letras galegas 2012
TRANSCRIPT
Letras Galegas 2012
Cristina Álvarez Rodríguez,
Uxía Álvarez Sánchez e
Jorge López González 1ºB BAC.
Valentín Paz Andrade
23 Abril 1898 - 19 Mayo 1987
“A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso
das edás, non se debera interpor na comprensión do
seu destiño”O porvir da lingua
Nacemento e Infancia• 1898, abril, 23. Nace en
Lérez, Pontevedra.
• Fillo de Francisco e de Matilde(morta en 1906) . É o vinculeiro, logo virán dúas irmás: Matilde e Carmen.
• Infancia e estudos primarios e de segundo ensino en Pontevedra.
• Vai ser iniciado nas letras polo seu tío Xoán Bautista Andrade, autor de libros de poemas en castelán.
Xuventude• Coñece a Castelao en 1916• Trasládase a Santiago de Compostela para estudiar dereito (1917)• Participa na 2ª Asamblea Nacionalista Galega, presidida por Castelao• Licénciase en 1921e comeza a exercer en Pontevedra. Neste mesmo ano
e enviado á fronte de África• En febreiro de 1922 é repatriado por enfermidade • En 1924 pasa 15 días na cadea de Vigo por uns artigos publicados no
Galicia. No ´26 pecha este xornal.
• En 1930 é nomeado presidente do Grupo Autonomista Galego creado en Vigo. Tamén participa nun mitin con Castelao e Otero Pedrayo
• En 1931 participa en mitins como candidato a deputado ás Cortes Constituintes. Forma parte da comisión da S.E.G. que elabora o anteproxecto do estatuto de Galicia. En nadal asiste á constitución do Partido Galeguista en Pontevedra
• No ano 1932 sofre un atentado en Vigo.
• En febreiro de 1936 presentase o parlamento pola Candidatura Republicana de Centro. Posteriormente é desterrado a Verín onde sofre un novo atentado
• É desterrado en 1937 a Requeixo da Queixa, Castro Caldelas e Pobra de Trives.
Madurez
• En 1938 casa con María Pilar Rodríguez Prada en Ourense.
• No 1940 nace o seu único fillo Alfonso.
• Nos anos 50 pronuncia varias conferencias por América latina.
• En 1951 organiza a Mostra de Pintores Galegos en Bos Aires.
• En 1952 imparte un curso de Economía Pesqueira en Chile invitado pola FAO. Tres anos máis tarde esta organización envíao 4 meses a Bogotá.
• En 1957 volve a ser encadeado en Vigo durante un mes. Tras a súa saída marcha a Bos Aires invitado polo Centro Galego co motivo do seu 50 aniversario.
• Un ano máis tarde participa no proxecto de Petrogasa.
• No ano 1960 é nomeado vicepresidente da empresa Pescanova S.A.
• En 1961 sofre un grave accidente de tráfico en Pontevedra.
• En 1963 participa en Londres no 2º Congreso da FAO sobre buques de pesca. Un ano despois é nomeado membro numerario da Real Academia Galega.
• En 1965 participa en Santiago de Compostela no 3º Congreso de Emigración como delegado do Centro Galego de Bos Aires.
• No 1966 viaxa por diversos paises para conmemorar o centenario do nacemento de Valle- Inclán.
• En 1968 partipa na Coruña no curso << Perspectivas de Galicia ante o segundo Plan de Desarrollo>>. Dous anos máis tarde sofre unha embolia cerebral.
• En 1973 celébrase en Vigo a Exposición Mundial da Pesca.
• 1975 recibe o Pedrón de Ouro e intégrase na Xunta Democrática de Galicia.
Durante a concesión do Pedrón de Ouro, Padrón.
Vellez• No 1976 forma parte da
Comisión Negociadora da Oposición Democrática representando a Galicia.
• En 1977 foi elixido senador pola Candidatura Democrática Galega. O 4 de decembro participa na manifestación de reivindicación de Autonomía de Galicia.
• En 1978 ingresa na Real Academia Galega co seu discurso sobre a obra de Guimaraes Rosa. En maio participa na Semana da Cultura Galega en París. Posteriormente recibe a Cruz de San Raimundo de Peñafort.
• No ano 1979 recibe a medalla Cidade de Pontevedra.
• O 13 de xullo pronucia o pregón de inauguración da Feira do Libro de Vigo.
• No ´84 recibe a medalla ao Mérito Social Marítimo e a medalla Castelao da Xunta de Galicia.
• En 1985 é nomeado académico de número da Academia Galega das Ciencias. Un ano despois recibe a Medalla de Ouro de Vigo e o Premio Trasalba da fundación Otero Pedrayo
• O 19 de maio falece en Vigo e é enterrado no panteón familiar de Lérez.
Obra Ensaística• Galiza lavra a sua imagen (1985)• A Galecidade na obra de Guimarães
Rosa (1983)• Castelao na luz e na sombra (1982)• La marginación de Galicia (1970)• La anunciación de Valle-Inclán
(1967)
Galicia como tarea (1959)Sistema económico de la pesca en Galicia (1958)Principios de economía pesquera (1954)Producción y fluctuación de las pesquerías (1954)Los puertos nacionales de pesca en España (1928)
Poemario• Pranto Matricial (1955)
• Sementeira do Vento (1968)
• Cen chaves de sombra (1979)
“Galegos, meus irmaos,
veño de ter co-a morte.
Sin o agardar unha vez mais atopo
o ventureiro empalme con a vida.
Estóu na singladura do retorno,
con ollos recuncantes na alborada,
tímpano a se tremer en libres odas,
pernas reencanadas para andar
os camiños resucitados.
Veño da morte, irmaos, e no fardel,
pouco trouxen pra vos:
cicatrices de ferro nas palavras”
Veño da morte, Cen chaves de sombra
Colaboracións: revistas e xornais
• La correspondencia Gallega (1916)
• Galicia.Diario de Vigo (1922)
• Industrias pesqueras (1927)
Narrativa• Soldado da morte (1921)
Din del…
• “Foi un grande patriota galego, un grande economista e tamén un grande empresario; ou sexa, que uniu o amor pola cultura galega ao desenvolvemento económico do País... endexamais renunciou á loita polos dereitos políticos de Galicia; o seu exemplo debémolo seguir todos”.
Camilo Nogueira
• “Cada un dos seus pasos estaba tinguido de compromiso, Galicia para el era unha utopía realizable”.
Manuel Rivas
• “O estilo de Paz-Andrade que ás veces serve incluso para amenizar as súas áridas especulacións á marxe literaria, é o que o rescata das limitacións do tratadista para situalo, con todos os dereitos, pero tamén con todas as responsabilidades, na área directa e firme do escritor e do poeta”.
Blanco Amor
Político, avogado, xornalista, empresario, poeta ou ensaísta. A figura de Valentín Paz Andrade é un exemplo dos galeguistas multidisciplinares que tanto fixeron pola nosa cultura ao longo do século XX.