solucionario da unidade · 2020-07-19 · soluciÓns das actividades da unidade 8 manifestacións...

12
SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que haxa actividade volcánica e sísmica no Gran Domo de Kenya? Nesta zona está comezando a dividirse a placa Africana debido á chegada dun penacho térmico á base da súa litosfera. En consecuencia, a zona arqueouse (o Domo de Kenya), formáronse fracturas, de xeito que se xeraron sismos, e por esas fracturas está ascendendo o magma, que ocasiona actividade volcánica. 2. Con que fase do proceso de división continental relacionarías cada un dos tramos do Gran Val do Rift? O Gran Domo de Kenya representaría a fase 1 da formación dun océano. O rift de Etiopía representaría a fase 2, mentres que o Mar Vermello sería a fase 3 do proceso. Ola , xa levamos uns días sin saír e empeza a facersenos algo costa arriba o encerro, pero hai que seguir. Cada día que pasa queda un pouco menos. Ànimo que nós podemos con isto e moito máis. Envíovos as solucións de todas as actividades do tema para que vaiades comprobándo e corrixíndoas pouco a pouco no caderno nestes dous días. Para a semana enviarei actividaes de todo o que levamos estudado ao longo do curso, así aproveitamos para facer un pequerno repaso. Se tedes calquera dúbida podedes consultarme ao meu correo: f. [email protected]. Vémonos pronto!!! Felis.

Upload: others

Post on 01-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas

Actividades (páxinas 148-159)

1. Cal é a causa de que haxa actividade volcánica e sísmica no Gran Domo deKenya?

Nesta zona está comezando a dividirse a placa Africana debido á chegada dun penacho térmico á base da súa litosfera. En consecuencia, a zona arqueouse (o Domo de Kenya), formáronse fracturas, de xeito que se xeraron sismos, e por esas fracturas está ascendendo o magma, que ocasiona actividade volcánica.

2. Con que fase do proceso de división continental relacionarías cada un dostramos do Gran Val do Rift?

O Gran Domo de Kenya representaría a fase 1 da formación dun océano. O rift de Etiopía representaría a fase 2, mentres que o Mar Vermello sería a fase 3 do proceso.

Ola , xa levamos uns días sin saír e empeza a facersenos algo costa arriba o encerro, pero hai que seguir. Cada día que pasa queda un pouco menos. Ànimo que nós podemos con isto e moito máis.

Envíovos as solucións de todas as actividades do tema para que vaiades comprobándo e corrixíndoas pouco a pouco no caderno nestes dous días.

Para a semana enviarei actividaes de todo o que levamos estudado ao longo do curso, así aproveitamos para facer un pequerno repaso.

Se tedes calquera dúbida podedes consultarme ao meu correo:

f. [email protected].

Vémonos pronto!!!

Felis.

Page 2: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

3. O Gran Val do Rift é un límite de placa en proceso de formación. Dirías que éun límite converxente ou diverxente?

É un límite diverxente.

4. Para referirse á dorsal oceánica emprégase, ás veces, o termo cordilleira. Enque se parecen estas cordilleiras oceánicas aos oróxenos?

As dorsais oceánicas parécense ás cordilleiras de dobramento en que son elevacións estreitas e longas que destacan sobre o relevo circundante e ambas se formaron nun límite de placa. Tamén se parecen no feito de que teñen actividade volcánica (aínda que non todas as cordilleiras de dobramento a teñen) e actividade sísmica (aínda que é moito máis intensa nas cordilleiras de dobramento).

5. Cales son as diferenzas fundamentais entre as dorsais e as cordilleiras dedobramento?

As dorsais diferéncianse das cordilleiras de dobramento no seguinte:

Dorsais Cordilleiras de dobramento

Desde a perspectiva xeográfica, localízanse nos océanos.

Localízanse nos continentes.

Desde a perspectiva tectónica, sitúanse nos límites diverxentes de placa.

Sitúanse en límites converxentes de placa (aínda activos ou antigos).

Non teñen estruturas de compresión, coma as dobras ou as fallas inversas.

Si teñen estruturas de compresión, coma as dobras ou as fallas inversas.

Teñen actividade sísmica frecuente pero de baixa magnitude.

Teñen actividade sísmica frecuente e de alta magnitude.

