traballo tema 4 sociais
TRANSCRIPT
O ESTADO COMO ORGANIZACIÓN POLÍTICA DA
SOCIEDADE
ESTADO: é o conxunto das institucións creadas para regular a vida e mais a actividade das persoas que viven nun territorio delimitado e común, e que están gobernadas por unhas mesmas leis baixo un mesmo poder.
O TERRITORIO
É o elemento físico do Estado sobre o que este exerce o seu poder. O territorio estatal adoita estar ben delimitado por unhas fronteiras que permiten distinguilo doutros Estados e dos seus territorios.
Máis alá das fronteiras, o Estado non pode adoptar decisións nin impoñelas pola forza. Se estas regras non se respectan, prodúcense conflictos entre os Estados.
A POBOACIÓN
As persoas que viven no territorio dun Estado están sometidas ao seu poder e ás súas leis: os dereitos e as obrigas afectan por igual a todos os cidadáns de cidadás.
As persoas vinculadas a un Estado non teñen que compartir de forma necesaria uns mesmos trazos sociais, políticos e culturais. É habitual que nun mesmo Estado convivan persoas de culturas diferentes e mesmo de diversas nacionalidades.
O PODER
O que caracteriza ao Estado é o dereito ao poder. No exercicio do poder, o Estado debe realizar diversas funcións:
● Establecer as leis que regulan as relacións sociais da poboación do Estado. Nos países democráticos, estas leis elabóranse no Parlamento.
● Vixiar polo cumprimento das leis e administrarlle a xustiza á sociedade a través do poder xudicial.
● Manter a orde no interior do seu territorio e responsabilizarse tamén da súa protección exterior, para iso, dispón de forzas e corpos de seguridade: policía e exército.
● Desenvolver a política exterior, isto é, establecer relacións internacionais con outros Estados.
● Recadar impostos; con eles o Estado financia os servizos e as infraestruturas nacionais, proporciona as axudas para fomentar a igualdade entre os diversos territorios e establece as prestacións da Seguridade Social ( subsidio de paro, asistencia médica).
● Dirixir a economía, mediante leis que regulan a actividade empresarial e o mercado laboral.
● Administrar os servizos públicos, como a educación e a sanidade, e xestionar as infraestruturas e os equipamentos colectivos, como as estradas e autoestradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, encoros, etc.
COÑECER A ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
A administración: é o conxunto de organismos necesarios para que o Estado exerza as súas funcións. As persoas que traballan para o Estado están integradas en corpos ou grupos dedicados a labores relacionados coa xustiza, a sanidade, o ensino, a seguridade,a economía, as obras públicas, etc.
● A meirande parte das persoas que traballan para a Administración son funcionarios de carreira, que acceden ao seu posto de traballo por oposición, isto é, mediante un exame que valora a capacidade e mais o mérito de cada aspirante a funcionario; entre eles hai técnicos, administrativos, etc.
● Unha parte moito máis reducida dos labores administrativos está desempeñada por persoas da confianza do Goberno que ocupa o poder nese momento. Xa que logo, son cargos políticos que cambian cando as circunstancias políticas varían.
O EXERCICIO DO PODER. A DEMOCRACIA
COMO SE EXERCE O PODER.- Os Estados Democráticos: a soberanía do pobo.
ELEMENTOS DO ESTADO DEMOCRÁTICO
● Un Estado Democrático é: cando os cidadáns e as cidadás participan nos labores do goberno.
● Hai dous tipos de democrácia: democrácia directa e democrácia representativa.
● As eleccións para que sexan democráticas deben cumprir catro requisitos esenciais: deben ser libres, deben ser plurais, deben realizar o sufraxio universal e deben ser periódicas.
OS PARTIDOS POLÍTICOS
Os partidos políticos preséntanlles aos cidadáns os seus programas electorais, nos que recollen os obxectivos que se propoñen acadar se acceden ao poder, e os candidatos e candidatas que concorren ás eleccións. Os cidadáns co seu voto, escollen unha das opcións políticas ou votan en branco.
A DIVISIÓN DE PODERES
Nos réximes democráticos existe a división de poderes, para que ningunha institución acapare todo o poder:
● Hai tres tipos de poderes:
- Poder lexislativo.
- Poder executivo.
- Poder xudicial.
ESTADOS DEMOCRÁTICOS E NON DEMOCRÁTICOS
DIFERENTES TIPOS DE ESTADOS DEMOCRÁTICOS:
● Monarquías parlamentarias: a máxima autoridade téñena o Rei e a Raíña, pero a soberanía tena o pobo.
Hai un cargo vitalicio e un hereditario, representa ao Estado pero non goberna.
● Repúblicas Parlamentarias: O xefe de Estado é o Presidente da República. O Goberno pode estar en mans do presidente.
ESTADOS LIBERAIS E ESTADOS SOCIAIS
● Estado liberal: procura non interferir na economía das empresas nin nas relacións sociais, e defende a lei do mercado.
● Estado social: defende a necesidade de intervir nalgúns ámbitos económicos e sociais. E a cuxa finalidade é conseguir a maior igualdade posible entre todos os cidadáns e cidadás.
