savia nova para a Área sanitaria viguesa - … · savia nova para a Área sanitaria viguesa ......

2
SAVIA NOVA PARA A ÁREA SANITARIA VIGUESA A EOXI de Vigo dá a benvida a 83 residentes de primeiro ano que comezan o seu período de especialización nos centros da área 22 dos novos residentes realizarán a súa formación en Atención Primaria e 61 en hospitalaria Os primeiros MIR que elixiron Galicia para a súa especialización decantáronse polo CHUVI nas especialidades de Xinecoloxía, Cardioloxía e Anestesia Vigo, 28 de maio de 2018. Savia nova para a área sanitaria viguesa, que conta co hospital máis novo de Galicia, o Álvaro Cunqueiro. A EOXI de Vigo deu a benvida esta mañá aos 83 graduados que elixiron Vigo para cursar a súa especialidade sanitaria. Son, a partir de agora, residentes de primeiro ano nos distintos servizos que compoñen a área sanitaria máis poboada de Galicia. A benvida oficial estivo a cargo da directora de Procesos Asistenciais, a doutora Mar Vázquez, que agradeceu aos novos residentes elixir Vigo para realizar a súa especialidade e exhortoulles a “aproveitar a formación en base aos coñecementos científicos e á tecnoloxía, pero sen esquecer o máis importante: a empatía co paciente, que é o centro da atención sanitaria”. Dos 83 residentes novos, 59 decantáronse pola formación hospitalaria, 2 deles farán Medicina do Traballo e os 22 restantes formaranse en Atención Primaria. Maioritariamente os residentes son graduados en Medicina. Tamén comezan a súa especialización as graduadas en Enfermaría, así como en Farmacia, Psicoloxía e Bioloxía. Do total de facultativos hai 3 que non son españois. Trátase dunha médico de Bolivia que se especializará en Xeriatría e outras dúas de Venezuela que elixiron Medicina Nuclear e Medicina do Traballo. As 16 graduadas en Enfermería distribúense entre 4 de Pediatría, 2 de Saúde Mental, 4 matronas e 6 de Medicina Familiar e Comunitaria.

Upload: dangtuong

Post on 12-Oct-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

SAVIA NOVA PARA A ÁREA SANITARIA VIGUESA

• A EOXI de Vigo dá a benvida a 83 residentes de primeiro ano que comezan oseu período de especialización nos centros da área

• 22 dos novos residentes realizarán a súa formación en Atención Primaria e 61en hospitalaria

• Os primeiros MIR que elixiron Galicia para a súa especialización decantáronsepolo CHUVI nas especialidades de Xinecoloxía, Cardioloxía e Anestesia

Vigo, 28 de maio de 2018. Savia nova para a área sanitaria viguesa, que conta co hospitalmáis novo de Galicia, o Álvaro Cunqueiro. A EOXI de Vigo deu a benvida esta mañá aos 83graduados que elixiron Vigo para cursar a súa especialidade sanitaria. Son, a partir deagora, residentes de primeiro ano nos distintos servizos que compoñen a área sanitariamáis poboada de Galicia.

A benvida oficial estivo a cargo da directora de Procesos Asistenciais, a doutora MarVázquez, que agradeceu aos novos residentes elixir Vigo para realizar a súa especialidadee exhortoulles a “aproveitar a formación en base aos coñecementos científicos e átecnoloxía, pero sen esquecer o máis importante: a empatía co paciente, que é o centro daatención sanitaria”.

Dos 83 residentes novos, 59 decantáronse pola formación hospitalaria, 2 deles faránMedicina do Traballo e os 22 restantes formaranse en Atención Primaria.

Maioritariamente os residentes son graduados en Medicina. Tamén comezan a súaespecialización as graduadas en Enfermaría, así como en Farmacia, Psicoloxía e Bioloxía.Do total de facultativos hai 3 que non son españois. Trátase dunha médico de Bolivia quese especializará en Xeriatría e outras dúas de Venezuela que elixiron Medicina Nuclear eMedicina do Traballo.

As 16 graduadas en Enfermería distribúense entre 4 de Pediatría, 2 de Saúde Mental, 4matronas e 6 de Medicina Familiar e Comunitaria.

EspecialidadesA especialidade que copa un maior número de residentes é Medicina Familiar eComunitaria, cun total de 16 facultativos.

Dentro da formación especializada, os servizos de Anestesioloxía e Reanimación acollen a4 residentes de primeiro ano, cifra similar á de Pediatría. Séguelle, con 3 novos MIR, oservizo de Medicina Interna.

Anatomía Patolóxica, Cirurxía Xeral, Cardioloxía, Traumatoloxía, Xinecoloxía eOtorrinolaringoloxía contarán con dous residentes novos. O resto dos servizos terá unresidente de primeiro ano cada un.

Prazas de libre elecciónA elección de prazas para cursar as distintas especialidades realízase de forma libre, deentre as vacantes existentes en cada centro en España e con preferencia para aquelesgraduados que obtiveron unha mellor puntuación nas probas.

Este ano, por primeira vez, os primeiros MIR que elixiron Galicia para realizar a súaespecialidade decantáronse por Vigo nas especialidades de Xinecoloxía, Cardioloxía eAnestesia.

Ademais, case a metade dos residentes de primeiro ano non residían ata agora na áreaviguesa, o que supón un incremento no “efecto chamada” que os centros públicos de Vigoexercen nos novos graduados. Un aspecto no que ten moito que ver a consolidación dareestruturación da EOXI, así como o alto nivel profesional e de tecnoloxía de que dispón oCHUVI e a ampla rede de Atención primaria.