tema 2 as revolucións burguesas

61
TEMA 2 AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS

Upload: rubempaul

Post on 14-Jul-2015

669 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

TEMA 2

AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS

O LIBERALISMO

INTRODUCIÓN

● Liberalismo: é unha ideoloxía e unha práctica política e económica que defende a liberdade como principio básico de todas as actividades humanas.

● Xurdiu a finais do século XVIII.

● As revolucións burguesas trataron de eliminar o Antigo Réxime.

● Europa e América víronse afectadas por estes procesos revolucionarios entre finais do século XVIII e inicios do XIX.

O LIBERALISMO

PRINCIPIOS BÁSICOS● Individuo: o interese individual está por riba de calquera grupo ou clase.

● Dereitos e liberdades individuais inalienables como o dereito á vida, opinión, reunión, relixión...que toda sociedade debe protexer.

● Liberdade de mercado: a actividade económica debe organizarse entre compradores e vendedores sen que interveña o Estado.

● Propiedade individual protexida e garantida pola lei.

● Igualdade xurídica de todas as persoas ante a lei, eliminando os privilexios legais.

● Participación política de todos os cidadáns elexindo aos seus representantes (dereito de voto ou sufraxio).

● Soberanía nacional: o poder reside na nación, formada polos cidadáns dun país. O exercicio da soberanía corresponde ás autoridades e institucións elixidas polos cidadáns.

● Separación de poderes: executivo (Goberno), lexislativo (Parlamento), Xudicial (Tribunais).

● Constitución: lei suprema na que se recollen dereitos, liberdades e bases do réxime político existente nun país.

● Estado de dereito: sometemento de todas as institucións ás leis e responsabilidade xurídica das autoridades ante os tribunais.

O LIBERALISMO

TENDENCIAS:● Liberalismo doutrinario ou

conservador: só tiñan dereito á participación política os cidadáns que posuían un certo nivel de riqueza ou cultura (sufraxio censatario/restrinxido)

● Liberalismo democrático ou progresista: participación política de todos os cidadáns maiores de idade (sufraxio universal masculino), base da democracia.

● Os liberais, da tendencia que fose, excluían ás mulleres do dereito ao voto.

INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU

CAUSAS

● Desde comezos do séc. XVII a costa leste de América do Norte foi ocupada por colonos ingleses (13 colonias): comerciantes e perseguidos por razóns políticas ou relixiosas.

● Tiñan certo autogoberno, limitado polas leis que lles obrigaban a comerciar obrigatoriamente coa metrópole (Inglaterra).

● O Parlamento inglés aumentou a partir de 1763 os impostos ás colonias para recuperarse dos gastos que tivera na Guerra dos Sete Anos contra Francia e España.

● Os colonos opuxéronse á suba e a metrópole castigou aos rebeldes.

● Durante o XVIII acadaran unha gran prosperidade económica pero carecían de representantes políticos no Parlamento de Londres.

● As ideas ilustradas de igualdade e liberadade fóronse extendendo.A IDEA DE INDEPENDENCIA DA METRÓPOLE FOI GAÑANDO PARTIDARIOS

INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UUGUERRA DE INDEPENDENCIA

● Precedente: Motín do té de Boston (1773).

● 1775: Primeiros enfrontamentos entre a metrópole e as colonias.

● Cada colonia converteuse nun Estado con goberno, leis e constitución propia.

● Virxinia (1776): Primeira declaración de dereitos (contiña principios liberais)

● Declaración de Independencia(Filadelfia) (4 de xullo de 1776) redactada por Thomas Jefferson: Nacen os EE.UU.

● Guerra longa onde España e Francia apoiaron aos rebeldes.

● 1783: Inglaterra asina a paz (Paz de Versalles) e recoñece aos EE.UU. Nace un novo país.

INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU

NOVO MODELO POLÍTICO

● Cada colonia converteuse nun Estado.

● Seguían os principios liberais (soberanía popular, separación de poderes) e dereitos (liberade de expresión, reunión, igualdade ante a lei, xuízo por xurado).

● Diferenzas entre eles: nos estados do sur o dereito ao voto era moi restrinxido.

● 1787: Creación dunha REPÚBLICA FEDERAL na que cada Estado conservaba parte da súa soberanía, pero cedía competencias ao goberno federal dirixido por un presidente.

