folleto ribeira sacra galego - cultura galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_g.pdf ·...

34

Upload: others

Post on 17-Apr-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño
Page 2: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

Índice

Aloxamentos / Cámping / Tur ismo Rural 56/60 Enderezos de interese 64

Introdución 2

Mapa 32

Histor ia 6

Patr imonio Histór ico-Art íst ico 10

Museos 22

Espazos Naturais 25

Rutas 30

Artesanía 44

Festas 48

Gastronomía 52

Edita: Turgalicia - Dirección Xeral de Turismo

Textos: Miguel Pazos Otón e Miguel Anxo Rodríguez González

Fotografías: Arquivo Turgalicia

Cartografía: Publicaciones Cartográficas, S.L.

Realizacíón: Ferramulín, S.L.

Deseño: Miguel Aroca

D.L.: PO-16-2006

Page 3: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

3

tos contrastes. Na Ribeira Sacra atopa-mos importantes bosques de especiesatlánticas, como o carballo, que antiga-mente cubrían a totalidade de Galicia, asícomo bidueiros e amieiros. Pero taménson moi frecuentes os deliciosos soutosde castiñeiros, unha árbore traída polosRomanos, que chegaron para explotar oouro do Noroeste da Península e empre-gaban a castaña como alimento básicodas tropas e lexións. O matiz mediterrá-neo, pola súa parte, explica a existencianos espazos máis recollidos de oliveiras,sobreiras ou érbedos, que contribúen acrear un rico e diverso patrimonio bioxe-ográfico.

Todas estas condicións configuranpaisaxes únicas, que propician a comu-ñón do ser humano coa natureza e atranscendencia. Así o entenderon os ere-mitas que dende os comezos da cristian-dade habitaron as ribeiras do Sil e oMiño, vivindo en covas localizadas enpuntos de singular beleza e fundíndosecos elementos naturais. A partir do sécu-lo VII comeza un proceso de coloniza-ción monástica de todo este espazograzas ás reformas monacais impulsadaspor san Frutuoso, o rearme do cristianis-mo fronte á expansión do Islam e o des-cubrimento do sepulcro do ApóstoloSantiago en Compostela.

En 1124 a raíña dona Teresa de Portugal emprega a denomina-ción Rivoyra Sacrata no documento fundacional do Mosteiro deMontederramo. O termo, antecedente do actual Ribeira Sacra, fai alu-sión á grande presenza de mosteiros e ermidas que dende o século Vcomezaron a poboar os vales dos ríos Sil e Miño, en territorios dasactuais provincias de Ourense e Lugo, en pleno interior de Galicia.

A día de hoxe, están integrados no Plan de Dinamización Turística da Ribeira Sacraos concellos lugueses de Portomarín, Paradela, Taboada, Chantada, O Saviñao, Pantón,Carballedo, Sober, Quiroga, Ribas de Sil, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón,e os municipios ourensáns da Peroxa, Nogueira de Ramuín, Esgos, Xunqueira deEspadanedo, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira e Castro Caldelas. Este Plan deDinaminzación, financiado polo Goberno Central, a Xunta de Galicia e os vinte conce-llos nel integrados, é unha aposta polo turismo da zona, apoiando a calidade e a moder-nización do sector.

Na Ribeira Sacra as excepcionais condicións da natureza crearon un medio deextraordinario atractivo e inusual beleza. Os profundos vales que o Sil e o Miño foronlabrando no duro rochedo granítico sobrecollen pola verticalidade das súas paredes e osgrandes desniveis. As vertentes son máis agrestes e rochosas no val do Sil, e presentanunha maior suavidade e un maior aproveitamento humano no caso do Miño. Os famosos“catamaráns” que navegan polo Miño e o Sil permiten ao excursionista deleitarse ante aobra da natureza.

O encaixamento destes vales fluviais favorece, pola súa banda, a existencia dun climamáis suave que o propio da Galicia interior. A Ribeira Sacra benefíciase polo tanto dunhamenor humidade e coñece veráns secos e moi soleados, máis propios dun clima con cla-ros matices mediterráneos.

Tendo en conta o xogo de desniveis e os contrastes climáticos entre os fondos devales, as ladeiras e as penechairas, a vexetación natural presenta unha gran riqueza e moi-

Introdución

2

Así, en pleno século IX, asistimos aunha reafirmación dos mosteiros bene-ditinos, que consolidan o seu poder espi-ritual e tamén económico dentro dunsistema feudal. A partir deste momentoe ao longo de toda a Idade Media (coareforma do Císter), os mosteiros daRibeira Sacra irradiaron espiritualidade,cultura e poder ao resto de Galicia. Osmosteiros de Santo Estevo e SantaCristina de Ribas de Sil, San Pedrode Rocas, Xunqueira de Espadanedo,Montederramo ou Ferreira de Pantón sonvivos exemplos do esplendor dunhaépoca que teñen chegado ata hoxe pra-cticamente intactos, como testemuñodunha viva relación entre a espiritualida-de humana e un medio natural único.

Alén dos mosteiros, a profundapegada espiritual que deixou esta épocapode verse no gran número de igrexasrománicas, que floreceron ao longo detoda a Ribeira Sacra. A expansión dorománico en Galicia é aquí moi visible,con templos de gran beleza como SanPaio de Diomondi, Santo Estevo deAtán, San Miguel de Eiré ou San Fiz deCangas. Todos eles estiveron estreita-mente vencellados aos conventos e mos-

San

to E

stev

o d

e A

tán

, Pan

tón

(Lu

go

)

Ch

anta

da

(Lu

go

)

Mo

stei

ro d

e Fe

rrei

ra, P

antó

n (

Lug

o)

San

ta C

rist

ina

de

Rib

as d

e Si

l, Pa

rad

a d

e Si

l (O

ure

nse

)

Page 4: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

teiros mencionados. A Idade Modernatamén deixou unha pegada importanteno patrimonio, sobre todo en Monfortede Lemos, onde se sitúa o Colexio dosPadres Escolapios, chamado “O Escorialgalego”, que alberga, entre outros tesou-ros artísticos, dous cadros de El Greco.

En conxunto, estamos diante dun dosespazos de maior densidade de patrimo-nio artístico da Península e tamén deEuropa, dentro dun medio natural excep-cional.

O rico patrimonio inmaterial e unhagastronomía magnífica do interior deGalicia completan a oferta turística. Nosúltimos anos, a creación da denomina-ción de orixe Ribeira Sacra está consoli-dando a produción de viño, que iniciaranno seu día precisamente as comunidadesmonásticas. O turismo de interior estásendo potenciado na Ribeira Sacra,tendo en conta os innumerables atracti-vos destas terras para o visitante.

Como podemos apreciar, ao longo detoda a Ribeira Sacra, o viaxeiro sorprén-dese pola grandiosidade do patrimonioarquitectónico, que se funde cunha natu-reza exuberante, propia da Galicia inte-rior. Na Ribeira Sacra podemos viaxar áGalicia tradicional, onde as aldeas sedispoñen en torno aos campos de cultivo

4

e prados para aproveitamento gandeiro,ao tempo que se integran en bosquesfrondosos de carballos ou soutos de cas-tiñeiros.

Os camiños tradicionais, emprega-dos polos peregrinos cara a Santiago epolos habitantes destas terras para reali-zar os seus labores agrícolas e gandeiros,ofrecen múltiples posibilidades para per-correr estas terras. Ao longo da RibeiraSacra poderemos gozar de paisaxesserranas, de penechairas de prados húmi-dos e verdes, e de fondos canóns nos queo ser humano se asentou e moldeoudende hai moitos séculos.

A Ribeira Sacra ofrece polo tantounha paisaxe magnífica, un patrimonioartístico numeroso e moi orixinal, unhaexcelente gastronomía e unha completarede de aloxamentos de hostalaría quesatisfán as necesidades de todos os via-xeiros. Nestas páxinas invitámolos a des-cubrilo.

5

Can

ón

do

Sil

Pon

te, M

on

fort

e d

e Le

mo

s (L

ug

o)

San

to E

stev

o d

e R

ibas

de

Sil,

No

gu

eira

de

Ram

uín

(O

ure

nse

)

Cru

ceir

o d

e Lo

bio

s, S

ob

er (

Lug

o)

Page 5: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

7

Estas terras da Ribeira Sacra son un magnífico compendio de res-tos de épocas diversas, empezando polos dos poboadores da prehisto-ria. Así, temos mámoas e castros espallados por toda a bisbarra, sendode especial interese o campo de mámoas das Cabanas (Nogueira deRamuín, III milenio a. C.), polo número de enterramentos localizados,

ou a de Abuíme (O Saviñao). Algúns dos castros, coma o de Candaz, no concello deChantada, chaman a atención polo intricado do terreo, parecendo asomarse ao baleiro.

En textos de autores romanos aparecen referencias a unha importante poboación noalto dun outeiro (o Monte Pino) que sería o xermolo do actual Monforte de Lemos:Dactionum, escribe Ptolomeo no século II, a maior cidade dos Lémavos, pobo que sepode identificar cos primitivos habitantes destas terras. Algúns documentos medievaisdenominan o asentamento co nome de Castro Actonio.

A presenza romana foi decisiva por varios motivos, entre os que destaca a introdu-ción de cultivos como a vide e a oliva, que en Quiroga deu lugar á tradición da elabora-ción de aceite, transformando así a paisaxe da comarca. Por outra banda, foron osromanos os primeiros en darse conta do valor estratéxico do Sil como eixo de conexióndas terras galaicas coa meseta, o que levou á creación do primeiro dos grandes itinera-rios terrestres de Galicia. Da segunda metade do século I despois de Cristo é a Vía NovaAntonina (vía XVIII), que unía Astorga e Braga, entrando en Galicia polo canón do Sil,indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño Frío),para se conducir finalmente polas terras do Arnoia e o val do río Limia.

No extremo leste da bisbarra da Ribeira Sacra atópase un dos máis espectacularesvestixios dos romanos en Galicia: o túnel de Montefurado, que desviou o leito do Sil paraaproveitar o ouro que arrastraba o río. O túnel ten 400 metros de longo e 17 de altura efoi realizado sendo emperador Traiano. Historiadores e xeógrafos romanos como Plinioe Estrabón xa daban conta naqueles tempos da riqueza en ouro deste río. Moi preto doMiño, no concello de Sober, atopáronse restos romanos no xacemento de Proendos e enLiñarán (unha ara), que na actualidade están gardados no Museo Provincial de Lugo.

Tamén de época romana parece ser aprimeira ponte de Portomarín (século II),que atravesaba o Miño. Esta foi destruídano 1112 por Dona Urraca e máis tardereconstruída por Pedro Peregrino. Daimportancia da ponte dá conta a referenciano Códice Calixtino: a Pons Minea e aconstrución entre os séculos X e XII dunhospital para peregrinos confiado á Ordede Santiago e a igrexa de San Xoán.

A relixión cristiá penetrou en Galicia afinais do período da romanización, peroserá desde os séculos VI e VII cando sevaia estendendo grazas ao labor organi-zador de san Martiño Dumiense e sanFrutuoso de Braga. Os terreos boscosos eescarpados que dan aos ríos Sil e Miñoforon o lugar escollido por moitos eremitasneste período para se dedicar a unha vida

Histor ia

6

ascética, e nestes séculos comezan aagruparse en pequenas comunidades,xermolo dos grandes mosteiros que hoxecoñecemos. Estes monxes estenderían ocultivo da vide por toda a bisbarra e axu-darían a que os traballos e técnicas agrí-colas fosen coñecidos e aprendidos polapoboación. As tumbas talladas en durapedra de San Pedro de Rocas (concellode Esgos) dannos unha idea do que debíade ser a vida para estes primeiros mon-xes.

Nun documento asinado en agostode 1124 aparece por primeira vez citadaa denominación de “Rivoyra Sacrata”:neste, dona Teresa de Portugal, filla deAfonso VI, facía doazón “...a Arnaldo eos seus compañeiros, presentes e futu-ros” das posesións nas que se establece-rá o mosteiro de Montederramo. Nosséculos XII e XIII a bisbarra vai vivir unperíodo de esplendor monacal coa fun-dación ou reforma de mosteiros, grazasespecialmente ao labor dos monxesbeneditinos de Cluny, primeiro, e logo doCíster, e ao apoio dos reis Afonso VII,Fernando II e Afonso IX. Deste xeito osmosteiros convertéronse en ricos centrosde produción agraria, á vez que lle serví-an aos reis de León e Castela para con-trolar e administrar o territorio.

Algunhas destas fundacións serían

anexionadas posteriormente a outroscentros maiores, como foi o caso da deSanta Mª de Pesqueiras (Chantada), demonxas beneditinas, que no século XVpasaron ao mosteiro compostelán de SanPaio de Antealtares. E é que será nestesséculos, especialmente desde finais doXV, cando se reorganicen os mosteiros,suprimíndose os máis pequenos oupasando os membros destes a formarparte dos principais, dentro ou fóra destabisbarra. A grandeza e esplendor do deSanto Estevo (Nogueira de Ramuín)débese sen dúbida ao seu papel reitor demoitos priorados da Ribeira Sacra, tendoasí mesmo xurisdición civil e criminalsobre moitas aldeas e vilas.

