un ano sen petroleo. material para traballalo

3
PREGUNTAS PARA O DEBATE “Un ano sen petróleo” 1. Por que cres que a película comeza cunha referencia directa aos antepasados do ser humano? 2. Analiza a seguinte frase: "Como é que, sabendo o que teño que facer, fago algo completamente diferente". Aconteceuche algo parecido nalgún momento? Baixo que circunstancias? Cal foi finalmente o teu comportamento e por que? 3. Ao principio do documental relátanse os costumes cotiáns, de ocio e de consumo, que a familia Webster está a punto de deixar atrás. En que se parecen e en que se diferencian das da túa familia? Tras analizalas, cres que o teu comportamento é ambientalmente responsable? 4. Coñeces algún amigo ou familiar que faga ou fixese unha "dieta de petróleo" como a da familia Webster? Cales foron os resultados? 5. Que reaccións che produce a escena na que a familia Webster se despide do coche? 6. No documental achéganse os seguintes datos: a capacidade de rexeneración do noso planeta soporta 3 toneladas de emisións contaminantes por persoa e ano; en Francia, esta relación é de 6 t/persoa/ano; en Gran Bretaña, de 10 t/persoa/ano; en Finlandia, de 13 t/persoa/ano; e en Estados Unidos, de 20 t/persoa/ano. Sabes cal é esta relación en España? E nos países en vías de desenvolvemento? A que cres que se deben estas diferenzas? 7. Analiza a seguinte frase: "As cousas de todos os días: o colexio, os traballos, as afeccións, o supermercado, estaban desperdigadas por todos lados". Acontece o mesmo no teu caso? Que alternativas se che acontecen a esta dispersión? 8. Por que cres que o pai de familia decide dicir que é alérxico ao plástico en lugar de explicar aos demais o seu labor? A partir desta reacción, explica as diferentes actitudes do home e da muller. Por que crees que a ela avergóñalle participar desta idea?

Category:

Education


3 download

DESCRIPTION

Materialtraballar o documental Un ano sen petróleo para

TRANSCRIPT

Page 1: Un ano sen petroleo. Material para traballalo

PREGUNTAS PARA O DEBATE “Un ano sen petróleo”

1. Por que cres que a película comeza cunha referencia directa aos antepasados do ser

humano?

2. Analiza a seguinte frase: "Como é que, sabendo o que teño que facer, fago algo

completamente diferente". Aconteceuche algo parecido nalgún momento? Baixo que

circunstancias? Cal foi finalmente o teu comportamento e por que?

3. Ao principio do documental relátanse os costumes cotiáns, de ocio e de consumo, que

a familia Webster está a punto de deixar atrás. En que se parecen e en que se

diferencian das da túa familia? Tras analizalas, cres que o teu comportamento é

ambientalmente responsable?

4. Coñeces algún amigo ou familiar que faga ou fixese unha "dieta de petróleo" como a da

familia Webster? Cales foron os resultados?

5. Que reaccións che produce a escena na que a familia Webster se despide do coche?

6. No documental achéganse os seguintes datos: a capacidade de rexeneración do noso

planeta soporta 3 toneladas de emisións contaminantes por persoa e ano; en Francia,

esta relación é de 6 t/persoa/ano; en Gran Bretaña, de 10 t/persoa/ano; en Finlandia,

de 13 t/persoa/ano; e en Estados Unidos, de 20 t/persoa/ano. Sabes cal é esta relación

en España? E nos países en vías de desenvolvemento? A que cres que se deben

estas diferenzas?

7. Analiza a seguinte frase: "As cousas de todos os días: o colexio, os traballos, as

afeccións, o supermercado, estaban desperdigadas por todos lados". Acontece o

mesmo no teu caso? Que alternativas se che acontecen a esta dispersión?

8. Por que cres que o pai de familia decide dicir que é alérxico ao plástico en lugar de

explicar aos demais o seu labor? A partir desta reacción, explica as diferentes actitudes

do home e da muller. Por que crees que a ela avergóñalle participar desta idea?

9. A familia Webster acaba utilizando a "electricidade verde" para quentar a súa vivenda.

Que sabes acerca da chamada "enerxía verde"? Realiza unha busca en internet para

coñecer o caso da empresa Electra Norte e o seu proxecto de "electricidade verde".

10. Por que cres que a nai rompe o pacto familiar e lle compra ao fillo unha bolsa de

lambetadas para celebrar o aniversario dun compañeiro de escola? Non cres que o teu

centro escolar é un bo lugar para introducir accións deste tipo? Coméntao cos teus

compañeiros e organizade unha festa de aniversario libre de petróleo en horario de

recreo.

11. No documental menciónase a Rudolf Diesel en relación co seu principal invento, o

motor que leva o seu apelido. Descobre máis sobre a figura deste científico alemán e

sobre a súa misteriosa morte.

12. Cando a familia Webster compra o coche enerxeticamente eficiente descobren un

adhesivo que di: "No war required". Sabes que significa e qué relación pode ter cos

biocombustibles?

Page 2: Un ano sen petroleo. Material para traballalo

13. Sobre a base dos datos subministrados no documental, calcula o equivalente ao uso

do coche das túas viaxes en avión.

14. Sobre o final do documental, a familia Webster fai inventario do aforro enerxético que

produciu a súa aposta.

CONCEPTO e PORCENTAXES

Electricidade

Plástico

Barco

Coch3

Viaxes

Calefacción

Comida:

Auga quente

100%

97%

97%

87%

61%

20%

17%

0%

a. En total, aforraron case dez toneladas de emisións contaminantes. Cres que foi

suficiente? Pensas que o esforzo pagou a pena? Xustifica a túa resposta.

15. Analiza a frase: "O noso maior logro foi vivir máis devagar".

16. Por que cres que o documental está dedicado á memoria de "os invernos da nenez"?