sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime...

44
VICERREITORÍA DE ESTUDANTES, CULTURA E FORMACIÓN CONTINUA Grao en Administración e Dirección de Empresas Dereito da Empresa Ignacio Vidal Portabales Departamento de Dereito Mercantil e do Traballo Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 7 e 8 Sociedade de responsabilidade limitada

Upload: others

Post on 29-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua

Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade

Gra

o en

Adm

inis

traci

ón e

Dire

cció

n de

Em

pres

as

Dereito da Empresa

Ignacio Vidal PortabalesDepartamento de Dereito Mercantil e do Traballo

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

7 e 8

Sociedade de responsabilidade limitada

97

88

49

88

79

07

0

ISBN 978-84-9887-907-0

Page 2: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación
Page 3: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

Sociedade de responsabilidade limitada

7 e 8

Ignacio Vidal PortabalesDepartamento de Dereito Mercantil e do Traballo

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Page 4: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (elec-trónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen

consentimento expreso por escrito dos editores.

Copyright © Universidade de Santiago de Compostela, 2012

DeseñoUnidixital

EditaVicerreitoría de Estudantes,

Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela

Servizo de Publicaciónsda Universidade de Santiago de Compostela

ImprimeUnidixital

Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela

Dep. Legal: C 1125-2012 ISBN 978-84-9887-907-0

Page 5: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 3

MATERIA: Sociedade de Responsabilidade Limitada. TITULACIÓN: Grao en Administración e Dirección de Empresas. PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Lección 1.

Dereito, economía e mercado Concepto, caracteres e fines do Dereito O Dereito e a súa clasificación Norma xurídica e outros conceptos básicos

Lección 2. Os dereitos subxectivos Persoa física e persoa xurídica Feito, acto e negocio xurídico A obriga O contrato

EMPRESARIO INDIVIDUAL E EMPRESARIO SOCIAL Lección 3 O empresario individual

O Dereito Mercantil: concepto, caracteres e fontes O estatuto do empresario O Rexistro Mercantil A contabilidade do empresario

Lección 4. A sociedade mercantil Determinación do concepto de sociedade mercantil A personalidade xurídica da sociedade mercantil. A sociedade irregular Tipos de sociedades mercantís As sociedades colectivas e comanditarias

Lección 5. A sociedade anónima I Concepto e características Réxime xurídico das accións Órganos sociais Modificación de estatutos: aumento e redución do capital

Lección 6. A sociedade anónima II Disolución e liquidación Emisión de obrigas A sociedade anónima cotizada Sociedade Anónima Europea

Lección 7. A sociedade de responsabilidade limitada I Concepto e características Constitución As participacións Órganos sociais

Lección 8. A sociedade de responsabilidade limitada II Modificación de estatutos Disolución e liquidación Sociedade unipersoal Sociedade Nova Empresa

Page 6: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

4 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

Lección 9. Outras formas sociais Sociedades mutualísticas A sociedade cooperativa galega Unións e asociacións de empresas Sociedades de inversión mobiliaria

RÉXIME XURÍDICO DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL Lección 10. Dereito da competencia

O principio de liberdade de empresa e a libre competencia Protección xurídica da libre competencia Concentración de empresas Órganos de Defensa da Competencia

Lección 11. Competencia desleal e publicidade comercial A lei de competencia desleal Supostos legais de competencia desleal Accións nadas da competencia desleal A protección contra a publicidade ilícita

Lección 12. Dereito da Propiedade Industrial Consideracións xerais Patentes de invención Modelos de utilidade O deseño industrial A marca

Lección 13. Sociedade da Información e empresa A Lei de Servizos da Sociedade da Información Páxinas web e empresa Nomes de dominio e empresa A Lei Orgánica de Protección de Datos

A CONTRATACIÓN MERCANTIL Lección 14. A contratación mercantil

Especialidades das obrigas mercantís Os contratos mercantís A defensa do consumidor: a LGDC e U A contratación mercantil internacional

Lección 15. Os contratos mercantís I A compravenda mercantil e afines Transporte Depósito Seguro

Lección 16. Os contratos mercantís II O contrato de comisión Contratos de colaboración e distribución Contratos bancarios O mercado de valores

Lección 17. Contratación electrónica Os prestadores de servizos da sociedade da información Concepto e tipos de contratación electrónica Réxime xurídico da contratación electrónica

Page 7: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 5

Contratos informáticos A firma electrónica

MEDIOS DE PAGO Lección 18. Medios de pago I

Os medios de pago no moderno tráfico mercantil As tarxetas e os seus tipos O diñeiro electrónico O crédito documentario

Lección 19. Medios de pago II Os títulos valores A letra de cambio: concepto e requisitos formais Aceptación, endoso e aval Pago e incumprimento das obrigas cambiarias O cheque e a obriga de pagamento

Lección 20. Concurso de acredores A declaración do concurso Efectos da declaración do concurso Cualificación do concurso Terminación do concurso

Page 8: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación
Page 9: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 7

ÍNDICE Contextualización ......................................................................................... 9 Xustificación ................................................................................................ 9 Os obxectivos ............................................................................................... 9 A metodoloxía ............................................................................................. 10 Os contidos ................................................................................................. 11 1. CONCEPTO E CARACTERISTICAS .......................................... 11 1.1. Introdución ................................................................... 11 1.2. Concepto ...................................................................... 13 1.3. Caracteres .................................................................. 13 2. CONSTITUCIÓN ......................................................................... 14 2.1. Número de socios e capital ........................................ 14 2.2. Achegas sociais ......................................................... 14 2.3. Prestacións accesorias ................................................ 15 2.4. Formalidades: escritura e inscrición no RM ............... 16 2.5. Nulidade ....................................................................... 17 3. AS PARTICIPACIÓNS ............................................................... 18 3.1. Concepto e caracteres ................................................. 18 3.2. Posición xurídica do socio: deberes e dereitos ........... 18 3.3. Transmisión de participacións ..................................... 19 3.4. Dereitos reais sobre as participacións ........................ 20 4. ÓRGANOS SOCIAIS ................................................................... 20 4.1. A xunta xeral ................................................................ 21 4.1.1. Concepto ...................................................... 21 4.1.2. Competencias .............................................. 21 4.1.3. A convocatoria ............................................. 21 4.1.4. Constitución ................................................. 22 4.1.5. Asistencia e representación ......................... 23 4.1.6. Adopción de acordos ................................... 23 4.1.7. Acta da xunta ............................................... 24 4.1.8. Impugnación dos acordos sociais ................ 25 4.2. Os administradores ...................................................... 25 4.2.1. Formas de organizar a administración ........ 25 4.2.2. Nomeamento, duración e separación .......... 26 4.2.3. Exercicio do cargo e responsabilidade ........ 26 4.2.4. Representación ............................................ 28 4.2.5. Retribución ................................................... 28 5. MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS ............................................. 29 5.1. Aumento de capital ...................................................... 29 5.1.1. O dereito de preferencia .............................. 30

5.2. Redución de capital ..................................................... 31 6. DISOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN .................................................. 32 6.1. Causas de disolución ................................................... 33 6.2. Funcións dos liquidadores ........................................... 34 7. SRL UNIPERSOAL ...................................................................... 34 8. A SLNE ........................................................................................ 36 Avaliación .................................................................................................... 37 Anexos ......................................................................................................... 39 Bibliografía .................................................................................................. 41

Page 10: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación
Page 11: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 9

CONTEXTUALIZACIÓN A Unidade Didáctica denominada A Sociedade de Responsabilidade Limitada desenvolve unha parte da materia Dereito da Empresa pertencente á titulación de Grado de Dirección e Administración de Empresas; corresponde ás leccións 7 e 8 do programa. Forma parte das chamadas materias de Formación Básica. Esta Unidade Didáctica localízase no bloque dedicado ao empresario social.

Ten por destinatarios ao alumnado de primeiro curso. Estrutúrase para unha duración de 3 horas, correspondentes a dúas clases interactivas e 30 minutos dunha clase expositiva. XUSTIFICACIÓN A realidade da vida mercantil ofrece datos suficientes para soster que a Sociedade de Responsabilidade Limitada (en diante, SRL) é un tipo societario mercantil especialmente indicado para o desenvolvemento de pequenas e medianas empresas (PEMES). Así o poñen de relevo as estatísticas dos últimos anos, nas que se comproba que desde a entrada en vigor da LSA de 1989 o número de SRL que se constitúen en España supera de abondo aos demais tipos societarios.

Por outra banda, á hora de incluíla no programa oficial da materia Dereito da Empresa, tamén se ha ter en conta a polivalencia funcional das SRL, isto é, a súa aptitude para servir tanto para pequenas empresas familiares como para medianas e grandes empresas. Por iso, o estudo das súas normas básicas de funcionamento presenta unha grande utilidade para o estudante de hoxe e futuro empresario.

Para rematar, no que se refire á localización concreta da Unidade Didáctica no programa, parece oportuno situala no bloque referente ao empresario individual e ao empresario social, pois dificilmente poderase abordar o réxime xurídico da actividade empresarial sen estudar aos seus axentes principais. Xa que logo, coñecendo esta forma social no tempo correspondente ás primeiras leccións, o estudante terá máis fácil a comprensión de figuras xurídicas que haberá de estudar máis adiante. Así cobra todo o seu sentido, nas leccións posteriores, o estudo das diferentes leis ás que se fai referencia na programación docente (Lei de Competencia Desleal, Lei de Defensa da Competencia, Lei de Patentes, Lei de Marcas, Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, Lei Orgánica de Protección de Datos, Lei Xeral de Defensa de Consumidores e Usuarios, etc.).

OS OBXECTIVOS Nesta epígrafe consideramos conveniente a exposición dos obxectivos xerais da materia. Son os seguintes:

Page 12: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

10 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

–Proporcionar ao alumnado os coñecementos xurídicos básicos que o axuden a comprender a relevancia da regulación no mundo da empresa.

–Iniciar o alumno no coñecemento das principais normas mercantís que rexen a actividade da empresa, tanto no que respecta a súa organización interna como a súa actuación como operador económico no mercado.

–Familiarizar o alumno coas principais institucións xurídico-mercantís coas que se pode atopar no desenvolvemento da súa actividade.

–Proporcionar os coñecementos e a terminoloxía fundamental que facilite aos alumnos a comprensión básica dos textos legais e xurídicos.

