#sumando por oroso nos dámoslle de comer á vaca e outros...

8
do BNG en Oroso Outubro 2018 Nos dámoslle de comer á vaca e outros intentan muxila 1 #Sumando por Oroso O BNG entende a actividade política como un instrumento de transformación da nosa sociedade. Nesta liña levamos anos traballando dende o BNG de Oroso para conseguir dispormos no noso Concello de máis e mellores servizos para toda a veciñanza. Coa motivación de seguirmos a mellorar no labor que realizamos, no BNG de Oroso estamos a levar a cabo un proceso de renovación, co que abrir un tempo novo. O BNG de Oroso comeza así unha nova senda que parte do traballo xa feito desde unha oposición construtiva, a única oposición real que ten o goberno do Concello de Oroso, pero cos novos bríos que lle imos tentar dar tanto coa presenza do novo Concelleiro, Diego Boquete, como desde o novo Consello Local, formado por Isabel Fernández Gallego, Olalla Marcote e Diego Conde. Partindo da enerxía e vitalidade de querermos facer cousas novas, estamos a traballar para recoller as diferentes necesidades e servizos que precisa Oroso e así podermos darlle resposta. Da man de colectivos sociais e veciñais, no BNG de Oroso queremos seguir avanzando na transformación do noso Concello, de maneira que poidamos establecer un proxecto común que sexa referente como no resto de Concellos onde goberna o BNG. Dende a Asemblea local do BNG estamos a traballar decididamente para conseguir un Oroso mellor. Contamos contigo.

Upload: others

Post on 09-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: #Sumando por Oroso Nos dámoslle de comer á vaca e outros ...oroso.bng.gal/media/bngoroso/files/2018/10/20/... · O BNG de Oroso presentou unha moción para declarar persoas non

do BNG enOroso

Outubro

2018

Nos dámoslle de comer á vaca e outros intentan muxila

1

#Sumando por OrosoO BNG entende a actividade política como un instrumento detransformación da nosa sociedade. Nesta liña levamos anos traballandodende o BNG de Oroso para conseguir dispormos no noso Concello demáis e mellores servizos para toda a veciñanza.

Coa motivación de seguirmos a mellorar no labor que realizamos, no BNGde Oroso estamos a levar a cabo un proceso de renovación, co que abrir untempo novo. O BNG de Oroso comeza así unha nova senda que parte dotraballo xa feito desde unha oposición construtiva, a única oposición realque ten o goberno do Concello de Oroso, pero cos novos bríos que lle imostentar dar tanto coa presenza do novo Concelleiro, Diego Boquete, comodesde o novo Consello Local, formado por Isabel FernándezGallego, Olalla Marcote e Diego Conde.

Partindo da enerxía e vitalidade de querermos facer cousas novas,estamos a traballar para recoller as diferentes necesidades e servizos queprecisa Oroso e así podermos darlle resposta.

Da man de colectivos sociais e veciñais, no BNG de Oroso queremosseguir avanzando na transformación do noso Concello, de maneira quepoidamos establecer un proxecto común que sexa referente como noresto de Concellos onde goberna o BNG.

Dende a Asemblea local do BNG estamos a traballar decididamente paraconseguir un Oroso mellor. Contamos contigo.

Page 2: #Sumando por Oroso Nos dámoslle de comer á vaca e outros ...oroso.bng.gal/media/bngoroso/files/2018/10/20/... · O BNG de Oroso presentou unha moción para declarar persoas non

2

#Traballando pola veciñanzaO BNG de Oroso lidera iniciativas a prol damellora do noso Concello, presentando nosúltimos plenos diferentes cuestións quepreocupan a nosa veciñanza, achegandopropostas para a súa inmediata solución.

Dunha maneira responsábel propoñemosalternativas realistas, co único interese deseguir conseguindo servizos de calidade nonoso Concello.

O BNG de Oroso presentou, a través do seuconcelleiro Diego Boquete, diferentes preguntasacerca da execución da senda peonil entre Baxoia ataBouzalonga, a cal a pesar de ser publicitada eprometida en diversas ocasións polo Alcalde desde o2015, esta segue sen ser unha realidade a día de hoxe.