6. De que maneira consegue a tectónica de placas engrosar a litosferacontinental?

Engrósaa de diversas formas:

a) Acumulando sedimentos e rochas sedimentarias no prisma de acreción.

b) Acumulando rochas magmáticas (plutónicas e volcánicas).

c) No caso das cordilleiras de colisión, solapando as litosferas continentais dasplacas que converxen.

Page 3: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

3

7. Predí. Como se comportará? Queremos someter varios obxectos a esforzosde tensión e de compresión para analizar o seu comportamento. Primeiro, aplicaremos un esforzo pequeno, coma o que pode facerse con dous dedos da mesma man. A continuación, un esforzo maior, coas dúas mans.

a) Copia a táboa no caderno e complétaa coa túa predición do comportamentoque terá cada obxecto.

Tensión pequena

Tensión grande

Compresión pequena

Compresión grande

Barra de arxila húmida Plástico Plástico/Rotura Plástico Plástico

Barra de arxila seca

Sen deformación Rotura Sen

deformación Rotura

Vara oca de vidro

Sen deformación Rotura Sen

deformación Rotura

Vara oca de vidro quentada Plástico Plástico/Rotura Plástico Plástico/Rotura

b) Despois comproba o que ocorre na práctica.

Na práctica debe ocorrer o que figura na táboa.

8. Describe a diversidade de comportamentos que pode ter unha regra deplástico se a sometemos a un esforzo de compresión crecente.

O seu comportamento inicial é elástico, pero chegará un momento en que se fracturará.

9. O tempo de actuación do esforzo inflúe no comportamento dos materiais. Quelle ocorrerá a unha balda de madeira con soportes moi separados se lle colocamos enriba moitos libros durante uns minutos? E durante un ano?

Tras uns minutos, o comportamento da balda será elástico, pero se se manteñen os libros durante moito tempo a deformación será permanente; polo tanto, o seu comportamento será plástico.

10. Interpreta. Anticlinal ou sinclinal? No noiro dunha estrada podemos observaresta serie de estratos.

a) Por que sabemos que hai unha dobra? Por onde pasa o seu plano axial?

Porque os materiais se repiten simetricamente: C-B-A-B-C. O plano axial pasa pola metade dos materiais A e é paralelo á súa estratificación.

Page 4: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

b) Se o material A é o máis moderno, cal será o máis antigo?

O máis antigo dos que aparecen será o C.

c) Trátase dunha dobra anticlinal ou dunha sinclinal? Por que?

Será unha sinclinal porque ten no seu núcleo os materiais máis modernos, os A.

11. Elabora un mapa conceptual para clasificar os tipos de dobras.

12. Fíxate na imaxe onde se sinalan os elementos dunha dobra. Que diferenzahai entre o buzamento dos estratos de ambos os flancos?

Os dous flancos buzan os mesmos graos aproximadamente, pero cada un deles faino nun sentido. Así, por exemplo, diriamos que un flanco buza 70 graos cara ao leste, 70º L, e o outro 70 graos cara ao oeste, 70º O.

13. Fai unha descrición completa da dobra que se emprega como exemplo deasimétrica na páxina anterior.

É unha anticlinal (supoñemos que os materiais están en disposición normal), inclinada e asimétrica.

14. Predí. Cal é o labio levantado? Ás veces, a erosión eliminou a escarpa ou odesnivel do terreo xerado pola falla. Identificar un mesmo estrato a ambos os lados da falla permitirá deducir o desprazamento que se produciu. No noiro dunha estrada obsérvanse estes estratos. O material A é o máis moderno.

a) Cal é o labio levantado?

O labio levantado é o da dereita.

AS DOBRAS

clasifícanse atendendo a

a idade relativa dos materiais en

a posición do plano axial en

a súa simetría en

ANTICLINAL SINCLINAL RECTA INCLINADA TOMBADA INVERTIDA SIMÉTRICA ASIMÉTRICA

Page 5: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

b) É unha falla normal ou inversa? Por que?

É unha falla normal porque o plano de falla buza cara ao labio afundido.

15. A falla de El Padul está aínda activa. Haberá terremotos na zona?

Si, se está activa significa que se producirán novos movementos e, en consecuencia, haberá terremotos.

