quen somos: qué facemos · i convocatoria de presentación de proxectos do programa de...

9
Centro Oficial de Información da Comisión Europea Boletín UE www.dicoruna.es/europadirect Ónde estamos Diputación de A Coruña c/Alférez Provisional, nº 2 15006-A Coruña Contáctanos email: [email protected] tel: +34 981 080 331 fax: + 34 981 080 354 Síguenos en: Suscripción gratuita aquí Novas Convocatorias e procura de socios Bolsas e vacantes Cidadanía Europa a fondo Publicacións Un equipo de persoas que responderán as túas preguntas sobre a Unión Euro- pea. Formamos parte dunha rede de máis de 500 centros Europe Direct distribuí- dos polos 28 países da Unión Europea Ofrecer información e asesoramento sobre as institucións da UE, os programas europeos, as bolsas e vacantes en Europa. Ademais, as buscas de socios para proxectos euro- peos, o apoio aos teus eventos sobre a UE… Quen somos: Qué facemos: Boletín nº 92 de 10/12/2015 Axenda

Upload: others

Post on 29-May-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Quen somos: Qué facemos · I Convocatoria de presentación de proxectos do Programa de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión

Centro Oficial de Informaciónda Comisión Europea

Boletín

9´U E

www.dicoruna.es/europadirect

ónde estamosDiputación de A Coruñac/Alférez Provisional, nº 215006-A Coruña

Contáctanosemail: [email protected]

tel: +34 981 080 331fax: + 34 981 080 354

Síguenos en:

Suscripción gratuita aquí

Novas

Convocatorias e procura de socios

Bolsas e vacantes

Cidadanía

Europa a fondo

Publicacións

Un equipo de persoas que responderán as túas preguntas sobre a Unión Euro-pea. Formamos parte dunha rede de máis de 500 centros Europe Direct distribuí-dos polos 28 países da Unión Europea

Ofrecer información e asesoramento sobre as institucións da UE, os programas europeos, as bolsas e vacantes en Europa. Ademais, as buscas de socios para proxectos euro-peos, o apoio aos teus eventos sobre a UE…

Quen somos: Qué facemos:

Boletín nº 92 de 10/12/2015

Axenda

Page 2: Quen somos: Qué facemos · I Convocatoria de presentación de proxectos do Programa de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión

Centro Oficial de Información de la Comisión Europea

Novas Fondo Social Europeo: 313 millóns de euros para apoiar o emprego, a inclusión social ►e a educación en Galicia

Os eurodeputados e os seus homólogos dos países ACP piden afrontar as raíces da ►migración

Propostas para simplificar o acceso aos contidos dixitais entre os países da U ► E

Declaración conxunta dos Co-Presidentes da Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoa- ►mericana (EuroLat)

Primeiras normas a escala da UE para mellorar a ciberseguridad: acordo co Parla- ►mento Europeo

Convocatorias e procura de socios

Convocatorias Política Rexional e Urbana (REXIO)I Convocatoria de presentación de proxectos do Programa de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020

Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión (EMPL)VP/2015/006 - EASI-EURES: Programa de mobilidade dirixido – o teu primeiro traballo Eures

Xustiza e Consumidores (JUST) Subvencións para actividades de apoio a proxectos transnacionais para previr e combater o racismo, a xenofobia, a homofobia e outras formas de intolerancia JUST/2015/RRAC/AG

JUST/2015/RDIS/AG/NRP2: Subvencións de acción-Convocatoria restrinxida (Estados Membros) para apoiar as plataformas nacionais romaníes

Redes de comunicación, contido e tecnoloxías (CNECT)CEF-TC-2015-2: Servizos xenéricos de resolución de litixios en liña

CEF-TC-2015-2: Identificación electrónica e firma electrónica

CEF-TC-2015-2: Servizos xenéricos de sanidade electrónica

CEF-TC-2015-2: Contratación pública electrónica

Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Peme (GROW)EACEA/41/2015: Apoio a pequenas e medianas empresas que participen en programas de formación de aprendices

INSO-9-2015: Aplicacións de goberno electrónico móbiles innovadoras de Peme

Page 3: Quen somos: Qué facemos · I Convocatoria de presentación de proxectos do Programa de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión

Centro Oficial de Información de la Comisión Europea

Asuntos marítimos e de pesca (MARE)EASME/EMFF/2015/1.2.1.8 : Rutas temáticas sobre o patrimonio cultural mergullado

Educación, Cultura, Audiovisual, Cidadanía (EAC)EACEA 22/2015: Apoio ao desenvolvemento do público

EACEA 49/2015: Apoio á implementación das reformas do EEES

Outras axudasOrde HAP/2427/2015, do 13 de novembro, pola que se aproban as bases e a primeira convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano sustentable e integrado que serán cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020

SociosInterreg España-Portugal (POCTEP). España.O fin último do proxecto é reforzar a área Raia Natura como símbolo da biodiversidade e a conservación de especies mediterráneas. Parte deste obxectivo supón axudar a que a poboación o tome como trazo identificativo propio, así como involucrar ás autoridades e xestores de espazos no labor de facilitar a harmonización da vida silvestre coa sociedade agrogandeira da contorna.