Neste traxecto hai zonas sen case beiravías o quedificulta o transito de peóns entre estes dous puntos.Do mesmo xeito, existen diferentes puntos conescasa visibilidade e cunha iluminación deficiente,co risco que isto supón para a seguridade vial. Nestesenso, a execución desta obra melloraríasubstancialmente a seguridade viaria dunha zonamoi transitada, non só polos veciños e veciñas dolugar, senón tamén polos peregrinos que fan oCamiño Inglés.

O BNG de Oroso conseguiu que a xusta a demanda daveciñanza de Bouzalonga, se teña en conta paraengadila nos próximos orzamentos do Concello, paraque a súa execución sexa unha realidade.

O BNG DE OROSO LEVA A PLENO A DEMANDA DUNHA SENDA PEONIL ENBOUZALONGA (DEIXEBRE)

O deficiente asfaltado e una incorrecta execución dostraballos de asfaltado realizado nos viais de PortoAvieira fai que siga a haber fochancas nos viais daurbanización, así como zonas onde se acumulanbalsas de auga. Neste senso, solicitouse a súarevisión de maneira que se corrixan todas asdeficiencias existentes.Da mesma maneira, conseguiuse a instalación debandas sobreelevadas e balizas no vial de servizo daAvda. Compostela, de xeito que evitase que osvehículos cruzasen esa zona a gran velocidade paraevitar os semáforos.

SOLICITAMOS A REVISIÓN DO ESTADO E MELLORA DE DIFERENTES VIAIS DOCONCELLO

Page 3: #Sumando por Oroso Nos dámoslle de comer á vaca e outros ...oroso.bng.gal/media/bngoroso/files/2018/10/20/... · O BNG de Oroso presentou unha moción para declarar persoas non

3

Promovemos unha moción contra a Mina de Touro.

Debido á importante incidencia que ten dende o punto de vista medioambiental para toda a comarca, oelevado risco sobre a saúde da poboación derivado do emprego de metais pesados, así como o impactoeconómico negativo que tería sobre as actividades agropecuarias xa asentadas na zona, instamos oConcello a que trasladase á Xunta de Galicia o rexeitamento da corporación a este proxecto. Foiaprobada cos votos a favor do BNG de Oroso, o PSOE e en contra do PP de Oroso.

Propuxemos unha moción para declarar persoas non gratas no Concello os membros da Manada.

O BNG de Oroso presentou unha moción para declarar persoas non gratas no Concello os membros daManada, condenados por ter sometido a unha moza de 18 anos a reiterados actos sexuais, por parte detodos eles, en contra da súa vontade e facendo uso da súa condición de superioridade: numérica, físicae de idade, durante os San Fermíns de 2016. Dita proposta non puido ser debatida ao non ser aceptada asúa tramitación polos votos en contra do PSOE, a pesar do voto favorábel do resto dos partidos queconforman a corporación municipal. No seu lugar, aprobouse unha declaración institucional ondeunicamente se manifesta a repulsa aos feitos cometidos polos compoñentes de 'La Manada'. Nestesenso, dende o BNG de Oroso seguimos manifestando a nosa máis enérxica repulsa e condena decalquera forma de violencia cara á muller, e lamentamos esta actitude do grupo municipal socialista, acal non entendemos

O BNG de Oroso presentou unha moción em quemanifesta o seu rexeitamento á subida das peaxes daAP9, así como a gratuidade do tramo da autoestradaentre Sigüeiro e Santiago.

A subida das peaxes, que xa acada un prezo de 1,65€ paraturismos e de ata 3,60€ para vehículos pesados nestetramo, está a repercutir na desviación do fluxo detransporte de mercadorías e vehículos pesados,incrementando o tránsito deste tipo de vehículos polaestrada N-550. Máis aló dos anuncios e promesaselectoralistas, que se están a facer nos últimos díasdende o Concello, sobre futuras rotondas ecircunvalacións na N-550, a proposta do BNG de Orosoprocura dunha maneira realista e sen sobrecustes, paliaren gran medida o efecto que o intenso tráfico ten nalocalidade de Sigüeiro.

