unidade 2 esa

109
UNIDADE 2 O INICIO DA HISTORIA. A IDADE ANTIGA: MESOPOTAMIA, EXIPTO, GRECIA E ROMA

Upload: camposseijo

Post on 12-Jul-2015

918 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

UNIDADE 2

O INICIO DA HISTORIA.A IDADE ANTIGA:

MESOPOTAMIA, EXIPTO, GRECIA E ROMA

1. O INICIO DA HISTORIA.

A historia iníciase coa aparición da escritura.

Apareceu hai máis de 5.000 anos en Mesopotamia (actual Iraq), para rexistrar e controlar datos (alimentos, impostos, intercambios comerciais).

Eixe cronolóxico das primeiras formas de escritura

Durante a Idade dos Metais xa apareceran as primeiras cidades gobernadas por un rei.

Co paso do tempo estes reis foron ampliando o seu poder e territorio por alianza ou conquista. Deste xeito apareceron grandes imperios.

Os primeiros imperios eran civilizacións fluviais (= culturas que se desenvolveron en torno a un río con beiras fértiles). Destacan 4 nos inicios da Historia (5000 B.P.):

♛ Mesopotamia: en torno aos ríos Eufrates e Tigris.

☥ Exipto: en torno ao Nilo.

☮ India: río Indo.

旘 China: ríos Huang-Ho (Amarelo) e Iang-Tse (Azul).

Principais civilizacións fluviais

Evolución das civilizacións fluviais

Características das

civilizacións fluviais

PODER POLÍTICO FORTE:

O rei concentraba todoo poder, axudadopor funcionarios,

exército e sacerdotes

SOCIEDADE XERÁRQUICA:2

grupos diferenciados:Privilexiados (propietarios

terras e riquezas).Non privilexiados

(traballadores).

CONSTRUCIÓN DE GRANDES OBRAS:

-Palacios-Templos-Tumbas

-Canles…

Pirámide social india (castas)

Porta de Istar (Babilonia).

Gran Muralla China

2. MESOPOTAMIA Mesopotamia (= “entre ríos”) era unha zona bastante

árida entre os ríos Tigris e Eufrates.

A construción de canles para o regadío permitiu o desenvolvemento da agricultura.

Mesopotamia divídise en 2 grandes zonas:

Alta Mesopotamia: situada ao norte (asirios)

Baixa Mesopotamia: situada ao sur (sumerios e acadios)..

Neste territorio iniciouse a Historia. O primeiro pobo en usar a escritura (cuneiforme) foron os sumerios (antes do 3000 a.C.).

Mesopotamia tivo unha longa historia, dende o 3º milenio a.C. ata a conquista polos persas (S. VI a.C.) e estivo marcada pola alternancia no poder dos pobos sumerio, acadio, babilónico e asirio.

☹ Grupos privilexiados: posuían a maior parte do poder e riquezas. 3 tipos:

♘ Aristocracia: formada polo rei, a súa familia e a nobreza. Ocupaban os cargos máis altos e as mellores terra.

✞ Sacerdotes: encargados dos rituais relixiosos. Posuían templos, terras e riquezas.

✐ Escribas: funcionarios que sabían ler e escribir e contar. Tiñan moito poder.

- Características de Mesopotamia:

A) SOCIEDADE: existen 2 grandes tipos de grupos:

☺ Grupos non privilexiados: traballaban e servían aos privilexiados. Podían ser:

♻ Artesáns: traballaban nos obradoiros. Había distintos tipos: tecedores, carpinteiros…

✭Campesiños: alugaban as terras ao rei, nobreza ou sacerdotes a cambio do pago dunha renda (parte da colleita). Eran a gran maioría da poboación.

♀ Mulleres: eran propiedade dos homes. As que traballaban cobraban menos que os homes.

☭ Escravos: carecían de dereitos e eran considerados unha propiedade máis.

