación porque é naquela época cando xorde "unha maneira de pensar moderna" tanto no que se refire á ciencia e á tecnoloxía como ós recursos naturais, aínda que lembra que esta mentalidade moderna é "a das élites, pois o pobo vai por outro lado, hai un divorcio total". Así, dáse o caso de que ilustrados galegos coma o padre Sarmiento ou como Xosé Cornide xa se preocupan naquela época pola conservación dos recursos mariños

Page 2: Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez xan de forcados

"e propoñen vedas durante os períodos de reprodución dos peixes" para evitar a desaparición dos recursos, algo que resulta "innovador" naquel momento histórico.

Igualmente hai preocupación pola conservación dos bosques, pero "máis que unha mentalidade conservacionista hai unha mentalidade de substitución e produtivista, se cortamos un monte plantámolo despois para xerar novos recursos", e unha mentalidade produtivista moi semellante é a que se mantén no eido da agricultura".

Díaz-Fierros lembra que, a pesar dos avisos de persoeiros coma Sarmiento ou Cornide sobre o limitado dos recursos, "aínda no século XIX hai membros da Sociedade Económica de Amigos do País que cren que os recursos do mar son inesgotables".

Con todo, a preocupación pola conservación do medio natural e os seus recursos continuou medrando desde a época da Ilustración, e en parte débeselle isto ós escritores galegos, que foron "creadores de sensibilidade, por exemplo Rosalía de Castro introduciu unha nova sensibilidade lírica, Pondal é un referente na épica e Manuel Antonio para o mar, transmiten unha nova maneira de sentir diante da natureza".

A ecoloxía pasa a converterse nun fenómeno de masas

Tras este pioneiro labor literario, o século XX é "o da socialización dos discursos en defensa da natureza", con fenómenos de masas que van desde a estética –comeza a busca dun turismo de calidade, con focos de atracción mesmo internacional, como Mondariz– ata a pedagoxía –xorden novas correntes pedagóxicas que achegan froitos coma as festas da árbore– ou o excursionismo –que se pon de moda entre a burguesía de cidades ou vilas–.

Uns antecedentes que serven para entender o agromar dos grupos ecoloxistas despois da paréntese da Guerra Civil e da Segunda Guerra Mundial, un agromar que se produce impulsado por feitos puntuais como "a campaña científica que deu lugar á preservación de Doñana, patrocinada por Juan López Suárez, Xan de Forcados" ou a campaña cidadá pola "salvación do lago de Sanabria", que se pretendía empregar para o aproveitamento hidroeléctrico, e na que foi unha figura clave "o médico de Valdeorras Ricardo Gurriarán".

E chegamos á década dos setenta: desfeitas ecolóxicas coma o vertido das 50.000 toneladas de cru do Polycommander na ría de Vigo en 1970 ou o do Erkowit –con 2.000 toneladas de insecticida– na ría da Coruña no mesmo ano supuxo unha toma de conciencia da poboación galega na que xoga un papel moi importante a información que naquela época achega a prensa. O volume péchase no ano 1972, ano no que se celebrou o Cumio da Terra de Estocolmo, unha data crucial "no movemento ambientalista en todo o mundo, aí empeza outra xeira e aí están as raíces do que estamos vivindo hoxe", apunta Francisco Díaz-Fierros, aínda que ó principio "houbo unha repercusión tímida en Galicia".

Logo chegaría o desenvolvemento do movemento ecoloxista como hoxe o coñecementos, coa a creación de entidades coma a Asociación para a Defensa Ecolóxica

Page 3: Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez xan de forcados

de Galiza (Adega) ou a Sociedade Galega de Historia Natural –que presidiu o propio autor– .