Deporte. Turquía.Este proxecto ten como obxectivo o intercambio de boas prácticas, boas técnicas e siste-mas educativos sobre cría de cabalos (especialmente das especies falabella e pony), ades-tramento de cabalos, equitación, cepillado e colocación de ferraduras.

Interreg España-Portugal (POCTEP). España.Proxecto de Investigación en mocidade, empregabilidade e innovación social para a mello-ra da calidade de vida da poboación, a través do desenvolvemento de proxectos piloto con autoridades públicas que apliquen resultados de investigación.

Educación. Turquía.O sistema de ensino modular utilízase en Turquía nas escolas secundarias de formación profesional. O instituto de formación profesional e secundaria Adnan Menderes busca com-partir e observar os novos enfoques e métodos deste tipo de ensino con outros países europeos.

Intercambio xuvenil. Francia.A asociación francesa Animaje (www.animaje.fr), con experiencia en intercambios xuvenís internacionais, pretende organizar 2 proxectos. Un deles é facer un intercambio cultural eu-ropeo en Francia e outro nun país europeo (Portugal, Grecia, España ou Croacia). O seu grupo está composto por adolescentes moi motivados de entre 16 e 18 anos.

Page 4: Quen somos: Qué facemos · I Convocatoria de presentación de proxectos do Programa de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión

Centro Oficial de Información de la Comisión Europea

BolsasBolsas

20/12/2015: Bolsa Le Schipper 2016 para o Transporte Sustentable e a Eficiencia ►Enerxética

23/12/2015: Bolsas para a formación no Instituto Xeográfico Naciona ► l

30/12/2015: Bolsa Proclinic para novos odontólogo ► s

12/01/2015: Bolsas para Máster en Artes, Humanidades e Ciencias Sociais universida- ►des de EEUU

14/01/2016: Bolsa COAM - Rockwool 2016 para novos arquitecto ► s

15/01/2016: Bolsa de investigación Society in Science Branco Weis ► s

15/01/2016: Bolsa de prácticas en EE.UU. VISRA Undergrad Progra ► m

31/01/2016: Bolsas de prácticas Santander CRUE-CEPYM ► E

Do 29/4/2015 ao 31/12/2017: Programa FARO 2015 - 2017 para universitario ► s

Premios e concursos13/12/2015: Concurso ► de deseño gráfico sobre camisetas: Appersonalizar

30/12/2015: VII Concurso fotografía artística, Fundación Blas de Oter ► o

09/01/2016: IAML 2016: Premio Europeo para Novos Avogado ► s

16/01/2016: UNESCO 2016 Worldwide Youth Multimedia Contest ►

20/01/2016: H2020 ICT-LEIT. Integración de Sistemas Intelixentes: Xornada de infor- ►mación / taller da liña SSI - Smart System Integration (ICT-03-2016), Bruxelas

23/01/2015: Premio Reina Letizia de Cultura Inclusiv ► a

24/01/2015: Concurso Internacional de Carteis pola Paz de Nacións Unida ► s

26/01/2016: Concurso Ruta BBVA 201 ► 6

31/01/2016: 12º Concurso ‘Enxeño e Deseño ► ’

31/01/2016: Concurso literario para novos escritores Revista Ágora ►

01/02/2015: 28º concurso fotográfico ‘Caminos de Hierro ► ’

Page 5: Quen somos: Qué facemos · I Convocatoria de presentación de proxectos do Programa de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión

Centro Oficial de Información de la Comisión Europea

18/03/2016: Premio Rexión Emprendedora Europea 201 ► 7

29/04/2016: Premios Exército do Aire 201 ► 6

vacantes40 condutores de autobús turístico con inglés, Noruega. Data límite: 31/12/201 ► 5

3 vacantes de desenvolvedores de software, Francia. Data límite: 03/01/201 ► 6

Vicedirector de Política, Defensa e Comunicacións en Eurodad – Rede Europea de ►Débeda e Desenvolvemento, Bélxica. Data límite: 14/01/2016

