fora bolas - voceiro do bng de sada - abril/2015

2
Diríxome a ti porque teño unha boa noticia que darche: Sada ten futuro. En Sada non nos rendemos, seguimos loitando día a día como veñen facendo os nosos avós e os nosos país, e só damos un paso atrás para coller folgos. Quero comezar un novo camiño, unha nova etapa contando con todas e todos os sadenses, que independentemente de a quen votaran nas anteriores eleccións, queiran a Sada como a quero eu, e queiran cambiar esta vila procurando a unidade, o orgullo de sermos de aquí e o respecto polos semellantes. Querémoste para aprender das túas ideas, dos teus problemas e do xeito que tes de solucionar eses problemas. Por iso, desde setembro vimos realizando Asembleas Abertas co obxecto de dialogar cos diferentes sectores da sociedade sadense, como fixemos sempre, e de incorporar ao noso programa electoral as súas achegas. Neste Fora Bolas preséntovos ás persoas que, canda min, conformarán a candidatura do BNG ás Eleccións Municipais de Sada. Unha candidatura na que se combina experiencia e xuventude con ocupacións laborais diversas: autónomos, comerciantes, empregados, xente do mar, xubilados, educadores… Un grupo de sadenses con ilusión por levar adiante un novo proxecto para que Sada, ademais de ser o lugar onde vivimos, poida ser tamén o lugar no que poidamos traballar para vivir. Unha verdadeira candidatura de unidade popular, conformada tanto por militantes do BNG como por veciñas e veciños que quixeron sumarse a ela e aportar as súas ideas e inquedanzas. Somos unha candidatura nova? Si. Son un candidato novo? Si. Pero temos enerxía, preparación, capacidade de traballo e, algo fundamental: o respaldo de compañeiras e compañeiros que tiveron xa importantes responsabilidades de goberno e seguen a traballar connosco coa ilusión do primeiro día. Un equipo preparado para gobernar o Concello desde o día seguinte a gañar as Eleccións Municipais. Abril de 2015 Voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Sada 1 CON LISS BECERRA E CO BNG SADA TEN FUTURO blogoteca.com/bngsada [email protected] BNG Sada @bngsada Correo postal sen enderezo Liss Becerra Candidato do BNG á Alcaldía de Sada www.gustamesada.ga

Upload: manuel-perez-lorenzo

Post on 18-Jul-2015

122 views

Category:

News & Politics


2 download

TRANSCRIPT

Diríxome  a  ti  porque  teño  unha boa noticia que darche:  Sada  ten futuro.  En  Sada  non  nos  rende‐mos,  seguimos  loitando  día  a  día como  veñen  facendo  os  nosos avós e os nosos país, e  só damos un paso atrás para coller folgos. 

Quero  comezar  un  novo  camiño, unha  nova  etapa  contando  con todas  e  todos  os  sadenses,  que independentemente  de  a  quen votaran nas anteriores eleccións, queiran a Sada como a quero eu, e queiran cambiar esta vila procu‐rando a unidade, o orgullo de ser‐mos  de  aquí  e  o  respecto  polos semellantes.  Querémoste  para aprender das túas ideas, dos teus problemas e do  xeito que  tes de solucionar  eses  problemas.  Por iso,  desde  setembro  vimos  reali‐

zando  Asembleas  Abertas  co  ob‐xecto  de  dialogar  cos  diferentes sectores  da  sociedade  sadense, como fixemos sempre, e de  incor‐porar ao noso programa electoral as súas achegas.  

Neste  Fora  Bolas  preséntovos  ás persoas que, canda min, conforma‐rán a candidatura do BNG ás Elec‐cións  Municipais  de  Sada.  Unha candidatura  na  que  se  combina experiencia  e  xuventude  con  ocu‐pacións  laborais  diversas:  autóno‐mos,  comerciantes,  empregados, xente do mar,  xubilados, educado‐res…  Un  grupo  de  sadenses  con ilusión  por  levar  adiante  un  novo proxecto  para  que  Sada,  ademais de ser o  lugar onde vivimos, poida ser tamén o lugar no que poidamos traballar para vivir. Unha verdadei‐ra candidatura de unidade popular, conformada tanto por militantes do BNG  como  por  veciñas  e  veciños que quixeron sumarse a ela e apor‐tar as súas ideas e inquedanzas.   

Somos unha candidatura nova? Si. Son  un  candidato  novo?  Si.  Pero temos  enerxía,  preparación,  capa‐cidade  de  traballo  e,  algo  funda‐mental: o respaldo de compañeiras e  compañeiros  que  tiveron  xa  im‐portantes  responsabilidades  de goberno e  seguen a  traballar  con‐nosco  coa  ilusión do primeiro día. Un equipo preparado para gober‐nar o Concello desde o día seguin‐te a gañar as Eleccións Municipais. 

Abril de 2015 Voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Sada

1

CON LISS BECERRA E CO BNG SADA TEN FUTURO

blogoteca.com/bngsada

 bn

gsada16@

gmail.com

 BN

G Sada 

@bn

gsada  

Correo postal sen enderezo 

Liss Becerra  Candidato do BNG á Alcaldía de Sada 

www.gustamesada.ga

Isabel Reimúndez Suárez 27 anos Licenciada en Socioloxía Empregada téxtil

Manuel Pérez Lorenzo 27 anos Licenciado en Historia Profesor autónomo

Laura Rodríguez Pena 28 anos Licenciada en Hª da Arte Telexestora

César Resch Zafra 49 anos Doutor en Economía Agraria Investigador e profesor universitario

Karina Castro Pampín 41 anos Hostaleira Estudante de Socioloxía

Calros Rodríguez Silvar 60 anos Licenciado en Belas Artes Deseñador e comerciante

Marisa Naveiro López 64 anos Xubilada

Antón Pérez Méndez 53 anos Patrón de cerco Ex-Presidente de ACERGA

Carme Gratacós Rius 63 anos Xubilada

David García Pauwels 39 anos Técnico informático Empregado téxtil

Belén Bouza Testa 39 anos Arquitecta técnica

Segundo Fontao García 50 anos Arquitecto

Maribel Valdivieso Varela 72 anos Presidenta da Plataforma en Defensa da Ría

Carlos Babío Urquidi 47 anos Empregado de seguridade

Ximena Campos Pérez 39 anos Empregada pública

Abel López Soto 60 anos Xubilado Ex-Alcalde de Sada

Lucía Seoane Torres 22 anos Estudante Traballadora en prácticas

Xosé Picatoste Novo 23 anos Licenciado en Economía Estudante de Mestrado

Xosé Anxo Pérez Iglesias 47 anos Comercial

Sonia Brandón Areosa 35 anos Licenciada en Socioloxía Auxiliar administrativa

2 3 4 5 6

7 8 9 10 11

15 16 13 14 12

20 21 18 19 17

www.gustamesada.ga