a idade moderna ppt
TRANSCRIPT
5 de abr de 20135 de abr de 2013 11
5 de abr de 2013 2
íNDICE INTRODUCIÓN. A ARTE. A ARQUITECTURA. ESCULTURA E PINTURA. LITERATURA. EVOLUCIÓN DA ECONOMÍA ESPAÑOLA DESPOIS
DO DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA. CARLOS I. FELIPE II. FELIPE III. FELIPE IV. CARLOS II. CURIOSIDADE.
5 de abr de 2013 3
5 de abr de 2013 4
INTRODUCIÓN
A finais da Idade Media e comezos da Época Moderna, realizouse unha das empresas máis grandes na historia da humanidade: o Descubrimento de América, o encontro de dous mundos, de dúas culturas que ata entón se ignoraban. Foi un 12 de outubro de 1.492 cando a expedición dirixida por Cristóbal Colón chegaba a unha das illas das Bahamas. Aínda que creron que se achaban ao leste das Indias, arribaran a un novo continente que, algúns anos despois, sería coñecido como América, xa que en 1.499 Américo Vespucio viaxou a Sudamérica e ao Caribe e convenceuse de que as terras descubertas eran un novo continente e non Asia, como se pensaba, de aí o nome de América de ‘Américo V.’
5 de abr de 2013 Juan 5
A ARTE: As artes plásticas ofrecen un panorama de riqueza
excepcional. Na arquitectura, en España, predominan tres estilos:
O Herreriano, o Barroco e o Neoclásico.
5 de abr de 2013 Juan 6
A ARQUITECTURA:
A arquitectura destes anos produxo obras de carácter monumental.
O mosteiro de San Lorenzo de El Escorial é un dos máis recoñecidos. Os planos para a súa construción foron realizados por Juan de Herrera de ahí o nome do “estilo herreriano”.
5 de abr de 2013Juan7
ESCULTURA E PINTURA:
A escultura e a pintura mostran a influencia estranxeira.
Os Países Baixos e Italia, centros do renacemento europeo, son as fontes principais desta influencia.
5 de abr de 2013 Juan 8
LITERATURA:O rasgo orixinal que permite diferenciar a produción dos
artistas españois da de outros europeos, foi o indeleble sabor cristián.
Unha das características foi a variedade de xéneros literarios que se desenvolveron: a poesía mística e lírica, con San Juan de la Cruz e Santa Teresa de Jesús; en teatro con Lope de Vega e Calderón de la Barca. Na narrativa diferenciáronse tres correntes: a
historia da cabalería; a anécdota pastoril e a crónica picaresca. O desenvolvemento da novela empeza con “LA CELESTINA“ e culmina con “EL QUIJOTE" de Cervantes.
5 de abr de 2013 Ana Paula 9
EVOLUCIÓN DA ECONOMÍA ESPAÑOLA DESPOIS DO DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA
A Economía foi evolucionando coa chegada do ouro e riquezas de América, que fixeron que España fose a primeira economía do mundo.
O descenso da poboación e as malas colleitas fan que a actividade comercial descenda. Os artesáns e comerciantes empobrécense e os campesiños morren de fame.
5 de abr de 2013 10
5 de abr de 2013 Nerea 11
CARLOS I (1516-1556)
Herda dos Reis Católicos (España e os territorios de Ultramar) e de Maximiliano de Austria (Sacro Imperio Romano – Xermánico e territorios europeos) un vasto Imperio que lle condiciona na súa política: conservar un Imperio católico. Para iso loita a torto e a dereito contra protestantes (os príncipes alemáns) e franceses (polos territorios italianos).
5 de abr de 2013 Nerea 12
CARLOS I (1516-1556)
Imperio de Carlos I
5 de abr de 2013 Nerea 13
FELIPE II (1556-1598) Fillo de Carlos I, herda do seu pai só a parte española, pero
engade o imperio de Portugal e os seus territorios coloniales. Asina a paz contra os franceses (Paz de Cateau- Cambrésis), pero mantén a loita contra protestantes (en Flandes) e contra Inglaterra, e será o gran azoute dos turcos otománs no mediterráneo.
5 de abr de 2013 Información de Nerea 14
FELIPE III (1598-1621)
Logra un periodo de tranquilidade exterior coa Paz con Inglaterra e a Tregua dos Doce Anos nas guerras de Flandes; con todo, apoiará aos parentes de Viena (os Habsburgo) na Guerra dos Trinta Anos.
5 de abr de 2013 Nerea15
FELIPE IV (1621-1665)
O seu reinado estivo dominado pola figura do Conde-duque de Olivares durante gran parte do reinado. Tivo que facer frente ás revoltas en Cataluña e Portugal en 1640, obtivo a derrota na Guerra de Flandes (Paz de Munster) e asinou a paz con Francia polo enfrentamento na Guerra dos Trinta Anos ( Paz dos Pirineos). A partires de aquí, España perderá a hexemonía mundial.
5 de abr de 2013 Nerea 16
CARLOS II (1665-1700)
Concede a independencia de Portugal, e goberna con gran intervención de extranxeiros. Non tivo descendencia, polo que deixou a súa herdanza a Felipe d'Anjou (dos Borbóns da familia real francesa). A defensa por parte doutros de que o trono debía ir para Carlos de Habsburgo, desencadeou a guerra de Sucesión (1700-1715), que finalizou coa vitoria dos Borbóns.
5 de abr de 2013 17
Unha curiosidade
A nós gustounos o tema e decidimos investigar un pouco sobre o Imperio no que nunca se poñía o sol (España), e descubrimos que o seu gobernante foi Carlos I de España e V de Alemaña.