B) ECONOMÍA: 2 actividades:

$ Agricultura (cereais, legumes, froitas...)

$ Comercio: practicado nun principio en forma de troco e, máis adiante, introducindo a moeda.

- O centro comercial era o templo (cigurat), dirixido por sacerdotes, que fixaban os impostos e levaban tamén o control dos intercambios mercantís.

C) RELIXIÓN: 2 A característica principal da relixión mesopotámicas :

✟ Politeísta: crían en varios deuses (Ex: Ishtar = deusa da guerra e do amor). Os deuses eran inmortais.

Porta de Ishtar de Babilonia

D) ARTE: 2 tipos de arte:

♬ Arquitectura: destacan 4 trazos:

I) Usaban ladrillo e adobe como materiais.

II) Os elementos constructivos principais eran arcos e bóvedas.

III) Os edificios principais eran:

- os palacios (residencia dos reis).

- os templos, dentro destes últimos construíanse os cigurats (= enormes torres graduadas que servían de observatorio dos astros e lugar de culto.

Cigurat de Uruk (Sumer)

Se un home lle baleira un ollo a outro home, privaráselle dun ollo a el. Se un médico opera ao escravo dun home libre e lle causa a morte, pagará escravo por escravo.Código de Hammurabi.

♫ Escultura: 2 tipos:

a) Estatuas: soen ser pequenas figuras masculinas en barro cocido.

b) Relevos: realizados sobre muros de pedra. Representan escenas importantes da vida de Mesopotamia

3. EXIPTO A civilización exipcia xurdiu

hai máis de 5000 anos no NE de África, en torno ao río Nilo.

Nas súas beiras concentrábase case o total da poboación, grazas o limo moi fértil que deixaban alí as súas augas (terras negras), tras as crecidas cíclicas do río. O resto do país era árido e estaba despoboado (terras vermellas).

Vista actual das beiras do Nilo

Evolución das crecidas do Nilo

Aspectos principais da vida no Antigo Exipto:

A) POLÍTICA:

- Exipto tivo unha longa historia, case 3000 anos, dende a súa unificación (c.3100 a.C.) ata a conquista do país polos romanos (31 a.C).

- Exipto estivo gobernado por faraóns = reis exipcios que concentraban nas súas mans todos os poderes (facía as leis, gobernaba, mandaba sobre o exército,…)

- Os exipcios crían que os faraóns eran deuses, que tiñan poderes máxicos, por iso rendíanlles culto. Os faraóns vivían en palacios rodeados de riquezas e de centos de escravos.

S ímbolos do faraón

Coroas do Baixo (1) e Alto Exipto (2)

- Cando un faraón morría sucedíalle o seu fillo. Así formábanse auténticas dinastías. Houbo 31 dinastías.

- Na historia de Exipto destacan 3 grandes etapas:

a) Imperio Antigo.

b) Imperio Medio.

c) Imperio Novo

B) SOCIEDADE.

- 2 grandes grupos:

☹ Privilexiados: posuían o poder político, a riqueza e as terras. 3 grupos dentro dos privilexiados:

♔ Nobres: familias próximas ao faraón. Posuían riquezas e extensas terras e gobernaban as provincias nas que se dividía Exipto.

☥Sacerdotes: controlaban os ritos relixiosos. Os templos posuían grandes terras e recibían rentas dos campesiños (parte da colleita).

✏ Escribas: funcionarios que redactaban os documentos oficiais e levaban as contas dos impostos e das mercadorías. Tiñan gran poder e prestixio.

Nobreza

Escribas Sacerdotes

Faraón

☺ Non privilexiados: gran maioría da poboación, dominada polos privilexiados. 6 grupos:

♣ Campesiños: a maioría da poboación. Debían pagar tributos e rendas ao faraón, á nobreza e aos sacerdotes.

✂ Artesáns e comerciantes: realizaban e vendían esculturas, cerámicas, vestidos (liño) e papiros sobre os que se escribía.

