tres ríos:o míño que vai de oriente a poñente, o barbaña ... · pedrayo dinos que é o máis...

8
De Ourense cidade dinos que ten tres ríos: o Míño que vai de Oriente a Poñente, o Barbaña, que desco- rre de Mediodía ao Norte e o Loña de Oriente a Norte. ENRIQUE BANDE RODRÍGUEZ Sande-Ourense, 1936 Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de La Laguna, Tenerife. Profesor Numerario nos Institutos de Cangas e Otero Pedrayo de Ourense, onde exerce na actualidade como Catedrático de Xeografía e Historia. Director do Arquivo Diocesano desde a súa cre- ación en 1981. Membro do Instituto “Padre Sarmiento” de Estudos Galegos. Adícase á investigación e divulgación de temas históricos, antropolóxicos e etnográficos rela- cionados coa nosa raigame. Ten publicados máis dunha ducia de libros sobre estos temas e colabora con asiduidade na prensa local e rexional, así como en “Cuadernos de Estudios Galegos” e no “Boletín Auriense”.

Upload: others

Post on 16-Oct-2019

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: tres ríos:o Míño que vai de Oriente a Poñente, o Barbaña ... · Pedrayo dinos que é o máis galeguista de todos os Precursores.Trátase dun perfecto coñecedor da arte ouren-sá

De Ourense cidade dinos que tentres ríos: o Míño que vai de Orientea Poñente, o Barbaña, que desco-rre de Mediodía ao Norte e o Loñade Oriente a Norte.

ENRIQUE BANDE RODRÍGUEZ

Sande-Ourense, 1936

Licenciado en Xeografía e Historia

pola Universidade de La Laguna,

Tenerife. Profesor Numerario nos

Institutos de Cangas e Otero

Pedrayo de Ourense, onde exerce

na actualidade como Catedrático de

Xeografía e Historia. Director do

Arquivo Diocesano desde a súa cre-

ación en 1981. Membro do Instituto

“Padre Sarmiento” de Estudos

Galegos. Adícase á investigación e

divulgación de temas históricos,

antropolóxicos e etnográficos rela-

cionados coa nosa raigame. Ten

publicados máis dunha ducia de

libros sobre estos temas e colabora

con asiduidade na prensa local e

rexional, así como en “Cuadernos

de Estudios Galegos” e no “Boletín

Auriense”.

Page 2: tres ríos:o Míño que vai de Oriente a Poñente, o Barbaña ... · Pedrayo dinos que é o máis galeguista de todos os Precursores.Trátase dun perfecto coñecedor da arte ouren-sá

81~

1. INTRODUCC IÓN

Naceu o Padre Sarmiento o 6 de Marzo de 1695 enVilafranca do Bierzo. Monxe benedictino, discípulodo Padre Feijóo. Trátase dun pensador ilustrado nosentido pleno do termo. Buscaba saber, discutir eanalízalo todo. Falaba e escribía de múltiples temasdo saber do seu tempo e en moitas ocasións adian-tábase á súa época.Trátase dun investigador infatigá-bel, dun modelo digno de imitación para cantos naactualidade visiten Galicia aproveitándose da nosaoferta turística e cultural.

Nas súas viaxes adicou especial atención e interese ao léxi-co,á toponimia,á poesía medieval,á lingua,á filoloxía e aosestudios literarios.Nas súas obras suministranos datos valio-sísimos das terras,das súas xentes,da vexetación,da fauna,dos minerais,da arte,das incripcións e das linaxes e familiasourensás.Foi un defensor da lingua dos “sen lingua”.Otero

