recomendacións lectoras

7

Click here to load reader

Upload: bibliobece

Post on 18-Jul-2015

277 views

Category:

Documents

3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Recomendacións lectoras

Recomendacións lectorasBAC

Page 2: Recomendacións lectoras

RESUMO DOS LIBROS RECOMENDADOS

O inferno de Marta. Pascal Alapont.Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no inferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de escapar de alí. Esta novela de Pasqual Alapont, escrita ao xeito dun thriller, con psicópata incluído, pon os pelos de pé. Esta é a historia de Marta, unha moza que se enamorou da persoa equivocada; pero tamén é a historia dunha amizade a proba de bombas que cativa pola súa tenrura. Un libro útil que combina unha novela emocionante chea de suspense e un práctico libro de autoaxuda.

Matarte lentamente. Diego Ameixeiras.Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo problema é a falta de liquidez inmediata. Dilles que estamos falando de produtos comercializados de xeito enganoso nun momento no que os bancos, durante os primeiros anos da crise, tentaron reforzar o seu capital indiscriminadamente. «Todo respondeu –continúa–, a unha estratexia planificada. A maioría de vostedes pensou que se lles estaba vendendo un prazo fixo, sen ningún tipo de risco. Pero non foi así». Unha voz crebada interrompe desde a porta ao avogado: «Aquí vai haber sangue.» .

Cielos de barro. Dulce ChacónCeos de barro arranca como unha novela de intriga, un crime múltiple e a busca do seu autor, pero é moito máis que iso. As historias que xorden na reconstrución dese tráxico suceso fálannos de paixóns sublimes e rastreiras, como o amor e o odio familiares, os enfrontamentos entre amos e servos, a paixón erótica e o ruído e a furia das guerras

El albergue de las mujeres tristes. Marcela Serrano.Floreana, unha historiadora aínda máis nova e máis atractiva do que ela mesma quere crer, chega a un albergue moi particular na illa de Chiloé. Alí, no medio das paisaxes do sur profundo, acoden mulleres diversas para curar as feridas dunha dor común: o desamor dos homes. Ambivalentes, reprimidos no sexo, vacilantes no compromiso amoroso, os homes senten medo fronte á autonomía que as mulleres gañaron. Mentres tanto, nelas crece a insatisfacción, o «mal feminino» do noso tempo.  

Page 3: Recomendacións lectoras

Recomendacións ESO

Page 4: Recomendacións lectoras

RECOMENDACIÓNS LECTORAS ESO

Todos somos. Marcos Calveiro Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa

vida,a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra co mo a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo. Mais foi o domingo cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ía en serio.

Ámote Leo. A. Rosa Aneiros Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se

esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A.

Los juegos del hambre. En llamas. Suzzane Collins Katniss Everdeen sobreviviu a Los juegos del hambre. Pero o Capitolio quere vinganza.Contra todo pronóstico,

Katniss Everdeen e Peeta Mellark seguen vivos. Aínda que Katniss debería sentirse aliviada, rumoréase que existe unha rebelión contra o Capitolio, unha rebelión que pode que Katniss e Peeta axudasen a inspirar. Hai moito en xogo. Un movemento en falso e as consecuencias serán inimaxinables

Las ventajas de ser un marginado. Stephen Chobsky Charlie ten 15 anos e quedou só tras o suicidio do seu mellor amigo. Vive cos seus pais, a súa popular e guapa irmá e un

irmán maior que é unha estrela do fútbol americano e que está a punto de comezar a universidade. O seu profesor de lingua está convencido de que Charlie posúe unha gran capacidade intelectual. Tras coñecer a Sam e Patrick empeza a comprender o que é ser un adolescente, e comeza unha viaxe cara á madureza que o levará a percorrer camiños novos e inesperados. Con eles descobre nova música, empeza a beber, fumar e coquetear con drogas, cambia de amigos Ata que se converte nun mozo de verdade!

Page 5: Recomendacións lectoras

RECOMENDACIÓNS LECTORASESO

Page 6: Recomendacións lectoras

RECOMENDACIÓNS LECTORAS ESO

O NENO CAN. Fina Casaldarrey O neno can é un libro de relatos unidos aos dereitos da infancia. Así cóntanos historias de cativos que teñen

que vivir remexendo nos colectores de lixo; e a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas. Un libro a favor de UNICEF. Non o deixes pasar.

BANDEIRAS NEGRAS. Ana María Gallego Na Illa del Tesoro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos detalles sobre a vida de

Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra.Este é o contido de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa muller, onde coñeceu a Silver e como chegou a casar con el?Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas máis coñecidos: Bonnet, England... e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás veces chegan andando sobre unha soa perna...

LA CASA DE LA LUZ. Xabier P. DoCampo Alicia e os seus amigos viven nun pequeno pobo galego, e sempre sentiron curiosidade por Pumariño, un

home estraño ao que todos toman por parvo e que está obsesionado por encontrar un caldeiro cheo de moedas nos muros das casas. Cando se atreven a coñecelo mellor, descubrirán que garda un segredo asombroso qu e faraos viaxar a un mundo que xamais outro neno visitara: o interior dos cadros. Alí, nun universo paralelo, nunha cidade estraña e desoladora, vivirán grandes aventuras e aprenderán algo máis de si mesmos e de todo o que os rodea, antes de volver de novo ao seu mundo.

EL DIARIO DE GREG. Jeff Kinney. Na liña de “Los amiguetes del pequeño Nicolás” neste libro atoparás momentos divertidos do protagonista, as

súas idéas máis graciosas e os colegas máis simpáticos. Todo un clásico do bo humor.

Page 7: Recomendacións lectoras