reuniÓn da comisiÓn 5.ª, sanidade, polÍtica social e …€¦ · reunión da comisión 5.ª,...

35
REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO Día: 19.11.2015 Hora: 10:30

Upload: others

Post on 14-Jun-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE,

POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO

Día: 19.11.2015 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1
Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1
Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1
Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E

EMPREGOPOR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidentaMarta Rodríguez Arias P

VicepresidentaMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez P

SecretariaMaría Remedios Quintas Álvarez S

María Carmen Acuña do Campo SJavier Dorado Soto PMaría Carmen Gallego Calvar SJaime Íñiguez Martínez PMaría Consuelo Martínez García MAurelio Alfonso Núñez Centeno PRosa Oubiña Solla PMaría Montserrat Prado Cores BNGMiguel Ángel Santalices Vieira PEva Solla Fernández AGEMiguel Angel Tellado Filgueira P

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 19.11.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1. Proposicións non de lei en Comisión

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 19.11.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.1 30312(09/PNC-002516)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa situación de parálise na que se atopan as obras

de reforma na residencia para persoas maiores de Caranza, na

cidade de Ferrol, e as súas repercusións para as persoas

usuarias, o persoal, así como a atención prestada no centro

Publicación da iniciativa, 381, 27.11.2014

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda, por medio das deputadas

Yolanda Díaz Pérez e Eva Solla Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate

na comisión, relativa á situación da residencia de maiores de Caranza en Ferrol.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A denuncia da incapacidade da consellaría de benestar para atender axeitadamente as

necesidades das persoas usuarias da residencia de maiores de Caranza, na cidade de

Ferrol, formulábaa este grupo nunha iniciativa rexistrada a comezos de setembro.

Mediado novembro todo segue igual, ou o que é o mesmo, a cidadanía sufre a parálise

sen razón e sen data de reinicio das obras nese centro residencial.

Esa parálise impide cumprimentar reformas necesarias xa enunciadas nesa iniciativa

(melloras na accesibilidade, melloras no sistema de prevención de lumes, substitución

do sistema eléctrico, etc.,) e mantén nun estado deplorable diversos espazos das

instalacións da residencia. O estado dun centro envellecido e coas obras paralizadas

condiciona de xeito negativo a calidade de vida das persoas usuarias. A cidadanía

demanda unha resposta acerca desa paralización e das súas repercusións nun centro

que precisa dos investimentos para superar esas notables deficiencias.

Integrantes do noso grupo parlamentar comprobaron in situ a situación de parálise e as

eivas que lastran a cotidianeidade do traballo da plantilla e as condicións de uso e

habitabilidade das persoas usuarias: plantas inutilizadas polas obras detidas, solos

inadecuados, humidades, buratos, problemas de accesibilidade, falta de espazos, ou

mesmo a actual inutilización das escaleiras de incendios son algúns das eivas desa

galería de problemas que de cote ameaza a propia seguridade das persoas usuarias e

da plantilla de traballadoras e traballadores.

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

A deixación da Xunta a converte en responsable en tanto descoida un servizo público

da que é responsable. Non é a resposta axeitada desviar ao negocio privado as

necesidades e servizos públicos que se prestaban neste centro. Ao redor dunha

cincuentena de persoas xa foron desviadas a un centro privado cun custo económico

engadido para as arcas públicas. Mala xestión e desbaldimento dos recursos públicos

son outra vez a marca de fábrica da conselleira Mato.

Polo referido, o grupo parlamentar da AGE achega a seguinte proposición non de lei

para o seu debate na comisión:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a dar as explicacións oportunas respeito a

parálise das obras na residencia de maiores de Caranza en Ferrol, e a incoar as

medidas oportunas polo incumprimento do contrato de adxudicación das obras,

outrosí de depurar as responsabilidades políticas que se derivan destes feitos.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a garantir a seguridade das persoas usuarias

do centro e máis da plantilla e, xa que logo, pór fin a situación de inutilización

das escaleiras de incendios e demais eivas que firen a calidade e benestar dos

servizos públicos que se prestan no centro.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a adoptar as medidas que permitan a

inmediata reanudación das obras e o seu remate no máis breve prazo de tempo

posible.