☂ Servos: persoas libres que traballaban para un señor a cambio dun pequeno salario.

Escenas de campesiños exipcios

Escravos: non tiñan dereitos e a maioría eran propiedade do faraón. Traballaban nas minas, obras públicas e exército.

Mulleres: as mulleres tiñan algúns dereitos e liberdades: ter propiedades, vender e comprar bens, divorciarse.

As mulleres adicábanse ao coidado da casa e dos fillos e tamén realizaban outros traballos: tecedoras, panadeiras, serventas, campesiñas….

C) RELIXI”N: OS TEMPLOS.

- Os exipcios eran politeístas (crían en moitos deuses): Exemplos: Ra, Amón ou Atón (sol), Isis, Osiris…

- Tamén adoraban animais (gatos, cocodrilos,…) ao Nilo e ao faraón (deus vivinte).

- Os exipcios facían os seus ritos nos templos, onde tamén se gardaban as estatuas dos deuses.

- Cada templo tiña un corpo de sacerdotes que coidaban a estatua do deus e lle levaban ofrendas (bebida, comida, riquezas…) en procesión.

- Características dos templos exipcios:

Material: pedra.

Grandes dimensións

Arquitectura alintelada = teitos planos sostidos por enormes columnas.

Templos de Karnak (arriba) e Luxor (abaixo) ambos en Tebas

(Alto Exipto)

Templo de Karnak

Templo de

luxor

D) AS TUMBAS.

- Os exipcios crían na vida despois da morte e pensaban que era necesario conservar o corpo para a seguinte vida. Por iso convertían aos mortos en momias, secando os corpos e envolvendoos con vendas.

- As momias eran depositadas nun sarcófago e introducidas en tumbas. As máis coñecidas son as pirámides = enormes tumbas en forma piramidal que se utilizaron para enterrar a faraóns do Imperio Antigo.

TIPOS DE TUMBAS EXIPCIAS:

Mastabas, Pirámides e Hipoxeos

Val dos ReisPirámides de Guiza

Nas tumbas, os sarcófagos eran rodeados por un enxoval, formado por todos os utensilios que podía precisar o difunto na outra vida (alimentos, vestidos, figuras que representaban aos seus serventes…).

E) ARTE EXIPCIA.

- Características:

✽ Arte relixiosa (esculturas de deuses, pinturas de templos e pirámides).

✽ Falta de perspectiva (as escenas non tiñan profundidade) nen movemento.

✽ Frontalidade: os obxectos mostrábanse sempre de fronte.

✽ Horror vacui (“horror ao baleiro): os muros e teitos aparecen todos cubertos de decoración sen espazos libres.

4. O MUNDO GREGO A civilización grega xurdiu no sur da Península dos

Balcáns e extendeuse posteriormente por diversas terras, a través de colonias gregas:

illas do Mar Exeo.

costas de Asia Menor (actual Turquía).

Sicilia e sur de Italia (“Magna Grecia”).

outras zonas do Mediterráneo occidental (Ex: Ampurias en España)

Os gregos chamaban a todo este espazo a “Hélade” (= territorio dos gregos), xa que compartían: lingua (grego) e relixión (politeista)

Principais polis gregas

A) HISTORIA DOS GREGOS.

A historia da antiga Grecia divídese en 6 grandes etapas:

1) CIVILIZACIÓN MINOICA (OU CRETENSE):

- desenvolveuse na illa de Creta.

- a partir do terceiro milenio a.C.

- destacou a capital Cnossos polos seus palacios.

2) CIVILIZACIÓN MICÉNICA (OU AQUEA):

- xurdiu cara o 1400 a.C.

- fundada na Península dos Balcáns polos aqueos, pobo guerreiro procedente do norte.

- destacaban as súas cidades amuralladas, sobre todo a capital Micenas.

