rosa caramelo infantil
DESCRIPTION
material traballo aula e recursosTRANSCRIPT
• Pódese xogar a “Vexo..Vexo.. unha cousa de cor rosa…”
5. Pensemos: • Como é Margarita ao principio da historia? • Pensas que Margarita era diferente ao resto das elefantas? • Aínda que comía anémonas e peonias, Margarita non se volvía rosa. Cres
que estaba triste porque realmente quería ser rosa ou porque iso disgus-taba a súa nai e enfadaba ao seu pai?
• Por que Margarita decidiu saír do valado? Pensas que foi Valente? • Que pensan nun principio as outras elefantas da decisión de Margarita?
Por que ao final saen todas do valado e van xunto a ela? • Esperabades que o conto rematase así? Que é o que máis vos gustou?
Que pensades que querían decirnos as creadoras deste conto cando o publicaron?
6. Xogos: • Os elefantes xogan libremente mentras as elefantas, no valado, miran
para eles. Paréceche xusto? • Debuxa os teus xogos favoritos. Hai realmente xogos de nenos e nenas?
7. Outras propostas de actividades: • Pequeño traballo de investigación sobre os elefantes.
• Imaxina que os elefantes puideran ser de calqueira cor ou de varios á vez. Pinta un elefante da cor que che gustaría. É a única cor que non vale usar é o gris.
• Podes facer a Rosa Caramelo coa plantilla que che facilitamos. Coloréaa, punzonéa ou recórtaa e logo xoga con ela ou…
• Ou facer algunha das mandalas que che facilitamos para colocala na Bi-blioteca xunto coas dos outros compañeiros/as.
• Podes investigar sobre as peonias e anémonas para logo debuxalas….
Biblioteca do CEIP A PAZ Para traballar a igualdade en Ed. Infantil e 1ºCiclo de E.P.
25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE
XÉNERO
Enlaces interesantes para traballar co alumnado
• Blog onde se poden atopar recursos para o traballo na aula co alumnado das diferentes etapas (do conto e outras). www.educandoenigualdade.wordpress.com
• Webquest sobre o conto de “Rosa Caramelo” de Adela Turín en ella Bosnia (Infantil e 1º Ciclo): www.juntadeandalucia.es/averroes/ceipalcaldejjrebollo/actividades_tic/webquest_coeducacionindex.htm
• PDF con actividades sobre o conto “Rosa Caramelo en castelán”. www.juntadeandalucia.es/averroes/ceipalcaldejjrebollo/actividades_tic/webquest_coeducacion/actividades_Rosa_Caramelo.pdf
“ROSA CARAMELO” é un conto de Adela Turín(texto) e Nella Bosnia”(ilustración) publicado fai anos en Lumen e actualmen-te reeditado en Kalandraka. Autoras: Italianas. Fundadoras en 1974 da editorial “A favor de las niñas”. Na actualidade colaboran na investigación “Attention Album” sobre o sexismo nos libros dirixidos aos pri-meiros lectores e lectoras. Delas son libros como “Arturo e Clementina” ou “Unha felíz catástrofe”.
Proposta de actividades sobre o conto
(Baseadas na U.D elaborada polo Instituto Asturiano de la mujer).
1. Cores azul e rosa: • Que cousas do entorno son desas cores? • Que pintarías de azul? E de rosa?
2. Cando era pequeno/a… • A miña roupa era de cor… • Xogaba con… • Dábame o biberón… • Levaba o meu cochiño…
3. O entorno actual. • Quen conduce o coche cando vai toda a familia? • Quen te coida cando estás enfermo?
• Quen fai as tarefas de casa: planchar, facer as camas…?.
4. Análise das imaxes • Observa a cara de Margarita ao longo do conto. É sempre a mesma? Cando
está por fin alegre? • Que queda no chan cando Margarita abandona o xardín valado? Precisará
algo do que está tirado para xogar cos outros elefantes?