tríptico de normas

2

Click here to load reader

Upload: ies-pedro-floriani-redondela

Post on 10-Mar-2016

217 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Tríptico de Normas da Biblioteca do IES Pedro Floriani 2010-11

TRANSCRIPT

Page 1: Tríptico de Normas

Ordenadores, DVD Para pedir un ordenador, anotámonos no caderno indicando o noso nome e a hora á que comezamos. Nos recreos hai dúas quendas: de 11:30 a 11:45 e de 11:45 a 12:00. Se ninguén máis pide o ordenador, podemos continuar nel.

Traballamos sentadas/os, só unha persoa por ordenador. As persoas que estean en xogos deben deixar o seu sitio ás que queiran buscar información ou facer traballos Non entramos en Twitter, Facebook, etc. O acceso a redes sociais está prohibido en todo o recinto do Instituto.

Para utilizar a impresora pedimos permiso á/ao profesor/a de garda. Escoitamos a música e os DVDs con auriculares que hai que pedir á/ao profesor/a de garda.

Se queres coñecernos máis visita:

A páxina web do instituto

http://centros.edu.xunta.es/iespedrofloriani

O blogue da biblioteca:

http://bibliofloriani.blogspot.com/

NORMAS DA BIBLIOTECA

IES PEDRO FLORIANI

Page 2: Tríptico de Normas

Na biblioteca PODEMOS Ler, estudar, ler os xornais, consultar unha

enciclopedia ou utilizar un dicionario.

Conectarnos a internet, escoitar música e ver

videos ou DVDs.

Pedir prestados: libros, películas, revistas...

Facer traballos en grupo e participar nas

actividades. Na biblioteca NON PODEMOS Falar en alto ou de xeito que moleste ás

persoas que están lendo ou traballando.

Traer comidas ou bebidas.

Escoitar música ou ver DVDs sen auriculares.

PRÉSTAMO CONDICIÓNS Pódense pedir prestados os fondos (Libro, películas, DCD-ROMs, DVDs...) da biblioteca, excepto os materiais de referencia (enciclopedias, dicionarios..) ou os que estean sendo utilizados para actividades.

Pode facer peticións calquera persoa relacionada dalgún xeito co Centro: alumnado, profesorado, PND, nais e pais... Antes de solicitar un fondo en préstamo hai que facerse unha ficha de lector/a. A meirande parte do alumnado tena feita xa, pero pode ser que a túa non o estea. Asegúrate! O único dato necesario é o DNI, se o tes.

O préstamo faise, normalmente, por 15 días e para un máximo de 3 fondos. Para cambiar estas condicións hai que pedilo ao persoal da biblioteca.

Os libros que forman parte dos itinerarios lectores (libros obrigatorios nalgunha materia) só se prestan por 7 días, sen renovación. PRAZOS Os fondos prestados deben devolverse antes de que acabe o prazo. Normalmente poderanse renovar, salvo que haxa máis persoas que pediran ese mesmo título. En todo caso, hai que acudir á biblioteca en horario de préstamo coa obra prestada, tamén para as renovacións.

O retraso na devolución ou renovación causa un trastorno grave a todo o centro e pode ser considerado falta, podéndose incluso chegar a reter os Boletín de Notas ou Libro de Escolaridade do alumnado que non devolva os préstamos.