u-los globos van parar?educreate.iacat.com/biblioteca2/2.6.dpd.u-los_globos_van... ·...

27
U-LOS GLOBOS VAN PARAR? Clara de Prado Vázquez

Upload: others

Post on 21-Apr-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-LOS GLOBOS VAN PARAR? Clara de Prado Vázquez

Page 2: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-LOS GLOBOS VAN PARAR?

Clara de Prado Vázquez

Octubre 2016

SEDICIONES

Microcreáticas

POEMAS. DISEÑOS. NARRACIONES. PROTOTIPOS. FOTOS.

INVENCIONES. UTOPÍAS. VIDEOCLICK.

Donación para el proyecto EDUCREAte.

Reinvéntate. Tú protagonista. educreate.iacat.com

http://educreate.iacat.com / [email protected]

Page 3: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

2ª Edición. Santiago de Compostela. Octubre 2016

© Clara de Prado Vázquez

Edita: Asociación Educreate.IACAT-CI

Santiago de Compostela

http://educreate.iacat.com / [email protected]

El precio simbólico de éste libro va destinado enteramente al desarrollo e

investigación en creatividad, dentro del proyecto Educrea(te), para reInventar la

educación por sus protagonista

Page 4: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo
Page 5: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

5

U-los globos van parar?

Clara de Prado

Page 6: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

6

INDICE

I. ¿QUERES SABER ONDE VAN OS GLOBOS CANDO

FUXEN?

II. A FANTÁSTICA INVITACIÓN DO SEÑOR GLOBEIRO

III. NA CASA DO SEÑOR GLOBEIRO

IV. HISTORIA DO GLOBO FAQUIR

V. A CANCIÓN DO GLOBO LUNAR

VI. A CUESTIÓN

VII. A MAÑÁ SEGUINTE

VIII. O TRATO

IX. O PROBLEMA DO HELIO

Page 7: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

7

Cando un neno

deixa fuxir un globo

escapa unha ilusión, fuxe

un soño. A corda esbarra pola man

como un pesadelo,

e os ollos seguen ao balón

ata perdelo

pero

a

mente

comeza

a

pensar:

¿U-LOS GLOBOS VAN PARAR? Se queredes aprender a voar,

velai a historia que vos vou contar.

Page 8: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

8

I. ¿QUERES SABER ONDE VAN OS GLOBOS CANDO

FUXEN?

As redondas cúpulas da Coruña, a cidade onde vivía, lémbranme

constantemente á maxia circular dos globos. Foi pensando nunha desas

Page 9: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

9

construcións ovoides que rematan os elegantes edificios cando, aos dez

anos, coñecín ao artífice do meu futuro.

Non tiña moitas cousas. Máis ben, non tiña cousas, digamos, usuales,

comúns. No peirao do porto, (eu durmía nun vello barco oxidado), podía

contemplar polas noites desde o ollo de boi as tellas douradas das cúpulas.

Gardaba o meu semáforo, un casco de buzo, unha caixa de música, tres

libros e uns patíns, uns flamantes patíns a reacción regalo dun mariñeiro

finés cos que percorría a cidade a 50 km/h.

Debo dicir que podía facer o que me dera a gana, xogar, bailar ou poñer

roupa rara. Pero para pagar o aluguer do barco onde durmía debía vender

panos de papel aos condutores. Seguro que vistes algunha vez a rapaces

que venden panos de papel nos semáforos. Pois ben, eu era un deles.

Un día, no que todo parecía normal, agarrei os meus patíns e fixen o

percorrido habitual pola cidade. Primeiro pasei como un raio pola pastelería

da señora María, que me cedía amablemente o almorzo. Segundo, percorrín

a rúa do cinema a ver que puñan. Terceiro, xoguei ás agachadas cun garda

urbán e quinto parei diante da fonte dos peixes do Paseo. ¡Como gostaba de

ve-los peixes!.

Cheguei por fin ao meu semáforo. Os demais rapaces tiñan máis

experiencia ca min á hora de cheirar o perigo, que tiña forma de gardiá

urbán. Pois ben, ese día, despois de vender uns cantos panos, o semáforo

púxose en vermello. Subitamente, os rapaces anunciaron que se achegaba o

garda. Co semáforo en laranxa, a rúa parecía un formigueiro destruído por

un xigante. Eu, gracias aos meus queridos patíns, puxen pés en polvorosa e,

co disco xa en verde, non se me volveu ver por alí.

