valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · web view2020. 11. 21. · na cuadrícula utm...

27
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN XUNTA DE GALICIA Edificios Administrativos - San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela Expediente IN408A 2017/15 D./Dª. _____________________________________, con DNI. Nº. _______________________, con domicilio a efectos de notificacións en ______________________________, municipio de ________________________, provincia de _______________________, teléfono _______________________, correo electrónico ________________________________. EXPÓN: Visto o Acordo do 5 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A 2017/15), por medio do presente escrito presenta as seguintes ALEGACIÓNS: Antecedentes Con data 26/10/2017, Green Capital Power SL, presentou solicitude de autorización das instalacións de produción de enerxía eléctrica do proxecto denominado Parque Eólico Banzas (número de expediente IN408A 2017/15) ao amparo da Lei 8/2009, do 22 de decembro modificada pola disposición final sétima da Lei 5/2017, do 17 de outubro, máis coñecida 1

Upload: others

Post on 24-Jun-2021

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

XUNTA DE GALICIA

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela

Expediente IN408A 2017/15

D./Dª. _____________________________________, con DNI. Nº. _______________________, con

domicilio a efectos de notificacións en ______________________________, municipio de

________________________, provincia de _______________________, teléfono

_______________________, correo electrónico ________________________________.

EXPÓN:

Visto o Acordo do 5 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a

información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de

construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto

do parque eólico Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A

2017/15), por medio do presente escrito presenta as seguintes ALEGACIÓNS:

Antecedentes

Con data 26/10/2017, Green Capital  Power SL, presentou solicitude de autorización das instalacións de

produción de enerxía eléctrica do proxecto denominado Parque Eólico  Banzas (número de expediente 

IN408A 2017/15) ao amparo da Lei 8/2009, do 22 de decembro modificada pola disposición final sétima da

Lei 5/2017, do 17 de outubro, máis coñecida como “Lei de Depredación de Galicia”, que acurta prazos e

simplifica trámites administrativos.

O proxecto eólico  Banzas, ubicaríase nos termos municipais de Outes, Mazaricos e Negreira, na provincia da

Coruña.

Para a evacuación da enerxía xerada do Parque Eólico, proxéctase unha liña de evacuación conxunta

denominada “Solución de evacuación conxunta dos  PE  Maragouto e  PE  Banzas”, cuxo documento de inicio

foi presentado o 12/03/2020.

1

Page 2: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

O parque eólico que se proxecta terá unha potencia total de 31,185 MW, polo que se estimamos que o número

de horas de funcionamento ao ano é 3.334 horas, obtense que a enerxía producida ao ano é de 103.977 MWh

anuais. Potencia unitaria de 3,465 MW.

Dentro da citada poligonal situaranse os aeroxeradores modelo GAMESA G132 ou similar (a mercantil

promotora non especifica realmente o modelo, tanto pode ser ese como outro) de ata 3,465  MW de potencia

nominal unitaria, sendo a potencia total do parque de 31,185  MW. Diámetro de rotor de 132 metros. Altura

de buxe de 134 metros.

O proxecto de execución indica que o emprego do modelo de aeroxenerador está condicionado pola

dispoñibilidade do fabricante. No caso de non instalarse este modelo optarase por un de características

similares. Non obstante, esta indefinición con respecto ao aeroxenerador debera ser concretada pola mercantil

promotora, polas implicacións medioambientais que puidera producir o cambio de máquina.

PRIMEIRA.- ACAPARAMENTO DE TERRAS E DEFORESTACIÓN NUN MOMENTO DE CRISE

CLIMÁTICA AGUDA

Mediante este proxecto a mercantil promotora adquire o pleno dominio da cimentación de arexoneradores, a

cimentación da torre anemométrica, das plataformas de montaxe de aeroxeneradores e do edificio de control e

subestación.

Ademais a mercantil promotora adquire unha área de servidume. A área de réxime de servidume defínese

como aquela área que tras a construción do parque non poderá ser utilizada polos propietarios dos terreos para 2

Page 3: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

determinadas actividades que afecten negativamente á produción do parque, por exemplo, edificar ou realizar

plantacións de especies vexetais en altura superiores a 10 m.

