rita rodríguez - cultura galegaculturagalega.gal/album/docs/23 rodriguez.pdf · o tubo laranxa...

5
rita rodríguez Así parece que se presentan os traballos de Rita Rodríguez; e digo parece, porque toda a súa pro- dución de accións e resultados semellan non ter unha vontade categórica nin pechada, rozando sempre nunha impresión, un murmurio, un xesto. Son exemplos antes que narracións, pequenas estrofas, documentos, performances-bosquexos, dun relato. Cada un dos traballos que vén presentando Rita Rodríguez (A Coruña, 1981) nestes anos, dende a súa licenciatura na facultade de Belas Artes de Pontevedra e na progresión de itinerarios en proxectos, mostran unha autora fascinada pola medición e a comunicación, por analizar os centos de posibilidades que existen ao seu redor. Unha vontade instrutiva na que emprega o instru- mento que ten máis próximo: o seu propio corpo, a súa casa, as rúas e os elementos de seu. Mate- riais de espazo, reais, executados e expostos a unha relación de accións; comportamentos en vías de argumento, performances e intentos. Como sucede en moitas das performances de Acconci ou Nauman, existe un elemento mentres, que é reproducido, gravado na intimidade e que logo se proxecta na exhibición do propio vídeo ou da fotografía. As accións desta autora execútan- se empregando o seu propio corpo, atenta ás cla- ves e códigos que marca a propia gravación e reprodución, nunha serie de guións de tempos milimetrados, programados, de accións que exis- ten dende a súa entrada en escena, nun espazo determinado e nun tempo concreto, e que nunca finalizan sen antes deixar uns puntos suspensivos para o seguinte proxecto. Ante todo, existe a intención, a manobra de relación co territorio, co seu propio corpo, mecanismos de suxestión. Corpo público e vídeo ou fotografía: as accións na rúa, nunha busca de presentarse, de ofrecer no plano social a súa implicación, a súa pregunta. A mensaxe «kiss me» como fórmula de provoca- ción, os fíos téxtiles como nexos de vontade colectiva. A muller e a súa vinculación co tempo. Vídeo e corpo privado: Nauman mide a distancia xusta entre a boca e a man, a distancia da manu- antes dos resultados Souben que todo se podía contar, medir e narrar, que todo o que nos rodea existe para desenvolverse dende o calculado, dende o intento de ser rexistrado, pensado. Xosé Manuel Lens Kiss me (fragmento). Performance. Lambda print e DVD. 2005

Upload: others

Post on 02-Nov-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: rita rodríguez - Cultura Galegaculturagalega.gal/album/docs/23 rodriguez.pdf · O tubo laranxa baixa enganchado con bridas ao pasamáns. O outro extremo introdúcese por unha porta

rriittaa rrooddrríígguueezzAsí parece que se presentan os traballos de RitaRodríguez; e digo parece, porque toda a súa pro-dución de accións e resultados semellan non terunha vontade categórica nin pechada, rozandosempre nunha impresión, un murmurio, un xesto.Son exemplos antes que narracións, pequenasestrofas, documentos, performances-bosquexos,dun relato.

Cada un dos traballos que vén presentandoRita Rodríguez (A Coruña, 1981) nestes anos,dende a súa licenciatura na facultade de BelasArtes de Pontevedra e na progresión de itinerariosen proxectos, mostran unha autora fascinadapola medición e a comunicación, por analizar oscentos de posibilidades que existen ao seu redor.Unha vontade instrutiva na que emprega o instru-mento que ten máis próximo: o seu propio corpo,a súa casa, as rúas e os elementos de seu. Mate-riais de espazo, reais, executados e expostos aunha relación de accións; comportamentos envías de argumento, performances e intentos.Como sucede en moitas das performances deAcconci ou Nauman, existe un elemento mentres,que é reproducido, gravado na intimidade e quelogo se proxecta na exhibición do propio vídeo ouda fotografía. As accións desta autora execútan-se empregando o seu propio corpo, atenta ás cla-ves e códigos que marca a propia gravación ereprodución, nunha serie de guións de temposmilimetrados, programados, de accións que exis-ten dende a súa entrada en escena, nun espazodeterminado e nun tempo concreto, e que nuncafinalizan sen antes deixar uns puntos suspensivospara o seguinte proxecto. Ante todo, existe aintención, a manobra de relación co territorio, coseu propio corpo, mecanismos de suxestión.