Corrín pola cidade ata encontrarme nunha zona que apenas coñecía. As

rúas altas e desiguais dos mariñeiros, coas casas baixas e o cimento tallado

en forma de ondas marinas, cheo de buratos. Non había ninguén ao redor, e

por fin parei a descansar. Respiraba aceleradamente, case non podía pensar

pola conxestión, e apoieime nunha esquina. Alí sentado, saquei os patíns

para descansar. Caíame a sombra do tellado da casa de parede branca, que

me guarecía do sol picante dese día.

Page 10: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

10

Pero pronto, quedei abraiado pola imaxe que tiña diante. Agacheime un

pouquiño detrás da esquina e abrín os ollos como rodas. Alí preto había un

rapaz, un rapaz finiño vestido de xeito estrano, con roupas mesturadas de

distintas épocas. Unha cara de joker sorrinte misturada coa elegancia dun

cabaleiro inglés. Traía un carriño verde, como de metal, non demasiado

grande pero que lle sobrepasaba dez centímetros de altura. Moi pronto, ao

xeito do frautista de Hamelin os nenos agolpáronse ao seu redor. O rapaz

abriu unha comporta do carriño e suavemente alongou a man. Un a un,

comezou a sacar os globos máis incribles que se poidan imaxinar. ¡Estaba

ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba

vendo. Os globos eran un ben escaso había tempo, xa que repentinamente

os globos fuxían das mans dos nenos e non volvían máis.

Eu tiña vistos moi poucos. O primeiro tiña forma de avión e un

ooooohhhhhh percorreu o grupo de nenos. Este globo levouno un dos

rapaces da primeira fila. O segundo era un globo parlanchín. En canto saíu

non parou de falar e parlotear cunha voz aguda.

Despois sacou un globo tarta, un globo de terciopelo, un globo musical, un

globo robótico, outro de cristal, un de xeo, un globo nube, un globo

pantalla de cine, outro de chocolate... Así ata que non quedou neno sen

globo. Menos eu, que fiquei petrificado ante este despliegue marabilloso.

Non me atrevín a saír da miña esquina.

Pero entón, cando todos os nenos comezaban a marchar, o globo avión

acendeu as súas hélices e se escapou. Os nenos gritaban ¡por alí, por alí!

sinalando ao globo fuxitivo. Rapidamente, subín por unha cañeira ata o

tellado da casa máis baixa. O globo dirixíase cara min e dun salto izas!

atrapei o globo pola puntiña da corda. Os nenos aplaudiron o meu rescate,

pero o señor globeiro xa non estaba alí. Devolvínlle o globo ao seu dono,

puxen os meus patins e volvín pouco a pouco cara o peirao.

Entón comecei a pensar e a dar voltas sobre a unha importante cuestión: se

o deixase fuxir, ¿onde iría o globo? ¿Cal é o destino final cando fuxen das

mans dos nenos? O globo sepárase da man e marcha cara arriba, como un

tren que se vai lentamente ou unha lembranza difuminada no cerebro. Os

ollos buscan a luminosidade circular do plástico etéreo, fráxil como as ás

Page 11: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

11

da bolboreta. A luz do globo contra o sol. O globo racha un cacho de

nube... E o globo desaparece.

Page 12: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

12

O lusco e fusco envolvía a cidade como un paquete de regalo e eu estaba

preto do porto. O latexo do mar, brillante como a bola de purpurina dunha

discoteca acompañaba o ritmo do meu corazón, aínda vacilante despois da

miña aventura.

Camiñando coa cabeza baixa polas rúas molladas do porto, unha luz

palpebrante como o intermitente dun coche chamoume a atención. Un vulto

de luz verde que se acendía e se apagaba estaba atado a unha farola.

Achegueime un pouco e ¡en efecto! puiden comprobar claramente que era

un globo, un fantástico globo máxico e verde como a kriptonita.

Achegueime máis e vin unhas letras sobre o globo. Con certa dificultade,

porque non ía á escola, puiden ver algo así:

¿QUERES SABER ONDE VAN OS GLOBOS CANDO FUXEN?

DESÁTAME

Así que non mo pensei demasiado, desatei o globo e a emoción!, o globo

tirou de min con tanta forza que os meus pés se separaron do chan nun

instante. Nese momento sentinme como nunca, lixeiro de problemas, feliz.

