textos 50 anos de letras galegas

51
50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

Upload: normalizacion-ies-ponteceso

Post on 19-Mar-2016

241 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

TEXTOS DOS 50 AUTORES

TRANSCRIPT

Page 1: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

50

ANOS DE LETRAS

GALEGAS

Page 2: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1963

¡Follas novas!, risa dame ese nome que levás

cal si a unha moura ben moura branca lle oíse chamar.

Non Follas novas, ramallo de silvas e toxos sós,

hirtas coma as miñas penas, feras, coma a miña dor. Sin olido nin frescura,

bravas magoás e ferís…

¡Si na gándara brotades,

cómo non serés así!

ROSALÍA DE CASTRO

Page 3: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1964

"O pai de Migueliño"

O pai de Migueliño chegaba das

Américas e o rapaz non cabía de

gozo no seu traxe festeiro. Migueliño

sabía cos ollos pechados como era

o seu pai; pero denantes de saír da

casa botoulle unha ollada ó retrato...

CASTELAO

Page 4: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1965

Despois do duro combate,

Q' o nobre celta Folgar,

Contra do esquivo romano,

Librôu de Xallas no chan;

En que tantos esforzados,

Perdéno a luz xogoral;

No medio da esquiva gandra,

Asomellante ó estrelar,

Que s' apaga receoso,

Do monte Meda detrás;

Morría a linda Maroñas,

D' unha ferida mortal

No branco peito, cal rosa

Cortada do vento soán.

EDUARDO PONDAL

Page 5: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1966

Eu soñey ver n'a cume d'o Pindo,

Adornados de mirto e loureiros,

Escritores poetas guerreiros,

Que sorrindo se daban a man.

Eran eses os fillos mais caros,

Que d'a Patria aumentaron a gloria:

Os seus nomes n'os fastos da historia

Con diamante grabados serán.

E dimpois un-a endrómena rara

Vin moverse con agoa fervente

E silvando com'unha serpente,

Como un lóstrego os campos cruzou.

Era aquel o porvir que xa soa

E d'as probes aldeas fay vilas...

Adios cantos e Musas tranquilas!

O imperio d'a industria empezou.

FRANCISCO AÑÓN

Page 6: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1967

O MAIO Aquí ven o mayo

De frores cuberto...

Puxéronse á porta

Cantándome os nenos;

Y-os puchos furados

Pra min estendendo,

Pedíronme crocas

D'os meus castiñeiros.

Pasay, rapaciños,

Calados e quedos;

Q' o qu' é poI-o d'oxe

Que darvos non teño.

Eu són vol-o probe

D'o povo gallego:

Pra min non hay mayo,

¡Pra min sempr' é inverno!....

Cand' eu m'atopare

De donos liberto

Y-o pan non me quiten

Trabucos e préstemos,

E com' os d'o abade

Frorezan meus éidos,

Chegado habrá estonces

O mayo q'ueu quero..

Querédes castañas

D'os meus castiñeiros?...

Cantádeme un mayo

Sin bruxas nin demos:

Un mayo sin segas,

Usuras nin preitos.

Sin quintas, nin portas,

Nin foros, nin cregos

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Page 7: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1968

Galicia foi o cabo dun dos tres grandes camiños

de pelerinaxe da Edade Meia, e toda a corrente

de penitencia, de arte e de esprito que escorría

por ise camiño erguéu a súa mellor obra e

pronunciou as súas mellores palabras na basílica

compostelá, fruto sazoado do traballo de moitas

razas e do pasar de varios séculos. Galicia tivo

reis de seu, coma os monarcas suevos, como Don

García, Don Ordoño e Don Sancho Ordoño; e

cando lle faltaron reis, contou con grandes

señores que a gobernaron con forza e decisión

(…).

Galicia Sempre

FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS

Page 8: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1969

Vago xirón de brétema, atavío

soberbio de irta xesta, reidora,

fulgurante doíña de rocío

(pazo do sol e lágrima da aurora);

raiola de lunar que bica o río,

flor mareliña que entre espiñas chora,

ou das redes da a araña un tenue fío,

toda humilde beleza me namora.

É un vermiño de luz o amigo caro

do meu nume saudoso... Antes reparo

na nudez adorable dunha estrela

que nas rosas dos vales, que sorríen,

que nos mantos dos pinos, que se engríen,

que nas blondas do mar, que se rebela.

