tema 2. inicio da idade moderna en españa

33
O Inicio da Idade Moderna en España, Galicia e América Tema 2

Upload: dudas-historia

Post on 12-Jan-2017

1.225 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

O Inicio da Idade Moderna en España, Galicia e

AméricaTema 2

Page 2: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Page 3: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

A MONARQUÍA HISPÁNICALección 2

Page 4: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

2.1. Os monarcas do século XVI

• Cando falece Isabel I de Castela (a Raíña Católica. 1501) e Fernando de Aragón (1516), os seus reinos e territorios pasan a ser posesión do seu neto Carlos I, nacido en Gante (Países Baixos).

• Con Carlos I de España e V de Alemaña, comeza en España o reinado da dinastía dos Austrias, que perduraría ata 1700.

• No século XVI a casa de Austria estaría representada por Carlos I e Felipe II, o seu fillo.

Page 5: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

• CARLOS I:– Herdou os

territorios dos seus avós maternos e paternos, o que suporía numerosos territorios ao norte de Europa, Italia e América.

– Ademáis, acadaría o título de emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Page 6: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

• FELIPE II:– Tras a morte do seu pai en 1556, herdaría parte das

posesións do seu pai, sen embargo non herdaría o título de emperador nin as posesións centroeuropeas.

– Pola súa parte incorporaría aos seus territorios Filipinas e o Reino de Portugal. Foi tan grande o seu imperio que, dicíase na súa época que nel “nunca se poñía o sol”.

Page 7: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

• PUNTOS EN COMÚN DOS DOUS MONARCAS:– Consolidaron a monarquía autoritaria.– Enfrontáronse a numerosos conflitos internos e

externos.– Gobernaron un extenso Imperio, que lles permitiu

impoñer a monarquía hispánica en Europa.– OS seus reinados coincidiron co chamado Século

de Ouro, etapa de gran prosperidade demográfica e económica e enorme florecemento da literatura e a arte.

Page 8: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

2.2. A organización da monarquía• ADMINISTRACIÓN BEN ORGANIZADA:

– Ambos monarcas contaron con secretarios reais, engargados de estudar os diversos asuntos e asesorar aos monarcas.

– Consellos: eran os que se encargaban de gobernar determinados territorios, como o Consello de Castela ou temas, como o Consello da Inquisición.

• ORGANIZACIÓN TERRITORIAL:– Tratábase dunha asociación de estados que tiñan como

vínculo común o soberano, pero mantendo as súas propias institucións, leis e costumes.

– En cada territorio, o monarca estaba representado por un vicerrei con amplos poderes (como convocar e presidir as Cortes).

Page 9: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

A POLÍTICA DOS AUSTRIASLección 3

Page 10: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

3.1. O reinado de Carlos I (1516-1556)• CONFLITOS INTERIORES O comezo do seu reinado non foi doado. Era un príncipe extranxeiro que

fora educado en Gante, un país atrasado socialmente e quixo gobernar ao modo tradicional daqueles lugares

Ademáis, ao chegar a España reparte os cargos políticos principáis a extranxeiros que formaban parte da súa corte belga (conselleiros e eclesiásticos), de entre os cales destaca o bispo Adriano de Utrech (futuro Papa Adriano VI), en definitiva, un grupo de persoas que descoñecían el país, a súa lingua e as súas costumes.

Estos factores van a suscitar a oposición das Comunidades de Castela, que tratarán de apoiarse na súa nai, a herdeira lexítima de Castela.

Este movemento, coñecido como a Rebelión dos Comuneiros de Castela (1520-21), foi solventado con éxito polo novo monarca que entendeu que debía estar de acordo cos cidadáns da Coroa de Castela, posto que eran os seus súbditos máis poderosos e proporcionaban o diñeiros dos seus impostos e o ouro de América, de tal modo, que en lugar dos seus conselleiros flamentcos, acabaría poñendo no goberno conselleiros casteláns.

Page 11: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Page 12: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

Rebelión das Xermanías (1519-23):Esta rebelión prodúcese nos Estados da Coroa de Aragón,

de maneira casi paralela á dos Comuneiros de Castela. Neste caso, tratouse dunha revolta dos artesáns, pequena burguesía e os campesiños (grupos débiles) contra a oligarquía cidadá, a nobleza e o alto clero (grupos fortes).

Os rebeldes pedían:A democratización dos cargos municipais.Melloras nos arrendamentos campesiños.