● 1787: Constitución dos Estados Unidos.

● 1789: Emendas á constitución relacionadas coa protección dos dereitos e liberdades fundamentais que teñen o carácter de Declaración de dereitos.

● 1789: George Washington é elixido o primeiro presidente dos Estados Unidos de América.

● EE.UU foron as primeiras colonias que se independizaron da súa metrópole e o primeiro país onde se estableceu un réxime político baseado nos principios liberais.

● Como modelo a imitar, abriron a era das revolucións que lle afectaron a Europa e á América española.

INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU

George Washington

Declaración de Independencia Constitución EE.UU 1787

Primeria bandeira dos EE.UU

A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO1789-1815

REVOLUCIÓN FRANCESA

CAUSAS:

● Creba financeira da monarquía francesa: grandes débedas e gastos do Estado.

● Tensión social: todos os estamentos esixían cambios, especialmente a burguesía.

● Crise económica: anos de malas colleitas e suba de produtos básicos.

● O Goberno de Luis XVI era incapaz de soluciónar os problemas.

● Difusión das ideas ilustradas e impacto da revolución en EE.UU

Monarquía República

A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO1789-1815

INICIO DA REVOLUCIÓN: 1789

REVOLTA DOS PRIVILEXIADOS● Os privilexiados néganse a pagar impostos.● Luis XVI convoca os Estados Xerais: Asemblea de

representantes dos tres estamentos.

REUNIÓN DOS ESTADOS XERAIS● Redacción dos Cadernos de queixas.● Representantes do Terceiro Estado (maioría

burgueses) esixen reunións conxuntas e voto por individuo non por estamento.

FORMACIÓN DA ASEMBLEA NACIONAL● Negativa dos privilexiados ás reunións conxuntas.● O Terceiro estado apoiado por representantes do

baixo clero e baixa nobreza forman unha ASEMBLEA NACIONAL.

● Asume a soberanía nacional e o poder lexislativo.● Obxectivos: transformar o réxime político e elaborar

unha constitución con principios liberais (decisións revolucionarias).

● Oposición do rei e dos privilexiados.

Reunión Estados Xerais

Xuramento do Xogo da Pelota

1. Que todos os impostos sexan pagados polas tres ordes, sen ningunha excepción, cada un segundo as súas posibilidades económicas.2. Que haxa unha única lei para todo o Reino3. Supresión total das taxas e impostos4. Exención de impostos para todas as feiras e mercados e abolición das peaxes5. Supresión de toda clase de décimo en especie8. Que os dereitos das propiedades sexan sagrados e inviolables9. Que se aplique a xustiza máis rapidamente e con menos parcialidade10. Abolición total das corveas, sexan da clase que sexan17. Que todos os curas estean obrigados a realizar todas as funcións do seu ministerio sen esixir ningunha retribución. "

Campesiños de Guyancourt (preto de Versalles, aldea duns 600 habitantes en 1789).

Cadernos de queixas

INICIO DA REVOLUCIÓN: 1789

Movilización popular

● Protesta urbana

- Carestía do pan e alimentos básicos

- París: Asalto á Bastilla (14 de xullo), símbolo da arbitrariedade do rei

● Revoltas antiseñoriais no campo

- Pretenden acabar co réxime señorial

- Medo a unha reacción nobiliar que paralice as reformas

- Asalto a terras, pazos e castelos da nobreza (Gran Peur)

A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO1789-1815

A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO1789-1815

MONARQUÍA CONSTITUCIONAL

Desparece o poder absoluto do rei e a Asemblea Nacional comeza a gobernar e a lexislar. Medidas:

1ª- Abolición do réxime feudal (1789):

– eliminando impostos

– Suprimindo os dereitos dos señores.

(1789-1792)

Sociedade francesa antes da Revolución

Inversión social que reclaman os revolucionarios

A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO1789-1815

A abolición do réxime feudal. Decreto do 4 de agosto de 1789

Artigo 1. A Asemblea Nacional suprime enteiramente o réxime feudal e decreta que osdereitos e deberes, tanto feudais como censuais, os que se refiren á man morta real oupersoal e á servidume persoal e os que representan, son abolidos sen indemnización, e todosos demais declarados redimibles, e que o prezo e o modo da redención serán fixados polaAsemblea Nacional (...).