–Iniciar o alumno na estrutura elemental da argumentación xurídica. –Familiarizar o alumno coa busca e o uso das fontes do Dereito,

especialmente textos legais e documentos xurisprudenciais. –Familiarizar o alumno coa dinámica de grupos. Pois ben, neste marco xeral, ao rematar a unidade didáctica o

alumno de Dereito da Empresa de 1º de ADE será capaz de acadar os obxectivos xerais da materia relacionados con aqueles aspectos vinculados a unha figura xurídica determinada; neste caso, a SRL. Concretamente, o alumnado poderá:

• coñecer a normativa básica sobre SRL (constitución, funcionamento e disolución)

• coñecer a normativa básica sobre Sociedades Unipersoal de Responsabilidade Limitada

• coñecer a normativa básica sobre SLNE • diferenciar unha SRL dunha SLNE e unha SLNE dunha SRL

unipersoal • comparar unha SRL cunha SA • apreciar as vantaxes e os inconvenientes de SRL e SA • traballar en grupo

OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS A estratexia que imos seguir nas clases interactivas é a técnica denominada Puzzle de Aronson, cuxo procedemento describirase a continuación: -formaranse 3 ó 4 grupos base dunhas 6 persoas -cada grupo compoñerase de 6 expertos, que, sobre a base da UD e do material fornecido en clase, traballarán sobre os seguintes aspectos: Ficha A (2 expertos)

concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL.

Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación de estatutos.

Ficha C (2 expertos)

disolución, liquidación, SRL unipersoal e Sociedade Limitada Nova Empresa.

Page 13: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 11

-formaranse 3 grupos específicos de expertos, de forma que cada grupo de expertos estará composto por 6 persoas que traballarán sobre a UD e intentarán responder á FICHA DE EXPERTOS, na que se suscitarán cuestións sobre a materia. Xa que logo, a súa primeira tarefa consistirá en localizar e discriminar a información, para comprendela e asumila -cuberta a Ficha de Expertos, os expertos de cada grupo base volverán ao seu grupo inicial e explicarán aos seus compañeiros o que aprenderon, de maneira que todos os membros do grupo base saberán sobre as materias estudadas polos expertos. Nese momento, entre todos contestarán á FICHA DE GRUPO.

Como xa indicamos, serán necesarias dúas clases interactivas para completar este proceso. Unha vez finalizado, o profesor dedicará 30 minutos dunha clase expositiva para concluír o estudo das diferentes sociedades, relacionando os temas desta Unidade Didáctica cos das anteriores.

Para levar a cabo a actividade é necesario un aula con mesas móbiles.

OS CONTIDOS 1. CONCEPTO E CARACTERÍSTICAS 1.1. Introdución É habitual utilizar o termo sociedades de capital para referirse aos tipos sociais cuxo réxime xurídico faise gravitar, en maior ou menor grado, sobre o elemento do capital social. Contrapóñense así as sociedades capitalistas ás personalistas, que xiran en torno á persoa do socio. As tres clases de sociedades de capital son: a sociedade anónima (incluída a sociedade anónima europea), a sociedade comanditaria por accións e a sociedade de responsabilidade limitada (coa modalidade da sociedade limitada nova empresa).

O réxime da sociedade anónima estaba contido no Texto Refundido da Lei de Sociedades Anónimas (Real Decreto Lexislativo de 22 de decembro de 1989) e, no referente ás sociedades anónimas cotizadas en Bolsa, na Lei do Mercado de Valores de 1988. Pola súa banda, a regulación da sociedade comanditaria por accións contemplábana os artigos 151 a 157 do Cco. E o réxime da sociedade de responsabilidade limitada contíñao a Lei de Sociedades de Responsabilidade Limitada de 23 de marzo de 1995. Así as cousas, estas disposicións sobre a LSA e a LSRL foron substituídas en data recente polo Texto Refundido de Sociedades de Capital, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2010, de 2 de xullo (en diante, LSC), que as integrou nun único corpo legal.

É importante aclarar que a regulación legal básica das sociedades de capital non se contén de forma exclusiva na LSC. Pola contra, o réxime ha de ser completado co que para as modificacións estructurais

Page 14: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

12 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

(transformación, fusión, escisión e cesión global de activo e pasivo) e o traslado internacional de domicilio dispón a Lei 3/2009 sobre Modificacións Estructurais das Sociedades Mercantís, que se aplica a todas as sociedades mercantís (e, en consecuencia, tamén ás sociedades de capital).

Centrándonos xa no réxime que a LSC establece para a SRL, esta preséntase na actualidade como un tipo societario dotado dun réxime xurídico o suficientemente flexible como para permitir a adaptación do ente social ás necesidades de cada momento. Os seus caracteres son o resultado dunha longa evolución histórica que comeza na segunda metade do século XIX, e que expoñemos resumidamente nas liñas que seguen.

Mentres o Dereito anglosaxón configurábaa como unha derivación da SA (pero con reducidas dimensións no número de socios e na contía do capital), pola contra, no Dereito continental aparece como unha figura societaria autónoma e diferente da SA. En concreto, a Lei alemá de 20 de abril de 1892 tivo unha grande influencia na difusión da figura no ámbito europeo, como evidencian as súas seguidoras a Lei austríaca de 6 de marzo de 1906, as Leis francesas de 7 de marzo de 1925 e de 24 de xullo de 1996, a Lei belga de 9 de xullo de 1935 e o Cco italiano de 1942 (reformado no 2003).

No ordenamento xurídico español, os fitos fundamentais da súa evolución histórica poden sintetizarse do seguinte modo:

-O Cco de 1885 non as regulou, pero as SRL xorden na práctica notarial ao amparo da liberdade de formas do artigo 22 do Cco.

-O RRM de 1919 facía referencia á posibilidade de inscribir no RM; sociedades “con razón social e responsabilidade limitadas”.

-A lei de 17 de xullo de 1953 de réxime xurídico das Sociedades de Responsabilidade Limitada cubriu unha dilatada etapa. Caracterizábase pola súa grande flexibilidade. Non esixía capital mínimo. O capital máximo estaba limitado a cinco millóns de pesetas (máis tarde ampliouse a 50).

-Tralos anteproxectos de 1987 (que estableceu un capital mínimo e suprimiu o máximo) e de 1993 (que introduciu a 12 Directiva sobre sociedades de responsabilidade de carácter unipersoal), promúlgase a Lei de 23 de marzo de 1995, que tratou de axustar a regulación da SRL aos cambios e concepcións establecidos na Lei de 25 de xullo de 1989, de reforma parcial e de adaptación da lexislación mercantil ás Directivas da CEE en materia de sociedades.

-O último paso desta evolución constitúeo a citada LSC de 2 de xullo de 2010, que foi modificada pola Lei 25/2011, de 1 de agosto, de reforma parcial da LSC. En esencia, esta última modificación ten por finalidade a redución de custos de organización e funcionamento das sociedades de capital, a introdución de normas de modernización e a supresión dalgunhas diferenzas inxustificadas na regulación das SA e as SRL; tamén se abordan as especialidades da xunta xeral de accionistas das sociedades cotizadas.

Page 15: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 13

1.2. Concepto A teor do disposto nos artigos 1.2 , 2 e 4 da LSC pode definirse a SRL como a sociedade mercantil cuxo capital, que non poderá ser inferior a 3000 euros, estará dividido en participacións sociais e integrado polas achegas de todos os socios, quen non responderán das débedas sociais. 1.3. Caracteres A figura presenta as seguintes notas características: a) É unha sociedade mercantil; conforme ao artigo 2 LSC, as sociedades de capital, calquera que sexa o seu obxecto, terán carácter mercantil. b) Estamos ante unha sociedade de risco limitado, en tanto responde exclusivamente polas débedas da sociedade o patrimonio social. Os socios, do mesmo xeito que na SA, non responden persoalmente delas. c) Conta cunha organización corporativa. Significa isto que a súa estrutura está formada por uns órganos sociais similares aos da SA (xunta xeral e administradores). d) O seu capital social está determinado e protexido por un conxunto de normas imperativas. Aquel, coma na SA, cumpre unha función de garantía dos acredores. e) A SRL é un tipo societario pechado, ideado para poucos socios e con previsión de restricións para transmitir as participacións a terceiros; no entanto, poden existir SRL con moitos socios e con amplas facilidades para transmitir as participacións sociais a terceiros. Por outra banda, este carácter pechado tamén se manifesta no feito de que non pode acudir ao aforro público nin emitir obrigacións (92.2 e 402 LSC) f) As SRL permiten un elevado grado de flexibilidade estatutaria, que posibilita adecuar o réxime aplicable a cada SRL ás súas específicas necesidades ou conveniencias. g) O capital social non poderá ser inferior a 3.000 € e, desde un principio, ha de estar integramente desembolsado (o total desembolso rexe tanto para o capital legal mínimo como para calquera outra cifra que como capital social establézase nos estatutos). Ademais, o capital ha de estar dividido en participacións sociais (polo menos, en dúas) e integrado polas achegas patrimoniais de todos os socios (non son posibles achegas de mera industria ou traballo ao capital social (58.2 LSC).

Á vista destas notas, pode constatarse que as catro primeiras son comúns ás SA, mentres as tres derradeiras son propias do tipo social da SRL.

Convén sinalar que a evolución do réxime das SRL caracterizouse polo seu achegamento maior ou menor cara ás sociedades personalistas ou capitalistas. A LSRL de 1995 mantivo o seu carácter capitalista; isto no entanto, a flexibilidade da mesma, a través das disposicións estatutarias, permitiu diluír con matices personalistas o carácter capitalista das SRL. Neste sentido, a doutrina configurábaa como unha sociedade híbrida. Na actualidade, a recente LSC mantén o carácter eminentemente capitalista das SRL.

Page 16: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

14 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

Para rematar, debe destacarse que as SRL gozan dunha polivalencia funcional. Quere dicirse con iso que a súa estrutura xurídica pode adaptarse moi ben ao que demandan as pequenas, as medianas e as grandes empresas.

2. CONSTITUCIÓN

A LSC regula a constitución das sociedades de capital de xeito conxunto, salvo certas esixencias diferentes en canto ao contido da escritura pública de constitución e ao contido dos estatutos sociais. 2.1. Número de socios e capital Polo que concirne ao número de socios, a SRL pode ser constituída tanto por unha pluralidade de socios como por un só socio (SRL unipersoal).E respecto do capital, han de concorrer estes dous principios: 1) o de capital legal mínimo (3000 euros); 2) e o de desembolso íntegro do capital social fixado nos estatutos, por contraste coa SA, onde cabe a fundación sucesiva. Ademais, o capital social haberá de estar dividido en participacións sociais (nótese a diferenza coas SA, onde aquel se divide en accións) e ha de estar integrado polas achegas patrimoniais de “todos” os socios. 2.2. Achegas sociais Dos artigos 58 e 60 LSC resultan estas dúas ideas fundamentais: 1. As achegas sociais ao capital social consistirán en bens ou dereitos patrimoniais susceptibles de valoración económica; en ningún caso poderán ser obxecto de achega o traballo ou os servizos. 2. As achegas enténdense realizadas, salvo que se estipule outra cousa, a título de propiedade.