Mo

stei

ro d

e Fe

rrei

ra, P

antó

n (

Lug

o)

Vir

xe c

on

co

roa

en V

ilaxi

lde,

Pan

tón

(Lu

go

)

San

Vic

ente

de

Pom

bei

ro, P

antó

n (

Lug

o)

San

to E

stev

o d

e R

ibas

de

Sil,

No

gu

eira

de

Ram

uín

(Lu

go

)

Page 6: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

98

Nos séculos finais da Idade Mediaestas terras vivirán un tempo moi axita-do, co aumento do poder das grandesfamilias nobres. Ás veces monxes a aba-des queixábanse das espoliacións eoutras inxustizas de que eran obxecto.Eclesiásticos, labregos e nobres menospoderosos uníronse na revolta irmandiñaque aquí se cebou especialmente coacasa de Lemos, moi rica e poderosa noséculo XV. Cando a revolta foi sufocadaa represión non tivo tanta virulenciacomo se podería agardar, porque, segun-do se di que lle contestou o Conde deLemos ao mariscal Pardo de Cela, “secolgasen a todos os rebeldes dos carba-llos estes non se habían de manter enpé”.

A importancia de Monforte creceuna Idade Moderna, especialmente daman dos condes de Lemos. PedroAntonio Fernández de Castro, o “GranLemos”, tivo unha importantísima in-fluencia na Corte de Madrid en torno ao1600, influencia que soubo aproveitarpara impulsar unha industria dos tecidosde seda na comarca: aquí plantáronse

moreiras para o cultivo do verme da sedae elaboráronse prendas de calidade ata oséculo XVIII. Esta nova industria acre-centaba o interese comercial da vila, naque existía xa unha importante comuni-dade xudía instalada en torno ao castelodesde a Idade Media.

O Conde sería mecenas dalgúns dosmáis prestixiosos escritores do Século deOuro español, como Cervantes, Góngorae Lope de Vega. No mesmo período queune os séculos XVI e XVII outro Lemos,Rodrigo de Castro, Arcebispo de Sevilla,patrocina a importantísima obra doColexio de Nosa Señora da Antiga(Colexio da Compañía), colexio de xesu-ítas ata 1773 e logo dependente dos esco-lapios. A pinacoteca dá mostra do podere excelente gusto do Cardeal, que dooucadros de El Greco, Andrea del Sarto eVan der Goes. Este título nobiliario dosLemos uniríase en 1802 co Ducado deAlba, o que explica que moito destepatrimonio hoxe pertenza á Casa deAlba.

A bisbarra viviu episodios dramáti-cos no século XIX, primeiro na guerra

da Independencia, cos asedios á vila deMonforte de Lemos e a queima do caste-lo de Castro Caldelas, como vinganza árebelión contra as tropas francesas, xacando estas se retiraban de Galicia.Posteriormente o levantamento carlistade Fernando Gómez “O Ebanista” tivolugar nas terras de Chantada durante aSegunda Guerra Carlista.

A chegada do ferrocarril a Galicia noúltimo cuarto do século XIX faría deMonforte de Lemos un nó estratéxicopor ser punto de encontro das liñas queunían A Coruña e Vigo coa meseta.Deste xeito instálanse na vila naves, han-gares e, por suposto, o persoal necesariopara o funcionamento e reparación dasliñas. O Museo do Ferrocarril dá contado esplendor e a evolución desta indus-tria na vila, que se consolidou desdeentón como o segundo núcleo en poboa-ción da provincia de Lugo.

Durante o século XX a Ribeira Sacravivirá un lento proceso de perda depoboación pola emigración, que serácomún a outras rexións rurais de Galiciae España. Este proceso acelerouse nosanos cincuenta e sesenta, quedandoalgunhas aldeas abandonadas e moitas,con poboación maior, á espera das ansia-

das transformacións que modernizaran oagro e trouxeran a industria á zona. Apoboación industrial concentrouse enMonforte de Lemos e en menor medidaen Quiroga e Chantada.

A mediados de século a bisbarraviviría unha profunda transformaciónpaisaxística pola construción de grandesencoros (os de Santo Estevo, Os Peares eBelesar son os máis coñecidos), afectan-do a numerosos concellos ribeiráns doSil e o Miño, e contribuíndo á expansiónda industria enerxética de Galicia. Naactualidade a beleza espectacular dasparaxes polas que discorren as augasquietas destes ríos son aproveitadas porempresas que ofrecen paseos en catama-rán. Nestes últimos anos o turismo e aelaboración de viños de calidade son ossectores en auxe que están a renovar aRibeira Sacra, facendo desta un destinoapetecible pola combinación de paisa-xes, gastronomía e patrimonio artísticode exquisita calidade. O reto asumidopolas empresas e administración é naactualidade a explotación deste riquí-simo patrimonio, coidando preservar aomáximo o contorno.

Co

lexi

o d

e N

osa

Señ

ora

da

An

tig

a, M

on

fort

e d

e Le

mo

s (L

ug

o)

Vo

lan

tes

do

En

tro

ido

, Ch

anta

da

(Lu

go

)

Page 7: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

11

A arte relixiosa ten importantísimas mostras nesta bisbarra daRibeira Sacra, asociada desde os primeiros séculos da Idade Media aoestablecemento de pequenas comunidades monásticas. Estas irían cre-cendo co tempo e deixándonos fermosos exemplos de arte de épocas eestilos variados. Así, hoxe podemos percorrer estas terras en buscade importantes mosteiros ou de pequenas e fermosas igrexas de orixe

medieval. Os pazos e a arquitectura popular espallada polas pequenas aldeas ou vilascomo Monforte, Chantada e Castro Caldelas, supoñen o complemento ideal para as rutasdo románico e dos mosteiros.

Provincia de Lugo

En Carballedo atópase a igrexa de San Xoán da Cova, de orixe románica emonástica, cunha fermosa portada con arquivoltas, que foi trasladada coa construción doencoro dos Peares. Tamén de orixe medieval é Santo Estevo de Chouzán. Na igrexa deLousada está o sartego de Vasco Pérez de Temes, e a parroquial de Temes é de interesenon só pola arquitectura, senón porque aquí foi atopado un sartego tardorromano, doséculo IV. Entre a arquitectura dos pazos, destaca o de Cartelos, do século XVIII, queaínda ten a torre circular medieval.

A zona vella de Chantada está ben conservada, coas súas casas brasonadas dosséculos XVI e XVII, rúas empedradas con soportais e delicioso paseo. Destacan pazos ecasas grandes como as de Basán Grande (s. XVIII) e a de Lemos.

- Casa grande de Lemos. Foi obxecto dunha meritoria reforma a finais dos oitentapor parte do arquitecto Manuel Gallego, que a converteu en Casa de Cultura. Esta refor-ma mantivo e consolidou os muros do edificio, pero baleirou o interior deixando un fer-moso e amplísimo espazo iluminado con sabedoría.

- Mosteiro de Sta. Mª de Pesqueiras. Exemplo da arte románica nas parroquias, a súaigrexa foi declarada Monumento Nacional. Ten pinturas murais do século XV e perdeu,por roubo, unha talla románica da Virxe co Neno. As monxas ocupárono ata que no sécu-lo XV pasaron a depender do convento santiagués de San Paio de Antealtares.

- Torre dos Moure, casa forte do Temese ruínas da torre-casa señorial de Vilar deEiriz en San Xián de Mato son vestixios dopoder feudal nestas terras.

Monforte de Lemos posúe unriquísimo patrimonio artístico que, sendúbida, ten moito que ver co poder doscondes. Froito do empeño do cardealDomingo de Castro (arcebispo de Sevilla)erixiuse a finais do XVI un complexo queserá chamado o “Escorial Galego”: oColexio de Nosa Señora da Antiga, que foiconcibido como centro de estudos baixo adirección dos xesuítas.

- Colexio de Nosa Señora da Antiga(fins do XVI). Este é un magnífico exem-

Patr imonio Histór ico-Art íst ico

10

plo do estilo herreriano, co seu trazadomoi regular e sobriedade en cada un dosdetalles: desde o claustro, presidido cosescudos dos condes de Lemos, Coroaespañola e xesuítas, á igrexa de plantatípica da Compañía, cos brazos de cru-ceiro curtos. Nesta podemos apreciar unfermoso retablo de Francisco de Moure,en madeira de nogueira sen pintar e agran cúpula, de beleza clásica. Na súapinacoteca pódese ver unha colección depinturas que fala ben do coñecemento ebo gusto do Cardeal. Entre elas atópansedous cadros de El Greco, e tres do pintormanierista italiano Andrea del Sarto.

- Conxunto Monumental de SanVicente do Pino. Preside a vila desde oalto coa torre da homenaxe do vello cas-telo e o mosteiro beneditino, hoxe con-vertido en Parador de turismo. A igrexaposúe un retablo de estilo churriguerescocunha Monserrat que é patroa da vila eque chama a atención por ser a únicaVirxe negra de Galicia. Desde estepunto, con magníficas vistas sobre a bis-barra da Terra de Lemos e as montañasdos arredores, baixan rúas pequenas eintricadas do que no seu día foi a xude-

ría, que entroncan coa zona comercial davila.

- Convento das Clarisas. Foi funda-do en 1609 por Catalina de la Cerda, VIIcondesa de Lemos e filla do Duque deLerma. Atopámolo cruzando o río Cabepola Ponte Vella, do século XVI aíndaque posiblemente de orixe romana. Esteposúe unha das mellores coleccións dearte sacro de España, con obxectos deouro e prata, moitos deles traídos deItalia e fermosas pezas talladas como oCristo Xacente de Gregorio Fernández.

Mo

nfo

rte

de

Lem

os

(Lu

go

)Sa

nto

Est

evo

de

Ch

ou

zán

, Car

bal

led

o (

Lug

o)

Co

nve

nto

das

Cla

risa

s, M

on

fort

e d

e Le

mo

s (L

ug

o)

San

Vic

ente

do

Pin

o, M

on

fort

e d

e Le

mo

s (L

ug

o)

Page 8: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

1312

- Pazo de San Xoán de Tor. Xa fórada capital do concello atopamos pazos ecasas grandes que dan testemuño dopoder e riquezas nobiliarias. Este pazoten unha gran biblioteca, catro salónscorridos, escalinata barroca e unha boacolección con armaduras dos séculosXIV e XV, ademais de mobles e pinturasdo século XVI.

Pantón posúe unha espléndida co-lección de igrexas e mosteiros de orixemedieval, relacionados coa expansión doCíster por estas terras. O concello éespecialmente rico en arquitectura reli-xiosa e centro dunha das rutas recomen-dadas, a do románico lugués.

- Mosteiro de San Salvador deFerreira (declarado Monumento Nacional),que no século XII tivo gran esplendor coCíster. Como adoita ser habitual é uncompendio de estilos e de épocas: amaior parte deste mosteiro de monxasbernardas é obra do século XVIII, peroten un claustro do XV e igrexa con ábsi-da románica, sinxela e semicircular. Apouco que se mire con atención distin-guimos no alto toda unha colección decanzorros con figuras humanas e ani-mais cheas de ironía e de retranca.Dentro consérvanse nobres sartegos: deAlonso López de Lemos, conde deAltamira e de Diego de Lemos, ambosdo século XV.

- San Miguel de Eiré (fins do XII).Con sinxela portada rematada en frontóne unha gran torre que precede á ábsida,esta fermosa igrexa atópase moi preto deFerreira. Non é usual ver en Galicia unhaobra tan esguía, elegante e compacta,que nos recorda as do prerrománico astu-riano.

- San Vicente de Pombeiro (séculoXIII). Érguese nunha espesa fraga nasbeiras do Sil, amosando unha imaxe devolume compacto, cunha planta de tresnaves rematada en tres ábsidas. Foi cons-

truída polos “monxes negros” da orde deCluny, seguindo modelos de Borgoña, edestaca nela a porta sur, entre contrafortes.

- San Fiz de Cangas (século XIII).Queda só a igrexa do mosteiro, que foiampliada no século XVII para albergar acapela dos Torrenovais, onde está ente-rrado Rodrigo López de Quiroga.

- Santo Estevo de Atán. Ten a súaorixe nun cenobio do século VIII e con-serva nos seus muros vestixios da primi-tiva construción prerrománica, naspequenas ventás caladas que fan as fun-cións de celosías.

- Entre a arquitectura civil desta-can os pazos de Ferreiroá, Goián, OReguengo e o castelo de Maside.

Hai en Paradela igrexas con ele-mentos prerrománicos, como a Igrexamonástica de Loio, con arcos de ferradu-ra mozárabes do século X, ou a de SantaCristina, con ventás visigóticas e unhapía de granito aberta a modo de sartego.

- Igrexa de San Facundo de Ribas deMiño. É de transición do románico aogótico e foi declarada Monumento deInterese Histórico Artístico.

- Mosteiro Vello de Castro de Rei deLemos. Conserva algúns elementos defins do XII, como a ábsida, partes de

muros e canzorros, e no interior bóvedade canón.

A Pobra do Brollón presenta unhavariedade de exemplos de arquitecturapopular e relixiosa de épocas e estilosben diferentes, desde o románico á artede fins do XVIII.

- Igrexa parroquial de Veiga, de orixerománica.

- Igrexa de Óutara, con retablomaior renacentista e unha imaxe deSanta María do XV.

- Igrexa parroquial de Lamaigrexa éde 1788 e ten retablos rococós e neoclá-sicos.

- Parroquia de Vilachá. Asómase aoSil e ten unhas adegas centenarias.

- Parada de Montes. Na aldea, quese atopa entrando xa nos montes doCourel, pódese apreciar a arquitecturapopular da montaña, coas casas pegadase os tellados superpostos para gardarmellor a calor e facilitar a vida en días denevadas.

Hai constancia de que no século II seconstruíu unha ponte para pasar o Miñopor Portomarín, obra que aparecemencionada no Códice Calixtino como“Pons Minea”. Esta sería destruídapor orde de dona Urraca en 1112. Pero

San

Mig

uel

de

Eiré

, Pan

tón

(Lu

go

)

San Salvador de Ferreira, Pantón (Lugo)

San

Sal

vad

or

de

Ferr

eira

, Pan

tón

(Lu

go

)

Igre

xa d

e Sa

n F

acu

nd

o, R

ibas

de

Miñ

o -

Par

adel

a (L

ug

o)

Page 9: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

1514

pronto se reparou converténdose nunpaso estratéxico, de aí que no 1126 seconstruíse un hospital de peregrinos. Aconstrución a mediados dos cincuenta doencoro de Belesar fixo que a localidadeenteira e a famosa igrexa románica deSan Nicolao ou San Xoán tivesen que sertrasladadas ao monte do Cristo. A vilareconstruíuse baixo un novo deseñourbano, representando un exemplo clarodos “novos poboados” da España dosanos cincuenta e sesenta.

- Igrexa de San Nicolao ou San Xoán(séculos XII-XIII). Declarada Monu-mento Nacional en 1946, a igrexa foilevada e reconstruída, pedra a pedra, aoseu actual emprazamento no medio donovo Portomarín. É do tipo igrexa-forta-leza, con ameas, gran rosetón e fermosaportada con arquivoltas nas que estánrepresentados os 24 anciáns rodeando afigura de Cristo en Maxestade. Repre-senta un moi bo exemplo da arte doscanteiros medievais que se formaron coMestre Mateo en Santiago.

No concello de Quiroga téñenseatopado restos de finais do imperio

romano e os investigadores afirman queexistiu mesmo unha igrexa peleocristia-na, no lugar que hoxe ocupa a pequenaigrexa da Ermida.

- Crismón de Quiroga (hoxe noMuseo Provincial de Lugo). É o mellorreflexo deste pasado. Trátase dun grandisco de mármore de 95 cm. de diáme-tro, feito no ano 400 da nosa era, ocupa-do cun gran anagrama coas letras X e Psuperpostas (o nome de Cristo) e unhainscrición en latín que reza así: “O ouroé cousa ruín para ti, pasen as xoias deprata; vale máis o que brillas coa túa feli-cidade”.

- Aldeas do Mazo, O Soldón, eA Seara. Son magníficos exemplos dearquitectura popular adaptada ás duras

condición de vida nas montañas doCourel. Nas dúas primeiras consérvanserestos de vellas ferrerías.

- Almazara de Bendilló. Neste vellomuíño séguese a producir artesanalmen-te aceite, aproveitando a forza animalque arrastra a gran pedra de moer.

Os principais monumentos deRibas de Sil son igrexas que no seudía dependeron de pequenas comunida-des monásticas. No concello confluíandúas rutas de peregrinos: a que viña deMontefurado e a de Castro Caldelas.

- Igrexa de San Clodio (1200).Está moi transformada con engadidospos-teriores. Destaca a porta lateral concapiteis visigóticos, probablemente rea-proveitados.

- Igrexa de Santa Mª de Torbeo (tran-sición do XII ao XIII). Tamén de orixemonástica, conserva desta época a ábsidae porta norte. Na igrexa foi enterradoVasco de Quiroga, que combateu xuntoao rei Fernando III. O paso en barca polofermoso meandro da Cubela, no Sil, eraresponsabilidade dos monxes de Torbeo.Un incendio destruíu en 1936 as vellaspinturas murais.

- Muíños de aceite de Peites eFigueiredo, ponte de ferro sobre o Sil eEstación de Renfe, declarados de intere-se turístico, son outros dos atractivos doconcello.

No concello do Saviñao, de cami-ño entre Chantada e Monforte de Lemos,poderemos atopar dous magníficosexemplos de arquitectura románica nasigrexas de Seteventos e de Diomondi,amais doutra das xoias do románico daprovincia de Lugo: Santo Estevo deRibas de Miño.

- Igrexa de Santa Mª de Seteventos.É famosa polas pinturas murais quealberga, do século XVI, restauradas haiapenas uns anos, con escenas daAnunciación e do Xuízo Final, seguindoestas unha división semellante á docompostelán Pórtico da Gloria: as almas

que se salvan á esquerda, ben ordenadas,e os condenados á dereita, en completodesorde.

- Igrexa de San Paio de Diomondi.Posúe un fermoso pórtico de entrada conarco principal abucinado (con catro pare-llas de columnas e capiteis figurados) edous laterais. Érguese entre prados e fra-gas verdísimas.

- Igrexa de San Martiño da Cova(fins do XIII). Ten pinturas murais doséculo XVII e retablos barrocos (séculosXVII e XVIII).

Mo

tefu

rad

o, Q

uir

og

a (L

ug

o)

Port

a d

e Sa

n N

ico

lao

, Po

rto

mar

ín (

Lug

o)

A S

eara

, Qu

iro

ga

(Lu

go

)

San

Pai

o d

e D

iom

on

di,

O S

aviñ

ao (

Lug

o)

San

Mar

tiñ

o d

a C

ova

, O S

aviñ

ao (

Lug

o)

Page 10: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

1716

- Igrexa de Santo Estevo de Ribasde Miño (século XIII). Ubicada taménentre fragas frondosas, pero desta vezmoito máis en costa e mirando ao Miño,foi declarada Monumento Nacional en1931. Presenta unha decoración vexetalnos capiteis e arquivoltas da portada, erepresentacións de músicos.

- Torre-forte da Candaira (séculoXIII). Mostra de arquitectura civil mili-tar na parroquia de Rebordaos.

- Pazo das Cortes. Con planta en U ecapela pegada, está en fronte á igrexa deSan Paio de Diomondi. Conserva escu-dos da casa dos Somoza.

No concello de Sober atopamosigrexas de orixe románica e un famososantuario, de construción máis recente,que se asoman ao abismo.

- Igrexa de Pinol (século XIII). Aoito quilómetros ao sur da capital doconcello. É de estilo románico, con por-tada de dúas parellas de columnas e rose-tón co deseño da estrela de Salomón.

- Santuario dos Remedios deCadeiras (século XVIII). Apenas amedio quilómetro da anterior, foi restau-rada polos propios veciños recentemen-te. Alí celébrase unha romaría o 8 desetembro. Desde o alto da torre pódeseapreciar unha magnífica vista destas ver-des terras.

Taboada ten rico patrimonio civile relixioso repartido polas súas parro-quias, con exemplos como o Pazo dePerrelos, de mediados do século XVII,con fachada barroca e galería orientadacara aos xardíns, o Pazo fortaleza dosseñores de Taboada (do século XV), e aCasa de Moreda, onde e atoparon restosde tumbas antropomorfas talladas narocha. Entre as igrexas, moitas delas deorixe románica, atópanse as de SanPedro de Bembibre e Piñeira. Esta últimaten decoración medieval, e no interior unbaldaquino pétreo do século XV. AIgrexa de Taboada dos Freires conservaunha inscrición do ano 1190 no tímpano

da portada e elementos decorativosmozárabes.

Provincia de Ourense

Castro Caldelas asoma ao preci-picio do canón do Sil rodeado de fragasespesas e coa figura do Castelo medie-val, hoxe convertido en museo. Dúasrúas de trazado medieval levan ao caste-lo, coñecido como “A Fortaleza” polosveciños, no barrio de Cimadevila. Asrúas empedradas e as casas de duro gra-nito, con revocado e galerías, son carac-terísticas da arquitectura popular dazona.

- O Castelo. Considerado do séculoXIV, aínda que hai autores que defendenque a súa construción puido comezar noXII. Posúe varias torres: Torre daHomenaxe, Torre do Reloxo e probable-mente Torre do Cárcere. A súa historiafoi especialmente convulsa no séculoXV, coa revolta irmandiña e loitas poste-riores entre os condes de Benavente e ode Lemos. En 1808 foi incendiado polastropas francesas en retirada, tras serenestas atacadas polos veciños.

- Igrexa e Mosteiro de San Paio deAbeleda. De orixe medieval (o mosteirocrese que data do século X), hoxe estáen ruínas, polo que a súa visita podecomportar certo risco ao visitante.Atopáronse aquí sartegos datados entorno ao século VII. d. C.

- Santuario de Nosa Señora dosRemedios (1820-40). Este templo, de es-tilo neoclásico, está situado na mesmacapital do concello, e sorprende pola súanudez e aparente frialdade de liñas, asícomo polas súas dúas torres xemelgas. Éobxecto de gran devoción popular ealberga no interior o Museo Parroquial.

A paisaxe quebrada e boscosa deEsgos acolle o mosteiro máis antigo dosrealizados en Galicia: San Pedro deRocas, situado nunha fraga espesa e confermosas vistas panorámicas. Unha lápi-da, hoxe custodiada no Museo Arqueo-lóxico de Ourense, permitiu datalo doséculo VI, e supoñer que foron sete oseremitas que se retiraron a este lugarpara se dedicaren á oración.

- Mosteiro de San Pedro de Rocas(séculos VI a XVI). As naves da igrexaforon escavadas no duro granito, a xeitode covas, e foise ampliando o mosteiropara acoller máis monxes. As capelas da

Cas

tro

Cal

del

as, (

Ou

ren

se)

San

to E

stev

o d

e R

ibas

de

Miñ

o, O

Sav

iñao

(Lu

go

)Sa

n P

edro

de

Ro

cas,

Esg

os

(Lu

go

)

Page 11: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

1918

igrexa, de tres naves, están ateigadas desartegos antropomorfos, todos talladosna pedra. Neste mosteiro todo é excep-cional e atípico, sendo o campanariounha estraña elaboración que taménaproveita o escarpado do terreo: a obra éde mediados do XVI e consiste nuncorpo de campás colocado no alto dunpenedo.

- Cruceiros populares, nos lugaresde Folgoso e Vilar de Ordelles.

O paso da vía romana que uníaAstorga e Braga por Montederramodeixounos a Ponte Vella de Vilariño Frío,erguida no século III, aínda que a fábricafoi modificada séculos despois. O princi-pal atractivo do concello, sen dúbida, é ofermoso e impoñente mosteiro de SantaMaría de Montederramo, unha das xoiasda bisbarra. A grandiosidade do edificiofai que mereza a pena internarnos nestasterras altas do interior de Ourense.

- Santa María de Montederramo(séculos XVI-XVII). O mosteiro tenorixe nunha comunidade beneditina,pero vai ser no XII, coa orde do Císter,cando empece a cobrar importancia e sedistinga como centro de estudo. O edifi-cio actual é renacentista e sorprende coseu interior de pilastras, cúpula e bó-vedas de elegancia e harmonía clásica.O estilo herreriano do Escorial e dosEscolapios de Monforte ten neste mos-teiro outro fermoso exemplo. O cadeira-do do coro e o retablo maior, con escenascomo o Nacemento, Adoración dos Reis,e outras da vida de Xesús, foron obxectode recentes restauracións.

O concello de Nogueira deRamuín serve de boa plataforma

como inicio da ruta da Ribeira Sacrapara os que partan da cidade de Ourense,sendo o seu principal reclamo o mostei-ro de Santo Estevo de Ribas de Sil, hoxeParador Nacional de Turismo. O conce-llo foi coñecido ademais por unha profe-sión ambulante: a dos afiadores.

- Santo Estevo de Ribas de Sil (fin doséculo XII – século XVIII). Con orixenunha pequena comunidade fundada noséculo VI por san Martiño Dumiense, omosteiro hoxe é o resultado dunha sumade estilos e de épocas, empezando corománico da igrexa, de finais do XII. OClaustro dos Bispos ten unha exquisitavariedade, con arcos, agullas e pináculosen pedra de estilo gótico tardío, e arcoscon columnas románicas emparelladasna parte baixa. Os outros dous claustrosson renacentistas, como se pode apreciarno seu sentido do equilibrio e sinxelaelegancia, e a fachada é barroca, dividi-da en tres tramos, presidida polo escudoda España Imperial. Aos lados hai escul-turas de dous santos beneditinos. A arterománica está ben presente na igrexa domosteiro, coa súa peculiar ábsida de trescorpos na que o central é máis baixo queos laterais para así aproveitar mellor ailuminación do rosetón da fachada.

- Igrexa de San Martiño de Nogueirae igrexa de San Cristovo de Armariz.Tamén de orixe románica.

Ret

ablo

. Mo

nte

der

ram

o (

Ou

ren

se)

Cru

ceir

o d

e V

ilar

de

Ord

elle

s, E

sgo

s (O

ure

nse

)

San

to E

stev

o d

e R

ibas

de

Sil,

No

gu

eira

de

Ram

uín

(O

ure

nse

)

Mo

stei

ro d

e Sa

nta

Mar

ía, M

on

ted

erra

mo

(O

ure

nse

)

Page 12: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

2120

No concello da Peroxa hai boasmostras de arquitectura palaciana conexemplos como a Casa da Torre, enGraíces, o pazo de Turbisquedo e o pazode Redondelle, en San Xes da Peroxa.Nesta parroquia temos tamén unha fer-mosa igrexa barroca con casa reitoral.

- Igrexa de San Martiño. Taménbarroca, ten fachada con catro pilastrasque parecen soportar a gran torre-cam-panario de principios do XVIII.

- Ruínas do castelo. Crese que estecastelo ten orixe medieval, aínda que asprimeiras noticias o relacionan coa fami-lia dos Sarmiento, condes de Ribadavia,que ata aquí estendían os seus dominios.

A Teixeira presenta mostras dearquitectura popular espalladas polas

aldeas do pequeno concello, como cru-ceiros e muíños de auga, ademais decasas coa arquitectura tradicional. Nacapital do concello atópase a capela deSanta Cristina, con arco de medio puntona portada e retablo neoclásico.

En Xunqueira de Espadanedoatopamos outro dos importantes mostei-ros desta bisbarra, neste caso de monxesbernardos: Santa María de Xunqueira deEspadanedo, compendio de estilos quese foron superpoñendo desde a IdadeMedia.

- Santa María de Xunqueira deEspadanedo (séculos XII-XVIII). Oclaustro do mosteiro é obra do Rena-cemento (século XVI), pero conservaunha ala do XII. A igrexa é románica detres naves, con tres ábsidas do mesmoperíodo e arcos apuntados no interiorque son mostra da arte do Císter, sendo afachada obra posterior, do Barroco. Oactual Concello, así como a Bibliotecamunicipal e a oficina de Correos apro-veitan unha das alas do vello mosteiro,de estilo renacentista.

- Mámoa de Veigachá. Vestixio dopasado megalítico destas terras.

- Parque de mámoas das Cabanas,tamén chamado “Mámoas de Moura”(III milenio a. C.). Situado no norte doconcello, contén restos de sete enterra-mentos.

Parada de Sil agocha entre fron-dosas fragas, asomando ao canón, o fer-moso mosteiro de Santa Cristina deRibas de Sil e aldeas de interesantearquitectura popular.

- Mosteiro de Santa Cristina deRibas de Sil (séculos XIII-XVI). A igre-xa é románica, de planta de cruz latina eportada abucinada, con tres parellas decolumnas e sobria decoración. O interiorpresenta a típica imaxe de austeridade eelegancia pétrea do Císter, con arcoslixeiramente apuntados, que nos falan dofinal do románico. Conserva restos depinturas con escudos como o da ordemilitar de Calatrava e o do Mosteiro deSanto Estevo. Consérvase unha fermosí-sima porta de entrada ao vello mosteirocon rica decoración vexetal, influenciada arte do Mestre Mateo.

- Ponte medieval e cruceiro, naparroquia de Forcas.

San

ta C

rist

ina

de

Rib

as d

e Si

l, Pa

rad

a d

e Si

l (O

ure

nse

)

San

ta C

rist

ina

de

Rib

as d

e Si

l, Pa

rad

a d

e Si

l (O

ure

nse

)

Mo

stei

ro d

e Sa

nta

Mar

ía, X

un

qu

eira

de

Esp

adan

edo

(O

ure

nse

)

San

ta C

rist

ina

de

Rib

as d

e Si

l, Pa

rad

a d

e Si

l (O

ure

nse

)

Page 13: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

23

O museo, un dos máis interesantesde arte sacra de España, ocupa algunhasestancias do Convento de Santa Clara,fundado no ano 1622. Conta cun impor-tante fondo de obxectos de arte sacra,entre os que sobresaen as imaxes do

Cristo xacente e a Inmaculada, ambas deGregorio Fernández.Tamén ricas vesti-mentas litúrxicas e pezas de ourivaríarelixiosa do renacemento.

Museo de Arte Sacra dasClarisas de MonforteRúa Santa Clara, s/n 27400 Monforte de Lemos – LugoTeléfono: 982 401 544

Museos

22

Museo de Nosa Señora da AntigaCampo da Compañía, 50 27400 Monforte de Lemos – LugoTeléfono: 982 404 715 / 9824 004 08 Fax: 982 400 408

Tamén coñecido como Museo doCardeal ou Museo da Compañía.Recoñecido como unha das pinacotecasmáis importantes de Galicia pola cali-dade e relevancia das obras expostas.Entre estas, destacan os cadros de “SanLorenzo” e “San Francisco”, ambos deEl Greco, os dous únicos exemplaresatribuíbles a este artista que se coñecenen Galicia. Ademais destas dúas obrasmestras, ocupa un importante lugar aobra do pintor italiano Andrea del Sarto.

Museo do Ferrocarril de GaliciaProlongación Padre Feijoo, s/n 27400 Monforte de Lemos – LugoTeléfono: 982 418 421 / 606 401 982 Fax: 982 418 421 / 982 401 314 www.museodelferrocarrilgalicia.com

Taller de restauración e mantementode material ferroviario histórico, base dotren turístico Galaico Expreso, onde sepode facer un percorrido pola historiado ferrocarril en Galicia a través dosdiferentes tipos de traccións, coches evagóns que circularon polas vías destaterra.

Museo Torre da HomenaxeCon. Monum. S. Vicente do Pino 27400 Monforte de Lemos – LugoTeléfono: 982 404 715 / 982 400 408 Fax: 982 400 408 www.lecerlemos.com [email protected]

Torre da homenaxe que pertenceu áfortaleza construída no século XII poloconde de Lemos. Restaurada e aberta aopúblico recentemente como museo ondese pode admirar, ademais da súa sobriaestrutura, unha colección de mobles res-taurados doados polo doutor LópezSuárez. No interior, exposición e vendade produtos de artesanía galega.

Page 14: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

25

Percorrendo a Ribeira Sacra, dende Chantada ata Trives, ou dendeMonforte ata Nogueira de Ramuín, percibimos que nos atopamos nunespazo onde a compoñente natural é dominante. O viaxeiro sente unhafonda comuñón coa natureza e fusión coa paisaxe. Isto explica a ocupacióndende hai moitos séculos da Ribeira Sacra por monxes e eremitas, que bus-caban un contorno natural único para meditar.

Mosteiros e igrexas sitúanse estratexicamente en puntos de excepcional valorambiental e paisaxístico, case sempre en excelentes miradoiros naturais, dende os que sepode apreciar mellor que en ningún outro sitio unha paisaxe natural única. Destacan osbosques de arborado autóctono, as paisaxes agrarias profundamente humanizadas e oscanóns dos ríos Sil, Cabe e Miño, nunha combinación única de paredes verticais, cuber-tas de vexetación e viñedos, coa auga dos ríos, que se poden percorrer nos catamaránsturísticos.

L.I.C. Canón do Sil e L.I.C. Río Cabe O Lugar de Importancia Comunitaria “Canón do Sil” ten unha extensión de 5.914

hectáreas. Esta figura de protección integra as paisaxes máis espectaculares da RibeiraSacra: por unha parte, o Canón do Sil propiamente dito, dende Parada de Sil ata OsPeares; por outra banda, o tramo final e Canón do río Cabe ata a súa confluencia co Sil,que forma límite entre os concellos de Sober e Pantón. Tamén aquí atopamos dous doselementos patrimoniais de maior valor: os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina deRibas de Sil, situados en promontorios estratéxicos dende os cales se dominan diferen-tes perspectivas do val do Sil.

O contraste entre planos horizontais e verticais débese ao encaixamento dos ríos Sile Cabe, que se ía producindo ao mesmo tempo que se daba un levantamento tectónico dosolo granítico. É esta a característica máis salientable desta área, con paredes moi verti-cais, de ata 500 metros nalgúns tramos. O devandito encaixamento do río iniciouse conanterioridade ao levantamento tectónico que unido á dureza da rocha deu lugar á forma-ción dos canóns, feito que explica que o Sil non fose atraído pola Depresión de Lemos,senón que labrase o seu propio val no duro rochedo. A existencia de fortes pendentes foiaproveitada para a construción de importantes encoros como o de San Pedro ou SantoEstevo.

24

Casa do ViñoA Peñiza 32765 A Teixeira – OurenseTeléfono: 988 207 400 Fax: 988 207 445

A Casa do Viño expón a través dafotografía o proceso de elaboración doviño. Dispón tamén dunha exposiciónsobre os principais viños da zona.

Museo Arqueolóxico eEtnográficoPraza da Torre, s/n O Castro de Caldelas 32760 Castro Caldelas – OurenseTeléfono: 988 203 358

Situado no castelo en plena zona his-tórica, recolle restos arqueolóxicos acha-dos no seu propio patio, que permitenunha visión completa da importanciahistórica de Castro Caldelas. Taméndedica unha parte á etnografía con apei-ros utilizados nos oficios tradicionais dacomarca.

Espazos Naturais

Can

ón

do

Sil

Can

ón

do

Sil

Page 15: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

27

home foi construíndo os socalcos, quepercorren a modo de gradarías as verten-tes dende o cumio ata o mesmo río. Nossocalcos cultívase a vide, para a elabora-ción do afamado viño da Ribeira Sacra,con denominación de orixe propia.Ademais do viñedo, os socalcos teñensido utilizados tradicionalmente paracultivar todo tipo de legumes, hortalizase froitas, que medran ben grazas ás boascondicións climáticas. Os socalcos daRibeira Sacra constitúen un gran exem-plo de fusión entre a obra do home e apaisaxe natural, dando lugar a unha sen-sación de harmonía e grandiosidade irre-petibles. As boas condicións climáticaspermiten polo demais a existencia deespecies tipicamente mediterráneas, co-mo oliveiras, cipreses e érbedos.

Canto á fauna, nas augas do Sil des-tacan a troita, o escalo e o picón. Soncaracterísticas tamén desta zona aves derapina tales como diferentes tipos deaguia ou o miñato. A xineta e o gatomontés son mamíferos tamén típicosdeste espazo.

26

O impresionante traballo do ríolabrando a dura pedra pode admirarsedende excelentes miradoiros como OsBalcóns de Madrid, un lugar de singularbeleza, situado a uns centos de metros deParada do Sil, dende o que se divisa otramo máis agreste do val encaixado doSil. A fervenza do río Vao, moi preto deSanto Estevo tamén é outro lugar de inte-rese e atractivo, ao igual que a confluen-cia do río Mao co Sil, moi preto da aldeade Cristosende.

A singularidade topográfica destaspaisaxes é a causa tamén das súas pecu-liaridades climáticas. Os fondos dosvales son espazos particularmente benig-nos, con menos humidade e menos pre-cipitacións que a media do conxunto deGalicia. Isto implica a existencia dunclima con claros matices mediterráneos.

Existe, non obstante, un claro con-traste entre as ladeiras, en función da súaorientación. As vertentes orientadas caraao norte son máis frías e sombrías, enelas atopamos bosques de frondosasatlánticas, como o carballo (Quercusrobur) ou soutos de castiñeiros (Castaneasativa). Nos lugares de forte pendente

predominan matogueiras como a xesta(Genista falcata) ou as uces (Ericaarborea).

Pola súa banda, nas vertentes quemiran ao sur o número de horas de sol aoano é maior, e o aproveitamento humanotamén. A acción tenaz e constante do

L.I.C. Monte FaroTamén chamado “Faro de Chantada”,

cos seus 1.187 metros de altitude, é unexcelente miradoiro natural dende o quese contempla toda a Ribeira Sacra lugue-sa e unha boa parte da Ribeira Sacraourensá.

O Monte Faro (onde hai unha ermidae unha área recreativa) é un xigantescobloque granítico fracturado e levantadoa causa dos movementos oroxénicos xamencionados. A Serra do Faro, que ocu-pa un lugar central en Galicia, formaparte da Dorsal Galega, con cimas re-dondeadas e escasas pendentes, que sederraman suavemente cara ao val doMiño.

Precisamente nas encostas do MonteFaro podemos observar unha harmoniosapaisaxe agrícola de prados, soutos, car-balleiras e pequenas aldeas onde o patri-monio se conserva en bo estado e sefunde amablemente co medio natural.

Serra de San Mamede e L.I.C. Bidueiral de MontederramoO Concello de Montederramo está

situado na transición entre a RibeiraSacra e o Macizo de Queixa-Manzaneda.Ao norte do concello sitúase a Serra deSan Mamede, avance dun amplo conxun-

Mir

ado

iro

, Par

ada

de

Sil (

Ou

ren

se)

Mo

nte

Far

o, C

han

tad

a (L

ug

o)

Page 16: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

2928

to de montañas que constitúen o MacizoCentral Ourensán (L.I.C.). Moi pretoatopamos a Serra de Queixa e os Montesdo Invernadeiro (Parque Natural), asícomo a única estación de esquí que exis-te en Galicia, Cabeza de Manzaneda.

Na Serra do San Mamede atopamosimportantes masas arbóreas de especiesautóctonas, como carballos, bidueiros eacivros, conformando un espazo idealpara o desenvolvemento de actividadesde tempo libre.

Precisamente é aquí onde podemosadmirar un importante reduto boscosocomposto por bidueiros, que debido aoseu interese paisaxístico e natural foideclarado Lugar de Interese Comuni-tario. Trátase do chamado “Bidueiral deMontederramo”, formado por bidueiros(Betula alba) que adquiren o seu máximoesplendor no outono, cando as follasamarelas e encarnadas ofrecen un autén-tico espectáculo de cores.

Nas proximidades, as ribeiras do ríoMao, que desauga no Sil, son húmidas efértiles, con grandes pradarías. Nelas atroita é a especie piscícola dominante.

OUTROS ESPAZOSCanón do MiñoO Canón do Miño, aínda que non

está integrado na devandita Zona deInterese Comunitario, presenta un gran-de atractivo para o visitante, dado porunha maior ocupación humana e un

maior aproveitamento das vertentes.Augas arriba de Belesar e ata a con-

fluencia co Sil nos Peares, o Miño trans-corre fondamente encaixado napenechaira ou superficie fundamental deChantada. A razón deste encaixa- mentoé tamén tectónica, coma nos casos do Sile o Cabe. Tomando o catamarán na loca-lidade de Belesar, ou ben dende o corre-dor rápido de Monforte a Chantada,podemos apreciar a fermosa vertenteoccidental repleta de socalcos, onde encada terreo é posible distinguir unhapequena casa en pedra do país dedicadaa adega. Na outra vertente podemosapreciar frondosos bosques de especiescomo carballos ou castiñeiros. É espe-cialmente fermoso visitar a zona nooutono, cando a gama de cores das follasdos viñedos e dos bosques ofrece unespectáculo único cheo de cromatismo.

Mención especial merecen os cha-mados “Codos de Belesar”, un meandromoi pronunciado que describe o ríoMiño preto desta localidade, tamén cha-mado “Cabo do Mundo”.

A Pobra do Brollón, natransición á montañaO concello da Pobra do Brollón é

unha das portas de acceso á Serra doCourel (L.I.C. Ancares-Courel), coñeci-da serra do oriente galego que marca olímite da nosa comunidade con Castela eLeón. A medida que nos achegamos caraao leste a topografía é cada vez máismovida. A flora, a fauna e a arquitecturaadáptanse a unha topografía máis acci-dentada e un clima máis rigoroso. OCourel que se adiviña é terra de soutos,ferrarías, castros, cruceiros, minas, sen-das, muíños, fontes e capelas, moi pre-sentes xa na Pobra do Brollón.

Cab

o d

o M

un

do

. Can

ón

do

Miñ

o

Bel

esar

, Ch

anta

da

(Lu

go

)

Page 17: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

31

As paisaxes e o patrimonio histórico constitúen os grandes atracti-vos que a Ribeira Sacra ofrece ao viaxeiro. A seguir propoñemos variasrutas temáticas que o axudarán a organizar a exploración destas terras.O viaxeiro poderá realizalas devagariño, deténdose en cada un dos pun-tos sinalados, ou seleccionar os lugares de maior interese, dentro dospercorridos propostos.

Ruta do RománicoComezaremos o noso percorrido en Ourense, e tomaremos a N-540 (Ourense-Lugo),

ata Chantada, onde admiraremos o seu casco histórico, cos famosos soportais.Seguidamente tomaremos o Corredor Rápido Monforte-Lalín (CRG-2.1), e un poucodespois da nova ponte sobre o río Miño veremos, á dereita, un indicador que sinala aIgrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, magnífico exemplo do románico característi-co da Ribeira Sacra.

A igrexa, que se adapta perfectamente á pendente rochosa, domina o val do Miño, edende ela pódese ver o encoro de Belesar. Ademais de admirar o monumento, gozaremosdunhas panorámicas extraordinarias sobre a ladeira oeste do Miño, chea de socalcos dearriba a abaixo.

Se volvemos sobre os nosos pasos, e chegamos de novo ao cruzamento co CRG-2.1,teremos dúas opcións. Poderemos visitar —augas arriba da presa de Belesar— as igre-xas de Santa María de Pesqueiras e San Vitoiro de Ribas de Miño, así como a famosaigrexa de San Nicolao de Portomarín, que foi Adesmontada pedra a pedra e montada denovo, por mor da construción do Encoro de Belesar. Se dispoñemos de menos tempo,seguiremos o indicador que nos levará ata San Paio de Diomondi, igrexa do século XIIque se pode visitar os domingos ás 12 horas, durante o servizo relixioso.

Rutas

30

Seguindo por terras do Saviñao, eavanzando cara ao sur polo curso doMiño, chegaremos a un cruzamento,onde deberemos virar á dereita, seguindoas indicacións que nos levarán á igrexade San Xoán da Cova. Esta xoia dorománico está situada no lugar chamado“Cabo do Mundo”, nun impresionantemeandro que o Miño describe ao sur dosconcellos de Chantada e O Saviñao.

Avanzando cara ao sur, e entrando xano concello de Pantón, chegamos á zonade maior densidade de románico de todaa Ribeira Sacra. A nosa primeira paradaserá San Miguel de Eiré, pequena peroesvelta igrexa que poderemos visitar sepedimos a chave nunha casa particular,como se indica á entrada da propia igre-xa. Dende Eiré, é obrigado visitar tresxoias do Románico: Santo Estevo deAtán, San Vicente de Pombeiro e San Fizde Cangas. Para a primeira debemos bai-xar de novo cara ás ribeiras do Miño.Para ver San Vicente de Pombeiro debe-remos chegar ata Os Peares, e coller alíunha estrada cara á esquerda, regresandodespois de novo a Atán. Por fin, dendeAtán tomaremos durante un breve treito

a N-120 (Ourense-Monforte), desvián-donos un pouco antes de Ferreira dePantón para visitar San Fiz de Cangas.

Dende alí tomaremos dirección aMonforte, para chegar ao Castro deFerreira (Pantón), onde visitaremos oMosteiro das Bernardas de Ferreira, quexa existía no século X, rexéndose polaorde de San Bieito. Hoxe só se conservaa igrexa do antigo cenobio feminino,unha construción de grande sinxelezaarquitectónica.

Despois destas visitas, continuandopola N-120, tomaremos un desvío endirección á estación de ferrocarril deCanaval. Tras admirar a igrexa de SanPedro de Canaval, visitaremos SantaMaría de Proendos e Santa María deBolmente, percorrendo unha estradalocal que parte da capital municipal deSober.

Se seguimos por esa mesma estrada,atoparemos as igrexas de San Vicente dePinol e San Xillao de Lobios, para regre-sar finalmente sobre os nosos pasos áN-120, e volver a Ourense.

Ro

setó

n. S

an N

ico

lao

de

Port

om

arín

(Lu

go

)

San

Pai

o d

e D

iom

on

di,

O S

aviñ

ao (

Lug

o)

Fach

ada.

San

Nic

ola

o d

e Po

rto

mar

ín (

Lug

o)

San

Mig

uel

de

Eiré

, Pan

tón

(Lu

go

)

San

Fiz

de

Can

gas

, Pan

tón

(Lu

go

)

Page 18: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño
Page 19: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

3534

Ruta dos MosteirosPodemos comezar a ruta desde

Monforte ou desde Ourense collendo aestrada N-120, e tomando nos Peares aestrada de servizo das presas hidroeléc-tricas, que nos levará pola marxe sur dorío Sil. Esta estrada, construída polascompañías hidroeléctricas, é privada,pero permítese a libre circulación devehículos particulares. Despois dun per-corrido ao mesmo nivel do río, a estradacomeza unha subida cara a Luíntra.Antes de chegar a esta poboación atopa-remos un desvío á dereita que nos levaráata o Mosteiro de Santo Estevo de Ribasde Sil. Actualmente o Mosteiro pertenceá rede de Paradores de Turismo, peropódense visitar libremente os tres claus-tros, a igrexa e un centro de interpreta-ción do mesmo situado na planta baixa.

San

to E

stev

o d

e R

ibas

de

Sil,

No

gu

eira

de

Ram

uín

(O

ure

nse

)

San

to E

stev

o d

e R

ibas

de

Sil,

No

gu

eira

de

Ram

uín

(O

ure

nse

)

San

to E

stev

o d

e R

ibas

de

Sil,

No

gu

eira

de

Ram

uín

(O

ure

nse

)

Page 20: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

3736

miradoiro dos Balcóns de Madrid),tomaremos a estrada que, por Hedrada,nos leva ata Vilariño Frío, no cruza-mento coa antiga estrada comarcal deOurense a Ponferrada.

Volveremos sobre os nosos pasos etomaremos a estrada xeral de Luíntraa Parada de Sil. Na entrada deste nú-cleo atoparemos un desvío á esquerdaque nos conducirá ata o Mosteiro deSanta Cristina de Ribas de Sil, ao que seaccede a través dunha pista asfaltada.Regresando de novo cara a Parada de Sil(onde podemos achegarnos ao magnífico

O noso seguinte obxectivo éo Mosteiro de Santa María deMontederramo, parte do cal foi con-vertido en colexio. Para chegar ataMontederramo percorreremos uns quiló-metros en dirección a Trives, e collere-mos unha estrada local á dereita, que seinterna cara a Montederramo e á Serrade San Mamede.

Volvendo despois sobre os nosospasos, e seguindo a vella estrada comar-cal, esta vez cara a Ourense, pasaremospor Vilariño Frío e o Alto do Rodicio,dende onde poderemos apreciar unhasgrandiosas vistas sobre o val de Maceda.En plena baixada, tomaremos un des-vío cara á dereita para achegarnos aXunqueira de Espadanedo, onde admira-remos o seu mosteiro.

San Pedro de Rocas será o seguintepunto de interese, no concello de Esgos.Este é un valioso conxunto que cativaráao viaxeiro pola fusión entre medio natu-ral e patrimonio histórico, testemuño doasentamento nestas terras dos primeirosmonxes, coas tumbas labradas na rocha.Para iso volveremos á estrada comarcal,pasaremos a capital municipal de Esgos,e tomaremos un desvío á dereita, que noslevará directamente a este especial puntode interese patrimonial.

San

ta C

rist

ina

de

Rib

as d

e Si

l, Pa

rad

a d

e Si

l (O

ure

nse

)Sa

nta

Cri

stin

a d

e R

ibas

de

Sil,

Para

da

de

Sil (

Ou

ren

se)

San

ta C

rist

ina

de

Rib

as d

e Si

l, Pa

rad

a d

e Si

l (O

ure

nse

)

Mo

stei

ro d

e Sa

nta

Mar

ía, X

un

qu

eira

de

Esp

adan

edo

(O

ure

nse

)Sa

n P

edro

de

Ro

cas,

Esg

os

(Ou

ren

se)

San

Ped

ro d

e R

oca

s, E

sgo

s (O

ure

nse

)

Page 21: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

3938

Ruta dos Encoros A) Ruta dos Encoros en catamaránO relevo encaixado que caracteriza os

trazados fluviais do Miño e o Sil naRibeira Sacra levou á construción de pre-sas e ao aproveitamento hidroeléctricodunha grande parte dos seus tramos.Durante os anos 50 e 60 construíronseos catro grandes encoros desta zona:Belesar e Os Peares no río Miño, e SanPedro e Santo Estevo no Sil.

As fortes pendentes e os desniveis, aexistencia de grandes masas de vexeta-ción autóctona, e unha intensa ocupaciónhumana do espazo mediante os socalcos,son elementos que confiren un grandeatractivo ao percorrido polos vales flu-viais citados.

Estamos diante dos denominados“mares interiores de Galicia”. Os enco-ros de Belesar, Os Peares e Santo Estevoremansan as augas do Miño e do Sil, per-mitindo a navegación a pasaxeiros nosfamosos “catamaráns”. A bordo destasmodernas embarcacións pódese apreciaro espectáculo único dos canóns dende oseu fondo, convertendo a navegación nunpracer para os sentidos.

Existen cinco servizos de catama-ráns en funcionamento, un no río Miño ecatro no río Sil. O primeiro sae da loca-lidade de Belesar e descende ao longodo val do Miño, rodea a illa fluvial deSernande para regresar logo a Belesar. OMiño discorre profundamente encaixa-do por terras de Chantada, O Saviñao,Carballedo e Pantón, nunha paisaxe onde

o viñedo é o protagonista nas vertentesde sollío, mentres que carballeiras, sou-tos e bosques de variadas especies pobo-an as ladeiras de avesedo.

O canón do Sil é máis encaixado queo do Miño, con paredes verticais en moi-tos casos dunha grande espectacularida-de. Existe un catamarán que parte doembarcadoiro de Santo Estevo, no en-coro do mesmo nome. Este catamaránfai o percorrido remontando o encoro ataSan Fiz, facendo logo a volta. En sentidocontrario, baixando polo encoro, haidous servizos. Un que sae desde o em-barcadoiro de Doade (na vertente lugue-sa) baixando cara a Santo Estevo evolvendo ao punto inicial e outro queparte de Abeleda (na beira ourensá).Estas viaxes polo encoro de Santo Estevopermiten apreciar a totalidade dos tra-mos espectaculares do canón que o Silfoi escavando, ao longo dos concellos deNogueira de Ramuín, Parada do Sil, ATeixeira (os tres na parte de Ourense) eSober (Lugo). Así mesmo, pódense apre-ciar os cortados rochosos e a exuberante

vexetación que en moitos casos é propiado clima mediterráneo, como se compro-ba coas aciñeiras, difíciles de atopar enGalicia.

O último dos servizos en catamaráncubre a zona máis oriental do Sil, entreAugas Mestas (Quiroga) e Doade, perco-rrendo zonas de paisaxe menos escarpa-da, tamén con itinerario de ida e volta.

Cómpre lembrar que os servizos ehorarios sofren variacións en función domes. É aconsellable informarse e reser-var os billetes con anterioridade ao des-prazamento.

Cat

amar

án

Cat

amar

án

Page 22: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

41

1) Ruta da Ribeira do Miño(Saída de Monforte)

Partindo de Monforte, tomaremos aantiga N-120 ata Ferreira de Pantón,onde visitaremos o Mosteiro das Ber-nardas, tras admirar a igrexa de SanMiguel de Eiré, a só tres quilómetros.Continuando en dirección Escairón (OSaviñao) colleremos unha desviaciónpara visitar a igrexa de San Xoán daCova, nunha fermosa paraxe. Desde aíseguiremos en dirección Escairón atatomar o Corredor Rápido en direcciónChantada. Chegando ao Miño debemosestar atentos á indicación do lugar deBelesar, localidade ben conservada nofondo do val. Alí poderemos coller ocatamarán e logo achegarnos a Chantada.

Despois da visita e paseo pola zonavella de Chantada, o retorno a Monfortefarémolo polo mesmo corredor rápido,podendo parar nas igrexas románicas deSanto Estevo de Ribas de Miño e SanPaio de Diomondi, moi cerca da pontesobre o río Miño, gozando das fermosasvistas na primeira e das fragas frondosasde Diomondi. Estas son só algunhas dasmoitas igrexas e mosteiros presentesnestes concellos do sur de Lugo. Para

40

B) Ruta dos encoros en cochePor suposto, tamén é posible perco-

rrer os encoros en coche, seguindo asestradas que ofrecen excelentes vistaspanorámicas sobre os vales do Miño eo Sil. Podemos realizar unha excelenteruta con orixe e destino en Monforte deLemos.

Para iso, en Monforte de Lemosdeberemos tomar o Corredor RápidoCGR-2.1 Monforte-Lalín. Tras cruzar oMiño, e coa presa de Belesar á dereita,deberemos estar atentos a un desvío áman esquerda, que nos permite descen-der en pronunciada pendente ata a loca-lidade de Belesar, a través de socalcosprimorosamente cultivados onde o vi-ñedo é o protagonista. É sobre todo nooutono cando a gama de cores das follasregala ao viaxeiro un auténtico espectá-culo, con reflexos prateados na auga do río.

Para continuar percorrendo o val doMiño, deberemos subir en dirección aChantada, a través dunha estrada empi-nada con moitas curvas. Despois depasar a parroquia de Líncora, colleremoscara á esquerda a estrada que percorretoda a marxe dereita do Miño, até OsPeares, por terras de Chantada e

Carballedo. Na maior parte do traxectohai boas vistas sobre o val do Miño,sobre todo nas proximidades do meandroque o Miño describe no límite entreChantada e O Saviñao, denominado“Cabo do Mundo”.

Nos Peares, onde se produce a triplaconfluencia dos ríos Miño, Sil e Búbal,poderemos seguir percorrendo estesimpresionantes canóns da Galicia inte-rior, agora seguindo o curso do río Sil.Tomaremos para iso a estrada de servizodas presas hidroeléctricas á que xa aludi-mos con anterioridade. Aos poucos qui-lómetros chegaremos á confluencia dorío Cabe —que tamén está fortementeencaixado—, e veremos as primeiras ins-talacións das estacións transformadorasdo Encoro de Santo Estevo. Continuandopola estrada, chegaremos pronto á bocada presa, e subiremos despois ata enlazarcoa estrada de Nogueira de Ramuín áTeixeira.

Ao longo desta estrada, teremosmagníficas vistas sobre os tramos máisencaixados do Sil. Sucesivamente po-deremos ir visitando mosteiros comoSanto Estevo e Santa Cristina, e taménmiradoiros como os Balcóns de Madrid.Por outra banda, parroquias comoSacardebois ou Cristosende conservanun casarío tradicional que realza as

espectaculares vistas. O encaixado valdo río Mao e os socalcos de viñedoscompletan una paisaxe agarimosa queguiará ao viaxeiro até A Teixeira, peque-na capital de concello dende a que haiexcelentes vistas sobre o val do Sil.

É posible agora achegarse ao Castrode Caldelas, o mellor miradoiro naturalsobre todo este espazo. A vila, co caste-lo, domina un alto de estratéxica locali-zación sobre o tramo máis encaixado doSil. Tanto se imos como se non ao Castrode Caldelas, deberemos tomar a estradacomarcal que nos levará a Monforte deLemos, cruzando o Sil por Abeleda. É navertente luguesa, que mira cara ao sur,onde atopamos as maiores extensiónsde viñedos da Denominación de OrixeRibeira Sacra, así como varias adegasque é posible visitar. Despois dun perco-rrido cheo de atractivo, chegaremos aMonforte, onde finalizaremos esta rutacircular.

Rutas combinadas Seguidamente proporcionamos algu-

nhas indicacións para realizar tres rutasque corresponden con diferentes secto-res da Ribeira Sacra, onde poderemosapreciar os elementos anteriores.

Viñ

edo

s en

San

Fiz

de

Asm

a, C

han

tad

a (L

ug

o)

Page 23: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

4342

visitalas debemos coller desvíos bensinalados que nos apartan pouco daestrada principal, volvendo comodamen-te a Monforte.

2-Ruta da Ribeira do Sil occidental (Saída de Ourense)Sairemos da capital das Burgas en

dirección aos Peares, pola N-120. Nestalocalidade tomaremos a estrada de servi-zo hidroeléctrica, que nos levará ata oembarcadoiro de Santo Estevo. Dendeaquí poderemos realizar un percorrido encatamarán dunhas tres horas de duración(ida e volta), ao longo dos tramos máisespectaculares da Ribeira Sacra, que nospermitirá gozar coas paredes verticais eas grandes masas de vexetación autóctona.

De volta ao embarcadoiro, subire-mos pola estrada zigzagueante con di-rección a Luíntra. Un pouco antes dechegar a esta vila, capital do concello deNogueira de Ramuín, desviarémonos unscentos de metros para achegarnos aoMosteiro (actualmente reconvertido enParador) de Santo Estevo de Ribas deSil. De volta sobre os nosos pasos, toma-remos a estrada principal pola que viña-mos ata Luíntra. Dende alí parte unha

estrada que nos levará a San Pedro deRocas, orixinal mosteiro situado no con-cello de Esgos. Tras visitalo, seguiremospola estrada uns quilómetros ata chegar áantiga estrada Ourense-Ponferrada (hoxeestrada comarcal), que nos conducirá denovo ao noso punto de partida.

3-Ruta da Ribeira do Sil oriental (Saída de Castro Caldelas)Partiremos do Castro de Caldelas e

dirixirémonos a Monforte de Lemos paradesviarnos á esquerda cara á Teixeira.Subiremos á Teixeira (490 m.), dendeonde xa temos unha impresionante pano-rámica do val do Sil. O noso percorridotranscorrerá todo el a media ladeira, caraao oeste. Poderemos apreciar a beleza docasarío tradicional en Cristosende, edeleitarnos na fervenza natural do ríoMao, que vén da Serra de Montederramoe desauga no Sil. Por terras deSacardebois e Chandrexa chegaremos aParada de Sil, capital do seu concello.

Dende alí faremos dous pequenospercorridos de ida e volta. O primeiro,aos Balcóns de Madrid, quizais o mellormiradoiro natural de toda a RibeiraSacra. O segundo, ao mosteiro de SantaCristina de Ribas de Sil, para o cal tere-mos que baixar varios quilómetros porunha estrada solitaria, a través dunhafrondosa vexetación. De volta outra vez áestrada xeral e a Parada, tomaremos aestrada cara a Vilariño Frío. Dende alípoderemos desprazarnos ao mosteiro deXunqueira de Espadanedo. Volvendosobre os nosos pasos, con dirección aCastro Caldelas, colleremos á dereita odesvío a Montederramo para visitar omosteiro de Santa María, na capital doconcello, e a Serra de San Mamede, coseu famoso bidueiral. Pola antiga estradaOurense-Ponferrada chegaremos ao pun-to de partida, Castro Caldelas.

Page 24: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

45

Os traballos populares que perduran na bisbarra foron adaptándosea novas funcións, que máis teñen que ver coa valoración da calidade ebeleza das pezas que coa necesidade práctica para a vida cotiá. Isto é oque pasa coa elaboración de cestos de vimbio ou cerámica, ou obxectosde latón. No seu día moitos servían para os traballos da recolección dauva, almacenamento do viño, ou elaboración da augardente, pero hoxe

son máis ben apreciados desde o punto de vista estético, como obxectos de decoración.As mudanzas na sociedade e nos obxectos que a acompañan fixeron que moitos destesoficios se foran perdendo nas últimas décadas, pero recentemente o movemento de recu-peración e valoración destes é cada vez máis intenso.

Ao redor do viño e derivados da uva foise establecendo unha tradición hoxe case per-dida do traballo do latón e cobre, que en concellos como os de Lemos, Sober ePortomarín foi ben importante. Con estes metais realizábanse as alquitaras, ou alambi-ques, obxectos de orixe árabe cos que se fai a destilación da augardente desde a IdadeMedia, a partir do bagazo, que é a parte sólida da uva que queda despois de ser esmaga-da para o viño. Os latoeiros servíanse de follas de lata mercadas en tendas ou aproveita-das de envases vellos. Sobre estas marcaban logo os perfís con punzón, regra e compás,e cortaban as pezas que finalmente serían soldadas. Os cambios na normativa de saúdepública (Decreto da Xunta do ano 1989) e a propia evolución do sector fixo que a pro-dución caseira desta bebida, coa famosa figura do augardenteiro ambulante, deixara deser habitual na Ribeira Sacra, igual ca no resto de Galicia.

Consérvanse tradicións en Chantada como o traballo de tecedeiras e zoqueiros, amaisdo dos cesteiros, que deron lugar ás xerras de Bergaza, aproveitando plantas do vimbioco que tamén se extraía a materia prima para armar as viñas. En Quiroga, prodúcese hoxeaceite puro de oliva sen refinar, a partir de olivas da zona. A produción artesanal desteaceite destaca polo seu carácter excepcional, sendo caso único en Galicia. Recolle unhavella tradición asociada á presenza de olivas e de muíños na zona oriental da Ribeira

Artesanía

44

Sacra, con clima e vexetación de clarasinfluencias mediterráneas. Pero sen lugara dúbidas, é a olaría o oficio tradicionalmáis relevante tanto pola calidade dosseus produtos como porque se souberonadaptar ás novas funcións, creando unhaimaxe de calidade recoñecida fóra destasbisbarras. Os centros de Gundivós (enSober) e Niñodaguia (Xunqueira deEspadanedo), son centros dunha produ-ción moi loada.

No concello de Sober elabórase aolaría de Gundivós, cos seus peculiares“xerros”, de cor negra pola aplicacióndun verniz especial (“pez”) que osimpermeabilizaba, quedando o interiormoi brillante e o exterior escuro polofume da cocción. Estes recipientes usá-banse moito nas adegas e cociñas, e exis-tía a opinión de que melloraban o sabordo viño. Os “cacharros” foron co tempoperdendo o seu valor funcional, despra-zados polos novos obxectos industriais,moitos deles de plástico, abandonándosemoitos vellos talleres, que abastecíana demanda en feiras e mercados deMonforte, Castro Caldelas, Chantada ouLugo. Nos últimos anos estase a recupe-

rar o oficio grazas a iniciativas particula-res, como os cursos de cerámica, a apari-ción de novos artesáns, e a aprobacióndun centro de deseño e promoción daolaría tradicional no concello de Sober.Na actualidade a variedade e grao de ori-xinalidade das pezas é maior, partindopolo xeral das vellas formas tradicionais.

De terras ourensás é a olaría deNiñodaguia, do concello de Xunqueirade Espadanedo. Aínda que desaparece-ron talleres, quedaron algúns fornos deartesáns que producen fermosos reci-pientes cun punto de creatividade paraadaptarse ás demandas do mercado, con-vivindo co potente sector da cerámicaindustrial. Escollen os artesáns unhaarxila propia da zona, de ton branco, quelogo cobren cun peculiar verniz ama-relo ou alaranxado. A “Asociación deAlfareros de Niñodaguia” organiza nomes de agosto unha exposición acompa-ñada de actividades culturais, co fin depromover o coñecemento deste tipo deprodutos.

Cerámica de Guindivós, Sober (Lugo) Cerámica de Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo (Ourense)

Page 25: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

ArtesánsProvincia Concello Tipo Denominación Rúa Lugar Parroquia TeléfonoLugo

Monforte de LemosMetais (Forxa e Ferraría)

Forxa Souto O Alto de Chavaga Chavaga 982 165 295Metais (Xoiaría)

Domingo Pérez Somoza Cardeal, 16 Monforte de Lemos Monforte de Lemos 982 402 714Vidro (Talla de vidro)

Q S G Gullade, nº 3 Gullade 616 163 706Pantón

Metais (Esmaltes)José Carlos Ocampo Docampo A Abelaira, 4 Acedre 982 162 750

QuirogaMadeira (Ebanistaría)

Armaior, C.B. Lg. da Toca, 4 Quiroga QuirogaSaviñao (O)

Madeira (Carpintaría)J. Ramón Fernández López Pesqueiras, 29 Pesqueiras Santo Estevo de Ribas de MiñoRodríguez Arxiz, C.B. Parque Empresarial Escairón Vilasante 676969667

de EscairónSober

Prod. Minerais Non Metálicos (Olaría)Ana María Díaz Rodríguez Vilanova, 135 Gundivós 982 460 718María Otilia Arias García Corvelle Proendos 982 460 546

OurenseNogueira de Ramuín

Prod. Minerais Non Metálicos (Olaría)María Teresa Barreiros Lamas Lg. das Dornas, 7 San Miguel do Campo 988 201 141

Peroxa (A)Pastelería

Dolores Rodríguez Fernández Cinco Nogueiras, 49 Vilarrubín 988 206 635

Varios (Modelos ou Maquetas)Alberto Rodríguez Vázquez Santa Baia Celaguantes 988 200 152

Xunqueira de EspadanedoProd. Minerais Non Metálicos (Olaría)

Alfarería Agustín Igrexas de Niñodaguia Niñodaguia 988 291 190Alfarería Aquilino Blanco Vázquez A Eirexa Niñodaguia 988 291 195Alfarería Enrique Cabana Ferreiro Niñodaguia 988 301 472Aquilino Blanco Monteiro A Igrexa, 62 Niñodaguia 988 291 195Germán Álvarez Dorrego Veigachá Niñodaguia 988 291 135Hermitas Rodríguez Fernández Niñodaguia 988 301 435

Page 26: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

49

bran dun xeito descontinuo esta festapagá moi enraizada na tradición galega.

Os trazos máis característicos doEntroido de Chantada son os vistosostraxes e prendas dos personaxes que oprotagonizan. O traxe tradicional é ovolante, moi vistoso e colorista.

O volante leva faixas alternas decores (vermellas e amarelas no pasado,hoxe tamén brancas e azuis), cun cintodo que penduran dúas ducias de choca-llos do gando. As campaíñas emiten sonsgraves e agudos, correspondéndose cosmachos e as femias, respectivamente. Otraxe complétase cunha serie de panos decores ao ombro, que poden soportar opucho. Este pucho é unha estrutura demadeira cuberta de cintas e flores depapel dun variado cromatismo, entre asque se asenta unha boneca.

Outras figuras son o peliqueiro

(figura ourensá por excelencia), o mecoou o maragato que, cunha fusta, tratan dedefender ao volante de todo o que secruza no seu camiño.

Un trazo característico do Entroidode Chantada é a representación de ofi-cios, pequenas pezas teatrais onde sesatirizan determinadas ocupacións ecomportamentos da sociedade. Nelesexiste unha grande interacción entrepúblico e espectadores, o que permite aovisitante integrarse e implicarse activa-mente nas festas.

O Entroido celébrase en moitosoutros concellos da Ribeira Sacra, entreos que destacan Monforte, O Saviñao(Xoves de Compadres e Comadres) e APobra do Brollón.

Celébrase o 19 de xaneiro en CastroCaldelas a Festa dos Fachóns. Centos depersoas acoden á procesión nocturna de

A Ribeira Sacra forma parte da Galicia interior, onde atopamosmoitas das manifestacións máis xenuínas das tradicionais celebraciónsfestivas do País. Entre elas atopamos festas pagás como o Entroido ecoñecidas festas relixiosas.

Outro punto forte destas festas é a exaltación dos saborosos produ-tos gastronómicos e do viño propio da Ribeira Sacra. Estas celebra-

cións, inda que de carácter popular e local, están abertas ao visitante, a quen animamosa descubrilas.

FESTAS DE INTERESE TURÍSTICOFolión de Carros (Chantada)O pasado agrario de Chantada é evoca-

do o sábado anterior ao domingo seguinteao 21 de agosto (Virxe do Carme). Nestedía agrupacións e familias participan nundesfile de diversos tipos de carros tradicio-nais, adornados con flores e motivos popu-lares. É unha recreación da historia do

campo e a agricultura tradicional galega, onde non faltan a música tradicional e a exal-tación dos produtos gastronómicos do país, entre os que sobresae o viño, a empanada eo polbo.

Feira do Viño de Amandi (Sober)A produción de viño de calidade en toda a Ribeira Sacra ten levado á creación dun

Consello Regulador de Denominación de Orixe propia. Os socalcos nas empinadas ver-tentes son resultado da adaptación do ser humano ao medio, e froito dunha tradición arte-sanal que creou unha das paisaxes humanizadas máis fermosas da Península Ibérica.

Na vertente luguesa, cunha orientación sur, destaca pola calidade do seu viño aparroquia de Amandi, no concello deSober. Como o propio nome indica, é unviño “propio de amar”. Neste lugar, oSábado e Domingo de Ramos celébraseunha festa de exaltación do viño local,declarada de interese turístico galego, ondeademais de catar o viño se poden degustaroutros exquisitos produtos da terra.

FESTAS, FEIRAS E ROMARÍASNas terras chantadinas da Ribeira Sacra

ten lugar un Entroido singular e propio, e ávez relacionado co que se celebra en terrasourensás. As parroquias de Nogueira deMiño, Santiago de Arriba e Vilaúxe cele-

Festas

48

Oso

de

Salc

edo

, A P

ob

ra d

o B

rolló

n (

Lug

o)

Page 27: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

5150

San Sebastián, con grandes feixes depalla, cos que percorren as rúas durante anoite. Unha vez que remata, na PrazaMaior faise unha fogueira cos fachóns ecómense chourizos, viño de bica. Sobrea orixe da festa hai dúas teorías: a pri-meira, de carácter relixioso, lembraría abusca do Santo de noite con fogueira eteas; a segunda, fai referencia á epidemiade cólera que sufriu Castro Caldelas en1753, cando se recorreu ao lume purifi-cador para combatela.

Ten lugar a véspera do domingo dePascua en Xunqueira de Espadanedo aFesta do Sábado Longo. Os mozos e mo-zas solteiras do lugar celebran un grandebanquete a modo de cea. Despois, dirí-xense á igrexa e amontoan no “sagrado”(a carón dela) carros, verzas e papel.Estes obxectos forman un corredor poloque deben camiñar os veciños que entranna igrexa no Domingo de Pascua.

Agosto é o mes tradicional aprovei-tado polos emigrantes para regresar áterra e pasar uns días no "terruño". Poriso, na segunda quincena de agosto celé-brase unha xuntanza de homenaxe aoemigrante en Esgos. A celebración con-siste nun xantar campestre amenizadopor un grupo de gaitas do concello,seguido polas actuacións de charangas eunha orquestra, ao máis clásico estilo dasverbenas e celebracións festivas estivaisgalegas.

Os días 3 e 18 de cada mes celébrasefeira no centro da vila de CastroCaldelas. En caso de cadrar en día festi-vo faise o día anterior. As feiras clásicasrurais galegas exceden a simple funciónde centros de transaccións comerciais;supoñen ademais ocasións de encontroda xente e teñen un carácter lúdico e fes-tivo. Na Feira de Castro Caldelas vénde-se e cómprase gando vacún e porcino, eson tamén abundantes os vendedoresambulantes e a venda de produtos dazona.

A Romaría da Virxe do Monte ce-lébrase cada 15 de agosto na Loña(Nogueira de Ramuín). É unha romaríatradicional onde o relixioso e o pagán semesturan. A festividade da Virxe deAgosto é celebrada cunha misa e unhacomida campestre, regada cos viños dazona.

Vo

lan

tes

do

En

tro

ido

, Ch

anta

da

(Lu

go

)

Vo

lan

tes

do

En

tro

ido

, Ch

anta

da

(Lu

go

)

Vo

lan

tes

do

En

tro

ido

, Ch

anta

da

(Lu

go

)

Page 28: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

53

Ademais da paisaxe e os indubidables atractivos histórico-artísti-cos, un dos puntos fortes da Ribeira Sacra é a súa oferta gastronómica.Na Ribeira Sacra atopamos unha ampla gama de produtos locais degrande calidade, moitos deles recoñecidos oficialmente, que se podendegustar nos restaurantes e casas rurais da zona, preparados en exquisi-tos pratos tradicionais.

Como boa terra de interior, a especialidade da Ribeira Sacra é unha carne de grandecalidade. Hai que sinalar a importancia histórica da matanza do porco, que abastecía dediferentes produtos ás casas durante todo o ano. Androllas e botelos, chourizos, xamóns,salchichóns, morcillas,... son produtos característicos que se poden mercar e degustar aolongo de toda a Ribeira Sacra, e moi en especial na Ribeira Sacra ourensá. Ademais doporco, a carne de tenreira, cabrito, año e carne de caza menor e maior (en tempada) des-tacan tamén pola súa calidade ao longo de todo este espazo.

Dentro das sobremesas, cómpre salientar a bica manteigosa de Castro Caldelas, unapreciado doce típico deste concello próximo ás terras de montaña de Manzaneda eQueixa, moi estimado na zona e en toda Galicia. Xunto a ela, outros produtos de grandecalidade constitúen excelentes sobremesas para culminar unha boa comida: cereixas, cas-tañas e mel, son tamén produtos moi valorados.

Mención especial merece o viño. O seu cultivo na Ribeira Sacra remóntase a hai máisde 2.000 anos (foi introducido polos romanos), sendo un elemento clave da colonizaciónmonástica en toda a Ribeira Sacra. Foron os monxes quen o cultivaron e perfeccionaron,comezando a modelar a extraordinaria paisaxe cos socalcos que vemos na actualidade edifundíndoo cara ás cidades.

Hoxe a produción do viño é un importante motor do desenvolvemento económico daRibeira Sacra, ao mesmo tempo que un poderoso sinal de identidade. A creación daDenominación de Orixe Ribeira Sacra en 1997 e dun Consello Regulador supuxo un

Gastronomía

52

poderoso estímulo para un incrementonon só da cantidade senón tamén da cali-dade de viño producido.

Con 1.550 hectáreas dedicadas aviñedo e un 5,2 % do total do solo gale-go destinado á produción de viño, aRibeira Sacra conta con cinco subzonas:Chantada, Ribeiras do Miño, Amandi,Ribeira do Sil e Quiroga-Bibei. Na ela-boración do viño destacan as uvas gode-llo, albariño e treixadura (en brancos) emencía, brecellao e ma-renzao (en viñostintos). Son fundamentalmente viñosnovos, aínda que se producen tamén tin-tos de crianza. Precisamente os mellorestintos galegos prodúcense na RibeiraSacra. Os tintos da Ribeira Sacra sonviños para ser servidos a temperaturaambiente, ideais para acompañar todo

tipo de carnes, en especial caza maior. A evolución das adegas nos últimos

anos ten sido espectacular. En 1992 exis-tían 30 adegas, 71 adegas no 2000, 89adegas no 2002 e en 2005 chegan a 99establecementos adeguei-ros, que produ-ciron 4.698 kg de uva na colleita deseano (entre a cal máis do 75% é mencía).

Para os amantes do viño, a visita aadegas, a degustación de caldos e a posi-bilidade de mercar in situ o viño daRibeira Sacra son atractivos indiscutiblesa ter en conta. Hai cada día máis adegasque se poden visitar dentro de programasde turismo enolóxico, nos que se combi-nan exposición, restauración e venda.Mesmo se ten posto en marcha xa a pri-meira fase do futuro Museo do Viño enMonforte de Lemos.

Mag

ost

o

Page 29: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

Festas GastronómicasConcello Datas DenominaciónCastro Caldelas 19 de xaneiro Os Fachós (chourizo e viño novo)

Taboada 1º domingo de Entroido Festa do Caldo de Ósos

Chantada 2ª fin de semana de marzo Festa do Viño

Portomarín 1º domingo de Pascua Festa da Augardente

Sober Domingo de Ramos Feira do Viño de Amandi (F. de Interese Turístico)

Quiroga 15 e 16 de abril Feira do Viño

Paradela 15 de maio Festa da Tenreira Galega

A Pobra do Brollón 1º domingo de maio Cata do Viño de Vilachá

O Saviñao 1º domingo de xuño Romaría de Allaz

Pantón 1º domingo de xuño Feira do Viño

Ribas de Sil 2ª fin de semana de xuño Festa da Cereixa

2º fin de semana de xuño Sardiñada de San Antonio

Pantón 1º domingo de agosto Romaría Virxe das Neves

Esgos 1ª fin de semana de agosto Feira agroalimentaria

Sober 12 de agosto Feira da Rosca

Carballedo 15 de agosto Exaltación da Carne ao Caldeiro (en Castro)

O Saviñao 22 de agosto Romaría de Diomondi

A Pobra do Brollón 27 de agosto Romaría de San Vitorio (en Saa)

Monforte de Lemos 3ª fin de semana de agosto Gran Queimada Popular

Monforte de Lemos Última fin de semana de agosto Festa da Empanada (en Ribas Altas)

Parada de Sil última fin de semana de agosto Romaría do Carme (na Costrela-Sacardebois)

Chantada 29 de agosto Festa da Empanada (na Carballeira de Sobreira)

Pantón 2º domingo de setembro Comida das Augas Santas

O Saviñao 1º domingo de outubro Festa da Exaltación do Viño e Noces en Fión

A Peroxa 2ª fin de semana de outubro Festa do Viño Novo (en Gulfariz-Graíces)

Montederramo 12 de outubro Feira da Carne

Ribas de Sil 30 e 31 de outubro Romaría de S. Clodio (Magosto)

Parada de Sil 31 de outubro San Ramón

Nogueira de Ramuín 11 de novembro Magosto de San Martiño

Parada de Sil 12 de novembro Magosto de San Martiño en Sacardebois

Esgos 2ª fin de semana de novembro Magosto

Parada de Sil 2ª fin de semana de novembro Magosto

A Teixeira 26 de novembro Festa do Viño NovoEstas celebracións poden sufrir cambios, polo que é conveniente consultar previamente no concello correspondente.

Xunqueira de Espadanedo

(degustación empanadas no Regueiro)

(degustación de callos)(no Pinto-Vilar de Ordelles)

Page 30: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

AloxamentosProvincia Concello Categoría Nome Rúa Lugar Parroquia Teléfono FaxLugo

Carballedo

H★ Hotel Río Búbal Avda. de Ourense, s/n A Barrela Lousada 982 466 428

Chantada

HR★★ Las Delicias Estrada Lugo-Ourense, km 56 Chantada Chantada 982 441 701 / 982 441 004 982 441 701

HR★ Gamallo García Arias, 7 Chantada Chantada 982 440 833

HR★ Mogay Antonio Lorenzana, s/n Chantada Chantada 982 440 847 982 440 847

PR★ Altamira Est. Ourense. Lugar da Pereira Pereira de Arriba Pereira 982 441 612

HS★ Yoel General Franco, 16 Chantada Chantada 982 440 294

Monforte de Lemos

H★★★★ Parador de P/ Luis Góngora y Argote, s/n 982 418 484 982 418 495Monforte de Lemos

HR★★ Condes de Lemos Praza da Estación, 2 Monforte de Lemos Marcelle 982 400 319

HR★★ Puente Romano Paseo del Malecón s/n Monforte de Lemos Marcelle 982 411 168 982 403 551

HR★★ Ribeira Sacra Rúa do Conde, 17 Monforte de Lemos Marcelle 982 411 706 982 411 546

H★ El Castillo Huertas, 36 Monforte de Lemos Marcelle 982 402 150 982 400 600

HR★ Terra Galega Ctra. de Chantada, 218 Monforte de Lemos Marcelle 982 405 090 982 405 090

PR★★ Miño Conde, 25 982 401 850

PR★ Duquesa Rúa Duquesa de Alba, 50 982 403 467

HSR★★ Río Roberto Baamonde, 30 982 401 850 / 982 411 302

HSR★ Hostal Núñez Barrio As Lamas, s/n As Lamas Piñeira 982 404 452

HSR★ Puente Romano Pr. Dr. Goyanes, 6 982 411 168 982 403 551

HSR★ Riosol Estación, 5 982 400 319

Paradela

PR★★ Mesón do Loyo San Juán de Loio, 1 Loio 982 545 012

Pobra do Brollón (A)

H★★ O Forno Rúa da Igrexa Salcedo Salcedo 982 430 501 982 420 838

HSR★ As Viñas Avda. de Outeiro, 13 A Pobra do Brollón A Pobra do Brollón 982 430 124

HSR★ Pacita Labrada de Lor A Labrada Barxa de Lor 982 430 008

Portomarín

H★★★ Pousada de Portomarín Avda. de Sarria, s/n Portomarín Portomarín 982 545 200 982 545 270

H★ Villajardín Rúa do Miño, 14 Portomarín Portomarín 982 545 252

PR★★ Pensión Arenas Pr. Condes de Fenosa Portomarín Portomarín 982 545 386

PR★ Casa Maruja Castromaior, 8 Castromaior 982 189 054

PR★ Casa Molar Vendas de Narón San Mamede do Río 982 157 884

Page 31: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

AloxamentosProvincia Concello Categoría Nome Rúa Lugar Parroquia Teléfono FaxLugo

Portomarín

PR★ El Caminante Benigno Quiroga, 6 Portomarín Portomarín 982 545 176

PR★ Pérez Estrada de Barreiros, s/n Portomarín Portomarín 982 545 040

PR★ Portomiño Sánchez Carro, 23 Portomarín Portomarín 982 547 575

PR★ Ventas O Cruceiro I Vendas de Narón, 6 San Mamede do Río 658 064 917

P★ Posada del Camino Rúa de Lugo, 1 982 545 081

Quiroga

HR★ Remansiño Ricobao Quiroga Quiroga 982 435 168

HS★ Marcos Secide Quiroga Quiroga 982 428 452

HS★ Quiper Xeneral Franco, 62 Quiroga Quiroga 982 428 451

HS★ Río Lor Paradela de Lor-Ctra.120, Km76 Paradela Quintá de Lor 982 428 261

Ribas de Sil

HR★ Las Vegas Xeneral Franco, 1 San Clodio Ribas de Sil 982 428 283

Saviñao (O)

PR★ Casa Ruso Praza de España, 11 Escairón Vilasante 982 452 134

Ourense

Castro Caldelas

HR★ Cima da Vila Rúa do Mercado, 5 O Castro de Caldelas Castro Caldelas 988 203 174 / 610 824 780

H★ Vicente Risco Grande, 4 O Castro de Caldelas Castro Caldelas 988 203 360 988 203 448

HSR★ A Capela Ctra. Nacional 120 Sas de Penelas Sas de Penelas 988 203 286

HSR★ Florida Estrada, 27 Sas de Penelas 988 203 425

Nogueira de Ramuín

H★★★★ Parador de Santo Estevo de Santo Estevo de 988 010 110 988 010 111Santo Estevo Ribas de Sil,1 Ribas de Sil

HR★ A Forxa Praza Maior, 14 Luíntra Luíntra 988 201 025 988 201 500

HR★ Casal das Bouzas O Coitelo Viñoás 988 200 159

Parada de Sil

PR★★★ Casa O Torgal Praza O Barquilleiro, 3 988 208 013 988 208 013

Teixeira (A)

PR★ Valilongo Valilongo, 9 Sixtín 988 203 233

Xunqueira de Espadanedo

PR★ Prieto Casetas Derramadas, 24 Xunqueira de Xunqueira de 988 291 092Espadanedo Espadanedo

Page 32: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

Cámping

Turismo Rural

Provincia Concello Categoría Nome Lugar Parroquia Teléfono Fax

Provincia Concello Categoría Nome Rúa Lugar Parroquia Teléfono FaxLugo

Carballedo

Grupo B Muíño do Vao A Granxa Oleiros 982 401 863 982 403 508

Chantada

Grupo A Pazo As Casas As Casas San Pedro de Viana 982 171 512 982 440 553

Grupo A Pazo do Piñeiro Soilán Pesqueiras 982 440 642 982 440 472

Grupo B Casa das Xacias A Airoá Pesqueiras 982 441 277 982 441 280

Grupo B Casa do Neto A Moreira, 4 O Mato 629 414 156

Grupo B Casa do Portomeñe Surribas Adá 615 211 021 982 162 260

Pantón

Grupo A Rectoral de Castillón Castillón Castillón 982 455 415 982 455 436

Grupo B Casa da Vila A Vila San Vicente de Castillón 982 456 081 982 456 213

Grupo B Casa dos Muros O Outeiro Pantón 982 456 118 982 456 045

Grupo B Casa Dulcinea A Panfolía, 24 Cangas 982 411 240

Paradela

Grupo B Casa Cimadevila Cimadevila Vilaragunte 982 541 216 982 541 210

Grupo B O Foilebar Foilebar Castro de Rei de Lemos 982 541 073 982 541 197

Pobra do Brollón (A)

Grupo B A Salanova Salcedo Salcedo 982 430 501 982 420 838

Grupo B A Salanova 2 Salcedo Salcedo 982 430 501 982 420 838

Portomarín

Grupo C Santa Mariña Santa Mariña Portomarín 982 545 105 982 545 105

Quiroga

Grupo A Casa Grande da Ferrería Rugando Vilarmel 982 428 890 988 322 081de Rugando

Grupo B Casa Bonifacio Vilar de Lor Vilar de Lor 982 185 449 982 185 449

Ourense

Parada de Sil

2ª Cat. O Cañón do Sil Castro Caxide 988 361 347 988 361 099

Page 33: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

Turismo RuralProvincia Concello Categoría Nome Rúa Lugar Parroquia Teléfono FaxLugo

Saviñao (O)

Grupo B Casa Benaxo Currelos Vilaesteva 982 450 290 982 450 290

Grupo B Casa Santo Estevo Ribas de Miño, 4 Santo Estevo Santo Estevo de Ribas de Miño 982 452 734 982 452 734

Grupo B Casa Vilamor Vilamor Piñeiró 982 452 384 982 182 407

Grupo B Cazapedro A Candaira Rebordaos 982 182 157 982 182 157

Grupo B Torre Vilariño Vilariño Fión 982 452 260 982 452 260

Sober

Grupo A Casa Grande de Rosende Rosende Rosende 982 460 627 982 455 104

Grupo A Rectoral de Anllo A Mogueira, 67 Anllo 982 460 039 982 460 039

Taboada

Grupo B Casa Arxona Fontefría, 2 A Torre 982 152 721 982 162 868

Grupo B Casa do Romualdo Vilar, 6 Vilela 982 455 010 982 455 010

Ourense

Castro Caldelas

Grupo B O Lugar do Souto O Souto Santa Tegra de Abeleda 988 207 545 988 207 545

Montederramo

Grupo B A Fervenza A Fervenza Marrubio 981 653 400 981 653 400

Grupo B Caserío da Castiñeira As Castiñeiras Sas do Monte 988 203 406 988 203 406

Nogueira de Ramuín

Grupo A Rectoral de Armariz Armariz Armariz 988 201 484 988 265 450

Grupo B A Casa da Eira A Alberguería Cerreda 988 201 474 988 201 474

Grupo B Caserío de Fontes Fontes, 1 Nogueira de Ramuín 988 201 241 988 201 241

Parada de Sil

Grupo B Casa do Muíño Rabacallos Chandrexa (Santa María) 988 208 029 988 208 029

Grupo B Casa dos Castiñeiros Rabacallos Chandrexa 988 208 029 988 208 029

Grupo C Reitoral de Chandrexa A Casalta Chandrexa 988 208 099 988 208 099

Peroxa (A)

Grupo A Pazo de Turbisquedo Turbisquedo O Souto 988 264 774 988 264 889

Grupo B Acea do Búbal Os Peares Os Peares 988 200 026 988 200 026

Grupo B Casa das Paraxas As Paraxas A Peroxa 988 268 688 988 268 688

Teixeira (A)

Grupo A Casa Grande de Cristosende, 31 Cristosende Cristosende 988 207 529 988 207 530Cristosende

Page 34: Folleto Ribeira Sacra Galego - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/ribeirasacra_G.pdf · indo logo polas terras altas de Montederramo (quédanos a Ponte Vella de Vilariño

Enderezos de Interese Organismos

Lugo

Concello Enderezo Teléfono

Carballedo Praza V. Portomeñe s/n (A Barrela) 982 466 201

Chantada Praza de Galicia, s/n 982 440 011

Monforte de Lemos Rúa do Comercio, 6 982 402 501

Pantón Praza do Concello, s/n. 27430 (O Castro de Ferreira) 982 456 005

Paradela Avda. Xeneralísimo, nº 5. 27611 (Pacios) 982 541 101

Pobra do Brollón, A Avda. José Antonio, 50 982 430 001

Portomarín Praza Conde Fenosa, 1 982 545 070

Quiroga Xeneral Franco, 52. 27320 982 428 001

Ribas de Sil Praza Maior, s/n. 27310 (San Clodio) 982 428 237

Saviñao, O Praza de España, 1. (Escairón) 982 452 061

Sober Praza do Concello, s/n 982 460 001

Taboada Praza do Xeneral Muinelo, s/n 982 465 301

Ourense

Castro Caldelas Praza do Concello, 1. 32760 (O Castro de Caldelas) 988 203 000

Esgos Praza da Souteira, s/n. 988 290 000

Montederramo Praza Montederramo, 28 988 292 000

Nogueira de Ramuín Praza Maior, 3 – Luíntra 988 201 023

Parada de Sil Campo da Feira, s/n 988 208 010

Peroxa, A Concello. 988 206 614

Teixeira, A Estrada O Ivedo-Valilongo, 19 988 207 400

Xunqueira de Espadanedo Praza dos Amigos, s/n 988 291 001

TurgaliciaEstrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia) 15896 Santiago de CompostelaT. 902 200 432 / +34 981 542 500F. 981 542 659www.turgalicia.es e-mail: [email protected]

Oficina de Turismo de LugoPraza Maior, 27-29 (Galerías)27001 LugoT. 982 231 361F. 982 231 361

Oficina de Turismo de Ourense Edif. "Caseta do Legoeiro". Ponte Romana. Enlace N-120 con r/ Progreso32003 OurenseT. 988 372 020F. 988 214 976

Dirección Xeral de TurismoPraza de Mazarelos, 1515705 Santiago de CompostelaT. 981 546 351F. 981 543 656

Servizo de Turismo da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Innovación e IndustriaEdificio Administrativo da Xunta de Galicia Ronda da Muralla, 70 - 4ª planta27003 LugoT. 982 294 297F. 982 294 238

Servizo de Turismo da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Innovación e IndustriaAvda. de La Habana, 79 - 4º 32004 OurenseT. 988 386 041F. 988 386 043