Artigo 4. Todas as xustizas señoriais son suprimidas sen ningunha indemnización; pero, sen,embargo, os oficiais destas xustizas continuarán as súas funcións ata que sexa provisto polaAsemblea Nacional o establecemento dunha nova orde xudicial.

Artigo 5. Os décimos de calquera tipo e os censos a que desen lugar baixo calqueradenominación con que sexan coñecidos e percibido, mesmo por aboamento, posuídos polos corpos regulares e seculares, como os seus beneficios, os edificios e todo tipo de mans mortas, mesmo da orde de Malta e outras ordes relixiosas e militares..., serán abolidos (...).

Artigo 11. Todos os cidadáns, sen distinción de nacemento, poderán ser admitidos a todos osempregos e dignidades eclesiásticas, civís e militares, e ningunha profesión útil reportará deshonra.

A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO1789-1815

2ª- Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789):

● Recollía os dereitos que se debían garantir:

– liberdade,

– igualdade ante a lei

– propiedade individual.

● Principio da soberanía nacional.

● Dereito á participación dos cidadáns mediante a elección dos representantes.

● Separación de poderes.

● Resumindo: principios liberais.

MONARQUÍA CONSTITUCIONAL (1789-1792)

A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO1789-1815

3ª- Primeira constitución francesa (1791)

MONARQUÍA CONSTITUCIONAL (1789-1792)

“Artigo Primeiro. - A Soberanía é unha, indivisible, inalienable e impresciptible. Pertence á Nación; ningunha sección do pobo nin ningún individuo pode atribuírse o seu exercicio.

2. A Nación, da que emanan todos os Poderes, non pode exercelos máis que por delegación. - A Constitución francesa é representativa: os representantes son o Corpo lexislativo e o Rei.

3. O Poder lexislativo delégase nunha Asemblea Nacional composta por representantes temporais, libremente elixidos polo pobo, para ser exercido por ela, coa sanción do Rei, do xeito que despois se determinará.

4. O goberno é monárquico: o Poder executivo delégase no Rei, para ser exercido baixo a súa autoridade polos ministros e outros axentes responsables, do xeito que despois se determinará.

5. O Poder judicical delégase nos xuíces elixidos de tempo en tempo polo pobo.”

Recolle os principios básicos do liberalismo:

● Forma de Goberno: Monarquía constitucional.● Soberanía nacional● Recoñecemento de liberdades civís e políticas.● Separación de poderes● Sufraxio censatario.

PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA (1792)

● Oposición do rei e da nobreza ás reformas.

● Conspiración do rei con Austria e Prusia (monarquías absolutas)

● Guerra contrarrevolucionaria: Prusia e Austria invaden Francia (1792)

● A Asemblea Nacional elexida por sufraxio universal proclama a República (abólese a monarquía).

MOTIVOS

1792-1804: PRIMEIRA REPÚBLICA FRANCESA

CONVENCIÓN (1792-1794)

● Formación de diferentes grupos políticos entre os revolucionarios que loitaban polo poder: Xirondinos, Xacobinos, “Llanura”.

● Guerras cos países veciños.● Convención: sistema no que a

Asemblea asumía todos os poderes do Estado e exercíaos a través de Comités.

● Execución do rei Luís XVI e Maria Antonieta (1793).

● Nova constitución 1793.● Ditadura de Robespierre (Terror):

– Eliminar aos contrarrevolucionarios

– Derrota das potencias que invadiron Francia

1792-1804: PRIMEIRA REPÚBLICA FRANCESA

DIRECTORIO (1795-1799)

● O poder executivo (Goberno) formado por cinco membros (directores) escollidos pola cámaras parlamentarias (lexislativo).

● Fase moderada da revolución.

● Nova Constitución 1795.

● Guerras contra reinos veciños:

– Triunfos de Napoleón Bonaparte

– Extensión dos principios revolucionarios

1792-1804: PRIMEIRA REPÚBLICA FRANCESA

CONSULADO (1799-1804)

● Golpe de Estado de Napoleón (1799) contando co apoio da burguesía moderada e do exército.

● Goberna co título de cónsul.

● Pacificou internamente Francia.

● Centralización do Estado.

● Reforma a educación e a xustiza.

● Triunfos militares contra outros países.

1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO

RASGOS DO IMPERIO:

● Continuación da expansión militar e anexión de novos territorios (guerras napoleónicas).