Page 13: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

13

II. A FANTÁSTICA INVITACIÓN DO SEÑOR GLOBEIRO

O globo subiu ata rozar os áticos dos edificios, cara arriba, cara arriba.

Pero, nun momento, cambiou de dirección. Tornou á esquerda como nun

barco respondendo a un cambio de timón. En realidade, era un globo con

grande capacidade de manobra, case como un avión.

Page 14: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

14

Ao lonxe, fun descubrindo un resplandor. Dirixiámonos directamente cara

un brillo circular que recortaba o ceo estrelado e negro. Imaxinádevos a

miña emoción cando ollei as tellas redondas e douradas dunha das cúpulas

máis grandes da cidade. Isto significaba que, como eu xa me imaxinara,

nesas balonísticas habitacións se agachaban cousas realmente

extraordinarias. O globo, tan amable, levoume ata unha pequena fiestra que

se abriu automaticamente unha vez que nos achegamos.

Un primeiro fundido de escuridade e a busca dun lugar para aterrar sen

perigo non me permitiron ver con claridade onde estaba. Pero unha vez a

salvo, erguín a cabeza e contemplei un asombroso espectáculo. A sala

estaba en penumbra, iluminada por unha antiga lámpara de cristal labrado.

Unha habitación enorme, máis grande que vista desde fóra e toda redonda.

o espazo repartíase entre grandes máquinas e unha xigantesca mesa con

planos e debuxos. “¡Benvido ao meu laboratorio de globos!", dixo unha

voz ao fondo. Entón comprendín que todas aquelas máquinas fabricaban os

marabillosos globos que esa mesma mañá vira sacar do carriño do señor

Globeiro. ¡E eu estaba alí!.

O señor Globeiro achegouse cun amplo sorriso ata min e invitoume a

xantar na súa casa. Dixo que coñecía perfectamente a miña mestría

rescatando globos, e que me necesitaba precisamente para iso. Pero

primeiro, ensinoume o seu laboratorio.

O material do que están feitos os globos necesita dun proceso complicado.

Ademáis do plástico, para lograr esa perfecta transparencia debería

mesturalo con ás de bolboreta, tela de araña, cristal ultralixeiro e raios de

luz trenzados en forma de finiños panos. As cores eran moi difíciles de

conseguir. O señor Globeiro viaxaba por todo o mundo para conseguir os

pigmentos naturais. As cores puras e cálidas da India, os rosados de

Venecia, o azul lapislázuli do Exipto, o polvo de diamantes de Suráfrica...

E sobre todo, a parte humana. Para crear un globo era necesario, sobre

todo, ser enxeñoso. Un globo debía ser completamente diferente ao

seguinte globo, e persoal, tan persoal como a propia cor do pelo ou a voz

do fabricante. O señor Globeiro ensinoume a súa última creación. "Isto

parece un globo vulgar- dixo, collendo un globo azul con flores debuxadas-

Page 15: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

15

pero..." , o señor Globeiro colleu un alfinete. "¡Non o estoupe, dixen eu.

“Verás” e se escoitou un lixeiro estoupido de globo. Unha fragrancia

fantástica percorreu o ambiente, tan intensa e real que tiven que pechar os

ollos. Lembrei unha por unha todas as primaveras da miña vida."¡Voila! O

globo de aire primaveral. Estou fabricando tamén outro de aire outonal e de

verán, pero aínda están nos planos. Ben, xa é hora de ir xantar.

III. NA CASA DO SEÑOR GLOBEIRO

O señor Globeiro non vivía alí, senón nunha grande casa un pouco máis

arriba. "Despois ensinareiche todo isto, pero primeiro es o meu invitado”.

Colleu o seu globo de viaxe, un elegante globo de veludo vermello, e con

cintas de cores, que sostiña unha cadeira de mimbre para poder viaxar

sentado. "Regáloche o globo verde de viaxe. É un globo cunha grande forza

de tracción para voar, que podes usar tamén para deixar mensaxes. Unha

das miñas últimas creacións". ¡Carai, un globo tan especial só para min!.

Sentíame realmente engalanado.

Subimos pouco a pouco ata unha zona de grande concentración nubeica,

que permitía asentar grandes toneladas, segundo me dixo o señor Globeiro.

A pesar de que parezan tan lixeiras desde abaixo, as nubes son capaces de

soportar grandes pesos.