De aquí pode inferirse unha dobre clasificación: pode haber achegas en diñeiro e achegas non en diñeiro (“in natura”); e tamén achegas a título de propiedade ou a título diferente (por exemplo, de uso, arrendamento, usufruto, etc.).

Centrámonos na primeira clasificación. Achegas en diñeiro As achegas en diñeiro -as máis frecuentes-, realizaranse en euros;

e de facerse en moeda estranxeira determinarase o equivalente en euros con arranxo á lei (61 LSC).

A realidade das achegas deberá acreditarse ante o Notario autorizante da correspondente escritura pública, mediante certificación do depósito das correspondentes cantidades a nome da sociedade nunha entidade de crédito ou mediante a entrega ao propio Notario para que este realice devandito depósito na conta da sociedade. Como medida de control,

Page 17: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 15

establécese que a certificación só ten unha validez de dous meses que se van contar dende a súa data (62 LSC).

Achegas non de diñeiro Conforme ao artigo 63 da LSC na escritura de constitución

describiranse as achegas de diñeiro con asignación da súa valoración en diñeiro e determinando o número de participacións sociais que corresponden ao achegante. A LSC non esixe, cando se trata de SRL, o informe do experto sobre a natureza e o valor da achega (que si é necesaria cando se trata de SA), pero o achegante quedará sometido ao réxime de responsabilidade que se establece nos artigos 63, 64, 65 e 66 LSC para o achegante “in natura”, cuxas regras sintetizamos a continuación:

a) Se se achegasen mobles ou inmobles (en propiedade), o achegante queda obrigado á entrega e saneamento.

b) Se se achegase un dereito de crédito, o achegante responde da lexitimidade deste e da solvencia do debedor.

c) Se se achegase unha empresa, o achegante queda obrigado ao saneamento do seu conxunto se afecta á maior parte ou a elementos esenciais da explotación.

Ademais desta responsabilidade do achegante, establécese a responsabilidade “pola realidade e valoración das achegas non dinerarias” a cargo das seguintes persoas:

a) Os fundadores. b) Os socios no momento do aumento de capital. c) Os adquirentes de participacións desembolsadas mediante

achegas non de diñeiro. d) Os administradores. Trátase dunha responsabilidade solidaria que opera fronte á

sociedade e fronte aos acredores sociais. Prescribirá, isto é, extinguirase, aos cinco anos contados dende o momento en que se fixo a achega (73 LSC). Naturalmente, os socios cuxas achegas non de diñeiro sexan sometidas a valoración pericial conforme ao previsto para as sociedades anónimas quedan excluídos da responsabilidade solidaria a que se refiren os artigos anteriores (76 LSC). 2.3. Prestacións accesorias Nas sociedades de capital son posibles as chamadas prestacións accesorias sempre que estean previstas nos estatutos e exprésese o seu contido concreto e determinado. Trátase de achegas que responden ás relacións creadas entre os socios e a sociedade e que contribuirán á consecución do fin social.

As prestacións accesorias poderán establecerse con carácter obrigatorio para todos os socios ou para algúns deles; tamén poden estar vinculadas á titularidade dunha ou varias participacións sociais. Por outra banda, poderán ser retribuídas ou gratuítas, aínda que a retribución nunca poderá exceder do valor que corresponda á prestación.

Poden consistir en:

Page 18: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

16 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

-O fornezo de bens polos socios. -A realización de obrigacións de facer. -A realización obrigacións de non facer, etc. Finalmente, cabe destacar que: 1) Para a transmisión voluntaria por actos «inter vivos» de calquera

participación pertencente a un socio persoalmente obrigado a realizar prestacións accesorias será necesaria a autorización da xunta xeral.

2) Para a creación, modificación e extinción anticipada da obrigación de realizar prestacións accesorias esíxese que o correspondente acordo se adopte cos requisitos para a modificación de estatutos e, ademais, o consentimento dos obrigados a realizalas (86 a 89 LSC). 2.4. Formalidades: escritura de constitución e inscrición no RM O artigo 20 LSC proclama que a SRL, en tanto sociedade de capital, constituirase mediante escritura pública, que deberá inscribirse no RM; coa inscrición a SRL adquirirá a súa personalidade xurídica.

A escritura debe inscribirse no prazo de dous meses dende o seu outorgamento, sendo os fundadores e os administradores responsables solidarios dos danos e prexuízos que se causaren polo incumprimento desa obrigación (32 LSC). Aplicaranse tamén ás SRL as normas sobre sociedade en formación e sociedade irregular (36 a 40 LSC).

A LSC distingue entre escritura e estatutos. A primeira é o documento notarial que recolle o documento constitutivo (e que incluirá os estatutos sociais). Os segundos son as normas convencionais que rexen o funcionamento da vida social.

Segundo o artigo 22 LSC, a escritura de constitución expresará: -A identidade do socio ou socios fundadores. -A vontade de constituír unha SRL. -As achegas de cada socio e as participacións asignadas en pago. -Os estatutos sociais, coas mencións mínimas do artigo 23 LSC. -A identidade de administradores e representantes. -A determinación do modo concreto de organización da

administración, en caso de previsión de diferentes alternativas nos estatutos.

Polo que concirne aos estatutos, este é o seu contido mínimo: -A denominación da sociedade. -O domicilio social. -O capital social, as participacións en que se divida, o seu valor

nominal e a súa numeración correlativa. E se os dereitos atribuídos ás participacións son distintos deberá especificarse a contía ou a extensión destes.

-O modo ou modos de organizar a administración da sociedade (23 LSC).

Ademais deste contido obrigatorio, existe un contido facultativo ao que se refire o artigo 28 LSC cando di que na escritura e nos estatutos se poderán incluír, ademais, todos os pactos e condicións que os socios fundadores xulguen conveniente establecer, sempre que non se opoñan ás

Page 19: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 17

leis nin contradigan os principios configuradores do tipo elixido (con todo, os pactos que se manteñan reservados non serán opoñibles á sociedade, é dicir, esta poderá descoñecelos, 29 LSC). Entre aqueles pactos atópanse os relativos á data de comezo das operacións sociais e á duración da sociedade. No entanto, debe terse en conta que os estatutos non poderán fixar unha data anterior á do outorgamento da escritura, excepto no suposto de transformación e que, salvo disposición contraria dos estatutos, as operacións sociais darán comezo na data de outorgamento da escritura de constitución (24 LSC). Ademais, o artigo 25 LSC aclara que, en defecto de pacto en contra, a duración da SRL será indefinida.

En xeral, como xa indicamos na epígrafe 1.3, pódese observar que a SRL presenta maior flexibilidade que a SA (así o evidencia nalgúns artigos da LSC referidos ás SRL o engadido “salvo disposición contraria dos estatutos” ).

2.5. Nulidade A LSC establece nos artigos 56 e 57 un réxime común para os distintos tipos de sociedade de capital. Expoñemos a continuación as causas de nulidade contempladas (que teñen carácter de “numerus clausus”): a) Por non concorrer no acto constitutivo a vontade efectiva de, polo menos, dous socios fundadores, no caso de pluralidade destes ou do socio fundador cando se trate de SRL unipersoal. b) Pola incapacidade de todos os socios fundadores. c) Por non expresarse na escritura de constitución as achegas dos socios. d) Por non expresarse nos estatutos a denominación da sociedade. e) Por non expresarse nos estatutos o obxecto social ou ser este ilícito ou contrario á orde pública. f) Por non expresarse nos estatutos a cifra do capital social. g) Por non desembolsarse integramente o capital social.

En canto aos efectos, son os seguintes: 1) A sentenza que declare a nulidade da sociedade abre a súa liquidación, que se seguirá polo procedemento previsto na presente Lei para os casos de disolución. 2) A nulidade non afectará á validez das obrigas ou dos créditos da sociedade fronte a terceiros, nin á dos contraídos por estes fronte á sociedade, someténdose unhas e outros ao réxime propio da liquidación. 3) Nas sociedades de responsabilidade limitada, cando a sociedade sexa declarada nula por non terse desembolsado integramente o capital social, os socios terán a obriga de desembolsar a parte que quedase pendente.

Page 20: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

18 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

3. AS PARTICIPACIÓNS 3.1. Concepto e caracteres As participacións sociais constitúen as partes alícuotas en que se divide o capital social (1.2 LSC e 90 LSC) e estarán numeradas (23 letra d) LSC). Aínda que poden ter un valor nominal distinto, pertencendo a series distintas (ex.: serie A, con participación nominal de 50 euros, e serie B, con participación nominal de 500 euros), hai unha tendencia cara á igualdade, que se manifesta no contido dos dereitos atribuídos ao socio (vide. 94 LSC). Ademais de representar partes do capital social, as participacións sociais incorporan e expresan os dereitos corporativos que conforman a posición do socio dentro do ente social.

Presentan os seguintes caracteres: a) Son indivisibles (90 LSC). Con todo, a súa titularidade pode ser

compartida “pro indiviso” por varios titulares; nese caso debe designarse un representante (126 LSC).

b) Son acumulables, isto é, un socio pode ser titular de varias participacións; e, no suposto de SRL unipersoal, de todas.

c) Non terán o carácter de valores nin poderán incorporarse a títulos negociables ou estar representadas por anotacións en conta, nin denominarse accións (92 LSC).

d) Han de estar integramente desembolsadas (78 LSC).

3.2. Posición xurídica do socio: deberes e dereitos Antes de proceder á enumeración dos deberes e dereitos que incumben ao partícipe dunha SRL, cabe apuntar que o principio de igualdade de trato recollido no artigo 94 informa o contido da posición xurídica do socio. Así, a LSC dispón que as participacións sociais (e as accións) atribúen aos socios os mesmos dereitos, coas excepcións establecidas ao amparo da lei (así, poden outorgar dereitos diferentes). 94 e 97 LSC.

a) deberes 1) O de realizar as achegas na forma convida, xa sexa no momento

da constitución da sociedade, xa sexa en determinados casos de aumento de capital ( 22 c) LSC).

2) O de realizar as prestacións accesorias convidas nos estatutos (86 LSC).