Os membros das xermanías pediron axuda ao monarca para frear os abusos cometidos contra eles, sen embargo, Carlos I aliouse coa nobreza e os xermanizados foron derrotados.

Page 13: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

Adriano de Utrecht recibe unha representación das Xermanías de Valencia

Page 14: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

• CONFLITOS EXTERIORES:O segundo título que ten Carlos é o de

Emperador, polo que tamén é coñecido como Carlos V. As circunstancias que se desenvolven en Europa no momento en que acada o título non son as máis óptimas, debido a que:Estamos en plena rebelión contra os protestantes en

Centroeuropa.Francia pretende dominar Italia (acaba perdendo o

Milanesado).Cada vez resulta máis amenazadora a expansión

doImperio Otomano (turco) polo Mediterráneo e o sur de Europa (acaban perdendo Túnez).

Page 15: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

Guerras contra FranciaAs loitas contra Francia tiñan precedentes en

conflitos medievais e incluso foran constantes dentro da política exterior de Fernando o Católico. Carlos I herdará estas disputas contra Francia e incluso pasaralle a testemuña ao seu fillo Felipe II.

Son moitos os motivos de loita entre ambas potencias europeas, de feito, os seus motivos lles conduciron á guerra en catro ocasións. Algunhas delas son:A loita polo dominio de diversos reinos e

ducados italianos, como o Milanesado.A pugna nos territorios de Flandes e Borgoña.O interese pola hexemonía europea. En época de

Carlos V e incluso na do seu fillo, a superioridade española non se vai rebater, vai ser no século XVII cando o Imperio non poida manterse e cambie ocurso a favor dos franceses.

Page 16: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

Na primeira guerra contra Francia, Francisco I de Francia e Carlo V batíronse para acadar o Milanesado. Francia apoderouse de Milán, pero finalmente sería derrotado e feito prisioneiro na Batalla de Pavía (1525). Deste modo, Carlos V apoderaríase do milanesado e Francisco I sería obligado a renunciar a Flandes e Italia.

Page 17: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

Nas seguintes, Francisco I buscaría como aliado principal ao Papa Clemente VII, e incluso a príncipes

alemáns e a destacados membros do Imperio Turco. Na súa defensa, as tropas de Carlos V levarían a cabo o

Sacco di Roma (Saqueo de Roma) en 1527. Estes enfrentamentos finalizarían –aínda non

definitivamente- coa Paz de Crépy de 1544.

Page 18: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

El Imperio Otomano/Turco convertiuse nunha gran potencia no Mediterráneo Orienta dende a ocupación de Constantinopla en 1452.

Enfrentamientos contra el Imperio Turco

Page 19: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

Turquía foise enriquecendo enormemente debido ao monopolio que levaba exercendo un tempo do mercado das Indias Orientais, por iso é polo que contase con recursos suficientes como para comezar a expandir o seu territorio por Centroeuropa (os Balcanes, Hungría e Ata Viena) e polo norte de África; ata, trataba de continuar expandindo o seu dominio ameazando as posesións de Carlos V na zona do Danubio e o Mediterráneo.

Ademais da súa riqueza económica, este Imperio contaba cun poderoso exército que cosechó importantes vitorias, como a da Batalla de Mohács. Logo desta contenda, que acabaría coa derrota de Luís II de Hungría, e tras varios anos de guerra civil, a maior parte de Hungría sería absorbida polo Imperio Turco. Fernando I, irmán de Carlos V, sería nomeado monarca da parte de Hungría que non conquistaran os turcos (e de Bohemia). Hungría, deste xeito, pasaría a formar parte da órbita imperial.

Mentres esta era a situación que se vivía no continente, no Mediterráneo occidental, os turcos eran apoiados polos piratas de Argel, que saqueaban as costas e atacaban ás flotas españolas. O emperador deixaría de lado este asunto, polo que, si exceptuamos o ataque contra Túnez, sufririamos un estrepitosos fracaso na conquista de Argel, posto que os ataques dos piratas continuarían.

Expansión do Imperio Otomano en 1683

Monumento áBatalla de Mohács

Page 20: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

A loita contra os protestantes

Ademais da súa loita contra Francia e o perigo da expansión turca, o terceiro problema dentro da política imperial de Carlos V foi o intento de ruptura da unión cristiá entre os territorios que conformaron o Imperio a causa dela Reforma Protestante.