O campo de ventos nunha zona determinada depende, ademais dos parámetros meteorolóxicos intrínsecos, da

orografía do terreo: características – vexetación- e existencia de posibles obstáculos –edificacións.

A definición de área de réxime de servidume inclúe os accesos, viais interiores e canalizacións para cableado,

a zona de voo do aeroxenerador e a zona de protección eólica da torre anemométrica, é dicir, uns 70 metros de

radio.

Coa aprobación do proxecto sectorial as zonas afectadas pola instalación do parque serán catalogadas como

chan rústico de especial protección de infraestruturas.

A mercantil promotora prevé un vial de acceso de 658 metros. A partir deste xéranse outros tres viais para

acceder aos aeroxeneradores e ás infraestruturas do parque. A subestación eléctrica trasnformadora (SET) de

Banzas ubicaríase no municipio de Negreira. A totalidade dos viais do parque suman unha lonxitude de 7 km,

en concreto 7.177 metros.

É chamativo que en ningún momento a promotora indique a superficie total que ocuparán as instalacións do

parque e a superficie que abrangue a poligonal deste, dato que debera facerse público dado que resulta canto

menos incomprensible o excesivo sobredimensionamento da poligonal tendo en conta que só se trata de 9

aeroxeneradores.

Por outra banda prodúcese unha transformación urbanística a favor da promotora e en detrimento da

veciñanza e das comunidades rurais afectadas, que coa nova cualificación urbanística perden capacidade sobre

da xestión de usos nos solos rústicos de protección agropecuaria e de protección forestal.

3

Page 4: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

SEGUNDA.- COMO XUSTIFICA A MERCANTIL PROMOTORA O INTERESE PÚBLICO E

SOCIAL DO PROXECTO?

A xustificación realízaa única e exclusivamente en base á normativa vixente, polo que se deduce que non

existe ningún outro interés público e/ou social para o proxecto. Non alude á xeración de emprego nin a

ningún outro beneficio que poida retornar á veciñanza local. Polo tanto, para os núcleos próximos e os

seus habitantes non prevé ningún retorno social ou beneficio.

Conforme ao acordo do Consello de la Xunta de Galicia do 5 de Decembro do 2002, a Dirección Xeral de

Industria, Enerxía e Minas resolve o 20 de decembro a publicación no DOG da aprobación definitiva do plan

sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia, que adopta entre outras as seguintes

medidas:

Aprobar definitivamente o plan sectorial de incidencia supramunicipal, denominado “Plan Eólico de

Galicia”.

Vincular o plan territorial dos municipios afectados ás determinacións indicadas nos proxectos sectoriais.

De conformidade coa Disposición Adicional Primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do

Territorio de Galicia, quedan cualificadas como de carácter territorial as obras necesarias para a execución dos

proxectos:

“Disposición adicional primeira.

4

Page 5: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

1. A aprobación definitiva dos instrumentos de ordenación do territorio levará implícita a declaración de

utilidade pública ou interese social das obras, instalacións e servizos proxectados, así como a necesidade da

ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras, instalacións e servizos previstos de

forma concreta naqueles, para os efectos de expropiación forzosa ou de imposición de servidumes, sempre

que conste a descrición física e xurídica individualizada dos bens e dereitos afectados.[…]”.

No mesmo sentido pronúnciase a Lei 2/2016 do 10 de febreiro, do chan de Galicia, no artigo 85 do capítulo

IX referido para os efectos da aprobación dos instrumentos de plan urbanístico establece:

“Artigo 85 Declaración de utilidade pública

1. A aprobación dos instrumentos de plan urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e a

necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados aos fins de expropiación ou imposición de servidumes.

[…]”

O interese público e utilidade social do Parque Eólico obxecto deste proxecto, queda xustificado en virtude do

exposto neste apartado e por atoparse devandito Parque dentro das áreas delimitadas no Plan Sectorial Eólico

de Galicia, aprobado definitivamente polo Consello de la Xunta de Galicia o 1 de Outubro de 1997.

Resulta cando menos chamativo que a mercantil promotora defina e os cálculos de investimento do proxecto

pero non indique nada respecto ao beneficio económico –financiero que prevé obter.

Este dato debérase facer público ao igual que a superficie que ocupan as instalacións e a poligonal do

proxecto eólico.