Do ermo

ANTONIO NORIEGA VARELA

Page 9: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1970

Establecido en Santiago, tempo antes d'o en qu'esta

historia empeza, un caballero honradísimo, militar

retirado, que conoceremos aquí baijo o título de señor

de Sancti-Petri; establecido, decimos, co-a sua señora

e unha filla, ben pequena estonces, resideu alí

contento una porcion d'anos, ja por estar entre

parentes achegados, ja porqu'o fino trato d'a

aristocracia compostelana ll'aplacia; así e que case de

cote andaba entre condes e marqueses, frecuentaba

os seus palacios, asistia as suas reunions, era socio

d'os seus círculos; mais non por eso se desdeñaba

d'andar tamen entr'a gente non titulada, nin de

concurrir (…).

Máxina ou a filla espúrea

MARCIAL VALLADARES

Page 10: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1971

Os pinos montañeses dan aos ventos

cantigas vagorosas,

bordadas con queixumes e lamentos

nas tardes bretemosas.

No texido sutil do miúdo orballo

luce o arco da vella as súas cores,

e nas despidas pólas dun carballo

un negro corvo canta os seus amores.

Fungan os toxos feros remexendo

os aguillóns firentes

dos seus hábitos pardos, e, correndo

nas aas dos ecos, marchan súas queixas doentes.

O líquido cristal que a branca escuma esmalta,

da doira resoante,

coma serpe de prata corre e salta

despedido do cume do petouto xigante.

Pola senda que brila coa brancura dos seixos,

vai un pesado carro

de cantadores eixos,

que se atasca de súpeto no barro.

Coma unha estatua, o mozo carreteiro

parado queda diante os bois marelos:

Asomella a un guerreiro

que as brétemas envolven cos seus velos.

Con brazo forte e ademán sereo

move a aguillada dunha noutra banda,

e o mesmo que se fora un dios do ceo

fala, tiran os bois e o carro anda.

Alento de raza

GONZALO LÓPEZ ABENTE

Page 11: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1972

MARIA PITA

Nos murallós d'a Cruña erguéo airosa

A frente sua diante d'o estranxeiro

Sostiña n'unha mao, taxante aceiro,

N'outra mao, á bandeira victoriosa:

Así loitóu valente e xenerosa

Corpo a corpo c'o ingrés que osóu primeiro;

Domeñar o valor d'o chan Ibeiro,

Pra mor iniquidá n'a terra nosa.

'O fin vencéo; á causa d'a xusticia

Contra á torpe invasion forza é que venza;

Trunfou o patriotismo d'a codicia:

Sépian cantos nos ven con indifrenza,

Que tamen hay mulleres en Galicia

Que loitan pol-a nosa INDEPENDENZA

VALENTÍN LAMAS CARVAJAL

Page 12: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1973

Inverneiras

Craro sol de lanzas de ouro,

lavarada, que alcendida

nos espazos,

de lus vertes un tesouro,

i eres fogo, i eres vida;

craro sol,

¿por qué tapas o teu rostro

que no agosto

queima en touzas e ribazos

as folliñas da herba mol?

MANUEL LAGO

Page 13: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1974

A NOSA LINGUA

I

Galegos, amade a vosa língua, porque ela é un rico

tesouro oculto! Amádea, faládea, cultivádea;

desenterrade o tesouro que garda o gigante alarbio da

tiranía.

II

Fonte de fraternidade universal, únenos cos pobos de

raza afin, co'os que teñen os mesmos verbes e a mesma

historia, co'os que se espallaron pol-os mares en linda

coroa. Fonte de fraternidade, a nosa língua será base

para unha grande Iberia. Fonte de fraternidade, fará que

as ideias e sentimentos humáns fluyan e batan nos

nosos espritos dende a remota e legendaria India â Africa

exhuberante e areosa e as selvas e planicies de América.

Noso esprito, como un deus antigo, terá duas caras e

ollará dous mundos.

XOHÁN VICENTE VIQUEIRA

Page 14: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1975

A Galicia

Óu Galicia, Galicia boi de palla Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro!

O aguillon que che menten è de aceiro E con el muita forza te asoballa.

No lombo teu zorrega, bate e malla Fasta o máis monicreque ferrancheiro,

E calesquer podenco forasteiro Te vafa, de vergonza sin migalla! Agarima alleeira eses ingratos

Ou vívoras que postas ò teu peito Co ferrete che rompen mil buratos!

Si o sangre teu refugas do teu leito, Malas novas, madrasta de insensatos, Dos fillos teus ò amor non tès dereito.