Page 21: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

Como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, Carlos V tratou por todos os medios de evitar esta división entre católicos e protestantes, obrigando aos príncipes dos territorios que conformaban o Sacro Imperio a obedecerlle e tratando de que o Papa convocase un concilio para poder achegar posicións, pero o Papa dábase conta de que o poder do emperador en Italia era moi grande e temía que ao acceder á súa petición discutísese a súa autoridade, polo que rexeitou a convocatoria.

Vendo que desta forma resultaba imposible, Carlos V convocou varias dietas entre os representantes do Imperio precisamente para tratar de aproximar ambas posturas, e ata tratou de conceder títulos e terras a algúns príncipes para poder solucionar esta situación, pero tanto príncipes como nobres negáronse.

Dentro destas dietas destaca a Dieta de Worms (1521) na que se lle pediu a Lutero que se retractase, pero este negouse e púxose baixo a protección de Federico de Sajonia, primeiro príncipe en aceptar as ideas luteranas.

O emperador, como defensor da Igrexa, debía combater o protestantismo por todos os medios, preservar a unidade relixiosa e a alianza entre Papado e Imperio. A partir deste momento comezou a loita entre o catolicismo e o reformismo/protestantismo.

Page 22: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

O enfrontamento tivo lugar en dúas frontes:A político-militar: Batalla de

Mülhberg (1547).A eclesiástica: Concilio de Trento

(Italia. 1545-1563).Na Batalla de Mülhberg Carlos V

venceu sobre os protestantes, sen embargo non conseguiu a unidade que desexaba, polo que finalmente na Paz de Augsburgo (1555) acabouse recoñecendo a división relixiosa, permitindo a cada príncipe católico ou protestante elixir a súa relixión e impoñerlla aos seus súbditos.

Page 23: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

3.2. O reinado de Felipe II (1556-1598)• CONFLITOS INTERIORES

– Rebelión contra os mouriscos nas Alpujarras granadinas. Tivo lugar debido ás presións que sufrían para abandonar as súa relixión e os seus costumes. Tras dous anos de loita, a rebelión foi sufocada e a poboación mourisca expulsada do reino de Granada e dispersada por Castela.

– Rebelión en Aragón. Consideraban que o monarca non respectaba os seus foros ou dereitos tradicionais. Rematou sendo sofocada polo rei.

Page 24: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

• CONFLITOS EXTERIORES– Os problemas con Francia herdados do seu pai remataron

coa derrota dos franceses da Batalla de San Quintín (1557).

– Con respecto aos turcos, venceunos na Natalla de Lepanto (1571), grazas a unha alianza naval con Venecia e o Papa.

– O seu apoio á causa católica enfrontouno a unha rebelión cos Países Baixos do Norte, que adoptaran o protestantismo e se independizaron de feito en 1579. Tamén provocou a súa inimizade con Inglaterra, un país protestante que apoiaba a sublevación dos Países Baixos e os ataques dos corsarios ao comercio español con América. Felipe II planeou a invasión británica enviando á Armada Invencible; pero o seu fracaso, en 1588, supuxo a primeira gran derrota da monarquía hispánica.

Page 25: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

As loitas de Felipe II contra Francia

• Baixo o reinado de Felipe II, a inimizade con Francia continuou, aínda que baixo outro escenario. O primeiro episodio bélico de renombre foi a Batalla de San Quintín (Parides) de 1557, na que os terzos españois vencerían e de cuxa celebración nacería o Monasterio do Escorial.

• Este primeiro enfrontamento sería sufocado coa firma da Paz de Cateau-Cambrésis de 1559, que reafirmaría a hegemonía de España en Europa e valeríalle a España a anexión dalgúns territorios. Con todo, as disputas con Francia non cesarían e, malia diversas ?paces? intermedias, reiniciaríanse na Guerra dos Trinta Anos.

Page 26: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

A Batalla de Lepanto• A Batalla de Lepanto, en palabras de Miguel de

Cervantes «a máis alta ocasión que viron os séculos», foi un combate naval de capital importancia que tivo lugar o 7 de outubro de 1571 no golfo de Lepanto, situado entre o Peloponeso e Epiro, na Grecia continental.

• Enfrontáronse nela os turcos otománs contra unha coalición cristiá, chamada Liga Santa, formada por España, Venecia, Génova e a Santa Sé. Os cristiáns resultaron vencedores, salvándose só 30 galeras turcas. Freouse así o expansionismo turco polo Mediterráneo occidental. Malia a determinante participación dos estados italianos, a vitoria pódese considerar española dado que o verdadeiro combate sostivérono os terzos embarcados.