TERCEIRA.- CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO EÓLICO

O parque eólico Banzas constará de 9 aeroxeradores G132 ou similar de ata 3,465 MW de potencia unitaria,

cunha potencia de conxunto de 31,185 MW. Cada aeroxerador dispoñerá do seu propio transformador que

entregará a potencia xerada á rede de interconexión interna do parque eólico de media tensión (30 kV). Esta

rede interna conducirá a enerxía ata a subestación transformadora 30/132 kV do parque eólico, onde se

elevará o nivel de tensión de 30 kV á de transporte, 132 kV.

A enerxía eléctrica evacuarase mediante unha Liña Aérea á tensión de 132 kV ata a súa conexión coa

subestación colectora de Lousame 132/220 kV. O proxecto tamén contempla a instalación dunha torre

meteorolóxica de medición.

5

Page 6: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

CUARTA.- LOCALIZACIÓN DO PROXECTO

A zona de afección esténdese, desde un punto de vista hidrográfico, entre a conca do Río Tines, polo oeste,

pertencente á conca da Ría de Muros e Noia, e a conca do Río Tambre polo leste. O ámbito de estudo onde

está situado o parque eólico Banzas atópase a máis de 6 km de calquera área protexida incluída en Rede

Natura 2000 e na Rede de Espazos Protexidos de Galicia. O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia é o

instrumento básico para a planificación, ordenación e xestión en rede das Zonas de Especial Conservación

(ZEC) e das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), zonas que non se verán afectadas polas

infraestruturas que compoñen ao parque eólico. Os espazos naturais máis próximos á zona de afección do

presente estudo son: polo sur a máis de 6 km a ZEC Esteiro do Tambre, e polo oeste máis de 14 km a ZEC

Carnota – Monte Pindo, declarados ambos os como zonas especiais de conservación polo Decreto 37/2014, do

27 de marzo de 2014, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia

comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia; e á súa vez, ambos os

espazos naturais considéranse zomo Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN),

constituíntes da Rede galega de espazos protexidos, declaradas segundo o Decreto 72/2004, do 2 de abril. A

distancia superior a 6 km e 14 km respectivamente con respecto ao proxecto, non asegura que os citados

espazos protexidos non vaian resultar afectados polas instalacións do parque eólico.

6

Page 7: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

QUINTA.- DISTANCIAS DAS POBOACIÓNS AO PARQUE EÓLICO PROXECTADO

Hai unha serie de núcleos habitados que están á beira do parque proxectado. Ademais do impacto visual que

lles afecta directamente tamén hai que ter en conta o impacto acústico. De aí que a veciñanza alomenos destes

lugares debe ser consultada sobre do seu grao de aceptación ou non do proxecto, e todo isto base ao Convenio

europeo da Paisaxe. Os núcleos moi afectados son: Camplongo, Vilar de Arriba, Vilar de Abaixo, Couso

de Arriba, Couso de Abaixo, Cabana Moura.

Cómpre ter en conta que o núcleo de poboación de Campolongo está afectado por 3

aeroxeneradores: BZ01, BZ02, BZ05. Couso de Abaixo estaría afectado por 2 aeroxeneradores: BZ02 e

BZ03. Cabana Moura estaría afectada por outros 2 aeroxeneradores, os BZ03 e BZ04. Debido as

proximidades aos aeroxeneradores precísase un estudo riguroso do impacto acústico e un estudo sanitario

sobre dos efectos que sobre da saúde pode ter a exposición ao ruido.

Ao anterior hai que engadir que a promotora non indica nada respecto ás distancias dos aeroxeneradores ás

casas illadas. Obvia este extremo.

Distancias do proxecto eólico de Banzas da promotora Green Capital Power S.L. aos núcleos habitados

SEXTA.- IMPACTO ACÚSTICO   MOI SEVERO

As fontes de ruído máis destacadas que se poden considerar en zonas próximas á área de implantación do

proxecto eólico son:

 – Os vehículos que transitan polas estradas que rodean a zona de implantación, que a mercantil promotora

non indica.

7

Page 8: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

– Vehículos e maquinaria forestal que circulan polos numerosos camiños que se localizan na contorna do

parque, que a promotra tampouco indica.