Enxeñeiro de obras civís (construción de canles, obras públicas de infraestrutura) con ►coñecementos bos de alemán, Alemaña. Data límite: 25/01/2016

Vacante de odontólogo, Francia. Data límite: 03/02/2016 ►

Vacantes de enfermería, Alemaña. Data límite: 25/02/201 ► 6

Accións Marie Sklodowska-Curie. Consultar vacante ► s

Cidadanía Hoxe charlamos cun grupo de alumnas do IES Monelos (A Coruña), redactoras do xornal europeo DefritO grupo editorial Defrit do IES Monelos está composto pola profesora Lucía Garzón Cua-drado e as alumnas de 1º de bacharelato: Andrea Álvarez Tejero, Andrea García Vázquez, Beatriz González Ponte, Alicia Lojo Iglesias e Consuelo Ortíz Ferreiro. Todas elas de 16 anos idade

Preguntas:

Europe Direct A Coruña: O IES Monelos embarcouse xa hai moitos anos na aventura euro-pea de escribir un xornal escolar internacional, o Defrit, en colaboración con outros centros educativos de Alemaña, Francia, Italia, Romanía e Lituania. Como xorde a idea de partici-par neste proxecto europeo? De onde vén o nome do xornal?

IES Monelos: A idea do proxecto nace en Alemaña en 1991, pola iniciativa dunha profesora. Púxose en contacto con institutos de Italia e Francia cos que xa mantiña unha colaboración e de aí o nome DEFRIT: DE (Deutschland), FR (France), IT (Italia). Posteriormente incorpo-ráronse Romanía -R- e España -E- .

Europe Direct A Coruña: A redacción dun xornal en seis linguas diferentes non debe de ser tarefa fácil, como vos coordinades cos demais países para a súa elaboración? Cales son as

Page 6: Quen somos: Qué facemos · I Convocatoria de presentación de proxectos do Programa de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión

Centro Oficial de Información de la Comisión Europea

principais similitudes e diferenzas que vos ato-pades á hora de traballar con xente que posúe outras culturas, tradicións, linguas, etc.?

IES Monelos: O contacto hoxe en día é moi fácil. Principalmente utilizamos o correo elec-trónico e é fundamental a reunión que unha vez ao ano facemos nun país para deseñar os xornais do curso seguinte.

Similitudes e diferenzas? Pois sen querer caer en tópicos é moi fácil con Italia e un pouco máis estraño con Lituania, por exem-plo. Pero nunca houbo problemas, respec-tamos a forma de traballar de cada país e

precisamente tratamos de mostrar aos demais a nosa lingua, a nosa cultura e todo é moi instrutivo.

Europe Direct A Coruña: Para que os redactores do Defrit se coñezan mellor organizades intercambios periódicos entre os países colaboradores. Que achegan estas convivencias aos novos xornalistas do IES Monelos?

IES Monelos: As mobilidades a diferentes países son moi interesantes para alumnos e profesores. Como novos redactores que son sempre facemos unha visita á redacción dun xornal, incluso algunha vez asistimos a unha reunión dun equipo de redacción. Tamén escriben artigos conxuntamente, utilizan o inglés como lingua común polo que a práctica desta lingua é un dos obxectivos máis logrados.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Europa a fondo

Vida cotiá asistida pola contorna (Ambient Assisted Living, AAL)O envellecemento da poboación é unha tendencia a longo prazo que comezou hai varias décadas na UE, así como no resto do mundo. Este envellecemento é visible no desen-volvemento da estrutura de idade da poboación e reflíctese nunha maior proporción de persoas de idade e unha participación cada vez menor de persoas en idade de traballar na poboación total.

O crecemento da participación relativa das persoas maiores pode ser explicado polo aumento da lonxevidade. Doutra banda, os baixos niveis de fecundidade mantivéronse na maior parte da UE; isto traduciuse nunha diminución da cota dos mozos na poboación total. Este proceso, coñecido como “o envellecemento na parte inferior”, é visible nas pirámides de poboación a través dunha redución na base das pirámides de idade, como se viu entre 1990 e 2010.

Page 7: Quen somos: Qué facemos · I Convocatoria de presentación de proxectos do Programa de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión

Centro Oficial de Información de la Comisión Europea

Cifras sobre o envellecemento:- En 2020 ao redor do 25 % da poboación da UE terá máis de 65 anos;

- As persoas de 65 a 80 incrementaranse en case un 40 % entre 2010 e 2030;

- Desde 2012, a poboación europea en idade de traballar empezou a diminuír, mentres que a poboación maior de 60 seguirá aumentando

en preto de dous millóns de persoas ao ano;

- Espérase que a presión máis forte se dea durante o período 2015-35, cando a chama-da xeración do baby -boom se xubile;

O Programa AAL nace co obxectivo de financiar proxectos transnacionais de investigación e desenvolvemento que teñan como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas maiores e reforzar a base industrial en Europa mediante o uso das Tecnoloxías de Informa-ción e Comunicación (TIC).