Pedrayo dinos que é o máis galeguista de todos osPrecursores.Trátase dun perfecto coñecedor da arte ouren-sá e da igrexa do seu tempo,dado que nos deixou análisesdetallados de Sta. Comba de San Torcuato, de S. Pedro deRocas ou da Nsa. Sra. das Hermidas.Tamén nos dá unhavisión completa da igrexa e do clero ourensán do seutempo. Dinos que a opción clerical no Ourense da súaépoca era unha opción máis familiar que persoal,dado queas familias consideraban ao fillo clérigo como apoio e sus-tento. Foi un entusiasta defensor da lingua galega. Un glo-rioso precursor do Rexurdimento.El foi quen valorou porprimeira vez a literatura oral,o folclore e a medicina popu-lar.Lendo ao P.Sarmiento advertimos unha constante preo-cupación etimolóxica.Foi un incansábel viaxeiro.Fixo tresviaxes a Galicia e en dúas delas detívose por longo tempona provincia de Ourense.Foron viaxes ás que el lle aplica unmétodo científico preparado de anteman, como facemoshoxe os que temos a misión de ensinar coidando as “viaxesextraescolares”.

A P R O V I N C I A

D E O U R E N S E

N A S V I AX E S

D O PA D R E S A R M I E N TO

Enrique Bande RodríguezDebuxos: Conde Corbal

L E T R A S G A L E G A S

Page 3: tres ríos:o Míño que vai de Oriente a Poñente, o Barbaña ... · Pedrayo dinos que é o máis galeguista de todos os Precursores.Trátase dun perfecto coñecedor da arte ouren-sá

82~

2. AS V IAXES

Cónstanos que o P. Sarmiento realizou dúas viaxescompletas pola provincia de Ourense, cruzándoa deNoroeste a Noreste co obxectivo de recoñecer luga-res e fregesías,de recoller mostras de hervas de plan-tas e de minerais,para identificar voces xa entón nonempregadas, para poñerse en contacto coa fala dopovo sinxelo e coa lingua galega que mamara depequeno. Nas súas viaxes fixo catálogos de prantas,de accidentes xeográficos, de pontes e barcas, deríos, de vías de comunicación, de inscripcións roma-nas e medievais, de prioratos, e todo canto atopabaao seu paso. O P. Sarmiento en nengún momento via-xou como unha maleta. Foi sempre cos ollos benabertos para informarnos despois de todo canto a ellle impactara.

A primeira viaxefíxoa entre os días 6e 17 de Decembro de 1745.Dinos que desde Soutelode Montes entrou na provincia de Ourense en direc-ción a Ponte San Clodio, no corazón do Ribeiro, queestaba a cinco leguas de distancia. Conta que se deti-vo no alto do Paraño, un verdadeiro mirador a direi-ta e esquerda. Este punto, dinos que dista de Soutelode Montes unha legua.

Despois da baixada do Paraño entrou en SanSadorniño, aldea de Moreiras,o primeiro lugar do bis-pado de Ourense. De alí pasou á freguesía de PonteAbroés,onde hai unha ponte antiga con inscripcións.Pasado o río, á esquerda entrou en Xuvencos eBoborás, a unha legua e media do Paraño.Ven despois

Xesteiro, Nonás e Penedo das Meandreiras. Despoisven a Granxa do Mato, San Benito de Moldes e pasa-do o río chegou á Fonte dos Sapos.Pazos de Arenteiroa unha legua. Ponte de San Clodio freguesía e mos-teiro. Neste mosteiro fixo noite. Pasada a ponte deSan Clodio seguiu pola marxe direita do río Avia epasou por Bieite, Beade, San Cristovo de Regodeigóne Ribadavia,onde hai unha ponte que dá paso ao con-vento dos Franciscanos.

A curta distancia da vila de Ribadavia, o río Aviamétese no Miño que decorre entre o Couto de SanMarcos e o altísimo Couto Novelle. Pasou a barca eseguíu camiño de Arnoia, percorrendo a ladeira doCouto Novelle. Pasou polas aldeas de Arnoia e polaermida de San Amaro e chegou ao priorato de San