XOÁN MANUEL PINTOS

Page 15: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1976

¡Ou meu sono labrego! Unha casiña preto do río, ó abrigo dos pinales, con piorno e alboios nos currales

e palleiros na eira e na curtiña.

Ó pé da casa un muíño cantareiro ó son da lira de ágoa que enche o caño,

baixo o maino agarimo dun castaño e os amorosos brazos dun cruceiro.

Todo ó longo da aberta do muíño

tortas e vellas cepas de albariño cos asios mestos no bendito outono.

E un ferrado de terra por facenda pra prantío e xardín, libre de renda,

diesmo a Dios, sin foreiro nin máis dono.

Vento mareiro

RAMÓN CABANILLAS

Page 16: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1977

Eu xa fai tempo que ando a dicir que axiña non haberá na Galiza

máis que unha só aristocracia - aristocracia de pensamento, non de

sangue -, aristocracia ou aristarquía, si vos parece millor, a do

galeguismo; a que leva por bandeira e por escudo o "orgullo orixinal"

simbolizado no emprego da lingua materna, que é o supremo froito

de diferenciación da lingua materna, que é o supremo froito de

diferenciación da raza á que perteñecemos. O galego culto que hoxe

se esprese en galego, por ese só feito demostra levar na ialma un

nidio sentimento de libertade; un nobre afán de asolagar a súa

intelixencia nas augas vivas do traballo enxebre co fin de lles dar o

tempero perciso para que poidan fecundar mortas terras, cheias de

lixos de escravitude, trocándoas en viveiros de vizosa democracia. A

medida que o galeguismo vai encentando concencias novas e póndoas

a xeito coas relidades da terra, é doado decatarse de que outras

moitas cousas que parecían grandes cousas camiñan cara ó deserto

por ocas i estériles, inda que fagan tanto ruído coma o tambor

valeiro da parábola de Tolstoi. Eu penso que as únicas saetas que

van sempre rectas a furar o branco do futuro son aquelas que se

lanzan valéndose do arco da nosa lingua, xa, que só entón

mostrámonos orixinaes. "

ANTÓN VILAR PONTE

Page 17: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1978

Este estaba en tres grandes salóns a

continuación un do outro e o último

entestaba ca torre. O outro corpo de casa

soilo tiña un salón, que tamén

comunicaba como os outros co segundo

piso da torre. Todo ao redor había unha

forte muralla tamén almeada, e arrimadas

a ela estaban as caballerizas, o graneiro, a

leñeira, a palleira e outras dependencias

da casa.

O Castelo de Pambre

ANTONIO LÓPEZ FERREIRO

Page 18: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1979

O CARTAFOL D' O VENTO

O vento perdeu as follas

d' o seu cartafol

- Esas que os chubascos

mecanógrafos

tecolean n' o manual d' os matros?

As gavotas non teñen quitasol

pero fan raudos equilibrios

polo aramio transparente

de tódalas ortodrómicas d' o ceo

O pailebote sin velas

- serán esas que o vento

levou n' o seu cartafol?

tamén fai equilibrios n' o ronsel

C’ a boca aberta

- caille a baba -

está mirándonos o babión d' o Sol.

De catro a catro

MANUEL ANTONIO

Page 19: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1980

CANTIGAS DE SANTA MARÍA (frag.)

Da que Deus mamou leite do seu peito

non é maravilla de sâar contreito.

Desto fez Santa María miragre fremoso

ena ssa eigreja'n Lugo, grand'e piadoso.

por hûa moller que avía tolleito

o máis do seu corp'e de mal encolleito:

Da que Deus mamou leite do seu peito

non é maravilla de sâar contreito.

Que ámbalas súas mâos assí s'encolleran

que ben por cabo dos ombros todas se meteran.

e os calcannares ben en seu dereito

se meteron todos no corpo maltreito.

Da que Deus mamou leite do seu peito

nan é maravilla de sâar contreito.

AFONSO X O SABIO

Page 20: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1981

O Dr. Alveiros tivo que trocar o xuicio que fixera do seu

comunicante. Agora vía que era un erudito y-un ocultista.

Naquela carta había unha cousa que lle chocou: "O qu'eu

quero e volverll'a un corpo seco y-enfaixado, a libertade de

movementos "de que gozan os que non foron tratados por

tan bárbaro procedemento". Y-esto ¿a que viña?

O Alveiros decidíus'a lle tirar da lengoa a un seu amigo

anticuario que nin escribía ni case falaba con ninguén e que

vivía preto da vila n'unha finca. Y-alá foi o Alveiros.