Corpo público e vídeo ou fotografía: as acciónsna rúa, nunha busca de presentarse, de ofrecerno plano social a súa implicación, a súa pregunta.A mensaxe «kiss me» como fórmula de provoca-ción, os fíos téxtiles como nexos de vontadecolectiva. A muller e a súa vinculación co tempo.Vídeo e corpo privado: Nauman mide a distanciaxusta entre a boca e a man, a distancia da manu-

antes dos resultadosSouben que todo se

podía contar, medir e narrar,que todo o que nos rodeaexiste para desenvolverse

dende o calculado, dende o intento de ser

rexistrado, pensado.Xosé Manuel Lens

Kiss me

(fragmento).

Performance.

Lambda print e

DVD. 2005

Page 2: rita rodríguez - Cultura Galegaculturagalega.gal/album/docs/23 rodriguez.pdf · O tubo laranxa baixa enganchado con bridas ao pasamáns. O outro extremo introdúcese por unha porta

tención, da vida; Dan Graham, no seu traballoBody Press, medía o perímetro do seu corpocunha cámara; Ana Mendieta ou Mona Hatouminterrogaban o seu corpo, calculando o seu perí-metro de tensión, de drama, de paixón.

Atopamos a composición nunha colaxe defotografías, organizadas dende o posíbel ritmodunha imaxinaria música, alternas, concentradas.O son. A voz. Os propios ruídos do cotián enpequenos vídeos con cables, murmurios detrás dagoma laranxa propia da distribución de gas e unfunil —símil da concentración—, que se exhibena galería, pero que captura outros espazos veci-ñais, comunitarios. É o obxecto, a pegada da per-formance, que vai deixando vestixios de pezasque antes foron empregadas, usadas, vehículo detransmisións. Corpo-música e corpo-veciño. Men-tres, mide toda a superficie do chan, marcando oseu corpo, noutra acción que interroga e mani-festa, na performance feita galería. Hai anos,detrás dunha porta, o ruído constante dunhapelota sobre as paredes adiviñaba un traxecto deprocesos abertos dende o corpo e os feitos, quehoxe son engrenaxes perfectamente construídos,articulando elos.

Os seus argumentos residen na sinxeleza damirada, do tacto, no efecto corpo-acción: nunhacombinación coidada entre o público e o privado.Experimentos visuais nos que a propia autora seoferta como camiñante cun fío, atando transeún-tes e atopando posíbeis conexións; se oferta comomensaxeira, na espera dun interlocutor, dunharesposta; se oferta como medidora, marcando oslímites da arquitectura e do claustro barroco. Asírecordamos os seus traballos na iniciativa Residen-tes’05, onde propoñía unha serie de exercicios derelación e provocación contra/dende o espazo ínti-mo, o dormitorio —primeiro corpo arquitectura—

co espazo público, social. Todo se exercita dendea voz individual, e é a propia actriz a que interpre-ta e define, a que insire un guión estudado.

Atopamos de novo a galería na marxe dosescenarios de posibilidade, arquitectura-intento,dende a que proxectar unha lectura persoal.

