tema 8.- a monarquía autoritaria: os reis católicos. eso tema 8 pres.pdf · a construción da...

15
Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. Isabel I, raíña de Castela

Upload: others

Post on 12-Sep-2019

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de

Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos.

Isabel I, raíña de Castela

Page 2: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de
Page 3: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de

Os Estados da Península Ibérica a mediados do século XV

Page 4: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de

O proxecto de unificación peninsular.

Page 5: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de

Data Proceso

1469

Matrimonio de Isabel de Castela e Fernando de Aragón (príncipes herdeiros)

Isto supuña a unión dinástica da Coroa de Castela e a Coroa de Aragón (ambos príncipes

pertencían á mesma dinastía (os Trastámara)

1474 Morte do rei Enrique IV de Castela ⟹ Isabel (irmá do rei) proclámase raíña de Castela ⟹

guerra civil entre Isabel e Juana (“la Beltraneja), filla de Enrique IV

1475 Concordia de Segovia: Isabel e Fernando acordan administrar de forma conxunta as dúas

Coroas, mantendo cada unha as súas características (lingua, moeda, leis, institucións...)

1479

Fin da guerra civil na Coroa de Castela ⟹ Isabel I confírmase como raíña de Castela

Morte de Xoán II de Aragón ⟹ Fernando II, rei de Aragón

Inicio do reinado conxunto

1482-1492 Os Reis Católicos conquistan o reino nazarí de Granada, incorporado á Coroa de Castela

1490 - 1500

Enlaces matrimoniais de Isabel e María, fillas dos Reis Católicos cos reis de Portugal

Isabel ⧟ Alfonso, príncipe herdeiro (1490-1491)

Isabel ⧟ Manuel I, rei de Portugal (1496-1498) ⤍ príncipe Miguel († en 1500)

María ⧟ Manuel I (1500-1517)

A unión da Coroa de España e o Reino de Portugal realizarase no reinado de Felipe II (1580).

Ambos Estados estiveron unidos ata 1640.

1493 Reincorporación do Rosellón e a Cerdaña á Coroa de Aragón

1512-1515 Conquista do Reino de Navarra, incorporado á Coroa de Castela

Page 6: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de

A proxección exterior da monarquía.

América

Page 7: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de
Page 8: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de

A construción da monarquía autoritaria.

Coroa de Castela

Santa Irmandade corpo armado encargado de perseguir malfeitores e criminais (1476)

Exército corpo profesional e permanente para a defensa do reino

Consellos organismos formados por xuristas, que asesoraban ao rei no goberno e actuaban como

tribunais de xustiza

Real Audiencia tribunal superior de xustiza, para asegurar o control sobre a xustiza e facela máis eficaz

Contadoría Real

de Facenda

organismo encargado de controlar o sistema de recadación de impostos e financiar as

novas institucións

Correxedores funcionarios reais que presidían os concellos e exercían funcións de goberno

Coroa de Aragón

Sentenza Arbitral

de Guadalupe

medidas adoptadas en 1486 para solucionar o conflito dos paieses de remensa (campesiños

sometidos aos señores) en Cataluña

Insaculación sistema de elección dos cargos municipais mediante sorteo, para evitar o monopolio dos

mesmos polo patriciado urbano

Pactismo

relación que existía na Coroa de Aragón entre o rei e os seus súbditos, segundo a cal a

autoridade real se fundamentaba no consentimento dos gobernados. Así, o rei debía

comprometerse a respectar as institucións, leis e costumes de cada un dos Estados

asociados na Coroa para poder gobernar; a cambio os súbditos comprometíanse a

respectar a monarquía.

Page 9: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de
Page 10: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de

A consecución da unidade relixiosa.

Medidas

Establecemento do Tribunal da Inquisición (Tribunal do Santo Oficio da Inquisición) 1478

Expulsión dos xudeus dos territorios da monarquía 1492

Conversión forzosa dos musulmáns (mudéxares) que vivían nos reinos da monarquía 1499-1502

Page 11: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de
Page 12: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de
Page 13: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de
Page 14: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de

Edicto de expulsión dos xudeus. 31 de marzo de 1492.

Nos nosos dominios existen algúns malos cristiáns que xudaizaron e cometeron apostasía contra a Santa Fe Católica, sendo causa a maioría polas relacións entre os xudeus e mais os cristiáns. Xa que logo, no ano de 1480 ordenamos que os xudeus fosen separados das cidades (...) e que lles fosen adxudicados sectores separados, esperando que con esta separación a situación existente sería remediada e nós ordenamos que se establecese a Inquisición (...).

Xudaizar: practicar pública ou privadamente ritos e cerimonias da relixión xudía.

Apostasía: negación dos dogmas da fe católica.

Argumentos para xustificar a medida de expulsión:

os falsos conversos que xudaizaban

o contacto entre os xudeus e os conversos

fracaso das medidas para solucionar o problema

segregación

Inquisición...

(...) Ordenamos, ademais, neste edicto que os xudeus e xudías de calquera idade que residan nos nosos dominios, que partan (...) ao dez de xullo deste ano e que non se atrevan a regresar ás nosas terras.

Contido do decreto de expulsión:

alternativa: conversión ou expulsión

prazo

condicións

divulgación do decreto.

Page 15: Tema 8.- A monarquía autoritaria: os Reis Católicos. ESO tema 8 pres.pdf · A construción da monarquía autoritaria. Coroa de Castela Santa Irmandade corpo armado encargado de

Concordia

de Segovia

Tratado firmado en 1475 entre Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, no cal acordaron

administrar de forma conxunta ambas Coroas, pero mantendo cada Estado as súas

características particulares (fronteiras, monarca, moeda, sistema fiscal, leis e institucións).

Santa

Irmandade

Corpo armado creado polos Reis Católicos en 1476 para solucionar a situación de anarquía e

desorde que había na Coroa de Castela ao inicio do seu reinado. Estaba encargado de

perseguir a malfeitores e criminais.

Consellos Institucións de goberno formados por xuristas, que asesoraban ao rei no goberno e actuaban

como tribunais de xustiza.

Mouriscos

Nome que recibiron os musulmáns que permaneceron en España tras a conquista do reino

nazarí de Granada (1492) e que foron obrigados a converterse ao cristianismo a partir de 1499.

Nunca foron plenamente aceptados pola monarquía nin pola Igrexa, e non se integraron na

sociedade cristiá. Foron expulsados de España entre 1609 e 1624, no reinado de Felipe III.

Auto de fe

Cerimonia pública que se desenvolvía nas prazas das cidades, na que se procedía á lectura e

execución das sentencias do Tribunal de Inquisición

Consistía en varios actos: procesión e xuramento de fidelidade á fe católica; misa de apertura

con sermón; lectura das sentenzas; abxuración e absolución; misa de clausura e cumprimento

das sentencias.

Mesta

Asociación de gandeiros propietarios de rabaños de ovellas da Coroa de Castela, que se

encargaba de organizar a transhumancia ou desprazamento estacional das ovellas desde os

pastos de verán da Submeseta Norte ata os pastizais de inverno da Submeseta Sur e o val do

Guadalquivir.

A Mesta foi fundada en 1273 por Alfonso X o Sabio.