Asomou pol-a cancela e perguntou â irmá do anticuario, que

ll'andaba botando millo âs pitas. Levárono ô despacho,

ond'o sabio, sentado â camilla, ollaba un papyro. O sabio

imitábase moito a Monensen: as mesmas guedellas y-as

mesmas antiparras.

- Séntate, Alveiros... Non sabes o que teño eiquí: non hai

cousa com'ela no mundo, non hai quen teñ'outra com'esta.

Por sere tí, ensíñocha, pero non ha de vela mais ninguén.

Ven pr'eiquí, olla este papyro ¿que che parés? Eche úneco, é

o mais vello que s'atopou hastra hoxe, y-ademais, olla eiquí:

Antremedio do testo xeroglífico, tiña us garabatos que non

eran de ningunha das escrituras coñecidas...

Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros

VICENTE RISCO

Page 21: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1982

MISA DA MAÑAN

Cinguen anelos ridentes

nos dediños da mañán,

toda de branco vestida,

pois vaise casar có mar,

as campanas da parroquia,

vella madriña aldeán.

Os milleiros se axionllan

n'unha devota oración,

qu'antr-o berce das montanas

vai nacer o novo sol.

O vello rio da aldea,

madrugador e gaiteiro,

trenqueando os brancos zocos

vai a misa co luceiro.

Pol-os campos perguiceiros,

a baldada campaíña

bautiza a alma da paisaxe

con choiva d' auga bendita.

Os verdes campos sensuales

fuman o opio do día.

LUÍS AMADO CARBALLO

Page 22: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1983

Todos me dicen que espío,

Que logo me leva o aire;

Y-a culpa tenma un nubeiro

Que se me puxo por diante.

Con me casar como quixen,

E tel-o ceio n-a casa,

n 'hay noite que non me acorde

D'as noites de muiñada.

¡Dios che pague a tua esmola,

Cariña de repinaldo!

Non che coidei que tiveses

Corazonciño tan brando.

Anque che son d'a Montaña,

Andoche ben limpa e fresca;

que, anque che son d'a Montaña,

n on che son d'as carrachentas.

Cantares gallegos

MANUEL LEIRAS PULPEIRO

Page 23: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1984

MOURENZA

LANCE DRAMÁTICO NUN AUTO

Figuras

MADANELA

LUMIA

RAPETA

BREIXO

XELO

ESPADARTE

Pásase na beiramar. Época de agora. Dereita e esquerda, as do púbrico.

A escea é unha cafua enfluxada e probe. No fondo, ventá pecha, e porta

de entrar. Â

dereita, lacea que se poida abrir e outra porta. Mesa de madeira no medio,

e derriba un

quinqué sinxelo, apagado, pendurado do teito. Abarrotes barriles, caixas,

remos, cordas,

redes e máis cousas semellantes. Cadeiras e tallos. Todo roñoso e

polvorento. O conxunto

ha de ter van como de almacén de chambo.

É unha noite de tormenta na invernía. Oise o bruído do vento, o chiscar da

sarabia e o

balbordo do mar. Pousa longa.

ARMANDO COTARELO VALLEDOR

Page 24: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1985

Ano novo, vida nova

ano novo, ¿qué traerá?

O vello sospiros leva

O novo ¿qué levará?

Ano que de festas naces,

O pasado xa pasou

Y a primavera enverdece

O xardín que se murchou,

Mais sei d'abondo ano novo

Qu'o tempo que se vai indo

Pra sempre leva o cheirume

Das froles que van caindo.

Ano novo, vida nova;

Ano novo, outro virá;

O vello sospiros leva,

O novo xa os traerá.

ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

Page 25: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1986

ESTA É A MAR DOS SOLPÓRES

Esta é a mar dos solpôres recendentes a mazás coloradas.

Debaixo, asolagados, fondos vales

e alboradas con páxaros de rabos longos de silencio.

Este é a mar, triste sombra desgazada

de altísmos montes cheos de neve,

que pelengrinaron soles inmensos e senlleiros.

Xa nin montes de neve nin soles recén nados.

Mais a súa sombra, sí, mar sin consolo.

A súa sombra de auga, amargues bágoas.

A súa sombra leal, triste lamento e longa noite.

Ónde aqueles montes altísmos

que aconchegaban contra o teu seo

o rebrilo das súas craras cabeleiras?

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO

Page 26: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1987

Agoiros

Tres presentimentos tiven,

Qu'acóranm'o curazon:

¡San Antoniño querido!...

¿Que vento m'os aparou!