CIVILIZACIÓN MINOICA

Imaxes do Palacio de Cnossos (Creta)

Máscara de Agamenón

Porta dos Leóns do palacio de Micenas

CIVIL IZACIÓN CIVIL IZACIÓN MICÉNICAMICÉNICA

3) ÉPOCA ESCURA: desde o século XI a. C. ao IX a.C. Pouco se sabe desta etapa.

4) ÉPOCA ARCAICA: entre os séculos IX e VI a.C.

Durante esta etapa os gregos foron agrupándose en polis = cidades-Estado independentes con goberno, leis e exército propios (Ex: Atenas, Esparta, Corinto, Tebas…).

O poder e o goberno destas polis recaía nunha minoría privilexiada de familias ricas (aristoi = “os mellores”). De ahí provén a palabra aristocracia. (Ex: Esparta).

Nalgunhas polis producíronse cambios e apareceu unha nova forma de goberno, a democracia (goberno do pobo), no que os cidadáns reuníanse en asembleas para tomar decisións e elixir aos cargos públicos. (Ex: Atenas).

Acrópolis de Atenas

Institucións democráticas atenienses

Entre os séculos VIII e VI a. C. produciuse en Grecia unha época de crise, as causas eran as seguintes:

A poboación creceu moito, pero a terra era pouco fértil e apenas producía alimentos para tanta xente.

A maior parte das terras pertencía aos A maior parte das terras pertencía aos aristócratasaristócratas, mentres a maioría da poboación era pobre e pasaba fame.

Como consecuencia moitos gregos abandonaron a península grega e emigraron a terras extranxeiras a través do Mediterráneo, onde fundaron colonias (Sur de Italia, Sicilia, Sur de Francia e a Península Ibérica).

Principais colonias gregas e fenicias

4) ÉPOCA CLÁSICA: época de esplendor entre o S. V a.C e primeira parte do IV a.C.

A época clásica = época de esplendor da cultura grega. Ten 2 etapas ben diferenciadas:

a) Guerras Médicas (500-440 a.C.).

b) Guerra do Peloponeso (c. 430 a.C.- 404 a.C).

aa) Guerras Médicas (500 -440 a.C.)) Guerras Médicas (500 -440 a.C.) = enfrontamento = enfrontamento entre os persas e os gregos debido á entre os persas e os gregos debido á invasión das polis invasión das polis gregas da costa xónicagregas da costa xónica (Asia Menor) (Asia Menor) por parte do por parte do Imperio persa.Imperio persa.

- As polis gregas uníronse fronte aos persas.As polis gregas uníronse fronte aos persas.

- Tras tres guerras os gregos, liderados por Atenas, Tras tres guerras os gregos, liderados por Atenas, conseguiron a victoria.conseguiron a victoria.

- Atenas convertiuse na polis máis rica e influinte e durante o S.V a.C. Atenas viviu un período de esplendor, especialmente na etapa de Pericles, gobernante que favoreceu a democracia, economía e cultura

Leónidas Leónidas nas nas

TermópilasTermópilas

(J.L.David(J.L.David))

b) b) A Guerra do Peloponeso (431 – 404 a.C.).A Guerra do Peloponeso (431 – 404 a.C.).

- Enfrontamento entre polis gregas, polo Enfrontamento entre polis gregas, polo excesivo poder excesivo poder acadado por Atenas.acadado por Atenas.

- As polis dividíronse en 2 bandos:As polis dividíronse en 2 bandos:

Liga de DelosLiga de Delos = Atenas e os seus partidarios. = Atenas e os seus partidarios.

Liga do Peloponeso Liga do Peloponeso = Esparta e os seus partidarios= Esparta e os seus partidarios

- - A guerra terminou coa vitoria de Esparta, que se converteu A guerra terminou coa vitoria de Esparta, que se converteu na polis máis poderosa, pero a guerra foi tan destructiva na polis máis poderosa, pero a guerra foi tan destructiva que provocou unha gran crise nas polis gregas ao longo do que provocou unha gran crise nas polis gregas ao longo do S.IV a.C.S.IV a.C.