ESTADOS CENTRALISTAS E ESTADOS DESCENTRALIZADOS
● Un Estado exerce o poder dunha forma centralizada, cando as decisións que afectan os territorios integrantes do Estado as toma o Goberno central. Este é o caso de países como Francia e Polonia.
● Un Estado exerce o poder dunha maneira descentralizada, cando o comparte cos diferentes territorios que o integran, e delega neles competencias. Alemaña, coa súa organización en Estados federados o Länder, é un exemplo de Estado descentralizado.
ESTADOS NON DEMOCRÁTICOS
Acadar a democrácia foi unha tarefa longa e difícil, e supuxo numerosos conflictos políticos e sociais. Tanto no pasado coma na actualidade, existen países onde o poder o exerceu ou o exerce unha soa persoa ou un grupo privilexiado, que decide segundo os seus intereses. Isto acontece:
● Na monarquía absoluta, aquela na que o Rei concentra todo o poder ( ditas leis, goberna e xulga ) ou escolle directamente os que han de exercer estas funcións no seu nome. Estes monarcas afirman que actúan en nome de Deus. Exemplos de monarquías absolutas son Arabia Saudita e Omán, en Asia.
● Na ditadura, que é un réxime no que unha persoa, co apoio dun partido político, un grupo étnico ou o exército, goberna cun poder absoluto. As ditaduras foron frecuentes nos
O ESTADO: ENTRE A GLOBALIZACIÓN E A REXIONALIZACIÓN
O ESTADO COMO ORGANIZACIÓN POLÍTICA E SOBERANA.
● O Estado ten o exercicio exclusivo do poder e da soberanía:
- Rexionalización.
- Globalización.
O ESTADO E A GLOBALIZACIÓN
Hai catro tipos de globalizacións:● Globalización da economía.● Globalización nas novas tecnoloxías da
información.● Globalización do sistema mundial.● Globalización das organizacións
supranacionais: EE.UU.
O ESTADO E A REXIONALIZACIÓN
Ao mesmo tempo que se constrúe un mundo global, medran en importancia os espazos locais e rexionais. Esta situación, aínda que poida semellar contraditoria, considérase que forma parte do mesmo proceso de globalización.
Esténdese por local ou rexional, aquel territorio que ten unha actividade económica ben desenvolta e unha personalidade cultural e social ben diferenciada.
TIPOS DE REXIÓNS
A tripoloxía rexional é diversa. Algúns espazos rexionais son:
● Nacións, como Quebec ( Canadá ).● Rexións consolidadas e diferenciadas, como
Baviera ( Alemaña ).● Grandes áreas urbanas ou cidades globais,
como Nova York, Tokio e Londres.
PRICIPIO DE SUBSIDIARIDADE
É un principio polo cal as institucións máis próximas á cidadanía toman determinadas decisións.
O PAPEL DO ETADO NA ACTUALIDADE
O espallamento de competencias levou o Estado a perder a súa exclusividade no exercicio do poder. Aínda así, os Estados manteñen a súa relevancia aínda que algunhas das súas funcións cambiasen:
● Coordinadores, distribuir a competencia e a riqueza, o cumprimento das leis e da igualdade de dereitos e de deberes.
● O mantemento das ifraestruturas.
TRATADOS, DECLARACIÓNS E ORGANIZACIÓNS
TRATADOS, CONVENIOS E DECLARACIÓNS INTERNACIONAIS DE DEREITOS.
● Tratados e convenios internacionais.● Declaracións internacionais de Dereitos
Humanos.● Declaración dos Dereitos da Infancia.● Declaración sobre a Eliminación da
Discriminación da Muller.
ORGANIZACIÓNS SUPRANACIONAIS
● Unión Europea.
● ONU.
● Ámbito mundial ou continental ou rexional.
● OMC.
AS ONG COMO REDES INTERNACIONAIS
Moitas das ONG que existen actualmente convertéronse en poderosas organizacións especializadas:
● Accións humanitarias: Cruz Vermella, Manos Unidas, Intermón-Oxfam e Médicos sen Fronteiras.
● Dereitos Humanos.● Protección da natureza e a denuncia da
destrución do madio natural: Greenpeace e WWF ( World Wild Find ).
O PESO CRECENTE DAS ONG
A crecente forza das ONG débese ao papel esencial que cumpren para satisfacer necesidades ou proporcionarlle servizos á poboación, naquelas rexións onde os poderes políticos estatais non realizan estas funcións:
● Problemas de urxencia e necesidades.● Desenvolvemento integral das persoas.● Conciencia e responsabilidade.
ÁMBITOS CULTURAIS DO MUNDO
A CULTURA E AS DIFERENZAS CULTURAIS.
- Cultura: conxunto de costumes, de coñecementos e de formas de vivir que un grupo de persoas sente como propio e, ao mesmo tempo, diferente dos doutros grupos.
● Diferenzas culturais e a diversidade cultural.
● O pluralismo cultural ou multiculturalidade.
● Territorio.
● Internacionalidade.
A CULTURA DE MASAS E DE CONSUMO
● Cultura de masas.
● Mesmas pautas de consumo.
● Culturas locais ou tradicionais.
● Rápidos.