Compostela, 19 de novembro do 2014.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. Eva Solla Fernández.

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 19/11/2014 13:41:58

Eva Solla Fernández na data 19/11/2014 13:42:01

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 19.11.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.2 38230(09/PNC-003206)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia

en relación coas listas de espera existentes nas unidades de

reprodución asistida do Sergas

Publicación da iniciativa, 490, 02.07.2015

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda, ao través das deputadas

Yolanda Díaz Pérez e Eva Solla Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate

na Comisión V, relativa as listas de espera que se padecen nas unidades de reprodución

asistida do SERGAS.

Exposición de motivos

Nun país cunha situación demográfica regresiva e cun goberno que fala de promover a

a natalidade, incluso malgastando diñeiro público en campañas publicitarias,

atopámonos coa incoherencia de coñecer a saturación que se padece nas unidades de

reprodución asistida do SERGAS, cunhas listas de espera ateigadas ate o inaceptable a

causa tanto da insuficiencia dos recursos dedicados canto dos intereses espurios

favorables á converter un dereito na sanidade pública nun negocio na privada.

Malia que a sanidade pública contempla os tratamentos de reprodución asistida como

un dereito, hoxendía no SERGAS as listas de espera para poder acceder a un destes

tratamentos acadan un carácter disuasorio, con retrasos dunha magnitude inaceptable.

As unidades de reprodución asistida deben dar axeitada cobertura ás

aproximadamente 50.000 parellas galegas que sofren algunha problemática relativa a

esterilidade. Non falamos pois dunha problemática menor. Falamos dunha situación

que afecta a moitas persoas e o fai de xeito intenso, en algo da relevancia de ter unha

crianza.

A pesares da opacidade informativa da Xunta, presta sempre a ocultar o real da súa

xestión, publicouse nestes días informacións acerca dos retrasos inaceptables para

acceder a estes tratamentos. A lista de espera no CHUVI vigués alcanza os 22 meses

para a fecundación in vitro (FIV), e iso con 80 parellas agardando que se abra a axenda

do 2017 para apuntarse. Ou no hospital Materno da Coruña onde as mulleres que

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

solicitan cita na unidade de reprodución humana tardan un ano de media para verse co

especialista nunha primeira reunión.

Atrancos e esperas que se alían co límite marcado na sanidade pública para acceder a

estes tratamentos: 40 anos para a fecundación in vitro ou 38 para a inseminación

artificial de doante.

Apreciase un claro consenso relativo á falla de medios suficientes para atender á

demanda nos servizos públicos: vala o exemplo da unidade reprodutiva en Vigo,

concebida para realizar 150 ciclos de FIV cando vén realizando na actualidade 385.

Demanda que en parte ao non se satisfacer en condicións na pública é obxecto de

negocio no sector privado.

A outra das consideracións críticas pasa polo solapamento de intereses dado que hai

profesionais que compaxinan o seu quefacer na pública e na privada, o que supón que

se misturen dereitos e negocios co conseguinte prexuízo para as parellas que se

achegan o sistema sanitario público e non reciben en tempo a asistencia que precisan.

Cómpre salientar que un tratamento de reprodución asistida excede as posibilidades

económicas de moitas parellas que non poden desembolsar os varios milleiros de

euros que aparellan estas terapias.

Este grupo parlamentar xa analisou de xeito crítico a pésima asignación de recursos

públicos que supón pagar campañas publicitarias para animar a natalidade cando logo

se favorece a existencia de traballadores e traballadoras con contratos que non

permiten escapar das poutas da pobreza, cando faltan escolas infantís e outros

equipamentos públicos para que tarefas de reprodución social non resten derivadas de

xeito subsidiario nas mulleres.

O grupo parlamentar da AGE formula a seguinte proposición non de lei para o seu

debate na Comisión:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a facer públicos os datos completos das

listas de espera nas unidades de reprodución asistida do SERGAS.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a desenvolver as medidas necesarias para

superar as demoras inaceptables nas listas de espera nas unidades de

reprodución asistida, en particular o incremento do persoal e os recursos

económicos.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a dispor con carácter de urxencia os medios

necesarios para axilizar as probas que se solicitan desde estas unidades para

determinar a causa da infertilidade e que, unha vez iniciado o proceso, o dilatan

no tempo de xeito insostible.

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

- O Parlamento Galego insta á Xunta a revisar as condicións nas que se pode

exercer a compatibilidade para que os profesionais desas unidades escollan

traballar na pública con dedicación exclusiva ou quedarse na privada.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a abrir un proceso de revisión das idades

máximas para poder acceder na sanidade pública a estes tratamentos.

En Compostela, a 23 de xuño do 2015.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. Eva Solla Fernández

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 23/06/2015 14:54:33

Eva Solla Fernández na data 23/06/2015 14:54:38

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 19.11.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.3 39544(09/PNC-003323)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Gallego Calvar, María Carmen e 3 máis

Sobre as actuacións que debe realizar o Goberno galego en

relación coa rede de escolas infantís xestionadas a través do

Consorcio Galego de Benestar

Publicación da iniciativa, 511, 02.09.2015

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das

súas deputadas e do seu deputado Carmen Gallego Calvar, Ricardo

Vicente Docasar Docasar, Carmen Acuña do Campo e María Quintas

Alvarez, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición

non de lei para o seu debate en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e

Emprego.

Exposición de motivos

A Xunta de Galicia xestiona na actualidade unha rede de escolas infantís a

través do Consorcio Galego de Benestar que para o ano 2016 pasarán a

Axencia Galega de Servizos Sociais.

Estas escolas, unhas construídas polo Goberno galego e outras polos

concellos, contan cun cadro de persoal maioritariamente interina do

consorcio, e que veñen desenvolvendo a súa actividade en moitas ocasións

sobrepasando as ratios establecidas do número de alumnos e alumnas, tanto

para o persoal docente como para o persoal non docente.

Nos últimos anos véñense producindo diversas queixas tanto do persoal

como dos pais e nais pola insuficiente dotación de recursos humanos,

cuestión que incide directamente na calidade do ensino e na atención ao

alumnado, sobre todo si o obxectivo é, como consideramos dende hai

tempo os socialistas, que estas escolas pasen a formar parte definitivamente

da propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Nos últimos tempos téñense producido: recortes en persoal coidador,

deficiencias na atención a nenos e nenas con diversidade funcional, recortes

nos cadros de persoal do profesorado, peches de escolas, incrementos nas

matrículas e nas listas de espera e mesmo dificultades do persoal interino

para situarse nos centros máis preto dos seus domicilios, cuestións que

producen un deterioro evidente do servizo público e que fai que as familias

acaben matriculando en centros privados aos seus fillos e fillas.

Nestes días tivemos tamén coñecemento que a Consellería de Traballo e

Benestar vai proceder a recortar máis persoal destas escolas infantís, e por

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

iso o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta o Goberno galego a:

1. Incrementar progresivamente o persoal das escolas infantís de toda

Galicia ata acadar as ratios de persoal/alumno promedio no conxunto

do Estado nos vindeiros tres anos.

2. Traspasar as competencias das escolas infantís á Consellería de

Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Pazo do Parlamento, 4 de agosto de 2015

Asdo.: Carmen Gallego Calvar

Ricardo Vicente Docasar Docasar

Carmen Acuña do Campo

María Quintas Alvarez

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Carmen Gallego Calvar na data 04/08/2015 10:00:22

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 04/08/2015 10:00:29

María del Carmen Acuña do Campo na data 04/08/2015 10:00:35

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 04/08/2015 10:00:39

Jose Luis Méndez Romeu na data 04/08/2015 10:00:43

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 19.11.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.4 42420(09/PNC-003544)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat

Sobre a creación por parte do Goberno galego da categoría

profesional de persoal investigador dentro das categorías

estatutarias do persoal do Sergas

Publicación da iniciativa, 534, 14.10.2015

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da

deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á

estabilización como persoal estatutario do SERGAS aos investigadores do programa

Miguel Servet.

O Instituto de Saúde Carlos III, dependente do Ministerio de Ciencia e

Innovación, puxo en marcha en 1988 o programa Miguel Servet, para a incorporación a

tempo completo de persoal investigador aos centros dos Sistemas de Saúde. Este

programa ofrece axudas para a contratación por un período de cinco anos de

investigadores na área de biomedicina para incrementar o potencial de coñecemento

transferíbel á práctica clínica e facilitar a súa integración a través da liña de

estabilización do programa.

En Galiza estes/as investigadores/as fóronse incorporando aos nosos hospitais

desde o ano 1999, seguindo o procedemento que a Lei da Ciencia de 2011 contempla

como o camiño de acceso aos postos de investigador, dentro do cal está o programa

Miguel Servet. Este inclúe unha convocatoria inicial moi competitiva @s

investigadores/as que acceden a este programa deben ter unha traxectoria acreditada en

investigación biomédica, e a súa actividade debe enfocarse preferentemente á creación

de liñas de investigación independentes, aínda que tamén poden reforzar as previamente

existentes nos centros aos que se incorporan.

A Consellaría de Sanidade adquiriu o compromiso de estabilizar a tod@s @s

investigadores/as que superasen o programa, mais a día de hoxe esta estabilización non

se ten producido.

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Durante anos @s responsábeis do SERGAS mantiveron que a Axencia Galega

de Xestión do Coñecemento en Saúde ía ser o marco que se utilizaría para rematar con

esta situación irregular e abusiva, mais a creación da mesma deixa completamente fóra a

este grupo de investigadores/as.

O Bloque Nacionalista Galego apoia as reivindicacións de estabilización laboral

deste persoal investigador e a súa incorporación como persoal estatutario do SERGAS,

reivindicación avalada pola normativa vixente, en especial o artigo 109.1 da lei 8/2008,

de Saúde de Galiza que estabelece que o réxime xurídico de emprego no sector sanitario

público é o de persoal estatutario, polo cal presenta a seguinte proposición non de lei

para o seu tratamento en comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego á creación da categoría de

persoal investigador dentro das categorías estatutarias do persoal do SERGAS.”

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

María Monserrat Prado Cores na data 05/10/2015 13:50:33

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 05/10/2015 13:50:40

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 19.11.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.5 42702(09/PNC-003571)

Grupo Parlamentario Mixto

Martínez García, María Consuelo

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa construción do centro de saúde de Salceda de

Caselas previsto no convenio asinado co Ministerio de

Agricultura o 7 de maio de 2012, a execución das solucións

técnicas indicadas para o actual centro e a ampliación do seu

cadro de persoal

Publicación da iniciativa, 539, 21.10.2015

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa da súa deputada Consuelo Martínez

García ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Concello de Salceda de Caselas enviou, o 13 de maio de 2011, tras a súa

aprobación polo Pleno do concello o Certificado da Secretaría Municipal dos

acordos adoptados para a cesión gratuíta ao SERGAS da propiedade dunha

parcela para a construción do novo centro de saúde, e solicitaba comunicara ao

concello a súa aceptación.

O 15 de xuño de 2011, o Director Xeral da Administración Local envía escrito

que textualmente di “que esta Dirección Xeral dáse por informada da

tramitación do expediente e acusa recibo da súa comunicación e recepción”.

O Servizo de Patrimonio da Xunta solicitou copia compulsada da Certificación

do Rexistro da Propiedade de Tui do 3 de maio de 2011, e copia compulsada

da Certificación Catastral da mesma en base ao acordo adoptado pola

Xerencia Territorial do Catastro o 30 de Xuño de 2011.

Dende entón, tras máis de catro anos, o Consello da Xunta inda non aceptou a

cesión do ben, nin se dirixiu ao Concello para requirir máis documentación ou

seguir coa tramitación do Centro de Saúde.

O día 11 de xuño de 2012, publícase no BOE o convenio do 7 de maio entre o

Ministerio de Agricultura e a Xunta de Galicia para a Execución, Seguimento e

Avaliación das Accións incluídas nos Plans de Zonas e Subzonas Rurais. Neste

convenio estaba incluída unha partida de 1.745.634 euros destinada á

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

2

construción do Centro de Saúde de Salceda de Caselas, que sería asumida

nun 50% polo Ministerio con Fondos Europeos e no 50% restante pola Xunta

de Galicia.

Pero, segundo fontes da Consellería de Sanidade, o Centro de Saúde de

Salceda de Caselas está paralizado por problemas para financiar os 2.281.000

euros necesarios para a súa construción.

Cabe destacar que o Concello comprometeuse, no acordo Plenario do 12 de

maio de 2011, a asumir os gastos derivados da urbanización, os sistemas de

abastecemento de auga, saneamento, subministro eléctrico, alumeado,

telefonía, cable e gas natural.

Estamos a falar dun centro que a propia Consellería de Sanidade ten

cualificado como de Prioridade 1 xa que del depende a atención sanitaria das

8.890 veciños e veciñas de Salceda que inclúe unha poboación infantil de

1.527 nenos e nenas menores de 14 anos.

A sobresaturación do actual centro plásmase nas cifras:

Todos os médicos e médicas de Salceda teñen asignadas máis de 1.700

persoas.

A única pediatra atende a 1.350 nenos e nenas.

Ante a grave precariedade da asistencia sanitaria, o 24 de abril de 2015 o

Concello tratou coa Consellería a posibilidade de solucións a curto prazo. O

compromiso adquirido pola Consellería foi que en quince días recibiría o

Concello a resposta da unidade técnica. No mes de outubro, 6 meses despois,

o Concello segue á espera de dita resposta.

A cidadanía de Salceda de Caselas, impotente ante o desinterese e falta de

implicación da Xunta recolleu sinaturas co apoio de 39 asociacións sociais

municipais para reclamar as cuestións que se recollen na parte resolutiva desta

Proposición non de Lei.

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

3

Por todo o exposto preséntase a seguinte proposición non de lei para o seu

debate en comisión:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:

• Incluír nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 a partida

necesaria para a construción do Centro de Saúde de Salceda de Caselas,

dando cumprimento ao Convenio establecido co Ministerio de Agricultura

do 7 de maio de 2012 (BOE do 11 de xuño de 2012).

• Incluír nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 a partida

necesaria para a execución das solucións técnicas que se acorden para o

actual Centro de Saúde e que segundo o contrato de arrendamento son da

súa competencia.

• Remitir ao Concello a resposta da Unidade Técnica tras a súa visita o 24 de

abril de 2015 na que se especifiquen as solucións técnicas a adoptar.

• Ampliar de forma inmediata o cadro de persoal do actual Centro de Saúde

en horario de tarde, contando cando menos con un/unha pediatra, un/unha

enfermeiro/a e un/unha médico/a.”

Pazo do Parlamento, a 14 de outubro de 2015

Asdo.: Consuelo Martínez García Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

4

Asinado dixitalmente por:

María Consuelo Martínez García na data 14/10/2015 11:21:19

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 19.11.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.6 42786(09/PNC-003577)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat

Sobre as actuacións que se deben levar a cabo para a

dotación, no ano 2015, á comarca do Salnés dun servizo

permanente durante todo o ano e as vinte e catro horas do día

de, como mínimo, unha ambulancia medicalizada ou de soporte

vital avanzado

Publicación da iniciativa, 539, 21.10.2015

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da

deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á

necesidade de dotar á comarca do Salnés dunha ambulancia medicalizada de xeito

permanente

A demanda dunha ambulancia de soporte vital avanzado para a comarca do

Salnés vén realizándose practicamente, dende a inauguración do propio Hospital do

Salnés. Unha reivindicación que estivo a punto de converterse en realidade, mais coa

volta ao Goberno da Xunta do PP quedou pendente para o vindeiro concurso. Mais

chegou o vindeiro concurso e a ambulancia medicalizada para o Salnés non chegou. Por

iso, un grupo de técnicos de emerxencias sanitarias da zona do Salnés-Umia

capitanearon de novo esta reivindicación ao convocar o 061, a finais de novembro de

2014,un novo concurso para a contratación do servizo de transporte sanitario urxente

terrestre en Galiza e comprobar que nesa convocatoria non estaba a dotación para a área

sanitaria do Salnés dunha ambulancia de soporte vital avanzado.

As urxencias sanitarias que se produzan na comarca do Salnés no ámbito

extrahospitalario nos concellos de Sanxenxo, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, A Illa

de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Ribadumia só contan con catro

ambulancias asistenciais de soporte vital básico, que son as que só contan cunha persoa

que conduce o vehículo e un/unha técnico-auxiliar. Estas ambulancias teñen as súas

bases en Ogrobe, Sanxenxo, Vilagarcía e Cambados.

A comarca do Salnés está por debaixo da ratio que establece a Organización

Mundial da Saúde para a dotación deste tipo de ambulancias, que establece que debe

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

haber unha por cada 25.000 habitantes. Estamos a ver como isto non é así: a ambulancia

que ten a súa base en Vilagarcía atende os concellos de Vilagarcía, Catoira e Vilanova

de Arousa, que ten unha poboación de arredor de 51.000 persoas; a que ten a súa base

en Cambados atende os concellos de Cambados, a Illa, Meaño, Ribadumia e Meis,

unha poboación de arredor de 31.000 persoas; é dicir, estamos a ver como hai unha

media dunha ambulancia por cada 41.000 persoas nesta zona.

A isto hai que engadir que a ambulancia de soporte vital avanzado máis próxima

ten a súa base en Pontevedra, e si ten que acudir esta ambulancia, no mellor dos casos,

tarda unha media de 30 minutos que se ve ampliada a 50 nos casos da Illa de Arousa ou

de Catoira; iso cando esta ambulancia non está ocupada e hai que chamar a que estea,

por exemplo en Vigo, co cal os tempos de resposta, as isócronas, multiplícanse.

Polo tanto hai unha ambulancia de soporte vital avanzado en Pontevedra que ten

que atender unha poboación de máis de 300.000 habitantes: toda a zona de Pontevedra,

parte do Morrazo, parte da zona de A Estrada-Deza e toda a comarca do Salnés, isto en

época normal, porque en épocas como a estival, esa poboación multiplícase, cando a

OMS recomenda que haxa unha por cada 120.000.

Segundo os propios datos aportados polo 061,as ambulancias de soporte vital

básico que operan no Salnés realizan uns servizos anuais que superan os 14.000. A isto

habería que engadir os servizos que fan as ambulancias de Protección Civil, tanto do

Concello de Vilagarcía como de Cambados; é dicir, uns medios a todas luces

insuficientes.

A isto que temos que engadir que o Hospital do Salnés non conta cunha UCI, a

pesares de ser un compromiso electoral do Partido Popular.

Na atención das patoloxías de gravidade o tempo é un factor esencial, polo cal

non é entendíbel que unha comarca tan ampla, con tanta poboación como a do

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Salnés,cunha alta densidade de poboación que se multiplica en épocas do ano,

especialmente no verán, cun porto de interese xeral, unha importante actividade

económica con potencial risco como é o traballo no mar e cunha alta sinistralidade

viaria non teña un hospital con UCI e non conte con ningunha ambulancia de soporte

vital avanzado, é dicir dotada cun equipo humano especializado, con persoal facultativo

e de enfermería e coa dotación de equipos necesarios para atender emerxencias de

gravidade.

É evidente que os recursos sanitarios existentes no Salnés non permiten a

atención de patoloxías de extrema gravidade, nin a maior parte das veces, prestar

asistencia médica in situ a doentes de extrema gravidade, nin asistilos con persoal

facultativo e de enfermería durante os traslados a un centro hospitalario, ao non contar

con ambulancia de soporte vital avanzado, nin ter UCI o Hospital do Salnés.

Sobran as razóns que xustifican a necesidade dunha ambulancia de soporte vital

avanzado para a comarca do Salnés, e non hai argumentos para xustificar o contrario,

nin sequera a falta de recursos económicos, xa que a Xunta de Galiza licitou en

novembro de 2014 o Servizo de Transporte Sanitario Urxente Terrestre de Galiza, que

non contemplou a dotación de ambulancia de soporte vital avanzado para o Salnés, esta

licitación contemplaba un importe de 121.652.000, mais a Fundación Pública

Urxencias Sanitarias de Galiza-061, adxudicou o mesmo por un importe inferior en ao

menos o 3%, isto supón un aforro de máis de 3 millóns de euros.

O BNG considera imprescindíbel esta dotación para non seguir a poñer en risco

a saúde e vida d@s veciñ@s da comarca, motivo polo cal presentamos a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en comisión:

“O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a que:

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galiza-061dote, no presente ano

2015, á comarca do Salnés dun servizo permanente, 24 horas ao día, os 365 días do ano,

de como mínimo unha ambulancia de Soporte Vital Avanzado, é dicir, dotada

permanentemente cun equipo humano composto por persoal facultativo e de enfermería,

especializado na atención sanitaria en situacións de emerxencias e dous/dúas técnicas en

transporte sanitario urxente.

Incluír para este fin unha partida orzamentaria suficiente nos orzamentos da

Xunta para o ano 2016.”

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2015

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Monserrat Prado Cores na data 15/10/2015 09:24:33

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 15/10/2015 09:24:39

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 19.11.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.7 43215(09/PNC-003628)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Acuña do Campo, María Carmen e 3 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Consellería de

Sanidade para a estabilización do persoal investigador do

programa Miguel Servet como persoal estatutario do Sergas

Publicación da iniciativa, 545, 04.11.2015

Page 32: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas

deputadas e do seu deputado, Carmen Acuña do Campo, Abel Losada

Alvarez, Carmen Gallego Calvar e María Quintas Álvarez, a través do

portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara

presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en

Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Sanidade.

Exposición de motivos

No ano 1998, o Ministerio de Sanidade e Consumo recoñeceu a necesidade de

aumentar a capacidade investigadora dos centros sanitarios cun cambio

cualitativo: a incorporación de doutores cunha experiencia probada en

investigación en Biomedicina e coa capacidade de establecer novas liñas de

investigación ou de reforzar as xa existentes dotándoas dunha maior

multidisciplina (BOE núm. 240, 7/10/1998, 33500-33503). Para facilitar este

cambio cualitativo, creouse un programa que se seguiu a desenvolver sen

interrupción e que se coñece como Programa de incorporación de

investigadores Miguel Servet. Este programa está xestionado polo Instituto de

Saúde Carlos III (ISCIII) e proporciona ás administracións das comunidades

autónomas unha serie de facilidades para que poidan levar a cabo a

incorporación destes científicos. Así, o ISCIII convoca unhas 40 prazas

anualmente, avalía aos candidatos, concede aos hospitais unha subvención para

contratar aos seleccionados durante un período que chega aos 10 anos se pasan

novas avaliacións aos 3 e 5 anos de estar no programa, e proporciónalles

financiamento para iniciar a súa investigación incluíndo a contratación de

persoal.

O éxito deste modelo e do seu equivalente fóra das institucións sanitarias, o

Programa Ramón y Cajal, fixo que se considerasen como os dous tipos de

contrato de acceso de investigadores ás institucións públicas na Lei da ciencia, a

tecnoloxía e a innovación (Lei 14/2011 de 1 de xuño).

En Galicia, a incorporación de investigadores Miguel Servet foise producindo

de forma continuada desde as primeiras convocatorias. O resultado considérase

un éxito, tanto desde os hospitais ou o ISCIII, como desde o Sergas e a

Consellería de Sanidade.

Page 33: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Na actualidade hai 25 investigadores nos hospitais da Coruña e de Santiago que

accederon a través deste programa. Estes investigadores contribuíron a avanzar

no coñecemento das enfermidades, a presentar patentes e a desenvolver técnicas

ou protocolos que poden mellorar a asistencia. Isto fixérono obtendo os recursos

económicos necesarios para o desenvolvemento dos seus proxectos e formando

persoas mozas licenciadas e doutores. Con todo, non se soubo como

estabilizalos. Logo de 17 anos desde que se iniciou o Programa aínda están

nunha situación provisional e anómala. A situación destes científicos está de

acordo ao regulado durante os primeiros 5 anos dos seus contratos. Este é o

período denominado período de incorporación ou de proba, no que o

investigador ten que demostrar a súa capacidade. Unha vez demostrada a valía,

deberíase pasar á estabilización pero non se fixo. Os investigadores que están

nesta fase en Galicia, 14 na actualidade, son persoal estatutario eventual do

Sergas con renovacións cada dous anos cando deberían estar estabilizados.

A necesidade de estabilización non só se deriva das normas legais xerais senón

que a Consellería de Sanidade comprometeuse a realizala en convenios co

ISCIII publicados no BOE en anos sucesivos.

Por todo iso, cremos que é necesario axudar á Consellería de Sanidade e o

Sergas a dar estabilidade aos investigadores do Programa Miguel Servet, por iso

o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:

1º) Cree a figura profesional no Sergas que se podería chamar científico

sanitario titular, coas características adecuadas aos científicos que acceden

mediante o Programa Miguel Servet co previsto na Lei da ciencia: doutores con

experiencia en investigación biomédica que se incorporaron nunha convocatoria

pública e que superaron o período de incorporación demostrando a súa

capacidade en avaliacións realizadas de acordo con criterios profesionais e

regulados por esa mesma lei.

2º) Será requisito indispensable, previo para poder acceder aos procesos de

selección propios de esta categoría, ter superado a avaliación final realizada por

expertos externos denominada “Programa de Incentivación de la Incorporación

e Intensificación de la Actividad Investigadora” aplicado ao Sistema Nacional

de Saúde, o programa I3-SNS.

3º) Dote de prazas no réxime estatutario do Sergas para investigadores do

Page 34: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Programa Miguel Servet.

4º) Convoque un proceso de consolidación de postos de traballo para os

investigadores do Programa Miguel Servet en Galicia que deberían estar xa

estabilizados.

5º) Prevea a estabilización dos investigadores Miguel Servet de Galicia que están

na fase de incorporación ou de proba (primeiros 5 anos) mediante convocatoria

de concurso-oposición adecuado á natureza da súa categoría profesional. Isto é,

o concurso consistirá na avaliación do CV, a oposición en presentación e

defensa dun proxecto de actividade, e o tribunal estará formado de acordo coa

Lei da ciencia por expertos na área de coñecemento e unha participación mínima

da administración.

6º) Manteña aos investigadores do Programa Miguel Servet que superaron a

avaliación final do período de incorporación como científicos sanitarios titulares

en réxime de estatutarios interinos ata que se convoquen os procesos de

consolidación, ou de acceso mencionados, respectivamente, nos dous puntos

anteriores.

7º) Considere que ningunha das medidas indicadas nos puntos anteriores supón

un aumento real dos postos de traballo, pois todos estes investigadores están xa

traballando no Sergas.

Pazo do Parlamento, 29 de outubro de 2015

Asdo.: Carmen Acuña do Campo

Abel Losada Alvarez

Carmen Gallego Calvar

María Quintas Alvarez

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

María del Carmen Acuña do Campo na data 29/10/2015 14:11:00

Abel Fermín Losada Álvarez na data 29/10/2015 14:11:06

Page 35: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E …€¦ · Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego Día: 19.11.2015 Hora: 10:30 Orde do día 1.1

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Carmen Gallego Calvar na data 29/10/2015 14:11:13

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 29/10/2015 14:11:18

Jose Luis Méndez Romeu na data 29/10/2015 14:11:24