3) De fidelidade. Como manifestacións deste deber cabe citar, dunha parte, o deber dos administradores de non facer competencia á sociedade (230 LSC) e, doutra, o deber de abstención nas votacións nos casos de conflito de intereses (190 LSC).

b) dereitos Distinguimos entre dereitos patrimoniais (ou económicos) e dereitos

administrativos (ou políticos). b1) patrimoniais

Page 21: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 19

1) Participar no reparto das ganancias sociais. Conforme ao artigo 275.1 LSC, na SRL, salvo disposición contraria dos estatutos, a distribución de dividendos aos socios realizarase en proporción á súa participación no capital social.

2) Participar na cota do patrimonio resultante da liquidación, ben en diñeiro ben mediante a restitución de achegas non en diñeiro (393.1 e 2 LSC).

3) Asumir con preferencia cando hai aumento de capital un número de participacións proporcional ao valor nominal das que posúa (304 LSC). Así conserva no novo capital a mesma proporción de participación que tiña antes da ampliación.

b2) administrativos 1) Asistir á xunta xeral. Os estatutos non poden esixir para esa

asistencia un número mínimo de participacións (179.1 LSC), a diferenza do que ocorre nas SA, nas que si se permite esta posibilidade (179.2 LSC).

2) De información. Permite que os socios poidan solicitar por escrito, con anterioridade á reunión da xunta xeral ou verbalmente durante ela, os informes ou aclaracións que estimen precisos achega dos asuntos comprendidos na orde do día (196.1 LSC).

3) De emisión de voto. Conforme ao artigo 188.1 LSC, cada participación social concede ao seu titular o dereito a emitir un voto. No entanto, se se pactase nos estatutos, cabe que o número de votos se calcule en proporción ao capital (por exemplo, un voto cada 5% do capital).

4) De impugnación de acordos sociais da xunta xeral (204 a 208 LSC).

3.3. Transmisión das participacións Pese a que a SRL se concibe como un tipo societario pechado, nas SRL as participacións son transmisibles unha vez inscrita a sociedade ou, no seu caso, o aumento de capital (34 LSC). Esta transmisión ha de levarse a cabo en documento público e debe notificarse á sociedade, que levará un libro rexistro de socios (104 e 106 LSC).

O réxime da transmisión é o seguinte: A) Transmisión “inter vivos” . a) Se a transmisión se fai a outro socio, a favor do cónxuxe,

ascendente ou descendente ou de sociedades do mesmo grupo, rexe o principio de libre transmisibilidade, sempre que os estatutos non dispoñan o contrario (107.1 LSC).

b) Se a transmisión se pretende facer a outras persoas, haberá que estar, en primeiro lugar, ao que dispoñan os estatutos. Estes han de respectar, entre outras, as seguintes regras:

-Serán nulas as cláusulas que fagan practicamente libre a transmisión voluntaria das participacións sociais por actos “inter vivos”.

-Serán nulas as cláusulas polas que o socio que ofreza a totalidade ou parte das súas participacións quede obrigado a transmitir un número diferente das ofrecidas.

Page 22: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

20 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

-As cláusulas que prohiban a transmisión voluntaria por acto “inter vivos” só serán válidas se os estatutos recoñecen ao socio o dereito de separación da sociedade en calquera momento; ademais, para incorporar este tipo de cláusulas aos estatutos requirirase o consentimento de todos os socios (108.1, 2 e 3 LSC).

c) A falta de regulación estatutaria, o artigo 107.2 LSC establece unhas normas supletorias para a transmisión voluntaria “inter vivos” das participacións sociais, coas seguintes fases:

–O socio transmitente comunicará por escrito a súa intención de transmitir aos administradores, indicando os datos pertinentes sobre a identidade do adquirente, número de participacións, prezo, etc.

–A sociedade deberá prestar o seu consentimento, que deberá ser adoptado mediante o correspondente acordo da xunta xeral coa maioría ordinaria (maioría dos votos validamente emitidos sempre que representen polo menos un terzo dos votos correspondentes ás participacións sociais en que se divida o capital social). A sociedade só poderá denegar ese consentimento se comunica ao transmitente, por conduto notarial, a identidade dun ou varios socios ou terceiros que adquiran todas as participacións. E se non hai socios ou terceiros que queiran adquirir a totalidade das participacións, a xunta xeral pode acordar que sexa a sociedade a que adquira as participacións.

–O socio poderá transmitir as súas participacións a quen queira (nas condicións comunicadas) se a sociedade non lle comunica a identidade do adquirente ou adquirentes dentro dos tres meses seguintes á data en que o socio puxo en coñecemento daquela a súa intención de transmitir.

B) Transmisión forzosa. Nos casos de alleamento forzoso (en poxa, por exemplo), o xuíz ou

autoridade administrativa debe notificar á sociedade a acta de poxa ou o acordo de adxudicación. A sociedade trasladará esta comunicación aos socios no prazo de cinco días e estes teñen o prazo dun mes para subrogarse no lugar do rematante ou do acredor (109 LSC).

C) Transmisión “mortis causa”. De conformidade coas regras civís, a adquisición por sucesión

hereditaria confire ao herdeiro ou legatario a condición de socio. Con todo, os estatutos poden establecer un dereito preferente a favor dos socios (e, na súa falta, da propia sociedade) sobre as participacións do socio falecido; o prazo para exercitalo é de tres meses contados dende a comunicación á sociedade da adquisición hereditaria (110 LSC).

3.4. Dereitos reais sobre as participacións A LSC contempla os supostos de usufruto e de peñor de participacións. En caso de usufruto (que deberá formalizarse en escritura pública), a calidade de socio reside no nó propietario, pero o usufrutuario terá dereito aos dividendos pactados durante o usufruto. As relacións entre nó propietario/usufrutuario rexeranse polo título de constitución do usufruto, e, na súa falta, pola normativa civil aplicable (127 LSC). En caso de peñor (que se formalizará en documento público) o exercicio dos dereitos de socio

Page 23: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 21

corresponde, a salvo disposición en contra dos estatutos, ao propietario. En caso de execución do peñor aplicaranse as regras xa vistas sobre transmisión forzosa “inter vivos” (132 LSC).

4. ÓRGANOS SOCIAIS Importa apuntar en primeiro lugar que, nesta materia, a recente LSC estableceu un réxime en boa parte común para as SA e para as SRL, aínda que non pode pensarse nunha identificación absoluta dos dous réximes. De forma similar ao establecido noutros tipos societarios mercantís, a SRL dispón dunha estrutura organizativa que xira en torno a dous órganos: a xunta xeral e os administradores. A primeira é o órgano deliberante e de formación da vontade social; e os segundos constitúen o órgano de xestión e de representación da sociedade. 4.1. A xunta xeral

4.1.1. Concepto O seu concepto despréndese do artigo 159 LSC cando afirma que

os socios, reunidos en xunta xeral, “decidirán pola maioría legal ou a estatutariamente establecida, nos asuntos propios da competencia da xunta. Todos os socios, incluso os disidentes e os que non participen na reunión, quedan sometidos aos acordos da xunta xeral”. En canto ás clases, a LSC distingue entre xuntas xerais ordinarias (a que se reúne necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada exercicio, para, no seu caso, aprobar a xestión social, as contas do exercicio anterior e resolver sobre a aplicación do resultado) e as extraordinarias (as demais). 164 e 165 LSC.

4.1.2. Competencias Son as seguintes: a) A aprobación das contas anuais, a aplicación do resultado e a

aprobación da xestión social. b) O nomeamento e separación dos administradores, dos

liquidadores e, no seu caso, dos auditores de contas, así como o exercicio da acción social de responsabilidade contra calquera deles.

c) A modificación dos estatutos sociais. d) O aumento e a redución do capital social. e) A supresión ou limitación do dereito de asunción preferente. f) A transformación, a fusión, a escisión ou a cesión global de activo

e pasivo e o traslado de domicilio ao estranxeiro. g) A disolución da sociedade. h) A aprobación do balance final de liquidación.

Page 24: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

22 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

i) Calquera outros asuntos que determinen a lei ou os estatutos (161 LSC).

4.1.3. A convocatoria Polo que respecta a quen efectúa a convocatoria, a regra xeral é

que a xunta xeral ha de ser convocada polos administradores nas datas e os períodos que determinen os estatutos; e tamén cando o consideren necesario ou conveniente. Ademais, haberán de convocala cando se solicite por un ou varios socios que representen polo menos o 5% do capital social (se os administradores non atenden tal solicitude poderá realizarse a convocatoria polo xuíz do mercantil, vide. artigos 167-169 LSC). A LSC tamén contempla determinados casos especiais nos que a SRL queda sen goberno (morte ou cese do administrador único, de todos os administradores que actúen individualmente, dalgún dos administradores que actúen conxuntamente, ou da maioría dos membros do consello de administración, sen que existan suplentes). Nestes casos, calquera socio poderá solicitar do xuíz do mercantil do domicilio social a convocatoria da xunta coa única finalidade de proceder ao nomeamento de administradores; esta convocatoria tamén a poderán efectuar, con este único obxecto, os administradores que permanezan no cargo (171 LSC). Así pois, do exposto despréndese que a convocatoria a deberán de realizar os administradores ou o xuíz.

En canto á forma da convocatoria, salvo disposición en contra dos estatutos, a xunta xeral será convocada mediante anuncio publicado no «Boletín Oficial do Rexistro Mercantil» e na páxina web da sociedade. Con carácter voluntario e adicional a esta última ou cando a sociedade non teña páxina web, a convocatoria publicarase nun dos diarios de maior circulación na provincia en que estea situado o domicilio social. Por outra banda, co fin de facilitar a convocatoria e aforrar custos, os estatutos poderán establecer que esta se realice mediante anuncio publicado na páxina web da sociedade ou por calquera procedemento de comunicación, individual e escrita, que asegure a recepción do mesmo por todos os socios. Voluntariamente, a convocatoria poderase publicar nun dos diarios de maior circulación na provincia en que estea situado o domicilio social. (173 LSC, modificado por lei 25/2011, de 1 de agosto).

O contido mínimo da convocatoria especifícao a LSC ao esixir que aquela exprese o nome da sociedade, a data e hora da reunión, a orde do día cos asuntos que se deben tratar, e o cargo da persoa ou persoas que a realicen (174 LSC).

Entre a convocatoria e a data prevista para a celebración da reunión deberá existir un prazo de, polo menos, quince días nas sociedades de responsabilidade limitada (recórdese que o prazo será dun mes nas sociedades anónimas).Vide. art. 176 LSC.

Para rematar, cabe apuntar que non será necesaria a convocatoria en caso de xunta universal (aquela na que está presente ou representada a totalidade do capital social e os concorrentes aceptan por unanimidade a celebración da reunión. 178 LSC).