Unh'avelaiña moura,

Pousada n-o cabezal:

O cuco, que cuqueaba

Moi cedo, aló, no cental,

Y-escoiteino, inda en aunas:

(Non digamos sen pecar,

Pro dinantes qu'o meu corpo,

Probase bocao de pan.)

E logo, chegand'a noite

O can de Pepe d'Anton,

Duas veces oubeou morte

Nas fendiñas do porton!

Teñ'o corpo-afervoado:

Nin unha xeira, dormin!

¿Cal ser'a coita d'as coitas,

Que vai s'abater en mín!

FRANCISCA HERRERA GARRIDO

Page 27: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1988

Comezamos este traballo cun sentimento de

alegría que non queremos ocultar. Poderá tan

íntima declaración parecer extemporánea, pois

un volumen deste tipo debe ser, por naturaleza,

algo puramente obxetivo, estrano ó estado

sicolóxico do autor. A fiestra ábrese sobre a

paisaxe tocada pola emoción do Outono e nada

pode frutarse á vaga e poderosa presencia do

espírito: os bosques meditativos, os primeiros

centeos verdeando nos pentagramas dos longos

sulcos, o tema cósmico das montañas exaltando

agora polos preciosos ouros dun sol que naceu

entre misteriosas neves creadoras.

Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega

RAMÓN OTERO PEDRAYO

Page 28: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1989

O teito é de pedra.

De pedra son os muros

i as tebras.

De pedra o chan

i as reixas.

As portas,

as cadeas,

o aire,

as fenestras,

as olladas,

son de pedra.

Os corazós dos homes

que ao lonxe espreitan,

feitos están

tamén

de pedra.

I eu, morrendo

nesta longa noite

de pedra.

CELSO EMILIO FERREIRO

Page 29: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1990

Enterro do neno pobre

Punteiros de gaita

acompañábano

O pai de negro;

no mar, unha vela

branca.

Os amiguiños levábano

Non pesaba nada.

Abaixo, o mar;

o camiño no aire

da mañá.

Il iba de camisa limpa

e zoquiñas brancas

Os amiguiños levábano

Non pesaba nada.

LUÍS PIMENTEL

Page 30: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1991

Eu son Dánae

Eu son Dánae. Núa caía no leito come bianca neve scende senza vento.

E chegou segredo coa fúlgura convertido en moedas de ouro que

caíron sobre min, e arredor, e no chan. Díxose a si mesmo unha voz

e aquel ouro de ceca arremuiñouse nun amén e fíxose o varón.

Atopoume virxe, sucoume e sementou. Bebeume, como quen se deita sobre un río.

Pro, o pasado pasado. Agora vou vella, en un reino de columnas derrubadas

vou e veño por entre os cipreses e as pombas. Téñenme por tola, e coidan que minto

Cando digo que fun desvirgada por Zeus. Para burlarse de min chinchan unha moeda no mármore

e eu coido que el volve, e tiro a roupa e déixome caír núa na herba coma bianca neve scende senza vento.

Nin escoito as súas risas. Xa vou vella pro nunca puiden saír daquel sono de antano

ÁLVARO CUNQUEIRO

Page 31: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1992

Quén dera ser nao senlleira

n-aquel mar non presentido

das ja mergulladas terras!

Sen ceo, sen astros, sen vento,

sempre â toa pol-as ondas

deitado no esquecimento,

nin andar nin desandar,

nin ter outro coido acedo

que leijarse ir pol-o mar…

¡Quén dera ser nao senlleira!

Sen fito –estrela nin porto–

¡ser eu a propia ribeira

Nao senlleira

FERMÍN BOUZA BREY

Page 32: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1993

- “Non señor, non lle foi eisí como está nise

papel que leron, que os papeis teñen conta

do que lle poñen enriba, anque non foi

moito o que entendín. Eiquí, o siñor, bulía

moito a ler, e a máis diso non estamos moi

afeitos a ouvir ler en castelán, que eiquí non

o falamos; e cando un que non sexa

señorito se bota a falalo, decímoslle que fala

castrapo… Pro, con todo, non foi eisí anque

o diga a Guardia Civil, a tia Esquilacha ou o

sulsuncordia, con premiso da súa cara. (…)”

A esmorga

EDUARDO BLANCO AMOR

Page 33: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1994

LUÍS SEOANE

Page 34: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1995

Cando o taberneiro rematóu de lera quela

nova inquedante –un neno suicidarase

pegándose un tiro na sén dereita- falóu o

vagamundo descoñecido que acababa de

xantar moi probemente nun curruncho da

tasca mariñeira, e dixo:

-Eu sei a historia dice neno.