A casa do señor Globeiro era enorme. E o máis grande era o seu xardín.

Estaba cheo de xente. "Estos hospedes fixéronse a mesma pregunta ca ti. E

un día, xa cansos, agarraron un globo a ver onde ía. Unha comprobación

sinxela". O señor Globeiro presentoume a un tal Don Quixote, que levaba

posta unha estrana armadura, algo oxidada, desde logo polo paso do tempo.

Tamén me presentou a un francés, perdido segundo puiden comprobar máis

tarde, cando pilotaba o seu avión, o señor Saint-Exupery. E a unha señora

cunha escoba, que tamén voaba, e se paseaba de cando en vez por alí.

Dentro da casa, o material dos mobles (segundo me explicou o señor

Globeiro) era transparente e de cores, unha versión endurecida do mesmo

Page 16: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

16

material co que fabricaba os globos. Para perfecciónalo, pensei, tiveron que

estalar moitos sillóns.

Para xantar, o señor Globeiro puña unha comida transparente, especie de

xelatina, de todos os sabores e redonda. Polo visto, era unha cociña sinxela

e deliciosa, especialidade que unicamente se pode atopar na súa casa.

O señor Globeiro levoume ata unha grande porta. "Aquí-dixo- gardo unha

colección única. A mellor colección de globos do mundo". Ordenados en

furnas cadradas de cristal, había globos históricos. Por exemplo, o globo do

antigo emperador da China, o primeiro globo do mundo, o globo máis

pequeno, o máis forte, o globo con máis cores, o globo de diamantes, o

globo invisible, un que pertenceu a Leonardo da Vinci, o globo múltiple, o

invisible, o máis fráxil...e o globo faquir, que non estala se o pinchan.

Page 17: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

17

IV. HISTORIA DO GLOBO FAQUIR

"Para conquerir esta colección, aparte dos globos que herdei, debo viaxar a

través do mundo cada certo tempo. Hai uns anos, chegou ata min a noticia

da existencia dun globo faquir, un globo fantástico capaz de soportar as

pinchaduras dos alfinetes sen estoupar.

Cheguei á India acompañado de mosquitos e calor, e coa miña maleta de

mostras na man, baixei do meu globo ata o poboado de Gakaiam. Era un

poboado de casas brancas e baixiñas, con rúas como regueiros de area e

polvo. Recibiume unha comitiva especial, a banda e os nenos, cos seus

vistosos traxes tinguidos de amarelo, vermello ou azul. O faquir Draxe, un

home vello con longa barba violeta, saudoume ao xeito hindú. Era o dono

do globo faquir. El mesmo fabricara ao globo violeta para durmir xunto a el

na cama de pinchos. Agora que o señor faquir ía rematar os seus días,

quería que o globo quedara en boas mans. Por iso me escrebera pedíndome

que recollera ao seu globo.

Pregunteille ao faquir cal era o segredo do seu globo, cómo foi quen de

construír un globo capaz de soportar os máis puntiagudos cravos. E isto foi

o que me contou. "Cando eu era pequeno, quedei atrapado na boca dun

dragón. O dragón, de tanto comer peixe, tiña a boca chea de espiñas, pero

como tiña a pel tan dura, non notaba a dor. Despois dunha semana, o

dragón, que ía morrer, regaloume a súa pel, por terlle limpado a boca. E

coa súa pel violeta fixen este globo. Pero tamén aprendín do dragón a

aguantar, sen doerme, o tacto dos pinchos e as espiñas. Agora, para que o

globo marche contigo, deberás tinxirte a pel de violeta, como o dragón".

Despois dun tempo, quedoume o pelo desta cor. E así conseguín traer

comigo ao globo faquir

Saímos da grande sala e o señor Globeiro pechou a porta cunha chave

grande e dourada.

Page 18: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

18

V. A CANCIÓN DO GLOBO LUNAR

No xardín celebrábase un aniversario. Os estranos hospedes do señor

Globeiro repartían doces e refrescos, cantando e bailando sen parar. Unha

muller, vestida ao xeito do século pasado, achegouse a min, presentouse

como escritora e fíxome unha reverencia. Eu contesteille do mesmo xeito.

Entón, comezou a recitarme o motivo da celebración, a canción do globo

lunar.

Son as doce,

e a lúa non sae hoxe.