Page 25: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 23

4.1.4. Constitución Tratándose de SRL, a LSC non esixe un quórum determinado para

a válida constitución da xunta xeral (a diferenza do que sucede nas SA). No entanto, os artigos 198 a 200 establecen as maiorías necesarias para a válida aprobación dos acordos da xunta, o que determina que deberán asistir polo menos aqueles socios que dispoñan dos votos precisos para esa válida aprobación.

Polo que se refire ao lugar de celebración da xunta, salvo disposición en contra dos estatutos sociais, será o do termo municipal onde a SRL teña o seu domicilio social; se na convocatoria non figurase o lugar de celebración, entenderase que a xunta foi convocada para a súa celebración no domicilio social (175 LSC).

En canto á mesa da xunta, salvo previsión contraria dos estatutos, estará constituída polo presidente e o secretario do consello de administración e, na súa falta, polos designados polos socios concorrentes ao comezo da reunión (191 LSC).

4.1.5. Asistencia e representación Ao configurarse como un dereito social básico, todos os socios

teñen dereito de asistencia á xunta xeral, e non é válido que os estatutos esixan máis dunha participación para a asistencia ás reunións da xunta xeral. Por outra banda, é posible a asistencia por medio de representante, como se expón seguidamente:

-O socio só poderá facerse representar na xunta xeral pola súa cónxuxe, ascendente ou descendente, por outro socio ou por persoa que ostente poder xeral conferido en documento público con facultades para administrar todo o patrimonio que o representado tiver en territorio nacional.

-Os estatutos poderán autorizar a representación por medio doutras persoas.

- A representación deberá conferirse por escrito. E se se outorga en documento público pode servir para varias xuntas (nótese que na SA a representación debe ser especial para cada xunta. 184.2 LSC).

- A representación comprenderá a totalidade das participacións de que sexa titular o socio representado.

4.1.6. Adopción de acordos Os acordos da xunta xeral constitúen a forma de expresión da

vontade social, articulada a través do exercicio de voto. Como xa indicamos, e tal como dispón o artigo 188.1 LSC, na sociedade de responsabilidade limitada, salvo disposición contraria dos estatutos sociais, cada participación social concede ao seu titular o dereito a emitir un voto. Con todo, a LSC

Page 26: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

24 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

contempla no artigo 190 supostos nos que por existir conflito de intereses o socio debe absterse de exercitar o dereito de voto. Son os seguintes:

-Acordos nos que se lle autorice a transmitir as súas participacións. -Acordos nos que se delibere sobre a súa exclusión. -Acordos nos que se trate de liberalo dunha obriga ou de

concederlle un dereito. -Acordos nos que a sociedade lle anticipe fondos, lle preste

garantías ou lle facilite asistencia financeira. -Acordos nos que se autorice ao socio administrador a facer

competencia á sociedade. Nestes supostos, as participacións do socio deduciranse do capital

para o cómputo da maioría de votos que en cada caso sexa necesaria. En canto á mecánica da adopción de acordos, rexe o principio

maioritario. A LSC estrutura, para as SRL, as maiorías necesarias en torno a tres niveis en función dos asuntos a tratar:

a) Asuntos ordinarios. O acordo ha de tomarse por maioría de votos validamente emitidos

sempre que representen 1/3 dos votos correspondentes ás participacións en que se divida o capital social. Non se computan os votos en branco.

b) Aumento ou redución de capital ou calquera outra modificación de estatutos que non esixa maioría cualificada.

O acordo require o voto favorable de máis da metade dos votos correspondentes ás participacións en que se divida o capital social.

c) Autorización aos administradores para facer competencia, supresión do dereito de preferencia nos aumentos de capital, transformación, fusión, escisión, cesión global do activo ou do pasivo, traslado do domicilio ao estranxeiro e exclusión de socios.

O acordo require o voto favorable, polo menos, de dous terzos dos votos correspondentes ás participacións en que se divida o capital social (198 e 199 LSC).

Naturalmente, os estatutos poderán fixar porcentaxes superiores aos esixidos pola lei, pero sen chegar á unanimidade (200 LSC); ata poderán establecer unha porcentaxe de socios que voten a favor. No entanto, hai dúas excepcións nesta materia: os estatutos non poden elevar as maiorías para os acordos de separación de administradores (223 LSC) e de esixencia da súa responsabilidade (238.1 LSC).

4.1.7. Acta da xunta A acta da xunta recollerá os acordos adoptados e a lista de

asistentes. A súa aprobación será efectuada pola propia xunta ao final da reunión ou, na súa falta, e dentro do prazo de quince días, polo presidente da xunta xeral e dous socios interventores, un en representación da maioría e outro pola minoría. Permítese tamén o levantamento de acta notarial (203 LSC).

Page 27: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 25

4.1.8. Impugnación dos acordos sociais Para rematar, a impugnación dos acordos da xunta xeral

someterase ao réxime previsto nos artigos 204 a 208 LSC. a) acordos impugnables. Distínguese entre acordos nulos e anulables. Os primeiros son os

contrarios á lei; os segundos son os que se opoñan aos estatutos ou lesionen o interese social en beneficio dun ou varios socios ou de terceiros.

En canto ao prazo, a acción de impugnación dos acordos nulos caduca no prazo dun ano, salvo que se trate de acordos que pola súa causa ou contido resultaren contrarios á orde pública (estes non teñen prazo). A acción para impugnar os acordos anulables caduca aos corenta días. Os prazos contaranse dende a data de adopción do acordo (pero, se se trata de acordos inscribibles, dende a data da súa publicación no BORME).

b) lexitimación. No referente ás persoas que poden impugnar, de conformidade coa

distinción antes apuntada, a LSC distingue: -Para os acordos nulos están lexitimados todos os socios sen

distinción, os administradores e calquera terceiro con interese lexítimo. -Para os acordos anulables están lexitimados os socios asistentes

á xunta que fixesen constar en acta a súa oposición ao acordo, os ausentes e os que fosen ilexitimamente privados do voto, así como os administradores.

Para o procedemento de impugnación seguiranse os trámites do xuízo ordinario.

Finalmente, cabe engadir que a xurisprudencia admitía a posibilidade de canalizar a impugnación dos acordos sociais a través dun procedemento arbitral sempre que a posibilidade estivese contemplado nos estatutos. Nesta liña, a lei 11/2011, de 20 de maio, de reforma da lei 60/2003 de arbitraxe, contempla hoxe día a arbitraxe estatutaria nas sociedades de capital. 4.2. Os administradores

4.2.1. Formas de organizar a administración A teor do artigo 210 LSC, as formas de organización da

administración son as seguintes: -Un administrador único. -Dous ou máis administradores mancomunados (isto é, que actúen

conxuntamente). Importa aclarar que na SA non se admite a posibilidade de máis de dous administradores conxuntos, pois neste caso han de constituír consello de administración. 210.2 LSC).

-Varios administradores solidarios (isto é, que actúen individualmente).

-Consello de administración (entre 3 e 12 membros. 242.2 LSC). Mentres na SA os estatutos deben determinar dun xeito inequívoco

a estrutura do órgano de administración, nas SRL, pola contra, cabe que

Page 28: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

26 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

os estatutos establezan distintos modos de organizar a administración, con atribución á xunta xeral da facultade de optar alternativamente por un deles (sen necesidade de modificación dos estatutos).

No que se refire ao consello de administración das SRL, a LSC non permite a autorregulación (como sucede nas SA), polo que serán os estatutos os que determinen as regras de organización e funcionamento; xa que logo, deberán referirse ás regras de convocatoria e constitución do órgano, e ao modo de deliberar e adoptar acordos por maioría. 245 LSC.

É posible a delegación de facultades polo consello nun ou varios conselleiros delegados ou nunha comisión executiva; a delegación permanente require o voto favorable das dúas terceiras partes dos membros do consello, aínda que non se poderá delegar nin a rendición de contas nin a presentación de balances á xunta xeral (249 LSC); e en materia de impugnación de acordos do consello, están lexitimados os administradores e os socios que representen o cinco por cento do capital social (251 LSC).

4.2.2. Nomeamento, duración e separación A competencia para o nomeamento dos administradores

corresponde á xunta xeral, exceptuando o suposto de administradores nomeados na escritura de constitución (22.1 letra e) LSC). Non necesitan ser socios, salvo que os estatutos esixan esta condición (212.2 LSC).

Non poderán ser administradores: -Os menores non emancipados. -Os xudicialmente incapacitados ou inhabilitados conforme á lei

concursal. -Os condenados por delitos contra a liberdade, contra o patrimonio

ou contra a orde socioeconómica, contra a Administración de Xustiza ou por calquera clase de falsidade.

-Os que por razón do seu cargo non poidan exercer o comercio, etc. 213 LSC.

Unha hipótese especial constitúea o suposto dos socios que ben por conta propia ou allea fagan competencia á sociedade; pois ben, non poderán ser administradores se non obteñen autorización expresa da xunta xeral (230.1 LSC).

O nomeamento dos administradores, unha vez aceptado, debe ser presentado para a súa inscrición no RM (214 e 215 LSC).

Respecto da duración do cargo, os administradores desempeñarán o seu cargo por tempo indefinido, salvo que os estatutos fixen un prazo determinado (nese caso poderán ser reelixidos. 221.1 LSC).

En canto á separación dos administradores, esta pode acordarse en calquera momento pola xunta xeral aínda cando o asunto non conste na orde do día. Por outra banda, nas SRL os estatutos poderán esixir para o acordo de separación unha maioría reforzada que non poderá ser superior aos dous terzos dos votos correspondentes ás participacións en que se divida o capital social (223 LSC).

Page 29: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 27

4.2.3. Exercicio do cargo e responsabilidade Os administradores dunha SRL desempeñarán o seu cargo coa

dilixencia dun ordenado empresario e dun representante leal (LSC). Así, no exercicio do seu cargo, incúmbenlles os seguintes deberes:

a) Deber de información. Os administradores deben informarse dilixentemente da marcha da sociedade. 225.2 LSC.

b) Deber de lealdade. Xurisprudencialmente, o deber de lealdade resúmese na defensa do interese común dos partícipes da sociedade. 226 LSC.

c) Deber de segredo. Ata logo de cesar no cargo, os administradores deben gardar segredo sobre as informacións de carácter confidencial. 232 LSC.

Ademais, concretando estes deberes de lealdade, establécense determinadas prohibicións aos administradores, como a de utilizar o nome da sociedade ou de invocar a súa condición de administrador (227 LSC), a de aproveitar oportunidades de negocio polo seu coñecemento no exercicio do cargo (228 LSC) e a xa vista de facer competencia á sociedade sen autorización da xunta xeral (230 LSC). En sintonía con estas prohibicións, o 229 LSC establece o deber do administrador de comunicar á sociedade calquera situación de conflito de intereses e de absterse de intervir nos acordos.