O BNG de Oroso considera fundamental librar de peaxe este tramo de autoestrada ata Santiago. Enpalabras do concelleiro Diego Boquete, a gratuidade deste tramo suporía un elemento de dinamizacióneconómica, social e demográfica para o Concello, e considera que a subida das peaxes esta tendo unimpacto negativo e directo, non soamente no desenvolvemento do polígono industrial de Oroso, senónno conxunto da veciñanza do Concello. A proposta foi aprobada por todos os grupos municipais.

Presentamos unha moción para a devolución do Pazo de Meirás.

O BNG de Oroso levou a pleno unha moción na que instaba o Goberno español a iniciar de xeitoinmediato accións legais contra a propiedade do Pazo de Meirás, de acordo co informe histórico-xurídico elaborado a instancia da Deputación Provincial da Coruña, así como amosar o apoio ás persoasque o pasado 30 de agosto de 2017 participaron nunha acción pacífica e simbólica de ocupación do Pazode Meirás, co obxectivo de reclamar a intervención dos poderes públicos para recuperar un patrimonioque debe ser do pobo galego. Dita moción tamén foi aprobada por unanimidade, incluíndo os votos doPartido Popular de Oroso.

#GRATUIDADE DA AP-9, XA!

Page 4: #Sumando por Oroso Nos dámoslle de comer á vaca e outros ...oroso.bng.gal/media/bngoroso/files/2018/10/20/... · O BNG de Oroso presentou unha moción para declarar persoas non

do BNG en Oroso

O BNG de Oroso renova o seu Consello Local

Diego Conde

4

A Asemblea Local do BNG de Oroso aproboupor unanimidade, a renovación do seuConsello local, elixindo a Diego Conde comoresponsábel da organización nacionalista noConcello de Oroso. O novo Consello Localcompletase coa integración de Diego Boquete,novo concelleiro do grupo municipal do BNG,Isabel Fernández e Olalla Marcote. Amilitancia opta deste xeito por un equipocaracterizado polo seu compromiso a prol daactividade veciñal, xa que os seus integrantescontan coa experiencia de ter asumidodiferentes responsabilidades en distintasasociacións culturais, educativas e deportivasdo noso Concello.

Olalla MarcoteIsabel FernándezA mocidade de Oroso nonconta con suficientesrecursos para poder levar acabo iniciativas dinamiza-doras.

É preciso elaborar un plande formación e empregoxuvenil especifico eadaptado á realidade donoso Concello.

Cómpre crear unha redecolaborativa que permitaapoiar proxectos empren-dedores da nosa mocidade

Temos que apostar de maneiradecidida por unha educaciónpública e de calidade para osnosos fillos. Urxe crear oConsello Escolar Municipalpara coordinar o labor dosdistintos centros educativos donoso Concello, e potenciar oseu crecemento.

É necesario promover efortalecer medidas sociais quefavorezan a conciliación e acorresponsabilidade da vidapersoal, laboral e familiar

O noso rural ten que ser fontede riqueza e desenvolvementosustentábel. As parroquias donoso Concello teñen quedispor de todos os servizosbásicos necesarios que llespermitan fixar poboación epoder desfrutar da mesmaatención e igualdade deoportunidades.

É preciso incentivar medidasdirixidas á creación de novospostos de traballo, de maneiraque a nosa veciñanza poidaacceder a un emprego estábele de calidade.

Na Asemblea Local aprobouse tamén o plan de traballo para os vindeiros meses con propostas deactividades políticas centradas no contacto co asociacionismo veciñal e diferentes entidades eaxentes sociais, económicos e educativos do noso Concello, na defensa do medio ambiente, asícomo iniciativas dirixidas a promover a mellora dos servizos no medio rural do Concello.