– Vitorias sobre Austria, Rusia e Prusia.

– Reorganización do mapa europeo: coloca a familiares á fronte dos novos reinos.

– Difusión por Europa das ideas revolucionarias.

– Pobos ocupados: estimulou os sentimentos nacionalistas dos pobos que se resistían aos proxectos de Napoleón.

● 1804: Napoleón proclamouse EMPERADOR.● Francia dominará unha gran parte de Europa.

1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO

● Enfrontamento con Inglaterra:

– Foi derrotado en Trafalgar (1805)

– Fracasou no bloqueo continental: intentaba colapsar a economía inglesa.

1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO● Fracaso nas invasións de España e Rusia.

– 1808: Napoleón tentou conquistar Portugal (aliado de Inglaterra) atravesando España.

– Crise na monarquía de Carlos IV.

– Napoleón destituíu aos Borbóns e nomeou rei de España ao seu irmán Xose I “Pepe Botella”.

– Iniciouse unha guerra de guerillas para expulsar aos franceses: Guerra da Independencia (1808-1814)

– 1812: Invasión de Rusia por parte de Napoleón.

– Ten que retirarse pola falta de abastecementos e o frío.

1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO● Fin do Imperio

– Formación dunha coalición antifrancesa: Inglaterra, Rusia, Suecia, Prusia e Austria.

– 1814: Francia é invadida e Napoleón abdica.

– Exíliase na Illa de Elba.

– Restauración do Antigo Réxime en toda Europa.

– 1815: Imperio dos Cen Días: Napoleón recupera o goberno.

– Batalla e derrota en Waterloo.

– Desterrado á illa de Santa Helena.

– 1821 : falece.

GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA

CARLOS IV E A CRISE DA MONARQUÍA ESPAÑOLA

● Carlos IV (1788-1808)

● Temor ao contaxio revolucionario de Francia.

● Ambición de poder por parte de Manuel Godoy, home de confianza do rei → receos de Fernando, herdeiro da Coroa.

● Relacións con Francia:

– Ata 1796: enfrontamento coa Francia revolucionaria.

– Despois: alianza hispano-francesa contra Inglaterra.

● Abdicación de Carlos IV: 1808.

– Godoy permitélle a Napoleón atravesar España.

– Motín de Aranjuez: contra Godoy por parte dos partidarios do príncipe Fernando. Carlos IV abdica no seu fillo Fernando VII.

GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA

● Napoleón media no conflito familiar entre Carlos IV e Fernado VII

● Abdicacións de Baiona (Francia): Cesión da Coroa de España a Napoleón e este nomea rei a seu irmán Xosé I.

● A maioría da poboación española oponse á presenza francesa.

– Levantamento do Dous de Maio de 1808 en Madrid.

– Inicio da Guerra de Independencia.

GUERRA CONTRA NAPOLEÓN

GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA

● Guerra de Independencia:

– Superioridade militar francesa e dominio inicial.

– Guerra de guerrillas: grupos reducidos de paisanos que sorprendían ao inimigo (emboscadas), apoiados pola poboación.

– O Empecinado ou Agustina de Aragón foron algúns dos líderes.

– Os españois, axudados polos ingleses. Expulsaron aos franceses en 1814.

● Guerra en Galicia:

– Galicia foi ocupada en xaneiro de 1809: expulsión dos ingleses: Batalla de Elviña.

– Forte resistencia popular e guerrilleira: Cachamuíña.

– Reconquista de Vigo e batalla de Ponte Sampaio (xuño, 1809): os franceses abandonan Galicia.

GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA

● Xosé I non foi aceptado como rei.

● Nas cidades e vilas formáronse XUNTAS: institucións que asumiron a soberanía e exerceron o goberno no seu territorio.

● Xunta Suprema Central: coordinaba as Xuntas de toda España.

● Convocatoria de Cortes extraordinarias:

– Reuníronse en Cádiz en 1810.

– Redacción da Constitución de Cádiz (1812): Primeira constitución da Hª de España.

– Recollía principios liberais:

● Soberanía nacional.● División de poderes.● Dereitos e liberdades individuais.● Sufraxio universal masculino indirecto.● Forma de goberno: monarquía.● Relixión oficial: catolicismo.