Pronuncióu a palabra neno dun xeito moi

particular. Así foi que, os catro bebedores

de augardente, os cinco de albariño e o

taberneiro calaron e escoitaron con xesto

inquiridor e atento.

Dos arquivos do trasno

RAFAEL DIESTE

Page 35: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1996

A literatura gótica é eminentemente cortesá

nos seus derradeiros anos. A idealización da

vida campestre, á que o nobre, por fin,

renunciara gustoso, para na corte gañar os

mercés e honores, xera o xénero pastoril. E do

mesmo xeito a idealización da vida castrense,

perdidos xa o primitivo rigor e a rudeza, atopou

a súa máis brillante expresión nos romances

heroicos e nos libros de cabalerías (…).

Obra selecta

XESÚS IGNACIO FERRO COUSELO

Page 36: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1997

TERRA DO CAUREL

Caíu unha gran nevarada. Era polos derradeiros días do castañal.

Xa non poidemos botalo pé fóra da torra. Había un silencio de

vidro. As voces parece que tiñan peso... Tivemos que matar os

primeiros años da temporada. Gracias a Diós, tiñamos boa lus de

carburo.

Ceabamos na cociña. Faguíamos unha fogueira con gavelas de

toxos, rachós de Carballo e cozas. No cano da cheminea aulaba o

vento coma un lobo. Coas ventaladas viñan grandes folerpas.

Probe de quen andivese pola serra!

Alí estaban, cos señoritos, bastián de Quindós, os escribano de

Rendar, o Carrozo... Veñan vasos, veñan cafeses, veñan copas. O

Carrozo era o que contaba os contos belidos, aínda que todos

andábamos á puxa.

Ó día seguinte eu escribíaos nun caderno que tiña na lacena do

comedor. ¿Que importa quen os contara? Cada un falaba según o

xeito da súa terra.

As noites de inverno son boas pra os trasgos, pra as meigas, pra

os lobos... e pra quen escoita contos de medo sentindo rombalo

vento.

A lus do candil

ÁNXEL FOLE

Page 37: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1998

Sedia-m'eu na ermida de San Simión

e cercaron-mi as ondas, que grandes son.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Estando na ermida ant'o altar,

cercaron-mi as ondas grandes do mar.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

E cercaron-mi as ondas, que grandes son:

non hei i barqueiro, nen remador.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

E cercaron-mi as ondas do alto mar:

non hei i barqueiro, nen sei remar.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Non hei i barqueiro, nen remador:

morrerei eu fremosa no mar maior.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Meendinho

Ondas do mar de Vigo,

e vistes meu amigo?

E, ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,

se vistes meu amado?

E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,

o por que eu sospiro?

E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado

por que hei gran cuidado?

E, ai Deus, se verrá cedo!

Martín Códax

Amigo, se mi gran ben queredes,

id'a San Mamed'e veer-m'-edes:

hoje non mi mençades, amigo.

Pois mi aquí ren non podedes dizer,

id'u hajades comigo lezer:

hoje non mi mençades, amigo.

Xoán de Cangas

MEENDINHO, MARTÍN CÓDAX e XOÁN DE CANGAS

Page 38: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

1999

Escolma. Nazonalismo. Para Vicente Risco

O pobo entende pouco de nazonalismo,

cando non lle fala ás febras do sentimento.

As ideias políticas aséntanse sóbor o

laboreo do inteleito, sóbor da íntema

espeitazón da concencia, e percisan dunha

terapéutica moral nobre, artruísta e

xenerosa. O povo inda non puido decatarse

do xeito direitor e progresivo destes

fenómenos —políticos, económicos ou

sociaes—; non poido atendere ao

cultivamento desas forzas ferventes e

intensivas que transforman normas e siñalan

novas estradas.