Alguén cometeu un roubo,

pensando que o astro era un globo;

e a noite quedou escura

sen a súa prateada armadura.

Ao señor Globeiro acudimos,

¡sen el estabamos perdidos!.

E o arquitecto dos globos,

o mestre das esferas,

deseñou un planeta

máis luminoso que as estrelas,

con escamas de peixes

e luz de vagalumes.

Finalmente,

Inflamos o satélite

con contos e helio;

por iso sen historias

non durmen os nenos.

Pasaba o día na casa do señor Globeiro, e eu desexaba cada vez máis ficar

alí e non baixar á Terra.

Page 19: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

19

VI. A CUESTIÓN

"Señor Globeiro, ¿podo facerlle unha pregunta?. Agora sei a onde fuxen os

globos, pero ¿por que fuxen?". E foi así que o señor Globeiro me relatou o

problema que o rondaba e faloume por primeira vez do señor Paragüeiro,

Page 20: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

20

ou de "Malagüeiro" (dito cun ton de voz desagradable), como el o

chamaba.

As mans dos nenos están repartidas e ocupadas entre o señor dos Chupa-

chups, o dos remuíños de vento, o señor algodoeiro (de zucre) e eu, o señor

Globeiro. Pero non quedan mans para o señor Malagüeiro, xa que os nenos

prefiren o sol ou unha ducha de choiva natural a cargar todo o ano co

paraugas, o que é un auténtico fastidio. O señor de Malagüeiro, decidiu

entón provocar uns segundos de amnesia na man que suxeita os globos para

tela desocupada. Pero iso non é o peor. O peor é que comezou a roubarme

os globos fuxidos cunhas enormes redes caza bolboretas e agora os ten

retidos no ceo. Por iso preciso que os rescates, rapaz.

Nese instante mirou profundamente para min, esperando unha resposta

miña. Eu non estaba, seguro de poder facelo, pero o meu orgullo

empurroume unha resposta: estou disposto.

VII. A MAÑÁ SEGUINTE

O rescate debía ser pacífico, causando os menores danos posibles. Os

globos son moi fráxiles e sería espantoso que todos explotasen como

pompas de xabón. O señor Globeiro ofreceume unha flota de globos avión

e un globo tesouro que me axudara a rachar a rede xigantesca que os retiña.

Todos os convidados do señor Globeiro, coas súas estranas vestimentas

estaban no xardín para facerme unha solemne despedida. "Rapaz, o mundo

dos globos estarache eternamente agradecido pola túa valentía. Por favor,

¡ten coidado!".

A flota de avión globos xirouse cara ao seu destino. Eu estaba

perfectamente amarrado e subido ao máis grande. Non tivemos que subir

demasiado para ver unha terrible e á vez fantástica visión. Unha rede tan

grande como un país, extendida en forma de nube, amarraba un milleiro, un

millón de milleiros de globos. E había de todas as cores, tamaños e formas.

Parece que todos os globos fuxidos do mundo estiveran capturados como

pedras preciosas nun puño.

Page 21: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

21

Xa nos achegábamos á cuadrícula da rede cando un contraataque de

obxectos negros e alongados se tiraba directamente cara nós, como escuras

frechas nunha película de Robin Hood. As armas do señor de Malagüeiro

eran paraugas, paraugas de punta afiada que empezaron a estalar globos sen

ton nin son. Rápido! ¡Rachade a rede!.

O globo tesouro fixo un voo a ras que en segundos abriu unha grande fenda

por onde fuxiron os globos. Eu agarrei a rede por un extremo, mentres os

globos a suxeitaban enlazando os seus fíos aos extremos da trenza

enrellada. "¡Poñédea de pé! ¡Un, dous. . . tres! Erguemos a rede e os

paraugas quedaron prendidos irremediablemente nos buratos da tela.

¡Conseguirámolo!

Page 22: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

22

Ao fin, os globos eran libres, patrimonio de todos e de ninguén. E, de

súbito, os globos, nun acto contra a gravidade, comezaron a baixar

lentamente e, aínda que non mo creades, parecían sorrimos. Nunca vira

cousa igual, Os globos baixaban e baixaban, retornaban á Terra, ás mans

dos seus amigos. O ceo estaba cuberto de bolas transparentes, lucernarios

coreados, plástico celestial. Desde os países, os nenos miraron abraiados ao

ceo e viron como regresaban os seus soños fuxidos.