5) ÉPOCA HELENÍSTICA: desde mediados S.IV a. C ao I a.C.

A guerra entre as polis gregas debilitounas provocando unha crise que foi aproveitada por Macedonia (extenso reino situado ao norte de Grecia), liderada polo rei Filipo II, para conquistar e unificar todo o territorio grego.

Tras o asasinato de Filipo II, sucedeuno o seu fillo Alexandre “Magno” (grande) que continuou as conquistas.

En dez anos, as falanxes macedonias de Alexandre conquistaron todo o imperio persa, chegando ata o río Indo.

Conquistas de Alexandre Magno

Nos territorios conquistados Nos territorios conquistados Alexandre fundou Alexandre fundou numerosas cidadesnumerosas cidades (Ex: Alexandría en Exipto) e a (Ex: Alexandría en Exipto) e a cultura grega extendeuse por todo Oriente. Así, cultura grega extendeuse por todo Oriente. Así, a a cultura grega e a oriental fusionáronse, dando lugar ao cultura grega e a oriental fusionáronse, dando lugar ao helenismohelenismo..

Alexandre morreu en 323 a.C.Alexandre morreu en 323 a.C. (con 33 anos de (con 33 anos de idade), sen ter organizado aínda o seu imperio.idade), sen ter organizado aínda o seu imperio.

O seu imperio dividíuse entre os seus xenerais, quenes adoptaron o título de reis, dando lugar ás monarquías helenísticas (Ex: Macedonia, Mesopotamia e Exipto).

A época helenística finalizou no S. I a.C coa conquista das monarquías helenísticas por Roma. Grecia perdeu a súa independencia e pasou formar parte da República romana.

Alexandre Magno na batalla de Is sos .

B) SOCIEDADE GREGA.

A sociedade grega estaba dividida en 2 grupos:

Cidadáns: eran homes, habitantes da polis e libres. Participaban na vida política, gozaban de todos os dereitos e tiñan que pagar impostos. Había cidadáns de todas as clases sociais (ricos e pobres).

Non cidadáns: non tiñan dereitos e non podían participar en política. Había tres tipos

Estranxeiros: persoas libres. Adicábanse ao comercio e artesanía.

Escravos: non eran persoas libres e traballaban para un amo. Eran prisioneiros de guerra ou fillos de escravos.

Mulleres: carecían de todos os dereitos. Estaban sometidas sempre a un home (pai ou marido).

Texto: As mulleres

Que podía saber ela cando a tomei por esposa? Ela non tiña máis de quince anos cando chegou á miña casa; desde ese día viviu baixo unha estrita servidume; debía ver as menos cousas posibles, entender o menos posible e facer as menos preguntas posibles.

JENOFONTE, A economía

Texto: Os escravos

Nunha casa precísase un determinado número de instrumentos. Parte deles son inanimados, os outros están vivos. O escravo é un instrumento vivo, unha propiedade que vive, sometida á autoridade dun señor. Hai persoasinferiores: o emprego da súa forza corporal é a mellor parte que se pode sacar deles.

ARISTÓTELES, Política

C) ECONOMÍA.

Os habitantes das polis gregas vivían fundamentalmente de tres tipos de actividades:

$ Agricultura e gandería: polo clima cálido e seco os cultivos principais eran o trigo, a vide e a oliveira (triada mediterránea).

€ Artesanía: destacan as cerámicas e os tecidos.

¥ Comercio: actividade económica principal. Os gregos comerciaban por todo o Mediterráneo, grazas aos seus barcos.

D) RELIXI”N GREGA.

Os gregos eran politeístas (crían en numerosos deuses).

Os deuses gregos eran inmortais pero tiñan aspecto e comportamento humanos (comían, bebían, amábanse, loitaban entre sí…).