Outro dos seus argumentos citados, os moitostempos da medición, serve de perfil aberto econstante na súa traxectoria. Hai tempo compa-rei as pinturas de Teo Soriano coa única parceladun dedo-cadrado, coa medición dun paso-de-dedo sobre o folio, como sucedía cos contos deClarice Lispector. Rita Rodríguez recolle a mellortradición da acción pensada e argumentada nasinxela perspectiva, na mínima composición, parareforzar os moitos modos de dixerir a mirada,dende a visión do corpo e da nosa propia análise:autocorpo. Son as catro pequenas pantallas quemostran catro sucesións de como saborear, coñe-cer, medir, capturar ou dominar os lados, os per-fís do noso contorno: un dedo contorna un tapónde aceiro no lavabo; unha man captura unhabolsa de deportes, provocando o seu volume real;de novo dous dedos marcan a liña de perímetroda súa propia perna con zapatillas. Son os argu-mentos do haiku, catro escenas do axente queevita as marxes da vida, do real, remarcando opropio feito físico, plástico. Actos de descubri-mento, accións primixenias no escenario íntimo,recoñecíbel, cunha duración e destinatario con-cretos.

Os seus engrenaxes: corpo, vídeo e fotografía,música, medidas e tempo. Sempre unha respostade interpretación, unha sucesión de elos nun corpoque é vehículo de transmisión, canle, mentres reci-be os murmurios dos veciños, nunha ponteinusual, mentres agarda que alguén escoite.❚ Engrenaxes. Galería DF. Compostela. 2006

1 respiro.

Performance,

lambda print e

DVD. 2006

Carencia.

Performance,

lambda print e

DVD. 2005

Page 3: rita rodríguez - Cultura Galegaculturagalega.gal/album/docs/23 rodriguez.pdf · O tubo laranxa baixa enganchado con bridas ao pasamáns. O outro extremo introdúcese por unha porta

Déitome sobre o cemento, preto doslímites da parede.

Estirada no chan, busco un xiz namiña bolsa negra.

Trazo a miña propia silueta ao redorde todo o meu corpo.

Ao rematar, érgome e sitúo o meu corpo ocupando outro oco—baleiro— do chan.

Fago o mesmo unha e outra vez, sendeixar espazo no cemento.

A xente afástase conforme vaiampliándose o espazo ocupadopolas siluetas.

Así, vou cubrindo o chan da galería.Segue chovendo.Eu aproveito cada vez mellor os

espazos.Case toda a xente xa está fóra.Marco a planta dos meus pés na

última forma que trazo dentro dagalería, na última esquina.

Xa non collo tampouco.Saio á rúa. ❚ Rita Rodríguez. 2006

as miñas esquinasFago bólas de plastilina de

diferentes cores.Entro na miña casa e selecciono

catro bólas de cor laranxa queencaixo en catro esquinas,definindo este espazo.

Logo está o salón; alí coloco catrobólas de plastilina amarela,delimitando dende unhasesquinas outros catro puntos.

Despois entro no baño pequeno,onde poño bólas verdes; logo, nacociña, as rosas, e nun corredor,as violetas, que me levan até o

carenciaEstou dentro da cama no meu cuarto

(cela do Mosteiro de San MartiñoPinario). (Desde o principioestiven dándolle voltas a porquéfaltaba o crucifixo no lugar queestaba destinado a el). Trespalmos por riba da miña cabeza,na parede, situado no centro dacabeceira da cama, hai un cravo.

Vou sacando a miña cabeza da camaa medida que me incorporo esaco unha la vermella de dentroda cama.

Engancho un estremo da la no cravoe, estirando o novelo achégome áfiestra, por onde lanzo a bóla.

Enseguida deixo o cuarto e baixo asescaleiras até a saída ao patiointerior onde se encontra onovelo.

Recólloo e sigo desenvolvendo lapolo mosteiro até atopar a saída.

Xa na porta sigo soltando o fío de lavermella ao meu paso e así atéatopar a porta da Catedral.

Dentro (e mentres se celebra a misa)sigo desenvolvendo a la donovelo vermello en dirección aodeambulatorio.

Alí encontro a cola para subir aabrazar o apóstolo.

Fago a cola, subo e baixo outra vez,sempre coa la.

Xa abaixo, encóntrome co meupropio lastre (a la) e ato o outroextremo a esta la (pechando uncírculo).

Dentro deste círculo estou atando oextremo de arriba dodeambulatorio da Catedral, queen planta se correspondería coaparte alta da cruz latina queforma.

Seguindo o mesmo camiño, desdeeste punto, regreso á miñahabitación e métome na camaoutra vez. (Teño a cruz daCatedral enganchada nacabeceira da miña cama)❚ Rita Rodríguez

kiss meDiríxome á entrada de Pratarías da

Catedral de Santiago deCompostela.

Levo unha mochila.(Nun extremo da porta un home está

pedindo), noutro sitúome eu, naoutra esquina da porta.

Sen moverme de alí saco unha granbolsa de plástico negro damochila e póñoa sobre min.

Coa bolsa cubrindo o meu corpocomezo a pintarme os beizos devermello e escribir cun rotuladornegro: “KISS ME” sobre un anacode cartón.

Á altura dos meus beizos fago unburato na bolsa deixando queestes se vexan desde o exterior.

Ao cartel de cartón engáncholleunha corda e cólgoo ao pescozo.

Permanezo así arredor de corentaminutos.

Finalmente, pasado ese tempo, quitoo cartel de KISS ME, borro osbeizos (limpo o carmín) e gardotodo o que utilicei na mochila,incluída a bolsa que me quito enúltimo termo.

Pecho a mochila e marcho.❚ Rita Rodríguez

1 gallery, X ritasEntro na galería, fóra está chovendo.

No fondo, sento fronte a unha esquina.Pasan uns minutos.

A xente achégase para verme.

outro extremo da casa.Alí, entro no baño grande e adapto

as miñas esquinas azuis paradespois pasar xa ao meu cuarto.

Entro no meu cuarto e sitúo os catroúltimos puntos, que outra vez sonde cor laranxa, e pecho o ciclo deesquinas.

Gravo o percorrido por todas e cadaun das esquinas, dende oprincipio até o final e seninterrupcións —en tempo real—.

Por último, recólloas e fago unhabóla con todas as formasbaleiradas das esquinas cara ádentro. ❚ Rita Rodríguez. 2004

chismes de escaleiraCámara en man, procedo a visitar

escaleiras de diferentesveciñanzas.

Pregunto á xente sobre chismes doseu edificio.

Anonimamente fago un rexistro dassúas voces; grávoas nas propiasescaleiras.

Tras obter algo máis de dúas horasde lerias, grávoas nun CD.

Na escaleira da veciñanza anexa áGalería DF instalo un tubo debutano de 16 metros.

No último piso, onde remata o tubo,no extremo, engancho un funilgrande, dentro do cal encaixo unaltofalante.

O altofalante está conectado a undiscman, onde se reproduce undos CD de «Chismes deescaleira».

O tubo laranxa baixa enganchadocon bridas ao pasamáns.

O outro extremo introdúcese porunha porta lateral no espazo dagalería.

Neste, hai un embude pequenodende o cal se escoitan as voceslevemente. ❚ Rita Rodríguez. 2006

un respiroEntro na galería do meu cuarto, que

da á praza da Peregrina(Pontevedra)

Teño unha bolsa chea de globosbrancos e un rotulador negro.

Comezo a encher os globos.A medida que os vou enchendo,

numéroos, titulo (“Un respiro”) easino co rotulador.

Así do un ao cen.Cuns cantos globos xa cheos abro a

ventá.Conforme os sigo enchendo e

numerando, nese mesmoproceso, comezo a tiralos polaventá á rúa.

Algúns globos saen voando cara aarriba ou caen directamente nopatio.

Outros chegan á rúa e ás mans daxente que pasa.

Repito o proceso de encher, numerare lanzar pola fiestra os globos.

Un a un continúo tirándoos atéguindar os cen á rúa.❚ Rita Rodríguez

Page 4: rita rodríguez - Cultura Galegaculturagalega.gal/album/docs/23 rodriguez.pdf · O tubo laranxa baixa enganchado con bridas ao pasamáns. O outro extremo introdúcese por unha porta

A pantalla, sobre a que se proxecta a imaxe en temporeal da outra sala negra, está feita de xices brancos

cadrados.Collo un xiz da pantalla.

Percorro a sala de exposicións, o Espazo Anexo, ata adevandita sala.

Esta sala está baleira e totalmente pintada de negro.O resto da xente está na sala na que se proxecta o que

nesta ocorre.Achégome á parede do fondo e, co xiz, escribo:

FAI ALGO…Ao terminar saio e deixo aberta a porta.

Ao instante a xente comeza a coller xices da pantalla eescribir nestoutra sala.

(Este proceso continua aberto durante todo o tempo quedura a exposición). ❚ Rita Rodríguez

O Corpo de María, Iván, Araitz, Karin,Eduardo, Pablo, Josetxu, Antía,

Amaya, Antón S., Candea, Tania,Rubén V., Raquel, Mar, Joan, Eva,

Paola, Isa, Kike, Marcos, Mauro,Pamela, Vanesa, Rubén S., Jorge C.,

Alicerce, Mónica, Antón C., Jacobo eJorge V.

Na tenda cristiá onde fornecen os relixiosos da Catedralde Santiago compro unha bolsa de hostias.

Na rúa, ao saír de compralas, atopo un sacerdote, elconságraas.

Entro no mosteiro, alí fago cunha copia da lista deresidentes.

Sitúome no corredor, onde teño preparada unha mesacon algodóns, un tinteiro negro e alcol.

Poño as hostias sobre a mesa e vou avisando a xentepara que pare e poña a súa pegada dactilar entintada

sobre unha hostia.Unha vez feito isto, risco a persoa en cuestión da lista.

Así ata completala.Ao terminar o proceso recollo todos os utensilios e as

hostias da mesa.Marcho. ❚ Rita Rodríguez

fai algoDurante a inauguración da exposición «Dedentro de» entro no cuarto de proxección.

cosida a tiSaio do mosteiro e busco unha persoa que queira

coserse a min (mentres segue coa súa vida).Tras varios intentos consigo que un traballador do

mosteiro se preste a que me cosa a el ata que outrapersoa o substitúa.

Saco fío e agulla e comezo a coser a miña manga coasúa.

Ao ter a manga cosida indícolle que prosiga co que tiñaque facer.

Levoume por diferentes zonas da cidade e fixoinnumerables intentos por que alguén o substituíse.

Algo máis de 10 minutos logo de me ter cosido a el,demos cunha muller disposta a coserse, quetraballaba nun posto na rúa.

Saco outra vez o fío branco e a agulla.Doullo á muller para que cosa a súa manga á miña, eu

permanezo cosida ao primeiro pola outra manga.Cósea e ao terminar eu corto a costura que me unía ao

mozo do mosteiro.Agora vou coa muller á praza do Toural e damos unhas

cantas voltas máis. Ninguén está disposto a coserse.Aparecen uns nenos correndo e un vén abrazarse á

muller coa que vou. É o seu fillo.Ela proponlle ao neno de catro anos que se cosa comigo.

De mala gana, acepta.Ela mesma cóseme ao neno. Ao terminar, eu corto a

unión coa súa nai.O neno comeza a andar cara aos postos de venda

ambulante e finalmente senta xunto aos soportais.Permanezo bastante tempo alí de xeonllos co neno.Finalmente rompe a chorar, momento no que eu decido

descoserme del e dar por concluída a acción.❚ Rita Rodríguez

Mis esquinas.

Performance.

Lambda print e

DVD. 2004

1 gallery, x ritas.