Salvador. De aquí saíu paraRefoxos, subindo pola costade Louredo, desde ondepasou á Buratiña e chegou aSan Verísimo de Refoxos,dis-tante unha legua de Arnoia.Neste priorato fixo noite.Estivo o día da Concepción,e o nove saíu para Celanova,distante tres leguas. Pasoupola Nosa Señora do Val, porEscudeiros, Quinta, Freixo,Freans de Eiras, Ermida deSan Antón, Ponte dos Ma-deiros e Río Tuño. Picouto,priorato de San Salvador dePaizás, Castromao, freguesíae monte. Celanova a unhalegua. O 12 de Decembrosaíu de Celanova paraOurense, que dista tresleguas, Bobadela, PonteAfechas, Río Arnoia, San Paio

da Merca, Ermida do Espírito Santo, freguesía efeira, a unha legua de Celanova, Souto Penedo,Vilanova de Rante e San Cibrao das Viñas, a unhalegua, Ponte Codesal, Río Barbaña e Ourense aoutra legua. O 13 de Decembro saíu de Ourensepara San Estevo de Ribas de Sil distante da cidadetres leguas, Castadón, Ponte de Castadón, Río Loña,San Salvador de Prexigueiro, ermida da NosaSeñora do Carpazal, Aguíar, Faramontaos, Pena dosRoucos, Eiradela, Lointra, Biduedo, capela de SanLourenzo, Pombar e San Estevo de Ribas de Sil,mosteiro e freguesía. O día 17 saíu de San Estevopara o priorato de San Román de Moreda en Lugo.Andivo catro leguas.

L E T R A S G A L E G A S

Nas súas

viaxes adicou

especial

atención e

interese ao

léxico, á

toponimia, á

poesía

medieval, á

lingua, á

filoloxía e aos

estudios

literarios.

Fixo moito no mosteiro de S. Clodio.

Page 4: tres ríos:o Míño que vai de Oriente a Poñente, o Barbaña ... · Pedrayo dinos que é o máis galeguista de todos os Precursores.Trátase dun perfecto coñecedor da arte ouren-sá

83~

San Juan de Baños. O 20 de Outubro saíu de Bandepara o priorato de Santa María de Ribeira, cruzou orío Liñares, pasóu por Porqueira, onde hai un castelogrande e alto. Despois de legua e media chegou aSanta María de Ribeira. O 31 saíu de Ribeira paraLamas. Cruzou o río Xinzo, pasou por Ponte dasPoldras e por Santa María de Couso.Torre e freguesíade Sandiás; Piñeira de Arcos, ermida de San Marcos ebaixou a Allariz, vila con castelo murallas e conventofeminino.Cruzou a ponte sobre o río Arnoia.De aquípasou a Santa Mariña de Augas Santas. O 2 deNovembro, domingo, dinos que saíu para o prioratode San Pedro de Rocas onde fixo noite. De rocas aSan Estevo dinos que hai dúas leguas e enumera oslugares por onde pasou: Armeá, Figueiredo, Xiabal,Vacariza, Río Bodas e Folgoso. De aquí chegou áVenda do Pinto.En San Pedro de Rocas fixo noite.DeRocas a San Estevo dinos que hai dúas leguas. O 3 denovembro saíu de Rocas para Sampaio de Aveleda enCaldelas despois de baixar a Niñodaguia e de subir acosta de Sadur que está a unha legua. Pasou asVendas do Rodicio e a ermida de San Benito. De aquípasou a Vilariño Frío que dista unha legua deMontederramo, mosteiro de Bernardos. Detívosemedio día en Vilariñofrío. Rodeou o Monte Coroza.Pasou pola Pedra do Sol, Lumiares, Santa Tegra, fre-guesía de San Paio.Aquí dinos que durmíu na casa doseñor abade e cura D. Juan Albán. O día 5 mércores,saíu da Casa abacial de San Paio de Aveleda para“Tribis”. Subíu a costa de Castro Caldelas, anexo deSan Juan de Camba, abadía famosa, cruzou o ríoNavea pola Ponte Navia ou Navea, ponte que divideas dióceses de Ourense e Astorga. Pasada a ponteentrou na Terra de “Tribis”.A unha legua de “Tribis”está o priorato de San Salvador de Sobrado de“Tribis” onde fixo noite. O 6 de Novembro saíu dodito priorato para o Santuario das Ermidas.

