un día no castro de viladonga

11

Upload: diego-xesus

Post on 11-Jul-2015

661 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Un día no castro de viladonga
Page 2: Un día no castro de viladonga

Velaquí un anaco da historia do home galego que nos levará a percorrer os camiños e os arredores do Castro de Viladonga, integrado hoxe, como hai case dous mil anos, na paisaxe chairega. Desde 1971, foise retirando a terra que o cubrira co paso dos séculos, deixando á vista así moitas das súas construccións e dos obxectos que foran feitos e empregados polos homes, mulleres e nenos que deron vida a este poboado castrexo na época galaico-romana .

Page 3: Un día no castro de viladonga

Aqueles días do ano 290 da nosa Era serían especialmente bós para Caelio, porque os ía pasar no Castro de Vila Dominica, a aldea dos seus avós Circino e Alona. Neste Castro vivira tamén a súa nai Nantia antes de casar co seu pai Ambato, un bó canteiro que labraba pedra para facer casas na cidade de Lucus Augusti. Caelio, sempre atento ó que sucedía ó seu arredor e vendo que as cousas eran algo distintas ás desta urbe na que el residía, quixo saber como era a vida por este lugar da grande chaira lucense...

Page 4: Un día no castro de viladonga

- Avó, ¿Por que non me contas o que facías cando eras pequeno coma min?- Eu sempre vivín aquí no Castro, pero aínda recordo ben cando me achegaba con meu pai ata as terras dos Coporos, perto de Lucus. Polo camiño, el sempre me ía contando historias dos nosos pobos veciños, os Cibarcos, os Seurros...

Page 5: Un día no castro de viladonga

- ¿E en que pasabas o tempo? - Moitas veces saía moi cedo da nosa casoupa para botar

unhas carreiras polo monte, pero como tiña que reparar das ovellas non podía chegar moi lonxe. Ás veces, os homes maiores saían cazar cervos ou xabaríns, pero a min gustábame máis ir pescar ó río e ós regatos que arrodean o Castro.

Page 6: Un día no castro de viladonga

- ¡Que sorte tiñas!, podías pasar case todo o día fóra da casa. A miña nai non lle gusta moito que ande aboiado polas rúas de Lucus, que ás veces están cheas de xentes procedentes de moitos sitios, mesmo de moi lonxe.

- Aquí no Castro sempre había algo que facer fóra da casa: eu ía ver como traballaba o ferreiro Cloutio, que facía e arranxaba ferramentas nun obradoiro que tiña por fóra da muralla máis alta do noso poboado.

Page 7: Un día no castro de viladonga

- Unha vez fixeramos un taboleiro de xogo con fichas, igualiño ós que meu pai, o teu bisavó, vira a uns soldados romanos que estaban na Lexión Séptima, para aló dos montes de Bergidum. E cando facía bó tempo saía xogar fóra da casa co meu irmán, mentres miña nai poñíase a fiar a lá ou o liño co que as mulleres facían a tea dos vestidos.

Page 8: Un día no castro de viladonga

- ¿Ti vivías nunha desas casas redondas?- Si, eu vivía nunha desas e meus pais tamén o fixeron, pero agora xa van quedando poucas, porque hai anos que se constrúen doutra forma, case sempre cadradas. Nelas adoitaba haber unha lareira con lume, para cociñar a comida e tamén para quentarse, porque os invernos aquí eran fríos e longos.

Page 9: Un día no castro de viladonga

- Pois logo, se case todo o faciades vós aquí, non tiñades que ir ás tendas coma nós para mercar comida, olas, teas, xerras e cuncas...- Era doutro xeito. Lembro que, cando eu era aínda un cativo, chegaban mercaderes que viñan de Lucus, de Brigantium ou de máis lonxe, traendo cousas feitas fóra de aquí para cambialas por outras que tiñamos ou que faciamos nós. Pero agora utilizamos máis as moedas para mercar vidros, ou pezas para adornar ás mulleres -e tamén ós homes-, ou algunhas ferramentas especiais, ou vasos e pratos dun barro moi arrubiado que fan fóra da Gallaecia, e outras cousas que xa case non recordo.

Page 10: Un día no castro de viladonga

Oíndo estas historias, Caelio foi comprendendo como a vida mudara dende a época en que na Gallaecia non había máis que castros para vivir. Agora, el dábase conta que había máis sitios onde a xente se instalaba e traballaba, espallados polo territorio que, desde que el recordaba, formaba parte dun Estado que dirixía desde moi lonxe, -desde Roma, no Mare Nostrum- un emperador que chamaban Diocleciano.Puido comprobar, ademais, que moitas das ferramentas, dos costumes e das formas de vida no Castro existían desde tempos moi antigos, pois o seu avó xa as lembraba de cando el era neno

Page 11: Un día no castro de viladonga