saída ao auditorio caixanova 16.11.09
TRANSCRIPT
O día 16 de novembro os alumnos/as de 2º e 3º ciclo de primaria fixemos unha saída ao
auditorio CAIXANOVA (Vigo) .
Por primeira vez asistimos a una
representación teatral en english!!!
Á volta comentamos:
� O LUGAR E O ESCENARIO:
O auditorio de Caixanova é moi grande, bonito e cun teito abovedado para que non faga eco e se escoite mellor.
No escenario había un panel de imaxes que cambiaba. A primeira era una cociña e a outra era una clase. Tamén había una mesa, una cadeira e tres
cilindros que facían de contenedores: azul, amárelo e verde.
Había efectos especiais para a auga, en realidade eran unas fitas azuis que saían dunha billa. Outro dos efectos especiais era a bomba de Mr Ugly que una bóla de corcho e pintada de negro. Tiña unha corda que facía de mecha.
Abel, Iván e Pablo
� OS PERSONAXES:
Ugly Bugly, un señor que quere destruir o mundo.Era delgado, moreno e levaba unha barba de varios días sen cortar.
Alice, era unha xoven non moi alta, que tiña o pelo rizado e marrón escuro. Vestía roupa moi cómoda. Ela era unha gran consumista e desordenada.
Super Sue, era bastante alta,delgada e loira. Era moi ecolóxica e vestía de cow boy.
Laura, Manu e Rafa
� A HISTORIA
O musical estaba en inglés , igual que a obra. Trataba dunha nena (Alice) que tiña uns costumes moi pouco ecolóxicos : non apaga ás luces, tira o lixo ao chan,etc. Un día, cando estaba lista para irse ao colexio, coñece a vaqueira Super Sue que viñera a salvar ao Planeta.
Alice tamén coñece ao Ugly Bugly que quere destruir á Terra. Ao final Super Sue salvou á Terra da contaminación e das mans do malvado Ugly.
Romina, Pedro e Moisés
� A MÚSICA
A música era de cowboy e country interpretada polos actores da obra.
Andrés e Brais e M. Sergio.