Manzaneda de “Tribis”, Souto Pedre, Ponte Novasobre o río Bibei que pasou para entrar nas Ermidas,que está a unha legua. De aquí foi a Santa Cruz doBolo, Lentellais do Bolo, Ponte Cigarrosa a unhalegua de San Estevo da Rúa de Valdeorras onde fixo

L E T R A S G A L E G A S

Otero Pedrayo dinos que é o máis

galeguista de todos os Precursores.

Trátase dun perfecto coñecedor da

arte ourensá e da igrexa do seu

tempo, dado que nos deixou

análises detallados de Sta. Comba

de San Trocado, de S. Pedro de

Rocas ou da Nsa. Sra. das Hermidas.

O 13 de Decembro saíu de Ourense para San Estevode Rivas de Sil, distante da cidade tres leguas

Entre os días 22 de Outubro de 1755 e o 7 deNovembro do mesmo ano, viaxou novamente polaprovincia de Ourense para realizar a súa segundaviaxe. Entrou na nosa provincia procedente dePontevedra despois de cruzar o río Miño na barca deSendelle. Dirixiuse a Celanova, de aquí á cidade dasBurgas desde onde se encamiñou ao oriente ouren-sán onde rematou a súa viaxe pola nosa provincia.Percorreu a provincia de Ourense de Suroeste aNoreste en Terras de “Tribis” e Valdeorras. Desde acitada barca subíu por Condado a Trado e encami-ñouse a Ponte Deva. Pasou Mañoi, povo da freguesíade Pau, e de aquí foi á Fonte Branca desde onde foi aCalvos, Ponte de Medeiro, Río Tuño, até onde haiunha legua e media. Continuou até o priorato de SanSalvador de Paizás a onde chegou de noite. O Xoves23 saíu de Paizás para Celanova que dista unha leguae media. Pasou por Casardeita, ermida de SantaAgueda, Gandarela e Castromao, para chegar ao mos-teiro de San Salvador e freguesía de San Verísimo. O27 subíu ao monte Poxares que está a mediodía deCelanova. O 29, saíu de Celanova para o priorato deBande, pasando polo Burgo, Cañón, San Lourenzo;Gontán e a freguesía de Brea ou Verea despois depercorrer unha legua e media chegou ao priorato deBande. Pola tarde saíu a ver Santa Comba de SanTorcuato e os Baños de Bande. Hai unha legua aSanta Comba. De Santa Comba volveu a Bande por

Page 5: tres ríos:o Míño que vai de Oriente a Poñente, o Barbaña ... · Pedrayo dinos que é o máis galeguista de todos os Precursores.Trátase dun perfecto coñecedor da arte ouren-sá

84~

noite. O 7 de Novembro, venres, saíu da Rúa ou deSan Estevo de Valdeorras para a Ponte de DomingoFlórez, río e Ponte Rodilleira,Proviña,Mazuco,Castrode Valdeorras. Ao outro lado Entoma e na freguesíade Entoma,a unha legua Ponte Nova con 7 arcos queé a freguesía de Casaio que xa é da Cabrera. Pasadoo río, á direita a freguesía de San Xoán e a unha leguaa Ponte de Domingo Flórez na provincia de León.Axurisdición sobre a Ponte de Domingo Flórez exer-cea o Marqués de Vilafranca. Deste longo percorridodános múltiples detalles, inscripcións, topónimos,nomes de barcos e barcas, de camiños, de casas, decastros, de prioratos, de pontes, de ríos, de torres ecastelos, de vales, de vendas e dos vexetais e das her-bas curativas e medicinais que hachou ao seu paso edános tamén múltiples noticias folclóricas.