Os globos máxicos volveron voando cara abaixo ata a man dun meniño na

muralla China, dunha rapaciña esquimo ou do sorrinte neno de Atenas.

Desde a neve nas altas montañas ata o deserto viron a baixada dos globos, e

tamén ían parar ás mans dos adultos, daqueles que perderán algunha vez o

seu globo." ¡Mira, este era o meu globo prateado de 1956! ¿Lembras?"

dicían, e non podían deixar de rir abraiados.

VIII. O TRATO

Voltei a casa do señor Globeiro e fun acollido como un heroi. A grande

recepción que me despediu seguía alí aplaudindo fortemente a miña

chegada. O señor Globeiro apertoume as mans, e felicitoume

entusiasmadamente. Fíxose unha festa no meu honor durante todo o día. Xa

anoitecía cando o señor Globeiro levoume aparte e contoume que tiña unha

idea que tratar co señor Malagüeiro. Así que mandou unha mensaxe no

globo ata a cúpula do señor Malagueiro. Eu tiña curiosidade de saber como

era o señor de Malagüeiro e onde traballaba, así que me agarrei da corda

do globo ante o asombro do señor Globeiro. A cúpula era de pizarra e tiña

un enorme pararraios. Desde unha pequena fiestra puiden ver a maquinaria

de fabricación de paraugas do señor de Malagüeiro. O señor Paragüeiro

tiña o pelo empapado e o abrigo constantemente húmido. E vin que todos

os seus paraugas eran iguais, e negros. Entón ocurriuseme pensar que se

fixese paraugas distintos, orixinais, a todos nos gustaría máis levar as mans

ocupadas cun artefacto tan chamativo. O señor de Malagüeiro atrapou o

globo cunha das súas redes cazavolvoretas. Leu a mensaxe, soltou o globo

que eu agarrei para volver, e baixou as escaleiras do seu edificio.

Page 23: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

23

O globo levoume entón ao laboratorio do señor Globeiro, na cúpula

dourada, e deixoume a carón del. "¡Ah! Xa estás aquí. ¿Comprendes agora

o problema do Paragüeiro? Se o que facemos é igual e rutineiro,

convertémonos nunha especie de ladróns de ilusións e a nosa alma se

encolle como unha momia vella. Ensinareiche os meus planos para un novo

globo."

Ao pouco tempo chamaron á porta. Alí estaba o señor de Malagüeiro, con

expresión enfadada. "¡Como te atreviches neno a...!". "Un momento", dixo

o señor Globeiro, "eu encargueille que liberase os globos, Paragüeiro,

porque os globos do mundo son responsabilidade miña". O Paragüeiro

rosmou un pouco e calmouse de xeito malhumorado. Eu, achegueime e

díxenlle o que pensaba sobre os seus paraugas porque en realidade tiña algo

de pena por el. "Os seus paraugas son bos, quizá os de mellor fabricación

do mundo. Pero déixese levar un pouco pola súa intuición e construír

paraugas únicos, paraugas dos que a xente nunca soñou. Paraugas con fío

musical, paraugas resplandecentes, paraugas que se abran cando lles

chames, ¡vostede pode fabricar o que queira!". E o señor Globeiro engadiu:

"Eiquí a miña proposta. Construír globo- paraugas que pesen pouco, sexan

de vistosas cores e transparentes para ver o ceo, divertidos e facilmente

reciclables. ¡Ensinareiche os planos! O señor Globeiro mostroulle uns

complicados debuxos sobre papel cuadriculado e con cifras ás marxes. O

señor de Malagueiro dubidou. "¿Que gaño eu con isto?". E o señor

Globeiro respondeulle, "un posto na man das persoas". O Paragüeiro

recoñeceu que tiña razón. Os seus paraugas serían mellor aceptados se de

feito lles botase un pouco de imaxinación. Pechouse o trato felizmente, e o

señor Paragüeiro converteuse no artífice de paraugas máis orixinal do

mundo. De feito, hoxe en día poden atoparse os seus paraugas por todas

partes, aínda que son pezas moi valiosas, pezas que deberían estar no

museo.