16. Debuxa no teu caderno unha falla inversa, cuxo plano buce 45° e onde osestratos de ambos os bloques estean verticais.

17. Nunha falla de esgazadura, hai aumento ou diminución na superficie doterreo?

Nunha falla de esgazadura non hai nin aumento nin diminución da superficie do terreo.

18. Infire. Un ritmo cambiante. As augas superficiais levan os materiais dasáreas altas e déixanos nas baixas. O ritmo ao que o fan depende de factores coma o tipo de rocha, o clima ou a pendente do terreo. A imaxe da esquerda mostra unha paisaxe con diversos tramos.

a) Se supoñemos que en todo este relevo a rocha é a mesma e tamén o son ascondicións climáticas, en que tramo será máis intensa a erosión? Por que?

A erosión será máis intensa no tramo A, xa que é o que ten maior pendente, polo tanto as augas circularán a maior velocidade e erosionarán máis.

b) Se xa unicamente interveñen nel procesos externos, este relevo farase máisabrupto ou máis plano? Por que?

Se só interveñen procesos externos, o relevo irase facendo progresivamente máis plano, xa que as augas retirarán materiais das zonas altas e depositaranos nas baixas.

Page 6: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

19. A rotura dun continente afecta ao clima das zonas que pasan a ser novosbordos del? Por que? Podes utilizar a técnica Pensaba, penso para responder esta pregunta.

A rotura dun continente pode cambiar o seu clima xa que os desprazamentos poden levar os fragmentos do continente a latitudes máis altas ou máis baixas pero, incluso no caso de que o seu desprazamento se faga mantendo a latitude, a rotura implicará que zonas do interior do continente pasarán a estar na costa, o que suporá que o clima cambiará nelas.

20. Supón que unha área de clima temperado e húmido pasa a ter climaglaciario. Que cambios se producirán nos procesos xeolóxicos externos que actúen nela?

O cambio fundamental será que o principal axente xeolóxico externo que interveña deixará de ser as augas superficiais e pasará a ser o xeo.

21. De que xeito a actividade volcánica pode modificar a composiciónatmosférica?

Durante as erupcións volcánicas emítense gases que entrarán a formar parte da atmosfera. Entre estes gases, os máis abundantes adoitan ser o vapor de auga e o CO2. A influencia do vapor de auga será só momentánea, non así a do CO2, xa que a súa achega incrementará a concentración de CO2 existente na atmosfera.

Ciencia en acción (páxina 160)

22. Se o material A é o máis moderno, que tipo de dobra hai no corte 1?

Será unha anticlinal.

23. No corte 2, cal é o labio levantado? Que tipo de falla sería?

O labio levantado é o da esquerda. Será unha falla normal.

24. Que clase de esforzo orixinou as deformacións dos cortes 1 e 2?

A anticlinal do corte 1 xerouse por esforzos compresivos, mentres que a falla normal se xerou por esforzos de tensión (ou pola distensión que con frecuencia segue a un esforzo compresivo).

Actividades finais (páxinas 162-163)

25. Predí. Unha zona da litosfera atópase na situación que recolle a figura.

a) Que tipo de esforzos están representados?

Están representados os esforzos de tensión.

Page 7: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

b) Que clase de deformación é máis previsible que se orixine? Por que?

Probablemente se orixinarán fallas normais porque a resposta a un esforzo de tensión é incrementar a superficie do terreo, e iso, salvo que os materiais sexan moi plásticos, só se consegue con fallas normais.

c) Baixo esta litosfera detectáronse materiais a altas temperaturas. Se continúaesta situación, que procesos se pode agardar que se produzan?

Ademais das fallas normais, que xeran unha fosa tectónica ou un rift (que virán acompañadas de terremotos), producirase actividade volcánica.

26. Observa. O bloque diagrama presenta un conxunto de materiais dobrados.

a) A que clase de esforzos foi sometida esta zona?

Foi sometida a esforzos compresivos.

b) Clasifica as dobras que aparecen empregando diferentes criterios: a posicióndo plano axial, a idade relativa dos materiais e a simetría.

De oeste a leste, aparecen unha anticlinal inclinada e asimétrica, e unha sinclinal inclinada e asimétrica.