3. V ISTAS PANORÁMICASE PAISAXÍST ICAS

Na primeira viaxe descríbenos o alto do Paraño con unverdadeiro mirador cara a direita onde queda Becoñae o camiño que sube á Fenteira e á esquerda onde se

asenta Porto Pereiras e a freguesíade Xendive. Desde a Ponte de SanClodio dinos que se divisa PenaCorneira. Do río Miño dinos queven entre montañas altísimas comoo Couto Novelle. A unha legua daPonte de San Clodio dinos quequeda a famosa Pena Corneira queel di que non viu. Di que á esquer-da do río Avia queda Cabanelas,Gomariz, San Clodio, San Lourenzode Pena, a aldea de Cuñas, SanAndrés de Campo Redondo e oConvento de Franciscanos deRibadavia. Dinos que a unha leguada Vila de Ribadavia está o mosteirode Melón e antes de comezar asubir a costa queda Francelos,ondenon cita para nada a capela de SanXes. Describe Arnoia como unhacazola rodeada de montes altísi-

mos. Unha vez no priorato de Refoxos dinos que aonoroeste queda Melón a dúas leguas de distancia e adúas leguas ao poñente a costa de Filgueira e ao sures-te San Gregorio en Portugal. Do mosteiro de Celanovadinos que ten un precioso tomo de folio de pergami-no escrito en latín “tumbos ou becerros”.De Ourensecidade dinos que ten tres ríos: o Míño que vai deOriente a Poñente, o Barbaña, que descorre deMediodía ao Norte e o Loña de Oriente a Norte.

Na segunda viaxe dinos que a parroquia do Condadoestá debaixo do monte Bustelo, confinante co curatode Padrenda. Desde Fonte Branca dinos que se desco-bre un inmenso país:ao nordeste Escudieros,e a Torree Castelo de Sande e os montes de Arnoia, ao poñen-te e algo ao norte Pena Corneira, como o Pico Sacro.Máis alá o Suido Redondo. 0 Faro de Melón e a altísi-ma cordillera da Franqueira, Cañiza e Paradante ouPedra da Anta. Tamén nos describe o Monte de SanSalvador o Monte Poxares onde estaba a neveira domosteiro de Celanova.Desde alí,casi ao nordeste veseCabeza de Meda e San Mamede, cara o oriente osmontes de Caldelas. Despois os montes deMontederramo e ao sureste a Segundeira con neve.

L E T R A S G A L E G A S

... pola tarde saíu a ver Santa Comba de San Trocado e os Baños de Bande

O obxectivo das súas viaxes non era só recoñecer os

diversos lugares Xeográficos e recoller mostras de

Historia Natural de Galiza nos seus tres reinos: vexetal,

animal e mineral, senón tamén era o de poñerse en

contacto coa fala do povo sinxelo e coa lingua galega

que el mamara de pequeno.

Page 6: tres ríos:o Míño que vai de Oriente a Poñente, o Barbaña ... · Pedrayo dinos que é o máis galeguista de todos os Precursores.Trátase dun perfecto coñecedor da arte ouren-sá

Ao mediodia,ao lonxe,un alto monte en figura de baúl naAlta Limia e do lado de alá Portugal e do de acá o Val de Salas,Baltar e o priorato de Ribeira. Ao sureste o camiño deEntrimo, Lobios onde está a alfándega de Galicia. Máis apoñente as Gralleiras e ao poñente outra serra que chamanPena Gache, sobre San Miguel de Bangueses.Acabada aserra de Pena Gache a vista vai direita aPedra Anta que está no último da Serrada Cañiza. Franqueira, Mourentán.Despiede perto do máis alto da SilvaEscura que vai rematar á Fonte Branca ea un lado o Castromao, que non quita avista, por riba vense os montes deMelón.Pena Corneira e o Couto Novellecos montes de Arnoia, cara nós o famo-so Castelo de Sande e o priorato deMontes. Ao noreste, cara o norte asserras de Suido, Seixo, Paraño e o Farode Chantada. Tamén se ve parte domonte Leboreiro e de lado a Cordillerada Nosa Señora do Viso e de frente a altacordillera das Gralleiras. Desde o povodo Pazo, onde está a Casa dos Pugas, enSanta Mariña de Augas Santas, vese PenaCorneira e toda Serra do Eixo, Suido,Cañiza. En Rocas, subíndose ao alto daigrexa vese infinito país.