Page 24: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

24

IX. PROBLEMA DO HELIO

Tra-la vitoria do noso rescate, o señor Globeiro apareceu un pouco

preocupado. Coa mirada fixa para o chan e paseando continuamente, o

señor Globeiro explicoume que as reservas de helio non estaban o

suficiente cheas. "Terei que ir a por helio como sexa, e esa é unha tarefa

complicada. o helio que eu emprego non é o que se ve nas bombonas das

feiras, senón a respiración da balea xigante que descansa debaixo do porto.

A balea durme desde hai séculos e eu aproveito o seu alento para os meus

globos. Pero se esperta a balea I adeus! toda a cidade afundida polo

movemento do seu corpo."

O señor globeiro púxose o traxe para bucear e introduciuse dentro dun dos

seu globos acuáticos. Baixou ata que o vimos afundir no mar pretiño do

peirao. Levaba un enorme tubo para trasladar o helio ata o seu laboratorio.

Pasaron cinco minutos e vimos como se enchía o tubo. Dez minutos, e

igual. Pero de súbito, o globo rebentou e o vimos desinflarse polo aire,

dando voltas e tumbos. Rapidamente, eu baixei no meu globo verde,

Deixoume no barco oxidado, agarrei o meu casco de buzo e corrín cara

onde estaba o señor Globeiro baixo o mar. Contei ata tres e lanceime á auga

tranquila do porto. Descendín ata que os meus pes touparon cun cume

resbaloso e negro, a pel da balea que subía e baixaba placidamente.

Busquei o burato da branquea pola que solta o chorriño de auga. ¡Eureka!

Alí estaba o tubo, e nadando cara arriba, algo mareado, o señor Globeiro. O

tubo estaba desencaixado. Collín o extremo e volvín a metelo no burato da

balea. Subín buceando ata a superficie da man do señor Globeiro, quen

respiraba con dificultade. Unha vez a salvo, escoitamos os aplausos desde o

xardín do Globeiro, onde os seus hospedes respiraban aliviados gracias á

nosa feliz recuperación.

Despois de almacenar todo o helio, o señor Globeiro sorria agradecido.

Rodeado da súa maquinaria e dos seus globos, parecía un rei. Xogamos

toda a tarde no xardín á chave e xa coa luz mortecina do solpor, o señor

Globeiro entregoume a chave do seu museo. "Eiquí vai a miña invitación

para que fiques coidando dos globos".

Page 25: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

25

Se queredes saber o resto da historia co señor Globeiro, deberedes esperar a

que se enchan libros e libros de aventuras. Despois do rescate dos globos,

O señor Globeiro, co seu peculiar e optimista sentido da vida invitoume a

ficar con el como hospede e axudante. Ao longo da miña vida fun

aprendendo os segredos da fabricación de globos e teño inventados cen

diferentes modelos. Pero agora mesmo, adícome a viaxar no meu globo

contando esta historia a todo o que algunha vez se preguntou "¿onde van os

globos?".

GLOBOOOOOOOSSSSSSSSSSSSSS

GLOBOOOOOSS

GLOBOOO

GLOBO

GLOB

GLO

GL

G

GL

GLO

GLOB

ooooOoooo

ooooooooOoooooooo

oooooooooooooOooooooooooooo

Page 26: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

U-los globos van parar?

Clara de Prado

©Asociación Educreate.IACAT-CI (http://educreate.iacat.com / [email protected])

26

Page 27: U-LOS GLOBOS VAN PARAR?educreate.iacat.com/Biblioteca2/2.6.Dpd.U-los_globos_van... · 2016-10-11 · ante o mellor fabricante de globos do mundo!. Non podía crer o que estaba vendo

Frei Rosendo Salvado, nº 13, 1ºportal, 7º B, Edificio Zafiro.

C.P. 15701- Santiago de Compostela - A Coruña - España.

[email protected] – http://educreate.iacat.com

©Educreate.IACAT-CI

Asoc. Educreate.IACAT-CI

Educreate.IACAT-CI es una institución iberoamericana sin ánimo de

lucro dedicada a la formación, investigación y desarrollo avanzado de la

Creatividad Aplicada Total y de la Creación Integral en todos los ámbitos

y por todas las personas y profesionales.

Sus actividades y programas de formación y de difusión se desarrollan de

modo presencial y on line.

Se autofinancia con las aportaciones de sus clientes y miembros.

Educreate.IACAT-CI está formada por una red iberoamericana de socios

colaboradores: doctores, masters, expertos y empresas del mundo de la

creatividad, en cuya dirección científica se encuentra el Dr. David de

Prado.