CORTES DE CÁDIZ E CONSTITUCIÓN DE 1812

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

● Novo sistema de cultivo: Sistema Norfolk

– Introdución da rotación de cultivos: tubérculos, plantas forraxeiras e cereal.

– Elimininación do barbeito

– Incremento da produción para a alimentación humana e animal.

– Aumento da produtividade das terras: fertilizante de esterco.

Conxunto de cambios e innovacións técnicas e económicas que tiveron lugar dende mediados do XVIII e que transformaron o mundo agrario e a produción de manufacturas. Iniciáronse en Inglaterra e esténdéronse no XIX ao resto do mundo.

REVOLUCIÓN AGRARIA: CARACTERÍSTICAS

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

REVOLUCIÓN AGRARIA● Renovación técnica:

– Mellora da ferramenta (ferro).

– Novos arados.

– Novos aparellos mecánicos para sementar, mallar e segar.

– Introdución da máquina de vapor no XIX que substitúe o esforzo humano e animal.

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

REVOLUCIÓN AGRARIA● Especialización agraria e incremento dos rendementos.

– Antes: agricultura destinada ao autoconsumo.

– Revolución agraria: especializada e destinada á venda.

– Aumento dos rendementos e, polo tanto, da produción: emprego de máquinas, novos sistemas de cultivo, fertilizantes, selección de sementes, extensión do regadío.

– A poboación aumenta porque contaba con maiores recursos alimenticios e diminúen a mortalidade catastrófica (Revolución demográfica).

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

REVOLUCIÓN AGRARIA● Cambios no réxime de propiedade

da terra:

– As terras comunais (de orixe medieval) convertéronse en propiedade privada individual.

– Eliminación das trabas e cargas fiscais de orixe feudal.

– INGLATERRA: Enclosures Acts (leis de cercamentos)

● Terra comunais e baldías pasaron a ser de propiedade individual e explotadas para obter un beneficio económico.

● Os campesiños non propietarios (beneficiábanse delas) tiveron que emigrar ás cidades ou convertirse en xornaleiros.

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

REVOLUCIÓN AGRARIA● Cambio na mentalidade dos propietarios agrícolas (nobres):

– Antigo Réxime: mentalidade rendista (vivir das rendas pagadas polo campesiñado arrendatario das terras): non inversión nin melloras no campo.

– Revolución agraria: A terra é vista como unha fonte de beneficios (visión capitalista) que podían ser investidos na mesma, na industria ou no comercio.

Antes

DespoisTERRATENENTES INGLESES:

- Landlords- Gentry.

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL● Concepto: Revolución Industrial: Conxunto de transformacións

técnicas, económicas e sociais que tiveron lugar no sistema de produción de mercadorías a partir de mediados do século XVIII.

● RASGOS XERAIS:

– A máquina substitúe ó traballo manual

– A fábrica despraza o taller.

– O artesán transfórmase en obreiro asalariado.

– A cidade, onde se sitúan as industrias, domina o campo.

INICIO DUNHA NOVA ÉPOCA: MUNDO ACTUAL

TRANSFORMACIÓNS REVOLUCIONARIAS

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

ORIXE

● Aparición: Inglaterra. Mediados do XVIII● Cronoloxía: 1750 -1860/70.● Expansión ao resto do mundo: século XIX.

CARACTERÍSTICAS

● Invención de máquinas especializadas: mecanizacióndas tarefas produtivas.

● Emprego da enerxía do vapor como forza

motriz → Invención da máquina de vapor

por James Watt (1769).

● Carbón: fonte de enerxía calorífica para a

máquina de vapor.

A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

EXPANSIÓN DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

● Instalación de fábricas: unidades de produción nas que se concentran máquinas e traballadores asalariados → Sistema fabril (factory system).

– Substitúe á manufactura.

– Substitúe ao domestic system: sistema de produción a domicilio.

● Sectores punteiros → os que primeiro se mecanizaron:

– Industria téxtil.

– Industria siderometalúrxica.

– Ferrocarril.

A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

● Industria téxtil do algodón:

– No Antigo Réxime: lá e liño.

– No XVIII aumentou en Europa a demanda de tecidos de algodón de procedencia oriental

– Talleres en Inglaterra comezaron a fiar e tecer algodón que procedía das colonias.

– Introdución de innovacións técnicas (máquinas) neses talleres no proceso de fiado e do tecido.