Cada polis grega tiña unha divinidade protectora a quen lle rendía culto.

Os deuses residían no monte Olimpo (monte sagrado dos gregos).

Os gregos celebraban competicións deportivas en honor aos deuses = os Xogos Olímpicos, celebrados cada catro anos en Olimpia en honor a Zeus. A eles acudían atletas de todas as polis gregas, pero as mulleres tiñan prohibido a asistencia.

Lume sagrado en Olimpia

E) CULTURA.

Ademáis do teatro os gregos fixeron unha aportación fundamental á cultura da Humanidade: a Filosofía e a Ciencia.

Por que? Os gregos foron os primeiros pobos da Antigüidade en buscar unha explicación dos fenómenos a través da lóxica e a razón (non a través dos mitos nin da relixión).

Na antiga Grecia destacaron filósofos como Sócrates, Platón, Aristóteles e científicos como Pitágoras, Arquímedes ou médicos como Hipocrates (fundamentais para a cultura posterior)

Hipócrates atendendo a uns pacientes

Arquímedes tras descubrir a teoría de frotación.

F) ARTE GREGA.

1. Arquitectura. Os edificios máis importantes eran os templos

= “casas” onde residían a divinidade. Trazos dos templos gregos:

pequeno tamaño.

forma rectangular (habitualmente).

material: pedra ou mármore

función: albergar a estatua do deus o deusa a quen se lle adicaba o santuario.

Teitos alintelados (planos) con frontón (remate triangular) e tellado a dúas augas.

Segesta, Sici l ia

Tholos (templo

circular) de Delfos.

Templo da Concordia, Agrigento, Sicilia

AC R Ó PO L E D E

AT E N AS

2. Escultura.

- Características:

♧ Función relixiosa: Función relixiosa: a maioría representan a deuses ou heroes.

♡ Tentan representar a beleza ideal Tentan representar a beleza ideal do corpo humanodo corpo humano. Son naturalistas (imitan a natureza).

♤ Materiais:Materiais: mármore e bronce principalmente.

♢ Gran calidade: Gran calidade: así serviron de modelo para artistas de épocas posteriores

Venus de Cnido (Praxíteles, S IV a.C.)

ESCULTURA ARCAICA (Ss VII-VI a.C.)

Kurós Koré

ESCULTURA CLÁSICA (Ss V- ½ IV a.C.)

Discóbolo Doríforo Venús Cnido

ESCULTURA HELENÍSTICA (Ss ½ IV - I a.C.)

5. ROMA A civilización romana desenvolveuse en torno ao Mar

Mediterráneo, chamado “mare nostrum” polos romanos xa que chegaron a dominar todas as terras que o rodeaban.

Orixe na cidade de Roma, na península itálica, que tiña unha posición estratéxica no centro do Mediterráneo.

A formación do imperio romano foi un proceso moi longo, que tivo tres etapas principais:

♛ Monarquía (S. VIII a.C.- S.VI a.C.).

República (S.VI a.C. – S. I a.C.)

♖Imperio (S. I a.C. – S. V d.C.)

Mapa da expans ión romana

a) Monarquía romana (753-509 a.C.)

Segundo a lenda, Roma foi fundada no ano 753 a.C., polos latinos (habitantes do Lacio = centro de Italia).

Roma era gobernada por un rei elixido polos patricios (= conxunto de familias máis importantes e ricas da cidade).

O rei era axudado polo Senado = asemblea formada polos cabezas das familias principais.

No S.VI a.C. Roma foi conquistada polos etruscos (pobo do norte da península itálica). No ano 509 a.C. o último rei etrusco foi destronado por unha rebelión que proclamou a República.

A FUNDACIÓN DE ROMAA LENDA DE RÓMULO E REMO

Loba capitolina.

