valentín paz andrade
DESCRIPTION
Reseña da biografía e obras de Valentín Paz AndradeTRANSCRIPT
![Page 1: Valentín Paz Andrade](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020107/568c3aaa1a28ab0235a71bd9/html5/thumbnails/1.jpg)
VALENTÍN PAZ ANDRADE (1898-1987)
LETRAS GALEGAS
Naceu en Lerez, arrabalde de Pontevedra, e licenciouse en Dereito por Compostela. Exerceu a avogacía en Vigo desde
1921, vinculado ó mundo empresarial. Estivo de sempre relacionado co sector pesqueiro galego, ó que contribuíu con
numerosos estudos. Dentro deste ámbito, desempeñou misións de asesoramento, participou en congresos e ditou conferencias. Galeguista desde moi novo, tivo desde cedo
unha importante actividade política. Dirixiu o periódico "Galicia" [1922-26), foi candidato ás Constituíntes, substituíu a Castelao, desterrado en Badallousa, na Secretaría do Partido
Galeguista, participou activamente na campaña do Estatuto do 36 dende as páxinas de "EI Pueblo Gallego". Triunfante en
Galicia a rebelión militar, estivo desterrado en varios lugares de Ourense, ata o seu retorno definitivo a Vigo.
O seu primeiro poemario,Pranto matricial , (un canto elexíaco á memoria do seu amigo admirado Castelao) data de 1955, publicado en Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, en edición bilingüe.De 1968 é o seu segundo libro de poemas, Sementeira do vento, publicado na colección Salnés da Editorial Galaxia. Inclúe poemas compostos en distintas épocas da súa vida, sendo un deles Pranto matricial, que ten así unha segunda edición. Antes do seu falecemento, Valentín Paz-Andrade aínda publicaría un terceiro libro de poemas, o máis persoal e libre de todos os seus textos poéticos editados: Cen chaves de sombra, que sae á luz, baixo o selo editorial de Ediciós do Castro, en 1979. Publicou tamén unha excelente biografía Castelao na luz e na sombra.
CHORA, TERRA, teu prantodas augas e dos eidos e dos ares,as vivas páreas cósmicas da reza,en mantelo de brétemas envoltasque noso fin ao noso orixe ligan.Deita nas áurias leiras do hourizonte labradas de solpores e de abrentes,en adoas de luz a debullarse, as sementes feridas de túa door. Arpa de nobres cordas esquecidas, ceiba teu son no curazón retido, e fai acordes en total latexo almas, paxaros, rios e paisaxes. Chora terra teu pranto xeneroso. O que todo galego choraría, en roda de multánime silenzo e ollares abatidos sobor de longo corpo derrubado que fora vivo mastro en loita núa; perto daqueles beizos, seca fonte da verba nunca dantes máis belida; do peito petrucial, refrorecido de mapoulas pampeiras, que envexan a nacencia das chorimas; xunto das postas maos voltas ao xelo, onde a eito agromaron do seu arte, no cerne da galega patronía, vizosas primaveiras. Chora, Terra, teu pranto matricial. O que todo galego choraría, se inda chorar pudera, até cobrir de bágoas o mare. Pranto matricial, 1955
![Page 2: Valentín Paz Andrade](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020107/568c3aaa1a28ab0235a71bd9/html5/thumbnails/2.jpg)
Pranto matricial poemario escrito en 1954 e publicado en 1955 constituído por seis poemas: "O que todo galego choraría", "Door da paisaxe", "A terra e os sinos", "Ala lonxe", "Teu destino" e "Cando ti volvas", adicado a Castelao.
Cando ti volvas
Castelao na luz e na sombra
é unha obra, certamente monumental (en contidos, en profundidade, mais tamén en extensión) que Valentín Paz-Andrade dedicou á figura de
Castelao.Unha investigación minuciosa
e chea de rigor na que nos presenta un Castelao o máis completo posible e taménnos
explica unha época e as angueiras vitais de toda unha
xeración irrepetible.
Chamado á corresponsabilidade colectiva, a abandonar calquera tipo de conformismo retórico e
pasar á acción, a crear unha linguaxe nova sobre
problemas vivos, a traballar pola renovación constante das ideas e
dos xeitos de “facer e refacer todos os días o país” son hoxe
ideas imprescindibles para recuperar o pulo perdido no
proceso de construción nacional de Galicia.
Na matricial Galiza sempre túa, que dende a Torre de Hércules ao Miñoun facho acenderá por cada illa, cando ti volvas polo mare; de toxo unha fogueira en cada monte; cando ti volvas polo mare; dos castros na coroa unha cachela, cando ti volvas polo mare; unha loura candea en cada pino,cando ti volvas polo mare;o seu cirio de frouma os alciprestes, cando ti volvas polo mare;luces de ardora branca en cada mastro, cando ti volvas polo mare; un farol mariñeiro en cada dorna, cando ti volvas polo mare; veliñas á xanela en cada casa, cando ti volvas polo mare; e as perolas das bagoas derramadas, cando ti chegues polo mare; cando ti chegues polo mare...
![Page 3: Valentín Paz Andrade](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020107/568c3aaa1a28ab0235a71bd9/html5/thumbnails/3.jpg)
Este libro nace a partir dunha entrevista de
Tucho Calvo a Valentín Paz-
Andrade a comezos dos anos
oitenta, na súa casa de Pousa
Nova do Mar, a carón da praia
viguesa de Samil.
Fabricamos futuro, producimos galego
Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A personalidade multifacética de Valentín Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivo marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.
As cartas que escribiu aos amigos ao longo de tantos anos documentan o que significou e segue significando para Galicia Valentín Paz-Andrade.
vannos informar, emocionar, crónica
dunha profunda aventura vital que non debemos
esquecer.
A Antoloxía recolle o labor de Valentín Paz-Andrade como poeta, xornalista e ensaista.
Inclúe o texto íntegro de Pranto matricial, o seu
poemario máis coñecido; ademais
dunha biografía e unha introducción á obra
literaria.