A isto hai que engadir o ruido do parque eólico proxectado, tanto na súa fase de execución como de

funcionamento E QUE HAI NÚCLEOS AFECTADAS POR MÁIS DUN AEROXENERADOR. Polo tanto,

cómpre avaliar en conxunto o total dos impactos acústicos e os seus efectos sobre a saúde humana e dos

ecosistemas.

Que impacto acústico pode ter sobre a saúde dos habitantes vivir á beira de 3 ou 2 aeroxeneradores que

funcionan todos os días do ano, día e noite?

SÉTIMA.- IMPACTO SEVERO SOBRE O ESCRIBANO PALUSTRE

 Con respecto ao Plan de recuperación da subespecie lusitánica do escribano palustre (Emberiza schoeniclus

L. subsp. lusitanica), o parque eólico Banzas proxéctase sobre a área de distribución potencial, conforme

o Decreto 75/2013, do 10 de maio, polo que se aproba o Plan de recuperación desta especie en Galicia.

OITAVA.- IMPACTO SEVERO SOBRE OS MAMÍFEROS

Por outra banda, comprobáronse tamén as Zonas Importantes para os Mamíferos (ZIM), as cales constitúen

unha listaxe dos espazos de especial importancia para a conservación de mamíferos en España realizado pola

Sociedade Española para a Conservación e Estudo dos Mamíferos (SECEM), facendo uso da información

existente no Atlas dos mamíferos de España, polo que non só ten en conta as especies presentes nunha área en

concreto, senón que tamén o seu grao de ameaza, endemicidad ou vulnerabilidade. Os aeroxeradores BZ1,

BZ2, BZ3, BZ4, BZ7, a torre de medición, zona de provisión e a subestación do parque eólico atópanse

situados no interior do ZIM Cuenca do Río Tambre.

A clasificación aplicable ao chan sobre o que se asenta o parque eólico é a de “Chan Rústico Común”, “Chan

Rústico Protexido de protección Forestal” e “Chan Rústico Protexido de protección Agrícola. Dado que se

trata dun planeamento anterior á lei 2/2016 do Chan de Galicia e non adaptado á LOUG, aplicaráselle

conforme á disposición transitoria primeira, o disposto na lei 2/2016 para o chan rústico, polo que a afección

ao parque eólico no chan deste concello é equivalente a “Chan rústico de protección ordinaria”, “Chan rústico

de protección forestal” e “Chan rústico de protección Agrícola”.

8

Page 9: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

NOVENA.- IMPACTO HÍDRICO

O ámbito de estudo do parque eólico sitúase sobre as masas de auga subterráneas denominadas como:

MasSub 014.006 “Muros – Noia”, MasSub 014.0067 “Tambre”, e MasSub 014.018 ”Xallas”. As

infraestruturas que constitúen o parque eólico, sitúase sobre a masa de auga subterránea denominada “Muros-

Noia”.

DÉCIMA.- IMPACTO SOBRE A REDE NATURA

O ámbito de estudo onde está situado o parque eólico Banzas atópase a máis de 6 km de calquera área

protexida incluída en Rede Natura 2000 e na Rede de Espazos Protexidos de Galicia. Sin embargo, esta

distancia non garante a non afección. O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia é o instrumento básico

para a planificación, ordenación e xestión en rede das Zonas de Especial Conservación (ZEC) e das Zonas de

Especial Protección para as Aves (ZEPA), zonas que non se verán afectadas polas infraestruturas que

compoñen ao parque eólico. Os espazos naturais máis próximos á zona de afección do presente estudo son:

polo sur a máis de 6 km a ZEC Esteiro do Tambre, e polo oeste máis de 14 km a ZEC Carnota – Monte Pindo,

declarados ambos os como zonas especiais de conservación polo Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2014,

polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e

apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia; e á súa vez, ambos os espazos naturais considéranse

zomo Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), constituíntes da Rede galega de espazos

protexidos, declaradas segundo o Decreto 72/2004, do 2 de abril. A mercantil promotora indica que a

distancia superior a 6 km e 14 km respectivamente con respecto ao proxecto, asegura que os citados espazos

protexidos non estarán afectados polas instalacións do parque eólico. Esta afirmación debera ser avaliada

adecuadamente.