27. Interpreta. Nun acantilado observamos os estratos dispostos como aparecenna imaxe.

a) Ordena os materiais de acordo coa súa idade, tendo en conta que o 1 é o máisantigo.

Do máis antigo ao máis moderno son 1, 2, 3, 4 e 5.

b) Que deformación mostra?

É unha falla inversa porque o plano de falla buza cara ao labio levantado.

28. Identifica. A fotografía mostra o noiro dunha estrada no que se observanunha serie de estratos.

a) Se os materiais se encontran en disposición normal, cales son os máismodernos? E os máis antigos?

Os materiais máis modernos son os que están na zona alta e os máis antigos son os da zona baixa.

b) Que tipo de deformación aparece na fotografía?

É unha falla normal.

c) Fai un debuxo esquemático no teu caderno que represente este corte.

Resposta libre.

Page 8: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

29. Calcula. Cal é a dirección e cal é o buzamento do tellado desta casa?

O tellado desta casa ten unha dirección N90 L. E o buzamento do tellado que vemos é de 45º S.

30. Interpreta. A imaxe presenta unha zona do oeste dos Estados Unidos na quese poden ver distintas fracturas.

a) Enumera todas as fracturas que aparecen e indica de que tipo é cada unhadelas.

Na metade oeste aparecen 4 fracturas, e na metade leste, 2 fracturas. Todas elas son fallas normais.

b) Que estruturas orixinan estes conxuntos de fracturas?

O conxunto forma unha fosa tectónica ou graben.

c) A que tipo de esforzos estivo sometida esta zona?

A zona estivo sometida a esforzos de tensión.

d) A área central está cuberta por sedimentos recentes. De onde podenproceder?

Procederán da erosión das zonas máis altas.

31. Relaciona. Que disposición terá un estrato cuxo buzamento sexa de 90°? Ese é de 0°?

Se buza 90º significa que a disposición dese estrato é vertical. E se o buzamento é de 0º significa que é horizontal.

32. Identifica. A fotografía mostra unhas arxilas con deformacións.

a) Que tipo de deformacións son?

Son diáclases.

b) Orixináronse a consecuencia dun esforzo de tensión ou de compresión?

Orixináronse como consecuencia dun esforzo de tensión.

c) Como cres que se puideron formar?

Apareceron pola perda de auga que, á súa vez, xerou unha redución de volume.

Page 9: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

33. Argumenta. As zonas do planeta nas cales a codia continental é máis grosaatópanse no Himalaia e nos Andes. Coinciden con aquelas zonas nas que se alcanzan as maiores altitudes.

a) A teoría da isostase axuda a explicar esta situación? Por que?

Si, porque como lle ocorre a uns bloques de madeira que flotan na auga, se todos teñen a mesma composición (e, polo tanto, densidade) os máis altos serán tamén os máis profundos.

b) Que clase de bordo de placa hai en cada unha destas dúas cordilleiras?

Ambas se sitúan en zonas de subdución.

c) Como explica a tectónica de placas que a codia continental sexa máis grosanestes dous límites de placa?

No caso dos Andes, os materiais que engrosaron a codia continental na zona proceden do prisma de acreción, así como dos materiais magmáticos que se foron incorporando (plutónicos e volcánicos). No caso do Himalaia, ademais, produciuse un solapamento das codias continentais.

34. Representa. Debuxa no teu caderno unha dobra coas seguintescaracterísticas: sinclinal inclinada e asimétrica, integrada por tres estratos.

35. Infire. Os fósiles, coma calquera outro compoñente das rochas, venseafectados polos esforzos e defórmanse. Este feito pode proporcionarnos unha información moi valiosa, xa que, se coñecemos a forma orixinal do fósil, poderemos inferir o tipo de esforzo que debeu actuar sobre el para que adquira a nova forma que presenta.

a) Que clase de esforzos actuaron sobre este fósil?

Actuou un esforzo de cizalla.

Page 10: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

b) Cal é a dirección destes esforzos?

A parte da dereita do fósil (a situada xunto á marxe da páxina) foi desprazada cara arriba, mentres que a parte esquerda deste fósil foi desprazada cara abaixo.