– Aumento dos beneficios.

– O algodón despraza á lá.

– Os talleres son substituídos por fábricas: maquínas/asalariados.

A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

● Industria siderometalúrxica.

– No Antigo Réxime produción escasa de ferro → fundición empregando madeira.

– No XVIII: incremento da demanda de ferro para ferramentas e máquinas.

– Carbón: fonte calorífica para fundir o ferro.

– Fundición nos altos fornos.

– Transformación nos talleres mecánicos.

A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Máquinas nunha fábrica téxtil

Fundición

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

● Ferrocarril:– Novo medio de transporte.– Stephenson aplícalle á

locomotora a máquina de vapor (1825).

– 1830: Primeira liña de pasaxeiros entre Liverpool e Manchester.

– Estimula o comercio, a industria siderúrxica, o transporte,...e reduce o tempo nas comunicacións.

– Ferrocarril= símbolo de progreso.

A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIALFERROCARRIL: REVOLUCIÓN NOS TRANSPORTES

FERROCARRIL: REDUCIÓN DO TEMPO DAS VIAXES

O CAPITALISMO E A SOCIEDADE DE CLASES

TRANSFORMACIÓNS(FINAIS S.XVIII-PRINC. XIX)

ECONÓMICAS SOCIAIS POLÍTICAS

NOVO SISTEMA ECONÓMICO:CAPITALISMO

NOVO MODELO SOCIAL:SOCIEDADE DE CLASES

ORIXINARON

O CAPITALISMO● Sistema económico xurdido en Europa occidental a finais do século XVIII● Teóricos: Adam Smith, Thomas R. Malthus e David Ricardo.● Con modificacións, perdura ata a actualidade.

TRAZOS BÁSICOS:● O capital (terras, fábricas, diñeiro,...) é o factor básico para investir, aumentar a

produción e obter beneficios.● A liberdade económica debe ser total, sen intervención do Estado (liberdade

de prezo, salarios,...). O mercado debe regularse pola lei de oferta e demanda.● Propiedade privada dos medios de produción e dos bens producidos protexida

pola lei.● Man de obra formada por traballadores asalariados: O traballo considérase

unha mercadoría máis. Os obreiros venden a súa forza de traballo a cambio dun salario.

● A división do traballo permite aumentar a produción xa que os obreiros se especializan nunha determinada función.

O CAPITALISMO● Búsqueda do máximo beneficio. Factor de estímulo.

● Riqueza individual como criterio de organización social (non o nacemento como pasaba no A.R): Os individuos ocupan un lugar na sociedade en función da súa riqueza. Posibilidade de movilidade social en función do esforzo persoal ou o éxito nos negocios.

● Desigualdade, dependencia e explotación dos que non posúen bens ou medios de producción: ex: explotación dos obreiros por parte dos propietarios das fábricas.

● Actividades económicas suxeitas a flutuacións e crises cíclicas:

– Recesión: períodos de crecemento lento da economía.

– Depresión: crecemento negativo

– Expansión: crecemento económico rápido.

– Crises graves: peche de empresas, desemprego, caída dos beneficios.

SOCIEDADE DE CLASES● A revolución liberal eliminou os criterios de organización social característicos do Antigo Réxime

baseados no:

– Privilexio herdado por razón de nacemento: nobreza.

– Privilexio adquirido: clero.

– Sociedade estamental (estamentos): movilidade social moi ríxida.

● Nova sociedade organizada en clases sociais: grupos diferenciados pola súa riqueza.

CARACTERÍSTICASCARACTERÍSTICAS:

● Igualdade xurídica dos seus membros: Todos os cidadáns son iguais ante a lei, non privilexios.

● Riqueza: criterio de diferenciación social.

● Desigualdade económica: minoría que acumula grandes riquezas e maioría que vive dun salario.

● Dinamismo social: posibilidades de ascenso e descenso na escala social.

● Protagonismo da burguesía e do proletariado. Nobreza e clero perden a influencia e o poder.

NUNHA SOCIEDADE DE CLASES NON SÓ HAI DOUS GRUPOS, É ALGO MÁIS COMPLEXO...

A BURGUESÍA, CLASE DOMINANTE● Principal impulsora dos cambios políticos e económicos→Revolucións

● Gran beneficiada dos cambios→converteuse no grupo social dominante:

– Dominio económico:

● Acumulaba capitais procedentes da agricultura, industria, comercio, finanzas.