9

Page 10: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

UNDÉCIMA.-IMPACTO MOI SEVERO SOBRE OS HÁBITATS

A Directiva 92/43/CEE do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre

e posteriores modificacións define as seguintes categorías:

– Especies de interese comunitario para as que é necesario designar zonas especiais de conservación: Anexo

II.

– Especies de interese comunitario que requiren unha protección estrita: Anexo IV.

– Especies de interese comunitario cuxa recollida na natureza e a súa explotación poden ser obxecto de

medidas de xestión: Anexo V.

Na cuadrícula  UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

inventariada polo  IEET a especie Euphorbia  uliginosa, planta baixo a categoría  UICN para España de  CR

(en perigo de extinción crítico) e segundo o catálogo galego de especies ameazadas atópase  en perigo de

extinción.

10

Page 11: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

Esta especie aparece no Noroeste de Galicia ligada a medios higroturbosos con matogueiras hidrófilos de 

Genisto  berbereideae- Ericetum  tetracilis (brezales húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica  ciliaris e

Erica  tetralix), segundo a Directiva 92/43/CEE).

Sen embargo, a mercantil promotora indica que durante a visita realizada ao emprazamento do futuro parque

eólico non se observaron exemplares de  Euphorbia  uliginosa.

Na citada Directiva do 21 de maio de 1992 considéranse os seguintes hábitats:

– Hábitats de interese comunitario: son os que se atopan ameazados de desaparición na súa área de

distribución natural, os que presentan unha área de distribución natural reducida por mor de regresión ou

debido á súa área intrinsecamente restrinxida, ou os que constitúen exemplos representativos de características

típicas dunha ou de varias das cinco rexións biogeográficas seguintes: alpina, atlántica, continental, 

macaronesia e mediterránea.

– Hábitats naturais prioritarios (*): son aqueles hábitats ameazados de desaparición cuxa conservación supón

unha especial responsabilidade, tendo en conta da importancia da proporción da súa área de distribución

natural incluída no territorio.

DUODÉCIMA.- OS HÁBITATS CATALOGADOS NO ÁMBITO DA POLIGONAL DO PARQUE

EÓLICO SON:

Bosques aluviales de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior Cód. Hábitat: 91E0*

Robledais galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pirenaica Cód. Hábitat: 9230

Brezais húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica ciliaris e Erica tetralix Cód. Hábitat: 4020*

Brezais oromediterráneos endémicos con aliaga Cód. Hábitat: 4090

Formacións estables xerotermófilas de Buxus sempervirens en pendentes rochosas (Berberidion p. p.) Cód.

Hábitat: 5110

Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica Cód. Hábitat: 8220

(Fonte: Os hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas).

A mercantil promotora indica que estudou con máis detalle os hábitats recolleitos no polígono 32321, por ser

os que se verían afectados polo futuro parque eólico Banzas. É dicir, os menos afectados quedarían fóra do

estudo, o que é totalmente anómalo. Polo tanto ten que cumplimentar o estudo de todos eles.11

Page 12: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

Os aeroxeradores BZ5, BZ6, BZ7, BZ8 e BZ9, así como os viais para acceder aos mesmos, sitúanse

sobre os hábitats de interese comunitario Brezais secos europeos (4030) e Brezais oromediterráneos

endémicos con aliaga (4090), e o hábitat de interese prioritario Brezales húmidos atlánticos de zonas

tépedas de Erica ciliares e Erica tetralix (4020*).

Parte das estruturas localízanse sobre formacións de hábitats catalogadas. A Directiva 92/43 PREVÉ A

CONSERVACIÓN DESTES E INDICA EXPRESAMENTE A OBRIGA DE MANTER E

RESTABLECER OS MEMOS NUN ESTADO DE CONSERVACIÓN FAVORABLE, polo tanto o

proxecto eólico de Banzas é INCOMPATIBLE cos obxectivos de conservación e mantemento en condicións

favoralbes dos hábitats citados.

Ao respecto cómpre indicar que a Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á

conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres establece no seu artigo 2:

“1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos

hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o

Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o

restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da

fauna e da flora de interese comunitario”.