As Gralleiras,Pena Gache,o Suido Seixo,Paraño,Farode Chantada, no alto da costa de Sadur tamén se veinfinita terra como son Serras de Queixa,Alto de SanMamede, Alto da Segundeira, Baltar, Pena Gache,Cralleiras, Serras do Suido, Seixo, Faro, Cabeza deMeda, Castelo da Pena, a Limia, Torre de Sandiás,Montes de San Marcos de Allariz,Terra de Xunqueirade Ambía, Terra do Castelo de Maceda, e as peñasOrientais de Rocas.

En Pedra do Sol dinos que á esquerda vese un grandetreito do río Sil, inmediato a el está a barca de Gundín,abaixo Amandi que ten unhas ladeiras escarpadísimasdo lado de Monforte adornadas de viñas e máis ao alto,ao nordeste está Doade.Vese Cabeza de Meda.En fren-te de Paradela, ao outro lado do río Sil está Lais sobreParadela e Paradela sobre o río Sil, ao norte. E aoPoñente Lais que está sobre Santa María de Aveleda esobre o río que baixa de Camba sobre a Ponte Caballar,que en privilegio se chama Río Banalzo. En frente deParadela, ao outro lado do Sil está Doade, priorato deMonforte.Dinos que o río Banalzo baixa de Camba porbaixo del: Castro Caldelas recibe ao río de Lumiaresque se xunguen na ponte de Lumiares, e os tres xun-tos entran o río Sil perto da barca de Paradela.

Nas súas viaxes ocúpase de dúas cousas á vez: defacer unha investigación persoal e directa e devisitar os especialistas e os sabios aveciñados noslugares por onde pasaba, aos que acudía paraaprender o que non sabía e aquelo que non tiñasuficientemente contrastado. Tamén empregou

parte do seu tempo en ler documen-tos antigos chamados “Tumbos ouBecerros”.

O obxectivo das súas viaxes non era sórecoñecer os diversos lugaresXeográficos e recoller mostras deHistoria Natural de Galiza nos seus tresreinos:vexetal,animal e mineral– senóntamén era o de poñerse en contactocoa fala do povo sinxelo e coa linguagalega que el mamara de pequeno erecoñecer as voces entón xa poucousadas. Dinos que el centraba a súaatención na lingua e na historia cosseus dous aspectos: humano, do queestudiaba as antiguedades, as inscrip-cións romanas e medievais; e natural,aspecto do que recolleu múltiples mos-tras de prantas.Fixo catálogos de vocese frases galegas das terras por onde

L E T R A S G A L E G A S

El foi quen valorou por

primeira vez a

literatura oral,

o folclore e a medicina

popular.

Fixo catálogos de voces

e frases galegas das

terras por onde pasaba,

dos seus accidentes

xeográficos, das pontes,

das barcas e os ríos,

das vías de

comunicación, da

agricultura, dos

mosteiros e prioratos.

... e baixou a Allariz, vila con castelo, murallas e con-vento feminino.

85~

Page 7: tres ríos:o Míño que vai de Oriente a Poñente, o Barbaña ... · Pedrayo dinos que é o máis galeguista de todos os Precursores.Trátase dun perfecto coñecedor da arte ouren-sá

L E T R A S G A L E G A S

Do mosteiro de Celanova dinos que tenun precioso tomo de folio de pergamino

escrito en latín ‘tumbos ou becerros’.

Non se esquece tampouco da gastronomía nen do

mundo mítico e máxico galego, das súas voces

baixas ou deshonestas dos apodos, nen das

propiedades curativas de certas prantas como a

carqueixa, nen das linaxes, nen dos mosteiros, os

señoríos e as xurisdiccións e dos povos de cada unha

das parroquias por onde pasa.

4. DESCRIPCIÓNS DOS EDIFICIOS MÁISSINGULARES DO RECORRIDO

No recorrido da súa segunda viaxe deíxanos des-cripcións detalladas dos edificios emblemáticos cosque tropeza ao seu paso.