ROBERTO BLANCO TORRES

Page 39: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2000

¡O noso idioma! O que falaron nosos pais e vamos

esquecendo, o que falan os aldeáns e nos achamos a ponto de

n’entendelo; aquel en que cantaron reis e trovadores; o que, fillo

maor da pátrea gallega, nola conservóu e conserva coma un don

da providencia; o que aínda ten nos nosos labres as dozuras

eternas e acentos que van ó corazón; o que agora oídes coma si

fose un himno relixioso; o hermoso, o nobre idioma que do outro

lado dese río é léngoa oficial que serve a máis de vinte millóns de

homes e ten unha literatura representada polos nomes gloriosos

de Camoens e Vieira, de Garret e de Herculano; o gallego, en fin,

que é o que nos dá dereito á enteira posesión da terra en que

fomos nados, que nos de que, pois somos un pobo distinto,

debemos selo; que nos pormete o porvir que procuramos, e nos dá

a certeza de que ha de ser fecundo en bens para nós todos. Nel,

coma en vaso sagrado en que se axuntan todos os prefumes,

achanse os principaes elementos da nosa nacionalidade, de novo

negada, e, aínda máis, escarnecida. Doulle o celta a súa dozura e

a maor parte do seu vocabulario; o romano afirmóuno; ten do

suevo as inflesións; do noso corazón, o acento afalagador…

MANUEL MURGUÍA

Page 40: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2001

ORACIÓS CAMPESIÑAS

“Malpocado”

Coa falchoca dos codelos pouco menos quevaleira

vai o probe do velliño pol-a corredoira adiante.

Vai cuberto de farrapos

debullando os seus pesares.

Vai él solo pol-os pobos á pedir de porta en porta,

sin topar quen o acompañe

na diaria camiñada dos seus tristes desamparos

nin na noite sempre escura das suas longas soedades.

Arrimado á un pau de toxo

vai por todol-os lugares.

Atravesa comareiros,

cruza brañas, sobe cumes e recorre piñeirales;

chama âs portas das casupas;

aquí pide i-alí danlle.

Se á mau vèn, inda o socorren,

e, se cadra, non atopa quen se doia dos seus males.(..)

ELADIO RODRÍGUEZ

Page 41: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2002

MARCOS DA PORTELA:

No chan que en Morrazo

chaman os galegos

chan de Parafita,

que chega hasta o ceo,

que está no camiño

que vai ao Ribeiro

dendes Pontevedra,

a vila do reino;

a umha legoíña,

camiño dereito

-fai conta que sigues

o rumbo surlesto-

se sube en relanzo

por todo o vieiro,

sin muita fadiga

nin muito tormento.

Agiña se chega

ao chan que dixemos

e mais é ben ancho

todo o seu terreo.

FREI MARTÍN SARMIENTO

Page 42: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2003

Vento mareiro, amigo dos velamios senlleiros, da nebriña

de ronseles no ar aloumiñada, do azul lonxano que se volve lila.

Unha frauta delgada de horizontes, trema na túa voz e dálle vida.

Hoxe as dornas sulcaron, a sorrisa do mar profunda e nidia.

Hoxe as dornas, beberon

o teu sangue na badía.

E ti, beilando muiñeiras tolo no corazón da noite

onde a forza de Deus anda perdida.

Mans de vidro e de nube, vento amigo,

medra no teu lecer a moradía.

As moraidas do vento

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

Page 43: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2004

ENREDOS

A voz enredos ten na Galiza dous valores: úsase

xeralmente pra indicar algo de pouca importancia e

sen transcendencia; cando se fala de froita, por

exempro, os nosos labregos acostuman a decer:

«ises son enredos de rapaces». En sentido máis

restrinxido, un enredo é un xoguete, é decer, un

artiluxio co que os nenos satisfán a sua necesidade

de ocupar o tempo imitando no posible ás persoas

maiores. O mesmo significado ten asimesmo a

palabra brinquedo (de brincar = saltar, xogar). A

anterior fórmase de enredar, do mesmo valor

que brincar. Chámanse tamén os xoguetes ixolas,

de onde ixoleiro = mañoso.

O xoguete non ten fronteiras xeográficas nen

cronolóxicas; en tódolos pobos e en tódalas

épocas móstrasenos a existencia dista industria

infantil.

XAQUÍN LORENZO “XOCAS”

Page 44: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2005

Esta é a nova cantiga que se chama cadea,

pois xa non hai ribeiras pras cantigas de amor.

Están os corazós nas cárceres, meu bén, encadeados beizos,

ollos encadeados, as longas cordas do terror abranguen

feixes de labradores, mariñeiros, xograres, estudantes,

obreiros, artesáns, cregos do Papa Xoan, rapazas que

procraman a alborada do mundo.

Esta é a nova cantiga que se chama prisión, meu bén,

meu doce bén, meu amor.

- Amor, amor, amor, ¿ onde vas, meu amor? - Vou para cadea - De ónde vés, meu amor?

Amor meu,meu amor, veño vindo de penar na cadea

Homaxes

LORENZO VARELA

Page 45: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2006

¨Non máis emigración (Artigo en A gaita gallega¨).