Page 5: #Sumando por Oroso Nos dámoslle de comer á vaca e outros ...oroso.bng.gal/media/bngoroso/files/2018/10/20/... · O BNG de Oroso presentou unha moción para declarar persoas non

5

Diego Boquete.Concelleiro do BNG de OrosoOs nosos logros son froito de trasladar peticiónsveciñais, xa sexan de ANPAS, diferentesasociacións, clubs deportivos ou mesmo deveciñas e veciñas que nos mandan un correoelectrónico, nos falan polas redes sociais ou nosparan pola rúa. Para nós, isto é o máisreconfortante. Gústanos que a veciñanza faleconnosco e nos axuden a estar orgullosos donoso Concello.

Se estamos fachendosas do noso pasado recentetemos claro cal ten que ser o noso futuro, quenon é máis que lograr ser a voz da veciñanza nosplenos a través dunha oposición construtiva.

O noso maior logro será conseguirmos quevexades o BNG de Oroso e o seu Concelleirocomo a vosa voz!

Contamos convosco para lograr un Oroso mellor,un Oroso de todas e todos!!

O que estamos conseguindo Que queremos conseguir• Que haxa unha cuberta que una o CEIP

de Sigüeiro co Pavillón Juanito Amigo easí evitar que as nosas crianzas semollen para iren á clase de EducaciónFísica

• Que se vaia pechar a pista polideportivado CEIP do Camiño Inglés, para unmellor aproveitamento da mesma

• Que se melloren e adecúen as rúas donoso Concello, como a Rúa Ulloa, zonade Porto Avieira ou o vial de servizoparalelo á Avenida Compostela,mellorando a súa seguridade viaria.

• Que se melloren os servizos educativosdo noso Concello mediante a asignaciónde dúas liñas a cada un dos CEIP e crearo Consello Escolar Municipal.

• Que se melloren os servizos sanitarios ede cobertura social do noso Concello,solucionando as carencias de persoalsanitario do Centro de saúde e cunhamaior atención aos nosos maiores epersoas en risco de exclusión social.

• Que se mellore a mobilidade no nosoConcello mediante a gratuidade da AP-9.

• Que se melloren os servizos en todas asparroquias do Concello, mediante arealización de sendas peonís,abastecemento de auga, saneamento,implantación de banda larga,…

Page 6: #Sumando por Oroso Nos dámoslle de comer á vaca e outros ...oroso.bng.gal/media/bngoroso/files/2018/10/20/... · O BNG de Oroso presentou unha moción para declarar persoas non

do BNG en Oroso

6

O BNG de Oroso defendendo as pensións públicasDende o BNG de Oroso consideramos de grandeimportancia denunciar a actual deriva que se está aproducir no sistema de pensións. Así, celebramos unacto informativo sobre o futuro das nosas pensións.A charla contou coa presenza de Isabel Fernández,do BNG de Oroso, Anxo Louzao, ex secretarionacional da CIG ensino, e Montse Prado, deputada doBNG no Parlamento de Galicia.Durante a presentación doacto, Isabel Fernández puxode manifesto como case o60% das pensións galegasestán por debaixo do salariomínimo, sendo preocupantea situación das mulleres xaque 1 de cada 4 mulleresmaiores de 65 anos está porbaixo do limiar da pobreza.Ademais, amosou a súapreocupación polas moitasfamilias do noso Concello,que teñen nas pensións asúa única fonte de ingresos.

Anxo Louzao indicou comoas reformas aplicadas en2011 (polo Goberno do PSOE,co apoio de CCOO e UGT) een 2013 (polo Goberno do PP)introduciron recortes moiregresivos dirixidos adificultar o acceso áspensións públicas e arebaixar as súas contías.

Estas medidas provocaronunha importante perda depoder adquisitivo naspensións e están a ocasio-nar que as galegas e galegosque acceden agora áxubilación o fagan percibin-do contías máis reducidas.

Da mesma maneira, MontsePrado sinalou que case o 60%das pensións galegas estánpor debaixo do salariomínimo, sendo moipreocupante a situación dasmulleres, xa que 1 de cada 4maiores de 65 anos está porbaixo do limiar da pobreza.Ademais, moitas familiasteñen nas pensións a súaúnica fonte de ingresos.Explicou como as propostasque o BNG propón querencorrixir esta situación.

