díptico ep día de rosalía de castro

2
24 de Febreiro, Día de Rosalía de Castro CEIP Rosalí a de Castro , Xinzo de Limia BIOGRAFÍA Rosalía de Castro naceu o 24 de Febreiro de 1837 en Santiago de Compostela e morreu en Padrón o 15 de Xullo de 1885. É a meirande escritora en lingua galega e unha das principais responsables do Rexurdimento da lingua e a literatura galegas. O día 17 de Maio, día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data da edición da súa obra “Cantares gallegos”. Escribiu tanto en prosa como en verso, empregando o galego e o castelán. Entre as súas obras destacamos: POESÍA Cantares Gallegos Follas Novas PROSA Contos da miña terra La hija del mar El caballero de las botas azules Para saber máis sobre a súa vida e obra, podedes visitar a súa páxina http://www.rosaliadecastro.org/

Upload: papa-contos-papa-contos

Post on 12-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

poemas de Rosalía de Castro para conmemoralo seu día 24 de Febreiro 2012

TRANSCRIPT

24 de Febreiro,

Día de Rosalía de Castro CEIP Rosalía de Castro , Xinzo de Limia

BIOGRAFÍA

Rosalía de Castro naceu o 24 de Febreiro de 1837 en Santiago de Compostela e morreu en Padrón o 15 de Xullo de 1885. É a meirande escritora en lingua galega e unha das principais responsables do Rexurdimento da lingua e a literatura galegas. O día 17 de Maio, día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data da edición da súa obra “Cantares gallegos”. Escribiu tanto en prosa como en verso, empregando o galego e o castelán. Entre as súas obras destacamos:

POESÍA

Cantares Gallegos

Follas Novas

PROSA

Contos da miña terra

La hija del mar

El caballero de las botas azules

Para saber máis sobre a súa vida e obra, podedes visitar a súa páxina http://www.rosaliadecastro.org/

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos, adiós vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei. Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento. Muíno dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar. Amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adiós para sempre adiós!

¡Adiós groria! ¡Adiós contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso, por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero… ¡Quen pudera non deixar…!

UN REPOLUDO GAITEIRO Un repoludo gaiteiro de pano sedán vestido, como un príncipe cumprido, cariñoso e falangueiro, antre os mozos o pirmeiro, e nas siudades sin par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña: -Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar. Sempre pola vila entraba con aquel de señorío, sempre con poxante brío co tambor se acompasaba, e si na gaita sopraba era tan doce soprar que ben fixera en cantar aló pola mañanciña: -Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar. Todas por el reloucaban, todas por el se morrían;

si o tiñan cerca, sorrían; si o tiñan lonxe, choraban. ¡Mal pecado! Non coidaban que co-aquel seu frolear tiña costume en cantar aló pola mañanciña: -Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar.