reunión da comisión académica do máster en enxeñaría ambiental · 2017-03-27 · asemade,...

22
Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental Escola Técnica Superior de Enxeñaría Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n 15782 Santiago de Compostela Tel. 8818 16805 Reunión da Comisión Académica do Máster en Enxeñaría Ambiental Data: Mércores 22 Marzo 2017 Texto da Convocatoria: 1) Aprobación, se procede, da acta da reunión do 23 de Xaneiro 2017. 2) Informes (acto graduación XI Promoción Máster Enx. Ambiental) 3) Informe xurídico sobre o novo regulamento de TFM. 4) Aprobación, se procede, do PDA para o curso 2017-18. 5) Aprobación, se procede, das solicitudes de validación. 6) Aprobación, se procede, dos cambios de profesorado propostos para ó curso 2017-18. 7) Aprobación, se procede, das peticións de solicitude de TFMs para o curso 2017-18. 8) Turno aberto. Asistentes: M.C.B., G.F., S.F., R.M., M.C.M., F.O., M.C.P., B.P. Limiar. O mércores 22 de Marzo de 2017 ás 10:15 h na sá X2.1 da ETSE reúnese a Comisión Académica do Master Oficial en Enxeñaría Ambiental cos asistentes e orde do día que se indican no encabezado. 1. Aprobación, se procede, da acta da reunión do 23 de Xaneiro de 2017 Apróbase a acta da Comisión Académica do día 23 de Xaneiro de 2017. 2. Informes O Coordinador informa sobre os seguintes asuntos: - Celebración do día de graduación da XI Promoción (17 de marzo de 2017 ás 17 h). Participación 115 persoas, destacando Carlos Casas de Ron, como padriño de empresa (ENCE), 6 profesores da titulación e ao redor de 75 invitados por parte dos alumnos, asemade dos titulados no Máster e becados por Viaqua de 1º ano. O acto tivo repercusión nos medios locales de prensa tales como La Voz de Galicia.

Upload: others

Post on 06-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Máster Universitario en Enxeñaría AmbientalEscola Técnica Superior de Enxeñaría

Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n15782 Santiago de Compostela

Tel. 8818 16805

Reunión da Comisión Académica do Máster en Enxeñaría Ambiental

Data: Mércores 22 Marzo 2017

Texto da Convocatoria:

1) Aprobación, se procede, da acta da reunión do 23 de Xaneiro 2017.

2) Informes (acto graduación XI Promoción Máster Enx. Ambiental)

3) Informe xurídico sobre o novo regulamento de TFM.

4) Aprobación, se procede, do PDA para o curso 2017-18.

5) Aprobación, se procede, das solicitudes de validación.

6) Aprobación, se procede, dos cambios de profesorado propostos para ó curso 2017-18.

7) Aprobación, se procede, das peticións de solicitude de TFMs para o curso 2017-18.

8) Turno aberto.

Asistentes: M.C.B., G.F., S.F., R.M., M.C.M., F.O., M.C.P., B.P.

Limiar.

O mércores 22 de Marzo de 2017 ás 10:15 h na sá X2.1 da ETSE reúnese a Comisión Académica do Master Oficial en Enxeñaría Ambiental cos asistentes e orde do día que se indican no encabezado.

1. Aprobación, se procede, da acta da reunión do 23 de Xaneiro de 2017

Apróbase a acta da Comisión Académica do día 23 de Xaneiro de 2017.

2. Informes

O Coordinador informa sobre os seguintes asuntos:

- Celebración do día de graduación da XI Promoción (17 de marzo de 2017 ás 17 h). Participación 115 persoas, destacando Carlos Casas de Ron, como padriño de empresa (ENCE), 6 profesores da titulación e ao redor de 75 invitados por parte dos alumnos, asemade dos titulados no Máster e becados por Viaqua de 1º ano. O acto tivo repercusión nos medios locales de prensa tales como La Voz de Galicia.

2

3

3. Informe xurídico sobre o novo regulamento de TFM

Unha vez recibido o informe desfavorable sobre a proposta de novo regulamento aprobada por esta comisión na reunión do 27 de Setembro de 2016, e logo de un proceso de discusión pasamos a unha nova redacción que se incorpora no Apéndice I, e que, de xeito resumido contén as modificacións seguintes:

- O titor do traballo non formará parte dos tribunais de avaliación e, asemade, indícase a cuantificación do informe do titor na nota final.

- Indicarase que a exposición se fará de xeito presencial

- Eliminamos a normativa xenérica como anexo do documento.

- Engádese a clausula de entrada en vigor.

A Comisión Académica aprobou por unanimidade esta nova regulamentación específica dos TFM do Máster en Enxeñaría Ambiental, que remitirá para a súa aprobación á Xunta de Escola da ETSE é o Consello de Goberno da USC.

4

 

4. Aprobación, se procede, do PDA correspondente ó curso 2017-18

Analizado o PDA que se lle asina ao Master na aplicación XESCAMPUS, a Comisión aproba o PDA para o curso 2017-18 que se amosa no Anexo I, onde cabe salientar como principais diferencias respecto o que inicialmente se propoñia pola Vicerreitoría:

i. Proposta incrementar un grupo máis (grupo de inglés) para a materia obrigatoria P4012 108 “Instrumentación e Monitorización Ambiental” como de feito xa se está a facer nos derradeiros anos. A posta en marcha deste grupo estará condicionado a acadar un número mínimo de 8 alumnos. Así esta materia no PDA constaría con 2 grupos de docencia expositiva e 2 grupos de docencia interactiva de seminarios. Adxúntase unha solicitude de grupo adicional ó SXOPRA a este respecto.

ii. As propostas relativas ás materias obrigatorias P4012 111 Prácticas Externas e P4012 114 TFM quedan pendentes de que o ano que ven se actualicen dacordo cos datos reais de titorización.

iii. Confírmase a impartición en inglés das mesmas materias que nos últimos anos: as optativas P4012201 Modelización Ambiental; P4012203 Explotación de EDAR e ETAP; e a obrigatoria P4012 108 “Instrumentación e Monitorización Ambiental”.

Asemade, está pendiente de actualizar o PDA do curso actual 2016-17 cos datos de dirección de TFM reais e os datos de titorización das Prácticas Externas.

A Comisión aproba por unanimidade a proposta do PDA que se adxunta no Apéndice II.

5. Aprobación, se procede, das solicitudes de convalidación de materias do Máster

F.G.D.:

o Solicitude de validación das materias “Monitorización de la contaminación” (3 ECTS) e “Tecnicas Instrumentales para la determinación de contaminantes” (3 ECTS) da titulación Graduado en Ciencias Ambientales (U. de Girona), pola materia “Instrumentación e Monitorización Ambiental”. Unha vez contactadas as profesora da materia, a Comisión Académica acorda informar favorablemente.

o Solicitude de validación da materia “Contaminación atmosférica” (3 ECTS) da titulación Graduado en Ciencias Ambientales (U. de Girona), pola materia “Medio Ambiente Atmosférico e Reducción de Emisións”. Unha vez contactado o profesor da materia, a Comisión Académica acorda informar desfavorablemente, dacordo coa xustificación pormenorizada elaborada polo profesor (10 das 15 competencias non se cubren).

6. Aprobación, se procede, de cambios de profesorado propostos para ó curso 2017-18

Recibiuse a seguinte petición por parte do Prof. Juan M. Garrido:

“J.M.G.F. 18 ene.: Solicito formalmente a modificación da guía docente da materia que imparto, Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental do 2º módulo do Máster de EA e inclusión da profesora

5

M.T.M. do Dpto de Enxeñería Química, como profesora a partir do curso académico 2017-18. Eu encargaríame de 24 h de experimentación en laboratorio e 12 h de aula de informática (sesións de simulación), impartindo ela as restantes 24 h de experimentación.”

Tal e como é norma nesta titulación, a Comisión Académica necesita unha guía docente coa nova proposta así coma un CV resumido cos méritos máis relevantes para impartir esta materia por parte da profesora que se cita, en base os criterios que se teñen en conta para garantizar a idoneidade do profesorado do Máster:

i. Calidade a adecuación da guía docente á materia en cuestión.

ii. Experiencia investigadora e relación con empresas e administracións relevantes para a docencia da materia en cuestión (dirección de Tesis Doctorais, dirección de TITs, publicación de artigos, comunicacións a congresos, participación en proxectos de investigación, contratos con empresas).

iii. Experiencia docente previa en materias afíns.

Recibida a guía docente e o CV da Profa. M.T.M., a Comisión Académica constata a idoneidade da profesora, que reúne unha longa experiencia tanto docente coma investigadora no eido da Enxeñaría Ambiental, en gran concordancia cos contidos incluidos na guía docente.

Polo tanto apróbase por unanimidade a incorporación da Profesora M.T.M. á docencia da citada materia.

7. Aprobación, se procede, das peticións de solicitude de TFMs para o curso 2016-17

A Táboa anexa recolle as novas solicitudes de TFM que se fixeron por acordo entre alumos e profesores:

 

Novos TFM 

Alumno Título TFM Titor

Barja Alonso, Zinaida 

Estudio de la evolución de la calidad de las aguas, viabilidad y  sostenibildiad de actuaciones para  la prevención  y mejora del estado de  las masas de agua en la comarca de A Limia. 

Sarah Fiol, Alberto de Anta (C.H. Miño‐Sil) 

Rama Caamaño, Manuel Análise  de  fluxo  de materiais  na  ría  de Muros  e Noia 

G. Feijoo & M.T. Moreira 

Lago Olveira, Sara Anánlisis  del  ciclo  de  vida  de  la  producción  de fucoxantina  a  partir  del  macroalga  invasora sargassum muticum 

G. Feijoo, P. Pérez (U. Niza) 

Ríos León, Carmen Aida Análisis medioambiental del aprovechamiento de material  lignocelulósico  para  la  obtención  de productos de alto valor añadido. 

G. Feijoo & M.T. Moreira 

Esteve Llorens, Xavier Emisiones  e  impactos  asociados  a  la  circulación del tráfico rodado en grandes ciudades 

G. Feijoo & Carolina Alfonsín 

  

Á vista da documentación aportada, a Comisión Académica aproba por unanimidade as citadas propostas.

6

8. Turno aberto

Non hai intervencións.

Sen máis asuntos que tratar, dase por rematada a reunión ás 10:55 h.

En Santiago de Compostela, a 22 de Marzo de 2017

Asdo. Francisco Omil Coordinador do Máster en Enxeñaría Ambiental

7

Máster Universitario en Enxeñaría AmbientalEscola Técnica Superior de Enxeñaría

Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n15782 Santiago de Compostela

Tel. 8818.16805

Apéndice I

Normativa Traballo Fin de Máster (18 ECTS) 

(Aprobada pola Comisión do Máster na reunión do 22 de Marzo de 2017) 

(Aprobada pola Comisión Permanente da ETSE do XXXXXX) 

(Aprobada polo Consello de Goberno da USC o XXXXXX) 

1. Obxectivos 

O principal obxectivo do Traballo  Fin de Máster  (TFM) é a  realización por parte do estudante, de forma  individual ou en grupo, dun  traballo no ámbito da enxeñaría ambiental como aplicación dos coñecementos e  competencias adquiridos na  súa  formación, a efectos de  simular unha actividade profesional  anticipada,  xa  sexa  dentro  do  campo  científico,  técnico  ou  de  xestión,  que  permita completar a súa formación académica, de acordo cos intereses persoais do alumno. 

Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración da información, elaboración de resultados relevantes, redacción, presentación e defensa do traballo. 

A materia  de  Traballo  Fin  de Máster  ten  unha  vinculación  directa  con  todas  as  que  compoñen  a Titulación, buscando a integración e aplicación profesional da formación do alumno.  

Esta  normativa  está  baseada  na  Nova  Normativa  sobre  TFG  e  TFM  aprobada  polo  Consello  de Goberno de 10 de marzo de 2016, que marca a regulación xeral destes traballos no marco da USC e actualiza á aprobada previamente pola Comisión Académica o 5 de xuño de 2013. 

2. Tipoloxía dos Traballos Fin de Máster (TFM) 

O  TFM  poderá  consistir  na  conceptualización,  definición,  deseño  e  avaliación  de  elementos correspondente  a  un  problema  medioambiental,  incluíndo  o  deseño  e  cálculo  da  estratexia  de solución axeitada. Tamén poderá contemplarse a realización dun traballo de deseño ou de resolución dun problema de organización, investigación ou avaliación, de suficiente entidade. 

Dado  que  a  tipoloxía  dos  traballos  pode  ser  variada,  a  Comisión  Académica  velará  polo establecemento  dunha  relación  directa  co  alumno  a  través  dunha  titoría/dirección  por  parte  de profesor/es  e,  por  outra  banda,  definirá  os  termos  de  referencia  que  permitan  establecer  unha definición, desenrolo e avaliación do traballo persoal realizado polo alumno. Asemade, se definirá un nivel de traballo similar para todos os alumnos da titulación, acorde coa carga de traballo reflectida no Plan de Estudos (18 ECTS). 

8

En función do anterior podemos definir as seguintes tipoloxías: 

2.1.  Proxecto ou Anteproxecto de Enxeñaría, os cales se axustan formalmente ás características dun proxecto técnico con seus correspondentes documentos. 

2.2.  Estudo técnico sobre un tema específico que se desenrolará de acordo coa proposta. 

2.3.  Traballo de investigación aplicado. 

2.4.  Proxecto  desenrolado  durante  a  estadía  en  empresas  e/ou  organismos  públicos  ou privados. 

Independentemente da tipoloxía do traballo, a Comisión Académica velará para que o TFM se axuste a carga asignada e ó cumprimento dos prazos formulados na programación do Máster. 

3. Asignación dos TFM e titorización 

O alumno poderá elixir e propor a  temática e a  tipoloxía do TFM que considere máis axeitada aos seus intereses, de forma independente ou dacordo con algún profesor do Máster.  

A principios do curso, o Coordinador do Máster e o Coordinador do Módulo 7  (TFM) explicarán ós alumnos  as  particularidades  referentes  a  elección,  realización  e  presentación  dos  TFM.  Fárase fincapé  en  que  os  alumnos  establezan  unha  rolda  de  contactos  cos  profesores  da  titulación  para poder  chegar  a  puntos  de  encontro  entre  os  seus  intereses  e  as  actividades  investigadoras  do profesorado. 

3.1. A partires de esa charla de presentación dos TFM, así coma en calquera momento do curso, os alumnos do Máster que acaden un acordo con un profesor, poden propoñer un proxecto concreto  segundo  o modelo  que  se  expón  na  páxina  web  onde  se  indicará  o  traballo proposto e titores implicados (Anexo I). Esta solicitude presentarase na secretaría da ETSE. O proxecto será analizado, e aprobado se procede, pola Comisión Académica. 

3.2. Se  a  finais  de  outubro  hai  alumnos  pendentes  de  asignación  de  TFM,  realizarase  unha convocatoria  única  a  finais  do módulo  6  onde  o  Coordinador  do Máster  fará  pública  a relación de proxectos ofertados polos profesores. Fixarase un tempo de consultas tralo cal os  alumnos  entregarán  unha  instancia  indicando  de  forma  priorizada  os  temas  elixidos (Anexo  II). Finalmente a Comisión Académica resolverá as asignacións. En caso de conflito entre  varias  solicitudes  usarase  como  criterio  de  selección  o  expediente  académico  do alumno correspondente ao primeiro curso do Máster. Si aínda así non quedase claro, o titor do  proxecto  elixiría  a  un  dos  alumnos  solicitantes.  En  caso  de  que  algún  alumno  nesta quenda quedase sen asignación, recorreríase a o procedemento sinalado no punto 3.1. 

3.3. Con respecto ós titores dos TFM: 

3.3.1. O  titor  será ordinariamente Persoal Docente e  Investigador  (PDI) das áreas que impartan docencia na propia titulación.  

3.3.2. Asemade, poderán  ser cotitores persoal contratado con cargo ó capítulo VI que posúa  titulación de Máster ou outra que  se corresponda co nivel 3  (Máster) do MECES.  

3.3.3. Tamén  poderán  ser  cotitores  persoal  alleo  a  USC,  especialmente  de  empresa, naqueles  casos en que  a  temática do TFM o  considere,  ainda que  con  carácter previo  a  realizar  a  cotitoría,  deberá  comunicarse  a  dita  circunstancia  á vicerreitoría  con  competencias  na materia  a  través  do  servizo  correspondente indicando a súa dedicación. 

9

3.4. A instancias dun alumno ou profesor, a Comisión poderá aceptar a realización de proxectos externos  á  USC,  sempre  asegurando  que  a  proposta  do  proxecto  sexa  compatible  cos obxectivos  e  competencias  do  TFM  e  que  se  efectuará  un  seguimento  por  parte  dun profesor do Máster (que actuará como cotitor) do citado traballo. 

3.5. O compromiso de titoría abrangue soamente o período definido para a realización do TFM no  Plan  de  Estudos  (12  semáns).  Isto  non  impide  que  o  profesor  e  o  alumno  poidan prolongar estar titorías si están de común acordo. 

3.6. O Coordinador do Módulo fixará tanto as datas límite de entrega da memoria final así como ás de exposición dos TFM perante as Comisións de Avaliación. 

4. Matrícula, depósito de memorias e presentación de proxectos. 

4.1.  Os períodos de matriculación axustaranse ó calendario definido en cada curso pola USC. A matrícula  realizarase nos prazos  establecidos para  a matrícula  ordinaria,  conxuntamente coas materias que teña pendente de superar para completar os estudos do Máster, de ser o caso. 

4.2.  A matrícula dará dereito á entrega e defensa do traballo en dúas oportunidades no curso no que estea matriculado. Os TFM entregados só poderán ser defendidos e avaliados unha vez que se teña constancia de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de máster, salvo os correspondentes ao propio traballo.  

4.3.  A Comisión Académica do Máster fixará tanto as datas límite de entrega das memorias final como as de exposición dos TFM perante os  tribunais de avaliación dacordo cos periodos fixados polo calendario académico anual.  

4.4.  O depósito das memorias axustarase ó disposto na normativa de convocatoria efectuada pola  Secretaria  da  ETSE. A  solicitude  de  defensa  farase  segundo  o  impreso  normalizado (Anexo III) dirixido á Comisión Académica do Máster. 

4.5.  Namentras  a  USC  non  defina  un  sistema  xeral  de  depósito,  entregaranse  tres  copias impresas e un arquivo en formato pdf da memoria do TFM, unha delas quedará depositada na Biblioteca da ETSE. A copia electrónica quedará depositada no centro para o seu arquivo e  consulta,  e  poderá  ser  utilizada  na  USC  para  usos  académicos  e  de  investigación.  O alumno asinará a correspondente autorización de difusión e a declaración de que se trata dun  traballo  orixinal.  No  caso  de  TFM  con  cláusulas  de  confidencialidade  ou  baixo protección de dereitos de propiedade industrial e/ou intelectual ver condicións particulares no apartado 6. 

4.6.  Os titores deben entregar un informe previo de titorización. 

4.7.  Defínense tres períodos anuais para a avaliación do TFM que serán feitas públicas na páxina web da titulación a comezo do curso. 

No marco  do  actual  Plano  de  Estudios,  de  1,5  anos  de  duración,  e  á  luz  da  experiencia  dos pasados  anos,  a  Comisión Académica  do Máster  (20  outubro  2011)  decidiu  distribuír  as convocatorias de defensa dos TFM do xeito seguinte: 

•  Febreiro: momento no cal remata o período docente asignado ao Máster. 

10

•  Xuño/Xullo: momento apropiado para aqueles que non tivesen tempo dabondo para rematar o seu TFM en Febreiro.  

•  Setembro: O obxectivo desta convocatoria é que concorran todos aqueles que tiñan materias  pendentes  nos  exames  extraordinarios  de  Xullo  (cuxas  actas  xa  estarían finalizadas en setembro). 

5. Avaliación do Traballo Fin de Máster. 

5.1.  O  TFM  defenderase  en  sesión  pública  diante  dunha  Comisión  Avaliadora  designada  ó efecto. 

5.2.  Os membros das Comisións Avaliadoras serán profesores da USC que impartan docencia na titulación. Estarán constituídas por tres membros (presidente, vogal e secretario), así coma un suplente, que substituirá, en caso necesario, ó membro ausente. Os titores do traballo non poderán formar parte do mesmo. 

As  Comisións  Avaliadoras  configuraranse  atendendo  ao  número  de  alumnos matriculados, á temática e ás modalidades dos TFMs. En todo caso procurarase que cada Comisión non xulgue máis de 4 TFMs. 

O nomeamento dos membros das Comisións será proposto pola Comisión Académica a instancia do Coordinador do Máster.  

5.3.   Cada  alumno  será  avaliado  individualmente  para  o  cal  teranse  en  conta  os  seguintes aspectos: 

Traballo  realizado  polo  alumno,  incluíndo  a  calidade  da  memoria  presentada,  a presentación e a defensa do TFM ante a Comisión Avaliadora (75%). 

Informe do titor (25%). 

5.4.  O TFM exporase de xeito presencial nunha sesión pública, diante da Comisión Avaliadora designada.  Nesta  sesión  o  alumno  defenderá  fronte  á  comisión  o  TFM  e  respostará  a aquelas cuestións que lle foran formuladas. 

5.5.  A  cualificación  farase  pública  nos  taboleiros  de  cualificacións  do  centro,  nun  prazo  non superior  a  sete  días  dende  a  súa  defensa.  O  alumnado  ten  dereito  á  revisión  das cualificacións nas datas e horarios que para tal efecto deberán fixarse no momento de facer públicos os resultados provisorios. As datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días  seguintes á publicación dos  resultados e  incluirán  como mínimo dúas datas opcionais. No momento da  revisión o Presidente do Tribunal e alumno poden considerar suficiente a revisión da calificación cos informes de avaliación do tribunal ou ben convocar de novo  ao membros do  tribunal.  En  todo  caso,  se un profesor quere estar na primeira iteración da revisión debe comunicarllo ao Presidente do Tribunal. O Presidente do Tribunal pechará  a  acta  unha  vez  rematado  o  proceso  de  revisión  ou  pola  renuncia  explícita  ao mesmo polo alumno.  

5.6.  A mención “Matrícula de Honra”, e  tal e como  indica a nova normativa sobre TFG e TFM (Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016), será outorgada pola Comisión Académica segundo o seguinte criterio: i) estudantes que obteñan unha cualificación no TFM igual ou superior a 9,0;  ii) TFM  con maior  cualificación;  iii) en  caso de empate,  se  lle outorgará ó estudante que teña maior cualificación no expediente académico.

11

5.7.  Ós  efectos  do  premio  ós mellores  TFM  do Máster,  que  convoca  anualmente  a  ETSE,  as Comisión Avaliadoras deberán facer unha valoración/priorización de cada TFM presentado para que sexa a Comisión Académica a que decida e outorgue estas mencións. 

6. TFM con cláusulas de confidencialidade, baixo protección de dereitos de propiedade  industrial ou intelectual. 

6.1.  A propiedade  intelectual dos TFM  correspóndelle  ao alumno que o  realizou. No  caso de realizarse o TFM no marco dun  contrato ou  convenio  con algunha empresa/entidade ou dun proxecto ou  liña de  investigación da USC, os dereitos de explotación dos  resultados conqueridos  poderán  ser  obxecto  de  cesión  por  acordo  expreso  entre  o  alumno  e  o profesor  ou  o  representante  da  entidade  ou  empresa,  respectando  en  todo  caso  a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual ou industrial. 

6.2.  Cando o contido total ou parcial do TFM estea suxeito á protección de dereitos, o alumno e os titores do TFM deberán notificalo por escrito á Comisión Académica do Máster mediante un  informe  onde  se  especifique  esta  necesidade.  Presentarase  no momento  de  facer  o depósito da memoria do TFM. 

6.3.  Os  titores  e  os membros  do  tribunal  deberán  asinar  o  correspondente  compromiso  de confidencialidade sobre os contidos que non se poderán difundir publicamente.  

6.4.  Este  tipo de  TFM  formalizarase  en dúas  versións:  i)  a  reducida, na que  se  eliminarán os contidos  afectados  polo  deber  de  non  difundir  ou  polo  deber  de  segredo  ou confidencialidade;  e  ii)  o  exemplar  completo,  que  se  entregará  baixo  compromiso  de confidencialidade.  

  O exemplar completo deberá  indicar de algún modo qué partes  son confidenciais para o seu coñecemento polo tribunal de avaliación. Entregaranse tres copias impresas da versión completa do TFM que serán as que avalíen os membros do tribunal e que serán devoltas ao alumno  ao  finalizar  o  proceso,  e  dous  CDs,  un  coa  versión  reducida,  que  quedará depositado no centro para o seu arquivo e consulta, e poderá ser utilizado na USC para usos académicos  e de  investigación,  e outro  coa  versión  completa que quedará  arquivado na universidade baixo compromiso de custodia e segredo.  

6.5.  Faránse  dúas  sesións  de  presentación  dos  TFM,  unha  primeira  privada  na  que  se presentarán e discutirán os contidos protexidos. Cada alumno terá un tempo máximo de 15 min para facer a súa presentación, e o tribunal disporá de 15 min para facer as preguntas que considere oportunas. Na sesión pública o alumno terá 5 min para facer a presentación dos contidos non protexidos. 

7. Aspectos relativos á seguridade e prevención de riscos laborais 

Tanto  si  é  a USC  como  unha  empresa,  administración ou  centro de  investigación onde o  alumno realice o TFM, o alumno debe recibir a oportuna información no concernente a aqueles aspectos de seguridade e prevención de riscos  laborais que vaian ser relevantes para o seu traballo do alumno. No  caso  concreto dos  centros de  investigación, por  exemplo os  laboratorios da USC, o  estudante debe cumprir as normas de seguridade preceptivas de cada instalación onde vaia a traballar. 

Disposición final 

12

O  presente  regulamento  entrará  en  vigor  para  todos  os  efectos,  unha  vez  sexa  aprobado  polo Consello de Goberno e trala súa publicación na Sede Electrónica da USC. 

Disposición derrogatoria 

A entrada en vigor deste Regulamento derroga a anterior normativa propia de TFM do Máster en Enxeñaría Ambiental e calquera outra norma que se opoña a este acordo. 

 

13

ANEXO I 

MODELO DE SOLICITUDE DO TFM 

(solicitude TFM por acordo con profesorado, apartado 3.1)

DATOS PERSOAIS NOME: APELIDOS:

DIRECCIÓN:

E-MAIL TELÉF:

DATOS DO TRABALLO FIN DE MÁSTER PROPOSTO:

TÍTULO:

TITOR:

EMPRESA (se procede):

RESUMO (250 palabras máx.)

14

CRONOGRAMA TEMPORAL DE ACTIVIDADES (12 semáns)

En Santiago de Compostela a , de , de 201

Asdo: O alumno Asdo.: O titor

15

ANEXO II 

 

SOLICITUDE DE TRABALLO FIN DE MÁSTER (solicitude TFM dende convocatoria, apartado 3.2)

CURSO ACADÉMICO: 201__/201__ CONVOCATORIA/OFERTA: ___

Apelidos: Nome:

Estudios que lle deron acceso a titulación: DNI:

Enderezo Cod. Postal Teléfono/s

Localidade Poboación Provincia

SOLICITUDE DE TFM

Traballos polos que quere optar, por orde de preferencia: (indicar só o número do traballo segundo listado da oferta de Traballos Fin de Máster): Proxecto nº Proxecto nº Proxecto nº Proxecto nº

1ª opció

n

2ª opción

3ª opción

4ª opción

Santiago de Compostela, a_______ de _________________________ de 201__

Sinatura:

16

ANEXO III 

SOLICITUDE DE LECTURA E DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER Entréguese no despacho de Administración da ETSE antes das 14 horas da data de entrega indicada na convocatoria. Para a lectura do TFM é requisito ter matriculada a materia Traballo Fin de Máster e ter superadas todas as materias da titulación. 

DATOS PERSOAIS 

NOME:  APELIDOS: 

E‐MAIL: 

DOCUMENTACIÓN Xunto  a  esta  solicitude  deberán  entregase  TRES  copias  impresas  da memoria  do  Traballo  Fin  de Máster e UNHA copia en  soporte dixital da memoria no despacho de Administración da ETSE  (3º andar). 

No caso de TFM con cláusulas de CONFIDENCIALIDADE, entregarase outra copia en soporte dixital da memoria en versión reducida, que será a que se deposite na biblioteca para a súa consulta pola comunidade científica. 

Logo  da  lectura  poderanse  recoller  DOUS  exemplares  impresos.  O  terceiro  exemplar  poderá retirarse cando remate o curso académico seguinte. 

DATOS DO TRABALLO FIN DE MÁSTER Indicar o titulo nos tres idiomas: 

Título (Español): 

 

Título (Galego): 

 

Title (English): 

 

TITOR:  CO‐TITOR: 

Dacordo co art. 11 da Normativa de Traballo Fin de Grao e Máster (Consello de Goberno da USC do 2 de maio de 2013) unha copia electrónica quedará no Centro para o seu arquivo e consulta, e poderá ser usada na USC para usos académicos e de investigación, sempre coa mención específica aos seus autores. Para este efectos, o estudante declara que se trata dun traballo orixinal e de que se autoriza a súa difusión. 

Santiago de Compostela,   de  201 

 

 

Asdo: O estudante 

Á ATENCIÓN DA COMISIÓN ACADÉMICA DO MÁSTER EN ENXEÑARÍA AMBIENTAL

Apéndice II: PDA proposto para o curso 2017-18

  

18

 

 

19

 

20

21

 

 

Máster Universitario en Enxeñaría AmbientalEscola Técnica Superior de Enxeñaría

Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n15782 Santiago de Compostela

Tel. 8818.16805

Apéndice III

MÁSTER OFICIAL EN ENXEÑARÍA AMBIENTAL LISTA TFMs ASIGNADOS SEGUNDO PREVIO ACORDO CO PROFESORADO

Curso 2016 - 17

(Comisión Académica do 22 de Marzo de 2017)

Novos TFM 

Alumno Título TFM Titor

Barja Alonso, Zinaida 

Estudio de la evolución de la calidad de las aguas, viabilidad y  sostenibildiad de actuaciones para  la prevención  y mejora del estado de  las masas de agua en la comarca de A Limia. 

Sarah Fiol, Alberto de Anta (C.H. Miño‐Sil) 

Rama Caamaño, Manuel Análise  de  fluxo  de materiais  na  ría  de Muros  e Noia 

G. Feijoo & M.T. Moreira 

Lago Olveira, Sara Anánlisis  del  ciclo  de  vida  de  la  producción  de fucoxantina  a  partir  del  macroalga  invasora sargassum muticum 

G. Feijoo, P. Pérez (U. Niza) 

Ríos León, Carmen Aida Análisis medioambiental del aprovechamiento de material  lignocelulósico  para  la  obtención  de productos de alto valor añadido. 

G. Feijoo & M.T. Moreira 

Esteve Llorens, Xavier Emisiones  e  impactos  asociados  a  la  circulación del tráfico rodado en grandes ciudades 

G. Feijoo & Carolina Alfonsín 

   

En Santiago de Compostela, a 22 de Marzo de 2017

Asdo. Francisco Omil Coordinador do Máster en Enxeñaría Ambiental