Os eucaliptais e os incendios favorecen a implantación de eólicos en hábitats protexidos

A mercantil promotora indica que para comprobar a existencia destes hábitats procedeuse á realización dos

traballos de identificación en campo, que permitiron definir a área de presenza exacta dos mesmos.

Comprobouse que, dadas as alteracións sufridas na contorna (áreas de produción agrícola e forraxeira,

incendios forestais, presenza de especies alóctonas, etc.), a mancha inventariada polo Ministerio de Medio

Ambiente non coincide co observado en campo.

A propia promotora recoñece que a degradación dos hábitats oferta un marco propicio para a

implantación das infraestruturas eólicas.

DÉCIMO TERCEIRA.- AFECCIÓN Á FAUNA

A afección dos aeroxeradores sobre a fauna non se reduce exclusivamente ao risco de colisión de aves coas

pas, senón que tamén pode chegar a producir unha importante alteración na utilización do medio por parte da

fauna que poboa a zona, en especial das aves, así como cambios no seu comportamento. Este efecto orixínase

polos impactos acústico e visual producidos polos aeroxeradores, non resultando posible aceptar, como indica

a mercantil promotora, que isto sexa unha medida de precaución das especies que habitan na zona. Deste xeito

redúcese biodiversidade ao afectar á área de alimentación e dispersión de certas especies, ou a alterar a liña e

altura de voo de certas especies de aves migratorias, etc. En canto á posibilidade de que se configure un 12

Page 13: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

espazo baleiro na zona, é dicir, que se produza escaseza de aves por alteración na utilización do medio, así

como un cambio substancial no seu comportamento é moi probable que se produza. Deste xeito, trataríase dun

impacto SIGNIFICATIVO en relación á implantación do parque eólico Banzas.

Impacto sinérxico e acumulado dos numerosos parques eólicos previstos para a zona de afección do

proxecto eólico Banzas: impactos ambientais, paisaxísticos e acústicos. Necesidade dunha avaliación

exhaustiva e pormenorizada tanto individual como de conxunto

Cómpre analizar os efectos ocasionados polo novo parque de maneira individual e de maneira colectiva coas

instalacións do mesmo tipo xa existentes. Os principais efectos sinérxicos non só se poden desenvolver sobre

a paisaxe e a avifauna, como indica a mercantil promotora, senón tamén e ante todo, para a poboación dos

núcleos implicados e directamente afectados. Se o impacto acústico era xa severo para os núcleos

poboacionais sinalados anteriormente, ao ter en conta os numerosos parques eólicos proxectados e en

funcionamento, os efectos e impactos acumúlanse e sobredimensiónanse considerablemente e multiplicando o

risco de colisión da avifauna. E isto non está correctamente avaliado en detalle. Ao anterior hai que engadir

as liñas de alta tensión e de evacuación previstas e en funcionamento.

Cal vai a ser o impacto paisaxístico global e acumulado?

Proxecto eólico Sancosmeiro que afecta aos municipios de Outes e Mazaricos, con 8 aeroxeneradores e

36 MW, a 4.332 metros.

Proxecto eólico Alvite I que afecta aos municipios de Mazaricos e Negreira, con 12 aeroxeneradores e 41,

4 MW de potencia instalada a 2.925 metros.

Proxecto eólico Alvite II que afecta aos municipios de Mazaricos, Negreira e Santa Comba  con 6

aeroxeneradores e 27 MW de potencia instalada, ubicado a 4.967 metros.

Ao oeste do parque proxectado xa existe outro parque en funcionamento, o parque eólico Serra de

Outes a tan só 938 metros do proxecto eólico Banzas.

Proxecto eólico Outes, en tramitación, a 1.836 metros.

Proxecto eólico A Picota, en tramitación, a 2.964 metros.

Proxecto eólico Corzán, en explotación, a 2.972 metros.

13

Page 14: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

Ao anterior hai que engadir as Liñas de Alta Tensión previstas para cada un dos parques.