S egundo a lenda amamantou aos 2 irmáns

que fundarían Roma: Rómulo e RemoPlano dos sete outeiros de Roma

b) República romana (509 – 27 a.C.).

Tras a expulsión dos reis etruscos, en Roma estableceuse a República = forma de goberno con maior participación dos cidadáns. 3 institucións principais:

Comicios: asembleas nas que se reunían os cidadáns romanos para votar leis e elexir aos maxistrados.

Maxistrados: eran cargos do goberno, cunha duración anual. Os máis importantes eran os 2 cónsules, que dirixían goberno e exército.

Principais maxistraturas romanas

Senado: institución con maior poder. Formada por anciáns cabezas das familias máis ricas (patricios). Establecía as leis, dirixía a política exterior e controlaba aos maxistrados.

Funcionamento da República

romana

A Republica romana enfrentouse a dous graves problemas: as loitas sociais e as guerras no exterior.

A sociedade romana dividíase en 2 grupos principais enfrontados:

☹ Patricios: minoría formada por familias ricas e poderosas. Só eles podían acceder ás maxistraturas e ao Senado.

☺ Plebeos: o resto da poboación. Ao non poder acceder ás institucións de goberno, os plebeos rebeláronse contra os patricios. Finalmente conseguiron a igualdade cos patricios

MAPA CONCEPTUAL DAS LOITAS INTERNAS NA REPÚBLICA ROMANA

CONFLITOS

Os plebeos querían ter os mesmos

dereitos ca os patricios

SÉCULO V a.C.

Creación doTRIBUNO DA PLEBE

Representante da plebe que defendía os seus intereses

no Senado

SÉCULO IV a.C.

Os plebeos adquiriron o dereito a ser

MAXISTRADOS

Patricios.Podían ser

maxistrados

Plebeos.Non podían

ser maxistrados

Roma comezou na República a súa expansión, tentando dominar toda a península italiana. No sur de Italia (Sicilia) entrou en conflito con Cartago, potencia naval do norte de África (actual Túnez).

Houbo tres guerras entre romanos e cartaxinenses (Guerras Púnicas) entre o S.III e II a.C.

Finalmente Roma saíu victoriosa e extendeu o seu dominio a todo o Mediterráneo, grazas ao poderío do seu exército (as lexións romanas).

AS LEXIÓNS ROMANAS

1. Tenda do xeneral. 2. Porta decumana. 3. Tendas das tropas auxiliares. 4. Vía principalis. 5. Tendas de lexionarios. 6. Vía praetoria. 7. Tenda de centurión. 8. Cerco de estacas afiadas.

Campamento romano

No S. I a.C. comezou un período de crise, na República romana. Extendéronse a corrupción, as loitas internas e as revoltas (Ex: rebelión de escravos dirixida por Espartaco).

Para tentar deter a desorde e a crise a mediados do S.I a.C. formáronse os triunviratos = alianzas de tres homes para repartirse o poder durante algún tempo.

2 triunviratos:

a) Primer triunvirato:

- Formado por Xulio César, Pompeio e Craso.

- Terminou nunha guerra civil entre César e Pompeio.

- César saiu victorioso. Foi proclamado dictador perpetuo e asumiu todos os poderes.

- Un grupo de senadores partidarios da República asesinouno (44 a.C.).

XULIO CÉSAR

Asasinato de César

César conquista as

Galias

b) Segundo triunvirato:

- Tres partidarios de Xulio César fixéronse co poder para perseguir aos seus asasinos: Marco Antonio, Octavio e Lépido

- Rematou guerra civil entre Octavio e Marco Antonio.

-Octavio saíu victorioso e o Senado concedeulle plenos poderes, convertíndose en emperador.

Marco Antonio no funeral de

César

Emperador Octavio Augusto

Mapa conceptual da crise da República romana

Octavio vence e é nomeado EMPERADOR (27 a.C.)