O BNG de Oroso celebra o Día das Letras GalegasO 16 de maio celebramos un acto en homenaxe a María VictoriaMoreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas do2018.Para iso, contamos co grupo Xandobela, cos que ideamos unhaproposta para os máis pequechos do noso Concello, con xogos eobradoiro de confección de elementos mariños con papel,seguindo a arte xaponesa de pregado ou origami, aderezadacoas narracións e relatos que María Victoria Moreno nos deixouno libro Mar adiante e con xogos en que a participación darapazada foi fundamental

Page 7: #Sumando por Oroso Nos dámoslle de comer á vaca e outros ...oroso.bng.gal/media/bngoroso/files/2018/10/20/... · O BNG de Oroso presentou unha moción para declarar persoas non

7

Xornada de traballo do BNG de Orosoen AllarizO pasado día 7 de xullo, sábado, a Asemblea do BNG deOroso visitou o Concello de Allariz, gobernado polo BNGdende hai case 30 anos. Recibidos pola súa alcaldesa,Cristina Cid explicounos as principais transformaciónsque durante este tempo teñen convertido a Allariz nunConcello cun proxecto sólido e con moito futuro, conmodelos de economía sustentábel, creación de empregoe recuperación do patrimonio artístico e natural queconseguen que sexan referentes, non só a nivel galegosenón tamén a nivel internacional. Indicounos que undos principais motores desta mellora e transformacióndo Concello non é soamente mérito do traballo e esforzodo grupo de goberno, senón que a forza para levalo acabo parte de facer participe a toda veciñanza da ilusióndun proxecto común. O prototipo do que nósqueremos para Oroso.

Reunións cos axentes sociais e educativos doConcelloO BNG de Oroso iniciou unha rolda de conversas condiferentes entidades e axentes sociais, económicos eeducativos do noso Concello para recollermos asdiferentes necesidades e servizos que precisa Oroso easí podermos darlle resposta.

Neste senso, os membros do Consello Local do BNG deOroso Isabel Fernández e Diego Boquete, reuníronsecoa directiva da ASOCIACIÓN SIGÜEIRO VENDE co finde poñer en común as diferentes iniciativas, propostas eproxectos que afectan ao comercio do noso Concello.

Dende o BNG de Oroso apoiamos ao comercio local, cofin de xerar un espazo económico e polo dinamizadorque permita manter os postos de traballo existentes e acreación de novos empregos. A reunión serviu parareiterar a colaboración e apoio do BNG de Oroso entodos os proxectos que se leven a cabo dende estaAsociación de comerciantes.

Da mesma maneira, realizáronse xuntanzas coasAsociacións de Nais e Pais A Nosa Escola do CEIPOroso e A Tosca do IES Oroso onde se trataron asdiferentes deficiencias existentes nos centroseducativos do Concello. Dende o BNG de Orosocomprometémonos a dar traslado das mesmas para asúa resolución.

Dende o BNG de Oroso valoramos moi positivamenteeste tipo de reunións coa veciñanza, de maneira quepoidamos saber de primeira man as principaisdemandas e carencias existentes no noso Concello, easí poder facer propostas encamiñadas a afrontar asposíbeis melloras.

Page 8: #Sumando por Oroso Nos dámoslle de comer á vaca e outros ...oroso.bng.gal/media/bngoroso/files/2018/10/20/... · O BNG de Oroso presentou unha moción para declarar persoas non

Bloque Nacionalista Galegooroso.bng.galtwitter.com/BNGdeOrosofacebook.com/[email protected]

8

ACTO PÚBLICO INFORMATIVO

Xoves, 25 de outubro de 2018, 19:30 horasCentro Cultural Fernando Casas Nóvoa.

Sigüeiro. Oroso

INTERVIRÁN:

Isabel Fernández Gallego: BNG de OrosoDiego Boquete:. Concelleiro do BNG de Oroso e Secretario Acción Sindical e Comunicación da CIG EnsinoOlalla Rodil: Deputada do BNG no Parlamento de Galicia

POR UN ENSINO PÚBLICO DIGNO EN OROSO