Distancias a outros parques en explotación ou en tramitación

DÉCIMO CUARTA.- IMPACTO ARQUEOLÓXICO MOI SEVERO E INCOMPATIBLE

O elemento patrimonial GA15056090, A Mina dá Lagoa, en cuxo ámbito de protección subsidiario atópase a

SET do parque eólico. A situación da SET invade parcialmente o sector SE de  cautela, situándose a uns 100

metros ao SE do elemento. É importante lembrar que o criterio actual da DXPC é non permitir obras que

provoquen novas afeccións dentro das cautelas dos xacementos arqueolóxicos.

Impacto moi severo sobre o patrimonio

14

Page 15: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

É preciso afastar calquer elemento do parque eólico fóra da área de cautela dos bens arqueolóxicos e buscar

por tanto outras alternativas, dada a súa incompatibilidade.

A mámoa 1 do Prado de Banzas, catalogada como GA15062017, resulta moi afectada polo proxecto. O

mesmo sucede coa Mámoa 2 de Prado de Banzas, GA15062032, pertencente ao concello de Outes. O mesmo

sucede coa Mámoa 3 do Prado de Banzas, GA15062033. Ambas as dúas quedan á beira dos aeroxeneradores,

na parroquia de San Ourente de Entís.

O proxecto ten un impacto severo sobre o Petrógligo 01, o Túmulo REF02, a Cruz 01 e o TOP01 Cotón das

Murallas.

Dado o impacto moi severo que o proxecto eólico supón para o patrimonio cultural e arqueolóxico

mencionado debérase de buscar outras alternativas para ós aeroxeneradores. Tampouco se comprende como

tendo o parque proxectado unha poligonal tan ampla, se teñan que ubicar os aeroxeneradores precisamente á

beira destes bens patrimoniais. Isto resulta incomprensible e inaceptable.

DÉCIMO QUINTA.- IMPACTO PAISAXÍSTICO SEVERO SOBRE O MIRADOR MONTE DO

COTRO

Como consecuencia da morfoloxía do territorio, existen puntos altos que ofrecen vistas panorámicas. O

mirador máis próximo ao parque é o Mirador Monte do Cotro, que se atopa entre os aeroxeneradores BZ8 e

BZ9, sobre dos 200 m e 270 metros de distancia respectivamente. Dada a importancia deste mirador desde o

15

Page 16: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

que se observa a desembocadura do río Tambre na ría de Muros –Noia, o impacto paisaxístico resultante é

severo.

Por outra banda, atópase unha estrutura defensiva en forma de torre de planta rectangular. Este elemento

situaríase a 2.400 metros do aeroxenerador máis próximo, o BZ9, polo que cumpriría que a promotora

completara o impacto visual do proxecto eólico sobre este ben patrimonial.

Como queira que a valoración da presenza dun parque eólico na paisaxe é en boa medida subxectiva, sendo un

impacto sobre o medio inherentemente asociado á súa existencia, non sendo posible formular medidas que o

eliminen totalmente, as comunidades locais afectadas teñen o dereito a dicidir se lles afecta ou non

visualmente o proxecto eólico, polo que a empresa promotora debe realizar unha enquisa ou consulta popular

á veciñanza afectada sobre a disposición desta a aceptar ou non o impacto visual derivado das instalacións do

proxecto eólico Banzas, sobre todo se temos en conta que a planficación eólica prevista no Plan Sectorial

Eólico de Galicia resulta caduca,  obsoleta e non democrática, ao non incorporar a normativa da Paisaxe nin

permitir a participación pública na súa elaboración.

É importante destacar que o proceso de avaliación ambiental debe incorporarse canto antes ao proceso de

deseño dun plan sectorial. Desta forma asegúrase que as valoracións ambientais realizadas teranse en conta no

proceso de toma de decisións, o cal conlevará que o deseño final sexa o que menor agresión ocasione ao

medio ambiente. Pois ben, no referido ao Plan Sectorial Eólico de Galicia, este non contou no momento da

súa aprobación nin da súa modificación posterior, coa normativa das Paisaxes nin a necesaria participación

pública, polo que a planificación realizada peta coa realidade dos espazos escollidos e planificados, o que dá

lugar como é o presente caso, a graves afeccións ambientais, paisaxísticas e patrimoniais e como non, a

consecuencia máis grave é que existan núcleos habitados afectados directamente por tres ou dous

aeroxeneradores. A isto hai que engadirlle que non se indica nada respecto ás distancias ás casas illadas.