4. 1. A igrexa de Santa Comba de San Torcuato.Dinos que dentro hai catro columnas de alabastro dearquitectura romana, que foron traídas de outraparte. Á entrada hai un pedestal do mesmo e unhataboa tamén de alabastro que veu de outra parte e deoutro edificio. Dinos que hai unha capela, un sepul-cro moi grande coa súa tapa de pedra, conmármol, e din os naturais que é o de SanTorcuato. El dinos que pensa que todoo que nos enumerou sería parte dealgún edificio antigo.

pasaba, dos seus accidentes xeográficos, das pontes,das barcas e os ríos,das vías de comunicación,da agri-cultura, dos mosteiros e prioratos. Non se esquecetampouco da gastronomía nen do mundo mítico emáxico galego, das súas voces baixas ou deshonestas,dos apodos, nen das propiedades curativas de certasprantas como a carqueixa, nen das linaxes, nen dosmosteiros, os señoríos e as xurisdiccións e dos povosde cada unha das parroquias por onde pasa. Nas súasviaxes dános múltiples detalles do poderíoeconómico de moitas freguesías, dosseus bens, dos seus límites e dospovos que as compón. Cita as dis-tancias recorridas, expresadas sem-pre en leguas, as torres, os castelos ealgunhas linaxes, como a casa dosFeijóo no Mato,parroquia de Vila Novade Allariz e da dos Pugas no Pazo,parroquia de Santa Mariña de AugasSantas. Tampouco escatima detallesde todo tipo como cando nos descri-be a Xurisdicción de Bande.

86~

Subiu a costa de Castro Caldelas.

Page 8: tres ríos:o Míño que vai de Oriente a Poñente, o Barbaña ... · Pedrayo dinos que é o máis galeguista de todos os Precursores.Trátase dun perfecto coñecedor da arte ouren-sá

87~

4.5. San Pedro de Rocas.Dinos que a igrexa famosa de Rocas está excavada napedra e que ten tres naves.A do medio duns 50 pésde longo, as colaterais son menores.A igrexa ten tresportas.

4.6. O priorato de Tribis.Trátase dun priorato que foi antes mosteiro de monxasbenedictinas e que o seu prior ten rollo e xurisdicción.

4.7. Nosa Señora das Ermidas.Dinos tamén que é un edificio magnífico. Igrexa detres naves, con dúas torres e unha fermosa fachada.Todo en pedra de sillería. Tamén di que arrimada ácapela maior polo poñente hai un inmenso penedo eque a igrexa mira ao oriente.Ten moitos adornos pordentro. Está sobre o río Bibei, que corre de oriente aponiente. Describe con todo detalle o entorno.

L E T R A S G A L E G A S

En Rocas, subíndose ao alto da igrexa vese infinito país.

O 6 de Setembro saiu para o Santuario das Ermidas.

Nas súas viaxes ocúpase de dúas cousas á

vez: de facer unha investigación persoal e

directa e de visitar os especialistas e os

sabios aveciñados nos lugares por onde

pasaba, aos que acudía para aprender o

que non sabía e aquelo que non tiña sufi-

cientemente contrastado.

4.2. Os baños e a igrexa de San Juan.Unha vez vista Santa Comba, dinos que volveu aBande por San Xoan de Baños, que dista medio cuar-to de legua de Santa Comba.Tamén informa de quea igrexa de Baños é nova. Os baños que están aonorte dela son de auga quente. Perto dos baños e daigrexa descóbrense cabando,pedras labradas e dinosasimesmo que alí hai varias pedras con letras e queviu unha con catro renglóns.

4.3. O priorato de Ribeira.Na igrexa e casa do priorato de Ribeira dinos que seachan tres pedras,dúas dos romanos e unha dos godose que atopou outras con varios renglóns escritos.

4.4. Os Fornos de Santa Mariña e o Castro de Armeá.Dinos que pasou a ver a igrexa de Santa Mariña, coasúa capela a parte e alí o pozo e a Fonte xunto á igre-xa. Baixou a ver o que chaman os Fornos, que segun-do el é a antiga igrexa de Santa Mariña.

Perto desta igrexa está o Castro de Armeá e no cen-tro hai edificios e perto un pilón con auga. O pilónparece excavado na pedra.Tamén nos di que volven-do polo lugarciño de Armeá ao Pazo viu á esquerda,xunto á xanela dunha casa un pedazo de pedra conletras romanas e que a pedra está volta ao reves.