A súa responsabilidade réxese polas normas dos artigos 236 a 241 LSC. De conformidade con eles, os administradores de dereito ou de feito como tales, responderán fronte á sociedade, fronte aos socios e fronte aos acredores sociais, do dano que causen por actos ou omisións contrarios á lei ou aos estatutos ou polos realizados incumprindo os deberes inherentes ao desempeño do cargo.

Os presupostos desta responsabilidade son tres: 1º existencia dun dano causado polo administrador á sociedade, os accionistas ou a un terceiro; 2º incumprimento polo administrador das súas obrigas; e 3º nexo causal entre o acto ilícito do administrador e o dano producido.

Esta responsabilidade é solidaria, aínda que non alcanza aos administradores que, non intervindo na adopción e execución do acordo lesivo, proben que non coñecían a actuación ilícita ou, coñecéndoa, fixeron o posible por evitala.

Existen dúas clases de accións de responsabilidade contra os administradores:

a) A acción social de responsabilidade. Como vimos, ten como presuposto básico o dano causado á sociedade e diríxese, en consecuencia, á defensa dos intereses sociais. Pode ser exercitada sucesivamente:

1) Pola sociedade se o acorda a xunta xeral. 2) Polos partícipes co 5% do capital social si a sociedade non

exercita a acción no prazo dun mes (desde a data do acordo) ou cando o acordo é contrario á esixencia de responsabilidade.

3) Polos acredores, cando non sexa exercitada pola sociedade ou os seus socios, para reconstruír o patrimonio social.

Page 30: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

28 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

b) A acción individual dos accionistas e terceiros por actos dos administradores que lesionen directamente os intereses daqueles. Esta acción trata de reparar o dano causado directamente aos socios e terceiros polos encargados da administración.

4.2.4. Representación Na sociedade de capital a representación da sociedade, en xuízo ou

fóra del, corresponde aos administradores na forma determinada polos estatuto. Esta representación rexerase polas regras dos artigos 233 e 234 LSC:

a) No caso de administrador único, o poder de representación corresponderá necesariamente a este.

b) En caso de varios administradores solidarios, o poder de representación corresponde a cada administrador, sen prexuízo das disposicións estatutarias ou dos acordos da xunta sobre distribución de facultades, que terán un alcance meramente interno.

c) Se houbese máis de dous administradores conxuntos, o poder de representación exercerase mancomunadamente polo menos por dous deles na forma determinada nos estatutos.

d) No caso de consello de administración, o poder de representación corresponde ao propio consello, que actuará colexiadamente (conforme ao principio de maiorías). Agora ben, os estatutos poderán atribuír o poder de representación a un ou varios membros do consello a título individual ou conxunto. Cando o consello, mediante o acordo de delegación, nomee unha comisión executiva ou un ou varios conselleiros delegados, indicarase o réxime da súa actuación.

En canto ao ámbito da representación, esta estenderase a todos os actos comprendidos no obxecto social delimitado nos estatutos. Calquera limitación das facultades representativas dos administradores, aínda que se ache inscrita no Rexistro Mercantil, será ineficaz fronte a terceiros (234.1 LSC). Con esta fórmula apóiase a seguridade do tráfico, de forma que ao apoderar a un administrador xérase a aparencia, en beneficio de terceiros, de que aquel terá todas as facultades propias do obxecto social. É máis, ata se vai máis aló na protección dos terceiros, ao sinalarse a continuación que a sociedade quedará obrigada fronte a terceiros que obren de boa fe e sen culpa grave, aínda cando se desprenda dos estatutos inscritos no RM que o acto non está comprendido no obxecto social (234.2 LSC).

4.2.5. Retribución O cargo de administrador é gratuíto, a menos que os estatutos

sociais dispoñan o contrario determinando o sistema de retribución. Para este último caso, a LSC distingue varias hipóteses:

a) Se ten por base unha participación en beneficios, non poderá ser superior ao 10% destes (nótese que nas SA só pode ser detraída esta

Page 31: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 29

participación nas ganancias logo de cubrir as reservas legal e estatutaria e recoñecer aos accionistas un dividendo mínimo do 4%). 218 LSC.

b) Se non ten por base unha participación en beneficios (soldos, por exemplo), a retribución será fixada para cada exercicio por acordo da xunta xeral. 217.2 LSC.

c) as remuneracións por outros motivos (arquitecto, consultor, asesor xurídico) tamén están supeditadas ao control da xunta xeral. 220.1 LSC.

5. MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS: AUMENTO E REDUCIÓN DO CAPITAL Requisitos xerais A modificación de estatutos implica un cambio, con maior ou menor alcance, das normas que ata entón rexían a vida da SRL. Por iso é polo que toda modificación estatutaria se rodea dunha serie de cautelas, que se expoñen a continuación sinteticamente:

a) A xunta xeral é o órgano competente para a modificación de estatutos, conforme ao 160 c) e 285.1 LSC. Por excepción, o cambio de domicilio dentro do mesmo termo municipal pode acordarse polo órgano de administración (285.2 LSC).

b) Na convocatoria da xunta xeral han de expresaranse coa debida claridade os extremos que teñan que ser obxecto de modificación e que os socios teñen dereito a examinar no domicilio social o texto íntegro da modificación proposta (287 LSC).

c) Esíxese o voto favorable de máis da metade dos votos correspondentes ás participacións (199 e 200 LSC).

d) O acordo de modificación debe constar en escritura pública, que se inscribirá no RM e publicarase no BORME (290 LSC). Supostos especiais

a) se a modificación estatutaria supón novas obrigas para os socios ou afecta aos seus dereitos individuais, necesitarase o consentimento dos interesados (291 e 292 LSC).

b) se a modificación estatutaria supón a incorporación de novas causas de separación ou de exclusión, necesítase o consentimento de todos (347 e 351 LSC). 5.1. Aumento de capital Por diversas razóns (a conveniencia de equilibrar o binomio capital/patrimonio, a urxente necesidade de novos recursos económicos, saneamento por perdas, o exceso de valor do patrimonio sobre a cifra de capital, etc.) á SRL pódelle interesar a modificación da cifra de capital que figure nos estatutos. Esta alteración pode ser cara arriba (falándose entón de aumento ou ampliación) ou cara abaixo (falándose entón de diminución ou redución). Por outra banda, na SRL, a diferenza da SA, non se prevé a

Page 32: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

30 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

posibilidade de delegación aos administradores para que acorden o aumento (o capital autorizado).

Dende un punto de vista técnico, o aumento pode instrumentarse de dúas formas: pola creación de novas participacións ou mediante a elevación do valor nominal das xa existentes.

Ámbolos dous supostos, o contravalor do aumento de capital poderá consistir tanto en novas achegas en diñeiro ou non en diñeiro ao patrimonio social (incluída a achega de créditos contra a sociedade) como na transformación de reservas ou beneficios. Desta forma, a doutrina distingue entre aumento real ou efectivo e aumento contable. É real ou efectivo cando a operación implica o ingreso de elementos de natureza económica no patrimonio da sociedade ou a diminución do seu pasivo; e é contable cando a operación supón simplemente un desprazamento dunha conta a outra do balance (por exemplo, a transferencia da conta de reservas á de capital social).

Vemos agora os requisitos que esixe a lei en función do modo en que se realice o aumento:

a) En caso de compensación de créditos, os créditos serán totalmente líquidos e exixibles (301.1 LSC). É necesario un informe dos administradores sobre a natureza e características dos créditos (nas SA esíxese tamén un informe dos auditores).

b) En caso de achegas non en diñeiro, necesítase que se poña a disposición dos socios un informe dos administradores sobre estas (achegas proxectadas, valoración, nº de participacións que teñan que crearse, contía do aumento, etc.).300 LSC.

c) No suposto de aumento con cargo a reservas, poderán utilizarse as reservas dispoñibles, as primas de asunción de participacións, e a totalidade da reserva legal. As reservas empregadas para o aumento figurarán nun balance aprobado pola xunta xeral dentro dos seis meses inmediatamente anteriores ao acordo de aumento e verificado polo auditor de contas da sociedade ou por un nomeado polo rexistrador mercantil se a sociedade non estivese obrigada á verificación contable (303 LSC).

5.1.1. O dereito de preferencia O dereito de asunción preferente de participacións poderá

exercitarse nos casos de aumento de capital con creación de novas participacións. Consiste na facultade outorgada ao socio de asumir un número destas proporcional ao valor nominal das participacións que posúa. Na SRL, o dereito de asunción preferente réxese polas seguintes regras:

a) O exercicio do dereito terá lugar no prazo fixado ao adoptar o acordo, sen que poida ser inferior ao prazo dun mes dende a publicación do anuncio da oferta de asunción das novas participacións no BORME. O órgano de administración poderá substituír a publicación do anuncio por unha comunicación escrita a cada un dos socios (ou usufrutuarios) que figure no libro de socios. 305 LSC.

b) Como dispón o artigo 306 LSC, o dereito de preferencia pode ser transmitido por acto “inter vivos” a favor das persoas que segundo a lei e os

Page 33: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 31

estatutos poidan adquirir libremente as participacións. Os estatutos poderán recoñecer a posibilidade de transmisión a favor de persoas distintas (con suxeición neste caso aos requisitos vistos para a transmisión de participacións por acto “inter vivos”).

c) Salvo disposición en contra dos estatutos, se as participacións ofrecidas non son asumidas na súa totalidade polos socios, os administradores ofreceranas primeiro aos socios (nun prazo non superior a 15 días) e despois poderán adxudicalas a persoas estrañas (307 LSC).

Non haberá lugar a este dereito nalgúns supostos: a) cando o aumento de capital se deba á absorción doutra sociedade; b) cando a sociedade reciba como beneficiaria todo ou parte do patrimonio escindido doutra sociedade. 304 LSC); e c) cando a xunta xeral decida, ao acordar o aumento, a supresión do dereito de preferencia porque o esixa o interese social. Neste último caso, esíxese, entre outros requisitos, a elaboración dun informe polos administradores e que na convocatoria se fixo constar a proposta de supresión e o dereito dos socios a examinar o informe citado (308 LSC).

Para rematar, convén recordar que o acordo de aumento e a súa execución deberán inscribirse simultaneamente no RM. Transcorridos seis meses dende que se abriu o prazo para o aumento, se non se presentan os documentos no RM, os achegantes poderán esixir a restitución (315 e 316 LSC).

5.2. Redución de capital A LSC permite as seguintes modalidades de redución de capital: a restitución das achegas aos socios (redución efectiva) ou o restablecemento do equilibrio entre o capital e o patrimonio contable diminuído a consecuencia de perdas (redución contable).