16

Page 17: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

DÉCIMO SEXTA.- CONCLUSIÓNS

É inadmisible o cúmulo de impactos severos que o proxecto do parque eólico Banzas prevé na área da súa

influencia. Ningún ser humano merece vivir e desarrollarse na área de influencia de tantos parques eólicos e

exposto aos impactos acústicos e paisaxísticos de todos eles. En calquer caso, a veciñanza afectada debe ser

consultada sobre a aceptación ou non deste proxecto, que pode marcar un antes e un despois nas súas vidas,

tendo en conta ademais que o proxecto non prevé retorno social algún que vaia a mellorar a vida das

poboacións afectadas. Polo tanto, a empresa debe consultar á veciñanza de Outes, Mazaricos e Negreira para

coñecer se contan ou non coa necesaria licencia social para un proxecto tan agresivo coa entorna na que

desarrollan as súas vidas.

17

Page 18: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

A

desaparición das antigas vías pecuarias. Vulneración da normativa sobre vías pecuarias

En virtude do anterior,

SOLICITA:

1.- O rexeitamento do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos (A

Coruña) (expediente IN408A 2017/15) polos motivos expostos neste escrito.

2.- A convocatoria dunha consulta popular ou enquisa para ver se a veciñanza dos núcleos habitados afectados

acepta ou non un proxecto eólico a escasos metros das súas casas como é este caso, onde hai núcleos

habitados rodeados por ata 3 aeroxeneradores cos conseguientes impactos paisaxísticos, acústicos, sobre da

saúde e dos ecosistemas que isto implica e tendo en conta ademais que a escasos 951 metros hai outro parque

eólico e sete máis entre os que están funcionando e os que se prevé instalar. O dereito ás Paisaxes é un dereito

subxectivo amparado polo Convenio europeo da Paisaxe, e por tanto, é a veciñanza quen debemos decidir se

aceptamos ou non un proxecto industrial tan agresivo coas nosas vidas como é este. Ademais non existe

retorno social algún, constitúe un espolio das nosas Paisaxes e dos nosos recursos e baséase nun Plan Sectorial

eólico totalmente obsoleto, caduco e onde non existiu participación pública na súa elaboración nin integra a

normativa das paisaxes nin a do patrimonio cultural. Por tanto o proxecto debe ser rexeitado porque é a todas

luces ilegal e non conta con licencia social ao arrebatarnos as nosas Paisaxes e os nosos recursos.

18

Page 19: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2020. 11. 21. · Na cuadrícula UTM 29 TNH05, sobre a cal se sitúan parte das instalacións do parque eólico, atópase

3.- Téñase en conta que este proxecto eólico, ao igual que o Plan Sectorial eólico de Galicia, vulnera o

Convenio Europeo da Paisaxe, que fraguado a partir de mediados dos anos 90, elaborouse no seo do Consello

de Europa e concluíuse no ano 2000 na cidade de Florencia.

O Convenio recoñece todas as formas das paisaxes europeas, naturais, rurais, urbanos e periurbanos, e tanto

os emblemáticos como os ordinarios. Concerne aos compoñentes naturais, culturais e humanizados e ás súas

interconexións. O Convenio considera que os valores naturais e culturais ligados á diversidade e calidade das

paisaxes europeas supoñen un deber para os países europeos de traballar colectivamente na súa protección,

planificación e xestión.

O Convenio Europeo da Paisaxe compromete a tomar medidas xerais de recoñecemento das paisaxes; de

definición e caracterización; de aplicación de políticas para a súa protección e xestión; de participación

pública e de integración das paisaxes nas políticas de ordenación do territorio, así como nas políticas

económicas, sociais, culturais e ambientais. Tamén sobre a sensibilización cidadá, a educación e a formación

de expertos.

O Convenio Europeo da Paisaxe entrou en vigor o 1 de marzo de 2004, o primeiro día despois de expirar un

período de tres meses tras a data na que dez Estados membros do Consello de Europa expresasen o seu

consentimento de vincularse a el.

España ratificou o citado Convenio o 26 de novembro de 2007 ( BOE de 5/02/2008). Está en vigor no noso

país desde o 1º de marzo de 2008

Outes, _ de novembro de 2020

Asdo.- ______________

19