Obxectivos temáticos • Fomentar a aparición de produtos, servizos e sistemas innovadores baseados nas

TIC, para mellorar a calidade de vida, a participación na sociedade e a autonomía das persoas maiores;

• Fomentar a investigación, o desenvolvemento e a innovación a nivel comunitario en tecnoloxías e servizos para mellorar o envellecemento na sociedade da información;

• Crear un mercado máis grande para a industria a nivel europeo, especialmente para as pequenas e medianas empresas, e mellorar a competitividade da UE nos produtos e servizos baseados nas TIC para o envellecemento.

Ámbitos de actuación • Apoiar proxectos de investigación e innovación dirixidos ao mercado para un envelle-

cemento activo e saudable. O financiamento lévase a cabo principalmente a través de subvencións, pero tamén a través de premios, a compra pública precomercial e a contratación pública.

• Apoiar accións de intermediación, de promoción do programa, accións de sensibiliza-ción sobre as capacidades actuais, fomentar a adopción de solucións innovadoras;

• Apoiar accións para mellorar a calidade das propostas, os estudos de viabilidade e de seminarios. Tamén se prevé a colaboración coas rexións da Unión Europea para ampliar a participación de partes interesadas.

Destinatarios

O AAL vai dirixido a consorcios que deben incluír, polo menos:

• Un socio comercial;

Page 8: Quen somos: Qué facemos · I Convocatoria de presentación de proxectos do Programa de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión

Centro Oficial de Información de la Comisión Europea

• Unha PEME, que pode ser o socio comercial;

• Unha organización de usuarios.

OrzamentoO AAL recibe 175 millóns de euros da Comisión Europea, 350 millóns de euros de socios indus-triais e 175 millóns de Estados membros. En total: máis de 700 millóns de euros para 7 anos

ProxectosConsulta aquí exemplos de proxectos en España

Publicacións

Como obter financiamento da UEFinancie os seus proxectos con fondos da Unión Europea

Dispoñible versión en papel e en PDF en castelán

Axenda 11/12/2015: Taller de presentación da 3ª edición do programa Conecta Peme, A Coruña ►

11/12/2015: H2020 ICT-LEIT. Internet das Cousas (IoT): Xornada de información sobre o ►piloto a gran escala en “Smart wearables”, Bruxelas

14/12/2015: Xornadas sobre elixibilidade, simplificación e avaliación dos fondos estrutu- ►rais europeos 2014-2020, Santiago de Compostela

15/12/2015: Transformando Europa cara á Era Dixital, Luxemburg ► o

15/12/2015: Infoday Clean Sky 2 CPW03: Terceira “call for core partners”, Londre ► s

16/12/2015: EURES Nordic Job Day en España, Madri ► d

16/12/2015: Taller de presentación da 3ª edición do programa Conecta Peme, Vig ► o

Page 9: Quen somos: Qué facemos · I Convocatoria de presentación de proxectos do Programa de Cooperación Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión

Centro Oficial de Información de la Comisión Europea

www.dicoruna.es/europadirect

ónde estamosDiputación de A Coruñac/Alférez Provisional, s/n15006-A Coruña

Contáctanosemail: [email protected]

tel: +34 981 080 331fax: + 34 981 080 354

Síguenos en:

Suscripción gratuita aquí

17/12/2015: Taller de presentación da 3ª edición do programa Conecta Peme, Santiago ►de Compostela

17/12/2015: Foro sobre RIS3: Sistemas de seguimento para medir o impacto de RIS3 ►rexionais e transrexionais, Santiago de Compostela

18/01/2015: H2020 - ICT: Infoday en Gamificación e Tecnoloxías para a Aprendizaxe, ►Bruxelas

22/12/2015: Taller de presentación da 3ª edición do programa Conecta Peme, Vig ► o

20/01/2016: H2020 - ICT: Brokerage Event sobre Integración de Sistemas Intelixentes, ►Bruxelas

27/10/2015 – 06/04/2016: Euroscola “30 anos de España na Unión Europea (1986- ►2016)”

13-16/06/2016: WHEC2016 “Congreso Mundial da Enerxía do Hidróxeno”, Zaragoz ► a