• Nesta batalla participou Miguel de Cervantes, que resultou ferido, sufrindo a perda de movilidad da súa man esquerda, o que valeu o sobrenome de «manco de Lepanto».

Page 27: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

A rebelión dos Países Baixos• A rebelión dos Países Baixos foi o conflito máis rechamante do reinado de

Felipe II, rebelión que originalmente foi provocada polas diferenzas entre a relixión do soberano e a dalgúns dos seus súbditos nos Países Baixos.

• A relixión que marcaba a ortodoxia española era o catolicismo, mentres que nos Países Baixos, un grupo de calvinistas trataban de desvincularse dos parámetros reais.

• Cal foi a resposta de Felipe II? Enviou ás tropas do Duque de Alba a estas zonas; a súa política era extremadamente dura e baseada en disposicións moi semellantes ás levadas a cabo pola Santa Inquisición.

• Ante esta situación os Países Baixos subleváronse e trataron de obter o goberno parlamentario, é dicir, sen dependencia real, situación que produciu unha longa guerra entre España e estes territorios.

• Os Países Baixos souberon rodearse de bos aliados e contaron coa axuda dos protestantes alemáns e franceses, todos eles (holandeses, franceses e alemáns) dirixidos por Guillermo de Orange.

Page 28: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

Duque de AlbaAlejandro Farnesio

Guillermo de Orange

Page 29: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

• Felipe II trataría de facelos entrar en razón mediante diplomacia, política que non daría os seus froitos; ademais, as tropas españolas, cansas e sen cobrar salario algún, non demostraban ningún interese na loita armada contra os Países Baixos.

• A situación era difícil, con todo, o gobernador español Alejandro Farnesio, conseguiu que as provincias do Sur dos Países Baixos continuasen baixo dominio español, mentres que no norte nacería a República das Sete Provincias Unidas. Estas tratarían de proclamar a súa independencia, con todo, a monarquía tardaría un tempo en recoñecela.

• Esta división en provincias do sur e do norte, así como a dependencia do sur á Coroa Española e a creación das Sete Provincias Unidas do Norte asinouse na Unión de Arras ou Unión de Utrech, no ano 1579.

• Esta firma non supuxo o fin da guerra senón que, por unha banda, se fomentó nas provincias do norte un sentimento nacional e un crecente odio aos españois e, doutra banda, a guerra acabou xeneralizándose, e levou á loita española non só cos pobos do norte, senón tamén con Francia e Inglaterra.

Page 30: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Page 31: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

La disputa con Inglaterra

• Inglaterra contaba cunha importante expansión marítima que chocaba co poder territorial do Imperio Español. Ambas potencias anhelaban o Atlántico, fundamentalmente polos beneficios económicos que reportaba o Continente Americano.

• En época de Carlos V non houbo problemas graves entre ambas potencias e o que é máis, a diplomacia de Carlos V favoreceu o matrimonio entre Felipe II e María Tudor, herdeira de Enrique VIII. O matrimonio non tivo descendencia, María foi repudiada e o trono de Inglaterra pasaría á medio irmán de María, a raíña Isabel I, partidaria acérrima da Reforma Protestante.

Page 32: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

• Isabel I cada vez máis interesada no comercio Americano, lanzaba continuos ataques de piratería (Hawkins, Drake) ás escuadras españolas, con todo, o desencadenante da loita entre ambos países foi a táctica de Isabel I ao aliarse cos Países Baixos e axudarlles no seu rebelión para poder, así, reducir a territorialidad e o poder de Felipe II.

Page 33: Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España

• Como respondeu Felipe II? Formando a coñecida “Grande e Felicísima Armada” ou Armada Invencible; En 1588 partiu cara a Flandes co propósito de recoller máis tropas para invadir Inglaterra e así frear a súa política expansionista.

• A pesar do poderío marítimo español, a escuadra española non tivo nada que facer na loita contra Inglaterra, xa fose na loita contra os barcos ingleses, xa fose polos temporais que axexaron o Mar do Norte.

• Coa chegada ao trono dos Estuardo, as hostilidades diminuirían e ata España continuaría mantendo -aínda que por pouco tempo: Batalla das Dunas, 1639- a supremacía nos mares.