EMPOBRECEMENTO DOS PLEBEOS

CORRUPCIÓN POLÍTICA

COMPLOTS POLÍTICOS

Formado por Xulio César, Pompeio e Craso.Desacordos entre César e Pompeio desataron a guerra civil.César, vitorioso, é nomeado ditador perpetuo.

PRIMEIRO TRIUNVIRATO

Formado por Marco Antonio, Lépido e Octavio, sucesores de César.Desacordos entre Marco Antonio e Octavio desataron a guerra civil.

SEGUNDO TRIUNVIRATO

GUERRAS CIVÍS REVOLTAS DE ESCRAVOS

FORMACIÓNDE TRIUNVIRATOS

Asasinato de Xulio César (44 a.C.)

CLEOPATRA, RAIÑA DE EXIPTO, AMOR DE XULIO

CÉSAR E MARCO ANTONIO

A morte de Cleopatra

c) Imperio romano (27 a.C.-476 d.C.)

Tras a súa victoria nas guerras civiles, Octavio foi investido co título de Augusto (emperador) (27 a.C.).

O emperador acumulaba todos os poderes do estado romano:

Dirixe as forzas armadas (lexións romanas).

Dirixe a política exterior.

É o pontífice máximo (sumo sacerdote).

Dictaba as leis e aprobaba os impostos.

O Senado seguíu existindo, pero a súa única función era confirmar as decisións do emperador

Augusto como sumo pontficeí Augusto como xefe das forzas

armadas (imperium) Augusto como senador

Na historia do Imperio romano (27 a.C.-476) destacan 2 grandes etapas:

Alto Imperio (S. I a.C.- III d.C.):

- Época de máximo esplendor.

- Culmínanse as conquistas grazas ás lexións romanas, e Roma acada a súa máxima expansión.

- Iníciase un período de paz dentro do Imperio (pax romana).

- Forte desenvolvemento económico e comercial.

- As cidades enchéronse de grandes construcións e obras públicas

GRANDES CONSTRUCCIÓNS ROMANAS

Coliseo (Roma)

Panteón (Roma)

Teatro romano (Mérida)

Point du gard

(Francia)

Vía XVIII (Ourense)

Mapa das calzadas romanas

Acueducto (Segovia)

Baixo Imperio (S.III-V):

- Época de crise, sobre todo no S.III, debido a:

Revoltas sociais: de campesiños e militares, pola mala marcha da economía.

Guerras civis: entre os pretendentes ao trono.

Abandono das cidades e marcha da poboación ao campo. Así, a artesanía e comercio diminuíron moito.

Os pobos bárbaros (estranxeiros) comezaron a presionar e invadir o limes romano (= fronteiras). Polo norte destacaban os xermanos e polo leste os persas.

No S. IV houbo unha certa recuperación, sobre todo durante o reinado de tres emperadores:

♕ Diocleciano: saneou a economía e reforzou o limes.

♕ Constantino: tolerou o cristianismo e fundou Constantinopla (actual Estambul), onde fixou a súa capital.

♕ Teodosio: convertiu o cristianismo na única relixión oficial e dividiu o imperio en dous entre os seus fillos:

a) Imperio romano de Occidente, con capital en Roma.

b) Imperio romano de Oriente, con capital en Constantinopla

División de Teodosio

Sen embargo, a finais do S. IV os xermanos penetraron masivamente no imperio, que escapaban dos hunos (pobo guerreiro de xinetes das estepas asiáticos).

Durante o S.V as 2 partes do Imperio evolucionaron de forma distinta:

☹ Occidente: os emperadores foron incapaces de frear aos xermanos, que foron creando reinos bárbaros dentro de territorio romano. O último emperador foi deposto no 476, e así púxose fin ao imperio.

☺ Oriente: o imperio mantívose mil anos máis, co nome de Imperio Bizantino.

Así terminaba a Idade Antiga e comezaba a Idade Media.

Mapa de Europa no S.VI