En canto aos requisitos, o acordo de redución de capital supón unha modificación estatutaria, polo que é competente a xunta xeral, necesitándose o voto favorable de máis da metade dos votos correspondentes ás participacións en que se divida o capital social (199 LSC). Non obstante esta regra xeral, se o acordo de redución con devolución do valor das achegas non afecta por igual a todas as participacións, requírese o consentimento individual desas participacións (358 LSC). E, por outra banda, o artigo 358 LSC permite a redución do capital polos administradores nos casos de separación ou exclusión dos socios. Vexamos as modalidades:

a) redución de capital por restitución de achegas Neste suposto, a LSC articula un sistema de protección aos

acredores baseado nunha responsabilidade persoal dos socios polas débedas sociais ou ben na constitución dunha reserva indispoñible (recórdese que nas SA se establece para este fin o dereito de oposición dos acredores ao acordo de redución, 334 LSC). O seu réxime xurídico é o seguinte:

1) Os socios a quen se restituíu a totalidade ou parte das achegas responderán das débedas sociais contraídas con anterioridade á data en

Page 34: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

32 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

que a redución fose opoñible a terceiros (a data de publicación do acordo no BORME. 331 LSC). Trátase dunha responsabilidade solidaria entre os socios e coa sociedade, pero está limitada ao importe do restituído, e extínguese aos cinco anos contados dende que a redución fose opoñible a terceiros.

2) A lei permite liberar desta responsabilidade aos socios se a sociedade ao acordar a redución constitúe unha reserva especial (indispoñible por un prazo de cinco anos) con cargo a reservas libres ou beneficios por un importe igual ao das restitucións realizadas aos socios (332 LSC).

3) Os estatutos poderán establecer que esta modalidade de redución só se leve a cabo tras un prazo de tres meses desde a notificación do acordo aos acredores. A notificación será persoal e si non é posible por medio de anuncios publicados no BORME e en páxina web (ou nun diario dos de maior circulación).Durante ese prazo de tres meses os acredores ordinarios poderán opoñerse á execución do acordo de redución se os seus créditos non son satisfeitos ou a sociedade non presta garantía (333 LSC).

4) A devolución do capital farase a pro rata das participacións sociais que posúa cada socio, salvo que por unanimidade se estableza outro sistema de devolución (330 LSC).

b) redución de capital para compensar perdas Non será posible esta modalidade de redución de capital social en

tanto a sociedade dispoña de calquera clase de reservas (332 LSC). A redución será necesaria se se quere evitar que opere como

causa de disolución o disposto no 363 d) LSC, isto é, na hipótese de que as perdas deixen reducido o patrimonio neto a menos da metade do capital social.

Para rematar, o balance que sirva de base para a redución do capital social debe referirse a unha data comprendida dentro dos 6 meses anteriores ao acordo, estar aprobado pola xunta xeral (82-2 LSC) e verificado por auditores (que serán os da sociedade si esta debe verificar as súas contas, ou o auditor nomeado polos administradores, 323 LSC).

6. DISOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN Na LSC existe un réxime común para as SRL, SA e SCA (Título X, Capítulo I, artigo 360 a 370 LSC).

Nesta materia é preciso distinguir os seguintes conceptos xerais: a) Disolución. É a fase ou situación na que se coloca a sociedade a

consecuencia de certos feitos ou actos aos que a lei ou os estatutos dotan de efectos disolutorios, e que normalmente dá lugar á apertura do período de liquidación e á subseguinte extinción da sociedade.

É importante apuntar que a disolución da sociedade abre o período de liquidación e que a sociedade disolta conservará a súa personalidade xurídica mentres a liquidación se realiza. Durante ese tempo deberá engadir a súa denominación a expresión «en liquidación» (371-1 e 2 LSC).

Page 35: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 33

b) Liquidación. É un conxunto de actos e operacións encamiñados a determinar o patrimonio social, a satisfacer as obrigas sociais, a repartir o remanente patrimonial entre os socios e proceder á cancelación dos asentos rexistrais da sociedade. É, pois, un proceso.

c) Extinción. Identifícase coa morte da SRL. Rematado o reparto do haber social, os liquidadores outorgarán a escritura pública de extinción, que, coas mencións e os documentos esixidos na lei (balance final, relación de socios, etc.), haberá de inscribirse no RM. 6.1. Causas de disolución As causas de disolución non operan todas da mesma forma. Por iso, a LSC, ao recoller o réxime xurídico das causas de disolución para as sociedades de capital distingue:

A) Causas de disolución de pleno dereito. As sociedades de capital disolveranse de pleno dereito nos

seguintes casos: a) Polo transcurso do termo de duración fixado nos estatutos, a non

ser que con anterioridade fose expresamente prorrogada e inscrita a prórroga no Rexistro Mercantil.

b) Polo transcurso dun ano dende a adopción do acordo de redución do capital social por baixo do mínimo legal como consecuencia do cumprimento dunha lei, se non se inscribiu no Rexistro Mercantil a transformación ou a disolución da sociedade, ou o aumento do capital social ata unha cantidade igual ou superior ao mínimo legal.

Transcorrido un ano sen que se inscribira a transformación ou a disolución da sociedade ou o aumento do seu capital, os administradores responderán persoal e solidariamente entre si e coa sociedade das débedas sociais. 360.1 LSC.

Hai que ter en conta que, conforme ao artigo 361-1 LSC, a declaración de concurso da sociedade de capital non constituirá, por si soa, causa de disolución (pero a apertura da fase de liquidación no concurso de acredores producirá a disolución de pleno dereito da sociedade).

B) Disolución por constatación da existencia de causa legal ou

estatutaria (que deberá ser constatada pola xunta xeral ou por resolución xudicial)

A sociedade de capital deberá disolverse: a) Polo cese no exercicio da actividade ou actividades que

constitúan o obxecto social. En particular, entenderase que se produciu o cese tras un período de inactividade superior a un ano.

b) Pola conclusión da empresa que constitúa o seu obxecto. c) Pola imposibilidade manifesta de conseguir o fin social. d) Pola paralización dos órganos sociais de modo que resulte

imposible o seu funcionamento. e) Por perdas que deixen reducido o patrimonio neto a unha

cantidade inferior á metade do capital social, a non ser que este se aumente

Page 36: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

34 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

ou se reduza na medida suficiente, e sempre que non sexa procedente solicitar a declaración de concurso.

f) Por redución do capital social por baixo do mínimo legal, que non sexa consecuencia do cumprimento dunha lei.

g) Porque o valor nominal das participacións sociais sen voto excedese da metade do capital social desembolsado e non se restablecese a proporción no prazo de dous anos.

h) Por calquera outra causa establecida nos estatutos (362 e 363-1LSC).

C) Disolución por mero acordo da xunta xeral (esixe os requisitos

para a modificación de estatutos (maioría de máis da metade dos votos correspondentes ás participacións. 368 LSC). 6.2. Funcións dos liquidadores Como regra xeral, nas SRL, en tanto sociedades de capital, quen fosen os administradores ao tempo da disolución quedan convertidos en liquidadores, salvo disposición contraria dos estatutos ou acordo da xunta xeral (376-1 LSC). Velaquí, sintetizadas, as súas funcións:

• Representación da SRL en liquidación. • Comparecer en xuízo e concertar transaccións e arbitraxes. • Realizar un inventario e balance inicial. • Concluír operacións pendentes e realizar as novas que sexan necesarias. • Percibir créditos sociais e pagar as débedas sociais. • Leva da contabilidade. • Allear os bens sociais. • Manter informados a socios e a acredores. • Someter á aprobación da xunta xeral o balance final da liquidación. • Satisfacer aos socios a cota resultante da liquidación . • Outorgar a escritura de extinción da SRL solicitando a súa inscrición no RM. (379 e 383 e ss. LSC).

7. SRL UNIPERSOAL No Dereito español de Sociedades, a regulación das sociedades unipersoais (limitadas ou anónimas) atópase contida no Título I, capítulo II, artigos 12 a 17 da LSC.

Enténdese por sociedade unipersoal de responsabilidade limitada: a) A constituída por un único socio, sexa persoa natural ou xurídica.

Recibe o nome de unipersonalidade orixinaria. b) A constituída por dous ou máis socios cando todas as

participacións pasen a ser propiedade dun único socio. Recibe o nome de unipersonalidade sobrevida.

Os seus trazos peculiares son:

Page 37: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 35

A) Publicidade da unipersonalidade Distinguimos entre a) Publicidade rexistral. A unipersonalidade farase constar en

escritura pública, que se inscribirá no RM. Esta obriga esténdese, segundo o artigo 13.1 LSC, non só á constitución, senón tamén ás seguintes situacións:

- Unipersonalidade sobrevida. - Perda da unipersonalidade. - Cambio de socio único. b) Publicidade de feito. A ela refírese o artigo 13.2 LSC. Mentres

subsista a situación de unipersonalidade, a sociedade fará constar expresamente a súa condición de unipersoal en toda a súa documentación, correspondencia, notas de pedido e facturas, así como en todos os anuncios que publique por disposición legal ou estatutaria.

B) Órganos Neste punto aplícanse as regras xerais e, xa que logo, o socio único

poderá confiar a administración da sociedade de responsabilidade limitada a un terceiro ou terceiros. Por outra banda, é claro que na SRL unipersoal o socio único exercerá as competencias da xunta xeral pois non hai nin acordos nin debate. Por iso, o artigo 15.2 LSC precisa que “as decisións do socio consignaranse en acta, baixo a súa firma ou a do seu representante, podendo ser executadas e formalizadas polo propio socio ou polos administradores da sociedade”.

C) Contratación do socio único coa sociedade A LSC mira con cautela os contratos do socio único coa sociedade,

coa mira posta na defensa do patrimonio da SRL unipersoal. Así, nesta hipótese, establécense as seguintes disposicións:

-os contratos deben constar por escrito (ou na forma documental esixida conforme á súa natureza) e deben transcribirse a un libro rexistro convenientemente legalizado.

-a memoria anual debe referirse a eles expresa e individualizadamente.

-en caso de concurso do socio único ou da sociedade, non son opoñibles á masa os contratos non transcritos ou non referenciados

-en calquera caso, durante dous anos dende a súa celebración, o socio único responde fronte á sociedade das vantaxes que directa ou indirectamente obteña en prexuízo desta (13 LSC).

D) Efectos da falta de inscrición da unipersonalidade sobrevida Se transcorren seis meses dende a adquisición pola sociedade do

carácter unipersoal sen que esta circunstancia se inscribise no Rexistro Mercantil, o socio único responderá persoal, ilimitada e solidariamente das débedas sociais contraídas durante o período de unipersonalidade. Pero, inscrita a unipersonalidade, o socio único non responderá das débedas contraídas con posterioridade a dita inscrición (14 LSC).