MANUEL LUGRÍS FREIRE

¨Probèmos, póis, que somos dinos de leval-os nòmes que

d'esos guerreiros hèrdamos; Ioitèmos, com'ôs valentes

d'o Medulio y-o Ponte Sampayo, e si a forza d'os alleos

pode máis qu'a rosa, morramos apreixados â bandeira

d'a pátrea, como morreu o batallon literario de Santiago

n'os montes d'o Vierzo. Galicia, enton, bendecirá os

nòsos nòmes: pedirá vinganza ô ceo, e desd'o fondo d'a

cratedal de Santiago ergueráse fero o héroe de Clavixo,

pra machucár baíx'os cascos d'o seu famoso cabalo ôs

asesinos d'a honra d'a pátrea. ¡Compañeiros! Que nosos

fillos non s'avergoncen nunca de que lles dimol-o ser;

peleèmos como bos gallegos, e namentras teñamos

alento berrèmos por chaus e penedos en son d'aturuxo

¡Viva Galicia!"

Page 46: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2007

Linme hoxe toda por dentro.

¡Linme!

¡Como me está chegando!

¡Como me apaña!

Eu non sei,non sei si me chega ou vou por

ela.

Non o sei.

¿Ouh, pra que me trouxeches si hoxe me

levas?

...

Verba que comenza

MARÍA MARIÑO

Page 47: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2008

Era un airiño soave

Era un airiño soave

que se erguéu pol-a mañán

e viña de non se sabe.

Era un recendo de rosas

da roseira de ningures, que se metéu pol-a porta.

Era unha cantiga leda

que nascía non sei onde

e petaba na fiestra.

Era unha gracia sotil que baixaba das estrelas...

¡Eras tí!

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Page 48: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2009

Ninguén nega que cada pobo vai reflectindo a

súa personalidade espiritual na creación dunha

literatura, dunha arte ou dunhas institucións

sociais peculiares. Este recoñecemento da

correspondencia que hai entre a peculiaridade

espiritual dun pobo e a da súa cultura, hoxe en

día afortalado científicamente polas

investigación dos etnólogos, pode ser menos

unánime se se trata de incluír a filosofía no

conxunto cultural xenuíno, pois sempre haberá

quen refugue a inclusión baséandose en que a

filosfía se mantén nun plano de racionalidade

universal (…)

Filosofía da saudade

RAMÓN PIÑEIRO

Page 49: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2010

Cousos do lobo! Caborcos do xabarín!

Eidos solos Onde ninguén foi nin ha de ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco Movendo nas flairas dos teixos Ruxindo na folla dos carreiros

En busca da vagoada máis sola e máis medosa... Rastrexa

Párase e venta Finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo

Con toda a sombra da noite na boca.

Os Eidos

UXÍO NOVONEYRA

Page 50: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2011

Poesía última de Amor e Enfermidade

(Cunha bala calibre sete sesenta e cinco

no peto máis pequeno do vaqueiro, sei que

a miña vontade é decisiva para escoller

o momento e o lugar. E apálpoa cos dedos

a todas horas.)

Mala sorte

E por primeira vez desde que souben

que aínda respiraba e seguía vivo

sei o que é sentir medo a non estalo

Interrompido na mellor escea

cando estaba soñando un soño dérmico

de paixón e beleza

cunha serea distancia literaria e sabia

Só ela podía ser tan inoportuna

groseira inculta e pouco delicada

chamándome despois de ter sobrevivido

á confortable atracción do fracaso

e saber dunha vez o que era a vida

amar e ser amado.

LOIS PEREIRO

Page 51: TEXTOS 50 ANOS DE LETRAS GALEGAS

2012

Cando ti volvas

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,

que dende a Torre d'Hercules ao Miño

un facho acenderá por cada illa,

cando ti volvas polo mare;

de toxo unha fogueira en cada monte,

cando ti volvas polo mare;

dos castros na coroa unha cachela,

cando ti volvas polo mare;

unha loura candea en cada pino,

cando ti volvas polo mare;

o seu cirio de frouma os alciprestes,

cando ti volvas polo mare;

luces de ardora branca en cada mastro,

cando ti volvas polo mare;

un farol mariñeiro en cada dorna,

cando ti volvas polo mare;

veliñas â xanela en cada casa,

cando ti volvas polo mare;

e as pérolas das bágoas derramadas,

cando ti volvas polo mare,

cando ti volvas polo mare...

VALENTÍN PAZ ANDRADE