Performance,

lambda print e

DVD. 2005

Page 5: rita rodríguez - Cultura Galegaculturagalega.gal/album/docs/23 rodriguez.pdf · O tubo laranxa baixa enganchado con bridas ao pasamáns. O outro extremo introdúcese por unha porta

Rita Rodríguez (A Coruña, 1981)

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Especialida-

de de Escultura, Deseño e Audiovisuais. Bolsas: Bolsa Erasmus,

Kingston University, Londres; Bolsa Residentes’05; Bolsa de crea-

ción CIEC. Exposicións individuais: 2006: DE DENTRO DE, Espa-

zo Anexo, MARCO, Vigo; DESCENTROS, La Bola de Cristal, Ponte-

vedra; ENGRENAXES, Galería DF Arte Contemporánea, Composte-

la. Exposicións colectivas (selección): 2007: Mapas Creativos

[Novos Nomes na Arte Galega], Galería Orígenes, A Habana, Cuba;

LatexoSinversos, Forum Cultural de Vila Nova de Cerveira; Vídeo a

la Carta 2, Galería DF Arte Contemporánea, Compostela; Lancôme

con grelos, Sala X da Facultade de Belas Artes, Pontevedra; V Pre-

mio Auditorio de Galicia, Auditorio de Galicia, Compostela; Taller

Club Matadero, Proyecto Órbigo 07 do MUSAC, León; Lancôme con

grelos, Centro de Arte Joven de la Comunidad de Madrid. 2006:

RUIDO!, Galería DF Arte Contemporáneo, Compostela; Resisten-

tes, Pazo da Cultura, Pontevedra; Diferentes, Museum Kloster

Asbach, Alemaña; Novos Valores 06, Deputación de Pontevedra;

Arte no Parque, CGAC, Compostela; V Certame Internacional de

Artes Plásticas, Deputación de Ourense; Boas Pezas, Sala X da

Facultade de Belas Artes, Pontevedra; AP9-A3 Maus Hábitos,

Porto; ALT’06, Festival Alternativo de Teatro e Danza, Vigo; Transit

Station, Ocean Terminal, Edimburgo. 2005: Residentes 05, Funda-

ción Caixa Galicia, Compostela; O Xogo, o Discurso e o Corpo,

MARCO, Vigo; IMAN, Casa das Artes, Porto. 2004: Werktag I e II,

Berlín; Eu, Museo, Participación no concurso de ampliación do

Centro de Arte Ego, MARCO, Vigo. 2003: Taller Pablo Ruiz Picasso,

MACUF, A Coruña; s.t. closión, Facultade de Belas Artes, Ponteve-

dra; Taller de Cuarto, Galería Sargadelos, Pontevedra. 2003-02:

Colectivo Cuadrante Norte. 2000: Paraísos de Eva, Facultade de

Belas Artes, Pontevedra.

As performances e accións que vén realizando nos últimos tempos Rita Rodríguez son

unha pescuda sobre a estrañeza e os paradoxos dos obxectos, das cousas e das palabras e, tamén,

sobre as inquedas conexións entre as persoas.

Rita reflexiona, por unha banda, sobre o espazo, conpezas que falan, por exemplo, da ausencia das esquinas,que tenta restituír ou reconfigurar con bólas de plastilinade cores, con papel mollado ou con triángulos de cartón;ou afánase con cinta illante ou la en percorrer e delimi-

tar os espazos. Outro grupo de traballos reflexionansobre as relacións humanas, sobre os actos cotiáns, nos

que se interpón a súa voz amplificada nun altofalante; ouonde o seu corpo se converte en esmoleiro e burka que

pide un kiss-me á porta da catedral; ou se vai cosendo ároupa de diferentes persoas coas que terá que compartir

as súas tarefas; ou bota dende a súa casa 100 globosnos que escribe Un respiro e que son un folgo que convi-da. Desta volta preséntanos dúas pezas que fan alusióna estes dous territorios temáticos; por unha banda, está

Santiago Souvenir, onde volve á rúa e con palliñas debeber vai delimitando e reconstruíndo os cadrados das

lousas da praza da Quintana, palliñas que numera easina apropiándose entón do territorio. A outra é unha

acción privada na que fai alusión a ese diálogo da autoracos outros, e, desta volta, escribe, reescribe, borra e lixa

ese tú e yo de amores e odios refundidos.

❚ Xosé M. Buxán Bran. No catálogo Lancôme congrelos. 8 artísticas receitas galegas. Edición da

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, 2007

Chismes de

escaleira.

Performance,

lambda print e

DVD. 2006