seleccionados solf nº13 setembro 2015

5
SELECCIONADOS XULLO-SETEMBRO 2015 SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILAS SETEMBRO 2015 (Boletín SOLF número 13) Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 [email protected]

Upload: biblioteca-publica-municipal-de-naron

Post on 14-Jan-2017

269 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015

SELECCIONADOS XULLO-SETEMBRO 2015

SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE

LECTURA ÁS FAMILAS

SETEMBRO 2015 (Boletín SOLF número 13)

Biblioteca Pública Municipal de Narón

R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

981 382 173

[email protected]

Page 2: Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015

Seleccionados “SOLF” número 13 XULLO-SETEMBRO 2015

1 Biblioteca Pública Municipal de Narón

SELECCIONADOS: CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS SELECCIONADOS ENTRE AS ÚLTIMAS INCORPORACIÓNS AO FONDO

INFANTIL-XUVENIL NO TRIMESTRE XULLO-AGOSTO-SETEMBRO DE 2015

“SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS”

Boletín SOLF número 13

Bebeteca (Bebés de 0 a 36 meses)

Un cuento muy aburrido para quedarse dormido, de Estela Antín. Conto ideal para que aos máis pequenos/as da casa lles entre o sono. O seu ritmo soa coma unha canción de berce, todo está escuro e en silencio, os personaxes durmen e… no conto non pasa nada.

Colección La cereza, de Mar Benegas. Tres títulos (Diez ardillas, ¿Le pondremos un bigote? e Ñam, ñam) de contos para contar e cantar. En cada un deles inclúe un código QR para poder descargar a canción cuxa letra se ofrece como texto no libro.

Sección infantil I1 (de 3 a 6 anos)

Contos de humor:

Cuando papá era pequeño había dinosaurios, de Vincent Malone. Unha deliciosa historia sobre un tema que tanto apaixoa os nenos e nenas, saber como era o mundo cando os seus pais eran pequenos, como era o colexio, como se divertían... Leva o salto xeracional ao esaxerado, ubicando a infancia dos pais na prehistoria. De seguro a lectura deste conto servirá de pretexto para contar os fillos e fillas como era realmente a infancia que vivistes os adultos de hoxe en día.

Page 3: Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015

Seleccionados “SOLF” número 13 XULLO-SETEMBRO 2015

2 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos da vida real:

Acércate, de Patricia Arredondo. O achegamento entre os dous protagonistas, Elisa e Mateo, sérvelles para entender que tamén se pode falar coas mans e escoitar cos ollos; o importante é poder comunicarse.

Cuando a Vaca se le posó Mariposa en la nariz, de Susana Rico Calleja. Aborda a morte dun ser querido enfocándoo naquelas cousas que o que marcha deixa nos que quedan, de maneira que a relación entre eles nunca termina. Para ler acompañados/as.

Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos)

Contos fantásticos:

El deseo del gato Klops, de Estefanía Padullés. O gato Klops ve unha estrela e disponse a pedirlle un desexo. Ten que pensar moi ben o que vai pedir porque todo o que se lle ocorre ten a súa parte mala e a súa parte boa. É un conto estupendo para aprender a coñecer e valorar a propia identidade, aceptándonos con virtudes e defectos.

Contos da vida real:

Kalia bajo las estrellas, de Didier Dufresne. O autor inspírase no cadro As carretas, campamento xitano cerca de Arlés, de Vincent Van Gogh para compoñer esta fermosísima historia de amor entre unha xitana nómada e un neno francés que nunca saiu da súa granxa. Ao final do libro podemos atopar varios datos sobre Vincent Van Gogh e a súa obra que de seguro espertarán entre os nenos e nenas a cuiriosidade pola figura deste pintor holandés.

Page 4: Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015

Seleccionados “SOLF” número 13 XULLO-SETEMBRO 2015

3 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos de humor:

Princesa Belinda, de Pam Calvert. Aínda que á princesa Belinda encántanlle os seus lentes, non quere lucir diferente ao resto de princesas cando se trata de conquistar ao príncipe Vebién. A renuncia a este elemento tan imprescindible vaina levar a situacións realmente disparatadas. A partir de aquí o texto do conto amósanos unha situación que nada ten que ver coa real, que é a que amosan as ilustracións. Este é un atractivo engadido ao libro.

Sección infantil I3 (de 9 a 12 anos)

Contos da vida real:

O becho que quería comer á avoa, de Rocío Leira. Calquera neno ou nena pódese sentir identificado coa protagonista deste conto. Sara cóntanos dun xeito moi cercano e familiar como é a súa escola, os seus compañeiros, a súa familia e, sobre todo, como é a relación que mantén coa súa avoa Celia. A enfermidade chega á súa casa obrigándolle a decatarse de que o mundo que a rodea non vai permanecer sempre intacto. Unha historia que, a pesares de ser algo dura, non deixa de ser real e non perde a tenrura e a inocencia da infancia.

Contos detectivescos:

¿Quién teme al Señor Hombre-Lobo?, de Jörg Hilbert e Felix Janosa. Como o seu subtítulo indica, esta é unha historia musical de intriga. Podedes ler o conto independientemente ou escoitar no CD a súa versión narrada. A Orquestra sinfónica e radiofónica de Saarbrücken, Alemaña, pon música a este conto, o que axuda a envolvelo nun ambiente de intriga e misterio.

Page 5: Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015

Seleccionados “SOLF” número 13 XULLO-SETEMBRO 2015

4 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección Xuvenil (a partir de 12 anos)

Narrativa:

El niño que quería matar, de Lolita Bosch. Un duro e honesto relato contado en primeira persoa por un mozo cunha doenza mental que fai que non poda sacar unha idea da súa cabeza; a idea de matar. Unha lectura que nos axuda a entender os sentementos de medo, soidade e desesperanza das persoas con estas doenzas.

Jesús Betz, de Fred Bernard e François Roca. Máis que unha novela, este libro é un álbum ilustrado para mozos e mozas. As ilustracións que acompañan ao texto son dunha grandísima beleza e expresividade; o complemento perfecto para o marabilloso texto que narra a vida de Jesús, un neno que nace sen extremidades a finais do século XIX. A través das cartas que de adulto lle envía a súa nai podemos coñecer toda a súa complicadísima vida. BOMBÓN