● Investía capitais para obter maiores beneficios.

● Controlaba o mercado

● Establece prezos de mercado.

● Fixa os salarios.

– Dominio político-ideolóxico:

● A lexislación establecida polo novo réxime liberal favorecía os seus intereses: control do Estado, dereito exclusivo de voto (sufraxio censatario), protección da propiedade privada, liberdade de mercado.

● Impuxo a súa mentalidade e gustos burgueses: novos costumes, modas, diversións...

● Diferenzas:

– Alta burguesía: grandes industriais, comerciantes e banqueiros.

– Baixa ou pequena burguesía: pequenos comerciantes e profesionais liberais

O NACEMENTO DO PROLETARIADO● Xurde a consecuencia da industrialización e das reformas agrarias.

● Composto polos traballadores das fábricas e os xornaleiros do campo.

● Venden a súa forza de traballo a cambio dun salario.

● Orixe nas masas campesiñas que emigran ás cidades para traballar nas industrias debido a:

– Mecanización do campo.

– Cambios na propiedade da terra.

– Crecemento demográfico.

● Duras condicións laborais:

– Non existía lexislación laboral.

– Man de obra abundante.

– Longas xornada de traballo: 12-15 horas.

– Salarios moi baixos: toda a familia traballaba, tamén mulleres e nenos

– Condicións de traballo: mínimas condicións hixiénicas e de seguridade → enfermidades.

– Códigos de disciplina ríxidos e severos: multas por falar ou asubiar, malos tratos.

● Paulatina toma de conciencia de clase polas condicións de vida e de traballo → movemento de reivindicación de melloras e cambios.

ARTERENACEMENTO: XV-XVI

BARROCO: XVII-XVIII

NEOCLASICISMOFINS XVIII

NEOCLASICISMO

● Artistas imitan a arte grega e romana.

● Descubrimento das ruínas de Pompeia.

● París: centro artístico.

● ARQUITECTURA:

– Arcos de medio punto.

– Frontóns.

– Grandes cúpulas.

– Ordes clásicas.

– Artistas/arquitectos: Soufflot (Francia), Villanueva (España), Schinkel e Langhans (Alemaña).

Porta de BrandeburgoLanghans

Museo del PradoVillanueva

NEOCLASICISMOESCULTURA

● Esculturas que se inspiran nas formas e no canon greco-romano.

● Temas mitolóxicos.

● Escultores: Canova e Thorwaldsen

Amor e PsycheCánova

Paulina BonaparteCánova

Teseo e o MinotauroCánova

Xáson co vélaro de ouroThorwaldsen

NEOCLASICISMO

PINTURA

● Predominio dos temas históricos

● Dominio do debuxo sobre a cor

● Composicións equilibradas

● Luces planas

● Pintores: Ingres, David, Madrazo, Mengs

A morte de MaratDavid

O xuramento dos HoraciosDavid

A gran odaliscaIngres

FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)

● Un dos grandes xenios da pintura universal.

● Non se pode encadrar nun estilo determinado.

● Innovador e renovador da pintura.

● Serviu de referente a varios movementos pictóricos posteriores.

● A súa obra é extensa e variada:

– Cartóns para tapices: esceas costumbristas, estética neoclásica.

– Retratos: foi pintor de cámara de Carlos IV.

– Cadros de tema histórico: invasión napoleónica.

– Pinturas negras: cambio de estética provocada por unha enfermidade que o deixou xordo. Cores escuras, fondos neutros, expresionismo na luz, temas macabros.

– Precursor do impresionismo: exilio en Francia polas súas ideas liberais.

Autorretrato, 1815

FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)CARTÓNS PARA TAPICES

A nevada

O parasol A pita cega

A vendima

FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)RETRATOS

Jovellanos A familia de Carlos IV

A maja vestida A maja espida

Duquesa de Alba

FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)

CADROS DE TEMA HISTÓRICO

A carga dos mamelucos Os fusilamentos do 3 de maio

FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)DESASTRES DA GUERRA

FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)

PINTURAS NEGRAS

Dous vellos comendo sopas

Aquelarre

Saturno devorando a un fillo

Loita a garrotazos

FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)EXILIO EN FRANCIA

A leiteira de Burdeos

FIN