36. Emprende. Os esforzos aos que se ven sometidas as rochas son enormes.Con todo, no laboratorio é posible constatar os seus efectos a pequena escala. Podedes facer este traballo en grupos.

a) Preparade os materiais cos que experimentaremos. Nunha caixa de plásticotransparente colocade en posición vertical unha táboa que encaixe perfectamente nun lateral. Alternade varias capas horizontais de area e fariña ata enchela. Compactádeas ben para que queden apertadas. Serán os nosos estratos.

Convén que se utilicen materiais con cores moi diferentes, de xeito que poidan observarse ben os estratos e as deformacións que van sufrir.

b) Facede un debuxo da situación inicial. Antes de comprimilas, debedespredicir o que esperades que ocorra. Formaranse dobras? Xeraranse fallas? De que tipo?

Os estudantes deben debuxar a situación de partida e formular hipóteses acerca do que ocorrerá cando sometamos estes materiais a compresión; pero sobre todo, deberán argumentar por que se orixinarán esas deformacións e non outras. Así, deben formarse estruturas de compresión, como as dobras, e se se producen fallas serán inversas.

c) Empuxade a táboa e comprobade o que sucede.

O contraste co que finalmente ocorre permitirá valorar as súas hipóteses iniciais.

Ponte a proba (páxinas 164-165)

A zona continental máis baixa do mundo

1. O bloque diagrama mostra un corte coa estrutura da zona na que se localiza oMar Morto. Indica as principais deformacións que se observan.

De esquerda a dereita, obsérvanse unha dobra anticlinal e unha fosa tectónica composta por dúas fallas normais a un lado e unha ao outro.

2. Algunha destas deformacións fai que o Mar Morto sexa unha área tandeprimida? Cal destas afirmacións che parece correcta?

Si, a fosa tectónica ou graben.

A resposta correcta é a a): Este val é un graben ou fosa tectónica.

Page 11: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

3. O Mar Morto encóntrase na fronteira entre a placa Africana e a placa Arábiga.Trátase dun bordo transformante. Das seguintes afirmacións, cales pensas que son verdadeiras?

É correcta a afirmación c), pero non a a) nin a b).

4. Coñeces algún lugar cun límite de placas similar ao desta zona?

Como bordo transformante estudamos a falla de Santo André, aínda que presenta claras diferenzas con respecto ao Mar Morto.

Na cordilleira Bética

1. Sabemos que o material 1 é o máis antigo dos que aparecen no corte. Ordenado máis antigo ao máis moderno todos os materiais.

Do máis antigo ao máis moderno son 1, 2, 3, 4 e 5.

2. Describe todas as deformacións que hai no corte. Despois indica as razónsnas que te baseaches para a súa determinación.

De oeste a leste, hai unha dobra sinclinal, unha anticlinal e unha falla inversa que corta esa anticlinal.

3. Á vista destas deformacións, dirías que a área estivo sometida:

Polas deformacións que aparecen, dedúcese que a zona estivo sometida só a esforzos de compresión (a).

Externos contra internos

1. Que datos observas da intervención de procesos internos? Que procesosinternos son?

Datos de procesos internos: as dobras. Datos de procesos externos: a erosión e o depósito de materiais.

2. Que deformacións das rochas identificas?

De esquerda a dereita, hai unha dobra anticlinal, unha sinclinal e outra anticlinal.

3. En relación coa intervención dos procesos externos, cal das seguintesafirmacións che parece correcta?

A resposta correcta é a c), xa que existen evidencias de erosión e de depósito, e ambos implican que houbo transporte.

Page 12: Solucionario da unidade · 2020-07-19 · SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DA Unidade 8 Manifestacións da tectónica de placas . Actividades (páxinas 148-159) 1. Cal é a causa de que

4. Sabemos que nesta área os procesos xeolóxicos internos deixaron deactuar. Cales destas afirmacións sobre o futuro deste relevo che parecen correctas?

A afirmación correcta é a c).

Illas Aleutianas

1.As correspondencias dos números son: 1. Fosa oceánica; 2. Arco de illas;

3 Codia oceánica; 4. Litosfera oceánica.

2. A actividade volcánica orixinouse pola saída do magma xerado na zonade fricción entre as dúas placas.

3. Si, haberá terremotos na zona porque converxen dúas placas e hai fortes rozamentosentre elas.

4. A resposta correcta é a a), as demais son todas incorrectas.