unha nova aventura
TRANSCRIPT
![Page 1: Unha nova aventura](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020208/55ada6551a28ab97538b4585/html5/thumbnails/1.jpg)
COMO
CURAMOS
UNHA DOR DE
BARRIGA?
UNHA NOVA AVENTURA
![Page 2: Unha nova aventura](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020208/55ada6551a28ab97538b4585/html5/thumbnails/2.jpg)
Hoxe pola mañá na nosa clase
xurdiunos un gran problema…
O noso encargado púxosenos un pouquiño
enfermiño e tivemos que ver como facer para que
se puxese mellor e puidese seguir xogando e
aprendendo con nós toda a mañá.
A Diego doíalle a barriga… e despois de moito
pensar decidimos que o mellor era facerlle unha
macela como lle fai a súa mamá e a súa avoa na
casa cando lle doe moito. E puxémonos mans á
obra…… pero non pensedes que é tan sinxelo.
Deseguido vos presentamos os pasos que
tivemos que seguir para elaborar a nosa
“menciña”.
![Page 3: Unha nova aventura](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020208/55ada6551a28ab97538b4585/html5/thumbnails/3.jpg)
1º
O primeiro que tivemos que facer foi buscar o
número de teléfono da súa mamá (xa que nós
non o sabíamos de memoria) e chamala por
teléfono para pedirlle permiso de se podiamos
darlle a macela ao noso amigo.
![Page 4: Unha nova aventura](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020208/55ada6551a28ab97538b4585/html5/thumbnails/4.jpg)
2º
O segundo que fixemos foi o máis divertido.
Fomos á sala de profes a chamar por teléfono á
mamá de Diego (que grande era e cantas sillas
había).
![Page 5: Unha nova aventura](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020208/55ada6551a28ab97538b4585/html5/thumbnails/5.jpg)
3º Cando a mamá de Diego e a súa avoa nos deron
permiso puxémonos mans a obra; collemos unha
silla e empezamos a falar de que cousas nos
farían falla (e por esta orde as fomos dicindo,
como vedes a auga é o menos importante, o
mási importante é o azucre).
![Page 6: Unha nova aventura](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020208/55ada6551a28ab97538b4585/html5/thumbnails/6.jpg)
![Page 7: Unha nova aventura](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020208/55ada6551a28ab97538b4585/html5/thumbnails/7.jpg)
4.
Con todos os ingredientes enriba da mesa
puxémonos a traballar.
![Page 8: Unha nova aventura](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020208/55ada6551a28ab97538b4585/html5/thumbnails/8.jpg)
E saiunos unha macela riquísima
![Page 9: Unha nova aventura](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020208/55ada6551a28ab97538b4585/html5/thumbnails/9.jpg)
Que fomos tomar á nosa clase,
despois de quitarlle o sobre de
dentro.
![Page 10: Unha nova aventura](https://reader031.vdocumento.com/reader031/viewer/2022020208/55ada6551a28ab97538b4585/html5/thumbnails/10.jpg)
Sabedes cal foi o único problema
que tivemos?
Que despois a todos nos doía a barriga e todos
queríamos unha cunca de macela.
Pero a profe non tiña para todos e tampouco
podiamos poñernos a chamas a todos os papás
e mamás, así que outro día repetiremos a
experiencia probando todos.