Page 38: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

36 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

8. A SLNE

A Lei 7/2003 de 1 de abril de 2003 modificou a Lei 2/1995 de Sociedades de Responsabilidade Limitada, creando unha sociedade de responsabilidade limitada singular, denominada Sociedade Nova Empresa, coa dobre finalidade de estimular a creación de empresas de pequena e mediana dimensión, e de fomentar a súa incorporación ao uso das novas tecnoloxías. Na actualidade, a Sociedade Limitada Nova Empresa regúlase no Título XII do RDL 1/2010 de 2 de xullo, que aproba o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital.

As súas características básicas son as seguintes: a) Na súa constitución, a denominación social estará formada polos

dous apelidos e o nome dun dos socios fundadores, seguidos dun código alfanumérico que permita a identificación da sociedade de xeito único e inequívoca; así mesmo, deberá figurar a indicación Sociedade Limitada Nova Empresa ou a súa abreviatura SLNE. Ademais, a denominación social incorporarase inmediatamente a unha subsección especial da sección de denominacións do Rexistro Mercantil Central (435 LSC).

b) A SLNE terá como obxecto social todas ou algunhas das seguintes actividades, que han de transcribirse literalmente nos estatutos: a actividade agrícola; gandeira; forestal; comercial; turística; de transporte; comunicacións; de intermediación; de profesionais ou de servizos en xeral. Os socios fundadores poden incluír no obxecto social calquera actividade singular distinta das anteriores, ben entendido que se a inclusión da devandita actividade singular dese lugar á cualificación negativa do rexistrador mercantil da escritura de constitución da sociedade, non se paralizará a inscrición, que se practicará, sen a actividade singular en cuestión, sempre que os socios fundadores o consintan expresamente na propia escritura de constitución ou con posterioridade a ela (436.1 e 2 LSC).

c) En canto aos requisitos subxectivos, só poderán ser socios da SLNE as persoas físicas. Ademais, ao tempo da constitución, os socios non poderán superar o número de cinco. E respecto de a unipersonalidade, non poderán constituír este tipo de sociedade nin adquirir a condición de socio único dunha SLNE quen xa ostente a condición de socios únicos doutra SLNE (437 e 438 LSC).

d) Para a súa válida constitución, a SLNE require escritura pública e inscrición no Rexistro Mercantil correspondente ao domicilio social. Para impulsar a constitución deste tipo societario, o Ministerio de Xustiza publicou uns modelos de Estatutos Sociais. Os trámites do proceso de constitución poderán realizarse utilizando técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas. Unha das pezas mestras do sistema é o documento único electrónico (DUE), que é o documento integrador e de natureza electrónica que comprende todos os datos referentes á SLNE que se remitirán aos rexistros públicos e ás Administracións que interveñen no proceso de creación dunha empresa; así pois, o DUE cumpre unha función simplificadora do proceso de creación da sociedade. Con todo, tamén é posible a tramitación presencial, á que poderán acudir, se o desexan, os socios fundadores ou os seus representantes; neste caso, establécense uns prazos de resposta breves (24 horas) por parte de notarios e rexistradores

Page 39: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 37

(440 e 441 LSC). O comezo da tramitación poderá realizarse nos chamados puntos de asesoramento e inicio da tramitación (PAIT).

e) O capital social da SLNE non poderá ser inferior a tres mil euros nin superior a cento vinte mil euros; e a cifra de capital mínimo sinalada só poderá ser desembolsada mediante achegas en diñeiro (443 LSC).

f) Polo que concirne á transmisión de participacións sociais por acto “inter vivos”, esta só poderá facerse a favor de persoas físicas, podendo superarse o número de cinco socios. No suposto no que, como consecuencia da transmisión, persoas xurídicas adquirisen participacións sociais, estas deberán ser alleadas a favor de persoas físicas no prazo de tres meses dende a súa adquisición; e, de non facerse así, a SLNE quedará sometida á normativa xeral da SRL, sen prexuízo da responsabilidade dos administradores (444 LSC).

g) A administración da sociedade pódese confiar a un órgano unipersoal ou a un órgano pluripersoal, cuxos membros poden actuar solidaria ou mancomunadamente; se se atribúe a un órgano pluripersoal, non poderá adoptar a forma nin o réxime de funcionamento dun consello de administración. Ademais, requírese a condición de socio (447 e 448.1 LSC). A representación da sociedade, no caso de administrador único, corresponderá a este; se existen varios administradores solidarios, a un calquera deles; e se existen varios administradores mancomunados, a dous calquera deles. As convocatorias das xuntas xerais poderán efectuarse por correo certificado ou mediante a utilización de medios telemáticos (446 LSC).

Para rematar, cabe sinalar o avance que supuxo o RD 1332/2006, de 21 de novembro, polo que se regulan as especificacións e condicións para o emprego do DUE na creación de SRL mediante o sistema de tramitación telemática; deste xeito, o RD citado vén adaptar as funcionalidades do DUE a calquera tipo de SRL, facilitando así a creación destas sociedades. Nesta liña, o RDL 13/2010, de 3 de decembro, e o RDL 8/2011 de 1 de xullo, contemplan medidas para axilizar a constitución de sociedades de capital mediante o uso de medios telemáticos. E o RD 368/2010, de 26 de marzo, posibilita que os empresarios individuais poidan levar a cabo os trámites de creación da súa empresa mediante a utilización do Documento Único Electrónico. AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA A avaliación realizarase en tres momentos, tal como se describe a continuación: a) No momento inicial. Para comprobar o nivel dos alumnos sobre os seus coñecementos societarios o profesor manterá un dialogo co alumnado. Esta comprobación é necesaria para a organización equilibrada dos grupos, pois se intentará conseguir que alumnos con coñecementos previos estean mesturados cos que carecen deles. b) Mediante a observación, o profesor determinará a implicación dos alumnos no traballo de grupo.

Page 40: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

38 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

c) Durante o proceso, o profesor indagará sobre as dificultades que os diferentes grupos de expertos e os grupos base vanse atopando. d) A propia dinámica do Puzzle de Aronson leva aparellada unha avaliación, en tanto que os grupos base deberán cubrir unha ficha de grupo resolvendo unha serie de cuestións suscitadas. A súa resolución implica necesariamente o coñecemento da normativa básica sobre SRL. Por outra banda, tamén haberá unha avaliación da parte do programa traballada con esta UD a través dalgunhas preguntas no exame final.

Page 41: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 39

ANEXOS Anexo 1 Fichas de Expertos EXPERTOS Ficha A: Concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL.

• Compara o concepto de SRL co de SA. • Como é o réxime de responsabilidade do achegante dun inmoble

a unha SRL? • Que son as prestacións accesorias? • Cales son os requisitos básicos de constitución dunha SRL? E

dunha SA? • Os estatutos, deben facer referencia aos modos de organizar a

administración? • Que carácteres presentan as participacións? • Cal é o réxime xurídico de transmisión das participacións nunha

SLR? • Que é a copropiedade de accións? E o usufruto? • Fai un breve resumo dos ítems asignados no encabezamento.

EXPERTOS Ficha B: Órganos sociais e modificación de estatutos.

• Cales son os requisitos de convocatoria dunha Xunta xeral de

SRL? • Explica o dereito de asistencia á Xunta na SRL. • Como é o sistema de adopción de acordos nunha SRL? • Que acordos son impugnables nunha SRL? • A quen corresponde o nomeamento de administradores? • Que deberes lles incumben? • Explica o réxime de retribución dos administradores na SRL. • Explica o dereito de asunción preferente de participacións. • Cales son os requisitos xerais das modificacións estatutarias? • Fai un breve resumo dos ítems asignados no encabezamento.

Page 42: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

40 - UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada

EXPERTOS Ficha C: Disolución, liquidación, SRL unipersoal e Sociedade Limitada Nova Empresa.

• Disolución e extinción, son termos equivalentes? • Explica as funcións dos liquidadores. • Cantas clases de unipersonalidade existen? • A unipersonalidade debe constar na documentación da SRL? • Por que hai unhas cautelas nos supostos de contratación do

socio único coa sociedade? • Que ocorre se non se inscribe a unipersonalidade no RM? • Explica o réxime de transmisión de participacións nunha SLNE. • Que é o DUE? • Quen pode ser socios dunha SLNE? • Fai un breve resumo dos ítems asignados no encabezamento.

Anexo 2 Ficha de Grupo Ficha de Grupo

• Que é a separación de administradores? • Explica como pode instrumentarse un aumento de capital. • Explica os efectos da nulidade dunha SRL. • Que é unha comisión executiva? E un conselleiro delegado? • Quen non poden ser administradores dunha SRL? • Explica as diferenzas entre:

achegas en diñeiro e non en diñeiro accións e participacións xunta xeral ordinaria e xunta universal acordos da xunta xeral nulos e acordos anulables acción social de responsabilidade e acción individual disolución e liquidación SRL e SLNE xunta xeral e administradores SRL e SRL unipersoal

Page 43: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

UNIDADE DIDÁCTICA. Sociedade de responsabilidade limitada 41

BIBLIOGRAFÍA BOTANA AGRA, Manuel, HERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Francisco e GARCÍA VIDAL,

Angel (2006): Lecciones de Derecho Mercantil II, Santiago de Compostela: Gallaecia Liber.

JIMÉNEZ SÁNCHEZ, Guillermo J. (Coord.): (2010): Derecho Mercantil I, Vol 2º, Madrid: Marcial Pons.

MENÉNDEZ, Aurelio e ROJO, Angel (Dir.) e APARICIO, MªLuisa (Coord.): (2011): Lecciones de Derecho Mercantil, Vol. I, 9ªEd., Cizur Menor: Civitas-Thomsom Reuters.

SÁNCHEZ CALERO, Fernando e SÁNCHEZ-CALERO GUILARTE, Juan (2011): Instituciones de Derecho Mercantil, Vol I, 34ªEd., Cizur Menor: Aranzadi-Thomsom Reuters.

Page 44: Sociedade de responsabilidade limitada · concepto, características, constitución e réxime xurídico das participacións das SRL. Ficha B (2 expertos) órganos sociais e modificación

Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua

Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade

Gra

o en

Adm

inis

traci

ón e

Dire

cció

n de

Em

pres

as

Dereito da Empresa

Ignacio Vidal PortabalesDepartamento de Dereito Mercantil e do Traballo

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

7 e 8

Sociedade de responsabilidade limitada

97

88

49

88

79

07

0

ISBN 978-84-9887-907-0